SlideShare a Scribd company logo
1 of 47
SEREAS
Teñen corpo de muller
fermosa de longos cabelos
e forma de peixe da cintura
para abaixo. Levan un
espello e un peite e vense
sobre as rochas cantando e
peiteando os seus longos
cabelos. Atraen aos
mariñeiros ou navegantes
coa súa voz, sedúcennos e
fannos afogar.
Viven debaixo do mar en
pazos de cristal cheos de
riquezas.
Melania Agraso
SEREA DE
FISTERRA
É unha muller supervivente da
cidade de Duio que se
converteu en serea e atrae aos
mariñeiros para perdelos. O
Santo Cristo de Fisterra, o da
barba dourada, protéxeos
dela.
Fátima Cores Lois
MARIÑA
-Muller mariña con escamas. Don Froián, un nobre galego, atopouna durmindo espida
na beira do mar, captorouna e levouna á súa casa, bautizouna e púxose de nome
Mariña (nacida do mar). Tivo con ela varios fillos. Mariña era muda e Froián fixo que
tiraba un fillo ao lume, ela quixo berrar, e co esforzo saiulle un anaco de carne pola
boca e de alí en diante falou.
Ilenia Parracho Rial
MARIÑA
-Un mariñeiro de Lobeira atopou a unha serea, unha muller con cola de peixe. Dos seus
fillos descenden os Mariños de Lobeira.
Escudo no
pazo de Fefiñáns
Escudo nunha
casa de Ribeira
MARUXAINA
-Serea da Mariña de Lugo. Os mariñeiros, atraídos polos seus cantos melodiosos ou polos
seus berros sufrían constantes naufraxios naquelas costas, especialmente nos cantís dos
Farallóns. Os mariñeiros de San Cibrao decidiron organizarse para acabar con ela. Unha
noite escura saíron decididos a prendela e para constarrestar os seus berros tocaban
cornos. Nas casas apagaron as luces. Atrapáronna e levárona a terra onde foi xulgada e
condenada.
MARUXAINA
-Unha Serea, Afogada ou Nereida,
metade peixe e metade muller, que
berra para avisar aos mariñeiros dun
posible naufraxio. Vive nas covas dos
Farallóns, debaixo do illote da
Sombriza. É protectora dos
mariñeiros e pasa o tempo fiando.
Cando vai mal tempo sobe a un
penedo e desde alí berra ou toca o
corno para que non saian ao mar.
Miriam Núñez Serto
MARUXAINA
-Maruxainas tamén se chaman os paxaros que veñen anunciar que non se pode saír ao
mar porque ven mal tempo.
FURNA DAS SEREAS
Está nas proximidades da Coruña. Desde ela as sereas cantan e atraen fatalmente aos
mariñeiros. Díse que unha sereiña canta na enseada dos Pelamios nun lugar onde houbo
moitos naufraxios (Urquiola, Aegen Sea…)
David
Piñeiro
Oubiña
AFOGADA
É unha rapaza moi fermosa,
de figura totalmente humana,
loura, esvelta e pálida con
longos cabelos enguedellados
con algas e peitos grandes
que aparece entre a escuma
do mar nos días de mareira
ou tempestade ou nas furnas,
asomando só a cabeza ou
camiñando ao lonxe sobre o
mar. Non fala e emite chíos
semellantes ás gaivotas.
Comunica desgracias, é un ser
benéfico que avisa da morte
ou dos naufraxios.
HOMES MARIÑOS
(TRITÓNS)
Homes-peixe que andan polo
mar e ás veces tocan terra para
ter relación sexuais á forza coas
mulleres. Da unión necen nenos
semellantes aos humanos pero
con escamas ou inclinación pola
auga.
José Luís Suárez
HOMES MARIÑOS
Contan que nalgunhas furnas da
Coruña viron peixes con figura de
homes, agás teren as mans e os pés
un pouco tortos de tanto nadar.
Na cabeza, peito e costas teñen
unhas espiñas negras finas que
semellan pelos.
A súa presenza é presaxio de moita
pesca, son amigos dos humanos e hai
que darlles pan.
Poderían ser focas??
SERPE MARIÑA
-Á enseada de Coído (San Cibrao) achégase cada sete anos (outros din nove anos) a poñer
os seus ovos unha serpe xigantesca que mide arredor de trinta metros. Ven de moi lonxe e
durante a viaxe devora todo o que atopa. Enróscase arredor dos barcos e engule aos
mariñeiros un por un comezando pola cabeza. Din que é de cor vermella brillante con
grandes escamas que semellan cunchas de mexillón. Tamén pode desprazarse pola terra e
alí é menos perigosa, aínda que hai que fuxir dela. Se alguén a espía perségueo ata
devoralo con toda a súa familia e facenda.
Gárgolas
Santiago de Compostela
SERPE MARIÑA
No Pozo Piago, no mar, perto de Viveiro, vive unha serpe mariña que se deixa ver na
mañán de San Xoán.
Pablo Álvarez Bugallo
DRAGÓN
É unha serpe xigantesca con pés
e ás. Algúns teñen cuncha
enriba da cabeza e asubían
como basiliscos. Son moi feros e
voraces e moi lonxevos, e
posúen o don da palabra. Cando
lles chega a hora de marchar
din:
“Para Babilonia vou
Mal haxa quen me viu de novo
e non me matou”.
Andrea Loureiro
BALEA
Din que só hai unha balea no mar. Pare cada cinco anos e cada vez que pare unha filla as
mulleres embarazadas corren grave perigo. A balea ven á terra a morrer e a súa filla
substitúea. Esta lenda ten relación co Leviathan, monstruoso animal mariño símbolo do mal
que aparece na Biblia.
Sergio Prieto Álvarez
BALEA XIGANTE DE SAN CIBRAO
Apareceu nas praias de San Cibrao nos tempos do bispo San Gonzalo de Mondoñedo. A
balea berraba con tal potencia que se sentían a moita distancia. Os movementos da súa
cola erguían ondas xigantes que pasaban por riba da Atalaia. A xente vivía asustada e os
balleiros da zona non se atrevían a saír ao mar co medo. Cando soaban as campás
acougaba e achegábase á praia e din que falaba na súa propia lingua con moito amor e
dozura.
Chamaron ao bispo e cando
puxo o pé na praia da Caosa
apareceu a balea e falou con
el. San Gonzalo pediu unha
barca para achegarse á balea e
só un rapaz de quince anos se
atreveu a levalo. Cando se
achegaron á balea, esta abriu
a boca e Gonzalo meteuse
dentro. Ao pouco tempo saiu
cunha imaxe da Virxe na man.
A balea desapareceu e nunca
