SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
Download to read offline
Tipos de exames
E consellos para preparalos
Índice
•
•
•
•
•
•
•

Páx. 03 - Test/Escolla múltiple
Páx. 09 - Resposta curta/ensaio
Páx. 13 - Resolución de problemas
Páx. 17 - Laboratorio
Páx. 21 - Con libro aberto ou para levar a casa
Páx. 24 - Orais
Páx. 28 - Referencias
2
Test/Escolla múltiple
•

Para cada cuestión, tres compoñentes cos que traballar:
– O enunciado (unha pregunta, un problema ou unha frase
incompleta)
– A resposta correcta.
– Respostas erradas que poden aparentar máis ou menos ser
correctas.

•

Obxectivo: atopar a resposta correcta, isto é, a máis certa das
alternativas que nos dean.

•

Imos ver unha serie de consellos para tratar con este tipo de exames:

3
Test/Escolla múltiple
•

Non só vas responder ben cando identificas de primeiras a resposta
adecuada. Ás veces só unha das alternativas faise familiar. Pero
noutras máis dunha resposta “sona” e hai que entender que é no que
as diferenza. O estudo ten que ter sido detallado, le detidamente
cada pregunta e ollo co que implican verbas do tipo “sempre”,
“nunca”, etc...

•

Antes de ler as respostas tenta responder mentalmente á pregunta co
que xa sabes. Se o enunciado non che parece claro ou non te
lembras, entón pasa a ler as respostas.

•

Le ben tódalas alternativas e analízaas antes de tomar unha decisión.

4
Test/Escolla múltiple
•

Ollo coa xerga do que se estea a estudar, entende ben a terminoloxía
para diferenciar o correcto do que “semella correcto”.

•

Ollo coas respostas que son afirmacións certas en si mesmas pero
que non responden ao enunciado.

•

Se existen respostas coma “tódalas anteriores”, “ningunha das
anteriores”, moito coidado, antes da escolla tense que ter claro se o
resto de respostas son correctas ou incorrectas.

•

Coidado coas dobres negacións: “cal das seguintes non é certa?”, con
respostas do estilo “non e certo que esta afirmación non sexa certa”...
Se é preciso reformula en termos positivos o enunciado ou as
respostas.

5
Test/Escolla múltiple
•

Se cadra a mellor estratexia e percorrer todo o test respondendo só
ao que se sabe con certeza, para calmar a ansiedade e logo poder
centrarse con máis calma nas cuestións nas que hai dúbidas.

•

Coñece de antemán o tempo que tes e o número de preguntas e
xestiónao adecuadamente, tendo en conta que seguramente precises
tempo para pasar as respostas a unha táboa e/ou repasar.

•

Adiviñar: depende do que resten as respostas incorrectas. De todos
xeitos, tenta aumentar a probabilidade de acertar descartando
algunha resposta.

6
Test/Escolla múltiple
•

Non te fíes habitualmente dos teus cambios de pensamento. Adoita
acontecer que respostas correctas cámbianse por respostas
incorrectas que ao revés.

•

Ninguén nace aprendido, as habilidades para resolver exames
melloran sobre todo coa experiencia. Aprende dos erros. Se aínda
non entendes por que unha resposta que deches era incorrecta, trata
de encaixala nos teus apuntes. Se aínda non o ves claro, fala co
profesor.

7
8
Resposta curta/ensaio
•

Estuda ao teu profesor: por exemplo, pode ser que dous profesores
de Historia, dando un mesmo tema, prefiran centrarse un na
economía, outro na política, etc... Adoitan ser honestos, e aquilo ao
que máis atención dedican na clase é o que logo se pregunta no
exame.

•

Anticipa preguntas: confía na túa intelixencia. Pregúntate que tipo de
preguntas poden facerse sobre o material que tes. Seguro que
acertas algunha pregunta, e o exame resultará moito máis familiar.

•

Non te agobies: ata a quen se dedicou a quentar a cadeira na clase
vaille soar de algo o que se pregunte. Se ti aínda por riba estudaches
adecuadamente, estás preparado para facelo ben.

9
Resposta curta/ensaio
•

Controla o tempo: le toda a proba antes de comezar a escribir. Pode
que haxa algunha pregunta máis “pesada” e que requira máis tempo.
Se nun certo tempo non se rematan as preguntas curtas previas, hai
que pasar á pregunta de máis valor e deixar as restantes para o final,
por se sobrase tempo, para garantir unha boa nota.

