SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
Manuel Correa Calvelo




             Andrea Correa Pazos. Curso: 4ºA
O meu avó naceu no ano 1935 (ten 74
anos) duns pais humildes nunha aldea de
San Andrés de Vea, na Estrada.

Vivía con seus pais, seus avós e moitos
tíos, e xurdiron problemas dentro da
familia o que obrigou a seus pais a
marchar para unha casa pobre mentres
se puxeron a facer unha nova para a
familia. Seu pai era carpinteiro e con
axuda doutros familiares foi facendo
unha casiña para vivir.

Manuel foi o primeiro de catro irmáns,
polo tanto tivo que axudar moito a
coidar de seus irmáns pequenos xunto
coa súa nai, xa que seu pai, ante as
necesidades que pasaban, tivo que
emigrar a Venezuela. Cando era pequeno
tivo unha vida moi dura con todo tipo de
privacións.
A nenez e a escola
Dende moi pequeno xa traballaba moito, como lle pasaba a
maior parte dos nenos do seu tempo. Comezou con 8 anos a
ir á escola. Só ía a mañán xa que pola tarde tiña que saír
coas vacas para o monte. Había dúas escolas en San Andrés:
unha para nenos e outra para nenas. Na escola de rapaces
había un profesor que tiña que atender el só a 84 rapaces,
Don Antonio. Meu avó di: “Era un profesor ditador, pero foi
un bo home. Ademais castigaba só ós que o merecían”. Alí
aprendían aritmética, xeografía e historia, todo metido nun
só libro que era prestado polo propio mestre. Pero ademais
tiñan que saber o catecismo. Meu avó di: ”O catecismo de
cartón a cartón”.

Nas horas de lecer xogaban ó fútbol e de vez en cando
realizaban torneos entre as diferentes parroquias.

Como meu avó era moi estudoso e sabía moi ben o
catecismo, veu un cura para levalo ó seminario. Nesa época
era a única saída para facer estudos xa que non costaba
nada. Pero non foi porque tiña que coidar dos irmáns. El
dixo: “Sería un bo predicador”.

Deixou a escola ós 14 anos para aprender o oficio de
zoqueiro.
Mocidade e traballo
Estivo traballando seis meses de zoqueiro sen gañar nada,
despois gañaba 1,50 pesetas ó día. Máis tarde grazas ó seu
patrón comezou a recibir clases de música. Tiña que ir
andando dende San Andrés ata Pontevea (6 km) para asistir
ás clases, pero só dispoñía do tempo que lle daban para comer
e tiña que pasar cun bocadiño sen poder ir á súa casa a
xantar.      Meses máis tarde, tivo sorte e   prestáronlle unha
bicicleta.

Ó ano de tomar clases mandárono a tocar coa banda e xa
gañaba 40 pesetas. Nun so día gañaba o mesmo que nun mes
de zoqueiro. Por iso el seguiu estudando música para poder
axudar a súa familia. Comezou co clarinete, despois co
requinto, co baritono e ó final co saxofón. Ademais, naqueles
tempos, os músicos eran moi admirados polas rapazas, por iso
despois de cada actuación os estaban esperando debaixo do
palco. Como di el: “Eramos moi apetitosos para as mozas”.

Ós 15 anos namorouse dunha rapaza coa que mantivo un
romance durante 6 anos e medio, da cal se separou despois
dun frechazo coa miña avoa. No ano 1964 mercou unha moto,
unha Lambretta coa que ía ás actuacións e levaba á familia a
onde fose preciso, mesmo ata a praia en Vilagarcía.
A familia
Coñeceu a miña avoa no ano 1959, nunha festa. Foise
namorando dela co paso do tempo, xa que nas festas
bailaban xuntos. Ela e meu avó bailaban moi ben.
Deixou a moza e estivo coa miña avoa durante un ano
e medio. Miña avoa quedou embarazada e tiveron que
casar.

Tiveron 3 fillos, dous nenos e unha nena. Cando casou
foi vivir para a casa dos seus sogros que o trataron
moi ben. El gañaba moitos cartos na orquestra e non
tivo problemas para coidar ós fillos. Foi un matrimonio
feliz, pero moi curto; xa que no ano 1973 miña avoa
enfermou e meu avó tivo que regresar de Suíza para
coidala. Durou tres anos, morrendo no ano 1977. Meu
avó quedou ó coidado dos fillos que logrou sacar
adiante grazas a seu oficio de músico na Banda
Musical da Estrada e o taller de zoqueiro que tiña.

