SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 42
SANTIAGO DE COMPOSTELA A CATEDRAL
AS ORIXES: O ACHADO DO SEPULCRO DO APÓSTOLO Segundo a lenda, cara o ano 813, un ermitaño chamado Paio tivo unha revelación do lugar onde se atopaba o sepulcro do Apóstolo Santiago: preto da actual igrexa de San Fiz de Salovio. Esta foi a orixe de Compostela, sobre un antigo asentamento castexo e romano. O Apóstolo converteuse no símbolo unificador da loita dos reinos cristiáns contra os musulmáns, transformándose nun guerreiro, e Compostela será o principal centro espiritual do reino astur-leonés. Igrexa de San Fiz de Solobio Teodomiro, bispo de Iria, descubre o sepulcro de Santiago
Na Idade Media a devoción aos santos e as súas reliquias adquire unha importancia moi grande. Santiago vaise converter nun centro de peregrinaxe cristiá de categoría similar a Roma e Xerusalén. A partir do ano 950, coa chegada do primeiro peregrino documentado (o bispo francés Godescalco de Puy), o Camiño é xa unha realidade con varias rutas que se irán consolidando nos séculos seguintes. O ESPLENDOR MEDIEVAL: O CAMIÑO Monte do Gozo: Monumento aos peregrinos
O ESPLENDOR MEDIEVAL: O CÓDICE CALIXTINO E O ANO SANTO O  Códice Calixtino  (1139) é unha recopilación de textos en latín relativos á peregrinación a Santiago. O libro V deste Códice, titulado  Guía do Peregrino de Santiago , atribuído a Aymeri Picaud, monxe francés, coengo da catedral de Santiago, está considerado a primeira guía turística do mundo. Picaud fixo unha descrición detallada do Camiño Francés, dividido en trece etapas na Península, duns 35 quilómetros diarios a pé. Neste anos os Papas Calixto II e Alexandre III institúen o Ano Santo Xacobeo coa outorgación da graza do xubileu.
Arredor do sepulcro fóronse levantando igrexas e outras edificacións relixiosas. A cidade foi medrando, aumentando o seu perímetro amurallado. Despois de que  Almanzor devasta ra  a urbe no ano 997,  construiuse unha nova fortificación (cerca) que xa sinala o perímetro do actual centro histórico. No ano 1075 comez ou  a construción da gran catedral románica.   En 1099 accede u   ao  episcopado Diego Xelmírez, o grande impulsor da cidade . No 1188 o mestre Mateo rematou unha obra mestra: o Pórtico da Gloria. Nos séculos seguintes instaláronse nas portas da cidade as ordes mendicantes: conventos e mosteiros coma os de San Francisco, Santo Domingo, Santa Clara ou Belvís. Compostela tamén foi un centro comercial e artesanal, como amosan os nomes gremiais de rúas como a da Caldeirería, Moeda Vella, Acibechería ou Concheiros. O ESPLENDOR MEDIEVAL: A CIDADE
A familia dos Fonseca controlou a mitra compostelá a finais da Idade Media. Tres membros desa familia foron arcebispos. En 1495 fundouse o Colexio de Estudantes Pobres, xerme da actual Universidade, fundada por Alonso de Fonseca III no 1525, que lle vai engadir un carácter estudiantil á cidade. O ESPLENDOR MEDIEVAL: A UNIVERSIDADE Claustro do Palacio dos Fonseca e Colexio de San Xerome (antigo Estudo Vello)
Co novo espítrito relixioso do Renacemento a peregrinación entrou en decadencia ata o século XVIII, volvendo a decaer no XIX. No século XVI construiuse o Hospital Real (Hostal dos Reis Católicos) e outros edificios civís e relixiosos, arredor da Catedral. Os séculos XVII e XVIII son os do  barroco compostelán , coa transformación do exterior da Catedral e a ampliación doutros grandes edificios como o Mosteiro de San Martiño Pinario. No s. XVIII o Pazo de Raxoi, iniciado no 1767, vai pechar a Praza do Obradoiro. A IDADE MODERNA: A COMPOSTELA BARROCA Escaleira triple de caracol do Mosteiro de Bonaval, de Domingo de Andrade Portada do Mosteiro de San Martiño
No século XIX construíronse o Mercado de Abastos e o parque da Alameda. As murallas derrubáronse, quedando hoxe en día en pé só a Porta de Mazarelos. No século XX destacou a construción do Campos Sur arredor da Residencia de Estudantes. Ao mesmo tempo vanse trazando de xeito desordenado as rúas do Ensanche nos anos 60 e 70, con edificios amoreados e, en xeral, de mala calidade. No ano 1980 Santiago converteuse en capital da Comunidade Autónoma de Galicia, o que supuxo un novo pulo urbanístico. A IDADE CONTEMPORÁNEA: A EXPANSIÓN FÓRA DAS MURALLAS
Nas últimas décadas, impulsado polas campañas turísticas vinculadas aos Anos Santos, a peregrinación ten collido un novo auxe. Nos último anos o urbanismo de Santiago tense centrado no xurdimento de novos barrios trazados cun maior rigor urbanístico (Fontiñas), a ampliación das zonas verdes (Parque de Belvís ou Eugenio Granell) e a construción de edificios singulares deseñados por arquitectos de prestixio internacional: Auditorio de Galicia, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Facultade de Xornalismo, reordenación da avenida Xoán XXIII, Biblioteca Anxo Casal, Palacio de Congresos e a polémica Cidade da Cutura, aínda sen rematar. A CIDADE ACTUAL
 