•

Se podes escoller responder só a certas preguntas, perderás moito
tempo se tentas resolver a tódalas alternativas primeiro. Valora cales
escoller, faino e non rectifiques.

•

Fíxate no que che piden: “compara”, “resume” son peticións moi
precisas, mentres que “razoa”, “debate” son máis abertas.

10
Resposta curta/ensaio
•

Un ensaio é o que é. Ten que ter un tema ou propósito claro e tense
que premeditar unha argumentación para as afirmacións que se fan,
coma por exemplo nun comentario de texto histórico/filosófico. Polo
tanto parte do tempo tense que dedicar a organizar o tempo, facer
un bosquexo. Por outro lado, se preciso, non fagas afirmacións xerais
e baleiras, ou que recollan só detalles.

•

Perspectiva global: cando presentas diversos feitos relacionados, é
moi importante que non te limites a presentalos, senón a extraer
nexos e relacións causa-efecto entre eles.

•

Repaso: se rematas cedo, busca erros no que escribiches, de contido,
ortográficos, etc... Se tes que engadir algo, pásao a limpo ou fai unha
nota clara e lexible.

11
12
Resolución de problemas
•

A clave neste tipo de exames, propios de materias baseadas en
matemáticas e estatística, é a práctica durante a preparación.

•

Sendo a maioría de cuestións problemas a resolver, trata de facer
tantos como poidas, e ben variados.

•

Non mires a solución ata intentar o problema pola túa conta. Se te
atascas:
– Fai lecturas adicionais.
– Busca similitudes con outros problemas.
– Pide axuda.

•

Estuda tódolos temas dispoñibles.

13
Resolución de problemas
•

Consegue recursos de distintas fontes e en distintos formatos. Fai o
estudo máis interesante e completo.

•

Non memorices exames anteriores. Mesmo se o formato do exame
mantense ano tras ano, as cuestións poden ter diferentes matices
que analizar.

Nalgunhas materias pódese levar o libro, un formulario, táboas, etc...:
•

A preparación ten que ser igual de intensa que se non se puidese
levar nada.

•

Tes que recoñecer para cada cuestión as fórmulas que precisas.

14
Resolución de problemas
•

O tempo dispoñible só abonda para atopar fórmulas e referirse a elas,
pero non é suficiente para estudar apartados da materia.

•

Calquera fonte da cal dispoña un alumno antes dun exame ten que
ser traballada, e os apartados importantes localizados e etiquetados.

•

Se podes levar os teus propios contidos sen restricións, tenta
anticipar algunhas preguntas do exame e levalas semi-resoltas.

15
16
Laboratorio
Estes exames avalían se aprendiches técnicas ensinadas nas prácticas ou
se es quen de resolver problemas prácticos empregando coñecementos
da teoría. Xorde dificultade ou nerviosismo cando se empregan medios
pouco habituais ou hai fortes límites de tempo.
•

Non malgáste-lo tempo:
– le primeiro o que tes que facer e vai lembrando o que tes que
facer.
– Presta atención ao entorno e ás dúbidas que se resolven en voz
alta.
– Nada máis rematar unha práctica, comproba que cumpriches o
obxectivo e trata de lembrar os pasos sen seguir a especificación.
– Se non a remataches, tenta volver noutra ocasión antes do
exame.

17
Laboratorio
•

Preparando o estudio:
– Antes do exame, trata de coñecer que tipo de cuestións poderán
preguntarse, cal será a súa presentación e que tipo de erros
poñen en risco a maior parte da nota.

•

Material de aprendizaxe:
– Apuntamentos: para cada sesión de laboratorio ten notas que
resuman tódala información relevante da mesma (a
presentación, demostracións, ferramentas...).
– Tarxetas que incorporen imaxes ou esquemas, para mellorar a
habilidade de recoñecer estruturas e lembrar información con
límite de tempo.
– Táboas: contraste visual moi cómodo entre distintas
combinacións dos elementos dunha proba.

18
Laboratorio
•

Poñendo a proba o coñecemento: buscar relacións entre as distintas
informacións obtidas, e practicar con cuestións que tenten anticipar
cales serán as do exame.

19
20
Con libro aberto ou para levar a casa
•

Non che enganes, estás a ser avaliado puramente en entendemento,
máis que en memorización ou lembrarse das cousas.

•

Aplicarás os coñecementos a novas situacións, analizarás e
sintetizarás contidos e avaliarás o material do que dispós.

