2. CONTEXTO HISTÓRICO
• Dous acontecementos históricos determinantes:
1.- Invasión napoleónica: en Galicia organízase a
mobilización contra os franceses a través da «Xunta
Superior do Reino de Galicia». Utilízase o galego con fins
propagandísticos e comeza a xurdir unha certa conciencia
de diferencialismo.
2.- Revolución liberal: Principia coa recuperación para a
cultura escrita da lingua popular por parte dunha
promoción de intelectuais progresistas e galeguistas
organizada politicamente no Provincialismo.
6. A Constitución española
A Constitución de 1812 era un dos temas que se trataban
nos textos dialogados da literatura de circunstancias
7. PROVINCIALISMO
Características Aportacións culturais
-Fundación da «Academia
Reivindicaba a antiga provincia Literaria e o «Liceo de la
Juventud»
como realidade política e
-Labor de concienciación a
cultural única e diferenciada través de periódicos
fronte ás catro provincias en que culturais como «El idólatra
se divide o reino de Galicia, de Galicia», «El Porvenir» e
administradas por separado «El Recreo
dende Madrid. Compostelano».
8. En 1846 produciuse unha revolta contra o poder
central, o levantamento de Antonio Solís, que tivo
como consecuencia o fusilamento de un grupo de
rebeldes: "O fusilamento dos mártires de Carral"
9. ACADEMIA LITERARIA
Faraldo, Francisco
Añón, Neira Mosquera
LICEO DE LA JUVENTUD
Manuel Murguía, Aurelio
Aguirre, Eduardo Pondal, os
irmáns Antonio e Francisco
de la Iglesia, Rosalía de
Castro.
11. OS TEXTOS PROPAGANDÍSTICOS
Literatura de propaganda
Os escritos de guerra
- Proclama anónima
de «Un labrador que - «Os rogos dun galego
foi sarxento aos establecido en Londres»
Folletos
soldados do novo de Manuel Pardo de
alistamento», de Andrade, romance que «Tertulia de Picaños»,
1808, romance de 48 critica a Inquisición. entremés que defende
versos. a Constitución.
- «La tertulia de la
- «Proezas de Galicia» Quintana», diálogo
de Xosé Fernández onde se critia a postura
Neira, de 1810, intransixente da Igrexa.
exaltación da guerrilla
en forma de diálogo
13. TEXTOS LITERARIOS
Poesías satíricas,
obras de
circunstancias
Panxoliñas
(riqueza
léxica)
NICOMEDES
ANTONIO BIEITO PASTOR DÍAZ:
FANDIÑO: «A «Alborada»,
casamenteira»: «Égloga de
casamentos Belmiro e
amañados Benigno».
14. No 1812 escríbese a primeira peza
dramática do século XIX que
conservamos, o autor é Antonio Bieito
Fandiño, e trata dos casamentos
amañados.
15.
16. PRECURSORES DO REXURDIMENTO
XOÁN MANOEL PINTOS
VILLAR: primeiro libro en
galego: «A gaita gallega»
FRANCISCO AÑÓN, o poeta máis importante.
Himno dedicado a Galicia nos Xogos Florais: «A
Galicia»
ALBERTO CAMINO: composicións
elexíacas
17.
18.
19. Coordinado por
Antonio María de la
Iglesia
XOGOS FLORAIS «Álbum
NA CORUÑA EN de la
1861 Caridad»
en 1862.
40 poemas en
galego
Añón, Rosalía, Pintos, Marcial
Valladares, Alberto Camino,
Pondal...
20.
21. OS XOGOS FLORAIS
• Os organizadores daquel evento —Xoana de
Vega, condesa de Espoz e Mina e mais Benito
Vicetto— non idearon inocentemente o
mesmo. A súa foi unha acción orquestrada,
que tivo na imitanza dos Jocs Florals cataláns --
celebrados dous anos antes- o seu guieiro
principal e, por tanto, a súa intención
de dar pulo á literatura producida en
Galicia.
22. OS XOGOS FLORAIS
• Un ano despois atoparon na figura do
benefactor Pascual López Cortón o
patrocinador de acaída sensibilidade que fixo
posible a publicación dos textos premiados e
aínda doutros que, por xunto, acabaron por
constituír o referencial Álbum de la Caridad,
primeira grande mostra antolóxica da nosa
literatura nos tempos modernos.
23. OS XOGOS FLORAIS
• Cómpre non esquecer que entre os textos
galardoados inseridos no Álbum de la Caridad
unicamente o poema “A Galicia” de Francisco
Añón figuraba na nosa lingua, polo que o
interese literario deste volume veu dado,
sobre todo, pola engádega dun “mosaico
poético dos nosos vates galegos
contemporáneos” que coordinou Antonio de
la Iglesia, responsable último da selección de
nomes e textos.
24. OS XOGOS FLORAIS
• A escolma abriu para as letras galegas do seu tempo
perspectivas que ata entón nin se imaxinaran, como
reunir baixo unha mesma cabeceira as máis sobranceiras
voces prerrexurdimentistas e os poetas daquela máis
mozos, chamados logo a protagonizar o Rexurdimento
pleno da nosa escrita. Iso é o que explica que a carón dos
versos de Xoán Manuel Pintos, Alberto Camino, Vicente
Turnes ou Marcial Valladares, por citar só uns cantos
nomes significados, se lean tamén nas súas planas os duns
rapazolos Eduardo Pondal ou Rosalía Castro, que apenas
se contaban entón con vinte e poucos anos, o que tamén
fai do Álbum de la Caridad o canto de cisne dunha época
literaria (o Prerrexurdimento) e o alborexar dunha nova
etapa (o Rexurdimento en sentido máis estrito).
25. OS XOGOS FLORAIS
• Aínda nosos días, a centuria e media de distancia,
asombra a variedade de temas e estéticas que se deron a
man naquela ventureira publicación. Abraia ver que o
costumismo dalgúns versos de Antonio e Francisco María
de la Iglesia ou Xoán Manuel Pintos convivía
harmonicamente cos poemas de maior dimensión social e
ton denunciador de Vicente Turnes ou Xoán Gómez do
Ferrol, que a poesía aúlica de Xosé García Mosquera,
Quintín García Calvo, Domingo Gómez ou Santiago
Montenegro Villamar alternaba coas composicións
intimistas de Alberto Camino, Marcial Valladares ou
Manuel Fernández Magariños e aínda coas poesías
pastorís de Ramón Barros Sivelo, Francisco Fernández
Anciles, Xosé López de la Vega e Manuel Murguía e mais
os vilancetes de Antonio María de Castro e Neira ou Lois
Corral.