2. As redes sociais son espazos de relacións persoais nos que persoas con intereses comúns establecen grupos de comunicación e intercambio.
3. A rede social que máis imos a empregar é Ágora, creada na plataforma Ning. Esta rede vai poñer á nosa disposición unha serie de recursos útiles de intercambio e comunicación, entre eles: - Un foro de discusión, que se utilizará para resolver dúbidas, intercambiar información, etc. - Un blogue persoal. - A posibilidade de compartir fotografías, vídeo, audio, arquivos, etc. - Un correo interno para a comunicación persoal entre os membros desta rede.
4. Na educación, o emprego de Ágora pode ser de moita axuda, pois convértese nunha ferramenta moi útil á hora de compartir información.