1. SEICA O BASILISCO É ANIMAL DE COMPAÑA
Por Manuel Pérez Millos. Socio de AGAI e colaborador no semanario israelí
AURORA www.aurora-israel.co.il
Non cabe dúbida de que o nome, ou mesmo o alcume, é cousa de grande
importancia. Véxanse, sen ir máis aló, como recoñece esta incontrovertible realidade
alguén tan ínclito coma foi Oscar Wilde. Se a este feito tan empírico se lle engade que
os allos son bos para a saúde e que, salvo tan raras como escasas discrepancias ao
respecto, é máis simpática a fada madriña de Cincenta que a madrasta, mesturados de
modo convinte todos estos elementos tan homoxéneos e apodícticos, inevitablemente
concluiremos que a meirande aportación a profilaxe dos golondrinos son as xaculatorias
a San Blas, para que non falte a vista que nos permita miralas cegoñas.
Tras de esta introducción tan inusual, que ninguén pense que toléei. Non hai tal:
somentes estou facendo prácticas do estilo apoloxético do señor Ghaleb Jaber Ibrahim.
Penso, creo que moi sensatamente, que se todo un profesor e doutor en periodismo,
amáis de presidente dunha Fundación que tenta ser ponte de culturas argumenta as súas
afirmacións de semellante xeito, a ser porque non importa mesturar churras e merinas e,
xa que logo, é correcto enganar aos incautos que cren na obxectividade dos seus datos.
De feito, que se amolen os ignorantes por ser preguiceiros e non averiguar a verdade por
si mesmos, ou que soporten con pacencia os inconvintes de non ter nivel académico
para discernir entre trapallada e dato certo. Porque o Dr. Ghaleb e quen de facer unha
tan asombrosa amálgama dunhas cousas e das outras, de medias verdades e medias
mentiras, de historia adulterada e de puro imaxinario, que compre ler os seus artigos con
moito sosego para poder ficar coa certidume de que “non nos leva a horta” da
desinformación.
Esto é o que ocorreu, sen ir máis aló, co seu artigo Un Estado palestino,
publicado no diario EL CORREO GALLEGO o día 4 dos correntes. Nel consigna un
verdadeiro paradigma do que é fanatismo –na mellor das interpretacións- ou, se cadra,
un desmedido afán de levar a auga ao seu muiño sen deterse en asuntos tan triviáis coma
os medios a que se recurre para acadar o fin proposto. Sospeito que o Sr. Jaber Ibrahim
xoga cunha doble vantaxe: o antixudaísmo sobxacente –e sobresaínte con moita
frecuencia- na nosa sociedade hispana, e a ignorancia que xeralmente se ten sobor da
Historia antiga e recente, maiormente cando o descoñecemento é a adala que alivia o
encoro da nosa autocrítica, das consignas dos que mandan e os tópicos máis caros.
Penso que, polo devandito, compre facer unha análise polo miúdo do traballo
periodístico antedito; se coa miña feble aportación se consegue que alguén chegue a
pensar por sí mesmo, afastado do teledirixismo en boga, considerarei máis que ben pago
este pequeño esforzo clarexador.
Don Ghaleb Jaber xa dende o primeiro párrafo comeza a deixar pílulas de
retorcemento da realidade (para que agardar máis tempo para facelo). Véxase unha
mostra: segundo se deduce do que dí, seica foron Estados Unidos, Israel e a meirande
parte dos Estados europeos os que conseguiron dar cadeira no Consello de Seguridade
1
2. da ONU a dous países novos membros do Organismo. Agora ben, se temos en conta que
en Europa non chegan a medio cento os seus Estados (e que non foron todos os
favorábeis ao ingreso senon somentes a mayoría deles), e a eles se lle suman os outros
dous leviatáns oficiáis xa nomeados, resulta un total de menos de cincuenta países. Así,
pois, preguntolle ao Dr. Ghaleb: se vostede recoñece que tiñan dereito a voto 191
nacións no caso de Kosovo, e 192 canto o de Sudán do Sul, ¿qué foi dos máis de 150
representantes cuxo voto –a favor ou en contra da proposta- non contabiliza vostede?
¿Fuxiron? ¿Abstivéronse? ¿Foron votos nulos? ¿Ninguneáronnos?
Doutra banda, o articulista fica asombrado de que haxa países que poidan votar
en contra da proposta paletina. Esto, Sr. Ghaleb, non é senon unha burda contradictio in
términis co que vostede mesmo deixa traslucir máis adiante e que, nalgún outro dos seus
escritos, manifesta abertamente. Se os palestinos –e ninguén llo nega- teñen dereito a
escoller as súas relacións internacionáis, decidir o xeito de xestionar o seu Estado, e
gozar de tódalas prerrogativas, incluso a de votar a favor ou en contra de algo, parece
xusto conceder semellantes capacidades aos outros países, ¿ou non? Canto as chantaxes
económicas, non sei exactamente a qué se refire, xa que non o explicita. Sospeito que é
unha outra manobra dentro da xa sabida estratexia de dicir unha cousa moitas veces, co
que a xente acaba por creela anque non sexa certa. E por certo: ¿non lle parece chantaxe
económica o boicot que se está a artellar contra dos produtos israelíes?
Remato a análise das inconsistencias nas que incurre o Dr. Jaber, lembrándolle
que, en efecto, o pobo palestino merece ter un recoñecemento internacional pleno, e
tanto máis que ten, segundo apunta o autor do artigo, entidade propia e definida. O que
se esquece dicir é que, cando se constituíu o Estado de Israel, a partires da aprobación
do Plan de Partición (Resolución 181 da ONU, de 29-11-1947), esto foi apoiado ou non
expresamente rexeitado pola meirande parte dos países –incluido o bloque comunista,
coa URSS ao fronte-, xa que menos dunha cuarta parte (un 23%, para ser precisos)
votou en contra. Dos que se opuxeron, agás Grecia, Cuba e a India, todos eran países
árabes ou musulmáns. En tal ocasión, digo, houbo unha segunda consecuencia para o
mapa político de Oriente Medio que, nembargantes, o Dr. Ghaleb soslaia tan oportuna
como lamentablemente: que na mesma determinación do foro de nacións, se incluía a
cración dun Estado árabe, en pé de igualdade co xudeu e independente del. Inclusive
resolvía a candente custión de Xerusalén, xa que, en atención aos diferentes graos de
relevancia cultural e relixiosa que ten para todo o mundo, era posta baixo
administración internacional. E xa que o Sr. Jaber Ibrahim non o di, farémolo nos: a
resposta árabe (un bloque sempre disposto a esixir o cumplimento das resolucións das
Nacións Unidas, eso sí, excluída ésta en particular, e, en xeral, tódalas que non
conveñan aos seus intereses), a reacción árabe, insisto, foi pasarse a Resolución 181
polo arco do trunfo e, xa postos, facer estas dúas cousas que o ilustre articulista
tampouco menciona:
1) Animar aos residentes árabes –e impoñer aos reticentes- a
deixar valeiro o terreo polas 48 horas que, segundo calcularon,
abondarían para botar os xudeos ao mar.