máis se soubo dela. A imaxe
da Virxe venérase hoxe na
igrexa de San Román de
Vilaestrofe.
Noa Vieites Fernández
CAN DO MAR (URCO, CAN DO URCO)
Can grande e negro con cornos e orellas longas que sae do mar nas noites escuras
ouveando furiosamente. É aviso de morte. Tamén pode adoptar outras formas de can
diferentes.
Vive no Borrón, un lugar do outro mundo que está debaixo do mar.
Laura Domínguez Otero
O BORRÓN
Lugar onde está o Can do Urco cando non está na Terra. Este país, que debe ser o outro
mundo é de dificil localización. Como o Can do Urco adoita saír do mar suponse que ese
lugar estará debaixo del.
BOI BRUÓN
-É un mouro encantado que sobreviviu ao asolagamento da cidade de Reirís e vive
debaixo da lagoa. Escóitase bruar algunhas noites.
-Na illa de Ons un mariñeiro que buscaba na beira unha pedra para fondear a súa dorna
viu un boi moi grande cunhas enormes cornas. Ao soprar facía moito tronido. O mariñeiro
colleu medo e fuxíu.
Dalila
Domínguez
Sineiro
PESCADA
É un peixe que leva na cabeza un óso coa imaxe da Virxe en premio á súa obediencia,
bondade e fidelidade por María.
Víctor Álvarez Fariña
POLBO
“Mentres canta o cuco,
non comas raia nin pulpo”
É un animal que nos gosta moito comer aos
galegos. É forte, voraz e decidido e pode
acadar un gran tamaño. Coas súas ventosas
agarra a quen o ataca e arrástrao ao fondo
do mar.
Cando se come polbo non se debe beber
auga, pois os anacos reúnense de novo no
estómago e reconstrúen ao animal. Pódese
mesmo estoupar e non hai remedio.
Non se pode comer polbo os meses que
non teñen erre (de maio a agosto). As
embarazadas non poden comer polbo; se
manchan a cara co aceite o neno nacerá
con manchas na pel.
Pablo González Barreiro
FURNA DE MORAZÓN (COVA DA ANCA)
Está na ría de Betanzos, por baixo da punta Fontán (Sada). Contan que nela se escoitban
lamentos dunha lexión de trasnos que lle impedían aos humanos entrar no interior cun
sopro máxico que apagaba as luces. Din que alguén coi moito valor entrou levando unha
vela amarela de cera virxe e sobre unha pedra a xeito de ara viu un grande crucifixo co Cristo
sangrando polas feridas e queixándose. Non había trasnos. Ao pousar a vela deixou de
sangrar e calaron as queixas
César Gómez Pintos
BUSERANA
É unha furna ao pé do monte Cachelmo, en Muxía. É unha das entradas do Inferno. Leva o
nome de Buserán, un trobeiro namorado que amaba a Florinda, filla dun señor feudal da
zona. O pai de Florinda non consentía a relación e ordeou á súa xente que tirase a Buserán
naquela furna. Florinda toleou e vagou polos cantís ata que un día, envolto nunha onda,
regresou Buserán a buscala e mergulláronse os dous para sempre na fonda escuridade das
augas.
Adrián Falcón Martínez
O RONCUDO
Punta rochosa na Costa da Morte que fai moito ruído e atrae aos mariñeiros ao naufraxio
co seu monótono son. Para protexerse hai que tapar os oídos.
DUIO (DUGIUM)
Era unha cidade que estaba entre
os cabos Fisterra e Nave,
posiblemente no lugar chamado
As Brañas (San Vicenzo de Duio).
Foi asolagada polo mar. Uns din
que foi por catástrofe natural e
outros que cando os discípulos do
apóstolo Santiago trouxeron o
seu corpo no século I (no tempo
da Raíña Lupa) o gobernador
Filotro asolagou a cidade. Outra
versión di que houbo un incendio
no século V, ordeado polo rei
suevo Rechila, por seren os de
Duio cristiáns e andar a destruír
templos pagáns.
Duio desapareceu e só quedaron
dous bois, hoxe de pedra (os bois
de Gures) e unha muller que
sobreviviu transformada en serea
(a Serea de Fisterra).
Jorge Leiro Dozo
REIRÍS (VALVERDE, MALVERDE)
É unha cidade asolagada na lagoa de Carregal, en Corrubedo. Un rei mouro estranxeiro
pretendía á filla do rei de Reirís, que era boa e servicial; pero ela non o quería. Tampouco o
quería o seu pai, porque era escuro e meigo. Entón o rei mouro vingouse provocando un
cataclismo que asolagou para sempre a cidade, pero el levou un castigo e quedou
convertido no Boi Bruón. Contan que a princesa sobreviviu como serea e pode escoitarse a
súa voz nalgunhas ocasións. Outros dín que o Boi brúa algunhas noites.
Paula
Sanmartín
Yuguero
CABO DO MUNDO
O Cabo do Mundo é o lugar onde se acaba o mundo e só queda o mar: Fisterra,a Costa da
Morte, A Coruña, Teixido… O sol morre nas augas despois da súa viaxe diurna. As almas
seguen o mesmo camiño e diríxense ao máis alá na barca de Caronte. Por ese lugar hai que
pasar necesariamente na viaxe ao Alén.
Fun ao santo San Andrés
Que está no cabo do mundo,
Solo por te ver meu santo,
Tres días hai que non durmo.
TEIXIDO
É un Cabo do Mundo no que
remata o Camiño de Santo
André. Alí está unha das
entradas ao Outro Mundo, o
porto no que as almas se
embarcan para a súa viaxe ao
Alén. É un lugar de
peregrinación. Os animais que se
ven polo camiño (lagartos,
corvos, sapos, insectos…), as
caveiras, as pedras ou as plantas
poden ser almas que fan o
camiño, porque alí van de
mortos os que non foron de
vivos.
“A San Andrés de Teixido,
vai de morto o que non vai de vivo”
“Quen non vai de vivo unha vez,
vai de morto tres”.
TEIXIDO
O Santo André de Teixido naceu dunha mazá e chegou alí nunha barca de pedra. O sitio
non lle agradaba por ser tan lonxe e inhóspito e Deus díxolle:
“Quédate ahí Santo André
Que de vivos ou de mortos
Todos te virán a ver”.
COSTA DA MORTE
É unha costa moi exposta que vai de Bergantiños a Fisterra, con altos e bravíos cantís,
coídos e serras bravas que caen sobre o mar.
Din que se chama así polos numerosos naufraxios que alí tiveron lugar.
