1. Federación de Comercio Hostalería e Turismo
COMUNICADO NEGOCIACIÓN CONVENIO
COMERCIO METAL DE PONTEVEDRA
Reunión do día 22 de novembro de 2011
O día 22 de novembro celebrouse a 9ª reunión da mesa de negociación do
Convenio de Comercio Metal da provincia de Pontevedra.
Nesta reunión por parte de CC.OO. en resposta a proposta presentada por a
patronal na reunión anterior, presentamos a seguinte proposta:
• Incremento lineal do salario base de 43 € e un 6% no resto de conceptos
económicos para cada un dos dous anos de vixencia.
• Xornada máxima anual de1782 horas.
• Creación dunha bolsa de vacacións de 100 € para os traballadores e
traballadoras que voluntariamente e de acordo con a empresa opten por
disfrutar os 15 días fora dos meses de xuño e setembro.
• Aceptamos a proposta da patronal do seguro de accidentes de 20.000 €.
• No tema da inclusión dun réxime de faltas e sancións proposta pola
patronal na reunión anterior, entendemos que esta é unha cuestión que
non ten que ser regulada neste convenio.
• Mantemos o resto das cuestión propostas na nosa plataforma inicial.
Esta modificación da nosa plataforma facémola con a intención de acercar
posturas nesta negociación pero sen esquecer a necesidade de garantir a
mellora do poder adquisitivo duns salarios que seguen a ser moi baixos e
apostando por o incremento lineal en vez de porcentual para procurar unha
mellora maior para os salarios mais baixos.
Por parte da patronal non se nos deu ningunha resposta as cuestións
propostas, e simplemente nos dixeron que necesitaban facer unha consulta con
os seus asociados, para o que nos pediron tempo.
A próxima reunión da mesa de negociación será o próximo 13 de decembro.