•

Non infravalores un exame de libro aberto: tes que preparalo e ser
quen de chegar aos apartados que che interesan dos recursos
rapidamente, para poder elaborar con tempo unha boa resposta.

•

Preparación: leva as clases ao día, elabora apuntes breves e concisos
sobre conceptos clave, escolle ben o que levas e o que non ao exame,
comenta coas túas palabras as referencias que empregas, e anticipa
preguntas (non respostas).

21
Con libro aberto ou para levar a casa
•

Xa no exame: le as cuestións detidamente, emprega ben o tempo
(tendo en conta o número de preguntas e a dificultade), e non
sobrecargues as respostas, se conciso.

•

Fai citas cando: queres demostrar algo, empregar como razón de peso
a autoridade da fonte, ou porque non poderías expresar mellor unha
idea. Pero... Canto máis curtas mellor, pois poucas palabras fan
referencia á cita completa e non da a sensación de que non es ti quen
argumentas.

22
23
Orais
•

Non só son unha boa forma para demostrar coñecemento e
habilidades comunicativas, senón que son unha boa práctica para
futuras entrevistas de traballo.

•

Poden ser máis formais ou menos, pero sempre manter un certo ton
formal axuda a quedar ben en calquera ocasión. Escoita ben a
pregunta e responde directamente.

•

Os exames formais adoitan seguir un guión de preguntas e as súas
respostas avalíanse como correctas ou incorrectas. Se queres dar
información complementaria, por cortesía pide permiso antes de
facelo.

24
Orais
•

Preparación:
– Pregúntalle ao profesor sobre o exame.
– Estuda.
– Debate con xente que sabe máis ou que xa fixo o exame sobre as
mellores técnicas para responder. Practica só ou con
compañeiros e analiza os teus xestos.
– Ten claro o lugar, a data e a hora.
– Se vas empregar dispositivos electrónicos, próbaos se é posible
un certo tempo antes da presentación.

25
Orais
•

Durante o exame:
– Semella e se profesional!
– Chega cedo ao punto de encontro para prepararse e relaxarse.
– O exame comeza nada máis chegar ao lugar, atento aos teus
xestos e a como interactúas cos avaliadores. Se amable e atento,
míraos aos ollos, sorrí, e se tes distractores ou nervios, non finxas
que non están, podes mencionalos.
– Estate concentrado, se intelixente coma oínte e coma falante.
– Non divagues se non sabes a resposta. Simplemente pregunta se
podes buscala ou tratar de resolvela dalgún xeito.
– Mantén a compostura e a confianza se sentes que a entrevista
non vai ben, pode ser que che estean poñendo a proba.
– Non respondas con “si”, “no” soamente, argumenta.

26
Orais
– Detecta sinais de ter que finalizar a intervención, coma que o
avaliador mira o seu reloxo, non fai máis preguntas, etc...
– Pregunta se hai algo máis do que falar.
– Agradece a atención prestada.
•

Despois do exame:
– Resume a túa actuación.
– Tendo en conta os puntos fortes e débiles que detectes, trata de
mellorar para ocasións próximas.
– Se tes dúbidas sobre a túa actuación ou o material que che
facilitou o avaliador, fala co mesmo pero sen faltarlle ao respeto.
– Se estás de acordo coa avaliación que recibiches, notifícao a unha
autoridade superior, como pode ser un departamento, escola,
etc...

27
Referencias
•
•
•
•
•
•
•

http://learningcommons.sfu.ca/strategies/learning-studying/exam-types
http://learningcommons.sfu.ca/sites/default/files/218/MCPsychology.pdf
http://www.cws.illinois.edu/workshop/writers/tips/inclassessay/
http://www.csu.edu.au/division/studserv/my-studies/exam/before/types/maths
http://www.lib.uoguelph.ca/assistance/learning_services/handouts/lab_exams.cfm
http://www.studygs.net/tsttak7.htm
http://www.studygs.net/oralexams.htm

28

More Related Content

Viewers also liked

Esofagograma: trastornos anátomicos en radiología.
Esofagograma: trastornos anátomicos en radiología.Esofagograma: trastornos anátomicos en radiología.
Esofagograma: trastornos anátomicos en radiología.Hamilton Delgado
 