Avó: “Era simpática e agradable, foime imposible
separarme dela. En 19 anos de matrimonio nunca nos
miramos mal e xamais tivemos discusións.”
A mili
Meu avó entrou no servizo militar no ano 1957 con 22 anos.
Estaba destinado a África, pero foi sobrante e mandárono
para a infantería de Ferrol. Un oficial daquel cuartel, Don
Herminio, botoulle unha man cunha recomendación para que o
meteran no taller de zapateiros, pero o que fixeron foi metelo
na banda militar do Tercio Norte de Ferrol durante 6 meses.

Cando comezou a guerra de Sidi Ifni (África), os músicos de
todos os cuarteis perderon o destino e pasaron á vida militar
común facendo as gardas, a limpeza…

A situación era moito máis difícil de levar e para conseguir
uns días de permiso súa nai fíxose pasar por enferma. Meu
avó pasábao moi mal alí e díxolle ao oficial Don Herminio
cando recibiu a chamada de súa nai: “Don Herminio no vuelvo
más al cuartel. En estos diez días me voy con mi padre para
Venezuela”.

Don Herminio aconselloulle: “No se te ocurra, vuelve para
aquí, que te declaran desertor y te meten en el calabozo”.
Meu avó despois duns días de permiso regresou. Enviarono á
Plana Maior nunha zapatería onde estivo de encargado. Con
todo, ten bos recordos do tempo da mili. Licenciouse no ano
1959.
Manuel correa
Traballo de zoqueiro
As ferramentas propias do seu oficio
de zoqueiro e zapateiro que aínda
hoxe emprega son: a bigornia, o banco
de traballo, o esmeril que antes se
movía co pé e agora xa é “máis
moderno”, funciona con electricidade.

O froito do traballo: os zocos feitos
totalmente a man desde as solas, as
pezas de coiro cortadas a partir da
pel dunha vaca ou becerro, cravar,
coser,...

Os    zocos eran o calzado habitual de
toda a xente, sobre todo dos maiores,
ata hai poucos anos, o que lle supoñía
traballar todo o día e parte da noite:
“Agora xa case non se fan a non ser
para as persoas moi maiores ou para
os que teñen problemas nos pés”

Os zocos foron susituídos polos zapatos
e houbo que adaptarse a novas formas
de traballar.
Traballo de músico


Despois de pasar os primeiros anos de
actuacións musicais na Banda de Vea,
que naqueles tempos tiña moitas
actuacións, un grupo de compañeiros
da música, os máis novos, decidiron
formar unha orquestra cos mellores
medios técnicos daquela época, a
Orquestra Iberia da que el é o
fu n da do r. Viñe ro n u ns an os de
p r o s p e r i d a d e a p r o v e ita n d o a s
numerosas           actuacións          p o la s
parroquias da bisbarra.
Emigración

Meu avó emigrou no ano 1972
cando a orquestra na que tocaba
se desfixo. Marchou para Suíza
onde gañou moito diñeiro.

No pr im eiro an o co mpro u un
Renault R-6 e no segundo un solar
na Estrada. El enviaba moitas
cartas a súa muller e ós seus
fillos, xa que a súa marcha foi moi
inesperada e non ben aceptada
polos fillos, sobre todo o maior.
Tivo que regresar cando a súa
muller enfermou no ano 1974.

Avó: “Aquilo era unha mina de
ouro”
A casa

A casa era unha casa de aldea onde
convivían persoas e animais. A cociña era
unha lareira e non había comodidades, pero
pouco a pouco foron facendo melloras para
dotala das cousas máis precisas.

O primeiro televisor que chegou a aldea
instalouse debaixo da cociña de meu avó ata
que se fixo un local comunitario chamado o
“teleclub”. Don Manuel Fraga, ministro de
Información e Tirismo, regalara televisores a
tódalas parroquias. Os veciños ían ver a
telenovela tódalas tardes.

