SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Meu amor,
Quérote porque es a única persoa capaz de facer bailar
bolboretas no meu estómago, porque contigo todo parece
sinxelo, porque es capaz de facer que un gran problema se
converta nunha gran parvada.
Quérote pola túa capacidade ilimitada de facerme sorrir, por ser
capaz de valorar pequenas cousas como o olor da chuvia da
cidade mollada ou unha posta de sol fermosa.
Quérote pola túa capacidade ilimitada de facerme sentir que non
estou perdendo o tempo nesta vida e tamén porque sei que ao
teu lado todo irá ben, pase o que pase.
Quérote porque me fas recordar o que é a dozura, o que é a
beleza…
Se algún día me prohibes quererte asinarás a miña tristeza,
porque quererte é un soño.
Mírote e con isto saberás que cando te miro dígoche que te
quero coa mirada, e dígoche grazas por corresponderme.
XXX
(1º ESO)
Xa pasaron uns días dende que recibín a túa primeira carta, así que decidín
contestala empezando polo principio:
Recordo con moita claridade o día en que me dixeches que os teus pais
atoparan traballo noutro país, recordo con moita claridade as bágoas caendo polo
teu rostro dicíndome que non me ías esquecer e que volverías. Os días seguintes, ti
xa non estabas, boteite e bótote de menos. Boto en falta cando iamos xuntos cara
ao instituto falando de parvadas e ríndonos delas. O día que recibín a túa primeira
carta sentinme xenial, porque pensei que co tempo acabarías esquecéndote de
min…Ao ler esa carta puiden ver que non era así.
Houbo unha noite (unha das poucas nas que puiden durmir) na que soñei
que estabas comigo outra vez, logo espertei e vin que non era así. Cheguei a pensar
que todo isto era un pesadelo no que, no momento máis inesperado espertaría e
volverías aquí. Notei moito a túa falta, co tempo creo que me dei de conta de que o
amor a distancia non rompe unha parella, só é unha proba na que temos que
demostrar o amor que sentimos. Neste momento imaxínome a ti dicíndome que
volverías a min.
Quero que saibas que dá igual cantos problemas nos impoña o destino, que
eu sempre te quererei e sei que ti a min tamén. Só demostraremos que cando o
amor é verdadeiro, non importa a distancia. Que as persoas que din que o noso
nunca funcionaría, están equivocadas e estas cartas son a proba.
Sei que nos volveremos ver porque o noso amor é máis forte ca calquera
outra cousa.
Noal
(2º ESO)
SAIL
Se puidese volver atrás, non sería para non coñecerte,
volvería para poder dicirche canto te quero e canto te quererei.
Sei que isto non o lerás, pero polo menos eu síntome un pouco
mellor mentres o escribo.
Fun túa dende o primeiro momento no que me miraches,
dende que as nosas miradas se atoparon por primeira vez.
Aínda lembro a primeira vez que te vin, teño a imaxe
tatuada na miña mente. Tamén lembro a nosa primeira “cita” a
soas, acórdome do nerviosos que estabamos e o riso que nos
entrou… Necesito volver atrás, porque te quero, porque teño a
necesidade de amarte até o último día da miña existencia.
Porque estou segura de que ti es a única persoa da que me
podería namorar, porque non pido nin quero a ninguén que
non sexas ti. Ti, meu rei.
E queres saber a razón de por que te quero? Ben. Pois quérote
porque tes os ollos máis fermosos que vin na miña vida.
Quérote porque con só escoitar o teu nome trémenme todas
e cada unha das fibras nerviosas do meu corpo. O teu sorriso
complementa o meu.
Quérote porque me chega con ver o teu sorriso todos os días.
