3. Oceanía é un continente insular constituído por Australia, Papúa-Nova Guinea e Nova Zelanda, así como polos arquipélagos coralinos e volcánicos de Micronesia, Polinesia e Melanesia.
7. Oceanía non conta con grandes formacións montañosas. Os puntos máis altos están en Nova Guinea. A cima máis elevada é o monte Wilhelm . CIMA ALTURA CORDILLEIRA SITUACIÓN Wilhelm Monte Cook Monte Kosciuszko 4.509 m. 3.754 m. 2.228 m. Cordilleira Central Alpes Neozelandeses Gran Cordilleira Divisoria Nova Guinea Nova Zelanda Australia
8. Territorio de relevo montañoso, de orixe volcánico, con alturas que chegan a superar os 4.000 m. As mesetas interiores alcanzan unha altura de ata 1.800 m. No país hai máis de 30 volcáns. A Illa Norte presenta un centro montañoso moi complexo. Na Illa Sur atópanse os Alpes Neozelandeses, onde están as maiores altitudes do país.
9. É o país que concentra os grandes relevos do continente. As súas cadeas montañosas, sitúanse preto da costa, rodeando o país. Entre elas destaca a Gran Cordilleira Divisoria. Só unhas poucas montañas de escasa altitude atópanse no centro. O resto de Australia está dominado polas grandes chairas e desertos.
10. As illas de orixe volcánica teñen un aspecto montañoso moi pronunciado. Polo contrario, as illas de orixe coralino son baixas e moi chas. Illas do Pacífico A actividade volcánica que se produce nos fondos oceánicos trae como consecuencia a formación de illas. Isto adoita estar relacionado co movemento de placas da cortiza terrestre. Exemplos deste tipo de illas son: Samoa e Hawai . As illas e arrecifes coralinos están formadas polos esqueletos dun grupo de organismos mariños primitivos, denominados corais .
11. Samoa Comprende un grupo de illas pertencente ao arquipélago da Polinesia ao sur do Pacífico. As illas son de orixe volcánica. Savai’i, a illa máis grande, está formada por un volcán basáltico que xorde do océano Pacífico. O volcán de Savai’i encóntrase activo, aínda que entrou en erupción por última vez en 1911 .
12. É un estado dos Estados Unidos de América. É un arquipélago polinesio situado no océano Pacífico norte. Componse de dezaoito illas e atolóns. Son illas de orixe volcánico. O volcán Mauna Loa é un dos máis activos nas Illas Hawaianas e un dos cinco volcáns que forman a illa de Hawai xunto con Mauna Kea, Hualalai, Kohala e Kilauea . Hawai
14. En Oceanía non hai grandes ríos. Os máis importantes atópanse en Australia. Australia Murray Nace na Gran Cordilleira Divisoria e desemboca no océano Índico, preto de Adelaida. É un río pouco caudaloso e moi irregular. Pasa por: Corryong, Albury-Wodonga, Echuca, Moama, Swan Hill, Mildura, Tailem Bend, Renmark, Murray Bridge e Goolwa Darling Nace preto de Bourke (Nova Gales do Sur) e desemboca no río Murray en Wentworth. É o máis longo e caudaloso de Oceanía.
15.
16. Nova Guinea Sepik É o máis longo da illa. Nace na parte oeste das Terras Altas e desemboca no mar de Bismark. É un dos máis importantes do mundo en canto ao caudal de auga. Flúe a través das provincias de Sandaun e Sepik do Este, e unha pequena sección corre por Indonesia. Fly Nace nas montañas Star, e cruza as terras baixas do suroeste antes de desembocar no golfo de Papúa Nova Zelanda Waikato É o máis longo de Nova Zelanda. Atópase na Illa Norte. Desemboca no mar de Tasmania.
20. As costas australianas son moi pouco recortadas. Os accidentes costeiros máis importantes son: Gran baía australiana, a península de York e o golfo de Carpentaria. Golfo Sprence Península de Eyre CABOS GOLFOS AUSTRALIA York Leeuwin AUSTRALIA Golfo de Carpentaria Gran Baía Australiana NOVA ZELANDA Milford Sound NOVA GUINEA Golfo de Papúa
21. A illa Sur de Nova Zelanda, ben diferente á do norte, caracterízase por ter as paisajes de costa máis impresionantes. Milford Sound é un fiordo situado no suroeste da Illa. Milford Sound
22. O golfo de Papúa ten unha anchura de uns 400 km e nel drenan algúns dos ríos maiores de Nova Guinea, como o Turama, que forma un gran delta na parte occidental do golfo. A parte central e oriental interior do golfo de Papúa levántase lentamente ata atopar a montañosa Southern Highlands. Golfo de Papúa
23. Mares máis importantes Mar do Coral Atópase ao oeste do océano, frente á costa nororiental de Australia. Toma o nome do seu rasgo máis característico, a Gran Barreira de Arrecifes, que é o maior arrecife colarino do mundo. Mar de Tasmania Está situado ao suroeste do océano Pacífico, entre a Australia continental e a illa de Tasmania ao oeste, e a Illa Norte e Illa Sur de Nova Zelanda ao este. Mar de Arafura O mar de Arafura é un brazo pouco profundo do océano Pacífico que cobre a plataforma continental entre Australia e Nova Guinea.
