2. COUSELO
San Miguel de Couselo é unha parroquia que se
localiza no norte do concello de Cuntis. Non é
una aldea moi antiga, xa que non hai moitos anos
foi anexo da parroquia de Portela. Segundo o
padrón municipal do 2004 tiña 187 habitantes (99
mulleres e 88 homes), distribuídos nos lugares
de: As Carballas, Constenla, Couselo, Mourigade,
O Pazo e A Raxeira. Couselo limita ao Norte con
Portela, ao Sur con Piñeiro, ao Leste con Arcos e
o Oeste co concello de Valga.
Ás súas costas está o monte Xesteiras cunha
altura aproximada duns 710 m.
É a parroquia máis pequena do Concello de
Cuntis, grazas iso convértese nun lugar moi
acolledor, agradable e relaxante… É o lugar
perfecto para os que van buscando tranquilidade.
Na parroquia de Couselo celébrase dúas festas: a
rapa das bestas e o patrón da festa que e o San
Miguel de Couselo.
Na nosa aldea abundan as terras de cultivo de
cereais para o mantemento do gando vacún de
algunhas explotacións gandeiras.Tamén abundan
as casas antigas que no seu momento foron a
envexa de todos os veciños por seren as máis
ricas.
3. COUSELO: IGREXA DE SAN MIGUEL
• A igrexa de San Miguel
de Couselo tivo a súa
orixe noutra máis antiga,
que había no monte de
Masteiro. Unha a unha
foron baixando polo
monte as pedras para
construír a nova igrexa.
Tamén se baixou unha
pía bautismal.
• Este ano restaurouse a
sancristía, o que custou
uns dous mil euros, para
quedar peor do que
estaba. Saíu en La Voz
de Galicia co título “
chapuzada” por poñerlle
unha cor azul.
4. COUSELO: os muíños
• Hai uns 10 muiños na parroquia de
Couselo, case todos conservan o rodicio
e a moa onde se trituraba o
millo,centeo…,
• A forza da auga que entra polo rego move
o rodicio, ao chocar coas penlas, que son
as que reciben o impulso da auga,
facendo xirar a moa, que é a que tritura.
Como o gran de trigo ou centeo ou millo
baixa pola muxega remata triturado entre
as pedras. O tarabelo salta sobre a pedra
e fai vibrar a cornizuela para que vaia
deixando caer o gran.
• Hai tres muiños na parroquia. O da foto
está situada ó noroeste, e para chegar hai
que ir polo medio do monte nun lugar
difícil de localizar. A este muiño fáltalle o
tellado e o rodicio está bastante gastado.
Ó lado deste hai dous muiños máis, pero
están en moi mal estado. Na actualidade
o regato non pasa por debaixo de ningún
dos tres muiños.
5. COUSELO: a fonte do joio
Esta é a fonte máis famosa de Couselo, xa que é a
máis antiga e a calidade da súa auga é das mellores
que se pode encontrar en moitos quilómetros á
redonda.
A auga desta fonte nace no monte do Catadoiro e
baixa polo monte pasando por varios muíños. A
auga que cae da fonte vai cara os lavadoiros, onde
antes se ía lavar a roupa, pero non cae dentro da
poza senón que xa vai directamente cara ó río. A
carón da fonte había un gran campo de herba no
que se poñían as sabas a clare Esta fonte tamén
dispoñía dun gran campo con herba no que se
poñían as sabas a clareo.
Antes había unha placa onde poñía o ano exacto no
que se puxo a fonte, pero uns seguidores de Franco
sacáronlla, ninguén sabe por qué o fixeron.
É unha pena que estas cousas da arquitectura
popular se deixen abandonadas e se arruínen,
podendo restauralas e presumir das cousas máis
significativas que temos na aldea. Na actualidade
os lavadoiros case non se usan.
6. COUSELO: hórreos
Na nosa parroquia hai uns trinta hórreos. O
hórreo de arriba é o máis grande de Couselo, con
catro claros. Pertence a casa máis rica da aldea.
Foi restaurado hai uns cinco anos, estando
situado nun xardín a carón dunha mina de auga.
O único defecto que ten este hórreo son os muros
de ladrillos e cemento que, os donos da casa lle
tiveron que poñer, por mor do seu derrubamento,
xa que este hórreo é moi antigo.