O nome de Costa da Morte ou Costa dos Mortos é moi antigo e fai referencia a ser un Cabo
do Mundo, un lugar onde morre o sol e onde as ánimas esperan para pasar ao Alén.
FISTERRA
O máis importante Cabo do Mundo. As peregrinacións a Santiago estiveron sempre moi
vencelladas a Fisterra. Na lenda da descuberta do corpo do Apóstolo aparece a cidade de
Duio que estaba en Fisterra e o seu rei que recibe aos apóstolos cando andaban á procula
dun lugar para soterralo. Creese que en Fisterra se amorean as ánimas á espera de pasar
ao outro mundo.
ILLA DE ONS
É un dos lugares onde está a entrada do outro mundo (tamén na illa da Coruuña). Todas as
noites a Compaña atravesa o mar desde A lanzada na procura da Illa de Ons na procura do
Alén. As ánimas embarcan e cruzan o mar.
Na Cova do Inferno hai un túnel que chega ata Chan de Arqueda (Moaña).
A LANZADA
Na praia da Lanzada fíxose desde sempre o rito do baño nas nove ondas para traer a
fertilidade ou curar os males en xeral. Na mañán do día de San Xoán e do último domingo
de agosto (día da festa da Virxe da Lanzada) as mulleres toman o baño para quedar
preñadas. Tamén se pode facer o día da Ascensión, mulleres e homes, para curar todo tipo
de enfermidades. Este rito tamén se fai no Val Miñor, na praia de Praceres (Marín) e en
Santo André de Teixido.
Levei á miña muller
Á Lanzada ás nove ondas,
Leveina a desinfeitar
E botar os demos fóra.
Miranda Lores
A LANZADA
Na capela da Lanzada venérase a Nosa Señora da Area. As solteiras van alí en busca de
marido, as casadas en busca de fillos e os mariñeiros que se viron en perigo a agradecerlle
á Virxe que os salvase.
Da Lanzada saen as ánimas para a Illa de Ons na busca do Alén.
MUXÍA
É outro Cabo do Mundo,
situado na Costa da Morte.
Alí estivo Santiago
predicando sen moito éxito
e apareceuselle a Virxe
nunha barca de pedra
tripulada por anxos para
confortalo. A barca quedou
varada e debaixo das
pedras apareceu unha
imaxe da Virxe á que lle lle
fixo un santuario (A Virxe
da Barca).
Andrea Gondar Cacabelos
MUXÍA
Os restos da embarcación na que
se apareceu a Virxe permanecen
a carón do mar en forma de
grandes pedras. O temón é a
Pedra Abaladoira, que só se
move baixo os pés dos que están
en gracia. Moi preto está a pedra
dos cadrís que ten un oco polo
que pasan con dificultade os
enfermos do ril e do lombo nun
ritual para curarse.
NOIA
Foi fundada por Noé. A arca parou no cume do monte Louro. Desde alí
soltou un corvo e non volveu (hai o dito “Fixo ida de corvo”). Logo soltou
unha pomba e volveu deseguida co ramiño de oliveira para facer o seu
niño na arca.
ILLA DA CREBA
Conta a lenda que en Creba había mouros que tiñan un templo ao seu deus polo que os
cristianos matáronos e deixaron só á filla do xefe. Esta invocou ao demo quen levantou
unha tempestade, afogou aos cristiáns e separou a illa de terra. A moza convertiuse nunha
serpe rodeada de feras que afundían os barcos. Os cristiáns bendeciron a illa e levantaron
unha capela á Virxe.
Pablo Acha Serantes
O SERRIDO (SANTOMÉ-CAMBADOS)
-“Desde o monte Oliveira (Lobeira) ata o areal dos Cabalos (O Serrido),
Hai unha cadea de ouro que mantén a sete reinados.
Só a pode descubrir, ou rodeira de carro, ou pata de ovella,
Ou home que naza en mala estrela”
Contan que hai moitos anos se atopaban restos de paus enterrados, porque cando era o
tempo dos mouros o Serrido estaba en seco e alí plantábanse cepas.
A TORRE (SANTOMÉ)
-Contan que a illa da Torre fixérona os mouros botando terra que acarrexaban en carros
enriba das pedras que había no mar. Fixeron tamén o camiño de pasar e unha muralla de
pedra con cunchas.
-Debaixo da Torre hai un pasadizo segredo tapado con pedra. Tamén hai ouro enterrado.
O LUME DE SAN TELMO
(Corpo Santo, fogo do Frade, Luz do Frade,
Fogo de San Pedro González Telmo)
“Cando olles a luz de San Telmo,
non che faltarán desvelos”.
Consiste na visión dunha luz de cor azulada
que se aparece no mastro dos barcos nos días
de tormenta. Hai varias lendas sobre a súa
orixe:
-San Telmo (chamado Erasmo) foi un bispo de
Antioquía que vivíu entre os séculos II e IV.
Sendo náufrago foi recollido por un capitán
no seu barco e posto a salvo. El agradeceullo
anunciándolle que cada vez que se
aproximase unha treboada vería unha luz
para avisalo. A continuación subiu ao ceo.
Agora todos os barcos reciben o aviso.
Jorge Leiro
Alberto Fernández
O LUME DE SAN TELMO
-San Telmo ou San Pedro González Telmo
era un de sete irmáns que caeu ao Miño e
afogou. Non puideron recollelo ata que
chegou a Tui onde San Domedio e San Fins
viron unha luz que refulxía no seu corpo.
Enterrárono en Tui, de onde é patrón.
FAROS
-A Torre de Hércules é o faro máis antigo de Galicia, do tempo dos romanos.
Hai varias lendas sobre a súa construción. Uns din que foi levantado por Breogán, outros
que foi Hércules o que, despois de matar a Guerión, enterrouno no lugar da Torre.
FAROS
Illas Sisargas.
No cume da Illa Grande
houbo un templo (Ara
Sextiana) levantado polo
cónsul Sextio en honra ao
emperador César Augusto.
FAROS
Illa de Sálvora. Cando Pedro Roldán lle pideu ao Apóstolo Santiago un destino no que
puidese repousar o seu espirito, este enviouno a Sálvora, por ser a illa do Salvador.
BIBLIOGRAFÍA
“Ensaio sobre etnografía”: Vicente Risco
“Diccionario dos seres míticos galegos”. Xoán R. Cuba,
Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed Xerais, 1999
“Antropoloxía de Galicia”: Ramón Mariño Ferro
MÚSICA
Fugaz desacorde (Álbum Mercado de fumes)
Interpretado por Dezapal
1º ESO C
IES ASOREY
Cambados
Abril 2013