Selectividad en Portugal: Resultados exames 1ª fase.
Selectividad en Portugal: Resultados exames 1ª fase. Selectividad en Portugal: Resultados exames 1ª fase.
Selectividad en Portugal: Resultados exames 1ª fase. Juan Martín Martín
 
Reglamento Calderas Autoclaves Generadores Vapor Chile
Reglamento Calderas Autoclaves Generadores Vapor ChileReglamento Calderas Autoclaves Generadores Vapor Chile
Reglamento Calderas Autoclaves Generadores Vapor ChileDr. Lucas Burchard Señoret
 
FisiologíA Gastrointestinal
FisiologíA GastrointestinalFisiologíA Gastrointestinal
FisiologíA Gastrointestinalkarenlinda
 
Presentacion esofagograma definitiva (2)
Presentacion esofagograma  definitiva (2)Presentacion esofagograma  definitiva (2)
Presentacion esofagograma definitiva (2)Carlos S Godoy V
 
Caso clínico tumor del estroma gastrointestinal- dr jurado
Caso clínico  tumor del estroma gastrointestinal- dr juradoCaso clínico  tumor del estroma gastrointestinal- dr jurado
Caso clínico tumor del estroma gastrointestinal- dr juradoMelissa Solis
 
Manejo de autoclave
Manejo de autoclaveManejo de autoclave
Manejo de autoclavenatorabet
 
Tema 5 prevencion calderas
Tema 5 prevencion calderasTema 5 prevencion calderas
Tema 5 prevencion calderasPrever Unap
 

Viewers also liked (11)

Esofagograma: trastornos anátomicos en radiología.
Esofagograma: trastornos anátomicos en radiología.Esofagograma: trastornos anátomicos en radiología.
Esofagograma: trastornos anátomicos en radiología.
 
Selectividad en Portugal: Resultados exames 1ª fase.
Selectividad en Portugal: Resultados exames 1ª fase. Selectividad en Portugal: Resultados exames 1ª fase.
Selectividad en Portugal: Resultados exames 1ª fase.
 
PresentacióN Rayos X
PresentacióN Rayos XPresentacióN Rayos X
PresentacióN Rayos X
 
Reglamento Calderas Autoclaves Generadores Vapor Chile
Reglamento Calderas Autoclaves Generadores Vapor ChileReglamento Calderas Autoclaves Generadores Vapor Chile
Reglamento Calderas Autoclaves Generadores Vapor Chile
 
Ejercicios resueltos de Gases
Ejercicios resueltos de GasesEjercicios resueltos de Gases
Ejercicios resueltos de Gases
 
FisiologíA Gastrointestinal
FisiologíA GastrointestinalFisiologíA Gastrointestinal
FisiologíA Gastrointestinal
 
Presentacion esofagograma definitiva (2)
Presentacion esofagograma  definitiva (2)Presentacion esofagograma  definitiva (2)
Presentacion esofagograma definitiva (2)
 
Caso clínico tumor del estroma gastrointestinal- dr jurado
Caso clínico  tumor del estroma gastrointestinal- dr juradoCaso clínico  tumor del estroma gastrointestinal- dr jurado
Caso clínico tumor del estroma gastrointestinal- dr jurado
 
Esofagograma
Esofagograma Esofagograma
Esofagograma
 
Manejo de autoclave
Manejo de autoclaveManejo de autoclave
Manejo de autoclave
 
Tema 5 prevencion calderas
Tema 5 prevencion calderasTema 5 prevencion calderas
Tema 5 prevencion calderas
 

Similar to Tipos de exames - Consellos para preparalos

Hábitos e técnicas de estudo
Hábitos e técnicas de estudoHábitos e técnicas de estudo
Hábitos e técnicas de estudogorecho
 
10 razóns para motivar aos que non queren estudar
10 razóns para motivar aos que non queren estudar10 razóns para motivar aos que non queren estudar
10 razóns para motivar aos que non queren estudartelecocurso1
 
10 claves na túa semana de exames (en galego)
10 claves na túa semana de exames (en galego)10 claves na túa semana de exames (en galego)
10 claves na túa semana de exames (en galego)A profa Pilar Ponte
 
Método Cornell para tomar apuntamentos
Método Cornell para tomar apuntamentosMétodo Cornell para tomar apuntamentos
Método Cornell para tomar apuntamentostelecocurso1
 
Ansiedade nos exames
Ansiedade nos examesAnsiedade nos exames
Ansiedade nos examestelecocurso1
 
