3. BIOGRAFÍA
George Edward Moore (1873-1958), foi un filósofo británico coñecido polo
seu papel no desenvolvemento da filosofía occidental contemporánea.
A súa contribución á teoría ética foi a súa defensa do realismo filosófico.
Naceu en Upper Norwood, Londres, o 4 de novembro de 1873.
Moore foi educado no Trinity College, University of Cambridge. O seu
compañeiro Bertrand Rusell foi quen o animou a estudar filosofía. Moore,
viviu por varios anos como un estudante privado, mantido por unha herdanza,
e en 1911 comezou a ensinar na Universidade de Cambridge.
Faleceu o 24 outubro de 1958 en Cambridge.
4. IDEOLOXIA DO AUTOR
A filosofía, para Moore, era unha
actividade por partida dobre. En
primeiro lugar, implica a análise, é
dicir, o intento de aclarar as
proposicións enigmáticas ou
conceptos, usando proposicións máis
sinxelas que deben ser
equivalentes, de acordo coa
lóxica, ós orixinais.
5. Moore estaba perplexo, por
exemplo, polas reivindicacións
dalgúns filósofos da época
que dician que o tempo é
irreal. Ao analizar esta
declaración, sostivo que o
razoamento de que "o tempo é
irreal" era equivalente a "non
hay feitos temporais“.
Despois de clarificar unha
afirmación que contén un
concepto problemático, o
seguinte paso é determinar se
existen razóns que
xustifiquen esa afirmación.
6. Moore foi considerado como un dos fundadores da énfase
contemporánea analítica e lingüística da filosofía pola súa
atención dilixente á analise conceptual como un medio
para conseguir claridade.
Nunha ocasión Moore afirmou:
"Sempre hai un verdadeiro camiño e outro equivocado; e o
equivocado sempre parece o máis verdadeiro."
7. OBRA:
O traballo máis famoso de Moore foi Principia
Ethica (1903), que se refire á súa afirmación de
que o bo é unha calidade sinxela e
indefinible, sobre cousas e situacións.
É unha condición natural, porque non se
aprende polo significado da experiencia, senón
por unha especie de intuición moral.
Moore chegou á conclusión de que “a bondade
é evidente, sen dúbida, nesas experiencias como
a amizade e o pracer estético. Os conceptos
morais de dereito e deber son, xa que
logo, examinados para producir todo o que
posue bondade”.
8. ENSAIOS E OUTRAS OBRAS
DESTACABLES:
Algúns dos seus ensaios , como Refutación do idealismo (1903), contribuíron ao
desenvolvemento de realismo filosófico moderno. Na súa visión ao
coñecemento, non identificou a experiencia pura de orixe kantiana, co sentido de
experiencia, e evitou o escepticismo que moitas veces acompaña o empirismo.
Defendeu que o sentido común suxire que a experiencia é o coñecemento dun
mundo externo independente da mente.
Outras das súas obras son: Ética (1912), Estudos Filosóficos (1922) e Philosophical
Papers (1959), e dende 1921 ata 1947 editou Mind, un destacado periódico filosófico
británico.
9. FILOSOFÍA ANALÍTICA
É un termo xenérico para un estilo de filosofía que comezou a dominar
países de lingua inglesa no século XX. Esta tradición de facer filosofía
caracterízase por unha énfase na claridade e argumento, comunmente
realizado a través da lóxica formal e análise da lingua, e un gran respecto
para as ciencias naturais. A filosofía analítica ten compromisos específicos
filosóficos ->
1.- A visión positivista considera que non hai verdades filosoficas
especificas e o obxecto da filosofía é o esclarecemento lóxico dos
pensamentos.
2.- A visión de que a aclaración lóxica dos pensamentos sólo pode ser
alcanzada a través da análise da forma lóxica de proposicións filosóficas.
Sin embargo, los filósofos analíticos disienten ampliamente sobre cuál es
la forma lógica correcta del lenguaje ordinario.
3.- O rexeitamento de sistemas filosóficos a favor da atención nos
detalles, o sentido común e a linguaxe ordinaria.
10. VALORACIÓN PERSONAL
Como supoño que calquera dos nosos compañeiros, quixemos escoller un tema ameno e, a poder
ser, relacionado coa unidade que actualmente estamos a desenvolver.
Dentro da historia da filosofía, pareceunos interesante investigar sobre a filosofía analítica e un dos
seus grandes autores, George Edward Moore.
Con este pequeno traballo descubrimos algunhas das teorías deste filósofo, e o seu xeito de ver as
cousas como por exemplo a afirmación de que o tempo é irreal equivale a que “non hai feitos
temporais”.
Tamén profundizamos no concepto de filosofía analítica, que ése caracteriza pola argumentación a
través da análise da lingua, sen deixar atrás as súas obras, en especial Principia Ethica. Esta é unha
das súas composicións máis exitosas, e refírese ao concepto de que o bo é unha calidade sinxela e
indefinible sobre cousas ou situacións.
Esperamos que o noso esforzo fora produtivo, non só polos conceptos que ampliamos, senón á
hora de ser valorado o traballo.