A CATEDRAL
A CATEDRAL
A CATEDRAL Praza do Obradoiro Hostal dos Reis Católicos Pazo de Raxoi Claustro da Catedral Praza da Quintana Praza de Praterías Convento de San Paio Acibechería Mosteiro de San Martiño Pinario
A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122) O interior da catedral é a estrutura do edificio son unha cume do estilo románico. A planta é de cruz latina con tres naves tanto no corpo coma no transepto. As naves laterais rodean o altar (deambulatorio ou xirola) para facilitar a visita das reliquias. Na cabeceira ou ábsida ábrense cinco capelas.
A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122) O alzado parte de grosos piares cruciformes unidos por arcos de medio punto, con catro columnas adosadas que parten de cada lado do piar. A nave central cúbrese cunha bóveda de canón e as naves laterais con bóvedas de aresta. O espazo onde se cruzan os dous brazos cúbrese cunha torre chamada ciborio. Por riba das naves laterais corre unha tribuna ou triforio. Bóveda de canón Bóveda de aresta Piares Arcos de medio punto Ciborio Triforio Deambulotorio
A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)
A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS A Fachada das Praterías é a única que se conserva das primitivas románicas. Sufriu grandes estragos e reformas o que fai que non haxa un único programa iconográfico.
A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS No tímpano da esquerda do que mira aparece a figura de Cristocon anxos, tentado por un fato de demos e a muller adúltera coa caveira no colo, que tamén se ten interpretado como Eva , símbolo do pecado.
A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS No tímpano da dereita desenvólvese o tema da Paixón de Cristo organizado en dúas seccións. Na sección inferior plásmase o Prendemento, Cristo atado á columna e azoutado, a coroación de espiñas e o milagre da curación do cego. Na parte superior só se conservan restos dunha Epifanía.
A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS No friso destacan as imaxes do Salvador e Abraham, aparecendo tamén santos, Adán e Eva, apóstolos, signos do zodiaco…
A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS No lateral esquerdo vemos un Pantocrátor, a creación de Adán e o rei David tocando unha fíbula, a figura máis célebre do pórtico. No muro dereito outro Pantocrátor e a creación de Eva.
A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA Cara o 1170 construíuse a cripta da catedral (Catedral Vella), sobre a que se sitúa o Pórtico da Gloria, a obra cume da arte galega, obra do Mestre Mateo. A súa iconografía xira en torno ao tema do Xuízo Final e as figuras van gañando un carácter más naturalista e expresivo. Todo o conxunto estaba orixinalmente pintado.
A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA O tímpano está presidido pola imaxe do Salvador flanqueado polos catro evanxelistas (tetramorfos). Acompañan a Cristo oito anxos portando os instrumentos da Paixón. Na parte superior do tímpano agrúpanse as pequenas figuras dos benaventurados.
A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA Na arquivolta central represéntanse os 24 anciáns da Apocalipse tocando os instrumentos musicais. No parteluz destaca a imaxe de Santiago con nimbo de ouro. Debaixo aparece a a árbore de Xessé, símbolo da xenealoxía da Virxe, coroado pola Trindade. Na parte inferior polo reverso, mirando cara o altar figura a imaxe do metre Mateo (o santo dos croques).
A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA No piar esquerdo figuran o profetas, destacando a figura de Daniel, co seu expresivo sorriso, a máis célebre do Pórtico. No piar dereito, catro apóstolos.
A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA No arco esquerdo aparecen Adán e Eva e outras e outras figuras do Antigo Testamento. No arco dereito dispóñense distintas imaxes no sentido das arquivoltas. Á esquerda os xustos e á dereita os pecadores. Na intersección dos arcos laterais co central represéntanse os anxos que levan as almas dos benaventurados ao Paraíso.
 
