SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 10
CIRCE OU O PRACER DO AZUL Aida Álvarez Suárez. 1º Bach.
BEGOÑA  CAAMAÑO Begoña Caamaño,viguesa nacida en 1964,  escribiu esta,a súa primeira novela,en catro meses.  Cando se lle pregunta se os xornalistas son escritores en potencia, ela ironiza:"Non sei cando se fai máis fición, se na literatura ou no xornalismo, cando fago unha información ou cando escribo". Cre que o xornalismo é "bastante embrutecedor" en canto á linguaxe e "acabamos perdendo moitas palabras ou expresións”.  Traballa no Diario Cultural da Radio Galega xunto con tres poetas. É unha apaixonada lectora e seareira das mitoloxías, e cre "como feminista, que moito do que hoxe somos vén do que se escribiu desde hai moitos séculos". Pensa que o relato de Homero estaba cheo de mulleres que son meros accesorios e decidiuse a expoñer que pensaban.
INFORMACIÓN SOBRE AS PERSONAXES MITOLÓXICAS Penélope   é unha personaxe da  Odisea , esposa do rei de Ítaca, Odiseo ou Ulises. Espera durante vinte anos a volta do seu marido da guerra de Troia. Por esta razón é considerada un símbolo da fidelidade conxugal ata hoxe. Mentres o seu esposo está fóra, Penélope é pretendida por múltiples homes. Para manter a súa  castidade, pensa nun plan. Dilles aos pretendentes que aceptará a desaparición de Ulises, coa promesa dun novo enlace, cando acabe de tecer un sudario para o antigo rei, Laertes, no que estaba traballando. Para manter o maior tempo posible este tecido en elaboración, procura desfacer pola noite o que creou durante o día, e desta forma pasan os 20 anos. Xusto cando Ulises chega á casa, Penélope acaba o sudario, Ulises mata os pretendentes e permanece con ela.
Ulises ou Odiseo,  un dos heroes lendarios gregos, un dos protagonistas da  Ilíada  e finalmente a personaxe central e que dá nome á  Odisea . Era rei de Ítaca, unha das  illas xónicas, situada fronte á costa occidental de Grecia.  Fillo de Laertes e Anticlea na  Odisea , e en relatos posteriores de Sísifo e Anticlea.  Esposo de Penélope, pai de Telémaco e irmán maior de Ctímene, que sufriron esperándoo durante vinte anos: dez de eles pasáranos loitando na guerra de Troia e os outros dez intentando voltar a Ítaca cunha serie de problemas e obstáculos que tivo que afrontar.
Circe:  Deusa e feiticeira que viviu na illa de Eea. Filla de Helios e Perseis, transformaba os inimigos ou os que a ofendían en animais mediante o uso de pocións máxicas. Era coñecida polos seus coñecementos de herboristería e medicina. Namorou de Odiseo e axudoulle na súa viaxe de regreso a casa despois de que el e a súa tripulación pasasen un ano con ela na súa illa.. Hesíodo conta que Circe tivo tres fillos de Odiseo: Agrio, Latino e Telégono.  Cando este último se fixo adulto, contan que Circe o enviou a buscar  seu pai, quen  regresara había  moito tempo, pero, ao chegar,  matouno por accidente, levando o seu corpo de volta a Eea xunto coa súa viúva Penélope e o seu fillo Telémaco. Circe fíxoos inmortais e desposou a Telémaco, mentres Telégono casou con Penélope.
Telémaco  era un neno cando seu pai marchou á guerra de Troia e medrou durante vinte anos sen coñecelo. Despois de que os deuses en asemblea decidiran que Ulises volvera a casa dende a illa de Ogigia, Atenea adverrtiuno para que expulsase da súa casa os pretendentes de súa nai e se dirixise a Pilos e Esparta para recoller información sobre o pai. Telémaco seguiu o consello, pero estes negáronse a abandonar Ítaca. Foi a Pilos e alí foi recibido  por Néstor. Marchou a Esparta e dende alí Telémaco regresou á casa, onde  atopou a seu pai. Ambos acordaron castigar os pretendentes.
Laertes , fillo de Arcisio e Calcomedusa e  rei de Ítaca. É célebre por ser considerado por Homero como pai de Ulises e Ctímene e pola súa esposa Anticlea, filla do ladrón e argonauta Autólico. Na  Odisea  aparece  nun segundo plano, retirado e triste ata a volta do seu fillo.
Anticlea , casada con Laertes, raíña de Ítaca que antecedeu a Penélope. Foi a nai de Ulises. Sufriu tanto pola ausencia do seu fillo que se suicidou desesperada ao ver que este non volvía da expedición que os gregos emprenderan contra a cidade de Troia.
RESUMO A novela está protagonizada por personaxes mitolóxicas que aparecen na  Ilíada  e na  Odisea  de Homero. Ten como fío condutor a relación epistolar que se establece entre Circe e Penélope. Cando Ulises e a súa tripulación volvían cara  a Ítaca da guerra de Troia, naufragan na illa de Eea, rexentada pola maga Circe, famosa polas apócemas que daba aos homes que se comportaban mal e a trataban de maneira machista. Mais Circe queda encantada con Ulises ao ver que non é como ningún outro home que ela coñecera. Comezan unha relación, pero Circe séntese na necesidade de comunicarlle a Penélope, esposa de Ulises, que o seu marido está ben, e pedirlle perdón polo que ela  considera unha traizón de muller a muller. Penélope queda moi sorprendida pola amabilidade e humildade da maga e responde á carta. Así comeza unha relación que xa nunca remataría. Circe vai contándolle a Penélope canto cambiou Ulises dende que marchara de Ítaca, as razóns polas que lles tiña xenreira aos homes... , mentres Penélope lle conta de que maneira ten que cumprir ella soa as funcións dela e  de Ulises: ser raíña de Ítaca, preservar o patrimonio do seu marido e o seu trono dos pretendentes que querían quitarllo antes de que o seu fillo Telémaco o puidera herdar, así como exercer de nai e pai con este. Mediante esa relación, aínda que por carta, Circe pode curar as feridas do pasado de Penélope, pois sofre as consecuencias da sociedade patriarcal na que viven (sendo moi nova é levada a unha terra afastada e descoñecida  para casar cun  descoñecido que nun ano de convivencia non lle facía caso nada máis que para posuíla todas as noites, á parte de que a violara a noite de vodas). Así mesmo pode prometerlle que, cando Ulises volte á terra, elas poderán xuntarse en Eea e gozar desa estraña pero profunda amizade.
VALORACIÓN PERSOAL O libro gustoume bastante. Por unha parte, gústame que reivindica os dereitos das mulleres, cando conta as historias de Andrómaca e Helena (a primeira, escrava do fillo do asasino do seu marido,como trofeo de guerra e a segunda, maltratada polo seu marido e tratada como un mero obxecto polos homes), a de Medea, sobriña de Ceres (burlada polo seu namorado tras entregarse a el coa promesa deste de casamento) e a da propia Penélope. Por outra parte, paréceme que está ben escrito pero que en certos momentos se lía un pouco e pode confundirte. Finalmente,se tivera que puntualo do 1 ao 10, poríalle un 7,5.