Ao hórreo de abaixo fáltalle a cruz do tellado que
rompeu. Os ladrillos que ten debaixo quédanlle
moi mal porque non se lle ven os pés. Os
tornarratos serven para que os ratos non poidan
entrar dentro a comer. O hórreo utilízase (ou
utilizábase) para gardar o gran ou outros
produtos agrarios. As portas do horreo sitúanse
case sempre cara o Norte. Na actualidade moita
xente restaura antigos hórreos como simples
adornos.
7. COUSELO: o carro das vacas
• O carro de vacas era moi utilizado
fai uns anos na agricultura como
transporte de carga. Este carro
era tirado por dúas vacas
xunguidas ao carro cos xugos.
Ten dúas rodas de madeira co
borde de ferro para poder andar
máis facilmente polos camiños,
que soían ser de pedra e terra.
Aos lados levaba dúas ladras
(madeiras) ou estadullos (paos)
para suxeitar o que levara dentro.
• Coa chegada da mecanización
ó campo ( aparición dos
tractores) foron quedando
abandonados no curral, nas airas
ou nas palleiras.
8. COUSELO: O POMBAL
• Este é o único pombal que hai na
parroquia, en Mourigade de Arriba.
Está bastante conservado aínda
que lle falta o tellado, que xa fai
tempo que lle caeu. Tiña forma de
pico cunhas ventaniñas. Os
pombáis na antigüidade estaban
nos pazos ou casas ricas, pero
neste caso está nunha casa común
da aldea.
Por dentro ten unhas especies de
mesas onde se lle poñía a comida
ás pombas, ten dúas “mesas” pero
a unha fáltalle o prato de arriva; e
ten numerosos ocos que serían o
lugar onde se acubillaban as
pombas.
9. COUSELO: río da pena
Éste é o chamado “Río da Pena”.
Nace no monte do Mosteiro e
desemboca na ponte da Anllada
no río Gallo.
Máis cun río é un regato porque
seca no verán, aínda que non fai
falla que chova moito para que vaia
a tope. Cando o río vai cheo
séntese o ruído que fai a auga ao
chocar coas rochas, a moita
distancia, xa que o desnivel que
presenta o seu curso é moi alto.
Éste río foi vítima dos xogos de
moitos rapaces xa que era o lugar
elixido por todos para pasalo ben.
Agora, este río só é vítima dos
humanos xa que non hai que
buscar moito para encontrar todo
tipo de residuos, os cales non
deberían estar alí.
10. COUSELO: río do masteiro
Éste é o río do Masteiro . Éste río
forma unha gran fervenza duns 20
metros de altura. Ata non hai moito
este salto víase perfectamente,
pero agora non se ve nada, por
culpa de árbores , silvas, toxos e
outros arbustos que a tapan.
Éste río é un dos máis fermosos de
Couselo polas súas fervenzas e
cuncas. Pero tamén é un “vertedoiro
público” xa que moitas persoas
veñen verten alí desperdicios como
rodas, e incluso hai latas de
gasolina.
Cando verdadeiramente a este río se
lle apreza ben a súa fermosura é en
outono, porque vai cheo de auga e
toda a carriza está verde, mentres
destacan o laranxa e o amarelo das
follas dos carballos. En inverno,
cando fai moito frío, das rochas e
dalgunhas árbores pequenas,
penduran pequenos carambelos de
xeo, o que fai todo máis fermoso.
11. COUSELO: río do joio
Gústame porque é un lugar ó que non
vai ninguén, polo que é o sitio
perfecto para pensar, estar soa…
O peor é que este río pasa ao lado
dunha casa e os donos botan alí todo
tipo de desperdicios, como plásticos,
rodas, cadeiras, animais mortos…
Un grupo de amigos e eu intentamos
varias veces limpalo e algunha vez
conseguímolo, pero se nos
despistábamos uns días xa volvía a
estar igual. E incluso algunhas veces
os donos da casa berráronnos por
estar alí limpándoo. Non teñen razón
porque o río non é da súa
propiedade. Ó contrario, teríamos
que ser nós os que os
demandáramos por contaminar o río.
Alí tamén está o carballo máis vello
de todo Couselo e o río , no outono,
sempre está cheo de landras, e iso
aínda o fai todo máis fermoso.
