11. E mentras o barco arrasta… non hai máis que agardar!
12. -Xa vai tempo abondo. Hai que levantar.
A ver que sae hoxe do fondo do mar!
13. Meten o rasto a bordo, baleiran a rede,
volven a largar, e escollen o que entre.
14. -Non veu moita cousa. Que lle imos facer!
Pero no medio do lixo hai cousas que ver.
15. conchelo cangrexo ermitán
gradicela
chopo cunchas
ostra
buguina zamburiña
conchelos pequenos (que volven ao mar),
gradicelas, cunchas, cangrexos ermitáns,…
ás veces ven un chopo, algún día unha ostra,
unha zamburiña, unha buguina, ou… calquera outra
cousa.
18. E os nenos, que non acougan co que lle está a pasar,
queren sabelo todo e preguntan sen parar.
19. -Como se chama esto? -Que é esto outro?
-Que fai aquel barco? -Cal é aquel pobo?
-Cal é ese paxaro? -Que comen os peixes?
-Que hai nas bateas? -Como pescan as redes?
20. Con tanta pregunta volven ao amigo tolo
queren, só nun día, aprendelo todo.
Pero el, todo pacencia (é un día especial),
cóntalles do traballo, e doutras cousas do mar.
21. E sen desatender, para nada, a faena,
vailles contando nos tempos de espera.
22. -Para pescar aos peixes que viven en mandas
úsanse os cercos, redes longas e largas.
23. -Rodéase o peixe, péchase a rede por baixo,
e xa non ten saída… xa está encerrado!
37. e o bou de vara, que traballan preto de terra,
38. conguito
xiba
lura
chopo solla volandeira
faneca
Pescan luras, xibas, conguitos, chopos, sollas, volandeiras e fanecas.
39. cangrexeira
liñas canas nasas
palangres medio mundo
-Aos peixes que comen carne póñenselle trampas
ata ás que se atraen cun engado, a carnada.
Así pesca o palangre, as liñas, as canas,
o medio mundo, a cangrexeira e as nasas.
40. nécora
centolo
camarón
A nasa é coma unha gaiola que se deixa no fondo polbo
e o peixe, pola carnada, métese dentro el solo.
41. faneca
piarda
sargo
xurelo
burás
O medio mundo é unha bulsa que se isca co engado
para pescar, xurelo, burás, piarda, faneca, sargo …
42. anguía
cangrexo
camarón
lorcho
A cangrexeira, xa o di o nome,
pesca cangrexos, camaróns, anguías e “lorches”.
43. As picas, os anzois, son un arte sinxelo
que ofrece o engado coa trampa dentro.
44. linguado
robaliza
faneca maragota sargo
A liña pesca, na area: robaliza, linguado,…;
na pedra : faneca, maragota, sargo…
59. ameixa fina
ameixa blanca ameixa xapónica ameixa rubia
berbericho reló
carneiro
navalla
longueirón
Así pescamos ameixas, berberichos, carneiros, relós,
ademáis de navallas …e tamén longueiróns.
60. -Non hai nada no mar, que se coma ou se aproveite,
que non se poida pescar con liña, nasa, rasto ou rede.
E con esto que contei queda case todo dito
do traballo do mar e dos nosos oficios.
61. E con unha e outra cousa, rematou a xornada.
Volveron ao porto e…
63. E toda a familia, ata Luisa e Roxelio,
nunca esquecerán todo o que aprenderon.
64. fin
Moitas das imaxes foron collidas da Internet. Agradézolle aos autores a
súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta