Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
O teatro
1.
2. Diálogos.
Os personaxes contan a historia.
Menciónanse os espazos onde se
desenvolve a historia.
Aparecen anotacións entre paréntese.
3. Escena III.
Un prado cun carballo. Olivia le un libro ao pé do carballo. Flora está nunha póla, vixiando o ceo. Pataco
tamén está pendente do ceo, mentres Benito dá choutos – nunca para de dar choutos-, mirando para todos
os lados.
BENITO: Onde está? Non o vexo. Onde está?
PATACO: Informa, torre de control.
FLORA: Nin rastro del. A ver se foi para o Labirinto das Arañeiras.
BENITO: (Alarmado) Ao Labirinto? Henri? Ao Labirinto?
PATACO: O Labirinto das Arañeiras está fóra do perímetro do
adestramento. É perigoso achegarse alí, para entrar e non saír vivo. Téñollo
totalmente prohibido.
Raúl Dans. Un mosquito de nome Henri.
4. Acto I Acto II
Pausa
Pausa
Escena I Escena II
Escena I
Acto III
Escena I Escena II
Escena
III
9. Grupo de autores
Ideal:
Importancia de ser galego e da cultura galega:
o galego, as lendas, a música tradicional …
“Galicia é un pobo con
lingua e cultura propia”
10. En 1920: fundaron a revista Nós.
Tema: cultura galega.
Permitiu:
Transmitir coñecementos
de moitas materias
Recuperar a importancia
de ser galega ou galego
13. Un ollo de vidro (1922)
Cousas (1926)
Os dous de sempre (1934)
Os vellos non deben de namorarse (1941)
14. Preocupacíón polos máis débiles.
Defensa do idioma galego.
Protagonistas : campesiños,
mariñeiros …
15. Eu diríalles máis: prohibistes o galego nas escolas para
producirdes no espírito dos nosos rapaces un complexo de
inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal
e falar castelán era falar ben. […]
Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa
variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o
que nos fai superiores aos animais.
Castelao, Sempre en Galiza (1944)
16. Se eu fose autor escribiría unha peza en dúas escenas. A obra duraría dez minutos nada máis.
Escena primeira.
Érguese o pano e aparece unha corte aldeá. Enriba do estrume hai unha
vaca morta. Ao redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller
avellentada, unha moza aposta, dúas rapaciñas bonitas, un vello
patriarca e tres nenos louros. Todos choran moito e secan os ollos
coas mans. Todos choran e din cousas tristes que fan rir, cousas
parvas de xentes labregas, que pensan que a morte dunha vaca é unha
gran desgraza. A dor debe ter moita graza para que estoupen de risa
os do “patio de butacas”
E cando se farten de rir os señoritos, baixará o pano.
17. Escena segunda.
Érguese o pano e aparece un lugar elegante, adornado con moito
señorío. Enriba dunha mesa de pés de bronce, hai unha bandexa de
prata, enriba da bandexa hai unha almofada de seda, enriba da
almofada hai unha cadeliña morta. A cadela morta semellará unha
folerpa de neve. Ao seu redor chora unha fidalgona e dúas
fidalguiñas novas. Todas elas choran e secan as bágoas con paniños
de encaixe. Todas van dicindo unha a unha, as mesmas parvadas que
dixeron os labregos diante da vaca morta, cousas tristes que fan rir,
porque a morte dunha cadela non é para tanto.
E cando a xente do galiñeiro se farte de rir a cachón, baixará o pano
moi amodiño.
Castelao, Cousas (1926)