More Related Content

Viewers also liked (20)

Mamíferos mariños
Mamíferos mariñosMamíferos mariños
Mamíferos mariños
 
Oceanosnk
OceanosnkOceanosnk
Oceanosnk
 
Manatís relato
Manatís relatoManatís relato
Manatís relato
 
Energias renovables
Energias renovablesEnergias renovables
Energias renovables
 
Libro 4.
Libro 4.Libro 4.
Libro 4.
 
Alicia en el pais de los derroches
Alicia en el pais de los derrochesAlicia en el pais de los derroches
Alicia en el pais de los derroches
 
Timoteo
TimoteoTimoteo
Timoteo
 
Libro 3.
Libro 3.Libro 3.
Libro 3.
 
Alberto
AlbertoAlberto
Alberto
 
Os invertebrados mariños clara
Os invertebrados mariños claraOs invertebrados mariños clara
Os invertebrados mariños clara
 
Ecosistemas marinos
Ecosistemas marinosEcosistemas marinos
Ecosistemas marinos
 
Invertebrados roi
Invertebrados roiInvertebrados roi
Invertebrados roi
 
Toño e yago
Toño e yagoToño e yago
Toño e yago
 
Bienvenidos
BienvenidosBienvenidos
Bienvenidos
 
Medio ambiente.alcalá
Medio ambiente.alcaláMedio ambiente.alcalá
Medio ambiente.alcalá
 
La niña curiosa
La niña curiosaLa niña curiosa
La niña curiosa
 
Pachamama oceantica
Pachamama oceanticaPachamama oceantica
Pachamama oceantica
 
Roberto
RobertoRoberto
Roberto
 
Yourprezi
YourpreziYourprezi
Yourprezi
 
Los 7 derroches capitales
Los 7 derroches capitalesLos 7 derroches capitales
Los 7 derroches capitales
 

