SlideShare a Scribd company logo
1 of 103
• Coordenadas xeográficas: 
6º44´ e 9º18´ lonxitude Oeste - 41º4´´e 43º48´ latitude Norte
1. Dominio do clima oceánico 
2. Temperaturas suaves todo o ano: 
10º – 18º. Veráns suaves e 
invernos frescos ( 5º - 12º 
3. Precipitacións abundantes todo 
o ano, que poden superar, na 
franxa litoral, os 2000 mm. 
4. Oscilación térmica baixa, 
aumenta no interior.
1 - Latitude 
Influencia da ubicación latituduinal 
galega en torno ás latitudes medias 
Posición excéntrica que favorece o 
carácter oceánico. 
Equilibrio do balance enerxético
2- A dinámica atmosférica 
Efectos da circulación do “Jet Stream” (circulación 
en altura). Galicia atópase baixo a influencia da 
circulación xeral das latitudes medias. Esta 
circulación está dirixida en altura polos 
desprazamentos estacionais da jet-stream ou 
corrente en chorro, e en superficie polos 
centros de acción, as masas de aire e as 
frontes. Como consecuencia destas 
alternancias existe unha grande variabilidade dos 
estados da atmosfera. 
Masas de aire: 
1. Ártico Marítimo 
2. Polar Marítimo 
3. Tropical marítimo 
4. Masas euroasiáticas 
Centros de acción: 
a) Anticiclón termodinámico das Azores (abrigo 
aerolóxico de verán) 
b) Depresión de Islandia (frío e chuvia) 
c) Anticiclóns térmicos centroeuropeos 
(anticiclón siberiano) (frío en Galicia)
1. O Aire Polar Marítimo (Pm) caracterízase pola súa elevada humidade; o seu rexistro térmico é diferenciado a causa do 
seu lugar de orixe. Presenta condicións de inestabilidade que favorece as precipitacións. 
2. Aire Polar Continental (Pc) procede do interior do continente europeo. É un aire moi frío, seco e estábel. Produce 
tempo frío e soleado. 
3. Aire Tropical Marítimo (Tm) Ten a orixe no Atlántico, na zona dos Azores. Cálida e húmida. Propicia temperaturas altas 
no verán. 
4. Aire Tropical Continental (Tc) Orixinario do norte do continente africano é moi cálido, mais de elevada sequidade e 
estabilidade. 
En menor medida as masas de Aire Ártico poden afectar a Galicia. As de tipo Ártico Continental (Ac) procedentes do 
noroeste de Europa, son extremadamente frías e secas. O Aire Ártico Marítimo (Am) é moderadamente húmido e moi frío 
pola súa orixe sobre a cubeta ártica. No seu desprazamento cara ao sur convértese nunha masa moi inestábel. A súa 
chegada a Galicia pode provocar treboadas de neve. A presenza das masas de Aire Polar Ártico en Galicia prodúcese de 
xeito esporádico, sendo responsábel da formación de xeadas no litoral e dunha maior rigorosidade 
invernal do interior.
3 - A altitude e O papel do relevo 
A disposición, altura e a variedade de relevo (horst e 
graben) xunta á orientación do relevo costeiro facilita e 
favorece as precipitacións orográficas
4 - A proximidade do Mar: 
O efecto do Atlántico como atenuador dos 
contrastes climáticos. A proximidade do mar 
atenúa a oscilación térmica, suaviza as 
temperaturas altas e mínimas e aporta maior 
humidade (risco de precipitación e 
nubosidade). 
A medida que nos alonxamos do litoral a 
continentalidade favorece as variacións 
climáticas conducindo a valores 
suboceánicos e mediterráneos así como o 
efecto da altitude nas serras orientais.
O total das precipitacións, o seu ritmo anual e 
os días de chuvia constitúen os puntos 
principais nos que artellar a análise das 
precipitacións. O dominio oceánico en Galicia 
recibe no seu conxunto máis de 800 mm 
anuais de precipitación, aínda que os volumes 
pluviométricos varían entre as zonas. A 
compartimentación do relevo aparece como 
un elemento esencial na riqueza de variacións 
locais rexistradas. 
O sector comprendido entre a Ría de Cedeira e 
a de Muros é o menos regado, cuns totais 
inferiores a 1500 mm, aínda que a maior parte 
está comprendida entre 1000 e 1250 mm. Ao 
sur de Fisterra as rías de Corcubión e de Muros 
e Noia mellor expostas ás correntes do SO 
incrementan as súas precipitacións ate se 
aproximar os 1500 mm. Os totais 
pluviométricos máis elevados de Galicia 
recíbense nas Rías Baixas, plataformas 
occidentais e Dorsal occidental onde se 
superan os 1500 mm.
TIPOS DE 
PRECIPITACIÓNS:
Vídeo: El Tiempo Canal Sur MeteoRuta 'El Efecto Foehn‘
Unha das rexións mais chuviosas de Europa 
Occidental. 
Forte peso da precipitación orográfica 