A primeira lavadora que houbo na casa
regaláralla a súa avoa no ano 1967, foi un
gran avance xa que antes tiñan que ír lavar
a roupa a un vertedeiro que había preto da
casa. O frigorífico chegou moito máis tarde.
A aldea
Na aldea na que vive segue habendo os mesmo
número de habitantes, porque os fillos dos antigos
veciños volveron e restauraron as casas vellas.
Antes había corredoiras e non podían andar coas
motos e os coches, así que entre os veciños fixeron
unha estrada para a escola. Tiveron que abrir 2 km
de pista e utilizaron 213 tractores de pedra.
Cando había festas todos os veciños se xuntaban
para celebrala. E cando había que traballar nas
veigas os veciños tamén axudaban.
Hoxe segue tocando na Banda Musical da Estrada, coida dos
netos e cando é tempo de ir colleitar vai no seu tractor.
Limpa as súas toxeiras para evitar incendios e cando está de
descanso, charla cos seus amigos.

More Related Content

What's hot

Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picotaismadeuhia
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Danivicente
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.Yolanda Castro
 
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E SandraTesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandraosnososavos
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60satelite1
 
O Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz
O Tesouro Dos AvóS Claudia SavarizO Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz
O Tesouro Dos AvóS Claudia Savarizosnososavos
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleresquendadeira
 
13. anécdotas curiosas
13.  anécdotas curiosas13.  anécdotas curiosas
13. anécdotas curiosassatelite1
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)osnososavos
 
5. tocoume terceiro de e.x.b.
5.  tocoume terceiro de e.x.b.5.  tocoume terceiro de e.x.b.
5. tocoume terceiro de e.x.b.satelite1
 
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018radiorasca
 
Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.guest05fce8
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contosquendadeira
 
4. comezo dunha longa etapa
4.  comezo dunha longa etapa4.  comezo dunha longa etapa
4. comezo dunha longa etapasatelite1
 

What's hot (20)

Traballo Galego
Traballo GalegoTraballo Galego
Traballo Galego
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picota
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.
 
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E SandraTesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60
 
O Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz
O Tesouro Dos AvóS Claudia SavarizO Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz
O Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
 
Confianza
ConfianzaConfianza
Confianza
 
13. anécdotas curiosas
13.  anécdotas curiosas13.  anécdotas curiosas
13. anécdotas curiosas
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
 
5. tocoume terceiro de e.x.b.
5.  tocoume terceiro de e.x.b.5.  tocoume terceiro de e.x.b.
5. tocoume terceiro de e.x.b.
 
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
 
Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
4. comezo dunha longa etapa
4.  comezo dunha longa etapa4.  comezo dunha longa etapa
4. comezo dunha longa etapa
 
Presentación as avoas
Presentación as avoasPresentación as avoas
Presentación as avoas
 
NO PATRÓN?
NO PATRÓN?NO PATRÓN?
NO PATRÓN?
 

Viewers also liked (10)

Iª exposición fqf
Iª exposición fqfIª exposición fqf
Iª exposición fqf
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
Cardecide E Laxos
Cardecide E LaxosCardecide E Laxos
Cardecide E Laxos
 
Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
Cequeril
CequerilCequeril
Cequeril
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 

Similar to Manuel correa

O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avososnososavos
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Para xesteira de dopico
Para xesteira de dopicoPara xesteira de dopico
Para xesteira de dopicosatelite1
 
As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidasoigca
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonasatelite1
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoMaría Fernandez García
 
Editado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monferoEditado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monferosatelite1
 
Visitas cinco estrelas
Visitas cinco estrelasVisitas cinco estrelas
Visitas cinco estrelasBulibreiro
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitospaulaif
 
Andoriña nº 50
Andoriña nº 50Andoriña nº 50
Andoriña nº 50ceiprandufe
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedessatelite1
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3ºA Solaina
 
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola falaD:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola falajurafelo
 

Similar to Manuel correa (20)

O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Para xesteira de dopico
Para xesteira de dopicoPara xesteira de dopico
Para xesteira de dopico
 
Revista comprimida
Revista comprimidaRevista comprimida
Revista comprimida
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vida
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zona
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamento
 
Editado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monferoEditado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monfero
 
Visitas cinco estrelas
Visitas cinco estrelasVisitas cinco estrelas
Visitas cinco estrelas
 
Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)
 
COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitos
 
Andoriña nº 50
Andoriña nº 50Andoriña nº 50
Andoriña nº 50
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola falaD:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
 
Alba Silvia
Alba SilviaAlba Silvia
Alba Silvia
 
Entrevistas
EntrevistasEntrevistas
Entrevistas
 

More from Heladio Anxo Fernández (13)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 
CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 
Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 

