SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Unidade 2

    A Filosofía como
  racionalidade teórica:
coñecemento e realidade


              1. O COÑECEMENTO
                 1.1 O coñecemento sensible
                 1.2 O coñecemento racional

              2. BREVE HISTORIA DA EPISTEMOLOXÍA
                2.1 A filosofía antiga: Platón e Aristóteles
                2.2 A filosofía moderna: racionalismo e
              empirismo

              3. A VERDADE
                3.1 O concepto de verdade
                3.2 As teorías da verdade
                3.3 Posturas sobre a verdade
Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade




       Nesta unidade imos intentar comprender qué é o coñecemento.
Comezaremos cun estudio psicolóxico das bases do coñecemento humano
incluíndo o estudo do coñecemento sensible e o coñecemento racional.
Despois repasaremos o punto de vista epistemolóxico que defenderon algúns
dos filósofos máis relevantes, con especial fincapé no racionalismo, o
empirismo e Kant. Como a finalidade do coñecemento é acadar a verdade,
indagaremos sobre ela, as principais teorías sobre a verdade e as posturas
que se poden adoptar sobre ela.

1.     O COÑECEMENTO

       Coñecer significa darse conta de algo, é dicir, todo aquilo do que son
consciente, todo aquilo que sinto, percibo. Cando alguén perde a conciencia,
dicimos tamén que perdeu o coñecemento.
       Os actos conscientes son moi variados –vemos, escoitamos, sentimos,
pensamos, falamos-, pero en todos eles distinguimos dous elementos: o
suxeito que coñece e o obxecto coñecido.
       O suxeito é o eu que coñece, o suxeito cognoscente, todo aquel que
teña algún grao de conciencia.
       O obxecto é aquilo do que é consciente o suxeito, o contido
consciente do coñecemento.
       Dentro do coñecemento distinguimos entre o coñecemento sensible
e o coñecemento racional.

       1.1 O coñecemento sensible

       Toda a estrutura do coñecemento humano comeza sempre polo
coñecemento sensible. O coñecemento sensible é aquel que se alcanza
mediante os sentidos. Os sentidos son as facultades que nos permiten
percibir, é dicir, coñecer o que está presente ante nós, impresionando a nosa
sensibilidade.
       Distinguimos dentro do coñecemento sensible entre sensación,
percepción, memoria e imaxinación.

a) A sensación
       A sensación é o proceso psicofisiolóxico mediante o cal os seres
vivos recollen información do mundo. A través da sensación captamos
determinadas cualidades dos obxectos externos grazas á excitación dun
órgano sensorial.
       No proceso sensorial distinguimos tres fases:
       Momento estimular
       Fase de transdución e transmisión
       Fase de proxección
i) Momento estimular
       Para que se produza a sensación é preciso que un estímulo incida
sobre un receptor sensorial e este o detecte. O estímulo é enerxía física que
existe no medio, e o receptor sensorial é a célula ou un conxunto de células
especializadas en captar certo tipo de enerxía estimular. Os receptores
                                                                                    2
Filosofía e Cidadanía                IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade


   sensoriais non captan toda a información do medio, senón só a necesaria
   para a supervivencia do individuo.
       Modalidade sensorial Estímulo físico      Receptor sensorial

