1. DRAGÓNS E CADÁVERESDRAGÓNS E CADÁVERES
EXQUISITOS IEXQUISITOS I
DRAGÓNS E CADÁVERESDRAGÓNS E CADÁVERES
EXQUISITOS IEXQUISITOS I
2. A continuación transcribimos os
resultados dun CADÁVER
EXQUISITO feito cos alumnos do
IES DE MOS: a partir de palabras
soltas inspiradas polo libro de
Dragal formamos frases que
serviron de inspiración para os
seguintes relatos.
Esperamos que vos gusten...
3. A BOLBORETA CONDUCÍA O SEU COCHE
CARA O CASTELO MENTRES COMÍA
PATACAS FRITIDAS E DRAGÓN COCIDO...
4. A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía
patacas fritidas e dragón cocido...
Un anaco do dragón cocido caeu do coche e acabou nun pozo de
residuos nucleares e... o dragón cobrou vida. Mentras que o dragón
voaba cara un lugar onde séculos atrás todos ían morrer a bolboreta
chegaba ao castelo desexando mirar os seus debuxos animados
favoritos: Doraemon.
O dragón chegou ao Val da Morte onde soían morrer tódolos
dragóns. Como el revivira grazas aos residuos nucleares, aparte de
botar lume pola boca tamén podía resucitar a dez dragóns, e todos
xuntos dirixíronse ao castelo da bolboreta.
Furacroias, un amigo da bolboreta, enterouse do próximo ataque
dos dragóns e llo fixo saber.
A bolboreta sabía que algo así podía pasar e tiña unha pócema
que si a bebía morrerían tódolos dragóns. Cando chegaron os dragón
a bolboreta meteu a pócema nunha pistola de auga e disparouna cara
o primeiro deles, que a bebeu e nese meso intre todos quedaron
mortos.
A bolboreta e os seus amigos viviron felices para sempre.
Rubén González, 1º ESO . IES
Mos.
5. A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía
patacas fritidas e dragón cocido...
En realidade o dragón era de doce cocido, a comida preferida
da bolboreta. Ela ía cara un castelo que tiña dragóns cocidos e
patacas fritidas. Cando chegou dixo:
-Quero uns dragóns cocidos e unha ración de patacas fritidas.
E o do castelo dixo:
-Vale, agora mesmo cho preparo.
Bolboreta mentras sentouse nun cómodo sofá que había a
carón do lume a descansar. Pasaron as horas e cando xa estaba
lista a comida, a bolboreta púxose a saltar de alegría, e de tan feliz
que estaba deulle un parrús e o señor do castelos chamou de
contado á Bechi ambulancia. Cando chegou xa era demasiado tarde
e bolboreta xa morrera.
O señor do castelo decidíu prepararlle unha cerimonia con
todas as súas amigas as bechi-mariposas.
Estaban moi tristes e para animarse comezaron a tirarse
patacas fritidas unhas as outras.
Nerea Carballido, 1º ESO. IES Mos.
6. A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía
patacas fritidas e dragón cocido...
Era un día soleado. A metade do camiño atopouse cun vello pastor
e a bolboreta díxolle:
-Bos e bonitos días!.
-Ola que tal, vexo que estás comendo dragón.
-Si, atopeino tirado na estrada e collino para comer.
O pastor quedou abraiado co que estaba vendo. Este
preguntoulle dende cando ela comía dragóns e a bolboreta díxolle:
-Eu non son unha bolboreta das que andan voando polo
campo.
O pastor quedou asustado. O pastor pedíulle que cando
pasara por alí non lle comera as ovellas e ela lle dixo que nunca ía
facer iso. O pastor dixo que si quería dragóns el sabía onde os
podía atopar e ademais recheos de carne e graxa como á
bolboreta lle gustaban. Despois das indicacions a bolboreta dixo:
-Moitas grazas señor pastor.
E marchou co seu Subaru ante o asombro do pastor.
David Novas, 1º ESO. IES Mos
7. A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía
patacas fritidas e dragón cocido...
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres
comía patacas fritidas e dragón cocido. Cando entraron no castelo
atopouse cun bufón, que estaba a esperar pola bolboreta. Cando a
bolboreta saíu pola xanela do seu catro por catro (todoterreo),
díxolle ao bufón:
-¿Estou no castelo da princesa chicle?.
-Si. Díxolle o bufón.
Despois de decirlle á bolboreta que estaba no castelo da
princesa chicle, acompañouna mentras ela seguía comendo
patacas fritidas e dragón cocido.
Cando chegaron aos aposentos da princesa chicle, oiron que
a princesa estaba rompendo cousas como tola, e era porque a
bolboreta chegaba tarde á súa cita.
Cinthya Viña Tellado, 1º ESO. IES Mos
8. A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres
comía patacas fritidas e dragón cocido...
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres
comía patacas fritidas e dragón cocido. Entón apareceu a alma do
dragón cocido que lle quitou a alma á bolboreta e a levou ao seu
castelo e a torturou por cocelo só por ter fame. O dragón, ao ser
tan malvado, rematou de comer as patacas fritidas e colleu o
coche da bolboreta e se foi conducindo coa radio a todo volume.