Presentación ás familias
Presentación ás familiasPresentación ás familias
Presentación ás familiasLoudes Otero
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreFran Argibay
 
O paso a secundaria
O paso a secundariaO paso a secundaria
O paso a secundariaLuisa Diaz
 
Procrastinación - que é e como combatela
Procrastinación - que é e como combatelaProcrastinación - que é e como combatela
Procrastinación - que é e como combatelatelecocurso1
 
Técnicas de estudo
Técnicas de estudoTécnicas de estudo
Técnicas de estudoLoudes Otero
 
Técnicas de estudo
Técnicas de estudoTécnicas de estudo
Técnicas de estudoLoudes Otero
 

Similar to Tipos de exames - Consellos para preparalos (20)

TÉCNICAS DE ESTUDO - IES A GUÍA
TÉCNICAS DE ESTUDO - IES A GUÍA TÉCNICAS DE ESTUDO - IES A GUÍA
TÉCNICAS DE ESTUDO - IES A GUÍA
 
TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
 
Hábitos e técnicas de estudo
Hábitos e técnicas de estudoHábitos e técnicas de estudo
Hábitos e técnicas de estudo
 
10 razóns para motivar aos que non queren estudar
10 razóns para motivar aos que non queren estudar10 razóns para motivar aos que non queren estudar
10 razóns para motivar aos que non queren estudar
 
Lingua 6 examenes
Lingua 6 examenesLingua 6 examenes
Lingua 6 examenes
 
O paso á eso
O paso á eso O paso á eso
O paso á eso
 
10 claves na túa semana de exames (en galego)
10 claves na túa semana de exames (en galego)10 claves na túa semana de exames (en galego)
10 claves na túa semana de exames (en galego)
 
Método Cornell para tomar apuntamentos
Método Cornell para tomar apuntamentosMétodo Cornell para tomar apuntamentos
Método Cornell para tomar apuntamentos
 
O paso á eso
O paso á eso O paso á eso
O paso á eso
 
Ansiedade nos exames
Ansiedade nos examesAnsiedade nos exames
Ansiedade nos exames
 
Lectura comprensiva
Lectura comprensivaLectura comprensiva
Lectura comprensiva
 
Presentación ás familias
Presentación ás familiasPresentación ás familias
Presentación ás familias
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
 
Xestión do tempo
Xestión do tempoXestión do tempo
Xestión do tempo
 
Enquisa ccl curso_09_10
Enquisa ccl curso_09_10Enquisa ccl curso_09_10
Enquisa ccl curso_09_10
 
O paso a secundaria
O paso a secundariaO paso a secundaria
O paso a secundaria
 
DIPTICO DE TDAH
DIPTICO DE TDAHDIPTICO DE TDAH
DIPTICO DE TDAH
 
Procrastinación - que é e como combatela
Procrastinación - que é e como combatelaProcrastinación - que é e como combatela
Procrastinación - que é e como combatela
 
Técnicas de estudo
Técnicas de estudoTécnicas de estudo
Técnicas de estudo
 
Técnicas de estudo
Técnicas de estudoTécnicas de estudo
Técnicas de estudo
 

More from telecocurso1

Traballo en grupo - Ferramentas software
Traballo en grupo - Ferramentas softwareTraballo en grupo - Ferramentas software
Traballo en grupo - Ferramentas softwaretelecocurso1
 
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivoTraballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivotelecocurso1
 
Resolución de problemas II
Resolución de problemas IIResolución de problemas II
Resolución de problemas IItelecocurso1
 
Resolucion de problemas I
Resolucion de problemas IResolucion de problemas I
Resolucion de problemas Itelecocurso1
 
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet 4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet telecocurso1
 
Mapas conceptuais - ferramentas
Mapas conceptuais - ferramentasMapas conceptuais - ferramentas
Mapas conceptuais - ferramentastelecocurso1
 
Enfrontarse aos distractores e lidiar co estrés
Enfrontarse aos distractores e lidiar co estrésEnfrontarse aos distractores e lidiar co estrés
Enfrontarse aos distractores e lidiar co estréstelecocurso1
 
5 apps para establecer e monitorizar metas.
5 apps para establecer e monitorizar metas.5 apps para establecer e monitorizar metas.
5 apps para establecer e monitorizar metas.telecocurso1
 
Establecimiento de metas
Establecimiento de metasEstablecimiento de metas
Establecimiento de metastelecocurso1
 
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.telecocurso1
 

More from telecocurso1 (12)