A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O CIBORIO Construiuse sobre un tambor ortogonal e péchase cunha cúpula na que se abren ventás, facendo do cruceiro a zona mellor iluminada do templo. Baixo o ciborio dispúxose a estrutura que acciona o botafumeiro
A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PAZO DE XELMÍREZ Edificado ao norte da catedral co que antes estaba comunicado. O primeiro andar (salón e cociña) é románico mentres que o segundo (comedor) é gótico. O comedor destaca pola decoración das ménsulas con escenas alusivas aos banquetes que alí se celebraban.
A CATEDRAL: O RENACEMENTO (S. XVI) No século XVI erguéronse o claustro e a escalinata do Obradoiro. O claustro ten un só piso con arcos de medio punto e serviu de enterramento. Nos ángulos do sur destacan as dúas torres-pirámides de inspiración azteca. A nova escaleira salva o desnivel coa praza e está decorada con esculturas.
A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- A BERENGUELA Nestes séculos Santiago vive unha nova expansión construtiva. Unha das obras principais deste período é a Torre do Reloxo, chamada a Berenguela en alusión ao bispo Berenguel de Landoira que mandou construír o primeiro corpo no s. XIV. É obra do gran arquitecto Domingo de Andrade que lle engadiu varios corpos cada vez de menor superficie, potenciando o efecto de verticalidade. Toda a torre está decorada con profusión e acolle a campá, unha das de máis sona do mundo.
A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- A PORTA SANTA E O PÓRTICO REAL No Pórtico Real da Quintana, tamén obra de Andrade, predomina a horizontalidade fronte á verticalidade da torre. A Porta Santa (só se abre nos anos santos) destaca pola súa ornamentación escultórica, con figuras procedentes do antigo coro pétreo do mestre Mateo, presididas pola estatua barroca do Apóstolo Santiago, flanqueada polos seus discípulos.
A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- FACHADA DO OBRADOIRO Está formada por dúas torres, a fachada central e un soporte horizontal. As torres teñen un forte efecto ascensional (74 m) e son coñecidas coma a das Campás e a da Carraca. A fachada é obra do gran arquitecto Casas Novoa. Feita entre as torres acentúa a verticalidade con liñas verticais. Conta con dúas grandes ventás que iluminan o templo. Todo o conxunto está presidido por Santiago peregrino.
 