Influxo das masas oceánicas (forte humidade) 
Orientación e altitude do relevo
Media de PPmm = 1180mm. 
Desigualmente repartida 
Outono e inverno son as 
estacións mais chuviosas 
Distribución provincial das PPmm 
Desigualmente repartida: 
Pontevedra, Coruña,Lugo e Ourense
TºM anual = 13 - 14º 
Inverno 8,5º 
Outono 11º 
Verán 19º 
Primaveira 15º
Réxime ombrométrico é o resultado da 
combinación dos datos pluviométricos e 
termométricos. 
Con el, obtemos información de valor para 
comprender os dominios climáticos de cada 
territorio ao tempo que condiciona o tipo de 
paisaxe climática e de especies dominantes 
en cada unha delas.
a. INUNDACIÓNS 
Provocadas por chuvias duradeiras ou 
torrenciais 
Efectos debastadores por a combinación de 
factores naturais: relevo, solos, etc; e 
humáns (ocupación do territ.)
b. Secas 
A escaseza de precipitacións no período de 
outono- inverno poden ter fortes 
consecuencias dende o punto de vista dos 
efectos ecolóxicos e socioeconómicos. 
Por o xeral estas secas danse como 
consecuencia do bloqueo atmosférico 
baixo efectos de masas de alta presión.
c. Extremos termométricos 
Vagas de frío e calor 
Vaga de frío provocada por masas polares 
oceánicas de dirección N ou Nw , pero sobre 
todo, por masas frías do NE, de tipo 
continental e procendentes de Europa. A 
coincidencia destas masas con altas presións 
favorecen o forte descenso das temperaturas. 
As vagas de calor, por o contrario veñen de 
dirección S e SW. Moi activas especialmente 
no verán aproveitando o abrigo que fai a 
posición setentrional do Anticiclón das Azores. 
No caso da chegada de masas do S, 
procedentes do Norte de África pode dar 
lugar ao que se coñece como “chuvias de 
barro”, isto son, precipitacións provocadas por 
a forte evaporación acompañadas de 
partículas de pó procedentes do deserto.
Entrada de masas de aire moi 
cálido e seco, procedentes do N. 
de África. 
Forte aumento das temperaturas.
27 Xuño de 2012. Fuente, ElPaís
Entrada de masas de aire moi 
frío e seco, procedentes do N. 
de Europa. (Anticiclón Siberiano) 
Forte descenso das temperaturas. 
Propicia fortes xeadas.
Exemplo de Xeada a través dos datos das estacións meteorolóxicas de A 
Xunqueira e Pedro Murias, Burela 
Estación En Feb Mar AbrilMay Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic Anual 
Xunqueir 
a 
0 2 0 0 0 0 0 0 0 0 0 12 14 
Pedro 
Murias 
0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 7 7 
http://www.burela.org/agenda21/01-02.htm
Diario ABC Día 01/02/2012 - 19.26h
O clima oceánico 
A suavidade térmica do chafrán NO 
A forte pluviosidade das Rías Baixas 
O clima húmido das plataformas 
occidentais 
O clima da meseta lucense 
O clima da Mariña 
O clima suboceánico 
O clima suboceánico das depresións 
A montaña suboceánica 
A existencia de climas urbanos 
Fonte: Pérez Alberti
http://www.vexetaciondegalicia.es/xer-unidades.html
A excepción da fraxa suroriental (mais 
continentalizado e mediterraneizado), 
Galicia presenta pouco contraste 
debido ao efecto moderador do mar.
Clima Oceánico 
Esténdese polas provincias occidentais e a de Lugo a excepción da depresión de Monforte de Lemos. Todo este 
conxunto está dominado pola suavidade térmica, por uns réximes pluviométricos contrastados, por uns 
balances hídricos só deficitarios durante dous meses de verán e pola escasa presenza de vexetación 
mediterránea. 
Vila de Noia 
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/2e/Villa_de_Noia,_Noia.png
Vila de Cee 
http://www.ayuntamiento.org/cee.htm 
A suavidade térmica do chafrán NO 
O litoral comprendido entre o Cabo 
Fisterra e a Ría de Cedeira ten uns 
caracteres particulares determinados á 
vez pola influencia directa do mar sobre 
as temperaturas e pola súa situación de 
abrigo con relación ás correntes 
perturbadas do SO. A suavidade térmica 
deste treito costeiro está marcado pola 
débil oscilación estacional, ademais de 
ter unhas medias anuais entre os 13º- 
15ºC. 
Durante a época invernal as 
temperaturas medias mensuais superan 
case sempre os 9º e nas condicións máis 
favorábeis son iguais ou superiores a 
10º. Esta suavidade coñece numerosos 
días sombríos e chuviosos que aportan 
uns totais pluviométricos baixos con 
relación os das Rías Baixas, aínda que 
distribuídos en grande número de 
