SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 36
O patrimonio desaparecido

   A E V O L U C I Ó N D U N E S PA Z O U R B A N O :
              A PRAZA DE GALICIA
       (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
                      1730-2012




                                Leopoldo Fernández Gasalla
A PRAZA DE GALICIA


 O espazo coñecido hoxe como Praza de Galicia é un ámbito inmediato á zona histórica de
Santiago de Compostela, o que fai del un lugar particularmente sensible dende o punto de
vista urbanístico, pois debería marcar unha transición harmoniosa entre a zona histórica e o
ensanche da cidade.


 Dende o século XVIII experimentou unha serie de cambios, que viñeron a acentuarse en
1913 co inicio do derrubo e construcción de varios edificios senlleiros que marcaron e marcan
a imaxe representativa da cidade.


 Actualmente este espazo está pendente de remodelación. Existe un proxecto aprobado xa
polo Concello, aínda que a a crise económica semella que paralizou esta iniciativa
urbanística.
O EDIFICIO DA INQUISICIÓN (1)

O primeiro dos edificios relevantes construidos neste lugar foi a Casa do Tribunal
do Santo Oficio da Inquisición.

Anteriormente estaba xunto ao mosteiro de San Martiño Pinario. Os benedictinos
comprometéronse a financiar a construcción deste novo edificio lonxe do seu.

Según se cre, foi deseñado polo arquitecto Fernando de Casas Nóvoa, mestre de
obras da catedral de Santiago, cara o ano 1730.
Edificio da Inquisición (h.1730). Foto ca. 1910
O EDIFICIO DA INQUISICIÓN (2)

A Inquisición foi abolida en 1813, restaurada por Fernando VII nese mesmo ano,
abolida novamente en 1820, restaurada unha vez máis en 1822, e abolida
definitivamente en 1834.

Dende entón o edificio se empregou como escola, administración de Rendas do
Estado e, últimamente, acolleu as oficinas da “Unión Obrera”, os talleres da
tipográfica Galaica e as dependencias da empresa de transportes “La Carrilana”.
Edificio da Inquisición (h.1730). Foto ca. 1910
PENSIÓNS, HOTEIS E CAFÉS: SÉCULO XIX

A finais do século XIX a praza vaise convertindo en lugar de chegada dos viaxeiros
que viñan a Santiago dende os catro puntos cardinais.

Un dos primeiros en ubicarse aquí será o “Petit Christian”. Este hotel ocupou unha
casa situada na esquina da praza coa Senra. A comezos do século XX dispoñía de
cocheira propia para automóviles.

Na súa planta baixa estaba a oficina da empresa de “El Comercio”, que
comunicaba Santiago con Vimianzo e Santa Comba.
En 1874 se encargou ao mestre de obras Manuel Pereiro a reforma do edificio, para
engadir unha galería de madeira continua na segunda planta.
Deixou de funcionar a comezos do século XX.
A praza de Galicia vista dende a Virxe da Cerca cara a 1910.
PENSIÓNS, HOTEIS E CAFÉS: SÉCULO XX

  A comezos do século XX a zona da Senra vai
  tomando pulo.

  En 1901 instálase o Hotel América no nº 1 da
  Senra, nun edificio construido por Manuel Pereiro
  Caeiro .

  En 1907 este arquitecto constrúe un novo edificio
  no que se instala o “Gran Hotel Argentina”, que
  será dirixido por Francisco Rey.

  Por estos mesmos anos establécese nas
  inmediacións da praza, na Rúa do Hórreo nº 4 º, o
  Hotel “La Estrella”.




Hotel “La Estrella”
Tras ó seu regreso de Cuba en 1905, Francisco Rey
fundara o “Café Oriental”, que pasará a chamarse
“Derby” dende 1929.

En 1910 fundara o “Café Argentino” na esquina da
Senra con Fonterrabía, no que se ofrecían
espectáculos de variedades.




                                                    O café Derby foi e sigue
                                                    sendo lugar de tertulias e
                                                           encontros.
O TEATRO CINE ROYALTY


O edificio da Inquisición foi derrubado
en 1913.

No solar do edificio da Inquisición
construiuse en 1918 o garaxe “La
Unión”, segundo o proxecto do
arquitecto López de Rego.