         Sensación visual               Ondas                        Conos    e    bastóns
                                        electromagnéticas            (retina)
         Sensación auditiva             Ondas vibratorias            Células pilosas (oído
                                                                     interno)
         Sensación gustativa            Sustancias          químicas Botóns      gustativos
                                        disoltas                     (lingua)
         Sensación olfativa             Sustancias químicas Bastóns                 olfatorios
                                        volatilizadas       (nariz)
         Sensación táctil       Accións mecánicas de Corpúsculos    táctiles
                                presión e contacto    (dermis)
           Os psicofisiólogos falan duns umbrais absolutos ou intensidade
   mínima e máxima de estimulación. No ser humano:
        • A visión humana son ondas electromagnéticas de entre 400 e 700
           milimicras de lonxitude.
        • A audición son ondas vibratorias de entre 20 e 18000 ciclos por
           segundo.
   Por debaixo e por enriba destes límites o ser humano non capta nada.
1. Fase de transdución e transmisión
           Recibida a estimulación, os receptores
   transducen ou converten esa enerxía física en
   impulsos nerviosos, e envíanos ao cerebro por
   medio das fibras nerviosas sensitivas. As fibras
   nerviosas están compostas de neuronas.
   iii) Fase de proxección
           O impulso nervioso proxéctase na
   correspondente área cerebral, que o procesa.
   Como       resultado    deste    procesamento    da
   información sensorial prodúcese o coñecemento
   dunha determinada cualidades dos obxectos (cor,
   son,sabor, olor,…)
   1.      Codia cerebral do hemisferio cerebral esquerdo
   2.      Cerebelo
   3.      Bulbo
   4.      Área de asociación auditiva
   5.      Codia auditiva primaria
   6.      Área de Broca (área motora da linguaxe)
   7.      Área prefrontal
   8.      Área premotora
   9.      Área motora somática primaria
   10.     Cisura de Rolando
   11.     Área sensitiva somática primaria
   12.     Área táctil primaria
   13.     Área de asociación sensitiva somática
   14.     Área de asociación visual
   15.     Codia visual primaria
   16.     Área sensitiva da linguaxe (área de Wernicke)




                                                                                                 3
   Filosofía e Cidadanía                         IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade


b) A percepción
        Malia que teñamos ata o de agora falado de sensacións, nós non
captamos cores, sons ou olores illados, senón obxectos. A percepción é un
complexo proceso psicolóxico mediante o cal coñecemos a realidade como
un todo coherente e organizado de obxectos. A percepción consiste, pois,
nun conxunto de sensacións ás que se dota de sentido.
        Os psicólogos da Escola da Gestalt (“gestalt” en alemán significa
‘forma’) defenderon que a percepción non é unha suma de sensacións, é
dicir, non percibimos primeiro cualidades e despois obxectos, senón que
percibimos de golpe e inmediatamente totalidades, obxectos completos.
Formularon así mesmo unhas leis da percepción que explican de xeito xeral
o modo en que organizamos o percibido.
        As leis da percepción da Gestalt:
    1. Lei da organización da experiencia perceptiva en fondo e figura. A
        forma orixinaria de organizar a experiencia é a de captar unha figura
        que destaca sobre un fondo. A figura ten unha forma precisa ben
        definida, aparece como máis próxima ao suxeito có fondo no que
        queda encadrada. O fondo é máis uniforme e indiferenciado, aparece
        detrás da figura con cores máis apagadas e tende a pasar
        desapercibido. Mais ás veces sucede que a estrutura é reversible, ben
        porque os factores os factores determinantes da figura non están
        claramente diferenciados, ou por outras causas subxectivas, caso dos
        exemplos de abaixo:




   2. Lei da proximidade. Os estímulos máis próximos espacialmente
      tenden a percibirse como formando parte da mesma figura.




   3. Lei da semellanza. Os estímulos parecidos tenden a ser integrados
      nunha mesma figura.




   4. Lei de continuidade. Os estímulos que aparecen nunha sucesión de
      continuidade, tenden a ser integrados nunha mesma figura.

                                                                                    4
Filosofía e Cidadanía                IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade




   5. Lei do peche. Téndese a completar aquela figura que parece
      incompleta.




      Alteracións da percepción sensorial
      Ilusións perceptivas: é unha percepción real pero falseada. Poden
deberse a falta de atención, estados emocionais, etc.
      Alucinacións: consiste en percibir algo que non existe, é unha
pseudo-percepción, porque carece de obxecto.
      Percepción subliminal: Os órganos sensoriais son susceptibles de
seren excitados por estímulos que non alcanzan o limiar mínimo
correspondente, pero de modo inconsciente tales estímulos inflúen na
percepción.