xornadas, sobre150 días, que se 
prolongan de Outubro a Abril e se 
orixinan fundamentalmente con 
situacións do NO e N. A zona rexistra un 
déficit hídrico nos meses de verán 
condicionado pola ausencia das 
precipitacións durante ese período.
Ría de Arousa 
http://www.minube.com/fotos/rincon/95058/474747 
A forte pluviosidade das Rías Baixas 
Derivado da exposición favorábel aos fluxos do SO e a proximidade ao mar de relevos costeiros, como os das 
penínsulas de Barbanza, O Morrazo e O Salnés, a zona das Rías Baixas caracterízase por unha alta pluviosidade. 
Como media anual rexístranse entre 140 e 150 días de chuvia. Concéntranse principalmente na estación 
invernal (meses de Xaneiro e Febreiro). A importancia que cobra a insolación cara o Sur, ao superar o 50% de 
insolación real deixase sentir nas temperaturas medias mensuais, sendo así que a media do mes máis cálido se 
aproxima aos 20º C.
O clima húmido das plataformas occidentais 
As penechairas situadas entre os 200 e 500 metros de altitude que se localizan no oeste da Dorsal da Galicia 
occidental opóñense ás rexións litorais, máis que polas súas abundantes precipitacións, entre 1500 mm e 
2000 mm, pola escasa sequidade que se produce na estación cálida. O aporte principal das abundantes 
precipitacións pode variar entre finais de outono e finais de inverno e un secundario de maio aparece 
claramente no sur da Coruña e norte de Pontevedra. 
O trazo diferenciado é a lixeira continentalización que se produce nos réximes térmicos. Durante o inverno é 
cando se manifestan claramente as diferencias térmicas con relación á costa. A media está por debaixo de 4º 
C o que acentúa as posibilidades de que se produzan xeadas nocturnas de xeito considerábel. 
Forcarei 
http://www.minube.com/fotos/rincon/85496/425927
O clima da meseta lucense 
A caracterización da meseta lucense está condicionada por unha situación de abrigo; a que exerce a Dorsal 
occidental. Toda esta área mesetaria recibe unha media de 1000-1250 mm que aparecen repartidos entre 
130-140 días de chuvia. O ciclo anual das chuvias resólvese nunha concentración que flutúa de finais de 
outono a finais de inverno e un máximo secundario en maio. A degradación térmica maniféstase nas medias 
anuais 11-12º C, e increméntase a oscilación entre as máximas e mínimas absolutas desde os 25º até 0º C. 
A Terra Chá 
http://www.fotosdegalicia.es/galiciaenfotos/index.php/lugo/terracha/migbarro-montouto_06
Viveiro 
http://www.masmar.net/esl/Gu%C3%ADas/Derroteros/Cant%C3%A1brico.-Galicia/Costa-Cant%C3%A1brica-de-Galicia/R%C3%ADa-de-Viveiro.-Puerto-de-Celeiro 
O clima da Mariña 
Os volumes pluviométricos atenúanse ao longo da liña de costa entre Estaca de Bares e Ribadeo. As 
precipitacións son, pois, equiparábeis ás da meseta lucense, mais cun réxime pluviométrico caracterizado 
por un máximo principal a finais do outono e comezos de inverno. A temperatura media anual é a máis 
fresca de todo o litoral galego con valores entre 12º-13º C.
Chantada 
http://www.panoramio.com/photo/26636991 
O clima suboceánico 
A compartimentación do relevo contribúe a multiplicar a variedade de 
situacións que se poden aglutinar en dous conxuntos principais: os 
enclaves suboceánicos das depresións e a montaña suboceánica. A área 
xeográfica afectada encóntrase fundamentalmente na provincia de 
Ourense e en menor proporción nas de Lugo e Pontevedra.
Barbadás 
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f6/San_Xo%C3%A1n_de_Barbad%C3%A1s.JPG 
O clima suboceánico das depresións 
A situación de abrigo da meseta lucense acentúase cara o 
Sur pola maior enerxía que cobra o relevo da Dorsal 
occidental en Pontevedra, onde a Serra do Faro, Montes do 
Testeiro e Serra do Suído culminan a máis de 1000 m. 
Nestas depresións máis ou menos afundidas a influencia 
do océano chega atenuada, orixinando caracteres 
climáticos mediterráneos. A distinta altitude que 
presentan estas bacías illadas altera as súas condicións 
térmicas. As situadas entre 200-400 metros caracterízanse 
por un clima seco de matiz cálido, pola contra as situadas a 
600 metros presentan un clima seco de matiz frío. Entre as 
de matiz cálido atopamos a de Ourense, que rexistra uns 
totais pluviométricos inferiores a 600 mm. O período 
hiperhúmido redúcese a 5 meses, de Novembro a Marzo. 