Cantando coma un tolo e desafinando, mentras conducía ata a
cidade. Alí, pedíulle axuda aos seus amigos para que lle axudasen
a torturar á bolboreta e lle fixeron de todo: A hincharon de helio, a
intentaron afogar, lle quitaron un pulmón, un riñón e o apéndice. A
bolboreta, ao sufrir esta tortura, contoulle ao dragón o seu
segredo máis preciado, ela era unha axente das que custodiaban
un rico tesouro agochado nunha cova.
O dragón ao saber esto amenazouna con quitarlle as tripas si
non lle contaba o xeito de chegar a ela. A bolboreta negouse por
non defraudar aos seus compañeiros de traballo. O dragón
enfadouse tanto, que botou fogo pola boca, queimando toda a súa
merenda. Ao día seguinte a bolboreta xa non estaba. Os seus
amigos a rescataran, pero o dragón
9. observou a zona e descubriu un chip que levaba a bolboreta, que
lles servira aos seus amigos a dar con ela.
O dragón ao ter tan bo olfato e vista, seguíu as pegadas da
bolboreta e as do coche no que fuxira. Pero ao cabo dun intre
perdeuse e estaba a carón dun río moi estrano, porque saía dunha
gruta sen fin. O dragón meteuse nela e atopouse cun pozo de
petróleo que usou para prender lume e iluminar a cova. Cando
abriu os ollos quedou abraiado pola beleza, había estalactitas e
estalagmitas de todas as cores. Tamén tiña diante del dous
camiños, colleu o da esquerda onde o esperaba un paraiso cheo de
ouro, auga e comida onde quedou a vivir para sempre ao pecharse
a cova.
Federico Cuevas Lorenzo,1º ESO.
IES Mos.
10. A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía
patacas fritidas e dragón cocido...
O sarxento pataca fritida e a súa lexión ían atacar á bolboreta
Rul e coa axuda do dragón Drul conseguirían matala. Ían camiño do
castelo pero atacáronlles unha xoaniñas moi perigosas. Conseguiron
derrotalas e chegaron ao castelo onde había un cartel na porta: Son
a mariposa Rul, vou facer a compra. Volvo ás 19:35.
Esperaron á bolboreta horas e horas e horas ata que as 19:35
apareceu a bolboreta de regreso. Entrou no castelo e díxolles:
-Esperade que teño que colocar a compra.
-Ten un morro que se o pisa!, dixo Drul.
- Levamos dúas horas aquí esperando, dixo o sarxento.
Comezou a pelexa e case ao comezo o dragón tropezou e caeu
sobre as patacas. Morreron todos.
A bolboreta fixo patacas fritidas e estofado de dragón e
marchouse no coche. Decatouse de súpeto de que esquencera unha
cousa e a bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres
comía patacas fritidas e dragón cocido.
Anxo Davila, 1º ESO. IES
Mos.
11. A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía
patacas fritidas e dragón cocido...
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía
patacas fritidas e dragón cocido. Todo comezou unha mañá como
calquera outra. Ruliña, a bolboreta espertouse e ía facerse o almorzo
soñando con vivir nun castelo.
Cando saíu afora viu un exército de patacas asasinas que levaban
nas súas mans espadas e pistolas feitas con gominolas.
Ruliña, ao velas, relameuse, porque a súa comida favorita eran as
patacas fritidas. E sen pensalo dúas veces tirouse sobre elas e as cortou
en anacos. As cociñou e as comeu todas excepto unha.
Ruliña correu cara aquela pataca e cando a mirou lle dixo:
-¿Curmá?.
Entón a pataca lle dixo que non. Pero Ruliña vía algo nel que lle
parecía familiar e namorouse. Entón raptou á pataca. Pasados uns días
quedouse preñada e deuse conta que a casa era moi pequena, entón
decidíu buscar o castelo dos seus soños.
Entón matou ao dragón que vivía nel e o cociñou.
Alba Iglesias, 1º ESO. IES Mos.
12. A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía
patacas fritidas e dragón cocido...
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía
patacas fritidas e dragón cocido. Esta bolboreta tiña debilidade polas
patacas fritidas e o dragón cocido.
Tamén lle gustaban os xeados os bombóns e os doces. Pero ese día só
levaba no seu coche, que era un Saxo 16 válvulas, unhas poucas de patacas
fritidas e de dragón cocido.
A bolboreta dirixíase cara o castelo dun amigo que casualmente era
un dragón. Ela, intentara en varias ocasións matalo, pero nunca o
conseguira. Hoxe ía intentalo de novo acompañada por outras amigas
bolboretas que ían nun coche detrás do seu.
Cando chegaron ao castelo entraron polo portal e petaron na porta.
Abriulles o dragón e díxolles:
-Ola¡.
-Ola, como estás meu amigo?. Respostou a bolboreta.
-Moi ben. Contestou o dragón. ¿Pero quen é toda esa xente?.
13. -Son amigas miñas.
-E que fan aquí, si o podo saber?
-Si home, o saberás ao tempo. Bueno nos deixas pasar ou
non?.
-Si, si, claro pasade. Pero si queredes tomar algo debedes
dicirllo á miña asistenta.
-Vale, xa sabemos o que queremos.
-O que?. Preguntou o dragón.
-A ti. Contestou a bolboreta.
Fátima González, 1º ESO. IES Mos.