Traballo en grupo - Ferramentas software
Traballo en grupo - Ferramentas softwareTraballo en grupo - Ferramentas software
Traballo en grupo - Ferramentas software
 
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivoTraballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
 
Resolución de problemas II
Resolución de problemas IIResolución de problemas II
Resolución de problemas II
 
Resolucion de problemas I
Resolucion de problemas IResolucion de problemas I
Resolucion de problemas I
 
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet 4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet
 
Mapas conceptuais - ferramentas
Mapas conceptuais - ferramentasMapas conceptuais - ferramentas
Mapas conceptuais - ferramentas
 
Memoria
MemoriaMemoria
Memoria
 
Enfrontarse aos distractores e lidiar co estrés
Enfrontarse aos distractores e lidiar co estrésEnfrontarse aos distractores e lidiar co estrés
Enfrontarse aos distractores e lidiar co estrés
 
Mapas mentales
Mapas mentales Mapas mentales
Mapas mentales
 
5 apps para establecer e monitorizar metas.
5 apps para establecer e monitorizar metas.5 apps para establecer e monitorizar metas.
5 apps para establecer e monitorizar metas.
 
Establecimiento de metas
Establecimiento de metasEstablecimiento de metas
Establecimiento de metas
 
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
 

Tipos de exames - Consellos para preparalos

  • 1. Tipos de exames E consellos para preparalos
  • 2. Índice • • • • • • • Páx. 03 - Test/Escolla múltiple Páx. 09 - Resposta curta/ensaio Páx. 13 - Resolución de problemas Páx. 17 - Laboratorio Páx. 21 - Con libro aberto ou para levar a casa Páx. 24 - Orais Páx. 28 - Referencias 2
  • 3. Test/Escolla múltiple • Para cada cuestión, tres compoñentes cos que traballar: – O enunciado (unha pregunta, un problema ou unha frase incompleta) – A resposta correcta. – Respostas erradas que poden aparentar máis ou menos ser correctas. • Obxectivo: atopar a resposta correcta, isto é, a máis certa das alternativas que nos dean. • Imos ver unha serie de consellos para tratar con este tipo de exames: 3
  • 4. Test/Escolla múltiple • Non só vas responder ben cando identificas de primeiras a resposta adecuada. Ás veces só unha das alternativas faise familiar. Pero noutras máis dunha resposta “sona” e hai que entender que é no que as diferenza. O estudo ten que ter sido detallado, le detidamente cada pregunta e ollo co que implican verbas do tipo “sempre”, “nunca”, etc... • Antes de ler as respostas tenta responder mentalmente á pregunta co que xa sabes. Se o enunciado non che parece claro ou non te lembras, entón pasa a ler as respostas. • Le ben tódalas alternativas e analízaas antes de tomar unha decisión. 4
  • 5. Test/Escolla múltiple • Ollo coa xerga do que se estea a estudar, entende ben a terminoloxía para diferenciar o correcto do que “semella correcto”. • Ollo coas respostas que son afirmacións certas en si mesmas pero que non responden ao enunciado. • Se existen respostas coma “tódalas anteriores”, “ningunha das anteriores”, moito coidado, antes da escolla tense que ter claro se o resto de respostas son correctas ou incorrectas. • Coidado coas dobres negacións: “cal das seguintes non é certa?”, con respostas do estilo “non e certo que esta afirmación non sexa certa”... Se é preciso reformula en termos positivos o enunciado ou as respostas. 5
  • 6. Test/Escolla múltiple • Se cadra a mellor estratexia e percorrer todo o test respondendo só ao que se sabe con certeza, para calmar a ansiedade e logo poder centrarse con máis calma nas cuestións nas que hai dúbidas. • Coñece de antemán o tempo que tes e o número de preguntas e xestiónao adecuadamente, tendo en conta que seguramente precises tempo para pasar as respostas a unha táboa e/ou repasar. • Adiviñar: depende do que resten as respostas incorrectas. De todos xeitos, tenta aumentar a probabilidade de acertar descartando algunha resposta. 6
  • 7. Test/Escolla múltiple • Non te fíes habitualmente dos teus cambios de pensamento. Adoita acontecer que respostas correctas cámbianse por respostas incorrectas que ao revés. • Ninguén nace aprendido, as habilidades para resolver exames melloran sobre todo coa experiencia. Aprende dos erros. Se aínda non entendes por que unha resposta que deches era incorrecta, trata de encaixala nos teus apuntes. Se aínda non o ves claro, fala co profesor. 7