2) Atacar feroz e simultáneamente ó novo Estado. Compre
lembrar que nesta agresión (sen aprobación da ONU, amigos
da esquerda, sempre tan exemplarmente puntillosos con gardar
certas formalidades); nesta agresión, retomando o que dicía,
contaron co asesoramento e participación de expertos militares
nazis e, tamén, dun certo número de oficiáis británicos.
2
3. Aí foi cando os árabes, cegados polo odio contra os xudíos, comezaron a usar os
intereses dos palestinos coma arma anti-israelí. Sucederonse outros episodios políticos e
diplomáticos que tentaron, infroituosamente por certo, de establecer unhas bases
razonábeis para negociar a paz. Esto no no di o doctor, pero o din as hemerotecas e,
mesmamente, a memoria de moitos, xa que ocorreu, falando en tempo histórico, onte
mesmo. Deixo o asunto polo de agora, xa que volveremos a poñelo encol da mesa
segundo avancemos na consideración do artigo de don Ghaleb.
Co segundo párrafo do escrito que estamos a tratar, o Sr. Jaber Ibrahim supérase
a si mesmo canto a capacidade para producir disparates. O primeiro e dicir que o pobo
palestino é unha ledísima mestura de confesións relixiosas e raciáis. O colmo do
sarcasmo é mentar en primeiro lugar ¡aos xudíos palestinos! Vamos, que senon formara
parte dunha traxedia humana –con actores palestinos e xudíos forzados a interpretala-,
sería para esnaquizar coa risa. Dr. Jaber: non se pode tratar algo tan penoso con tanta
banalidade, e vostede o fai, porque mire: os palestinos recoñecen pública e
maioritariamente en enquisas feitas por organismos internacionáis que o seu anceio é
que desaparezan os xudíos. Cando a dominación xordana sobor de Xerusalén, os xudíos
que quedaron tras de ser morta violentamente a mayoría, foron expulsados. E o mesmo
ocurreu en cáseque tódolos países árabes. Vostede ben sabe que os dirixentes palestinos
confesan que nun futuro cecáis podan convivir con xudíos, pero que non sería posible
hoxe en día, nen a medio prazo. Tamén coñece de primeira man que nas mesquitas se
incita a destruir aos xudeus, que é amplamente difundido o texto coránico que manda e
anticipa a morte dos xudeus, que nas escolas incúlcanse prexuicios groseiros contra dos
xudeus. Vostede o sabe, pero cala porque así compre aos seus intereses e, para facerlle
de seguido de corifeos, conta cunha chea de voluntarios desinformados. Pero ainda
queda un argumento que contradice a súa tese: no territorio palestino hai un pacto de
gobernanza que coaliga a ANP e a Hamás e, xa que logo, persiste a vixencia do punto
da Carta Fundacional de esta última organización na que se declara que é un dos seus
obxectivos principáis a destrucción da nación xudea. ¿Ou non é certo o que digo? Obvia
mencionar que durante a dominación xordana de Xerusalén, aparte da violencia extrema
contra da poboación xudea antes mencionada, profanouse o cimiterio do Monte das
Oliveiras, e a mármore das sepulturas adicouse a facer letrinas. ¿Sí ou non foi así?
¿Pódeme dicir cales son dereitos dos xudeus nos países árabes? ¿Cal é o número de
xudeus nesas nacións? ¿Cómo é que viven? Sospeito que a súa intelixente sagacidade,
Dr. Ghaleb, o levará a dicir que estou mesturando a Palestina cos Estados árabes, e que
vostede fala dos primeiros cando alude aos xudeus palestinos. Pero mire, vostede
mesmo invoca a pertenza dos palestinos a nación árabe cando trata de empregar en
proveito propio o argumento do contido do artigo primeiro da Carta Nacional Palestina.
Esos son os riscos de facer volatines cun “chourizo” tan feble como os oxímorons
burdos. E os riscos han ser asumidos.
Canto aos cristiáns palestinos, non me deteño senon para facerlle dúas
reflexións. A primeira, dicirlle que o corpus doctrinae que lles é propio aos cristiáns,
non só non veda o consumo moderado de alcohol senon que, a maiores, o recomenda en
certos casos (I Timoteo 4, 23). ¿Pode vostede garantir o uso de tal dereito baixo unha
lexislación baseada no Corán? E velaí vai a segunda consideración: cando as forzas
armadas israelíes perseguiron ao famoso grupo terrorista en Belén, os fuxidos metéronse
no convento, penso que Franciscano, e alí fixeronse fortes. Segundo amosaron os
informativos de televisión, o exército israelí leváballes acotío racións semellantes as que
3
4. constituían o rancho das tropas propias, polo que non pasaron fame. Nembargantes, non
tiveron nengún reparo en asaltar a despensa dos relixiosos que os acollían, nen
tampouco en violar os eidos reservados a clausura dos seus auxiliadores. Por se non
chegara, as imaxes que difundiu a prensa amosaron que os recluídos mexaron e
defecaron na igrexa do convento, ou mosteiro, ou o que sexa o recinto sacro para os
católicos. ¿É esa a liberdade que vostede compromete cos palestinos non islamistas?
Dentro da nación árabe, ¿pode indicarme onde os cristiáns poden facer os seus cultos
públicamente e ceibes? E xa non falo dos naturáis do país, senon mesmo dos
extranxeiros residentes. Pois todo eso pódese facer no, segundo a opinión máis
xeneralizada -e intencionadamente extendida por partes interesadas-, xenocida,
fundamentalista e noxento Estado xudeu. E o proban as reportaxes, sen ir máis lonxe,
que cada ano, por Semana Santa, pasan os noticieiros. Eu mireino en Xerusalén, coma
tamén vin a un soldado israelí axudar a un ancián palestino para que cruzara indemne
unha turbamulta no seu intento de achegarse a mesquita para facer as súas pregas.
Tamén vin a un cristián palestino agochar disimuladamente unha cruz que levaba
pendurada ao colo antes de entrar nunha certa parte de Cisxordania.
Canto a os musulmáns palestinos, somentes lle pregunto: ¿Pódelle garantir as
mulleres igualdade cos homes nun estado cuxa lexislación esté baseada na sharia? ¿Qué
porvir lle agarda aos homosexuáis? E os ateos ou agnósticos, ¿poderán facer pública tal
condición de incrédulos? En Israel, o grande conculcador, tal coma se di dende os
círculos filonazis, esquerdosos e pseudoprogres –todos eles revoltos nun esperpéntico
pandemonium-, en Israel, repito, sí se pode garantir e sí se pode ser o que se queira co
amparo da Ley.