Pode que se les isto penses en chamalo parvada, eu prefiro
chamalo FELICIDADE.
Por fin entendín a sensación que tanto din experimentar
nos libros ao atopar o “amor da túa vida”. Esa sensación, esa
que parece que o tempo se detén. Sei que cometín erros, que che
fixen dano, inconscientemente. E sabes o que daría por estar
sacándoche un sorriso día a día? Se puidese volver atrás,
faríache a persoa máis feliz de todo o universo. Se puidese volver
atrás, faría todo o que fixen mal, ben; se puidese volver atrás…
Pero non podo, o feito, feito está, aínda que che/me faga
dano. Non vale de nada arrepentirse, pero si rectificar,
arranxalo dalgunha maneira.
Tampouco me arrepinto de coñecerte, nunca. Tampouco me
arrepinto de dicirche “ámote” ou “quérote”, sempre dixen a
verdade. Tampouco me arrepinto de namorarme de ti, si, iso,
namorarme. E dirás: “anda, cala, non sabes o que dis”, pero si
que o sei, namoreime de ti.
Se decides volver algún día, probablemente seguireite
querendo. Só sei que o meu corazón agora e por moito tempo,
ten e terá dono, e es e serás ti. Ti, si, ti.
Sabes esa sensación de cando estás nun sitio alto, pechas
os ollos, abres os brazos e parece que voas? Así é como me sinto
eu contigo.
Ti fixéchesme mellor, mellor do que era.
Lunática Lovegood.
(3º ESO)
Hoxe vinte outra vez e volvinme preguntar cantas veces máis me vou
deixar conxelar polo medo. Hoxe vinte outra vez e morrín afogada na
inexistencia absurda dunha vida que non é a miña, pero si é a miña, pero
non é de ninguén. E odieite. Pero despois quíxente tanto queme fixen dano.
A primeira vez que te vin eras un motón de palabras pausadas, e eu
non era máis queunha mortal a cen anos luz da túa casa. Agora es todas as
cousas que brillan na miña vida, e púxenche ese nome, aínda que teñas a
mirada máis escura do planeta, porque xa estou cansa de sombras. Estou
cansa de escribir a miña historia de amor na primeira persoa do singular.
De falar do día que non nos coñecemos, da vez que non te toquei, das veces
que non me levaches veras luces da túa cidadeencantada. E da primeira vez
quenon cometín contigo todos os pecados capitais a un tempo.
Véxote cada maldito día, en todas as partes, e non obstante estráñote
da forma máis desgarradora, porque por máis que o intento non logro existir
para ti. Intentei alcanzarte de todas as formas e desexei que apareceses na
miña casa con todas as forzas que teño. E cada vez que fracaso, vólvote
odiar, e despois vólvote querer, pero ao final nada cambia. E se nada vai
cambiar, se non vas atopar un minuto para deixarme existir, só me queda
deixar de buscarte. Iso, e esperar a que un día espertes e, sen razón aparente,
me necesites máis quea nada.
HOZIER
(4º ESO)
A tinta impregna o papel e xorden palabras, sen
dar lugar ao pensamento a deterse a imaxinalas,
como auga tras choiva torrencial nun río de corrente
rápida, para dicirche que, meu amor, es soño
cumprido, es, meu ben, calma tras tormenta e
tormenta en seca.
Alento no sufoco, último paso que outorga
vitorias, un romántico, librepensador, inconformista.
Labrego de sentimentos en terras hostís.
Tímida e silenciosa e suave e doce e
apaixonada caricia que se pousa no meu corazón e
o esperta.
Escritor de versos que se atreve a narrar en
prosa a súa historia e rouba a miña para
ornamentala.
P.D: Querido,
agora que as inescrutables vicisitudes da vida
nos levan a estar separados esperemos que sexa o
sufrimento de agora preludio de tan ansiada
felicidade.
Un sopro de aire e esperanza
(2º BACHARELATO)

