SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 2
EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA 4º ESO

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

A celebración do día 8 de marzo
O día 8 de marzo conmemórase en numerosos países do mundo como o Día
internacional da muller traballadora. Esa data foi escollida na honra das traballadoras
dunha fábrica textil de Nova Iorq que a comezos do século XX se atopaban en folga,
protestando polas duras condicións do seu traballo e polos seus baixos salarios. Máis
dun centenar delas morreron un 8 de marzo na fábrica como consecuencia dun incendio
provocado polos seus xefes para acalar as protestas das traballadoras.
Na actualidade, esta data ten un dobre significado: por unha banda, é a celebración dos
logros feministas na súa loita pola igualdade entre homes e mulleres, e pola outra banda,
é un día para reivindicar ou chamar a atención sobre certos aspectos nos cales as
mulleres aínda son discriminadas en comparación cos homes.
 A historia do movemento feminista
Malia que hai varias correntes de feminismo, en xera,l pódese definir o feminismo como
a crenza de que as mulleres deben ter os mesmos dereitos ca os homes; dereitos
económicos, políticos, sociais, sexuais ou legais iguais ca os dos homes.
O movemento feminista naceu a finais do século XVIII, coa Revolución Francesa,
cando algunhas pensadoras comezaron a tomar conciencia da discriminación das
mulleres e decidiron loitar para poñer fin a esa inxustiza e acadar certos dereitos para as
mulleres. Destacan as filósofas Olympe de Gouges e Mary Wollstonecraft.
No século XIX os principais esforzos do feminismo centráronse na reivindicación do
dereito ao voto para a muller. Este movemento recibiu o nome de sufraxismo e logrou
ese dereito en diferentes países occidentais ao longo do século XX. Por exemplo, en
España o sufraxio feminino foi obtido en 1931, durante a Segunda República aínda que
este dereito, así coma outros moitos, foron abolidos durante o posterior réxime de
Franco. Feministas importantes deste movemento foron Concepción Arenal, Emilia
Pardo Bazan e Clara Campoamor no noso país e Lucrecia Mott ou E. Cady Stanton a
nivel internacional.
O século XX é especialmente importante para o feminismo pois nel aparecen numerosas
correntes feministas, con enfoques variados e alcánzanse moitos obxectivos da loita
pola equiparación de xénero.
En xeral, durante ese século, as mulleres feministas loitaron polo dereito a ter acceso á
educación, a posuír propiedades (xa que até entón non podían telas sen as compartir cun
home, xa fose marido, irmán, etc), a traballar fóra do fogar (posto que moitas mulleres
non se sentían satisfeitas nin realizadas só desempeñando o rol ou o papel de nais e
esposas). Asemade, reivindicaron tamén o mesmo salario ca un home cando
desempeñaban o mesmo traballo e a liberdade para poder planificar a súa familia, isto é,
poder ter liberdade sexual, acceso aos anticonceptivos e ao aborto. Autoras destacadas
do século XX foron Simone de Beauvoir, Betty Friedan ou Carol Gilligan.
Actualmente no noso país, a maioría destes dereitos están recoñecidos na lei, pero na
vida real a discriminación aínda continúa xa que seguimos a vivir nunha sociedade
patriarcal onde perviven moitos prexuízos e estereotipos sobre os roles ou papeis
tradicionais que homes e mulleres deben desempeñar na sociedade.
A modo de exemplo: só o 6% dos postos directivos das empresas máis importantes
están ocupados por mulleres.
As mulleres gastan, de promedio, moito máis tempo que os homes na realización das
tarefas domésticas e no coidado dos fillos.
En certos países, tamén de Occidente, como os Estados Unidos ou Gran Bretaña, cando
unha muller casa perde o seu apelido e pasa a utilizar o do marido.


                                            1
ACTIVIDADES
1.- Define os seguintes conceptos:
Discriminación              Feminismo               Sufraxismo               Prexuízo

2.- Pon ti 3 exemplos máis de situacións onde aínda non exista unha igualdade real entre
homes e mulleres.

3.-Pon agora 3 exemplos de cousas que poidas facer ti para haxa máis igualdade entre
os dous xéneros.