Eu podo falar disto porque estuven alí, tanto en Palestina, coma noutros países
árabes e en Israel, e mirei o que mirei, e escoitei o que escoitei, e notei o que notei. Por
iso non é doado enganarme, porque fun espectador moi apertado do escenario. Os
difamadores de Israel aportan, coma cansinos hamlets, “palabras, palabras, palabras…”
e nengunha proba. Pero esta claro que, coma di o refrán, unha cousa é predicar e outra é
dar trigo. Unha cousa e difamar e outra –ben máis complicada- dar probas.
Anque se as probas son coma as que aporta o Sr. Ghaleb Jaber no seu artigo,
mellor e menos ridículo é non presentalas. Ven esto a conta do que engade cáseque
deseguido ao que recén veño tratando. O Sr. Jaber Ibrahim fai unha especie de cóctel
xenético, xa que atribúe aos palestinos unha identidade forxada, nen máis nen menos,
que por unha rica historia de miles de anos, perante da lonxevidade da Torá, da Biblia e
do Corán. E nen a Historia, nen eu, nen ninguén medianamente sensato e informado
concordamos con semellante afirmación. De feito, compre lembrar que os palestinos
ficaron perfectamente acougados e conformes baixo a nacionalidade xordana ata o fin
da chamada Guerra dos Seis Días. Pero ben, o asunto era determinar se os palestinos
teñen a lonxevidade que lles adxudica o Dr. Ghaleb, e a elo imos. Está fora de toda
dúbida que os primeiros moradores do territorio que hoxe chámase Palestina foron os
cananeos ou cananitas, coñecidos xenéricamente co termo –etimolóxicamente ambiguo-
de amorreos. Estas xentes, organizadas políticamente en grandes clanes ou tribus
independentes, desapareceron por variadas causas (tal que pasou con outras grandes
culturas, por ejemplo, os etruscos), e deixaron o seu lugar aos seus conquistadores, entre
os que comezaron a despuntar as civilizacións asiria e babilónica, e, pola sua puxanza,
os hititas ou heteos, provintes da Anatolia. A todo isto, e relatado a enormes rasgos,
consolidouse polo sul a hexemonía exipcia. A partires de aí, sucederonse diversos
4
5. vaievens, que diron como resultado o establecemento de potentes cidades-estado de
orixen fenicio as beiras do Mediterráneo, entre as que teñen renome Tiro e Sidón, ao
norde, e Gaza, Ashdod e Ashkelón, ao sul. Todo este movemento fica vinculado a esa
ruta comercial –e, xa que logo económica- que se coñece coma Crecente Fértil. Por
descontado, nen rastro dos palestinos. De feito, o xérmolo destos estaba máis cara o
leste, entre as diversas tribus ancestras dos árabes. Nen os antigos egipcios, nen os
primitivos –cronolóxicamente falando- babilonios ou asirios, teñen nada que ver cos
árabes e, por conseguinte, cos palestinos. Os que sí estaban por alí dende ben cedo eran
os xudeus, segundo proban os descubrimentos de Garstang (entre 1929 e 1936),
Albright (en 1934), Wellcome (en 1931), e outros, que corroboran o contido de citas das
tablillas Amarna e da Biblia (sí, Sr. Ghaleb, da Biblia, considerada neste caso non xa
como libro sagrado senón coma paleoducumento de probada fiabilidade). Resulta destos
datos que os xudeus xa se asentaron daquela nesa terra, e falamos (50 anos máis ou
menos) do 1400 a.C. ¿Onde andaban os palestinos milenarios segundo o cómputo do
Dr. Jaber? Ninguén o sabe, salvo que o asinante do artigo que andamos a comentar nos
veña a dicir que Moisés ou Xosué foron palestinos, e mesmo Xosé (ao respecto da cuia
historicidade, son curiosos e moi elocuentes os descubrimentos de Brusch e F. Petrie).
Se lembro que estamos a falar dun período comprendido entre o 1400 e o 1350 a.C., e
que foi nese intre cando se debe datar a recepción da Torá polos israelíes, e que daquela
no que hoxe é territorio de Israel e de Palestina vivían esos outros pobos mencionados
antes, ¿onde estaban os palestinos? ¿Onde quedan os milleiros de anos da súa rica
historia que nos anticipa o Dr. Ghaleb Jaber? Non se me ocorre outro sitio, senon, que
coma tantas outrás fábulas ao respecto, no País das Albóndegas, ou outro semellante.
Isto que antecede vale tamén para a alusión a Biblia, tendo en conta que o libro
santo dos cristiáns inclúe o Tanaj hebreo, co nome de Antigo Testamento. O Corán,
certamente, é un escrito máis novo. Se a memoria non me traizoa, data do século VI da
Era Cristián. En calquer caso, non é nada doado manter que os palestinos e os milleiros
de anos de existenza deles, sexan máis antigos que a Torá, que a Biblia e que o Corán.
Do tenor do artigo do Sr. Jaber, dedúcese que a partires do Tratado suscrito por
Mark Sykes e Charles G. Picot, se lles dou terra a todos menos aos palestinos, que
ficaron, segundo parece, levitando no espazo. Claro que o respectado doutor nen por
casualidade menciona a Declaración Balfour, do ano 1917; e para qué facelo se tal
alusión e contraria aos seus intereses no debate. Pero eu sí vou facelo, entroutras cousas
porque quero ser honesto cos meus lectores, se alguén me lé. O precitado documento
amosa a disposición da Grande Bretaña a dar, atendendo a petición do incipiente
movemento sionista, unha terra aos xudeus para que instauraran nela un redivivo Estado
de Israel. A partición do territorio supuña terra abondo para os árabes, xa que coma
vostede indica, instauraba novas nacións tales que Siria, Irak, Xordania, Líbano e
Exipto. A identidade política, étnica e cultural da poboación árabe na chamada
Palestina, ficaba ben salvagardada, toda vez que tanto os provintes do norde, coma os
asentados no leste ou no sul, dispuñan de territorio independente nos novos países que,
a sua vez, foran orixe da migración deles cara a outros eidos. Que os palestinos foron
sometidos ao mandato británico, pois sí, é certo. Pero tanto coma os xordanos, exipcios,
xudeus e, agás os libaneses que dependerían dos franceses, tódalas nacións mentadas.
Que iso sexa colonialismo, imperialismo, e demáis “ismos” vexatorios que se queran
engadir, particularmente o acepto coma certo, pero non é o asunto que agora nos ocupa.