En cambio, Xullo e Agosto rexistran o cualificativo de 
áridos. 
Se o inverno é lixeiramente máis frío que na costa, o verán 
é bastante mais cálido, rebasando a media das máximas os 
25º C. Este comportamento térmico pon de manifesto a 
influencia dos trazos mediterráneos sobre os oceánicos, de 
xeito claro no período estival. Nas depresións situadas por 
riba dos 600 m., a altitude condiciona unha maior 
continentalización das temperaturas, sendo posíbel que se 
rexistren temperaturas mínimas absolutas baixo cero 
durante todo o ano. De Decembro a Febreiro inclusive, as 
medias térmicas das mínimas van ser inferiores a 1º C. 
Xullo ten unha temperatura media de 17,8º C e as máximas 
absolutas medias deste mesmo mes e de Agosto son de 
26,2º C.
A montaña suboceánica 
Nos sectores máis montañosos de Galicia, serras de Queixa, San Mamede, Segundeira, Ancares, Courel, o 
aspecto diferenciado que é preciso sinalar radica nos ritmos estacionais contrastados que se rexistran, con 
invernos fríos e húmidos e os veráns relativamente secos, con días alorosos e noites frescas. 
A asociación de temperaturas baixas e unha forte humidade son determinantes do mal tempo reinante en 
inverno. A altura deixase sentir nos numerosos días de neve que se producen entre Novembro e Abril. 
Durante o período estival as temperaturas teñen superado os 30º C durante o día con caídas ate 1º C 
durante a noite. As precipitacións redúcense, rexistrándose déficits hídricos nalgunhas zonas. 
O Chao, Serra da Queixa 
http://www.miradanatural.es/galerias/paisaje/rafael-estevez-rodriguez/o-chao-serra-da-queixa/10/74531/
Vigo 
http://en.wikipedia.org/wiki/Vigo 
A existencia de climas urbanos 
O crecemento das cidades incide nos trazos climáticos locais. A topografía, a rede urbana, o tamaño do 
espazo urbano e as emisións derivadas da actividade humana como a circulación, sistemas de calefacción 
son elementos que alteran as condición climáticas no interior das cidades. A temperatura é un dos 
valores onde podemos percibir, de xeito claro, a influencia do espazo urbano nas condicións climáticas 
zonais. A temperatura no centro urbano pode acadar entre 1-1´6 º C máis que nas zonas non urbanas 
próximas. Fórmanse así o que se denominan como illas de calor urbanas, causadas principalmente pola 
capacidade do asfalto e dos edificios de acumular calor polo día, calor que van liberando pola noite. En 
cidades como A Coruña e Vigo, diversos estudos constataron a formación destas illas de calor nos seus 
centros. O vento e a súa dirección son outros dos factores que resultan alterados no ámbito urbano 
aparecendo como causa principal desta alteración a configuración da trama urbana.
Áreas vexetais 
Eurosiberiana:ocuapa 
case todo o territorio 
galego dende o 
nordeste ata o litoral 
das Rías Baixas. 
Mediterránea: ocupa a 
franxa centro e 
sudoriental do país.
http://www.vexetaciondegalicia.es/xer-unidades.html 
ESPECIE VEXETAL Mmt Tt Mti Mts Sti Sts Ot 
Pradairo de Montpellier (Acer monspessulanum) 
Érbedo (Arbutus unedo) 
Castiñeiro (Castanea sativa) 
Carpaza moura (Cistus ladanifer) 
Carpaza(Cistus psilosepalus) 
Carpaza (Cistus salviifolius) 
Clemátide (Clematis vitalba) 
Cysitus oromediterraneus 
Trovisco (Daphne gnidium) 
Echinosparitum lusitanica 
Faia (Fagus sylvatica) 
Freixo (Fraxinus angustifolius) 
Piorno falcata (Genista falcata) 
Piorno espiñento (Genista hystrix) 
Genista obtusiramea 
Lúpulo (Humulus lupulus) 
Cimbro (Juniperus alpinus) 
Loureiro (Laurus nobilis) 
Cantroxo (Lavanda stoechas subsp. sampaiana) 
Oliveira (Olea europaea var. sylvestris) 
Retama loca (Osyris alba) 
Escornacabras (Pistacia terebinthus) 
Lentella (Phillyrea angustifolia) 
Loro (Prunus lusitanica) 
Aciñeira (Quercus ilex) 
Carballo (Quercus robur) 
Sobreira (Quercus suber) 
Capudre (Sorbus aucuparia) 
Toxo (Ulex europaeus) 
Arandeira (Vaccinium uliginosum) 
Presente 
Abundante
Árbores
Forman parte de las plantas denominadas 
pteridófitas (plantas con hojas como plumas), 
aunque en ellas se incluyen unos cuantos 
grupos más. Si la característica que han 
observado los científicos para agruparlas 
(taxonomía) es que son plantas sin flor 
(criptógamas). Lo que las diferencia de las 
demás es que si tienen tejidos diferenciados 