  • 8. 8
  • 9. Resposta curta/ensaio • Estuda ao teu profesor: por exemplo, pode ser que dous profesores de Historia, dando un mesmo tema, prefiran centrarse un na economía, outro na política, etc... Adoitan ser honestos, e aquilo ao que máis atención dedican na clase é o que logo se pregunta no exame. • Anticipa preguntas: confía na túa intelixencia. Pregúntate que tipo de preguntas poden facerse sobre o material que tes. Seguro que acertas algunha pregunta, e o exame resultará moito máis familiar. • Non te agobies: ata a quen se dedicou a quentar a cadeira na clase vaille soar de algo o que se pregunte. Se ti aínda por riba estudaches adecuadamente, estás preparado para facelo ben. 9
  • 10. Resposta curta/ensaio • Controla o tempo: le toda a proba antes de comezar a escribir. Pode que haxa algunha pregunta máis “pesada” e que requira máis tempo. Se nun certo tempo non se rematan as preguntas curtas previas, hai que pasar á pregunta de máis valor e deixar as restantes para o final, por se sobrase tempo, para garantir unha boa nota. • Se podes escoller responder só a certas preguntas, perderás moito tempo se tentas resolver a tódalas alternativas primeiro. Valora cales escoller, faino e non rectifiques. • Fíxate no que che piden: “compara”, “resume” son peticións moi precisas, mentres que “razoa”, “debate” son máis abertas. 10
  • 11. Resposta curta/ensaio • Un ensaio é o que é. Ten que ter un tema ou propósito claro e tense que premeditar unha argumentación para as afirmacións que se fan, coma por exemplo nun comentario de texto histórico/filosófico. Polo tanto parte do tempo tense que dedicar a organizar o tempo, facer un bosquexo. Por outro lado, se preciso, non fagas afirmacións xerais e baleiras, ou que recollan só detalles. • Perspectiva global: cando presentas diversos feitos relacionados, é moi importante que non te limites a presentalos, senón a extraer nexos e relacións causa-efecto entre eles. • Repaso: se rematas cedo, busca erros no que escribiches, de contido, ortográficos, etc... Se tes que engadir algo, pásao a limpo ou fai unha nota clara e lexible. 11
  • 12. 12
  • 13. Resolución de problemas • A clave neste tipo de exames, propios de materias baseadas en matemáticas e estatística, é a práctica durante a preparación. • Sendo a maioría de cuestións problemas a resolver, trata de facer tantos como poidas, e ben variados. • Non mires a solución ata intentar o problema pola túa conta. Se te atascas: – Fai lecturas adicionais. – Busca similitudes con outros problemas. – Pide axuda. • Estuda tódolos temas dispoñibles. 13
  • 14. Resolución de problemas • Consegue recursos de distintas fontes e en distintos formatos. Fai o estudo máis interesante e completo. • Non memorices exames anteriores. Mesmo se o formato do exame mantense ano tras ano, as cuestións poden ter diferentes matices que analizar. Nalgunhas materias pódese levar o libro, un formulario, táboas, etc...: • A preparación ten que ser igual de intensa que se non se puidese levar nada. • Tes que recoñecer para cada cuestión as fórmulas que precisas. 14
  • 15. Resolución de problemas • O tempo dispoñible só abonda para atopar fórmulas e referirse a elas, pero non é suficiente para estudar apartados da materia. • Calquera fonte da cal dispoña un alumno antes dun exame ten que ser traballada, e os apartados importantes localizados e etiquetados. • Se podes levar os teus propios contidos sen restricións, tenta anticipar algunhas preguntas do exame e levalas semi-resoltas. 15
  • 16. 16
  • 17. Laboratorio Estes exames avalían se aprendiches técnicas ensinadas nas prácticas ou se es quen de resolver problemas prácticos empregando coñecementos da teoría. Xorde dificultade ou nerviosismo cando se empregan medios pouco habituais ou hai fortes límites de tempo. • Non malgáste-lo tempo: – le primeiro o que tes que facer e vai lembrando o que tes que facer. – Presta atención ao entorno e ás dúbidas que se resolven en voz alta. – Nada máis rematar unha práctica, comproba que cumpriches o obxectivo e trata de lembrar os pasos sen seguir a especificación. – Se non a remataches, tenta volver noutra ocasión antes do exame. 17