A CATEDRAL: O SEPULCRO DO APÓSTOLO En 1869, unhas excavacións redescubriron as reliquias do Apóstolo, ocultas desde o século XVI por medo ao pirata Drake. Construiuse entón o recinto que acolle o sepulcro e realizouse a furna funeraria de prata sobre un pedestal de bronce.
A CATEDRAL: OS TELLADOS
A CATEDRAL: OS TELLADOS
A CATEDRAL: OS TELLADOS
A CATEDRAL: OS TELLADOS
A CATEDRAL: OS TELLADOS
A CATEDRAL: OS TELLADOS
 

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Características xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaCaracterísticas xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaprofesor historia
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanovaYolandaseara
 
A Arquitectura en Galicia
A Arquitectura en GaliciaA Arquitectura en Galicia
A Arquitectura en GaliciaColegioLar
 
Baixa idade media en europa
Baixa idade media en europaBaixa idade media en europa
Baixa idade media en europamasinisa
 
A arquitectura renacentista: o Cinquecento
A arquitectura renacentista: o CinquecentoA arquitectura renacentista: o Cinquecento
A arquitectura renacentista: o Cinquecentoprofesor historia
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románicapapoularosa
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacementomasinisa
 
A arquitectura románica en España
A arquitectura románica en EspañaA arquitectura románica en España
A arquitectura románica en Españaprofesor historia
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románicacamposseijo
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicacamposseijo
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románicomasinisa
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_TouroTalogo
 
Santa comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseSanta comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseYolandaseara
 
Tema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipciaTema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipciamaikarequejo
 

Was ist angesagt? (20)

Características xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaCaracterísticas xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románica
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanova
 
A Arquitectura en Galicia
A Arquitectura en GaliciaA Arquitectura en Galicia
A Arquitectura en Galicia
 
Baixa idade media en europa
Baixa idade media en europaBaixa idade media en europa
Baixa idade media en europa
 
A arquitectura renacentista: o Cinquecento
A arquitectura renacentista: o CinquecentoA arquitectura renacentista: o Cinquecento
A arquitectura renacentista: o Cinquecento
 
Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románica
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacemento
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_Touro
 
A arquitectura románica en España
A arquitectura románica en EspañaA arquitectura románica en España
A arquitectura románica en España
 
A arte paleocristiá
A arte paleocristiáA arte paleocristiá
A arte paleocristiá
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románico
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_Touro
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 
A arquitectura romana
A arquitectura romanaA arquitectura romana
A arquitectura romana
 
Santa comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseSanta comba de bande ourense
Santa comba de bande ourense
 
Arte Gótica
Arte GóticaArte Gótica
Arte Gótica
 
Tema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipciaTema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipcia
 

Ähnlich wie Santiago De Compostela

Ähnlich wie Santiago De Compostela (20)

ARTE ROMÁNICA
ARTE ROMÁNICA ARTE ROMÁNICA
ARTE ROMÁNICA
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Arte románica
Arte románicaArte románica
Arte románica
 
Arte Románico
Arte RománicoArte Románico
Arte Románico
 
Exemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilosExemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilos
 
Románico
RománicoRománico
Románico
 
Catedral de santiago_Touro2015
Catedral de santiago_Touro2015Catedral de santiago_Touro2015
Catedral de santiago_Touro2015
 
Románico
RománicoRománico
Románico
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_Touro
 
Arquitectura no neoclasicismo
Arquitectura no neoclasicismoArquitectura no neoclasicismo
Arquitectura no neoclasicismo
 
Catedral de santiago
Catedral de santiagoCatedral de santiago
Catedral de santiago
 
Catedral de santiago de compostela_touro
Catedral de santiago de compostela_touroCatedral de santiago de compostela_touro
Catedral de santiago de compostela_touro
 
O GóTico Slide
O GóTico SlideO GóTico Slide
O GóTico Slide
 
Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
 
DO COLISEO A SAN CLEMENTE
DO COLISEO A SAN CLEMENTEDO COLISEO A SAN CLEMENTE
DO COLISEO A SAN CLEMENTE
 
Cruceiros
CruceirosCruceiros
Cruceiros
 
A arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en EuropaA arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en Europa
 
Arte medieval
Arte medievalArte medieval
Arte medieval
 

Mehr von Heladio Anxo Fernández (20)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 