En 1920 este edificio foi reformado
para acoller o Teatro Royalty, segundo
o proxecto do arquitecto municipal
Fernández Rangel.



Teatro-cine Royalty (1921)
O HOTEL COMPOSTELA


En 1927 o Teatro Royalty é derrubado para construir no seu lugar o Hotel Compostela.

O hotel foi construido seguindo o proxecto do arquitecto vigués Antonio Cominges.

Cominges deseñou un edificio que estivese acorde coa proximidade á zona histórica.
Empregou un estilo ecléctico de inspiración rexionalista. Válese de elementos de
procedencia románica, como o pilar composto do arco da esquina. A galería da derradeira
planta inspírase nos corredores dalgúns pazos galegos. O remate almeado evoca o
pasado medieval da cidade, así como o feito de que xustamente en frente do Hotel se
encontrara a Porta da Mámoa.

Ata a conversión do Hospital Real en Hostal dos Reis Católicos, será o mellor hotel da
cidade.

En 1974 os antigos salóns do hotel foron convertidos nunha oficina bancaria perdéndose
uns espazos característicos e fundamentais dentro do establecemento.
Antonio Cominges: Hotel Compostela (1927). Actualidade
EDIFICIO “CASTROMIL” (1)

En 1922 Manuel Ramallo e Ángel Gontán deciden construir un edificio para café-
restaurante no espazo valeiro que existía entre o comezo da Rúa Virxe da Cerca e
A Senra.

O proxecto da obra foi encomendado ao arquitecto coruñés Rafael González Villar
(1887-1941).

O tipo de arquitectura empregada e de inspiración ecléctica.

Posuía tres fachadas con accesos polas esquinas en rotonda. Na zona central
unha gran marquesina acobillaba un tercer acceso principal dende a praza.

Durante un tempo acolleu o chamado “Café Kiki-bar”. Na pranta alta existía un
salón dedicado a celebración de banquetes.
Rafael González Villar: Proxecto para o “Edificio Castromil” (1922)
Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1935
EDIFICIO “CASTROMIL” (2)

En 1929 o edificio foi adquirido pola empresa de transporte de viaxeiros
Castromil para as súas oficinas.

A empresa Castromil nacera en 1917 e dispoñía de 6 autocares de fabricación
alemana marca Saurer.

A empresa Castromil comunicaba Santiago de Compostela por estrada coa
cidade da Coruña e as de Pontevedra e Ourense, así como con todas as
localidades que se encontraban entre elas.
Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1960
A CONSTRUCCIÓN DO ENSANCHE. (Anos 60-70 do século XX)

Dende finais dos anos 60 a cidade de Santiago foi medrando dun xeito
acelerado.

Na parte sur da praza de Galicia derrubáronse todos os edificios preexistentes
construidos a finais do século XIX e comezos do XX, para ser substituidos por
outros de moita maior altura e volume destinados a vivendas e locais
comerciais.

Estilísticamente, rachan co resto da arquitectura da zona e non conservan nin
as proporcións ni o tipo de materais empregados ata entón.
Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1970
A construcción dunha estación de autobuses na entrada da cidade, determinou
que o edificio deixara de ser necesario como parada e oficinas de Castromil.

En 1974 concello decidiu que na praza de Galicia se construira un aparcamento
subterráneo.

Pese aos esforzos do Colexio de Arquitectos de Galicia, que presentou unha
proposta de rehabilitación e uso cultural do edificio Castromil e do espazo
existente xunto a el, o concello logrou que a Comisión Provincial de Monumentos
non declarara este inmoble como protexido.

En 1975 o edificio foi derrubado e o aparcamento construido.
C. Almuiña, R. Baltar, X. A. Bartolomé, X. M. Casabella e X. L. Martínez Suárez :
           Proxecto para a remodelación do Edificio Castromil (1974)
Praza de Galicia co aparcamento subterráneo xa construido (1975)
A chegada á alcaldía do arquitecto Xerardo Estévez (1983-1986/ 1987-1998)
trouxo como consecuencia unha nova forma de entender o urbanismo.