O que segue no escrito de don Ghaleb Jaber é, segundo a intención coa que se o xulgue,
ou historiaficción, ou erro –penso que involuntario, xa que o articulista ten reputación
5
6. de instruído- ou, sen ambaxes, mentira. Refírome a sua afirmación de que o territorio foi
vendido aos sionistas xudeos europeos. Esto non se sostén ante quen se mergulle
superficialmente nos periódicos da época. Un somero coñecemento dos documentos
daquel intre histórico amosan que:
1º.- Boa parte dos terreos obxecto de merca-venda, foi froito de sendos
contratos mercantís subscriptos entre xudeus –financiados non por nengunha potencia
colonial senon polo Movemento Sionista e mesmo por particulares- a propietarios
árabes que, por certo venderon a prezo de ouro ciénagas e deserto.
2º.- Vista a manobra, os británicos vedaron e perseguiron tales
operacións inmobiliarias.
¿É certo o que digo, ou non, Sr. Ghaleb? Pois se é verdade, asúmao coa fidalguía
que lle presupoño e que, sen dúbida, ten vostede.
O termo “colonial” que emprega pode ter, ao meu xuizo, varias interpretacións.
Con algunha delas estou plenamente de acordo, por exemplo, se admitimos coma
colonial que unha chea de persoas vaian a un lugar procedentes doutros sitios. E tamén
se entendemos por colonia a habitación de xente que coloniza, e dicir, que se adica a
facer froitífero un ermo improductivo. Pero que ninguén saque conclusións, coma diría
o inesquencibel Cantinflas, “precipitosas”, porque compre introducir algúns matices
esclarecedores. O primeiro deles é que, pese a grande afluenza de xudeus foráneos,
nembargantes sempre houbo xudeus vivindo, se ben que en pequeño número, no
territorio dos seus ancestros. A segunda e importante precisión é que nunca os xudeus
deixaron voluntariamente a sua terra, senon que sempre foron botados dela pola forza
(temporalmente polos asirios e babilonios, coido que arredor dos anos 730 a.C. e 600
a.C., respectivamente) e, xa definitivamente, polos románs alá polos anos 70 e 73 da
nosa era. Esta diáspora forzosa supuxo o inicio dunha época de aldraxes aos xudeus:
expulsións (España, Inglaterra, Francia, Portugal, Hungría…), progromos e, coma
remate, a ignominia do Holocausto nazi. Non se coñece unha raza máis necesitada dun
lugar propio no que atopar acougo. A creación do Estado de Israel foi a restauración dun
país polos seus lexítimos posuídores, cunha raza nunca ben tratada fora das suas
fronteiras, e dunha cultura (esa sí, probado e comprobado) milenaria .Os xudeus foron
desahuciados pola potenza imperialista do momento –ninguén ten a culpa de que sexan
nazón tan vella- e, a pesares delo, sempre mantiveron, máis ou menos relevante, a sua
presenza na sua terra. A Resolución 181 da ONU sobor da Partición de Palestina e os
acordos precedentes, non foi, senón, unha reparación histórica e mesmo unha solución
ante accións xenocidas perpetradas con perseverancia xa crónica. Afortunadamente para
o conxunto dos civilizados, o alumbramento de Israel trouxo unha vantaxe adicional: o
nacemento duhna democracia real, un semilleiro de avances nos variopintos eidos da
cencia e da tecnoloxía e, cousa importante, un exemplo de compaxinación entre a
defensa propia e a humanidade para cos inimigos. Isto último, ¿soa a baladronada pola
miña banda? Pois non é tal; dispoño de probas ao respecto.
Remato este asunto dicindo que a realidade, tan teimuda en ser noxenta, deixa
datos, e informacións, e citas e declaracións que pouco ou nada aproveitan cara a soster
as teses do Dr. Jaber. Velaquí algunhas delas:
- “É de público dominio o feito de que Palestina non é outra
cousa que a Siria meridional", segundo dixo o Representante
de Arabia Saudita nas Nación Unidas, no ano 1956.
6
7. - "Non existe nengún país que se chame Palestina. Palestina é
un termo inventado polos Sionistas. Non hai nengunha
Palestina na Biblia. O noso país ten sido por séculos parte de
Siria. Palestina e allea para nos. Son os Sionistas quenes
introduciron este nome" (declaracións de Auni Bey Abdul-
Hady, prominente sirio, na British Peel Commission, no ano
1937).
- “Non existe nengunha cousa chamada Palestina na Historia,
en absoluto”. Tal cousa asegurou, en 1946, alguén a quen cabe
sopoñer un algo informado, xa que se trata do Profesor Philip
Hitti, un historiador árabe.
Queden estas mostras coma suficientes, anque a elas, e para desmontar os
postulados do Sr. Jaber Ibrahim, poderíase engadir a observación de Mark Twain quen,
no diario de viaxe que fixo nunha visita a Terra Santa, constatou que era un país deserto
de xente, no que non se atopaba poboamento algún en moitas millas de treito. Esto foi
alá polo século XIX, se é que podo fiarme da miña memoria.
¿Onde ficou, logo, a poboación palestina, afincada na terra de Israel de miles de
anos atrás? Se cadra, pódenolo aclarar o Dr. Ghaleb.
A partires do texto comentado, os despropósitos semellan que incontábeis. Algo
estraño houbo de pasar para que un home da enxunia do articulista, publique tamaños
disparates. Desexo que ese fenómeno tan raro e indiagnosticabel (polo menos para mín),
non pase de ser algo pasaxeiro e xa esté recuperado del. E é que non ten explicación
lóxica que se diga, sen rubor algún, que Europa e Estados Unidos apoiaron económica,
militar e políticamente a Israel. E un desatino, xa que é ben coñecido que cando a
Guerra da Independencia, as potencias accidentáis e máis o bloque soviético agardaron
a que se resolvera en custión de días o problema de Oriente Medio, pola expeditiva vía
de que os exércitos árabes (sí, en plural porque foron de varios países) arranxaran o
asunto facendo desaparecer a Israel ou, dito coas palabras dos atacantes, “botando ao
mar a tódolos xudeus”. Dos países que apoiaron a constitución do Estado hebreo,
nengún deles moveu un dedo; nos voceiros e nos documentos das chancelarías consta o
que digo. Esto verbo do apoio militar. Canto ao apoio económico, merécese salientar
que foi co traballo dos propios xudeos, así dos israelíes coma dos extranxeiros, que
foron facendo o país. ¿Pode aportar o Sr. Ghaleb algún xustificante de libramento de
fondos para Israel? Sí que están documentadas a procedencia das partidas
presupuestarias dese Estado, e mesmo os fins aos que se destinaron, incluso coa
mención expresa das obras atendidas pola vía do mecenazgo. Certamente, grazas ao
desprendemento de xudeus pudentes, que os hai, pero tamén pola xenerosidade de moita
xente (incluso non xudea) que aportaron o que boamente poideron. Eu coñezo
persoalmente a algún. Pero, reitero, fundamentalmente pola laboriosidade, sensatez e
cultura presente no Estado de Israel. Porque a economía dese país baséase no saber, e
deriva das universidades, non de esa especie de lobishome que se da en chamar “o lobby
xudeu”, tan inexistente coma o lobo da Carrapuchiña Roxa. Que ninguén sensato me
veña a falar dos produtores cinematográficos ou do mito dos banqueiros xudeos. Falar
dunha oligarquía financiera xudea en base a que haxa xudeos banqueiros ou na industria
cinematografica, ven sendo coma se eu falara dos beduínos coma monopolistas da cría
de camelos. O lobby é, dito noutro senso, un dos grandes “camelos” que se manexan.