Similar to Unmardelendas

O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasRATIBRON
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasRATIBRON
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que correiesasorey
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Marlou
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxeiesasorey
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxemonadela
 
Sereas e mariñeiros
Sereas e mariñeirosSereas e mariñeiros
Sereas e mariñeirosceip Seara
 
A Serea Dos MouriñOs
A Serea Dos MouriñOsA Serea Dos MouriñOs
A Serea Dos MouriñOsRATIBRON
 
A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corremonadela
 
A torre dos ollos máxicos
A torre dos ollos máxicosA torre dos ollos máxicos
A torre dos ollos máxicosRATIBRON
 
Ardentia4 A Muller Nas Cantigas Do Mar
Ardentia4 A Muller Nas Cantigas Do MarArdentia4 A Muller Nas Cantigas Do Mar
Ardentia4 A Muller Nas Cantigas Do MarEncarna Lago
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointberres1
 
Tribus do frio norte
Tribus do frio norteTribus do frio norte
Tribus do frio norteoclubdasideas
 

Similar to Unmardelendas (20)

O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das Doncelas
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das Doncelas
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que corre
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxe
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
 
Sereas e mariñeiros
Sereas e mariñeirosSereas e mariñeiros
Sereas e mariñeiros
 
A Serea Dos MouriñOs
A Serea Dos MouriñOsA Serea Dos MouriñOs
A Serea Dos MouriñOs
 
A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corre
 
Maruxaina
MaruxainaMaruxaina
Maruxaina
 
Maruxaina
MaruxainaMaruxaina
Maruxaina
 
Auga e pedra
Auga e pedraAuga e pedra
Auga e pedra
 
A torre dos ollos máxicos
A torre dos ollos máxicosA torre dos ollos máxicos
A torre dos ollos máxicos
 
Ardentia4 A Muller Nas Cantigas Do Mar
Ardentia4 A Muller Nas Cantigas Do MarArdentia4 A Muller Nas Cantigas Do Mar
Ardentia4 A Muller Nas Cantigas Do Mar
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Tribus do frio norte
Tribus do frio norteTribus do frio norte
Tribus do frio norte
 