25. Arquipélagos e illas Micronesia Nome dunha rexión do Pacífico Oeste e tamén o nome común polo que se coñece aos Estados Federados de Micronesia. Está formado por centos de pequenas illas. Politicamente, están divididas en oito territorios: Nova Guinea, Fiji, Salomón, Bismarck, Novas Hébridas, Nova Caledonia, Louisiade e illas do Almirantazgo. Melanesia Melanesia é unha rexión que se extende desde o occidente do océano Pacífico ao Mar de Arafura. Formada polas illas Carolinas, Marshall, Marianas, Gilbert e Naúru, entre outras. Polinesia A Polinesia é un gran grupo de cerca de mil illas situadas no centro e no sur do océano Pacífico. Ocupa a rexión marítima máis extensa: Hawai, Cook, Tokelau, Illas da Sociedade, Marquesas, Samoa, Tonga e Tuvalu, Gambier, Phoenix e Line.
26. Estreitos máis importantes Estreito de Cook O Estreito de Torres separa Australia e Papúa Nova Guinea. Mide aproximadamente 150 km de largo. Une o Mar do Coral (ao leste) co Mar de Arafura (ao oeste). É moi pouco profundo, e un labirinto de arrecifes e illas O Estreito de Bass separa Tasmania do sur de Australia. Ten aproximadamente 240 km de longo no seu punto máis estreito e unha profundidade próxima aos 50 metro s. O Estreito de Cook separa as dúas principais illas de Nova Zelanda. Ten unha largura mínima de só 25 km e unha profundidade media de 128 m. Estreito de Torres Estreito de Bass
27. Arrecifes de coral O coral é unha colonia de organismos mariños formados pola asociación dunha alga e un pólipo de coral. Asociados cos corais viven unha gran variedade de algas coralinas, plantas e animais acuáticos que en conxunto forman o que na súa totalidade chamamos o arrecife de coral. Existen dous tipos de corais: CORAL PETREO -forman estruturas de gran firmeza e apariencia rochosa-, CORAL BRANDO -son flexibles e asemellan cornos e abanos A Gran Barreira de Coral é o maior arrecife de coral do mundo. O arrecife está situado no Mar do Coral, fronte á costa de Queensland ao noreste de Australia, ao sureste de Nova Guinea occidental e ao sur de Papúa Nova Guinea. O arrecife exténdese sobre uns 2.600 km de lonxitude.
31. Case toda Oceanía atópase na zona intertropical, sendo de clima húmido ou ecuatorial, coa excepción de Nova Zelanda e a parte Sur e Sureste de Australia, onde oscila entre o clima oceánico e o mediterráneo. A gran meseta australiana ten clima desértico. Algunhas illas de Melanesia vense afectadas regularmente por ciclóns.
32. A maior parte dos climas de Oceanía danse en Australia.
33. CLIMA TIPO VEXETACIÓN ZONAS Cálido Ecuatorial Vexetación exuberante con moitas e variadas especies: selva Nova Guinea Illas próximas ao ecuador Tropical Bosque tropical: menos variado que o ecuatorial Norte de Australia Illas próximas aos trópicos. Desértico Vexetación escasa Interior de Australia Temperado Oceánico Bosques de folla caduca: faia Costa sueste de Australia Nova Zelanda Mediterráneo Bosques de folla perenne: eucalipto Australia suroriental
34. Clima ecuatorial : as temperaturas son sempre moi altas e as precipitacións moi abundantes. Clima tropical : temperaturas elevadas durante todo o ano; pero diferénciase unha estación húmida (verán) e unha seca (inverno). Clima desértico : grandes oscilacións térmicas entre o día (moi caloroso) e a noite (frío). Chuvias escasas. Clima oceánico : chuvias suaves e persistentes. Clima mediterráneo : veráns secos e calorosos e invernos suaves.
35. Tifóns Son ciclóns tropicais que se forman no océano Pacífico occidental. Ciclóns Ciclón tropical é un termo meteorolóxico usado para referirse a un sistema de tormentas caracterizado por unha circulación pechada arredor dun centro de baixa presión e que produce fortes ventos e abundante chuvia.
39. A Antártida está cuberta, case na súa totalidade, por unha capa de xeo dun grosor medio de 2.300 m. O punto máis elevado do continente é o Macizo Vinson con 5.140 m, o máis baixo é a fosa subglaciar de Bentley con 2.499 m por debaixo do nivel do mar ao oeste do continente.
41. Sobre case toda a superficie do continente impera o clima polar. A temperatura media desta rexión é de -17 °. Debido ás condicións extremas do clima, na Antártida existe pouca vexetación, e de formas moi simples, como algas e liquens, sen embargo a zona costeira setentrional posúe plantas autóctonas que medran formando tundras.