7
8. Certamente, o mundo está ao revés. Se eu me atrevera a dicir que o Sr. Ghaleb
tiña secuestrado un cidadán, con razón se me enxuiciaría e condenaría por difamación.
Pero o doutor pode decir que varios países secuestraron a un pobo e ficar tan ancho.
Claro que iso é o que o común da xente, íntimamente xudeófoba gusta de oír. E se se lle
regalan os ouvidos aos “progres” pseudos de esquerda metendo no saco a os EE.UU., o
aplauso está garantido. Coñecemos a técnica e temos experiencia desa estratexia.
E volvendo a o que tiñamos entre as mans, poñer que dende 1946 o pobo
palestino está secuestrado, cando se sabe que deixaron as suas casas movidos polos seus
propios líderes; cando rexeitaron con extrema violencia o mandato das Nacións Unidas
no tocante a asignación de territorio a Israel; cando perpetran atrocidades coma a da
Vila Olímpica de Munich (1972); o episodio do Achile Lauro (1985), ou o secuestro de
Gilad Shalit, que non pode ser visitado nen pola Cruz Vermella; se as matanzas en
restaurantes, mercados, autobuses e escolas; se cos mortíferos foguetes lanzados dende
Gaza contra da población civil; se coa fazaña de destripar –literalmente- a un detido
nunha comisaría; se con semellante currículum de barbaridades síntense secuestrados
porque o mundo civilizado os condea e mesmo Israel trata de porlles obstáculos para a
comisión desas e outras semellantes atrocidades, logo compre eliminar tódalas forzas de
seguridade e deixar que o salvaxismo campe as suas anchas, so pena de ser acusados
polo Sr. Ghaleb ou por alguén que pense coma él, de secuestradores sen atenuantes.
Segue a decir o artigo que a partires de 1948, pobos e territorios palestinos foron
ocupados por colonos chegados de todas partes, que só actuaban dacordo aos seus
intereses e ¡armados ata os dentes!, sendo así que se conculcou o dereito palestino de ter
estado propio na propia terra. Tal afirmación, deixándonos xa de cortesías estériles e
benevolencias cecucentes, é un embuste. Se fora verdade tal cousa, ¿de onde sae a
previsión, feita polos árabes, de 48 horas para eliminar ao novo Estado de Israel? Se
fora certo o que vostede di, ¿cómo é que os ingleses vedaron, bloquearon coa Royal
Navy os buques que levaban emigrantes xudeus, detiveron aos que deron chegado as
costas de Israel, e mesmo fixeron campos de concentración para internar aos emigrantes
que pretendían achegarse ao seu novo fogar. O que sí é certo –e documentado- é que o
movemento migratorio de xudeus a Israel comezou a fináis do século XIX, xuntándose
cos alí residentes e, axiña, principiando a reconstrucción do seu soño sionista. Non
violaron nada nen a ninguén, antes ben, mercaron terras e propiciaron unha achega de
inmigración de árabes pagándolles salarios moi superiores aos que percibían. Non
violaron nada nen a ninguén porque estableceronse nun territorio acordado polo
conxunto internacional, reparto territorial que consignaba espazo –maior, por certo- aos
palestinos. Non violaron o dereito dos palestinos a posuir estado propio, toda vez que
foron éstos quenes rexeitaron a repartición. Non violaron a constitución dun estado laico
e democrático para os palestinos, xa que que se ocuparon só en construilo seu propio. O
tempo amosou que o laicismo e a democracia que chegaron a darse os palestinos non
foi, senon, unha administración probadamente corrupta, un goberno dividido, un líder
que amasou unha fortuna e que exiliou a sua muller e fillos a un destino dourado (e ben
custoso), e liortas sen conto en tódolos sitios onde ficaron. Que llo pregunte aos
xordanos e tunecinos, entre outros. ¿Qué os xudeus, cristiáns e musulmáns ían vivir en
igualdade de condicións? ¿Cantas sinagogas hai en territorio palestino, e árabe en xeral?
¿Cantas mesquitas hai en Israel?. Non hai máis que dicir; non é preciso.
Que Palestina sexa a patria do pobo Árabe Palestino ninguén o discute. O que se
reclama é que se recoñeza o dereito a que Israel sexa o propio para os xudeos. Certo é
8
9. que o pobo palestino pasou por guerras e privacións, pero compre salientar que as
guerras nunca as provocou Israel senon a que vostede chama nación árabe. Os
informativos o din, non eu. Canto as masacres, xa é coñecido polos observadores
imparciáis que a propaganda antiisraelí é parte da estratexia árabe para borralo do mapa,
e, a tal fin, venlle coma anel ao dedo presentar diante do mundo a imaxe dun pobo
esnaquizado por bombardeos e vivindo na miseria. Materia prima para artellar o
espectáculo téñena abondo, xa que bástalles con parapetarse tras da poboación civil e
non tratar para nada de melloralas suas condicións de vida nos campamentos. Se todo
elo aderézase cun valado cuios poucos tramos son tomados polas cámaras da TV dende
diferentes ángulos, xa temos activada a sensiblería dos “progres” occidentáis. Xa
abonda, Sr. Ghaleb, que oculten a realidade da vida en Ramallah, dos lanzamentos de
misis dende Gaza, dos ataques a civís, da asistenza sanitaria –exquisita, vista polos
meus ollos profisionáis- que reciben os palestinos en Israel, da mofa que se fai dende o
lado palestino empregando transportes sanitarios para traslado de xente armada,
mantendo datos e estatíscas falsos, e un longo etcétera. A vostedes caelles a rego
fabricar víctimas, anque para elo lles sexa preciso sacrificar a sua propia xente.