Consciente da aridez da praza e do seu nulo acerto estético, reformouse o
espazo central coa dotación de zonas verdes e a construcción dunha oficina de
información turística.
Praza de Galicia na actualidade
Recentemente decidiuse a reforma da praza unha vez máis e
convocouse un concurso de ideas.
3º clasificado

O proxecto propón a
creación dun
aparcamento diáfano
e aéreo, que permita
a disponibilidade
completa do espazo
en planta para
disfrute cidadán.
2º clasificado

Este proxecto
pretende suprimir o
tránsito de vehículos
pola parte sur da
praza.
1º clasificado

Neste proxecto todo o tráfico pasaría pola
parte sur da praza.
BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS

-CABO VILLAVERDE, José Luis e COSTA BUJÁN, Pablo: Imaxe de Compostela. Unha cidade
de pedra nas vellas fotografías, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de
Galicia, 1991.

-PEREIRO ALONSO, José Luis: Rincones de Compostela, Santiago de Compostela, Ronsel-
Consorcio de Santiago, 1996.

- - V.V.A.A: Galicia. A destrucción e a integración do patrimonio arquitectónico. III Xornadas de
arquitectura galega, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1981.

-http://es.wikipedia.org/wiki/Rafael_Gonz%C3%A1lez_Villar

-http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/11/5185908.shtml

-http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/11/5185811.shtml

-http://www.urbanity.es/foro/urbanismo-gal/8253-santiago-de-compostela-coruna-propuestas-
plaza-de-galicia.html

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

DEZ EDIFICIOS DESTACADOS
DEZ EDIFICIOS DESTACADOSDEZ EDIFICIOS DESTACADOS
DEZ EDIFICIOS DESTACADOS
tamara88
 

Was ist angesagt? (10)

DEZ EDIFICIOS DESTACADOS
DEZ EDIFICIOS DESTACADOSDEZ EDIFICIOS DESTACADOS
DEZ EDIFICIOS DESTACADOS
 
Antonio palacios
Antonio palaciosAntonio palacios
Antonio palacios
 
Evolución da cidade. 2ºBACH: Xeografía
Evolución da cidade. 2ºBACH: XeografíaEvolución da cidade. 2ºBACH: Xeografía
Evolución da cidade. 2ºBACH: Xeografía
 
Ver Coruña. 08. Dos anos sesenta do século XX á actualidade
Ver Coruña. 08. Dos anos sesenta do século XX á actualidadeVer Coruña. 08. Dos anos sesenta do século XX á actualidade
Ver Coruña. 08. Dos anos sesenta do século XX á actualidade
 
Tema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanoTema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbano
 
Ver Coruña. 02. Das orixes á Guerra da independencia
Ver Coruña. 02. Das orixes á Guerra da independenciaVer Coruña. 02. Das orixes á Guerra da independencia
Ver Coruña. 02. Das orixes á Guerra da independencia
 
Morfoloxia urbana
Morfoloxia urbanaMorfoloxia urbana
Morfoloxia urbana
 
Tema 14 Transformacións recentes na estrutura das cidades. 2º Bach.Xeografía
Tema 14 Transformacións recentes na estrutura das cidades. 2º Bach.XeografíaTema 14 Transformacións recentes na estrutura das cidades. 2º Bach.Xeografía
Tema 14 Transformacións recentes na estrutura das cidades. 2º Bach.Xeografía
 
8. O sistema urbano
8. O sistema urbano8. O sistema urbano
8. O sistema urbano
 
Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada
Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezadaMonterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada
Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada
 

Andere mochten auch

A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)
A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)
A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)
lfgasalla
 
Tratamento dixital de imaxes
Tratamento dixital de imaxesTratamento dixital de imaxes
Tratamento dixital de imaxes
mercemartinez
 
Evolucion do concepto de patrimonio cultural
Evolucion do concepto de patrimonio culturalEvolucion do concepto de patrimonio cultural
Evolucion do concepto de patrimonio cultural
lfgasalla
 
O patrimonio desaparecido. A Coruña
O patrimonio desaparecido. A CoruñaO patrimonio desaparecido. A Coruña
O patrimonio desaparecido. A Coruña
lfgasalla
 

Andere mochten auch (7)

Tema 12
Tema 12Tema 12
Tema 12
 
A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)
A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)
A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)
 
Tratamento dixital de imaxes
Tratamento dixital de imaxesTratamento dixital de imaxes
Tratamento dixital de imaxes
 
Evolucion do concepto de patrimonio cultural
Evolucion do concepto de patrimonio culturalEvolucion do concepto de patrimonio cultural
Evolucion do concepto de patrimonio cultural
 
Tema11
Tema11Tema11
Tema11
 
Tema 15
Tema 15Tema 15
Tema 15
 
O patrimonio desaparecido. A Coruña
O patrimonio desaparecido. A CoruñaO patrimonio desaparecido. A Coruña
O patrimonio desaparecido. A Coruña
 

Ähnlich wie A evolución da Praza de Galicia (Santiago de Compostela)

Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
esperanzavd3
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
esperanzavd3
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
esperanzavd3
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
esperanzavd3
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Marlou
 

Ähnlich wie A evolución da Praza de Galicia (Santiago de Compostela) (20)

Iria juncal (francesco sabatini)
Iria juncal (francesco sabatini)Iria juncal (francesco sabatini)
Iria juncal (francesco sabatini)
 
A Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de Paredes
A Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de ParedesA Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de Paredes
A Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de Paredes
 
Evolución urbanística da Coruña
Evolución urbanística da CoruñaEvolución urbanística da Coruña
Evolución urbanística da Coruña
 
O patrimonio histórico e arquitectónico de vigo.
O patrimonio histórico e arquitectónico de vigo. O patrimonio histórico e arquitectónico de vigo.
O patrimonio histórico e arquitectónico de vigo.
 
Burradas lugo
Burradas lugoBurradas lugo
Burradas lugo
 
Os plan urbanístico lucense
Os plan urbanístico lucenseOs plan urbanístico lucense
Os plan urbanístico lucense
 
Ferrol, unha cidade ilustrada
Ferrol, unha cidade ilustradaFerrol, unha cidade ilustrada
Ferrol, unha cidade ilustrada
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Historia de Caldas de Reis
Historia de Caldas de ReisHistoria de Caldas de Reis
Historia de Caldas de Reis
 
Caldas de reis
Caldas de reisCaldas de reis
Caldas de reis
 
DA PRAZA DE ESPAÑA A VILA BORGHESE
DA PRAZA DE ESPAÑA A VILA BORGHESEDA PRAZA DE ESPAÑA A VILA BORGHESE
DA PRAZA DE ESPAÑA A VILA BORGHESE
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
Betanzos
BetanzosBetanzos
Betanzos
 
Historia1
Historia1Historia1
Historia1
 
Arte gótica: contexto
Arte gótica: contextoArte gótica: contexto
Arte gótica: contexto
 

Kürzlich hochgeladen

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

A evolución da Praza de Galicia (Santiago de Compostela)