(tallo, raíz, hojas o frondes), cada uno de los 
cuales realiza su propia función (criptógamas 
vasculares). A algunos de ellos se les considera 
como fósiles vivientes de los que han 
evolucionado las demás plantas con flores que 
hoy son más abundantes. Entre las muchas 
otras características que comparten los 
helechos con otros grupos afines es su 
ecología, pues en todos los casos aún necesitan 
del agua para completar su ciclo de 
reproducción, como sucede en las plantas 
inferiores. Su ciclo reproductivo, muy complejo, 
tiene una fase con esporas que también 
necesitan del agua para su dispersión. En 
primavera la parte reproductora o esporófito 
emerge del suelo dando lugar a formas muy 
bellas en sus frondes. - See more at: 
http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/tag/fen 
tos/#sthash.MtCwQbwq.dpuf
Unha parte importante do territorio de Galicia 
a ser incluída dentro da definición europea de 
“área deprimida” de agricultura de montaña 
http://www.galicia2010.com/texto_medio_ambiente2.htm
Fortes pendentes. 
Baixa espesura 
efectiva en grandes 
áreas 
Escasa cobertura 
vexetal 
Baixa capacidade 
de retención de 
auga 
Condicións 
climáticas 
• Distribución das Pmm 
• Xeadas 
Acidez xeralizada 
Toxicidade por 
aluminio 
Alta fixación de 
fosfatos. 
Rocha de natureza 
deficiitaria en 
nutrientes
www.verdenorte.com
http://www.eumeturismo.org/esp/monfero.html
http://www.galiciaunica.es/wp-content/uploads/2010/10/Valdovi%C3%B1o.jpg
http://www.encantorural.com/img/upload/notas/29/1-1257966654.jpg
1. Análise das PMM 
Total de precipitacións: 
· Moi abundantes: máis de 1.000 mm. (clima 
de montaña ou oceánico) 
· Abundantes: máis de 800 mm. (clima 
oceánico-húmido). 
· Escasas: entre 300-800 mm. (clima 
mediterráneo costeiro ou continental). 
· Moi escaso: menos de 300 mm (clima 
mediterráneo subdesértico ou estepario). 
· Nulas: menos de 150 mm. (clima desértico). 
2.- Distribución das precipitacións: 
· Regular: todos os meses máis de 30 mm. 
(clima oceánico). 
· Bastante regular: un ou dous meses con 
sequa, ou sexa, menos de 30 mm. (clima 
mediterráneo continental). 
· Irregular: máis de dous meses con sequa 
(menos de 30 mm) (clima 
mediterráneo). 
3.- Estación: 
· Cal é a máis chuviosa . 
· Cál menos chuviosa ou con sequa. 
4.- Forma de precipitación: 
· Chuvia (máis de 0 º C). 
· Neve (menos de 0ºC en invierno). Montaña.
4. CLASIFICACIÓN DO CLIMA. 
- Observando as análises das 
precipitaciónss, temperaturas e aridez 
determinamos se é un clima oceánico, 
mediterráneo, de montaña ou canario. 
- A continuación comentar os anticiclóns, 
borrascas e frontes que soen afectar a ese 
clima en cada estación do ano. 
5. LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA DO CLIMA. 
Clima de costa ou de interior segundo a 
amplitude térmica: 
· costa: baixa amplitude térmica. 
· Interior: alta amplitude térmica. 
Clima do norte de España ou do sur segundo 
as temperaturas de inverno e verán: 
· Norte: invernos fríos e veráns suaves. 
· Sur: invernos suaves e veráns calurosos. 
Una vez determinada a zona á que pertence 
o clima, comentar a vexetación, os ríos e 
solos desa zona. 
1. ANÁLISE DAS PMM 
Total de precipitacións 
Distribución das precipitacións 
Estación 
Forma de precipitación 
2. ANÁLISE DAS TEMPERATURAS 
1.- A temperatura media anual. 
2.- A amplitude térmica: 
· Moi alta: más de 20º C de diferencia.(interior) 
· Alta: 18º-20ºC. (interior) 
· Mediana: 16º-18ºC. (interior). 
· Baixa: 9º-15ºC. (costa cantábrica, mediterránea e subaltántica). 
· Moi baixa: menos de 8ºC. (Canarias). 
3.- Temperatura de verán 
· Caluroso: igual ou máis de 22ºC. 
· Fresco: igual ou menos de 22ºC. 
4.- Temperatura de inverno: 
· Suave: o mes máis frío ten máis de 10ºC. 
· Moderado: o mes máis frío está entre 6º-10ºC. 
· Frío: o mes máis frío ten menos de 6ºC. Na montaña menos de 0ºC 
3. ANÁLISE DA ARIDEZ. 
1.- Aridez mensual: Índice de Gaussen: 2 TºC >= Pmm de cada mes. 
(observando oclimograma, se a curva das temperaturas está por 
encima das barras das precipitacións é que hai aridez). En todos os 
climas mediterráneos hai aridez mensual. 
2.- Aridez general: Índice de Lautensach-Meyer: 
· Húmido: 0 meses áridos. 
· Semihúmido: 1-3 meses áridos. 
· Semiárido: 4-7 meses áridos. 
· Semiárido extremado: 7-11 meses áridos.
