2. ESCALAS DE TEMPERATURA As escalas térmicas ou escalas de temperatura máis importantes son a Fahrenheit, a Celsius e a Kelvin (tamén coñecida por escala absoluta). Cada escala considera dous puntos de referencia, un superior e outro inferior, así como un número de divisións entre as referencias sinaladas. Existen máis escalas, como por exemplo a Réaumur, ou a Rankine, pero non acadaron a mesma relevancia que as anteriores en ningún momento da historia.
3. ESCALAS DE TEMPERATURA ESCALA CELSIUS: A escala Celsius é á que estamos máis acostumados porque é a máis utilizada no mundo. Cando damos unha temperatura nesta escala utilizamos a seguinte simboloxía “ºC” (léese graos Celsius). Toma como puntos de referencia o punto de ebullición da auga (100ºC) e o punto de fusión da auga (0ºC). Entre estas dúas referencias existen 100 divisións.
4.
5. ESCALAS DE TEMPERATURA ESCALA KELVIN: A escala Kelvin (ou escala absoluta) é a utilizada no mundo científico. Cando damos unha temperatura nesta escala utilizamos a seguinte simboloxía “K“ (léese simplemente Kelvin, isto é, non hai que dicir a palabra graos diante que é un erro moi habitual). Básase nos principios da Termodinámica nos que se predice a existencia dunha temperatura mínima e inalcanzable na que as partículas carecerían de enerxía e polo tanto de movemento. Esta temperatura correspóndese co 0K. A temperatura de fusión da auga (0ºC) equivale a 273'15K, mentres que a temperatura de ebullición (100ºC) equivale a 373'15K.
6.
7. ESCALAS DE TEMPERATURA ESCALA FAHRENHEIT: Outra escala moi utilizada (polo xeral en nacións de fala inglesa) é a escala Fahrenheit. Cando damos unha temperatura nesta escala utilizamos a seguinte simboloxía “ºF“ (léese polo tanto graos Fahrenheit). O punto de referencia inferior é o punto de fusión dunha mestura de sales con xeo (0ºF) e como punto de referencia superior o punto de ebullición da auga (212ºF).
8.
9. ESCALAS DE TEMPERATURA ESCALA RÉAUMUR: O grao Réaumur é unha unidade de temperatura en desuso. Cando damos unha temperatura nesta escala utilizamos a seguinte simboloxía “ºRé; ºRe ou ºR“ (léese polo tanto graos Réaumur). O punto de referencia inferior corresponde co punto de fusión da auga (0ºRe) e como punto de referencia superior o punto de ebullición da auga (80ºRe). O grao Réaumur foi utilizado ampliamente en Europa, particularmente en Francia, Alemaña e Rusia, pero finalmente impúsoxe o uso do grao Celsius.
10.
11. ESCALAS DE TEMPERATURA ESCALA RANKINE: Denomínase Rankine á escala de temperatura que se define medindo graos Fahrenheit sobre o cero absoluto, polo que carece de valores negativos. O grao Rankine ten o seu punto de cero absoluto a -459'67ºF e os intervalos de grao son idénticos aos intervalos de grao Fahrenheit. A escala Rankine é usada comunmente en Estados Unidos como medida de temperatura termodinámica.