More from iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 

More from iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 

Unmardelendas

  • 1.
  • 2. SEREAS Teñen corpo de muller fermosa de longos cabelos e forma de peixe da cintura para abaixo. Levan un espello e un peite e vense sobre as rochas cantando e peiteando os seus longos cabelos. Atraen aos mariñeiros ou navegantes coa súa voz, sedúcennos e fannos afogar. Viven debaixo do mar en pazos de cristal cheos de riquezas. Melania Agraso
  • 3. SEREA DE FISTERRA É unha muller supervivente da cidade de Duio que se converteu en serea e atrae aos mariñeiros para perdelos. O Santo Cristo de Fisterra, o da barba dourada, protéxeos dela. Fátima Cores Lois
  • 4. MARIÑA -Muller mariña con escamas. Don Froián, un nobre galego, atopouna durmindo espida na beira do mar, captorouna e levouna á súa casa, bautizouna e púxose de nome Mariña (nacida do mar). Tivo con ela varios fillos. Mariña era muda e Froián fixo que tiraba un fillo ao lume, ela quixo berrar, e co esforzo saiulle un anaco de carne pola boca e de alí en diante falou. Ilenia Parracho Rial
  • 5. MARIÑA -Un mariñeiro de Lobeira atopou a unha serea, unha muller con cola de peixe. Dos seus fillos descenden os Mariños de Lobeira. Escudo no pazo de Fefiñáns Escudo nunha casa de Ribeira
  • 6. MARUXAINA -Serea da Mariña de Lugo. Os mariñeiros, atraídos polos seus cantos melodiosos ou polos seus berros sufrían constantes naufraxios naquelas costas, especialmente nos cantís dos Farallóns. Os mariñeiros de San Cibrao decidiron organizarse para acabar con ela. Unha noite escura saíron decididos a prendela e para constarrestar os seus berros tocaban cornos. Nas casas apagaron as luces. Atrapáronna e levárona a terra onde foi xulgada e condenada.
  • 7. MARUXAINA -Unha Serea, Afogada ou Nereida, metade peixe e metade muller, que berra para avisar aos mariñeiros dun posible naufraxio. Vive nas covas dos Farallóns, debaixo do illote da Sombriza. É protectora dos mariñeiros e pasa o tempo fiando. Cando vai mal tempo sobe a un penedo e desde alí berra ou toca o corno para que non saian ao mar. Miriam Núñez Serto
  • 8. MARUXAINA -Maruxainas tamén se chaman os paxaros que veñen anunciar que non se pode saír ao mar porque ven mal tempo.
  • 9. FURNA DAS SEREAS Está nas proximidades da Coruña. Desde ela as sereas cantan e atraen fatalmente aos mariñeiros. Díse que unha sereiña canta na enseada dos Pelamios nun lugar onde houbo moitos naufraxios (Urquiola, Aegen Sea…) David Piñeiro Oubiña
  • 10. AFOGADA É unha rapaza moi fermosa, de figura totalmente humana, loura, esvelta e pálida con longos cabelos enguedellados con algas e peitos grandes que aparece entre a escuma do mar nos días de mareira ou tempestade ou nas furnas, asomando só a cabeza ou camiñando ao lonxe sobre o mar. Non fala e emite chíos semellantes ás gaivotas. Comunica desgracias, é un ser benéfico que avisa da morte ou dos naufraxios.
  • 11. HOMES MARIÑOS (TRITÓNS) Homes-peixe que andan polo mar e ás veces tocan terra para ter relación sexuais á forza coas mulleres. Da unión necen nenos semellantes aos humanos pero con escamas ou inclinación pola auga. José Luís Suárez
  • 12. HOMES MARIÑOS Contan que nalgunhas furnas da Coruña viron peixes con figura de homes, agás teren as mans e os pés un pouco tortos de tanto nadar. Na cabeza, peito e costas teñen unhas espiñas negras finas que semellan pelos. A súa presenza é presaxio de moita pesca, son amigos dos humanos e hai que darlles pan. Poderían ser focas??
  • 13. SERPE MARIÑA -Á enseada de Coído (San Cibrao) achégase cada sete anos (outros din nove anos) a poñer os seus ovos unha serpe xigantesca que mide arredor de trinta metros. Ven de moi lonxe e durante a viaxe devora todo o que atopa. Enróscase arredor dos barcos e engule aos mariñeiros un por un comezando pola cabeza. Din que é de cor vermella brillante con grandes escamas que semellan cunchas de mexillón. Tamén pode desprazarse pola terra e alí é menos perigosa, aínda que hai que fuxir dela. Se alguén a espía perségueo ata devoralo con toda a súa familia e facenda. Gárgolas Santiago de Compostela
  • 14. SERPE MARIÑA No Pozo Piago, no mar, perto de Viveiro, vive unha serpe mariña que se deixa ver na mañán de San Xoán. Pablo Álvarez Bugallo
  • 15. DRAGÓN É unha serpe xigantesca con pés e ás. Algúns teñen cuncha enriba da cabeza e asubían como basiliscos. Son moi feros e voraces e moi lonxevos, e posúen o don da palabra. Cando lles chega a hora de marchar din: “Para Babilonia vou Mal haxa quen me viu de novo e non me matou”. Andrea Loureiro
  • 16. BALEA Din que só hai unha balea no mar. Pare cada cinco anos e cada vez que pare unha filla as mulleres embarazadas corren grave perigo. A balea ven á terra a morrer e a súa filla substitúea. Esta lenda ten relación co Leviathan, monstruoso animal mariño símbolo do mal que aparece na Biblia. Sergio Prieto Álvarez
  • 17. BALEA XIGANTE DE SAN CIBRAO Apareceu nas praias de San Cibrao nos tempos do bispo San Gonzalo de Mondoñedo. A balea berraba con tal potencia que se sentían a moita distancia. Os movementos da súa cola erguían ondas xigantes que pasaban por riba da Atalaia. A xente vivía asustada e os balleiros da zona non se atrevían a saír ao mar co medo. Cando soaban as campás acougaba e achegábase á praia e din que falaba na súa propia lingua con moito amor e dozura. Chamaron ao bispo e cando puxo o pé na praia da Caosa apareceu a balea e falou con el. San Gonzalo pediu unha barca para achegarse á balea e só un rapaz de quince anos se atreveu a levalo. Cando se achegaron á balea, esta abriu a boca e Gonzalo meteuse dentro. Ao pouco tempo saiu cunha imaxe da Virxe na man. A balea desapareceu e nunca máis se soubo dela. A imaxe da Virxe venérase hoxe na igrexa de San Román de Vilaestrofe. Noa Vieites Fernández