XAN FEB MA 
R 
ABR MAI XUÑ XULL AGO SET OUT NOV DEC 
Pm 
m 
204 190 126 140 129 66 44 47 108 185 198 254 
TºC 9,5 10,6 12,1 13,2 15,4 18,5 20,5 20,4 18,8 15,6 12,3 10,5
Unha cliserie é un gráfico que representa a graduación da vexetación en función da altura. 
1. Elaboración dunha cliserie 
Para a elaboración dunha cliserie deben seguirse estes pasos: 
1. Trazar un eixe vertical e marcar nel as altitudes, desde os 0 metros ata a máxima 
altitude que se queira representar. 
2. Trazar un eixe horizontal situado á altura dos 0 metros e debuxar sobre el unha 
montaña. O seu cume debe coincidir coa altura da montaña medida no eixe vertical. 
3. Dividir a montaña en dúas metades mediante unha liña vertical trazada dende o cume 
ata a base, no caso de que as formacións vexetais varíen en función da posición a 
barlovento ou a sotavento do vento dominante; ou da situación no solleiro ou no 
aveseado da aba. 
4. Marcar os pisos de vexetación mediante liñas horizontais situadas á altura 
correspondente, medida no eixe vertical. 
5. Asignar a cada piso unha cor e/ou un debuxo da formación vexetal correspondente e 
elaborar unha lenda explicativa destes. 
6. Pon o título da cliserie na parte superior
2. Comentario dunha cliserie 
•Definir cliserie e indicar a que sistema montañoso corresponde a que se comenta 
•Explicar a que se debe a variación de formación vexetais en función da altura e, se procede, da orientación a 
barlovento ou a sotavento do vento dominante; ou na aba, do solleiro ou do avesedo: 
- As variacións en función da altura débense a que, ao aumentar a altitude, diminúe a temperatura e 
aumentan as precipitacións. Polo tanto, varían as condicións climáticas e as formacións vexetais correspondentes, dado 
que cada planta esixe unhas condicións térmicas e pluviométricas concretas. 
- As variacións en función da orientación poden estar motivadas pola posición a barlovento ou a sotavento 
do vento dominante, que determinan diferenzas nas precipitacións (as vertentes de barlovento son máis húmidas que 
as de sotavento); ou poden deberse á posición na aba do solleiro ou do avesedo (os solleiros son máis cálidos e máis 
secos cós avesedos). 
• Determinar os pisos de formacións vexetais que se aprecian (bosque, matogueira e prado), indicando os límites de 
altitude que ocupa cada un. 
• Caracterizar as formacións vexetais que se suceden en cada piso, dende a base ate o cumio: fisonomía ou aspecto, 
condicións ecolóxicas e posibles aproveitamentos. En caso de que proceda, hai que facer constar as diferenzas entre 
ambas as dúas vertentes en canto á altura á que se atopa a mesma formación vexetal ou en canto ás distintas especies 
existentes. 
•Para ampliar coñecementos: 
•http://www.slideshare.net/isaacbuzo/comentario-de-una-cliserie-presentation?type=powerpoint 
•http://webs.ono.com/2geografia/cliserie.html
Desenvolve as dúas seguintes actividades propostas a 
continuación: 
1. Elabora e comenta o seguinte Climograma. 
Burela: http://www.burela.org/agenda21/01-02.htm 
Estación En Feb Mar AbrilMay Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic Anual 
Xunqueir 
a 
10.6 9.8 13.3 11.5 14 17.1 17.9 19.5 17 16.2 10.7 8.1 13.8 
Pedro 
Murias 
10.9 9.6 13.4 11.8 13 16.4 18.3 19.1 16.3 17 10.3 7.8 13.7 
Estación En Feb Mar AbrilMay Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic Anual 
Xunqueir 
a 
291 82 238 97 113 42 84 46 105 117 74 90 1379 
Pedro 
Murias 
192 74 152 48 108 14 62 66 110 57 51 41 975
Ourense XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XULL AGO SET OUT NOV DEC 
Pmm 90 81 54 70 67 39 19 23 57 97 93 124 
TºC 7,5 9,2 11,1 12,2 15,4 19 22,5 22 18,8 15,1 10 8,5 
Burela XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XULL AGO SET OUT NOV DEC 
Pmm 291 82 238 97 113 42 84 46 105 117 74 90 
TºC 10.6 9.8 13.3 11.5 14 17.1 17.9 19.5 17 16.2 10.7 8.1 
Santiago XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XULL AGO SET OUT NOV DEC 
Pmm 259 223 145 141 147 82 39 57 127 197 200 281 
TºC 7,4 8,2 9,5 10 12 16.1 18 18 17 13.2 10 8.4 
Vigo XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XULL AGO SET OUT NOV DEC 
Pmm 255 219 145 148 141 73 43 40 113 215 228 261 
TºC 8,4 9,2 10 11 14 17 19 19 18 14 12 9,2
2. Comenta a seguinte Cliserie
Climas e paisaxes climáticas de Galicia