4.- Escolle un anuncio ou serie de televisión e analiza os papeis que interpretan neles os
homes e as mulleres. Son igualitarios? Encasillan a homes e mulleres en certos
estereotipos ou tarefas? Que atributos se destacan nos homes e nas mulleres?

5.- Que mensaxen queren transmitir as seguintes viñetas:




6.- Cales son as ideas principais do seguinte texto? Estás de acordo con esas ideas? Por
que?
“Vivimos nunha cultura que nos infantiliza. Para a nosa sociedade as mulleres son
obxectos sexuais, decorativos, domésticos ou funcionais. O supostamente feminino
resúmese en vivir a vida do outro e a través dos outros: os fillos, a parella, os pais,
infinitas telenovelas. Xunto coa subordinación ao outro medra a inseguridade propia e
os sentimentos de desvalorización.
A muller debe converterse en transformadora da súa propia historia. Comezar a ser dona
do seu tempo e do seu espazo”.
                      L. Mizrahi, La mujer transgresora. Emecé, Barcelona, 1992




                                            2

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Andere mochten auch (14)

Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario
Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionarioAnalizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario
Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario
 
Derechos
DerechosDerechos
Derechos
 
8 marzo
8 marzo8 marzo
8 marzo
 
Burka
BurkaBurka
Burka
 
Memoria de mulleres
Memoria de mulleresMemoria de mulleres
Memoria de mulleres
 
Carteis sobre violencia de xénero
Carteis sobre violencia de xéneroCarteis sobre violencia de xénero
Carteis sobre violencia de xénero
 
Mujeres importantes en la historia de Marruecos
Mujeres importantes en la historia de MarruecosMujeres importantes en la historia de Marruecos
Mujeres importantes en la historia de Marruecos
 
Poema de jenny 1
Poema de jenny 1Poema de jenny 1
Poema de jenny 1
 
O centro de información á muller
O centro de información á mullerO centro de información á muller
O centro de información á muller
 
Programa de traballo
Programa de traballoPrograma de traballo
Programa de traballo
 
Boli peques
Boli pequesBoli peques
Boli peques
 
Boli mayores
Boli mayoresBoli mayores
Boli mayores
 
Manual perspectiva de xénero docentes 2
Manual perspectiva de xénero docentes 2Manual perspectiva de xénero docentes 2
Manual perspectiva de xénero docentes 2
 
Pásalle a Maruxa
Pásalle a MaruxaPásalle a Maruxa
Pásalle a Maruxa
 

Ähnlich wie 8 marzo (4º eso)

Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feministaEva Garea
 
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAREME BUDIÑO
 
Mirando quen falta
Mirando quen faltaMirando quen falta
Mirando quen faltatowanda
 
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02Tuno98
 
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02Tuno98
 
Igualdade de xénero (feminismo)
Igualdade de xénero (feminismo)Igualdade de xénero (feminismo)
Igualdade de xénero (feminismo)Tuno98
 
O dereito a decidir
O dereito a decidirO dereito a decidir
O dereito a decidircigformacion
 
Proxecto igualdade
Proxecto igualdadeProxecto igualdade
Proxecto igualdadeLuisa
 
Breve historia dos feminismos occidentais
Breve historia dos feminismos occidentaisBreve historia dos feminismos occidentais
Breve historia dos feminismos occidentaismarcendon
 
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegaTeresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegamackerel100
 
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.Ismael Vide González
 
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIAPOR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIAConchi Casas
 

Ähnlich wie 8 marzo (4º eso) (20)

O movemento feminista
O movemento feministaO movemento feminista
O movemento feminista
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Muller
MullerMuller
Muller
 
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
 
Mirando quen falta
Mirando quen faltaMirando quen falta
Mirando quen falta
 
Historia do Movimento Feminista
Historia do Movimento FeministaHistoria do Movimento Feminista
Historia do Movimento Feminista
 
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02
 
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02
Igualdadedexnerofeminismo 121124092255-phpapp02
 
Igualdade de xénero (feminismo)
Igualdade de xénero (feminismo)Igualdade de xénero (feminismo)
Igualdade de xénero (feminismo)
 