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Circe ou o pracer do azul

Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigca
 
Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do PradoMitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do PradoBiblioteca Landra
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Personaxes masculinos e femininos
Personaxes masculinos e femininosPersonaxes masculinos e femininos
Personaxes masculinos e femininosjulioparadayanez
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
A odisea candela
A odisea candelaA odisea candela
A odisea candelasatelite1
 
Cancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarcaCancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarcaEdicionsCuruxa
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfBibliotecadicoruna
 
Presentación deuses gregos
Presentación deuses gregosPresentación deuses gregos
Presentación deuses gregosesterandaina
 
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. rcms9
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNangelciencia
 

Ähnlich wie Circe ou o pracer do azul (20)

Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
O Ciclo Bretón
O Ciclo BretónO Ciclo Bretón
O Ciclo Bretón
 
Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do PradoMitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Personaxes masculinos e femininos
Personaxes masculinos e femininosPersonaxes masculinos e femininos
Personaxes masculinos e femininos
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
A odisea candela
A odisea candelaA odisea candela
A odisea candela
 
A guerra de Troia
A guerra de TroiaA guerra de Troia
A guerra de Troia
 
Cancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarcaCancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarca
 
Exeria
Exeria Exeria
Exeria
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
 
Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Ulises no Hades (2)
Ulises no Hades (2)Ulises no Hades (2)
Ulises no Hades (2)
 
Presentación deuses gregos
Presentación deuses gregosPresentación deuses gregos
Presentación deuses gregos
 
Once contos medievais
Once contos medievaisOnce contos medievais
Once contos medievais
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 