More Related Content

What's hot

O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachO relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachcaruncho
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estelorenaamarelle
 
Tema 4 Ríos e mares
Tema 4 Ríos e maresTema 4 Ríos e mares
Tema 4 Ríos e maresrubempaul
 
Prácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaPrácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaEvaPaula
 
O medio físico de galicia
O medio físico de galiciaO medio físico de galicia
O medio físico de galiciacaruncho
 
Tema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terraTema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terrarubempaul
 
Vocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevoVocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevoAgrela Elvixeo
 
Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturaisEvolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturaisAgrela Elvixeo
 
Tema 5 Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vex...
Tema 5  Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vex...Tema 5  Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vex...
Tema 5 Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vex...Gloria Martínez Marín
 
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galegoU 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galegoAgrela Elvixeo
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabularioquiquehs
 
Tema 1 O relevo
Tema 1 O relevoTema 1 O relevo
Tema 1 O relevorubempaul
 
U 6. climas e paisaxes terra
U 6. climas e paisaxes  terraU 6. climas e paisaxes  terra
U 6. climas e paisaxes terraAgrela Elvixeo
 
Tema 6 Climas e paisaxes da terra
Tema 6 Climas e paisaxes da terraTema 6 Climas e paisaxes da terra
Tema 6 Climas e paisaxes da terrarubempaul
 
Relevo 02 evol
Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evolquiquehs
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerêsmonadela
 
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de GaliciaTema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galiciarubempaul
 

What's hot (20)

O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachO relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
 
Tema 4 Ríos e mares
Tema 4 Ríos e maresTema 4 Ríos e mares
Tema 4 Ríos e mares
 
Relevo Peninsular
Relevo PeninsularRelevo Peninsular
Relevo Peninsular
 
Prácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaPrácticos Xeo Física
Prácticos Xeo Física
 
O medio físico de galicia
O medio físico de galiciaO medio físico de galicia
O medio físico de galicia
 
Tema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terraTema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terra
 
Vocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevoVocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevo
 
Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturaisEvolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
 
Tema 5 Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vex...
Tema 5  Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vex...Tema 5  Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vex...
Tema 5 Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vex...
 
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galegoU 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
 
O medio físico
O medio físicoO medio físico
O medio físico
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 
Tema 1 O relevo
Tema 1 O relevoTema 1 O relevo
Tema 1 O relevo
 
U 6. climas e paisaxes terra
U 6. climas e paisaxes  terraU 6. climas e paisaxes  terra
U 6. climas e paisaxes terra
 
O MEDIO NATURAL DE ESPAÑA
O MEDIO NATURAL DE ESPAÑAO MEDIO NATURAL DE ESPAÑA
O MEDIO NATURAL DE ESPAÑA
 
Tema 6 Climas e paisaxes da terra
Tema 6 Climas e paisaxes da terraTema 6 Climas e paisaxes da terra
Tema 6 Climas e paisaxes da terra
 
Relevo 02 evol
Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evol
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
 
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de GaliciaTema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
 

Viewers also liked

Terra. ficha de traballo para o alumnado
Terra. ficha de traballo para o alumnadoTerra. ficha de traballo para o alumnado
Terra. ficha de traballo para o alumnadoccssdidactica ddoval
 
Guerra civil 2014 Parte 3. Evolución e represión
Guerra civil 2014   Parte 3. Evolución e represiónGuerra civil 2014   Parte 3. Evolución e represión
Guerra civil 2014 Parte 3. Evolución e represiónccssdidactica ddoval
 
O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga
O Reino Suevo na Gallaecia. fonte FesgaO Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga
O Reino Suevo na Gallaecia. fonte FesgaSanti Pazos
 
Xeografía humana: Galicia - Urbanismo
Xeografía humana: Galicia - UrbanismoXeografía humana: Galicia - Urbanismo
Xeografía humana: Galicia - Urbanismoccssdidactica ddoval
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicosccssdidactica ddoval
 
Guerra Civil Española. Parte 1 o golpe militar, 1936
Guerra Civil Española.  Parte 1 o golpe militar, 1936Guerra Civil Española.  Parte 1 o golpe militar, 1936
Guerra Civil Española. Parte 1 o golpe militar, 1936ccssdidactica ddoval
 
Guerra Civil Española. Parte 2. Fases da guerra
Guerra Civil Española. Parte 2. Fases da guerraGuerra Civil Española. Parte 2. Fases da guerra
Guerra Civil Española. Parte 2. Fases da guerraccssdidactica ddoval
 