 Exemplo de ilusión óptica:   Exemplo de alucinación óptica: unha persoa      Exemplo de percepción subliminal: a
 o xinete non se sabe se      perdida no deserto pode chegar a ver un oasis   publicidade abusa das percepcións
 vai ou vén.                  como real, cando non existe.                    subliminais, moitas veces de xeito sexista



c) A imaxinación
       A imaxinación é a facultade que nos permite reproducir imaxes de
realidades que nun momento dado non impresionan as terminacións
nerviosas dos sentidos.
       Estas imaxes poden ser reproducións de percepcións anteriores ou
novas sínteses, é dicir, pode ser imaxinación reprodutora ou creadora. A
imaxinación reprodutora fainos presentes obxectos ou acontecementos que
están ausentes. A imaxinación creadora permítenos elaborar imaxes que
son sínteses de percepcións anteriores.

d) A memoria
       Podemos describir a memoria como a capacidade de reter, conservar
e reproducir vivencias do pasado.
       Clases de memoria:
          • Memoria a curto prazo: recibe a información directamente dos
                                                                                                                           5
Filosofía e Cidadanía                              IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade


             sentidos e consérvaa durante uns segundos en aprendizaxes
             curtas e transitorias.
          • Memoria a longo prazo: almacena información durante un
             tempo indefinido, incluso durante toda a vida do individuo.
       Perturbacións da memoria:
          • Esquecemento:           prodúcese   cando     unha     experiencia
             previamente fixada non pode ser evocada nin espontánea nin
             voluntariamente.
          • Amnesia: incapacidade de reproducir determinadas vivencias
             ou períodos biográficos.
          • Paramnesia: é a perturbación na fidelidade da memoria.

1.2 O coñecemento racional

        Os seres humanos ademais de coñecemento sensible, algo que tamén
posúen o resto dos animais, temos o coñecemento específico que nos
proporciona a razón, de aí que Aristóteles nos definise como animais
racionais. A través da razón formamos os conceptos e establecemos
relacións entre eles mediante xuízos e razoamentos.
        A intelixencia é a facultade que nos permite adaptarnos a situacións
novas de forma intencional, e comprender e establecer relacións con
símbolos abstractos. Non hai unha soa intelixencia senón múltiples
intelixencias, así que ímolas examinar, así como o modo en que se forma e
desenvolve no ser humano.
        Tipos de intelixencia
        Howard Gardner desenvolveu unha teoría das intelixencias múltiples
que cuestionaba a concepción tradicional dunha única intelixencia, a lóxico-
matemática. Existen segundo este autor oito tipos de intelixencia:
               Intelixencia lingüística: consiste na capacidade para
               comprender a orde e o significado das palabras na lectura, a
               escrita, e tamén ao falar e escoitar. Está relacionada con
               profesións como as de escritores, oradores, políticos, líderes
               relixiosos, xornalistas, etc.
               Intelixencia lóxico-matemática: é a que se emprega para
               resolver problemas lóxicos e/ou matemáticos. É o tipo de
               intelixencia que tradicionalmente medían os coeficientes de
               intelixencia. É propia de economistas, enxeñeiros, estatísticos,
               científicos, etc.
               Intelixencia espacial: é a relacionada con formar un modelo
               mental do mundo en tres dimensións. É propia de artistas,
               fotógrafos, guías turísticos, cirurxiáns, arquitectos, mariñeiros,
               etc.
               Intelixencia musical: é a capacidade para escoitar, cantar,
               compoñer e tocar instrumentos. Propio de músicos,
               compositores, críticos musicais, etc.
               Intelixencia corporal cinética: trátase da capacidade para
               utilizar o propio corpo para realizar actividades ou resolver
               problemas. É propia de escultores, actores, bailaríns,
               deportistas, artesáns, cirurxiáns, etc.
               Intelixencia intrapersoal: é o coñecemento dos aspectos
                                                                                    6
Filosofía e Cidadanía                IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

ProPakistani Tariff & Corporate Overview-Public
ProPakistani Tariff & Corporate Overview-PublicProPakistani Tariff & Corporate Overview-Public
ProPakistani Tariff & Corporate Overview-PublicUsman Hashmi
 
Cloning And The Government
Cloning And The GovernmentCloning And The Government
Cloning And The Governmenthboudwin
 
Building Mobile Apps with Rhodes
Building Mobile Apps with RhodesBuilding Mobile Apps with Rhodes
Building Mobile Apps with Rhodesrhocam
 