Muller ao longo da Historia
Muller ao longo da HistoriaMuller ao longo da Historia
Muller ao longo da Historia
 
O dereito a decidir
O dereito a decidirO dereito a decidir
O dereito a decidir
 
Proxecto igualdade
Proxecto igualdadeProxecto igualdade
Proxecto igualdade
 
365 días de respeto e igualdade
365 días de respeto e igualdade365 días de respeto e igualdade
365 días de respeto e igualdade
 
Breve historia dos feminismos occidentais
Breve historia dos feminismos occidentaisBreve historia dos feminismos occidentais
Breve historia dos feminismos occidentais
 
O movemento feminista.
O movemento feminista.O movemento feminista.
O movemento feminista.
 
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegaTeresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
 
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
 
Papel da muller
Papel da mullerPapel da muller
Papel da muller
 
El Planeta Americano De Vicente Verdú Diana Babarro­ 0910
El Planeta Americano De Vicente Verdú Diana Babarro­ 0910El Planeta Americano De Vicente Verdú Diana Babarro­ 0910
El Planeta Americano De Vicente Verdú Diana Babarro­ 0910
 
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIAPOR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
 

Mehr von educacionenigualdade (18)

Sexo con seso
Sexo con sesoSexo con seso
Sexo con seso
 
Artigo habitos sexuales de los gallegos
Artigo habitos sexuales de los gallegosArtigo habitos sexuales de los gallegos
Artigo habitos sexuales de los gallegos
 
Nuestro cuento[1]
Nuestro cuento[1]Nuestro cuento[1]
Nuestro cuento[1]
 
Iguales parahoy bachillerato
Iguales parahoy bachilleratoIguales parahoy bachillerato
Iguales parahoy bachillerato
 
Iguales parahoy 3y4eso
Iguales parahoy 3y4esoIguales parahoy 3y4eso
Iguales parahoy 3y4eso
 
Iguales parahoy 1y2eso
Iguales parahoy 1y2esoIguales parahoy 1y2eso
Iguales parahoy 1y2eso
 
Atentado conta a saude
Atentado conta a saudeAtentado conta a saude
Atentado conta a saude
 
As mestras e a literatura
As mestras e  a  literaturaAs mestras e  a  literatura
As mestras e a literatura
 
Actividades secundaria
Actividades secundariaActividades secundaria
Actividades secundaria
 
28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria
 
8 anexo
8 anexo8 anexo
8 anexo
 
7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica
 
6 alimentacion e cociña basica
6 alimentacion e cociña basica6 alimentacion e cociña basica
6 alimentacion e cociña basica
 
5 organización, compra e limpeza
5 organización, compra e limpeza5 organización, compra e limpeza
5 organización, compra e limpeza
 
4 modelos de socialización
4 modelos de socialización4 modelos de socialización
4 modelos de socialización
 
3 as relacións e negociacións dentro da parella
3 as relacións e negociacións dentro da parella3 as relacións e negociacións dentro da parella
3 as relacións e negociacións dentro da parella
 
2 corresponsabilidade
2 corresponsabilidade2 corresponsabilidade
2 corresponsabilidade
 
1 uso do tempo e do espazo
1 uso do tempo e do espazo1 uso do tempo e do espazo
1 uso do tempo e do espazo
 

8 marzo (4º eso)

