SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 2
Downloaden Sie, um offline zu lesen
PAUTAS PARA REALIZAR UN COMENTARIO DE TEXTO FILOSÓFICO


   0. Introdución: Que é un comentario do texto?

    Un comentario de texto adoita consistir na lectura dun texto co obxecto de
captar o seu significado, analizalo e expoñer, nunha redacción estruturada e
coherente, a explicación do seu contido.
    Comprender un texto significa entender as ideas expresadas nel polo autor,
relacionar estas ideas cos coñecementos que xa temos, e ser capaces de xerar
unha opinión ao respecto.
    Na comprensión do texto interveñen varios factores:
    1. A capacidade lectora que teñamos baseada tanto na axilidade no acto
       de ler, coma no grao de comprensión do vocabulario que dispoñamos.
       Se carecemos de axilidade lectora, deberemos solucionalo canto antes
       practicando a lectura en xeral. Se carecemos de comprensión de
       vocabulario, deberemos utilizar o dicionario co fin de clarificar todos os
       termos que non coñezamos.
    2. Os coñecementos que teñamos respecto ao autor do fragmento, do
       problema ou tema presentado e tamén sobre outros autores que teñen
       relación con el, aínda que non expresen a mesma opinión.

   1. Pasos para realizar un comentario de texto

   Un comentario de texto debe seguir unha serie de pautas:

   1. Lectura comprensiva do texto

    Le atentamente o texto. Non repares no tempo; asegúrate de que
comprendes ben o texto. Subliña todos os termos ou ideas que te parezan
relevantes. Realiza notas ao marxe ou esquemas que nos permitan precisar:

   a) O tema ou idea principal, isto é, o problema (no noso caso filosófico)
   sobre o que versa o texto. Truco: imaxínate que llo tés que contar a un/unha
   compañeiro/-a nunha ou dúas palabras).
   b) As teses principais, é dicir, as posturas que defende o autor.
   c) A estrutura do texto, dividíndoo en partes (pero sen obsesionarse con
   elo).
   d) Os conceptos (filosóficos) máis relevantes.

   2. Redacción do comentario

   Tendo diante o esquema, como axuda para ter identificados os principais
elementos do texto, e como guía que nos garante unha certa orden e
coherencia no comentario, debe abordarse a redacción do comentario de texto,
atendendo as seguintes recomendacións [Aínda que a orden do comentario
pode variar, e vós tedes que buscar a vosa, recoméndovos esta]
1) Contextualización do texto: contextualizar o autor na súa época, na
   corrente filosófica á que pertence. Contextualizar o texto na obra do autor e
   na problemática xeral filosófica. Falar das influenzas que recibe o autor.
   2) Análise estrutural que inclúa:
          A idea principal.
          As ideas secundarias.
          A articulación no texto.
   3) Análise semántica: precisión dos conceptos fundamentais (significado
   que ten no autor do texto).
   4) Explicación e desenvolvemento da temática do texto.
   5) Valoración crítica tanto formal como de contidos.
   6) Proxección histórica do autor ou das ideas sostidas no texto.


Ten en conta que:
      Debe ter unha redacción sinxela, clara e organizada.
      Debe demostrar comprensión do texto e presentar unha explicación
      axeitada do seu contido.
      Debe ter un carácter persoal e fluído.
      Debe utilizar recursos de comentario: citas (sempre entrecomiñadas),
      conexións contextualizadoras, referencias bibliográficas,...

      E lembra que...
          o Tés que redactar o comentario como se fose a ser lido por
            alguén que non tivese coñecemento algún do tema.
          o Debes evitar parafrasear o texto e dar rodeos innecesarios
            sen explicalo.
          o O texto non é un pretexto para falar de calquera cousa que
            teñamos memorizada.

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Pautas para realizar un comentario de texto filosófico

Consellos para facer un traballo académico
Consellos para facer un traballo académicoConsellos para facer un traballo académico
Consellos para facer un traballo académico
nieveslopez
 
Como crear un texto
Como crear un textoComo crear un texto
Como crear un texto
123467898789
 
Como crear un texto copia
Como crear un texto   copiaComo crear un texto   copia
Como crear un texto copia
123467898789
 
Composición de texto
Composición de textoComposición de texto
Composición de texto
Santiago Dans
 
Composición de texto 2012
Composición de texto 2012Composición de texto 2012
Composición de texto 2012
Santiago Dans
 
Modelo Exame Filosofía
Modelo Exame  FilosofíaModelo Exame  Filosofía
Modelo Exame Filosofía
nieveslopez
 
Como construír un texto
Como construír un textoComo construír un texto
Como construír un texto
EvaMMG25
 

Ähnlich wie Pautas para realizar un comentario de texto filosófico (20)

Comentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosComentario de Textos Históricos
Comentario de Textos Históricos
 
A redacion normas
A redacion normasA redacion normas
A redacion normas
 
Boas Practicas
Boas PracticasBoas Practicas
Boas Practicas
 
Boas prácticas Climantica
Boas prácticas ClimanticaBoas prácticas Climantica
Boas prácticas Climantica
 
Para facer un resumo
Para facer un resumoPara facer un resumo
Para facer un resumo
 
Consellos para facer un traballo académico
Consellos para facer un traballo académicoConsellos para facer un traballo académico
Consellos para facer un traballo académico
 