Manuel correa

  • 1. Manuel Correa Calvelo Andrea Correa Pazos. Curso: 4ºA
  • 2. O meu avó naceu no ano 1935 (ten 74 anos) duns pais humildes nunha aldea de San Andrés de Vea, na Estrada. Vivía con seus pais, seus avós e moitos tíos, e xurdiron problemas dentro da familia o que obrigou a seus pais a marchar para unha casa pobre mentres se puxeron a facer unha nova para a familia. Seu pai era carpinteiro e con axuda doutros familiares foi facendo unha casiña para vivir. Manuel foi o primeiro de catro irmáns, polo tanto tivo que axudar moito a coidar de seus irmáns pequenos xunto coa súa nai, xa que seu pai, ante as necesidades que pasaban, tivo que emigrar a Venezuela. Cando era pequeno tivo unha vida moi dura con todo tipo de privacións.
  • 3. A nenez e a escola Dende moi pequeno xa traballaba moito, como lle pasaba a maior parte dos nenos do seu tempo. Comezou con 8 anos a ir á escola. Só ía a mañán xa que pola tarde tiña que saír coas vacas para o monte. Había dúas escolas en San Andrés: unha para nenos e outra para nenas. Na escola de rapaces había un profesor que tiña que atender el só a 84 rapaces, Don Antonio. Meu avó di: “Era un profesor ditador, pero foi un bo home. Ademais castigaba só ós que o merecían”. Alí aprendían aritmética, xeografía e historia, todo metido nun só libro que era prestado polo propio mestre. Pero ademais tiñan que saber o catecismo. Meu avó di: ”O catecismo de cartón a cartón”. Nas horas de lecer xogaban ó fútbol e de vez en cando realizaban torneos entre as diferentes parroquias. Como meu avó era moi estudoso e sabía moi ben o catecismo, veu un cura para levalo ó seminario. Nesa época era a única saída para facer estudos xa que non costaba nada. Pero non foi porque tiña que coidar dos irmáns. El dixo: “Sería un bo predicador”. Deixou a escola ós 14 anos para aprender o oficio de zoqueiro.
  • 4. Mocidade e traballo Estivo traballando seis meses de zoqueiro sen gañar nada, despois gañaba 1,50 pesetas ó día. Máis tarde grazas ó seu patrón comezou a recibir clases de música. Tiña que ir andando dende San Andrés ata Pontevea (6 km) para asistir ás clases, pero só dispoñía do tempo que lle daban para comer e tiña que pasar cun bocadiño sen poder ir á súa casa a xantar. Meses máis tarde, tivo sorte e prestáronlle unha bicicleta. Ó ano de tomar clases mandárono a tocar coa banda e xa gañaba 40 pesetas. Nun so día gañaba o mesmo que nun mes de zoqueiro. Por iso el seguiu estudando música para poder axudar a súa familia. Comezou co clarinete, despois co requinto, co baritono e ó final co saxofón. Ademais, naqueles tempos, os músicos eran moi admirados polas rapazas, por iso despois de cada actuación os estaban esperando debaixo do palco. Como di el: “Eramos moi apetitosos para as mozas”. Ós 15 anos namorouse dunha rapaza coa que mantivo un romance durante 6 anos e medio, da cal se separou despois dun frechazo coa miña avoa. No ano 1964 mercou unha moto, unha Lambretta coa que ía ás actuacións e levaba á familia a onde fose preciso, mesmo ata a praia en Vilagarcía.
  • 5. A familia Coñeceu a miña avoa no ano 1959, nunha festa. Foise namorando dela co paso do tempo, xa que nas festas bailaban xuntos. Ela e meu avó bailaban moi ben. Deixou a moza e estivo coa miña avoa durante un ano e medio. Miña avoa quedou embarazada e tiveron que casar. Tiveron 3 fillos, dous nenos e unha nena. Cando casou foi vivir para a casa dos seus sogros que o trataron moi ben. El gañaba moitos cartos na orquestra e non tivo problemas para coidar ós fillos. Foi un matrimonio feliz, pero moi curto; xa que no ano 1973 miña avoa enfermou e meu avó tivo que regresar de Suíza para coidala. Durou tres anos, morrendo no ano 1977. Meu avó quedou ó coidado dos fillos que logrou sacar adiante grazas a seu oficio de músico na Banda Musical da Estrada e o taller de zoqueiro que tiña. Avó: “Era simpática e agradable, foime imposible separarme dela. En 19 anos de matrimonio nunca nos miramos mal e xamais tivemos discusións.”