Kürzlich hochgeladen

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Circe ou o pracer do azul

  • 1. CIRCE OU O PRACER DO AZUL Aida Álvarez Suárez. 1º Bach.
  • 2. BEGOÑA CAAMAÑO Begoña Caamaño,viguesa nacida en 1964, escribiu esta,a súa primeira novela,en catro meses. Cando se lle pregunta se os xornalistas son escritores en potencia, ela ironiza:"Non sei cando se fai máis fición, se na literatura ou no xornalismo, cando fago unha información ou cando escribo". Cre que o xornalismo é "bastante embrutecedor" en canto á linguaxe e "acabamos perdendo moitas palabras ou expresións”. Traballa no Diario Cultural da Radio Galega xunto con tres poetas. É unha apaixonada lectora e seareira das mitoloxías, e cre "como feminista, que moito do que hoxe somos vén do que se escribiu desde hai moitos séculos". Pensa que o relato de Homero estaba cheo de mulleres que son meros accesorios e decidiuse a expoñer que pensaban.
  • 3. INFORMACIÓN SOBRE AS PERSONAXES MITOLÓXICAS Penélope é unha personaxe da Odisea , esposa do rei de Ítaca, Odiseo ou Ulises. Espera durante vinte anos a volta do seu marido da guerra de Troia. Por esta razón é considerada un símbolo da fidelidade conxugal ata hoxe. Mentres o seu esposo está fóra, Penélope é pretendida por múltiples homes. Para manter a súa castidade, pensa nun plan. Dilles aos pretendentes que aceptará a desaparición de Ulises, coa promesa dun novo enlace, cando acabe de tecer un sudario para o antigo rei, Laertes, no que estaba traballando. Para manter o maior tempo posible este tecido en elaboración, procura desfacer pola noite o que creou durante o día, e desta forma pasan os 20 anos. Xusto cando Ulises chega á casa, Penélope acaba o sudario, Ulises mata os pretendentes e permanece con ela.
  • 4. Ulises ou Odiseo, un dos heroes lendarios gregos, un dos protagonistas da Ilíada e finalmente a personaxe central e que dá nome á Odisea . Era rei de Ítaca, unha das illas xónicas, situada fronte á costa occidental de Grecia. Fillo de Laertes e Anticlea na Odisea , e en relatos posteriores de Sísifo e Anticlea. Esposo de Penélope, pai de Telémaco e irmán maior de Ctímene, que sufriron esperándoo durante vinte anos: dez de eles pasáranos loitando na guerra de Troia e os outros dez intentando voltar a Ítaca cunha serie de problemas e obstáculos que tivo que afrontar.
  • 5. Circe: Deusa e feiticeira que viviu na illa de Eea. Filla de Helios e Perseis, transformaba os inimigos ou os que a ofendían en animais mediante o uso de pocións máxicas. Era coñecida polos seus coñecementos de herboristería e medicina. Namorou de Odiseo e axudoulle na súa viaxe de regreso a casa despois de que el e a súa tripulación pasasen un ano con ela na súa illa.. Hesíodo conta que Circe tivo tres fillos de Odiseo: Agrio, Latino e Telégono. Cando este último se fixo adulto, contan que Circe o enviou a buscar seu pai, quen regresara había moito tempo, pero, ao chegar, matouno por accidente, levando o seu corpo de volta a Eea xunto coa súa viúva Penélope e o seu fillo Telémaco. Circe fíxoos inmortais e desposou a Telémaco, mentres Telégono casou con Penélope.