Continúen por ese vieiro, pero lembren o que dixo Abraham Lincoln: “Podes enganar a
todo o mundo algún tempo. Podes enganar a algúns todo o tempo. Pero non podes
enganar a todo o mundo todo o tempo”. Anque, con franqueza, a vista do que hai,
pódese enganar moito tempo a moita xente verbo do que se anda a tratar, xa que non hai
interese algún en investigala verdade. Esa é a vantaxe de vostedes.
Co que segue, que ben poidera ter sido a inspiración para tiulala obra de Jean
Paul Sastre, compre facer unha especie de “caixón de xastre” e, para non facer
insoportablemente longo este escrito, prescindir de tratalas polo miúdo.
Digo, somentes, que fico totalmente de acordo coas palabras do Dr. Jaber se,
cando fala da determinación e empeño dos palestinos, está a empregar un eufemismo
para se referir a teima de destruir a Israel. Aí se que non se doblegou a sua obsesión.
Discrepo, nembargantes, coa afirmación de que non se notou que trocara moito a
situación. Sí que se notou. De entrada, agás a firma dos correspondentes tratados de paz,
Exipto recuperou a península do Sinaí e, xunto con Xordania, acadou sosego fronteirizo.
En Cisxordania, segundo foron cesando as accións terroristas, remataron tamén as
operacións militares israelíes –porque ocorre que Israel ten dereito a manter a súa propia
seguridade, ¿non sí?-. E, a máis, floreceron as relacións comerciáis entre as partes
devanditas Pese a que o calen vostedes. Os israelófobos gostan de mesturar nun
pandemonium gordiano a Gaza e a Cisxordania, e son cousas distintas. As intervencións
do Tsahal (ou das IDF en xeral) non son, xeralmente, en Cisxordania, son en Gaza e
coma resposta aos ataques contra territorio israelí. Canto as fronteiras de 1967,
¿renuncia Xordania a súa soberanía sobor de Xerusalén? Eso coma primeira reflexión.
Segunda: as fronteiras de 1967 foron alteradas coma consecuencia dunha guerra –por
certo, non provocada polos israelíes- e, por tanto, cábelle o mesmo tratamento que a
Gibraltar, Grande Bretaña e España,; que a Estados Unidos con México por Texas; que
a Rusia con Xapón polas Kuriles. Os palestinos, e o bloque árabe, rexeitaron a
internacionalizazón xerusalemitana determinada pola ONU, embarcáronse en canta
liorta sanguenta poideron contra de Israel e, segundo parece, agora que non lle miran
outra traza, pretenden voltar a unha situación aventaxada. Lémbrolle a vostede que é de
dominio público –de quen quera sabelo, claro- que en Camp David e en Oslo, os
palestinos poideron obter cáseque o cen por cento das suas reivindicacións. E o
9
10. rexeitaron. Non ían negociar, ían ao todo ou nada. Tráelles máis conta abafar a
inocentes se, con elo, eliminan a Israel. Pero ben, respecto da preocupación do
articulista porque palestinos e israelíes convivan nun Estado democrático, pode ficar
ben acougado: xa existe ese Estado no que conviven palestinos e xudeos con igualdade
de dereitos –mais os palestinos non con todas as obrigas-, con liberdade para o exercicio
profisional, e ata con grupos parlamentarios propios, segundo escolla cada quén. Ese
Estado, reitero, existe na actualidade: chámase Israel.
Respecto de que Estados Unidos consideran a Israel o estado 51 da unión, o
autor do artigo ten un penoso lapsus memoriae, xa que non lembra que os USA tiñan
embargado todo fornecemento militar a Israel ata os anos 70 do pasado século.
Somentes dispuña o Estado hebreo dos Mirage que lle vendía Francia. Do que non fala
(non compre facelo) é do armamento soviético, ou do seu bloque, de que dispuñan os
árabes, nen dos avións Mig da mesma procedencia. Dando por descontado que se trata
dun encomiable exercizo de obxectividade, penso que cando alude a guerras, asasinatos
–anque non selectivos a meirande parte deles- e apartheid, ven describindo a política
árabe de moitas décadas atrás. Supoño que co muro e os asentamentos alude a Israel.
Pero lémbrolle que cando medrou o número de atentados terroristas foi cando se
comezou o tal valado. Lémbrolle, tamén, que hai cousas semellantes en Ceuta e Melilla,
na fronteira Estados Unidos-México e noutros sitios acaso menos coñecidos. E é que os
países teñen o mal vicio de protexelo seu territorio, ¿sabe vostede, Sr. Ghaleb?
Coma ao mito do lobby xudeu xa me referín antes, non o toco máis. Podería
falar do lobby árabe (petróleo, grandes superficies comerciáis, medios de comunicación
e, mesmamente, doutros aspectos máis sensibles). Non, non o vou facer; non paga a
pena. Simplemente fágolle constar ao Sr. Ghaleb que os integrantes da comunidade
xudea en Norteamérica, non son cidadáns israelíes senon que son americanos é, xa que
logo, poden tratar de orientala política do seu país na dirección que mellor lles pareza.
¿Acaso non fan o mesmo en tódolos países democráticos os simpatizantes dunha causa
ou ideoloxía? Pola regra de tres que aplica o docto articulista, pódese falar do lobby
republicano, do demócrata, do do PSOE, do da ANP ou do de Hamás. ¿Verdade?
O que sí pregaría da cortesía e amabilidade do Dr. Jaber Ibrahim, é que non
atente contra da dignidade dos seus lectores dando por suposto que hemos de ser pouco
menos que oligofrénicos. Non lle vexo negunha outra explicación, agás esa, as
reiteradas contradiccións que pon no seu artigo. Ou a razón devandita, ou que ten tan
pelegriño xeito de aliviar as suas tensións. En efecto, a xente temos –eu inclúome entre
os estrafalarios, coma non- válvulas de escape asaz estrambóticas para relaxarnos. O
doutor ten unha rara capacidade para decir unha cousa e a oposta sen solución de
continuidade. Un ejemplo: fala de que Israel é apoiado por Francia, Alemania,
Inglaterra, EE.UU., e pódese engadir a lista Canadá, Australia, Xapón, e outros varios.
De seguido pon que (o que se salienta é meu) “…lo cierto es que esta situación no
ayuda a la causa de la paz real, y menos a Israel, para que pueda ser un estado civil,
no colonial, no racista, judío y AISLADO de los pueblos de la zona y DE LA
COMUNIDAD INTERNACIONAL” (sic). Pero imos mirar se nos clarexamos, doutor:
¿os países indicados e que apoian –nun xeito e grao ou noutro; e algún, somentes na sua
imaxinación- non forman parte da comunidade internacional? De non ter sido
expulsados dela por vostede, eu diría que son parte do tal conxunto. Se é certo que Israel
conta con apoios internacionales, ¿pódeme ilustrar verbo do que entende vostede por
illamento? Axo que será moi interesante a sua didascalía canto ao particular.