NetSys-Corporate-Profile-August-2016
NetSys-Corporate-Profile-August-2016NetSys-Corporate-Profile-August-2016
NetSys-Corporate-Profile-August-2016Usman Hashmi
 
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de AquinoApuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquinonieveslopez
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, societynieveslopez
 
REVERSE MORTGAGE - HECM LOAN - Guidelines And Procedures
REVERSE MORTGAGE - HECM LOAN - Guidelines And ProceduresREVERSE MORTGAGE - HECM LOAN - Guidelines And Procedures
REVERSE MORTGAGE - HECM LOAN - Guidelines And ProceduresMortgages
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
Los Planetas
Los PlanetasLos Planetas
Los Planetasjosemi4d
 
Los Planetas
Los PlanetasLos Planetas
Los Planetasjosemi4d
 
Request For Funding
Request For FundingRequest For Funding
Request For FundingMortgages
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino nieveslopez
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino nieveslopez
 
Jane Goodwin Hotseat Presentation
Jane Goodwin Hotseat PresentationJane Goodwin Hotseat Presentation
Jane Goodwin Hotseat Presentationlawrencehall
 

Andere mochten auch (17)

ProPakistani Tariff & Corporate Overview-Public
ProPakistani Tariff & Corporate Overview-PublicProPakistani Tariff & Corporate Overview-Public
ProPakistani Tariff & Corporate Overview-Public
 
Cloning And The Government
Cloning And The GovernmentCloning And The Government
Cloning And The Government
 
Building Mobile Apps with Rhodes
Building Mobile Apps with RhodesBuilding Mobile Apps with Rhodes
Building Mobile Apps with Rhodes
 
NetSys-Corporate-Profile-August-2016
NetSys-Corporate-Profile-August-2016NetSys-Corporate-Profile-August-2016
NetSys-Corporate-Profile-August-2016
 
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de AquinoApuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, society
 
REVERSE MORTGAGE - HECM LOAN - Guidelines And Procedures
REVERSE MORTGAGE - HECM LOAN - Guidelines And ProceduresREVERSE MORTGAGE - HECM LOAN - Guidelines And Procedures
REVERSE MORTGAGE - HECM LOAN - Guidelines And Procedures
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Los Planetas
Los PlanetasLos Planetas
Los Planetas
 
Los Planetas
Los PlanetasLos Planetas
Los Planetas
 
Request For Funding
Request For FundingRequest For Funding
Request For Funding
 
Unit Democracy
Unit DemocracyUnit Democracy
Unit Democracy
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino
 
PROFILE
PROFILEPROFILE
PROFILE
 
Jane Goodwin Hotseat Presentation
Jane Goodwin Hotseat PresentationJane Goodwin Hotseat Presentation
Jane Goodwin Hotseat Presentation
 
Hero
HeroHero
Hero
 

Ähnlich wie Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica

Leisdapercepcion
LeisdapercepcionLeisdapercepcion
LeisdapercepcionEva Garea
 
Que sabes do desenvolv
Que sabes do desenvolvQue sabes do desenvolv
Que sabes do desenvolvmardesinos
 
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectores
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectoresEstímulo e-resposta.receptores-e-efectores
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectoresPilar Crespo Amado
 
Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Fiz
 
Ossentidosppt
OssentidospptOssentidosppt
Ossentidospptbcode
 
Actividades espresarteeee Red Museística de Lugo
Actividades espresarteeee Red Museística de LugoActividades espresarteeee Red Museística de Lugo
Actividades espresarteeee Red Museística de LugoEncarna Lago
 
Coñecementoeverdade
CoñecementoeverdadeCoñecementoeverdade
CoñecementoeverdadeEva Garea
 

Ähnlich wie Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica (20)

Leisdapercepcion
LeisdapercepcionLeisdapercepcion
Leisdapercepcion
 
09 O Empirismo
09 O Empirismo09 O Empirismo
09 O Empirismo
 
Que sabes do desenvolv
Que sabes do desenvolvQue sabes do desenvolv
Que sabes do desenvolv
 
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
10 kant e a ilustración
10 kant e a ilustración10 kant e a ilustración
10 kant e a ilustración
 