  • 1. O patrimonio desaparecido A E V O L U C I Ó N D U N E S PA Z O U R B A N O : A PRAZA DE GALICIA (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 1730-2012 Leopoldo Fernández Gasalla
  • 2. A PRAZA DE GALICIA  O espazo coñecido hoxe como Praza de Galicia é un ámbito inmediato á zona histórica de Santiago de Compostela, o que fai del un lugar particularmente sensible dende o punto de vista urbanístico, pois debería marcar unha transición harmoniosa entre a zona histórica e o ensanche da cidade.  Dende o século XVIII experimentou unha serie de cambios, que viñeron a acentuarse en 1913 co inicio do derrubo e construcción de varios edificios senlleiros que marcaron e marcan a imaxe representativa da cidade.  Actualmente este espazo está pendente de remodelación. Existe un proxecto aprobado xa polo Concello, aínda que a a crise económica semella que paralizou esta iniciativa urbanística.
  • 3. O EDIFICIO DA INQUISICIÓN (1) O primeiro dos edificios relevantes construidos neste lugar foi a Casa do Tribunal do Santo Oficio da Inquisición. Anteriormente estaba xunto ao mosteiro de San Martiño Pinario. Os benedictinos comprometéronse a financiar a construcción deste novo edificio lonxe do seu. Según se cre, foi deseñado polo arquitecto Fernando de Casas Nóvoa, mestre de obras da catedral de Santiago, cara o ano 1730.
  • 4. Edificio da Inquisición (h.1730). Foto ca. 1910
  • 5. O EDIFICIO DA INQUISICIÓN (2) A Inquisición foi abolida en 1813, restaurada por Fernando VII nese mesmo ano, abolida novamente en 1820, restaurada unha vez máis en 1822, e abolida definitivamente en 1834. Dende entón o edificio se empregou como escola, administración de Rendas do Estado e, últimamente, acolleu as oficinas da “Unión Obrera”, os talleres da tipográfica Galaica e as dependencias da empresa de transportes “La Carrilana”.
  • 6. Edificio da Inquisición (h.1730). Foto ca. 1910
  • 7. PENSIÓNS, HOTEIS E CAFÉS: SÉCULO XIX A finais do século XIX a praza vaise convertindo en lugar de chegada dos viaxeiros que viñan a Santiago dende os catro puntos cardinais. Un dos primeiros en ubicarse aquí será o “Petit Christian”. Este hotel ocupou unha casa situada na esquina da praza coa Senra. A comezos do século XX dispoñía de cocheira propia para automóviles. Na súa planta baixa estaba a oficina da empresa de “El Comercio”, que comunicaba Santiago con Vimianzo e Santa Comba.
  • 8.
  • 9. En 1874 se encargou ao mestre de obras Manuel Pereiro a reforma do edificio, para engadir unha galería de madeira continua na segunda planta.
  • 10. Deixou de funcionar a comezos do século XX.
  • 11. A praza de Galicia vista dende a Virxe da Cerca cara a 1910.
  • 12. PENSIÓNS, HOTEIS E CAFÉS: SÉCULO XX A comezos do século XX a zona da Senra vai tomando pulo. En 1901 instálase o Hotel América no nº 1 da Senra, nun edificio construido por Manuel Pereiro Caeiro . En 1907 este arquitecto constrúe un novo edificio no que se instala o “Gran Hotel Argentina”, que será dirixido por Francisco Rey. Por estos mesmos anos establécese nas inmediacións da praza, na Rúa do Hórreo nº 4 º, o Hotel “La Estrella”. Hotel “La Estrella”
  • 13. Tras ó seu regreso de Cuba en 1905, Francisco Rey fundara o “Café Oriental”, que pasará a chamarse “Derby” dende 1929. En 1910 fundara o “Café Argentino” na esquina da Senra con Fonterrabía, no que se ofrecían espectáculos de variedades. O café Derby foi e sigue sendo lugar de tertulias e encontros.
  • 14. O TEATRO CINE ROYALTY O edificio da Inquisición foi derrubado en 1913. No solar do edificio da Inquisición construiuse en 1918 o garaxe “La Unión”, segundo o proxecto do arquitecto López de Rego. En 1920 este edificio foi reformado para acoller o Teatro Royalty, segundo o proxecto do arquitecto municipal Fernández Rangel. Teatro-cine Royalty (1921)
  • 15. O HOTEL COMPOSTELA En 1927 o Teatro Royalty é derrubado para construir no seu lugar o Hotel Compostela. O hotel foi construido seguindo o proxecto do arquitecto vigués Antonio Cominges. Cominges deseñou un edificio que estivese acorde coa proximidade á zona histórica. Empregou un estilo ecléctico de inspiración rexionalista. Válese de elementos de procedencia románica, como o pilar composto do arco da esquina. A galería da derradeira planta inspírase nos corredores dalgúns pazos galegos. O remate almeado evoca o pasado medieval da cidade, así como o feito de que xustamente en frente do Hotel se encontrara a Porta da Mámoa. Ata a conversión do Hospital Real en Hostal dos Reis Católicos, será o mellor hotel da cidade. En 1974 os antigos salóns do hotel foron convertidos nunha oficina bancaria perdéndose uns espazos característicos e fundamentais dentro do establecemento.
