SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 10
Memorias dun
neno labrego
Rut villanueva Iglesias 4ºC
A emigración
“Hai moitos meses que meu irmán Miguel
marchou para América. Inda me lembro de
cando se despediu de nos.[...]Meu pai estaba
serio coma un pote, nin bágoas nin risadas: os
homes son homes. ”
“Os pais de Lelo decidiron irse para América.
-Escribeme- díxenlle-. Mándame tan sequera
unha carta. Cóntame como é América. Dime
se é certo que hai indios e cóbregas moi
longas.Non chores, un home non é unha
ovella”
Fotografía do ano 1976
O loito
“Meu tio Braulio morreu de desgraza e
houbo que poñer loito. O meu
pantalón de cada día é negro e tamén
levo botóns escuros na camisa pero o
que mais amola é quedar na casa os
días de festa. Di meu pai que o loito
non revivece a ninguén pero a
madriña comeza a bagoxar polo seu
Braulio.”
Fotografía do ano 1947
A relixión
“Pola mañá fun á misa coa madriña.
Quixen negarme pero ela colleu un baloco
e arremeteume con el. A madriña decote
me fala do inferno, onde disque hai fornos
que non se apagan endexamais...Eu
nunca teño ganas de ir á misa, nin de
rezar o rosario pola noite.
Fomos á misa de cedo. A cantada era ás
once pero o loito non nos permitía ir a ela.”
Fotografía do ano 1950
As romarías
“O día da romaría o souto estaba
alumeado con faroliños moi paveros,
tocaban a banda de Arca e mais a de
Ribeira e a xente bailaba. Aturuxos,
cántigas, berros de nenos, foguetes,
ulido a pólvora. Os faroliños
abaneábanseno aire. Por entre a
xente e os carballos erguíase un
nubeiro de po que logo se esparexía.”
Fotografía do ano 1967
A burguesía
“Manolito era moi ruín, “o neno do señor”. Os
pobres decote perdemos, a xustiza non está
da nosa banda.[...]Cando pasei por diante da
casa do señor, Manolito xogaba con outros
nenos e chamoume “arapiento”. Collín un
cantazo e lanzeillo a Manolito que caeu coa
cara chea de sangue.[...]Doiame que o señor
levase a metade do que collemos e enriba, a
mais de pagarmos as curas de Manolito, que
me castigasen diante dos seus fuciños para
andar ben con el.”
Fotografía do ano 1937
O señor
Landeiro
“O Landeiro merca e vende gando. É
home forte, traballador, e polo mesmo
gústalle que os demais traballen. Anda
de feira en feira. Berra para falar con
un coma se estivese entre cuxos. Pero
non é ruin.”
Fotografía do ano 1977
As mulleres
“Cando abriu o día eu xa pasara os
Alargos e a Codeseira. Sen pensalo ía
cara a Loxo, onde está a servir miña
irmá Celia. Estivera alí dúas veces e
lembrábame ata dos atallos.”
Fotografía do ano 1953
O traballo no
campo
“Entre Flora e mais eu facemos case todo o
traballo de fóra.
Flora ten vinte anos. Serve na casa do
Landeiro dende pequena. Dixéronme que
dorme lgunhas noites con el. A xente
sempre lle dá ó peteiro.”
Fotografía do ano 1966
Fin

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Memorias ruth

Ähnlich wie Memorias ruth (8)

Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
Traballo Galego
Traballo GalegoTraballo Galego
Traballo Galego
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego   Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 

Memorias ruth

  • 1. Memorias dun neno labrego Rut villanueva Iglesias 4ºC
  • 2. A emigración “Hai moitos meses que meu irmán Miguel marchou para América. Inda me lembro de cando se despediu de nos.[...]Meu pai estaba serio coma un pote, nin bágoas nin risadas: os homes son homes. ” “Os pais de Lelo decidiron irse para América. -Escribeme- díxenlle-. Mándame tan sequera unha carta. Cóntame como é América. Dime se é certo que hai indios e cóbregas moi longas.Non chores, un home non é unha ovella” Fotografía do ano 1976
  • 3. O loito “Meu tio Braulio morreu de desgraza e houbo que poñer loito. O meu pantalón de cada día é negro e tamén levo botóns escuros na camisa pero o que mais amola é quedar na casa os días de festa. Di meu pai que o loito non revivece a ninguén pero a madriña comeza a bagoxar polo seu Braulio.” Fotografía do ano 1947
  • 4. A relixión “Pola mañá fun á misa coa madriña. Quixen negarme pero ela colleu un baloco e arremeteume con el. A madriña decote me fala do inferno, onde disque hai fornos que non se apagan endexamais...Eu nunca teño ganas de ir á misa, nin de rezar o rosario pola noite. Fomos á misa de cedo. A cantada era ás once pero o loito non nos permitía ir a ela.” Fotografía do ano 1950
  • 5. As romarías “O día da romaría o souto estaba alumeado con faroliños moi paveros, tocaban a banda de Arca e mais a de Ribeira e a xente bailaba. Aturuxos, cántigas, berros de nenos, foguetes, ulido a pólvora. Os faroliños abaneábanseno aire. Por entre a xente e os carballos erguíase un nubeiro de po que logo se esparexía.” Fotografía do ano 1967
  • 6. A burguesía “Manolito era moi ruín, “o neno do señor”. Os pobres decote perdemos, a xustiza non está da nosa banda.[...]Cando pasei por diante da casa do señor, Manolito xogaba con outros nenos e chamoume “arapiento”. Collín un cantazo e lanzeillo a Manolito que caeu coa cara chea de sangue.[...]Doiame que o señor levase a metade do que collemos e enriba, a mais de pagarmos as curas de Manolito, que me castigasen diante dos seus fuciños para andar ben con el.” Fotografía do ano 1937
  • 7. O señor Landeiro “O Landeiro merca e vende gando. É home forte, traballador, e polo mesmo gústalle que os demais traballen. Anda de feira en feira. Berra para falar con un coma se estivese entre cuxos. Pero non é ruin.” Fotografía do ano 1977
  • 8. As mulleres “Cando abriu o día eu xa pasara os Alargos e a Codeseira. Sen pensalo ía cara a Loxo, onde está a servir miña irmá Celia. Estivera alí dúas veces e lembrábame ata dos atallos.” Fotografía do ano 1953
  • 9. O traballo no campo “Entre Flora e mais eu facemos case todo o traballo de fóra. Flora ten vinte anos. Serve na casa do Landeiro dende pequena. Dixéronme que dorme lgunhas noites con el. A xente sempre lle dá ó peteiro.” Fotografía do ano 1966
  • 10. Fin