3. Son esencialmente actos relixiosos Representan un rito necesario para manter as boas relacións desexadas entre os deuses e a cidade. Espectáculos de diferentes clases desempeñaron un importante papel na actividade cotiá da sociedade romana : Ludi scaenici (representacións teatrais ) , munera gladiatorum (combates de gladiadores) , ludi circenses , (xogos de circo), loitas de atletas ( athletas ) e naumachiae ( batallas navais) .
4. A morte como espectáculo Celebración para honrar ou aplacar a ira dos deuses ( munus ) ou festexar unha victoria militar
5. “ Tito, chamado amor e delicia do xénero humano, fixo construír en Roma un anfiteatro e coa ocasión da súa inauguración sacrificáronse 5.000 feras”. Eutropio
6.
7. Niveis 1 e 2 Fases da construcción do Coliseo/ Anfiteatro Flavio Elevación niveis 1 e 2 Nivel 1: Dórico (Toscano) Nivel 2: Xónico Nivel cero: Foxo de galerías debaixo da arena
8. Niveis 3 e 4 Nivel 3: Corintio Nivel 4: Pilastras corintias e no interior pórtico e velarium
9. Corredores 1 e 2: galerías circulares, bóvedas de canón cilíndrico, bóvedas de aristas. Corredor es3 e 5 : corredores radiais de acceso, bóvedas cilíndricas truncadas e xeneratriz Inclinada. Corredores 4 e 6 : galerías circulares, bóvedas de canón baixo .
11. Gaiola aberta para permitir aos leóns trepar ata o zapón Escravo accionando as guindastres que izaban as gaiolas Baixo o chan do anfiteatro había unha rede de pasadizos, celdas e maquinaria, feras nas súas gaiolas. Á hora de pelexar, subían as gaiolas e os animais accedían á pista por unha rampla.
12. Cacería ou exhibición de animais salvaxes realizada durante os xogos de gladiadores, na que os bestiarii se enfrontan a animais salvaxes na arena por diversión. Participan criminais condenados a pena de morte para cumprir a súa condena. Espectáculo moi popular
13. Ave, Caesar, morituri te salutant ¡ Os espectáculos comezaban cunha entrada festiva. Os gladiadores ían acompañados de danzantes, músicos, artistas e sacerdotes
14. A penas a primeira parella de gladiadores comezaba a probarse, unha febre, semellante á que se apoderaba da multitude nas carreiras, enchía o anfiteatro. Os espectadores acoraban de inquietude e esperanza, uns animaban ós parmulari e outros ós scutari . Facíanse apostas ( sponsiones ). Os espectadores incitaban o ardor homicida dos gladiadores: “¡verbera, iugula, ure!”, (pégalle, dególao, esfólao). A cada ferida o público reaccionaba con paixón e non demostraba alegría hasta que vían o adversario caer morto.
15.
16. Os gladiadores introducían na vida romana unha dose de pracer sádico plenamente admitida: o contemplar os cadáveres e ver morrer a un home.
17.
18.
19.
20. A maioría das veces o vencido non era golpeado mortalmente, deixaba as armas, tendíase de costas, e erguía o brazo esquerdo pedindo clemencia. Correspondía ó vencedor concederlla ou negarlla. Ante a presenza do emperador o vencedor cedíalle o dereito, e este, en vez de exercelo ó seu antollo, consultaba ós espectadores. Os espectadores, se o vencido se defendera con valor, axitaban panos, poñían o polgar cara arriba e gritaban: “mitte!” (sóltao). Se o emperador condescendía tamén marcaba co polgar cara ó ceo e o vencido era perdoado.
21. O gladiador victorioso era obsequiado con pratos de prata cheos de moedas de ouro e ricos regalos e con eles nas mans percorría a arena baixo a aclamación da cavea . Desde ese momento era rico e colmábaselle de honores. De escravo, condenado a morte, cidadán desposeido pasaba a disfrutar dun recoñecemento social como os aurigas.
27. O primeiro pracer dun romano é atopar os amigos no foro, no Campo de Marte, baixo os pórticos das prazas públicas, nas termas, e na súa casa –se é rico e dadivoso-, dándose pola noite a ceas interminables seguidas de borracheiras prolongadas ata altas horas da madrugada. Se a súa condición non lle permite o luxo, quere pasalo ben polo menos na taberna. Pierre Grimal . La Civilización Romana . Cap. IX, Los placeres de la ciudad
28. Co tempo, cada un destes espectáculos dispuxeron dun marco arquitectónico axeitado, de modo que teatros, anfiteatros, circos e estadios, se difundiron ampliamente polas distintas provincias do Imperio, cuns modelos ben determinados aínda que moitos deles acabaron por acoller representacións distintas daquelas para as que foran proxectados. Había peculiaridades que individualizaban cada un destes edificios.