  • 6. A mili Meu avó entrou no servizo militar no ano 1957 con 22 anos. Estaba destinado a África, pero foi sobrante e mandárono para a infantería de Ferrol. Un oficial daquel cuartel, Don Herminio, botoulle unha man cunha recomendación para que o meteran no taller de zapateiros, pero o que fixeron foi metelo na banda militar do Tercio Norte de Ferrol durante 6 meses. Cando comezou a guerra de Sidi Ifni (África), os músicos de todos os cuarteis perderon o destino e pasaron á vida militar común facendo as gardas, a limpeza… A situación era moito máis difícil de levar e para conseguir uns días de permiso súa nai fíxose pasar por enferma. Meu avó pasábao moi mal alí e díxolle ao oficial Don Herminio cando recibiu a chamada de súa nai: “Don Herminio no vuelvo más al cuartel. En estos diez días me voy con mi padre para Venezuela”. Don Herminio aconselloulle: “No se te ocurra, vuelve para aquí, que te declaran desertor y te meten en el calabozo”. Meu avó despois duns días de permiso regresou. Enviarono á Plana Maior nunha zapatería onde estivo de encargado. Con todo, ten bos recordos do tempo da mili. Licenciouse no ano 1959.
  • 8. Traballo de zoqueiro As ferramentas propias do seu oficio de zoqueiro e zapateiro que aínda hoxe emprega son: a bigornia, o banco de traballo, o esmeril que antes se movía co pé e agora xa é “máis moderno”, funciona con electricidade. O froito do traballo: os zocos feitos totalmente a man desde as solas, as pezas de coiro cortadas a partir da pel dunha vaca ou becerro, cravar, coser,... Os zocos eran o calzado habitual de toda a xente, sobre todo dos maiores, ata hai poucos anos, o que lle supoñía traballar todo o día e parte da noite: “Agora xa case non se fan a non ser para as persoas moi maiores ou para os que teñen problemas nos pés” Os zocos foron susituídos polos zapatos e houbo que adaptarse a novas formas de traballar.
  • 9. Traballo de músico Despois de pasar os primeiros anos de actuacións musicais na Banda de Vea, que naqueles tempos tiña moitas actuacións, un grupo de compañeiros da música, os máis novos, decidiron formar unha orquestra cos mellores medios técnicos daquela época, a Orquestra Iberia da que el é o fu n da do r. Viñe ro n u ns an os de p r o s p e r i d a d e a p r o v e ita n d o a s numerosas actuacións p o la s parroquias da bisbarra.
  • 10. Emigración Meu avó emigrou no ano 1972 cando a orquestra na que tocaba se desfixo. Marchou para Suíza onde gañou moito diñeiro. No pr im eiro an o co mpro u un Renault R-6 e no segundo un solar na Estrada. El enviaba moitas cartas a súa muller e ós seus fillos, xa que a súa marcha foi moi inesperada e non ben aceptada polos fillos, sobre todo o maior. Tivo que regresar cando a súa muller enfermou no ano 1974. Avó: “Aquilo era unha mina de ouro”
  • 11. A casa A casa era unha casa de aldea onde convivían persoas e animais. A cociña era unha lareira e non había comodidades, pero pouco a pouco foron facendo melloras para dotala das cousas máis precisas. O primeiro televisor que chegou a aldea instalouse debaixo da cociña de meu avó ata que se fixo un local comunitario chamado o “teleclub”. Don Manuel Fraga, ministro de Información e Tirismo, regalara televisores a tódalas parroquias. Os veciños ían ver a telenovela tódalas tardes. A primeira lavadora que houbo na casa regaláralla a súa avoa no ano 1967, foi un gran avance xa que antes tiñan que ír lavar a roupa a un vertedeiro que había preto da casa. O frigorífico chegou moito máis tarde.
  • 12. A aldea Na aldea na que vive segue habendo os mesmo número de habitantes, porque os fillos dos antigos veciños volveron e restauraron as casas vellas. Antes había corredoiras e non podían andar coas motos e os coches, así que entre os veciños fixeron unha estrada para a escola. Tiveron que abrir 2 km de pista e utilizaron 213 tractores de pedra. Cando había festas todos os veciños se xuntaban para celebrala. E cando había que traballar nas veigas os veciños tamén axudaban.
  • 13. Hoxe segue tocando na Banda Musical da Estrada, coida dos netos e cando é tempo de ir colleitar vai no seu tractor. Limpa as súas toxeiras para evitar incendios e cando está de descanso, charla cos seus amigos.

Editor's Notes