10
11. Tocante ao resto dos desexos que figuran na lista, ao aveiro do que se pode
comprobar doadamente, dígolle taxativamente que:
- Pode ficar seguro de que Israel é un Estado civil, no que tódolos
poderes (incluidos o gubernativo e o militar) están sometidos á
Ley, a ela renden contas e todos –palestinos incluidos- poden
acollerse ao seu acubillo. Xa é un Estado civil, por canto non é
nen militar, nen fundamentalista, nen anárquico. Os cidadáns
israelíes deciden por sí, non reciben ordes de ninguén e cáseque
de nengunha clase.
- Os israelíes xa hai tempo que remataron a etapa de ser colonos.
Agora é a quenda de sacar rendibilidade a sementeira que teñen
feito en agricultura, tecnoloxía, educación e tantas outras cousas
de proveito, tanto para eles coma para os máis.
- Israel non é racista. Alí conviven de xeito igualitario, segundo
mirei eu persoalmente, pretos e brancos, árabes e xudeus,
europeos, africanos e americanos, crentes e agnósticos, ricos e
humildes, homes e mulleres, practicantes do judaísmo e fieles
doutros credos, homosexuáis, heterosexuáis e lesbianas. ¿Pode
vostede, sen faltar a verdade, afirmar que suceda o mesmo
dentro da que chama nación árabe?
- Que se sorprenda de que Israel sexa estado xudeu, paréceme
incomprensible en alguén intelixente coma vostede. Pois claro
que é un Estado xudeu, coma é árabe Siria, oriental a China, e
calós os xitanos ou latinos os españois. É que hai xudeus por
raza, por relixión ou por ámbalas duas cousas. Pois claro que sí.
O que xa non se lle pode adxudicar é ser exclusivista no eido
relixioso. Alí, polo que vin e informeime dos interesados,
pódese practicar pública e protexidamente calquer creenza, ou
nengunha. O practicala ou non en público, é decisión de cada
quén. Da protección dos fiéis ocúpanse as as leis do país e as
suas autoridades.
A memoria selectiva do Dr. Ghaleb semella ser moi útil cando se trata o tema de
Israel. Así, permite esquecer cousas tan noxentas coma que Israel devolveu o Sinaí a
Exipto tras de firmarse a paz entre ámbolos dous países, que se retirou totalmente de
Gaza, territorio que, por certo, ten unha saída pola fronteira con Exipto –pechada ata
hai pouco, o que ninguén mirou coma situación asfixiante-. Di o Dr. Ghaleb que
somentes se conseguíu para os palestinos algún goberno municipal e cáseque morralla.
Que eu saiba, entroutras cousas, nos territorios palestinos teñen unhas institucións de
goberno nacional, teñen representacións diplomáticas no extranxeiro, teñen forzas
armadas de seu, recadan impostos dacordo coa normativa fiscal que lles é propia, e un
parlamento que dicta leis. Entroutras cousas. Se tales facultades son as que definen un
concello, ¡pois que ben! Seica, logo, o mundo é unha chea de concellos. ¡E pensar que
cáseque que ninguén dentre a xente estamos enterados delo!
Apunta tamén que a aportación dos países donantes non é significativo. E resulta
que procurando algunha información sobor do particular en Internet, nunha páxina
nomeada LA ECONOMÍA DE LA REGIÓN, atopéi esta nota publicada por José A.
Antón Valero quen, polo tenor das suas expresións, non me parece estar precisamente a
prol de Israel. Copio e apego o que di: “A partir de la cifra inicial de 2,1 mil millones
11
12. de dólares aprobada el 1 de octubre de 1993 en Washington, los gobiernos e
instituciones internacionales donadores elevaron la cantidad de la ayuda destinada a
Palestina a 2,4 millones, la mitad de ellos aportados por la Unión Europea y EEUU.”
Doutra banda, Wikipedia da unha poboación palestina, no ano 2001, de 5.000.000 de
habitantes, entre Cisxordania e Gaza. Se ao concello de Madrid –de similar población-
lle deran ao ano esa cantidade de cartos que os palestinos consideran calderilla, seguro
que o Alcalde madrileño pulaba de gozo. Particularmente non lle vexo traza a establecer
ligazón nengunha entre as donacións a Palestina e o financiamento da ocupación israelí
e os seus actos crimináis. De feito, non miro tales crimes por ningures. Pero ben, se non
se trata doutro amplísimo lapsus cálami do doctor, se cadra algunha vez explícamo.
Respecto a referencia que se fai verbo da decisión da ONU en canto a reparto de
territorio entre Israel e os palestinos (novembro de 1947), é cousa ben desconcertante:
por unha banda trasluce que o único Estado aceptable na zona é o palestino, con árabes,
cristiáns e xudeos (supoño que mortos, pero non pasa de ser unha suposición)
convivindo en “amizosa fraternidade”. Doutro lado, invócase un tratado que recoñece
aos dous Estados. Doutro lado, os palestinos queren ubicala sua capital en Xerusalén e o
seu voceiro, o Sr. Jaber Ibrahim, bota man dun dictame aprobado que coloca a
Xerusalén ao abeiro da administración internacional. Lémbrome dos irmáns Marx,
cando (creo que por boca de Groucho) sostiñan diante de alguén que, caso de que non
lle gustaran os seus principios, tiña outros. Canto a que persista o carácter sempre
comprometido, e abondo demostrado, dos palestinos cara a Israel, ¡Deus nos asista e,
moi en particular, aos israelíes!
E agora, se non o considera insolente, recomedaríalle que non aluda aos partidos
políticos españois. Para os seus intereses, mellor é que non deluve por aí. Se o noso
Presidente luce con toda desenvoltura unha kefiya en público, se os ataques con
foguetes só son considerados oficialmente coma algo “inapropiado”, se non se vota nos
foros internacionáis nengunha proposta condenatoria para os palestinos, se cando nos
visita unha autoridade palestina fánselle honras de Xefe de Estado, se se critica a Israel
sempre que se pode e todo o que se pode, se se lle baixan os salarios aos funcionarios e
tócanse as pensións dos xubilados pero mantense íntegra a axuda a Palestina, se se fai
todo iso, non pida máis. Somentes falta que as viaxes oficiáis as fagan baixo pasaporte
palestino e eso, cando menos polo de agora, sospeito que non vai ser. Se cadra, todo se
ha andar, pero sería máis adiante.
