1. A cohesión Unha aproximación
textual Algúns exemplos están adaptados de
XABIER MOURIÑO: Curso de técnicas de
expresión escrita, Tambre.
2. Que é a cohesión textual? É unha propiedade que teñen os textos.
Refírese á necesaria relación entre os
elementos (palabras, frases, oracións e
parágrafos).
É a propiedade máis Un texto ten varias propiedades, todas
importante dun texto? importantes: adecuación (rexistro
axeitado), coherencia (cantidade,
claridade e orde das ideas), corrección
(axuste ás regras gramaticais e
presentación, ademais da cohesión.
Mais, se falta esta, o escrito non pasa de
ser unha lista inconexa de elementos e a
interpretación faise moi difícil.
3. A ver... San Leonardo quería fundar un mosteiro.
San Leonardo foille pedir un anaco de
terra ao rei. O rei ofreceu a San Leonardo
todo un reino. San Leonardo rexeitou o
eh? reino. San Leonardo dixo que só quería a
terra que puidese percorrer o asno de San
Leonardo nunha noite. Tense a San
Leonardo como patrón dos burros e dos
asnos. Todo o mundo invoca a San
Leonardo para que San Leonardo vele
pola saúde dos burros e dos asnos.
4. A ver... Contan que San Leonardo quería fundar
un mosteiro. e, para iso, San Leonardo
foille pedir un anaco de terra ao rei. O rei
O monarca ofreceulle a San Leonardo
uf! todo un reino., pero San Leonardo o santo
rexeitouno o reino. San Leonardo e dixo
que só quería a terra que puidese
percorrer o seu asno de San Leonardo
nunha noite.
Por esa razón, tense a San Leonardo
como patrón dos burros e dos asnos. e
todo o mundo o invoca a San Leonardo
para que San Leonardo vele pola saúde
dos burros e dos asnos destes animais.
5. A ver... Contan que San Leonardo quería fundar
un mosteiro e, para iso, foille pedir un
anaco de terra ao rei. O monarca
ofreceulle todo un reino, pero o santo
ah! rexeitouno e dixo que só quería a terra
que puidese percorrer o seu asno nunha
noite.
Por esa razón, tense a San Leonardo
como patrón dos burros e dos asnos e
todo o mundo o invoca para que vele pola
saúde destes animais.
6. De que falamos entón Se nos fixamos no texto anterior, era
necesario introducir:
realmente?
Mecanismos de tipo gramatical: palabras
que conectan as ideas.
Por exemplo: Pero.
Mecanismos de tipo léxico: sobre todo
palabras que substitúen outras.
Como: o monarca, seu...
7. Principais mecanismos Conectores e marcadores textuais:
gramaticais - de orde (En primeiro lugar, A seguir,
Para rematar,...)
- aditivos para engadir ideas (Ademais,
Igualmente,...)
- opositivos para contrastar (Pero, Aínda
así,...)
- etc.
Tamén é importante a puntuación para
separar as distintas partes do texto.
8. Principais mecanismos De repetición do dito mediante a
substitución: pronomes, adverbios de
léxicos lugar, sinónimos, hiperónimos, expresións
equivalentes...
Exemplos?
De repetición das propias palabras. Certa
repetición é precisa nun texto, pero debe
evitarse o abuso coa substitución.
Exemplos?
De supresión: a elipse.
Exemplos?
9. Principais mecanismos De repetición do dito mediante a
substitución: pronomes, adverbios de
léxicos lugar, sinónimos, hiperónimos, expresións
equivalentes...
► rexeitouno o reino
► dos burros e dos asnos destes animais
De repetición das propias palabras. Certa
repetición é precisa nun texto, pero debe
evitarse o abuso coa substitución.
► Contan que San Leonardo... (...) Tense
a San Leonardo...
De supresión: a elipse.
► ...para que San Leonardo vele...
10. Aprecias a súa función? A fotografía, excelente, móstranos un
primeiro plano de María, coa luz
Identificas os tipos? iluminando o lado dereito da súa cara. O
que máis chama a atención na imaxe é a
mirada: dá a sensación de que a rapaza
mira ao máis alá.
Mais, quen a fotografou foi un
compañeiro, alumno da súa mesma
clase, moi amigo dela. Aínda así, a moza
non sabía que lle sacaran esa foto e ()
levou unha sorpresa enorme cando a viu.
11. Como mellorarías este Deixa a landra en auga morna durante
unha noite. Coloca unha manda de
texto? pedriñas no fondo da maceta. Enche uns
dous terzos da maceta. Cubre a maceta
cunha pouca terra. Coloca unha bolsa de
plástico sobre a maceta. Ata a bolsa á
maceta. A landra estará húmida. Pon a
maceta nun lugar soleado. Retira a bolsa
da maceta cando a landra teña gromos.
Trasplanta a planta no outono.