  • 18. CAN DO MAR (URCO, CAN DO URCO) Can grande e negro con cornos e orellas longas que sae do mar nas noites escuras ouveando furiosamente. É aviso de morte. Tamén pode adoptar outras formas de can diferentes. Vive no Borrón, un lugar do outro mundo que está debaixo do mar. Laura Domínguez Otero
  • 19. O BORRÓN Lugar onde está o Can do Urco cando non está na Terra. Este país, que debe ser o outro mundo é de dificil localización. Como o Can do Urco adoita saír do mar suponse que ese lugar estará debaixo del.
  • 20. BOI BRUÓN -É un mouro encantado que sobreviviu ao asolagamento da cidade de Reirís e vive debaixo da lagoa. Escóitase bruar algunhas noites. -Na illa de Ons un mariñeiro que buscaba na beira unha pedra para fondear a súa dorna viu un boi moi grande cunhas enormes cornas. Ao soprar facía moito tronido. O mariñeiro colleu medo e fuxíu. Dalila Domínguez Sineiro
  • 21. PESCADA É un peixe que leva na cabeza un óso coa imaxe da Virxe en premio á súa obediencia, bondade e fidelidade por María. Víctor Álvarez Fariña
  • 22. POLBO “Mentres canta o cuco, non comas raia nin pulpo” É un animal que nos gosta moito comer aos galegos. É forte, voraz e decidido e pode acadar un gran tamaño. Coas súas ventosas agarra a quen o ataca e arrástrao ao fondo do mar. Cando se come polbo non se debe beber auga, pois os anacos reúnense de novo no estómago e reconstrúen ao animal. Pódese mesmo estoupar e non hai remedio. Non se pode comer polbo os meses que non teñen erre (de maio a agosto). As embarazadas non poden comer polbo; se manchan a cara co aceite o neno nacerá con manchas na pel. Pablo González Barreiro
  • 23. FURNA DE MORAZÓN (COVA DA ANCA) Está na ría de Betanzos, por baixo da punta Fontán (Sada). Contan que nela se escoitban lamentos dunha lexión de trasnos que lle impedían aos humanos entrar no interior cun sopro máxico que apagaba as luces. Din que alguén coi moito valor entrou levando unha vela amarela de cera virxe e sobre unha pedra a xeito de ara viu un grande crucifixo co Cristo sangrando polas feridas e queixándose. Non había trasnos. Ao pousar a vela deixou de sangrar e calaron as queixas César Gómez Pintos
  • 24. BUSERANA É unha furna ao pé do monte Cachelmo, en Muxía. É unha das entradas do Inferno. Leva o nome de Buserán, un trobeiro namorado que amaba a Florinda, filla dun señor feudal da zona. O pai de Florinda non consentía a relación e ordeou á súa xente que tirase a Buserán naquela furna. Florinda toleou e vagou polos cantís ata que un día, envolto nunha onda, regresou Buserán a buscala e mergulláronse os dous para sempre na fonda escuridade das augas. Adrián Falcón Martínez
  • 25. O RONCUDO Punta rochosa na Costa da Morte que fai moito ruído e atrae aos mariñeiros ao naufraxio co seu monótono son. Para protexerse hai que tapar os oídos.
  • 26. DUIO (DUGIUM) Era unha cidade que estaba entre os cabos Fisterra e Nave, posiblemente no lugar chamado As Brañas (San Vicenzo de Duio). Foi asolagada polo mar. Uns din que foi por catástrofe natural e outros que cando os discípulos do apóstolo Santiago trouxeron o seu corpo no século I (no tempo da Raíña Lupa) o gobernador Filotro asolagou a cidade. Outra versión di que houbo un incendio no século V, ordeado polo rei suevo Rechila, por seren os de Duio cristiáns e andar a destruír templos pagáns. Duio desapareceu e só quedaron dous bois, hoxe de pedra (os bois de Gures) e unha muller que sobreviviu transformada en serea (a Serea de Fisterra). Jorge Leiro Dozo
  • 27. REIRÍS (VALVERDE, MALVERDE) É unha cidade asolagada na lagoa de Carregal, en Corrubedo. Un rei mouro estranxeiro pretendía á filla do rei de Reirís, que era boa e servicial; pero ela non o quería. Tampouco o quería o seu pai, porque era escuro e meigo. Entón o rei mouro vingouse provocando un cataclismo que asolagou para sempre a cidade, pero el levou un castigo e quedou convertido no Boi Bruón. Contan que a princesa sobreviviu como serea e pode escoitarse a súa voz nalgunhas ocasións. Outros dín que o Boi brúa algunhas noites. Paula Sanmartín Yuguero
  • 28. CABO DO MUNDO O Cabo do Mundo é o lugar onde se acaba o mundo e só queda o mar: Fisterra,a Costa da Morte, A Coruña, Teixido… O sol morre nas augas despois da súa viaxe diurna. As almas seguen o mesmo camiño e diríxense ao máis alá na barca de Caronte. Por ese lugar hai que pasar necesariamente na viaxe ao Alén. Fun ao santo San Andrés Que está no cabo do mundo, Solo por te ver meu santo, Tres días hai que non durmo.
  • 29. TEIXIDO É un Cabo do Mundo no que remata o Camiño de Santo André. Alí está unha das entradas ao Outro Mundo, o porto no que as almas se embarcan para a súa viaxe ao Alén. É un lugar de peregrinación. Os animais que se ven polo camiño (lagartos, corvos, sapos, insectos…), as caveiras, as pedras ou as plantas poden ser almas que fan o camiño, porque alí van de mortos os que non foron de vivos. “A San Andrés de Teixido, vai de morto o que non vai de vivo” “Quen non vai de vivo unha vez, vai de morto tres”.
  • 30. TEIXIDO O Santo André de Teixido naceu dunha mazá e chegou alí nunha barca de pedra. O sitio non lle agradaba por ser tan lonxe e inhóspito e Deus díxolle: “Quédate ahí Santo André Que de vivos ou de mortos Todos te virán a ver”.
  • 31. COSTA DA MORTE É unha costa moi exposta que vai de Bergantiños a Fisterra, con altos e bravíos cantís, coídos e serras bravas que caen sobre o mar. Din que se chama así polos numerosos naufraxios que alí tiveron lugar. O nome de Costa da Morte ou Costa dos Mortos é moi antigo e fai referencia a ser un Cabo do Mundo, un lugar onde morre o sol e onde as ánimas esperan para pasar ao Alén.