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Andere mochten auch (20)

Portada revista
Portada revistaPortada revista
Portada revista
 
Gañadoras postal
Gañadoras postalGañadoras postal
Gañadoras postal
 
Contador de estrelas
Contador de estrelasContador de estrelas
Contador de estrelas
 
Cartel v premio poesía
Cartel v premio poesíaCartel v premio poesía
Cartel v premio poesía
 
Querida miña
Querida miñaQuerida miña
Querida miña
 
Sobremesas 16
Sobremesas 16Sobremesas 16
Sobremesas 16
 
Toxo
ToxoToxo
Toxo
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Amor á familia
Amor á familiaAmor á familia
Amor á familia
 
Cartel iv premio poesía
Cartel iv premio poesíaCartel iv premio poesía
Cartel iv premio poesía
 
Querido augustus
Querido augustusQuerido augustus
Querido augustus
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Gárgola
GárgolaGárgola
Gárgola
 
Gañadoras concurso amor 16
Gañadoras concurso amor 16Gañadoras concurso amor 16
Gañadoras concurso amor 16
 
Gañadores sobremesas 16
Gañadores sobremesas 16Gañadores sobremesas 16
Gañadores sobremesas 16
 
Concurso amor 16
Concurso amor 16Concurso amor 16
Concurso amor 16
 
Nubes de evolucion
Nubes de evolucionNubes de evolucion
Nubes de evolucion
 
Concurso fotografía
Concurso fotografíaConcurso fotografía
Concurso fotografía
 
Libro manuel maria
Libro manuel mariaLibro manuel maria
Libro manuel maria
 
Cabaliño de buxo
Cabaliño de buxoCabaliño de buxo
Cabaliño de buxo
 

Ähnlich wie Noal

Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO BDia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
tesafer
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
elvira9496
 
No interior dalgúns soños
No interior dalgúns soñosNo interior dalgúns soños
No interior dalgúns soños
catalizia
 

Ähnlich wie Noal (20)

Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Poesía
Poesía Poesía
Poesía
 
Tantas cousas que dicirte
Tantas cousas que dicirteTantas cousas que dicirte
Tantas cousas que dicirte
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimental
 
Entrevista a María Solar
Entrevista  a María SolarEntrevista  a María Solar
Entrevista a María Solar
 
Mulleres celtas
Mulleres celtasMulleres celtas
Mulleres celtas
 
Aprendín a vivir a pesar das espiñas
Aprendín a vivir a pesar das espiñasAprendín a vivir a pesar das espiñas
Aprendín a vivir a pesar das espiñas
 
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO BDia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
No interior dalgúns soños
No interior dalgúns soñosNo interior dalgúns soños
No interior dalgúns soños
 
Tempo2
Tempo2Tempo2
Tempo2
 
O libro
O libroO libro
O libro
 
Receension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bReceension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac b
 
Contos de amor e de amizade - San Valentín 2014
Contos de amor e de amizade - San Valentín 2014Contos de amor e de amizade - San Valentín 2014
Contos de amor e de amizade - San Valentín 2014
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 

Mehr von normalizacioniesn1ordes

Mehr von normalizacioniesn1ordes (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 