Parécenme encomiables os seus desexos, Sr. Jaber, canto a que di que quere
unha chea de cousas para o futuro Estado palestino. Coma eu tamén quero iso mesmo,
ouso proporlle algún remedio que posibilite que se cumpran, axiña e perdurablemente,
os seus anceios. Verá vostede o que suxiro, neste sucinto decálogo:
1) Quere –queremos- un Estado palestino consolidado de un xeito
real. Pois, ao meu ver, o primeiro sería que a propaganda
propalestina deixe as informacións tendenciosas. Ninguén
rouba nada acotío. Non hai tales cárceres e, se tal foran, ben
quixera eu ser preso nalgunha coma elas. Se non queren mortes
de civís –eu tampouco as quero- deixen de converter as
vivendas, escolas e hospitáis en instalacións paramilitares e, xa
que logo, cesen as accións bélicas executadas dende elas.
2) Desexa –desexamos- un Estado coma os máis. Pois é moi
sinxelo: pórtense coma as demáis nacións. Eu non vexo mayor
12
13. problema en que, se se quixer a paz, se faga coma se fixo
sempre, a saber: proponse un alto o fogo e fálase de establecer
condicións de paz. E vostede, Dr. Ghaleb, que é avezado home
de negocios, ben coñece que en toda negociación establécese
un razoable marxe de maniobra, e que tódalas partes perden
algo en troco de que todas, en conxunto, gañen máis do que
tiñan antes de comezar a deseñalo trato.
3) Vostede seica non quere –eu tampouco- seguir sendo nova de
violencia e traxedia, e que se constrúa na Palestina un Estado
democrático crible. Pois ben, deixen de practicala brutalidade
terrorista e de inmolar ao seu propio pobo; valeiren o encoro do
odio e afastense do encono anti-israelí. ¿Queren ser cridos?
Amosen seriedade e vontade pacifista en serio. A partires de aí,
constrúan os seus poderes lexislativo, executivo e xudicial
coma lles pete, anque, en efecto, mellor sería que fuxiran das
corruptelas e os fixeran cribles. Se queren ser ceibos, séxano; o
de elixir aos seus representantes, xa o fan, ¿ou é que llos elixen
os sionistas?
4) Busca ter relacións cos outros pobos, particularmente con
Israel. Pero mire, cando fala vostede de tal cousa, paréceme un
sarcasmo tan noxento que me percorre un arrepío de espanto.
Se as relacións palestinas co resto do mundo han ser as que
tiveron con Italia (Achile Lauro), Alemania (Vila Olímpica), e
algúns outros episodios semellantes; se a única obsesión de
vostedes é a de matar xudeus, mellor que non se relacionen con
ninguén. Se a intención é outra, ¡arre demo, fágano! Ninguén
llo impide e todos –ou case- o celebraríamos.
5) Procura –eu, igual- que os palestinos teñan subministro de luz,
auga e teléfono por sí mesmos. Unha solución podería ser que
deixaran de mercar Kasams – ou semellantes- e, en lugar de
tentar de destruir ao outro, investiran en construir o que lles fai
falta. ¿Queren ter boas estradas? Semella que Israel é da
mesma opinión; eu rodéi, camiño de Cisjordania, por unha
autoestrada que lles construía Israel e non estaba nada mal,
¿sabe? Canto as escolas seguras, tal vez fora boa idea deixar de
disparar foguetes mortáis desde as súas inmediacións. O
mesmo digo verbo dos campos de xogo que reclama. Os
hospitáis –e as ambulancias, engado- poden ser illas de paz e
saude se se deixan de convertilos en arsenáis e santabárbaras, e
en vehículos militares. E é que ocorre que tales elementos
humanitarios son inviolabéis namentres que se acollan ao uso
propio deles, segundo as leis internacionáis da guerra. Caso
contrario, deixan de estar protexidas. En Oriente Medio, ou
noutro sitio calquer. Que chegue a cumplirse o seu desexo de
ter mesquitas, non o dubido. Non estou tan seguro canto a
igrexas. Pero as sinagogas, ¿para qué as queren? ¿Para
convertilas en retretes? ¿En cortes para o gando? Vistos os
antecedentes sería bon que o clarexase.
13
14. 6) O de ter policía, xa a teñen. O asunto da orde e cousa de
vostedes. Non obstante, eu adhirome a tan louvable desexo. O
mesmo digo verbo da democracia real e das eleccións.
7) O das seleccións deportivas sen imposibles, no eido do
recoñecemento das federacións internacionáis o será cando
sexan Estado. E poden selo, porque tal o desexamos tanto as
partes implicadas coma os alleos, cando decidan dar os pasos
razonábeis (razonábeis, Dr. Ghaleb) para que o teñan. Dos
éxitos competitivos, depende de que lles nazan uns cristianos
ronaldos, iniestas ou algúns gasols. Aí non podemos intervir
nen eu, nen vostede, nen ninguén. Se acaso, enxeñeiros
xenetistas.
8) O da moeda e dos establecementos financeiros, pois penso que,
mayormente, depende (coma no resto do mundo) da sabedoría
dos propios palestinos. Parece demostrado que o mellor xeito
de acadar a prosperidade é co saber e aproveitando o tecido
productivo que se pode ter. Neste aspecto, a imaxe dos
palestinos estragando os invernadoiros en Gaza, cando a
retirada israelí do territorio, non é o mellor aval precisamente.
E o mesmo digo no caso das universidades.
9) Obviado esa especie de cheiro carpideiro que impregna o
remate do párrafo, ámbolos dous celebramos alborozados que
os palestinos queiran defendelos seus dereitos, facer fronte as
súas responsabilidades e atendelos seus deberes. Pero sería moi
positivo que o fixeran civilizadamente, non coma sicarios de
don Vito Corleone, tal coma están a facer, poñamos por caso,
co soldado Ghalit, ou cos cativos degolados recentemente, ou
cos rapaces da escola rabínica algún tempiño antes.
10) Desexa vostede –mesmamente coma mín- que se lles dé axuda.
Pois fagan por deixar os comportamentos crimináis; de facelo,
o mundo axudararios e lles amosará respecto. Senon, nos lles
quedará outra que soportar o horror das xentes civilizadas.
Se me permite parafrasealo, direlle para rematar que moitos reclamamos o noso
dereito a xulgar feitos. Somentes faltaría.
Conclúo tomándome a liberdade de darlle un consello, se ben estou convencido
de que xa o coñece: pódense, e débense, defendelos propios ideáis e a xente que nos
sexa próxima. Pero é de honra facelo limpamente. Botar man de medios tales que as
acusacións falsas ou a verdades parciáis ten un nome moi feo: chámase difamación.
Perantes de por o derradeiro punto a este escrito, e pese as nosas evidentes
diverxencias, permítame saudalo coa consideración que me merece.
Manuel S. Pérez Millos.
14