3. historia
O peón ou trompo é un dos
xoguetes máis antigos da
humanidade
Moitos antropólogos cren
que o peón procede dun
instrumento similar que era
empregado para obter lume
mediante un movemento
rotativo dunha peza vertical
sobre unha madeira
horizontal
O peón foi un dos primeiros
xogos infantís en moitas das
civilizacións.
4. historia
Nun pasado remoto, os peóns
eran considerados obxectos
máxicos, só ao alcance de
meigos ou feiticeiros que os
empregaban para predecir o
futuro.
Posteriormente, perderon o
seu cáracter máxico e
converteronse nun xogo
popular tradicional moi
estendido en todo o mundo.
5. materiais
Madeira Folla de lata Plástico Aluminio
Produtos naturais: sementes, cana, ósos, marfil
6. partes do peón
PIRUCHO OU COCOTE
PIOLA
BARRIGA
FERRETE, FERRÓN OU PÚA
7. TIPOS DE PEÓNS
Tradicionais de
madeira
Acrobáticas
Bailaretes
Beyblade
8. REFRANEIRO GALEGO
Polo San Martiño, peóns ao camiño
Polo San Amaro, peóns ao faiado
Polo San Antón, peóns ao caixón
Pola Santa Olaia, peóns á borralla
9. COmO xOGAR?
Para facer bailar o peón
envólvese coa piola dende o
pirucho ata o ferrón. Hase
procurar que as voltas queden
xuntas e apertadas entre si.
“Vístese” ata a metade do
peón e o cabo sobrante
sostense coa man. Unha vez
enredado o peón, aguántase
coa man. Levántase o brazo e
lánzase con forza ao chan
mentres se estira a piola. Se
todo vai ben, o peón queda no
chan virando velozmente.
10. COmO xOGAR?
Cando o peón colle a
velocidade e a estabilidade
máxima e queda
aparentemente inmóbil, é o
momento idóneo para collelo
coa man sen que deixe de
bailar
11. PROPOSTA DE ACTIVIDADES
ACTIVIDADES
SEmANA DO PEÓN
2. CONSTRuCIÓN
1. “TuNEADO” 3. SESIÓN DE
DE
DE PEÓNS xOGOS
bAILARETES
12. “TuNEADO” DE PEÓNS
Para facer esta
actividade é preciso
que tod@s teñan un
peón.
Terán que decoralo,
“tunealo” libremente
ou personalizalo.
13. ConstruCión de bailaretes
Debemos empregar
materiais de refugallo.
Así, ademais de constrír
un xoguete tamén
fomentamos unha
cultura de reciclaxe.
Materiais: CDs ou DVDs
inservibles, rotuladores
gastados, cartóns, tapas
plásticas de envases,
escarvadentes, paos…
14. sesión de xogos
Existe unha gran variedade de xogos
segundo as zonas ou comarcas.
15. sesión de xogos
Trázase un círculo
no chan. Todos os
xogadores teñen que
lanzar o seu peón
dentro do círculo e
ten que saír xirando.
Se queda dentro, os
outros, ao lanzar o
“Ao rebumbio”
seu, tratan de
sacalo cun golpe e
se o conseguen
quedan con el.
16. sesión de xogos
Trazar no chan dúas
“Avanzar postos” liñas paralelas a unha
certa distancia. Sobre
unha delas, colócanse
peóns. E, dende a outra,
cada xogador lanza o
seu e gaña os peóns que
toque mentres está
bailando. Os peóns non
poden bailar no espazo
fóra das liñas.
17. sesión de xogos
Trazamos dous círculos
concéntricos. Os
Doble círculo
xogadores teñen que
lanzar o seu peón dentro
do círculo interior. Se
non o conseguen ou, se
o peón ao bailar sae fóra
del, é preciso devolvelo
ao círculo pequeno. Os
outros poden intentalo
golpeandoo cos seus
peóns.
18. sesión de xogos
Marcamos unha cruz no
chan. O xogo consiste en
lanzar o peón o máis
perto posible do vértice.
Os xogadores teñen
dereito a atacar ao peón
que vaia máis lonxe e se
A cruz o consegue queda con
el.