Kürzlich hochgeladen

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Noal

  • 1. Meu amor, Quérote porque es a única persoa capaz de facer bailar bolboretas no meu estómago, porque contigo todo parece sinxelo, porque es capaz de facer que un gran problema se converta nunha gran parvada. Quérote pola túa capacidade ilimitada de facerme sorrir, por ser capaz de valorar pequenas cousas como o olor da chuvia da cidade mollada ou unha posta de sol fermosa. Quérote pola túa capacidade ilimitada de facerme sentir que non estou perdendo o tempo nesta vida e tamén porque sei que ao teu lado todo irá ben, pase o que pase. Quérote porque me fas recordar o que é a dozura, o que é a beleza… Se algún día me prohibes quererte asinarás a miña tristeza, porque quererte é un soño. Mírote e con isto saberás que cando te miro dígoche que te quero coa mirada, e dígoche grazas por corresponderme. XXX (1º ESO)
  • 2. Xa pasaron uns días dende que recibín a túa primeira carta, así que decidín contestala empezando polo principio: Recordo con moita claridade o día en que me dixeches que os teus pais atoparan traballo noutro país, recordo con moita claridade as bágoas caendo polo teu rostro dicíndome que non me ías esquecer e que volverías. Os días seguintes, ti xa non estabas, boteite e bótote de menos. Boto en falta cando iamos xuntos cara ao instituto falando de parvadas e ríndonos delas. O día que recibín a túa primeira carta sentinme xenial, porque pensei que co tempo acabarías esquecéndote de min…Ao ler esa carta puiden ver que non era así. Houbo unha noite (unha das poucas nas que puiden durmir) na que soñei que estabas comigo outra vez, logo espertei e vin que non era así. Cheguei a pensar que todo isto era un pesadelo no que, no momento máis inesperado espertaría e volverías aquí. Notei moito a túa falta, co tempo creo que me dei de conta de que o amor a distancia non rompe unha parella, só é unha proba na que temos que demostrar o amor que sentimos. Neste momento imaxínome a ti dicíndome que volverías a min. Quero que saibas que dá igual cantos problemas nos impoña o destino, que eu sempre te quererei e sei que ti a min tamén. Só demostraremos que cando o amor é verdadeiro, non importa a distancia. Que as persoas que din que o noso nunca funcionaría, están equivocadas e estas cartas son a proba. Sei que nos volveremos ver porque o noso amor é máis forte ca calquera outra cousa. Noal (2º ESO)
  • 3. SAIL Se puidese volver atrás, non sería para non coñecerte, volvería para poder dicirche canto te quero e canto te quererei. Sei que isto non o lerás, pero polo menos eu síntome un pouco mellor mentres o escribo. Fun túa dende o primeiro momento no que me miraches, dende que as nosas miradas se atoparon por primeira vez. Aínda lembro a primeira vez que te vin, teño a imaxe tatuada na miña mente. Tamén lembro a nosa primeira “cita” a soas, acórdome do nerviosos que estabamos e o riso que nos entrou… Necesito volver atrás, porque te quero, porque teño a necesidade de amarte até o último día da miña existencia. Porque estou segura de que ti es a única persoa da que me podería namorar, porque non pido nin quero a ninguén que non sexas ti. Ti, meu rei. E queres saber a razón de por que te quero? Ben. Pois quérote porque tes os ollos máis fermosos que vin na miña vida. Quérote porque con só escoitar o teu nome trémenme todas e cada unha das fibras nerviosas do meu corpo. O teu sorriso complementa o meu. Quérote porque me chega con ver o teu sorriso todos os días. Pode que se les isto penses en chamalo parvada, eu prefiro chamalo FELICIDADE. Por fin entendín a sensación que tanto din experimentar nos libros ao atopar o “amor da túa vida”. Esa sensación, esa que parece que o tempo se detén. Sei que cometín erros, que che
  • 4. fixen dano, inconscientemente. E sabes o que daría por estar sacándoche un sorriso día a día? Se puidese volver atrás, faríache a persoa máis feliz de todo o universo. Se puidese volver atrás, faría todo o que fixen mal, ben; se puidese volver atrás… Pero non podo, o feito, feito está, aínda que che/me faga dano. Non vale de nada arrepentirse, pero si rectificar, arranxalo dalgunha maneira. Tampouco me arrepinto de coñecerte, nunca. Tampouco me arrepinto de dicirche “ámote” ou “quérote”, sempre dixen a verdade. Tampouco me arrepinto de namorarme de ti, si, iso, namorarme. E dirás: “anda, cala, non sabes o que dis”, pero si que o sei, namoreime de ti. Se decides volver algún día, probablemente seguireite querendo. Só sei que o meu corazón agora e por moito tempo, ten e terá dono, e es e serás ti. Ti, si, ti. Sabes esa sensación de cando estás nun sitio alto, pechas os ollos, abres os brazos e parece que voas? Así é como me sinto eu contigo. Ti fixéchesme mellor, mellor do que era. Lunática Lovegood. (3º ESO)
  • 5. Hoxe vinte outra vez e volvinme preguntar cantas veces máis me vou deixar conxelar polo medo. Hoxe vinte outra vez e morrín afogada na inexistencia absurda dunha vida que non é a miña, pero si é a miña, pero non é de ninguén. E odieite. Pero despois quíxente tanto queme fixen dano. A primeira vez que te vin eras un motón de palabras pausadas, e eu non era máis queunha mortal a cen anos luz da túa casa. Agora es todas as cousas que brillan na miña vida, e púxenche ese nome, aínda que teñas a mirada máis escura do planeta, porque xa estou cansa de sombras. Estou cansa de escribir a miña historia de amor na primeira persoa do singular. De falar do día que non nos coñecemos, da vez que non te toquei, das veces que non me levaches veras luces da túa cidadeencantada. E da primeira vez quenon cometín contigo todos os pecados capitais a un tempo. Véxote cada maldito día, en todas as partes, e non obstante estráñote da forma máis desgarradora, porque por máis que o intento non logro existir para ti. Intentei alcanzarte de todas as formas e desexei que apareceses na miña casa con todas as forzas que teño. E cada vez que fracaso, vólvote odiar, e despois vólvote querer, pero ao final nada cambia. E se nada vai cambiar, se non vas atopar un minuto para deixarme existir, só me queda deixar de buscarte. Iso, e esperar a que un día espertes e, sen razón aparente, me necesites máis quea nada. HOZIER (4º ESO)
  • 6. A tinta impregna o papel e xorden palabras, sen dar lugar ao pensamento a deterse a imaxinalas, como auga tras choiva torrencial nun río de corrente rápida, para dicirche que, meu amor, es soño cumprido, es, meu ben, calma tras tormenta e tormenta en seca. Alento no sufoco, último paso que outorga vitorias, un romántico, librepensador, inconformista. Labrego de sentimentos en terras hostís. Tímida e silenciosa e suave e doce e apaixonada caricia que se pousa no meu corazón e o esperta. Escritor de versos que se atreve a narrar en prosa a súa historia e rouba a miña para ornamentala. P.D: Querido, agora que as inescrutables vicisitudes da vida nos levan a estar separados esperemos que sexa o sufrimento de agora preludio de tan ansiada felicidade. Un sopro de aire e esperanza (2º BACHARELATO)