  • 32. FISTERRA O máis importante Cabo do Mundo. As peregrinacións a Santiago estiveron sempre moi vencelladas a Fisterra. Na lenda da descuberta do corpo do Apóstolo aparece a cidade de Duio que estaba en Fisterra e o seu rei que recibe aos apóstolos cando andaban á procula dun lugar para soterralo. Creese que en Fisterra se amorean as ánimas á espera de pasar ao outro mundo.
  • 33. ILLA DE ONS É un dos lugares onde está a entrada do outro mundo (tamén na illa da Coruuña). Todas as noites a Compaña atravesa o mar desde A lanzada na procura da Illa de Ons na procura do Alén. As ánimas embarcan e cruzan o mar. Na Cova do Inferno hai un túnel que chega ata Chan de Arqueda (Moaña).
  • 34. A LANZADA Na praia da Lanzada fíxose desde sempre o rito do baño nas nove ondas para traer a fertilidade ou curar os males en xeral. Na mañán do día de San Xoán e do último domingo de agosto (día da festa da Virxe da Lanzada) as mulleres toman o baño para quedar preñadas. Tamén se pode facer o día da Ascensión, mulleres e homes, para curar todo tipo de enfermidades. Este rito tamén se fai no Val Miñor, na praia de Praceres (Marín) e en Santo André de Teixido. Levei á miña muller Á Lanzada ás nove ondas, Leveina a desinfeitar E botar os demos fóra. Miranda Lores
  • 35. A LANZADA Na capela da Lanzada venérase a Nosa Señora da Area. As solteiras van alí en busca de marido, as casadas en busca de fillos e os mariñeiros que se viron en perigo a agradecerlle á Virxe que os salvase. Da Lanzada saen as ánimas para a Illa de Ons na busca do Alén.
  • 36. MUXÍA É outro Cabo do Mundo, situado na Costa da Morte. Alí estivo Santiago predicando sen moito éxito e apareceuselle a Virxe nunha barca de pedra tripulada por anxos para confortalo. A barca quedou varada e debaixo das pedras apareceu unha imaxe da Virxe á que lle lle fixo un santuario (A Virxe da Barca). Andrea Gondar Cacabelos
  • 37. MUXÍA Os restos da embarcación na que se apareceu a Virxe permanecen a carón do mar en forma de grandes pedras. O temón é a Pedra Abaladoira, que só se move baixo os pés dos que están en gracia. Moi preto está a pedra dos cadrís que ten un oco polo que pasan con dificultade os enfermos do ril e do lombo nun ritual para curarse.
  • 38. NOIA Foi fundada por Noé. A arca parou no cume do monte Louro. Desde alí soltou un corvo e non volveu (hai o dito “Fixo ida de corvo”). Logo soltou unha pomba e volveu deseguida co ramiño de oliveira para facer o seu niño na arca.
  • 39. ILLA DA CREBA Conta a lenda que en Creba había mouros que tiñan un templo ao seu deus polo que os cristianos matáronos e deixaron só á filla do xefe. Esta invocou ao demo quen levantou unha tempestade, afogou aos cristiáns e separou a illa de terra. A moza convertiuse nunha serpe rodeada de feras que afundían os barcos. Os cristiáns bendeciron a illa e levantaron unha capela á Virxe. Pablo Acha Serantes
  • 40. O SERRIDO (SANTOMÉ-CAMBADOS) -“Desde o monte Oliveira (Lobeira) ata o areal dos Cabalos (O Serrido), Hai unha cadea de ouro que mantén a sete reinados. Só a pode descubrir, ou rodeira de carro, ou pata de ovella, Ou home que naza en mala estrela” Contan que hai moitos anos se atopaban restos de paus enterrados, porque cando era o tempo dos mouros o Serrido estaba en seco e alí plantábanse cepas.
  • 41. A TORRE (SANTOMÉ) -Contan que a illa da Torre fixérona os mouros botando terra que acarrexaban en carros enriba das pedras que había no mar. Fixeron tamén o camiño de pasar e unha muralla de pedra con cunchas. -Debaixo da Torre hai un pasadizo segredo tapado con pedra. Tamén hai ouro enterrado.
  • 42. O LUME DE SAN TELMO (Corpo Santo, fogo do Frade, Luz do Frade, Fogo de San Pedro González Telmo) “Cando olles a luz de San Telmo, non che faltarán desvelos”. Consiste na visión dunha luz de cor azulada que se aparece no mastro dos barcos nos días de tormenta. Hai varias lendas sobre a súa orixe: -San Telmo (chamado Erasmo) foi un bispo de Antioquía que vivíu entre os séculos II e IV. Sendo náufrago foi recollido por un capitán no seu barco e posto a salvo. El agradeceullo anunciándolle que cada vez que se aproximase unha treboada vería unha luz para avisalo. A continuación subiu ao ceo. Agora todos os barcos reciben o aviso. Jorge Leiro Alberto Fernández
  • 43. O LUME DE SAN TELMO -San Telmo ou San Pedro González Telmo era un de sete irmáns que caeu ao Miño e afogou. Non puideron recollelo ata que chegou a Tui onde San Domedio e San Fins viron unha luz que refulxía no seu corpo. Enterrárono en Tui, de onde é patrón.
  • 44. FAROS -A Torre de Hércules é o faro máis antigo de Galicia, do tempo dos romanos. Hai varias lendas sobre a súa construción. Uns din que foi levantado por Breogán, outros que foi Hércules o que, despois de matar a Guerión, enterrouno no lugar da Torre.
  • 45. FAROS Illas Sisargas. No cume da Illa Grande houbo un templo (Ara Sextiana) levantado polo cónsul Sextio en honra ao emperador César Augusto.
  • 46. FAROS Illa de Sálvora. Cando Pedro Roldán lle pideu ao Apóstolo Santiago un destino no que puidese repousar o seu espirito, este enviouno a Sálvora, por ser a illa do Salvador.
  • 47. BIBLIOGRAFÍA “Ensaio sobre etnografía”: Vicente Risco “Diccionario dos seres míticos galegos”. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed Xerais, 1999 “Antropoloxía de Galicia”: Ramón Mariño Ferro MÚSICA Fugaz desacorde (Álbum Mercado de fumes) Interpretado por Dezapal 1º ESO C IES ASOREY Cambados Abril 2013