  • 1. EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA 4º ESO 8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA A celebración do día 8 de marzo O día 8 de marzo conmemórase en numerosos países do mundo como o Día internacional da muller traballadora. Esa data foi escollida na honra das traballadoras dunha fábrica textil de Nova Iorq que a comezos do século XX se atopaban en folga, protestando polas duras condicións do seu traballo e polos seus baixos salarios. Máis dun centenar delas morreron un 8 de marzo na fábrica como consecuencia dun incendio provocado polos seus xefes para acalar as protestas das traballadoras. Na actualidade, esta data ten un dobre significado: por unha banda, é a celebración dos logros feministas na súa loita pola igualdade entre homes e mulleres, e pola outra banda, é un día para reivindicar ou chamar a atención sobre certos aspectos nos cales as mulleres aínda son discriminadas en comparación cos homes. A historia do movemento feminista Malia que hai varias correntes de feminismo, en xera,l pódese definir o feminismo como a crenza de que as mulleres deben ter os mesmos dereitos ca os homes; dereitos económicos, políticos, sociais, sexuais ou legais iguais ca os dos homes. O movemento feminista naceu a finais do século XVIII, coa Revolución Francesa, cando algunhas pensadoras comezaron a tomar conciencia da discriminación das mulleres e decidiron loitar para poñer fin a esa inxustiza e acadar certos dereitos para as mulleres. Destacan as filósofas Olympe de Gouges e Mary Wollstonecraft. No século XIX os principais esforzos do feminismo centráronse na reivindicación do dereito ao voto para a muller. Este movemento recibiu o nome de sufraxismo e logrou ese dereito en diferentes países occidentais ao longo do século XX. Por exemplo, en España o sufraxio feminino foi obtido en 1931, durante a Segunda República aínda que este dereito, así coma outros moitos, foron abolidos durante o posterior réxime de Franco. Feministas importantes deste movemento foron Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazan e Clara Campoamor no noso país e Lucrecia Mott ou E. Cady Stanton a nivel internacional. O século XX é especialmente importante para o feminismo pois nel aparecen numerosas correntes feministas, con enfoques variados e alcánzanse moitos obxectivos da loita pola equiparación de xénero. En xeral, durante ese século, as mulleres feministas loitaron polo dereito a ter acceso á educación, a posuír propiedades (xa que até entón non podían telas sen as compartir cun home, xa fose marido, irmán, etc), a traballar fóra do fogar (posto que moitas mulleres non se sentían satisfeitas nin realizadas só desempeñando o rol ou o papel de nais e esposas). Asemade, reivindicaron tamén o mesmo salario ca un home cando desempeñaban o mesmo traballo e a liberdade para poder planificar a súa familia, isto é, poder ter liberdade sexual, acceso aos anticonceptivos e ao aborto. Autoras destacadas do século XX foron Simone de Beauvoir, Betty Friedan ou Carol Gilligan. Actualmente no noso país, a maioría destes dereitos están recoñecidos na lei, pero na vida real a discriminación aínda continúa xa que seguimos a vivir nunha sociedade patriarcal onde perviven moitos prexuízos e estereotipos sobre os roles ou papeis tradicionais que homes e mulleres deben desempeñar na sociedade. A modo de exemplo: só o 6% dos postos directivos das empresas máis importantes están ocupados por mulleres. As mulleres gastan, de promedio, moito máis tempo que os homes na realización das tarefas domésticas e no coidado dos fillos. En certos países, tamén de Occidente, como os Estados Unidos ou Gran Bretaña, cando unha muller casa perde o seu apelido e pasa a utilizar o do marido. 1
  • 2. ACTIVIDADES 1.- Define os seguintes conceptos: Discriminación Feminismo Sufraxismo Prexuízo 2.- Pon ti 3 exemplos máis de situacións onde aínda non exista unha igualdade real entre homes e mulleres. 3.-Pon agora 3 exemplos de cousas que poidas facer ti para haxa máis igualdade entre os dous xéneros. 4.- Escolle un anuncio ou serie de televisión e analiza os papeis que interpretan neles os homes e as mulleres. Son igualitarios? Encasillan a homes e mulleres en certos estereotipos ou tarefas? Que atributos se destacan nos homes e nas mulleres? 5.- Que mensaxen queren transmitir as seguintes viñetas: 6.- Cales son as ideas principais do seguinte texto? Estás de acordo con esas ideas? Por que? “Vivimos nunha cultura que nos infantiliza. Para a nosa sociedade as mulleres son obxectos sexuais, decorativos, domésticos ou funcionais. O supostamente feminino resúmese en vivir a vida do outro e a través dos outros: os fillos, a parella, os pais, infinitas telenovelas. Xunto coa subordinación ao outro medra a inseguridade propia e os sentimentos de desvalorización. A muller debe converterse en transformadora da súa propia historia. Comezar a ser dona do seu tempo e do seu espazo”. L. Mizrahi, La mujer transgresora. Emecé, Barcelona, 1992 2