Santiago De Compostela

  • 2. AS ORIXES: O ACHADO DO SEPULCRO DO APÓSTOLO Segundo a lenda, cara o ano 813, un ermitaño chamado Paio tivo unha revelación do lugar onde se atopaba o sepulcro do Apóstolo Santiago: preto da actual igrexa de San Fiz de Salovio. Esta foi a orixe de Compostela, sobre un antigo asentamento castexo e romano. O Apóstolo converteuse no símbolo unificador da loita dos reinos cristiáns contra os musulmáns, transformándose nun guerreiro, e Compostela será o principal centro espiritual do reino astur-leonés. Igrexa de San Fiz de Solobio Teodomiro, bispo de Iria, descubre o sepulcro de Santiago
  • 3. Na Idade Media a devoción aos santos e as súas reliquias adquire unha importancia moi grande. Santiago vaise converter nun centro de peregrinaxe cristiá de categoría similar a Roma e Xerusalén. A partir do ano 950, coa chegada do primeiro peregrino documentado (o bispo francés Godescalco de Puy), o Camiño é xa unha realidade con varias rutas que se irán consolidando nos séculos seguintes. O ESPLENDOR MEDIEVAL: O CAMIÑO Monte do Gozo: Monumento aos peregrinos
  • 4. O ESPLENDOR MEDIEVAL: O CÓDICE CALIXTINO E O ANO SANTO O Códice Calixtino (1139) é unha recopilación de textos en latín relativos á peregrinación a Santiago. O libro V deste Códice, titulado Guía do Peregrino de Santiago , atribuído a Aymeri Picaud, monxe francés, coengo da catedral de Santiago, está considerado a primeira guía turística do mundo. Picaud fixo unha descrición detallada do Camiño Francés, dividido en trece etapas na Península, duns 35 quilómetros diarios a pé. Neste anos os Papas Calixto II e Alexandre III institúen o Ano Santo Xacobeo coa outorgación da graza do xubileu.
  • 5. Arredor do sepulcro fóronse levantando igrexas e outras edificacións relixiosas. A cidade foi medrando, aumentando o seu perímetro amurallado. Despois de que Almanzor devasta ra a urbe no ano 997, construiuse unha nova fortificación (cerca) que xa sinala o perímetro do actual centro histórico. No ano 1075 comez ou a construción da gran catedral románica. En 1099 accede u ao episcopado Diego Xelmírez, o grande impulsor da cidade . No 1188 o mestre Mateo rematou unha obra mestra: o Pórtico da Gloria. Nos séculos seguintes instaláronse nas portas da cidade as ordes mendicantes: conventos e mosteiros coma os de San Francisco, Santo Domingo, Santa Clara ou Belvís. Compostela tamén foi un centro comercial e artesanal, como amosan os nomes gremiais de rúas como a da Caldeirería, Moeda Vella, Acibechería ou Concheiros. O ESPLENDOR MEDIEVAL: A CIDADE
  • 6. A familia dos Fonseca controlou a mitra compostelá a finais da Idade Media. Tres membros desa familia foron arcebispos. En 1495 fundouse o Colexio de Estudantes Pobres, xerme da actual Universidade, fundada por Alonso de Fonseca III no 1525, que lle vai engadir un carácter estudiantil á cidade. O ESPLENDOR MEDIEVAL: A UNIVERSIDADE Claustro do Palacio dos Fonseca e Colexio de San Xerome (antigo Estudo Vello)
  • 7. Co novo espítrito relixioso do Renacemento a peregrinación entrou en decadencia ata o século XVIII, volvendo a decaer no XIX. No século XVI construiuse o Hospital Real (Hostal dos Reis Católicos) e outros edificios civís e relixiosos, arredor da Catedral. Os séculos XVII e XVIII son os do barroco compostelán , coa transformación do exterior da Catedral e a ampliación doutros grandes edificios como o Mosteiro de San Martiño Pinario. No s. XVIII o Pazo de Raxoi, iniciado no 1767, vai pechar a Praza do Obradoiro. A IDADE MODERNA: A COMPOSTELA BARROCA Escaleira triple de caracol do Mosteiro de Bonaval, de Domingo de Andrade Portada do Mosteiro de San Martiño
  • 8. No século XIX construíronse o Mercado de Abastos e o parque da Alameda. As murallas derrubáronse, quedando hoxe en día en pé só a Porta de Mazarelos. No século XX destacou a construción do Campos Sur arredor da Residencia de Estudantes. Ao mesmo tempo vanse trazando de xeito desordenado as rúas do Ensanche nos anos 60 e 70, con edificios amoreados e, en xeral, de mala calidade. No ano 1980 Santiago converteuse en capital da Comunidade Autónoma de Galicia, o que supuxo un novo pulo urbanístico. A IDADE CONTEMPORÁNEA: A EXPANSIÓN FÓRA DAS MURALLAS