  • 18. Laboratorio • Preparando o estudio: – Antes do exame, trata de coñecer que tipo de cuestións poderán preguntarse, cal será a súa presentación e que tipo de erros poñen en risco a maior parte da nota. • Material de aprendizaxe: – Apuntamentos: para cada sesión de laboratorio ten notas que resuman tódala información relevante da mesma (a presentación, demostracións, ferramentas...). – Tarxetas que incorporen imaxes ou esquemas, para mellorar a habilidade de recoñecer estruturas e lembrar información con límite de tempo. – Táboas: contraste visual moi cómodo entre distintas combinacións dos elementos dunha proba. 18
  • 19. Laboratorio • Poñendo a proba o coñecemento: buscar relacións entre as distintas informacións obtidas, e practicar con cuestións que tenten anticipar cales serán as do exame. 19
  • 20. 20
  • 21. Con libro aberto ou para levar a casa • Non che enganes, estás a ser avaliado puramente en entendemento, máis que en memorización ou lembrarse das cousas. • Aplicarás os coñecementos a novas situacións, analizarás e sintetizarás contidos e avaliarás o material do que dispós. • Non infravalores un exame de libro aberto: tes que preparalo e ser quen de chegar aos apartados que che interesan dos recursos rapidamente, para poder elaborar con tempo unha boa resposta. • Preparación: leva as clases ao día, elabora apuntes breves e concisos sobre conceptos clave, escolle ben o que levas e o que non ao exame, comenta coas túas palabras as referencias que empregas, e anticipa preguntas (non respostas). 21
  • 22. Con libro aberto ou para levar a casa • Xa no exame: le as cuestións detidamente, emprega ben o tempo (tendo en conta o número de preguntas e a dificultade), e non sobrecargues as respostas, se conciso. • Fai citas cando: queres demostrar algo, empregar como razón de peso a autoridade da fonte, ou porque non poderías expresar mellor unha idea. Pero... Canto máis curtas mellor, pois poucas palabras fan referencia á cita completa e non da a sensación de que non es ti quen argumentas. 22
  • 23. 23
  • 24. Orais • Non só son unha boa forma para demostrar coñecemento e habilidades comunicativas, senón que son unha boa práctica para futuras entrevistas de traballo. • Poden ser máis formais ou menos, pero sempre manter un certo ton formal axuda a quedar ben en calquera ocasión. Escoita ben a pregunta e responde directamente. • Os exames formais adoitan seguir un guión de preguntas e as súas respostas avalíanse como correctas ou incorrectas. Se queres dar información complementaria, por cortesía pide permiso antes de facelo. 24
  • 25. Orais • Preparación: – Pregúntalle ao profesor sobre o exame. – Estuda. – Debate con xente que sabe máis ou que xa fixo o exame sobre as mellores técnicas para responder. Practica só ou con compañeiros e analiza os teus xestos. – Ten claro o lugar, a data e a hora. – Se vas empregar dispositivos electrónicos, próbaos se é posible un certo tempo antes da presentación. 25
  • 26. Orais • Durante o exame: – Semella e se profesional! – Chega cedo ao punto de encontro para prepararse e relaxarse. – O exame comeza nada máis chegar ao lugar, atento aos teus xestos e a como interactúas cos avaliadores. Se amable e atento, míraos aos ollos, sorrí, e se tes distractores ou nervios, non finxas que non están, podes mencionalos. – Estate concentrado, se intelixente coma oínte e coma falante. – Non divagues se non sabes a resposta. Simplemente pregunta se podes buscala ou tratar de resolvela dalgún xeito. – Mantén a compostura e a confianza se sentes que a entrevista non vai ben, pode ser que che estean poñendo a proba. – Non respondas con “si”, “no” soamente, argumenta. 26
  • 27. Orais – Detecta sinais de ter que finalizar a intervención, coma que o avaliador mira o seu reloxo, non fai máis preguntas, etc... – Pregunta se hai algo máis do que falar. – Agradece a atención prestada. • Despois do exame: – Resume a túa actuación. – Tendo en conta os puntos fortes e débiles que detectes, trata de mellorar para ocasións próximas. – Se tes dúbidas sobre a túa actuación ou o material que che facilitou o avaliador, fala co mesmo pero sen faltarlle ao respeto. – Se estás de acordo coa avaliación que recibiches, notifícao a unha autoridade superior, como pode ser un departamento, escola, etc... 27