  • 6. Telémaco era un neno cando seu pai marchou á guerra de Troia e medrou durante vinte anos sen coñecelo. Despois de que os deuses en asemblea decidiran que Ulises volvera a casa dende a illa de Ogigia, Atenea adverrtiuno para que expulsase da súa casa os pretendentes de súa nai e se dirixise a Pilos e Esparta para recoller información sobre o pai. Telémaco seguiu o consello, pero estes negáronse a abandonar Ítaca. Foi a Pilos e alí foi recibido por Néstor. Marchou a Esparta e dende alí Telémaco regresou á casa, onde atopou a seu pai. Ambos acordaron castigar os pretendentes.
  • 7. Laertes , fillo de Arcisio e Calcomedusa e rei de Ítaca. É célebre por ser considerado por Homero como pai de Ulises e Ctímene e pola súa esposa Anticlea, filla do ladrón e argonauta Autólico. Na Odisea aparece nun segundo plano, retirado e triste ata a volta do seu fillo.
  • 8. Anticlea , casada con Laertes, raíña de Ítaca que antecedeu a Penélope. Foi a nai de Ulises. Sufriu tanto pola ausencia do seu fillo que se suicidou desesperada ao ver que este non volvía da expedición que os gregos emprenderan contra a cidade de Troia.
  • 9. RESUMO A novela está protagonizada por personaxes mitolóxicas que aparecen na Ilíada e na Odisea de Homero. Ten como fío condutor a relación epistolar que se establece entre Circe e Penélope. Cando Ulises e a súa tripulación volvían cara a Ítaca da guerra de Troia, naufragan na illa de Eea, rexentada pola maga Circe, famosa polas apócemas que daba aos homes que se comportaban mal e a trataban de maneira machista. Mais Circe queda encantada con Ulises ao ver que non é como ningún outro home que ela coñecera. Comezan unha relación, pero Circe séntese na necesidade de comunicarlle a Penélope, esposa de Ulises, que o seu marido está ben, e pedirlle perdón polo que ela considera unha traizón de muller a muller. Penélope queda moi sorprendida pola amabilidade e humildade da maga e responde á carta. Así comeza unha relación que xa nunca remataría. Circe vai contándolle a Penélope canto cambiou Ulises dende que marchara de Ítaca, as razóns polas que lles tiña xenreira aos homes... , mentres Penélope lle conta de que maneira ten que cumprir ella soa as funcións dela e de Ulises: ser raíña de Ítaca, preservar o patrimonio do seu marido e o seu trono dos pretendentes que querían quitarllo antes de que o seu fillo Telémaco o puidera herdar, así como exercer de nai e pai con este. Mediante esa relación, aínda que por carta, Circe pode curar as feridas do pasado de Penélope, pois sofre as consecuencias da sociedade patriarcal na que viven (sendo moi nova é levada a unha terra afastada e descoñecida para casar cun descoñecido que nun ano de convivencia non lle facía caso nada máis que para posuíla todas as noites, á parte de que a violara a noite de vodas). Así mesmo pode prometerlle que, cando Ulises volte á terra, elas poderán xuntarse en Eea e gozar desa estraña pero profunda amizade.
  • 10. VALORACIÓN PERSOAL O libro gustoume bastante. Por unha parte, gústame que reivindica os dereitos das mulleres, cando conta as historias de Andrómaca e Helena (a primeira, escrava do fillo do asasino do seu marido,como trofeo de guerra e a segunda, maltratada polo seu marido e tratada como un mero obxecto polos homes), a de Medea, sobriña de Ceres (burlada polo seu namorado tras entregarse a el coa promesa deste de casamento) e a da propia Penélope. Por outra parte, paréceme que está ben escrito pero que en certos momentos se lía un pouco e pode confundirte. Finalmente,se tivera que puntualo do 1 ao 10, poríalle un 7,5.