  • 9. Nas últimas décadas, impulsado polas campañas turísticas vinculadas aos Anos Santos, a peregrinación ten collido un novo auxe. Nos último anos o urbanismo de Santiago tense centrado no xurdimento de novos barrios trazados cun maior rigor urbanístico (Fontiñas), a ampliación das zonas verdes (Parque de Belvís ou Eugenio Granell) e a construción de edificios singulares deseñados por arquitectos de prestixio internacional: Auditorio de Galicia, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Facultade de Xornalismo, reordenación da avenida Xoán XXIII, Biblioteca Anxo Casal, Palacio de Congresos e a polémica Cidade da Cutura, aínda sen rematar. A CIDADE ACTUAL
  • 10.  
  • 13. A CATEDRAL Praza do Obradoiro Hostal dos Reis Católicos Pazo de Raxoi Claustro da Catedral Praza da Quintana Praza de Praterías Convento de San Paio Acibechería Mosteiro de San Martiño Pinario
  • 14. A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122) O interior da catedral é a estrutura do edificio son unha cume do estilo románico. A planta é de cruz latina con tres naves tanto no corpo coma no transepto. As naves laterais rodean o altar (deambulatorio ou xirola) para facilitar a visita das reliquias. Na cabeceira ou ábsida ábrense cinco capelas.
  • 15. A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122) O alzado parte de grosos piares cruciformes unidos por arcos de medio punto, con catro columnas adosadas que parten de cada lado do piar. A nave central cúbrese cunha bóveda de canón e as naves laterais con bóvedas de aresta. O espazo onde se cruzan os dous brazos cúbrese cunha torre chamada ciborio. Por riba das naves laterais corre unha tribuna ou triforio. Bóveda de canón Bóveda de aresta Piares Arcos de medio punto Ciborio Triforio Deambulotorio
  • 16. A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)
  • 17. A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS A Fachada das Praterías é a única que se conserva das primitivas románicas. Sufriu grandes estragos e reformas o que fai que non haxa un único programa iconográfico.
  • 18. A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS No tímpano da esquerda do que mira aparece a figura de Cristocon anxos, tentado por un fato de demos e a muller adúltera coa caveira no colo, que tamén se ten interpretado como Eva , símbolo do pecado.
  • 19. A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS No tímpano da dereita desenvólvese o tema da Paixón de Cristo organizado en dúas seccións. Na sección inferior plásmase o Prendemento, Cristo atado á columna e azoutado, a coroación de espiñas e o milagre da curación do cego. Na parte superior só se conservan restos dunha Epifanía.
  • 20. A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS No friso destacan as imaxes do Salvador e Abraham, aparecendo tamén santos, Adán e Eva, apóstolos, signos do zodiaco…
  • 21. A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS No lateral esquerdo vemos un Pantocrátor, a creación de Adán e o rei David tocando unha fíbula, a figura máis célebre do pórtico. No muro dereito outro Pantocrátor e a creación de Eva.
  • 22. A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA Cara o 1170 construíuse a cripta da catedral (Catedral Vella), sobre a que se sitúa o Pórtico da Gloria, a obra cume da arte galega, obra do Mestre Mateo. A súa iconografía xira en torno ao tema do Xuízo Final e as figuras van gañando un carácter más naturalista e expresivo. Todo o conxunto estaba orixinalmente pintado.
  • 23. A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA O tímpano está presidido pola imaxe do Salvador flanqueado polos catro evanxelistas (tetramorfos). Acompañan a Cristo oito anxos portando os instrumentos da Paixón. Na parte superior do tímpano agrúpanse as pequenas figuras dos benaventurados.