  • 16. Antonio Cominges: Hotel Compostela (1927). Actualidade
  • 17. EDIFICIO “CASTROMIL” (1) En 1922 Manuel Ramallo e Ángel Gontán deciden construir un edificio para café- restaurante no espazo valeiro que existía entre o comezo da Rúa Virxe da Cerca e A Senra. O proxecto da obra foi encomendado ao arquitecto coruñés Rafael González Villar (1887-1941). O tipo de arquitectura empregada e de inspiración ecléctica. Posuía tres fachadas con accesos polas esquinas en rotonda. Na zona central unha gran marquesina acobillaba un tercer acceso principal dende a praza. Durante un tempo acolleu o chamado “Café Kiki-bar”. Na pranta alta existía un salón dedicado a celebración de banquetes.
  • 18. Rafael González Villar: Proxecto para o “Edificio Castromil” (1922)
  • 19. Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1935
  • 20. EDIFICIO “CASTROMIL” (2) En 1929 o edificio foi adquirido pola empresa de transporte de viaxeiros Castromil para as súas oficinas. A empresa Castromil nacera en 1917 e dispoñía de 6 autocares de fabricación alemana marca Saurer. A empresa Castromil comunicaba Santiago de Compostela por estrada coa cidade da Coruña e as de Pontevedra e Ourense, así como con todas as localidades que se encontraban entre elas.
  • 21. Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1960
  • 22. A CONSTRUCCIÓN DO ENSANCHE. (Anos 60-70 do século XX) Dende finais dos anos 60 a cidade de Santiago foi medrando dun xeito acelerado. Na parte sur da praza de Galicia derrubáronse todos os edificios preexistentes construidos a finais do século XIX e comezos do XX, para ser substituidos por outros de moita maior altura e volume destinados a vivendas e locais comerciais. Estilísticamente, rachan co resto da arquitectura da zona e non conservan nin as proporcións ni o tipo de materais empregados ata entón.
  • 23. Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1970
  • 24.
  • 25. A construcción dunha estación de autobuses na entrada da cidade, determinou que o edificio deixara de ser necesario como parada e oficinas de Castromil. En 1974 concello decidiu que na praza de Galicia se construira un aparcamento subterráneo. Pese aos esforzos do Colexio de Arquitectos de Galicia, que presentou unha proposta de rehabilitación e uso cultural do edificio Castromil e do espazo existente xunto a el, o concello logrou que a Comisión Provincial de Monumentos non declarara este inmoble como protexido. En 1975 o edificio foi derrubado e o aparcamento construido.
  • 26. C. Almuiña, R. Baltar, X. A. Bartolomé, X. M. Casabella e X. L. Martínez Suárez : Proxecto para a remodelación do Edificio Castromil (1974)
  • 27. Praza de Galicia co aparcamento subterráneo xa construido (1975)
  • 28. A chegada á alcaldía do arquitecto Xerardo Estévez (1983-1986/ 1987-1998) trouxo como consecuencia unha nova forma de entender o urbanismo. Consciente da aridez da praza e do seu nulo acerto estético, reformouse o espazo central coa dotación de zonas verdes e a construcción dunha oficina de información turística.
  • 29.
  • 30. Praza de Galicia na actualidade
  • 31. Recentemente decidiuse a reforma da praza unha vez máis e convocouse un concurso de ideas.
  • 32. 3º clasificado O proxecto propón a creación dun aparcamento diáfano e aéreo, que permita a disponibilidade completa do espazo en planta para disfrute cidadán.
  • 33. 2º clasificado Este proxecto pretende suprimir o tránsito de vehículos pola parte sur da praza.
  • 34. 1º clasificado Neste proxecto todo o tráfico pasaría pola parte sur da praza.
  • 35.
  • 36. BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS -CABO VILLAVERDE, José Luis e COSTA BUJÁN, Pablo: Imaxe de Compostela. Unha cidade de pedra nas vellas fotografías, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1991. -PEREIRO ALONSO, José Luis: Rincones de Compostela, Santiago de Compostela, Ronsel- Consorcio de Santiago, 1996. - - V.V.A.A: Galicia. A destrucción e a integración do patrimonio arquitectónico. III Xornadas de arquitectura galega, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1981. -http://es.wikipedia.org/wiki/Rafael_Gonz%C3%A1lez_Villar -http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/11/5185908.shtml -http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/11/5185811.shtml -http://www.urbanity.es/foro/urbanismo-gal/8253-santiago-de-compostela-coruna-propuestas- plaza-de-galicia.html