12. COUSELO: a corticeira
• A corticeira ten unha altura
duns 20 metros. Esta árbore
está dentro da miña horta, en
Constenla. Ten máis dun
século e pode superar os 150
anos. A cortiza sácase da
capa externa da e serve para
protexer a capa interna da
árbore. A cortiza externa é
unha masa elástica e
homoxénea que está formada
por células mortas, o quea fai
case impermeable para a
auga e os gases.
13. COUSELO: a pedra da aguia
Ésta é a famosa Pedra da Aguia, é
un conxunto de aproximadamente
catro pedras montadas de forma que
aguantan de pé. Hai un oco no
centro, polo que se pode subir á
cima. Outros, en cambio, prefiren
escalar xa que aínda que non se
apreza na foto, ten unha gran altura.
Dende arriba da Pedra vese unha
panorámica que en moi poucos
lugares de aquí se pode mirar, aínda
que moitas veces a néboa non o
permite.
Ao subirse á Pedra pódense ver os
danos que a erosión do vento e a
auga ten producido nela, con varias
cuncas e fendas.
En tempos foi o acubillo de moitos
homes cando empezou a Guerra por
temor ao terrible “paseo”.
14. COUSELO: o xesteiras
O monte Xesteiras cunha altura
de uns 710 m e a súa cima
domina paisaxes de gran
beleza. Dese o cume divísanse
ó norte as localidades
coruñesas de Padrón e Iria
Flavia situadas nas
proximidades do río Ulla. Ó sur
vemos as vilas de Caldas de
Reis e Cuntis.
Este tamén foi un dos poucos
montes da zona que carece de
un parque eólico, aínda que
está planificado facer un. Isto
creo que vai a estragarr toda a
fermosura da que agora
presume o noso monte.
Tamén é famoso pola caza e
por terse convertirse nun
circuíto para os moteiros. Non
terán outro sitio!
15. COUSELO: A RAPA DAS BESTAS
A rapa das bestas celébrase ao
longo dun fin de semana de agosto,
durante tres días seguidos, venres,
sábado e domingo. O primeiro día
pola noite faise unha degustación
gratuita do poldro, o segundo día é a
festa do cabalo e o terceiro día a
rapa, que consiste en reunir os
cabalos nun curro para marcalos e
cortarlle as crinas. Tódolos anos
habilítase unha zona de acampada.
Cada ano sortean un poldro.
16. COUSELO: A economía
• Na parroquia só hai tres veciños
que teñan vacas para vender o
leite. As crías véndenas ou
déixanas para o seu consumo.
Nesta granxa teñen 10 vacas.
Está feita de bloques e uralita
para conservar o fresco de
verán e a calor no inverno. As
vacas están separadas por uns
ferros curvados e están atadas
con cadeas. Cada dúas vacas
hai bebedoiro. Diante delas esta
o presebe onde comen herba,
millo… Detrás delas hai unha
canaleta por donde pasan os
excrementos que van para un
pozo onde se almacenan os
residuos, para despois utilizalos
como abono.
17. COUSELO: A economía
• En Couselo destacan os invernadoiros
de Enanflor, adicados ao cultivo de
plantas e árbores de adorno, e
froiteiras. Ten cinco invernadoiros de
ferro e plástico. O interior é de
cemento e teñen unhas pozas onde
están as prantas. Ó lado teñen unha
parcela de terreo onde plantan
directamente na terra algunhas árbores
de adorno e froiteiras. Estes
invernadoiros están situados nunha
zona despexada ao Norte de Couselo ó
lado da estrada xeral. De noite
podemos velos grazas aos tubos
fluorescentes.
18. COUSELO: AS CASAS
Ésta casa foi unha das máis
importantes e ricas de Couselo.
Chamada “A casa do
panadeiro”. Os donos da casa
eran dunha familia rica de
Santiago de Compostela, e un
panadeiro da aldea mercoulla. A
ela acudían antes tódolos
rapaces da aldea a recibir a
ensinanza imposta polos
profesores.
Ademais de ser unha casa de
pedra moi antiga e grande, esta
casa tamén destaca por teren o
hórreo máis grande e antigo de
Couselo, de catro claros, unha
palleira de pedra, onde aínda
están gardados algúns antigos
utensilios de labranza e o máis
importante, unha antiga mina
de auga, que era de onde se
sacaba a auga para o uso dos
habitantes da propia casa.