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectores
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectoresEstímulo e-resposta.receptores-e-efectores
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectores
 
Ficha tema 2 cs
Ficha tema 2 csFicha tema 2 cs
Ficha tema 2 cs
 
Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6
 
Verdade
VerdadeVerdade
Verdade
 
Relación
Relación Relación
Relación
 
Ossentidosppt
OssentidospptOssentidosppt
Ossentidosppt
 
Resumo platón
Resumo platónResumo platón
Resumo platón
 
Racionalismo
RacionalismoRacionalismo
Racionalismo
 
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
 
Actividades espresarteeee Red Museística de Lugo
Actividades espresarteeee Red Museística de LugoActividades espresarteeee Red Museística de Lugo
Actividades espresarteeee Red Museística de Lugo
 
Coñecementoeverdade
CoñecementoeverdadeCoñecementoeverdade
Coñecementoeverdade
 
Kant1
Kant1Kant1
Kant1
 
Relación e coordinación
Relación e coordinaciónRelación e coordinación
Relación e coordinación
 
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
 

Mehr von nieveslopez

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudablenieveslopez
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalnieveslopez
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estadonieveslopez
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasnieveslopez
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencianieveslopez
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesconieveslopez
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturanieveslopez
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesnieveslopez
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresnieveslopez
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?nieveslopez
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?nieveslopez
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosnieveslopez
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismonieveslopez
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanonieveslopez
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxíanieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosóficoPautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosóficonieveslopez
 

Mehr von nieveslopez (20)

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación final
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estado
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitarias
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencia
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesco
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenes
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listos
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismo
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humano
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxía
 
Antropoloxía
AntropoloxíaAntropoloxía
Antropoloxía
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosóficoPautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
 

Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica

  • 1. Unidade 2 A Filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade 1. O COÑECEMENTO 1.1 O coñecemento sensible 1.2 O coñecemento racional 2. BREVE HISTORIA DA EPISTEMOLOXÍA 2.1 A filosofía antiga: Platón e Aristóteles 2.2 A filosofía moderna: racionalismo e empirismo 3. A VERDADE 3.1 O concepto de verdade 3.2 As teorías da verdade 3.3 Posturas sobre a verdade
  • 2. Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade Nesta unidade imos intentar comprender qué é o coñecemento. Comezaremos cun estudio psicolóxico das bases do coñecemento humano incluíndo o estudo do coñecemento sensible e o coñecemento racional. Despois repasaremos o punto de vista epistemolóxico que defenderon algúns dos filósofos máis relevantes, con especial fincapé no racionalismo, o empirismo e Kant. Como a finalidade do coñecemento é acadar a verdade, indagaremos sobre ela, as principais teorías sobre a verdade e as posturas que se poden adoptar sobre ela. 1. O COÑECEMENTO Coñecer significa darse conta de algo, é dicir, todo aquilo do que son consciente, todo aquilo que sinto, percibo. Cando alguén perde a conciencia, dicimos tamén que perdeu o coñecemento. Os actos conscientes son moi variados –vemos, escoitamos, sentimos, pensamos, falamos-, pero en todos eles distinguimos dous elementos: o suxeito que coñece e o obxecto coñecido. O suxeito é o eu que coñece, o suxeito cognoscente, todo aquel que teña algún grao de conciencia. O obxecto é aquilo do que é consciente o suxeito, o contido consciente do coñecemento. Dentro do coñecemento distinguimos entre o coñecemento sensible e o coñecemento racional. 1.1 O coñecemento sensible Toda a estrutura do coñecemento humano comeza sempre polo coñecemento sensible. O coñecemento sensible é aquel que se alcanza mediante os sentidos. Os sentidos son as facultades que nos permiten percibir, é dicir, coñecer o que está presente ante nós, impresionando a nosa sensibilidade. Distinguimos dentro do coñecemento sensible entre sensación, percepción, memoria e imaxinación. a) A sensación A sensación é o proceso psicofisiolóxico mediante o cal os seres vivos recollen información do mundo. A través da sensación captamos determinadas cualidades dos obxectos externos grazas á excitación dun órgano sensorial. No proceso sensorial distinguimos tres fases: Momento estimular Fase de transdución e transmisión Fase de proxección i) Momento estimular Para que se produza a sensación é preciso que un estímulo incida sobre un receptor sensorial e este o detecte. O estímulo é enerxía física que existe no medio, e o receptor sensorial é a célula ou un conxunto de células especializadas en captar certo tipo de enerxía estimular. Os receptores 2 Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
  • 3. Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade sensoriais non captan toda a información do medio, senón só a necesaria para a supervivencia do individuo. Modalidade sensorial Estímulo físico Receptor sensorial Sensación visual Ondas Conos e bastóns electromagnéticas (retina) Sensación auditiva Ondas vibratorias Células pilosas (oído interno) Sensación gustativa Sustancias químicas Botóns gustativos disoltas (lingua) Sensación olfativa Sustancias químicas Bastóns olfatorios volatilizadas (nariz) Sensación táctil Accións mecánicas de Corpúsculos táctiles presión e contacto (dermis) Os psicofisiólogos falan duns umbrais absolutos ou intensidade mínima e máxima de estimulación. No ser humano: • A visión humana son ondas electromagnéticas de entre 400 e 700 milimicras de lonxitude. • A audición son ondas vibratorias de entre 20 e 18000 ciclos por segundo. Por debaixo e por enriba destes límites o ser humano non capta nada. 1. Fase de transdución e transmisión Recibida a estimulación, os receptores transducen ou converten esa enerxía física en impulsos nerviosos, e envíanos ao cerebro por medio das fibras nerviosas sensitivas. As fibras nerviosas están compostas de neuronas. iii) Fase de proxección O impulso nervioso proxéctase na correspondente área cerebral, que o procesa. Como resultado deste procesamento da información sensorial prodúcese o coñecemento dunha determinada cualidades dos obxectos (cor, son,sabor, olor,…) 1. Codia cerebral do hemisferio cerebral esquerdo 2. Cerebelo 3. Bulbo 4. Área de asociación auditiva 5. Codia auditiva primaria 6. Área de Broca (área motora da linguaxe) 7. Área prefrontal 8. Área premotora 9. Área motora somática primaria 10. Cisura de Rolando 11. Área sensitiva somática primaria 12. Área táctil primaria 13. Área de asociación sensitiva somática 14. Área de asociación visual 15. Codia visual primaria 16. Área sensitiva da linguaxe (área de Wernicke) 3 Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