  • 24. A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA Na arquivolta central represéntanse os 24 anciáns da Apocalipse tocando os instrumentos musicais. No parteluz destaca a imaxe de Santiago con nimbo de ouro. Debaixo aparece a a árbore de Xessé, símbolo da xenealoxía da Virxe, coroado pola Trindade. Na parte inferior polo reverso, mirando cara o altar figura a imaxe do metre Mateo (o santo dos croques).
  • 25. A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA No piar esquerdo figuran o profetas, destacando a figura de Daniel, co seu expresivo sorriso, a máis célebre do Pórtico. No piar dereito, catro apóstolos.
  • 26. A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA No arco esquerdo aparecen Adán e Eva e outras e outras figuras do Antigo Testamento. No arco dereito dispóñense distintas imaxes no sentido das arquivoltas. Á esquerda os xustos e á dereita os pecadores. Na intersección dos arcos laterais co central represéntanse os anxos que levan as almas dos benaventurados ao Paraíso.
  • 27.  
  • 28. A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O CIBORIO Construiuse sobre un tambor ortogonal e péchase cunha cúpula na que se abren ventás, facendo do cruceiro a zona mellor iluminada do templo. Baixo o ciborio dispúxose a estrutura que acciona o botafumeiro
  • 29. A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PAZO DE XELMÍREZ Edificado ao norte da catedral co que antes estaba comunicado. O primeiro andar (salón e cociña) é románico mentres que o segundo (comedor) é gótico. O comedor destaca pola decoración das ménsulas con escenas alusivas aos banquetes que alí se celebraban.
  • 30. A CATEDRAL: O RENACEMENTO (S. XVI) No século XVI erguéronse o claustro e a escalinata do Obradoiro. O claustro ten un só piso con arcos de medio punto e serviu de enterramento. Nos ángulos do sur destacan as dúas torres-pirámides de inspiración azteca. A nova escaleira salva o desnivel coa praza e está decorada con esculturas.
  • 31. A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- A BERENGUELA Nestes séculos Santiago vive unha nova expansión construtiva. Unha das obras principais deste período é a Torre do Reloxo, chamada a Berenguela en alusión ao bispo Berenguel de Landoira que mandou construír o primeiro corpo no s. XIV. É obra do gran arquitecto Domingo de Andrade que lle engadiu varios corpos cada vez de menor superficie, potenciando o efecto de verticalidade. Toda a torre está decorada con profusión e acolle a campá, unha das de máis sona do mundo.
  • 32. A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- A PORTA SANTA E O PÓRTICO REAL No Pórtico Real da Quintana, tamén obra de Andrade, predomina a horizontalidade fronte á verticalidade da torre. A Porta Santa (só se abre nos anos santos) destaca pola súa ornamentación escultórica, con figuras procedentes do antigo coro pétreo do mestre Mateo, presididas pola estatua barroca do Apóstolo Santiago, flanqueada polos seus discípulos.
  • 33. A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- FACHADA DO OBRADOIRO Está formada por dúas torres, a fachada central e un soporte horizontal. As torres teñen un forte efecto ascensional (74 m) e son coñecidas coma a das Campás e a da Carraca. A fachada é obra do gran arquitecto Casas Novoa. Feita entre as torres acentúa a verticalidade con liñas verticais. Conta con dúas grandes ventás que iluminan o templo. Todo o conxunto está presidido por Santiago peregrino.
  • 34.  
  • 35. A CATEDRAL: O SEPULCRO DO APÓSTOLO En 1869, unhas excavacións redescubriron as reliquias do Apóstolo, ocultas desde o século XVI por medo ao pirata Drake. Construiuse entón o recinto que acolle o sepulcro e realizouse a furna funeraria de prata sobre un pedestal de bronce.
  • 36. A CATEDRAL: OS TELLADOS
  • 37. A CATEDRAL: OS TELLADOS
  • 38. A CATEDRAL: OS TELLADOS
  • 39. A CATEDRAL: OS TELLADOS
  • 40. A CATEDRAL: OS TELLADOS
  • 41. A CATEDRAL: OS TELLADOS
  • 42.