19. COUSELO: AS CASAS
Ésta foi a casa máis importante de Couselo
e a que tivo máis que ver no
desenvolvemento da nosa aldea. Era a casa
dun médico chamado Don Gabriel Porto
Neira, que faleceu o 1 de xullo de 1951 ós 72
anos e a súa muller Dª Consuelo Gontad
Rey, que faleceu o 15 de Agosto de 1940.
Nesta casa o prestixioso médico pasaba
consulta a todos os veciños con algunha
doenza e a veciños de aldeas próximas.
Tamén pasaba consulta en Cuntis.
Foi a primeira casa de Couselo en ter unha
televisión, e isto revolucionou o mundo da
tecnoloxía nesta pequena aldea.
Esta casa está reformada, xa que tiña unha
pedra moi fina e cambiáronlla por unha máis
grosa sobre o ano 1941.
Tamén foi a primeira casa en utilizar un
pequeno terreo para un xardín, para o cal
tiñan o seu propio xardiñeiro.
20. COUSELO: AS CASAS
Ésta é a casa que menos me
gusta de todo Couselo,
chamada a “casa do Camiño
Novo”. Non é porque sexa a
máis pobre, o cal, non é certo;
senón porque os donos desta
casa, intentando restaurala
esnaquizárona aínda máis.
Os donos desta casa estiveron
en Suíza durante uns anos, e
isto supuxo que gañaran máis
cartos e que quixeran reformar a
casa. Antes era unha casa como
calquera outra, non moi grande,
de cor branca… Pero
empezaron a aumentarlle
anacos, e cada vez se fixo máis
grande, o cal xa a fai máis fea, e
como remate pintárona desa cor
tan chamativa.
21. COUSELO: AS CASAS
• A casa esta é unha das máis bonitas
da parroquia, porque foi restaurada fai
pouco tempo. Nela podemos aprezar
as características da casa típica do
rural galego, xa que ten as fiestras
pequenas, os muros son grosos o
tellado a dúas augas, utilizando a tella
do pais.
• Ten un alpendre no fondo para gardar
os animais e os apeiros de labranza.
Tamén ten un hórreo, ainda que non
aparezca na foto, onde se gardaba os
cereais durante o inverno. Os
elementos máis novos son o xardín e
máis o cerramento.
22. COUSELO: AS CASAS
• E outra das casas que me gustan da
parroquia. Esta casa foi construída xa fai
moitos anos por uns veciños que emigraran
a Andorra. Por iso permanece pechada
durante todo o ano, agás nas vacacións, que
as veñen pasar aquí coa súa familia.
• O que lle queda bastante mal é a entrada,
porque o portal é máis alto que a parede, e
as columnas de ladrillo quédalle mal coa
pedra. Destaca como elementos típicos do
rural e a utilización da pedra do país. A
diferenza da anterior casa, non ten alpendre
nin hórreo.
23. COUSELO: AS CASAS
• Nesta diapositiva móstrase unha
casa de recente construción, a cal
non me gusta porque é moi
moderna, e non se integra no medio,
polos elementos que a conforman e
pola súa arquitectura en xeral.
• A casa está situada no medio
dunhas leiras, sin agruparse nunha
aldea. Esto supón uns gastos dos
servizos públicos, como a recollida
de lixo, alumeado … Ademais está a
beira dun río, o que supón durante
moitos días do ano néboa, e ao
mesmo tempo é unha zona onde
sopra moito o vento do norte.
24. COUSELO: o campo da festa
O edificio de cor branca que aparece
por detrás do palco é a antiga escola, a
que aínda fun ata os cinco anos, e ao
marchar os rapaces para o colexio, esta
tivo que pechar. Agora úsase como
“estudo de música” para algúns e
obradoiro de manualidades para outros.
Aquí tamén estaba o patio da escola,
onde había un gran xardín e xogos
como os columpios, pero como un ano
un camión dun grupo musical se
enterrou na lama tiveron que botarlle
formigón para que non volvese a
suceder.
Este campo tamén o utilizamos algúns
rapaces como parada do autobús xa
que se chove podémonos resgardar da
choiva no palco,