  • 4. Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade b) A percepción Malia que teñamos ata o de agora falado de sensacións, nós non captamos cores, sons ou olores illados, senón obxectos. A percepción é un complexo proceso psicolóxico mediante o cal coñecemos a realidade como un todo coherente e organizado de obxectos. A percepción consiste, pois, nun conxunto de sensacións ás que se dota de sentido. Os psicólogos da Escola da Gestalt (“gestalt” en alemán significa ‘forma’) defenderon que a percepción non é unha suma de sensacións, é dicir, non percibimos primeiro cualidades e despois obxectos, senón que percibimos de golpe e inmediatamente totalidades, obxectos completos. Formularon así mesmo unhas leis da percepción que explican de xeito xeral o modo en que organizamos o percibido. As leis da percepción da Gestalt: 1. Lei da organización da experiencia perceptiva en fondo e figura. A forma orixinaria de organizar a experiencia é a de captar unha figura que destaca sobre un fondo. A figura ten unha forma precisa ben definida, aparece como máis próxima ao suxeito có fondo no que queda encadrada. O fondo é máis uniforme e indiferenciado, aparece detrás da figura con cores máis apagadas e tende a pasar desapercibido. Mais ás veces sucede que a estrutura é reversible, ben porque os factores os factores determinantes da figura non están claramente diferenciados, ou por outras causas subxectivas, caso dos exemplos de abaixo: 2. Lei da proximidade. Os estímulos máis próximos espacialmente tenden a percibirse como formando parte da mesma figura. 3. Lei da semellanza. Os estímulos parecidos tenden a ser integrados nunha mesma figura. 4. Lei de continuidade. Os estímulos que aparecen nunha sucesión de continuidade, tenden a ser integrados nunha mesma figura. 4 Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
  • 5. Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade 5. Lei do peche. Téndese a completar aquela figura que parece incompleta. Alteracións da percepción sensorial Ilusións perceptivas: é unha percepción real pero falseada. Poden deberse a falta de atención, estados emocionais, etc. Alucinacións: consiste en percibir algo que non existe, é unha pseudo-percepción, porque carece de obxecto. Percepción subliminal: Os órganos sensoriais son susceptibles de seren excitados por estímulos que non alcanzan o limiar mínimo correspondente, pero de modo inconsciente tales estímulos inflúen na percepción. Exemplo de ilusión óptica: Exemplo de alucinación óptica: unha persoa Exemplo de percepción subliminal: a o xinete non se sabe se perdida no deserto pode chegar a ver un oasis publicidade abusa das percepcións vai ou vén. como real, cando non existe. subliminais, moitas veces de xeito sexista c) A imaxinación A imaxinación é a facultade que nos permite reproducir imaxes de realidades que nun momento dado non impresionan as terminacións nerviosas dos sentidos. Estas imaxes poden ser reproducións de percepcións anteriores ou novas sínteses, é dicir, pode ser imaxinación reprodutora ou creadora. A imaxinación reprodutora fainos presentes obxectos ou acontecementos que están ausentes. A imaxinación creadora permítenos elaborar imaxes que son sínteses de percepcións anteriores. d) A memoria Podemos describir a memoria como a capacidade de reter, conservar e reproducir vivencias do pasado. Clases de memoria: • Memoria a curto prazo: recibe a información directamente dos 5 Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
  • 6. Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade sentidos e consérvaa durante uns segundos en aprendizaxes curtas e transitorias. • Memoria a longo prazo: almacena información durante un tempo indefinido, incluso durante toda a vida do individuo. Perturbacións da memoria: • Esquecemento: prodúcese cando unha experiencia previamente fixada non pode ser evocada nin espontánea nin voluntariamente. • Amnesia: incapacidade de reproducir determinadas vivencias ou períodos biográficos. • Paramnesia: é a perturbación na fidelidade da memoria. 1.2 O coñecemento racional Os seres humanos ademais de coñecemento sensible, algo que tamén posúen o resto dos animais, temos o coñecemento específico que nos proporciona a razón, de aí que Aristóteles nos definise como animais racionais. A través da razón formamos os conceptos e establecemos relacións entre eles mediante xuízos e razoamentos. A intelixencia é a facultade que nos permite adaptarnos a situacións novas de forma intencional, e comprender e establecer relacións con símbolos abstractos. Non hai unha soa intelixencia senón múltiples intelixencias, así que ímolas examinar, así como o modo en que se forma e desenvolve no ser humano. Tipos de intelixencia Howard Gardner desenvolveu unha teoría das intelixencias múltiples que cuestionaba a concepción tradicional dunha única intelixencia, a lóxico- matemática. Existen segundo este autor oito tipos de intelixencia: Intelixencia lingüística: consiste na capacidade para comprender a orde e o significado das palabras na lectura, a escrita, e tamén ao falar e escoitar. Está relacionada con profesións como as de escritores, oradores, políticos, líderes relixiosos, xornalistas, etc. Intelixencia lóxico-matemática: é a que se emprega para resolver problemas lóxicos e/ou matemáticos. É o tipo de intelixencia que tradicionalmente medían os coeficientes de intelixencia. É propia de economistas, enxeñeiros, estatísticos, científicos, etc. Intelixencia espacial: é a relacionada con formar un modelo mental do mundo en tres dimensións. É propia de artistas, fotógrafos, guías turísticos, cirurxiáns, arquitectos, mariñeiros, etc. Intelixencia musical: é a capacidade para escoitar, cantar, compoñer e tocar instrumentos. Propio de músicos, compositores, críticos musicais, etc. Intelixencia corporal cinética: trátase da capacidade para utilizar o propio corpo para realizar actividades ou resolver problemas. É propia de escultores, actores, bailaríns, deportistas, artesáns, cirurxiáns, etc. Intelixencia intrapersoal: é o coñecemento dos aspectos 6 Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)