Como crear un texto
Como crear un textoComo crear un texto
Como crear un texto
 
Como crear un texto copia
Como crear un texto   copiaComo crear un texto   copia
Como crear un texto copia
 
Reconstruímos a crónica
Reconstruímos a crónicaReconstruímos a crónica
Reconstruímos a crónica
 
Cómo estudiar un tema
Cómo estudiar un tema Cómo estudiar un tema
Cómo estudiar un tema
 
Composición de texto
Composición de textoComposición de texto
Composición de texto
 
Composición de texto 2012
Composición de texto 2012Composición de texto 2012
Composición de texto 2012
 
Modelo Exame Filosofía
Modelo Exame  FilosofíaModelo Exame  Filosofía
Modelo Exame Filosofía
 
O texto expositivo
O texto expositivoO texto expositivo
O texto expositivo
 
O texto expositivo
O texto expositivoO texto expositivo
O texto expositivo
 
Cinco consellos para subliñar un texto
Cinco consellos para subliñar un textoCinco consellos para subliñar un texto
Cinco consellos para subliñar un texto
 
Pasos para escribir correctamente
Pasos para escribir correctamentePasos para escribir correctamente
Pasos para escribir correctamente
 
Construír un texto 3
Construír un texto 3Construír un texto 3
Construír un texto 3
 
Como construír un texto
Como construír un textoComo construír un texto
Como construír un texto
 
Esquemas textuais
Esquemas textuaisEsquemas textuais
Esquemas textuais
 

Mehr von nieveslopez

Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
nieveslopez
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenes
nieveslopez
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
nieveslopez
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
nieveslopez
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
nieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
nieveslopez
 

Mehr von nieveslopez (20)

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación final
 
Unit Democracy
Unit DemocracyUnit Democracy
Unit Democracy
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estado
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitarias
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencia
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesco
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenes
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listos
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismo
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humano
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxía
 
Antropoloxía
AntropoloxíaAntropoloxía
Antropoloxía
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, society
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 

Kürzlich hochgeladen

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Pautas para realizar un comentario de texto filosófico

  • 1. PAUTAS PARA REALIZAR UN COMENTARIO DE TEXTO FILOSÓFICO 0. Introdución: Que é un comentario do texto? Un comentario de texto adoita consistir na lectura dun texto co obxecto de captar o seu significado, analizalo e expoñer, nunha redacción estruturada e coherente, a explicación do seu contido. Comprender un texto significa entender as ideas expresadas nel polo autor, relacionar estas ideas cos coñecementos que xa temos, e ser capaces de xerar unha opinión ao respecto. Na comprensión do texto interveñen varios factores: 1. A capacidade lectora que teñamos baseada tanto na axilidade no acto de ler, coma no grao de comprensión do vocabulario que dispoñamos. Se carecemos de axilidade lectora, deberemos solucionalo canto antes practicando a lectura en xeral. Se carecemos de comprensión de vocabulario, deberemos utilizar o dicionario co fin de clarificar todos os termos que non coñezamos. 2. Os coñecementos que teñamos respecto ao autor do fragmento, do problema ou tema presentado e tamén sobre outros autores que teñen relación con el, aínda que non expresen a mesma opinión. 1. Pasos para realizar un comentario de texto Un comentario de texto debe seguir unha serie de pautas: 1. Lectura comprensiva do texto Le atentamente o texto. Non repares no tempo; asegúrate de que comprendes ben o texto. Subliña todos os termos ou ideas que te parezan relevantes. Realiza notas ao marxe ou esquemas que nos permitan precisar: a) O tema ou idea principal, isto é, o problema (no noso caso filosófico) sobre o que versa o texto. Truco: imaxínate que llo tés que contar a un/unha compañeiro/-a nunha ou dúas palabras). b) As teses principais, é dicir, as posturas que defende o autor. c) A estrutura do texto, dividíndoo en partes (pero sen obsesionarse con elo). d) Os conceptos (filosóficos) máis relevantes. 2. Redacción do comentario Tendo diante o esquema, como axuda para ter identificados os principais elementos do texto, e como guía que nos garante unha certa orden e coherencia no comentario, debe abordarse a redacción do comentario de texto, atendendo as seguintes recomendacións [Aínda que a orden do comentario pode variar, e vós tedes que buscar a vosa, recoméndovos esta]
  • 2. 1) Contextualización do texto: contextualizar o autor na súa época, na corrente filosófica á que pertence. Contextualizar o texto na obra do autor e na problemática xeral filosófica. Falar das influenzas que recibe o autor. 2) Análise estrutural que inclúa: A idea principal. As ideas secundarias. A articulación no texto. 3) Análise semántica: precisión dos conceptos fundamentais (significado que ten no autor do texto). 4) Explicación e desenvolvemento da temática do texto. 5) Valoración crítica tanto formal como de contidos. 6) Proxección histórica do autor ou das ideas sostidas no texto. Ten en conta que: Debe ter unha redacción sinxela, clara e organizada. Debe demostrar comprensión do texto e presentar unha explicación axeitada do seu contido. Debe ter un carácter persoal e fluído. Debe utilizar recursos de comentario: citas (sempre entrecomiñadas), conexións contextualizadoras, referencias bibliográficas,... E lembra que... o Tés que redactar o comentario como se fose a ser lido por alguén que non tivese coñecemento algún do tema. o Debes evitar parafrasear o texto e dar rodeos innecesarios sen explicalo. o O texto non é un pretexto para falar de calquera cousa que teñamos memorizada.