PreseXeografía humana de galicia poboación
PreseXeografía humana de galicia   poboaciónPreseXeografía humana de galicia   poboación
PreseXeografía humana de galicia poboaciónccssdidactica ddoval
 
Climas de galicia
Climas de galiciaClimas de galicia
Climas de galiciajlamsfer
 
Tema 2 EL MUNCO CLASICO
Tema 2  EL MUNCO CLASICOTema 2  EL MUNCO CLASICO
Tema 2 EL MUNCO CLASICOjuanabrugil
 

Viewers also liked (20)

Geografia de Galicia
Geografia de GaliciaGeografia de Galicia
Geografia de Galicia
 
O Relevo e as costas de Galicia
O Relevo e as costas de GaliciaO Relevo e as costas de Galicia
O Relevo e as costas de Galicia
 
Guía turística
Guía turísticaGuía turística
Guía turística
 
Terra. ficha de traballo para o alumnado
Terra. ficha de traballo para o alumnadoTerra. ficha de traballo para o alumnado
Terra. ficha de traballo para o alumnado
 
Que é a historia
Que é a historiaQue é a historia
Que é a historia
 
Liberalismo en galicia
Liberalismo en galiciaLiberalismo en galicia
Liberalismo en galicia
 
Emigrantes, caciques e indianos
Emigrantes, caciques e indianosEmigrantes, caciques e indianos
Emigrantes, caciques e indianos
 
O século XX
O século XXO século XX
O século XX
 
Guerra civil 2014 Parte 3. Evolución e represión
Guerra civil 2014   Parte 3. Evolución e represiónGuerra civil 2014   Parte 3. Evolución e represión
Guerra civil 2014 Parte 3. Evolución e represión
 
A II República
A II RepúblicaA II República
A II República
 
O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga
O Reino Suevo na Gallaecia. fonte FesgaO Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga
O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga
 
Xeografía humana: Galicia - Urbanismo
Xeografía humana: Galicia - UrbanismoXeografía humana: Galicia - Urbanismo
Xeografía humana: Galicia - Urbanismo
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
 
Guerra Civil Española. Parte 1 o golpe militar, 1936
Guerra Civil Española.  Parte 1 o golpe militar, 1936Guerra Civil Española.  Parte 1 o golpe militar, 1936
Guerra Civil Española. Parte 1 o golpe militar, 1936
 
Franquismo
FranquismoFranquismo
Franquismo
 
Guerra Civil Española. Parte 2. Fases da guerra
Guerra Civil Española. Parte 2. Fases da guerraGuerra Civil Española. Parte 2. Fases da guerra
Guerra Civil Española. Parte 2. Fases da guerra
 
Galeguismo
GaleguismoGaleguismo
Galeguismo
 
PreseXeografía humana de galicia poboación
PreseXeografía humana de galicia   poboaciónPreseXeografía humana de galicia   poboación
PreseXeografía humana de galicia poboación
 
Climas de galicia
Climas de galiciaClimas de galicia
Climas de galicia
 
Tema 2 EL MUNCO CLASICO
Tema 2  EL MUNCO CLASICOTema 2  EL MUNCO CLASICO
Tema 2 EL MUNCO CLASICO
 

Similar to Climas e paisaxes climáticas de Galicia

O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)rubempaul
 
Clima e rios de España
Clima e rios de EspañaClima e rios de España
Clima e rios de EspañaLOPEZMOURENZA
 
Clima e rios de España
Clima e rios de EspañaClima e rios de España
Clima e rios de EspañaLOPEZMOURENZA
 
A diversidade climática
A diversidade climáticaA diversidade climática
A diversidade climáticaRosacidgalante
 
Algúns tipos de tempo comentados
Algúns tipos de tempo comentadosAlgúns tipos de tempo comentados
Algúns tipos de tempo comentadosxosea
 
UNIDADE 2: Climatoloxía
UNIDADE 2: ClimatoloxíaUNIDADE 2: Climatoloxía
UNIDADE 2: Climatoloxíacamposseijo
 
Trabajo tema 2 anxo moreiras senín 3º ESO
Trabajo tema 2  anxo moreiras senín 3º ESOTrabajo tema 2  anxo moreiras senín 3º ESO
Trabajo tema 2 anxo moreiras senín 3º ESOANXOMOREIRAS
 
Tempo atmosferico e clima
Tempo atmosferico e climaTempo atmosferico e clima
Tempo atmosferico e climamasinisa
 
R2 sociais 6
R2 sociais 6R2 sociais 6
R2 sociais 6Fiz
 
02b clima tempomet
02b clima tempomet02b clima tempomet
02b clima tempometquiquehs
 
04c o tempo e o clima
04c o tempo e o clima04c o tempo e o clima
04c o tempo e o climaroberto
 
Climas e paisaxes climáticos calidos
Climas e paisaxes climáticos calidosClimas e paisaxes climáticos calidos
Climas e paisaxes climáticos calidosJosé Ramón
 
Clima e paisaxe España
Clima e paisaxe España Clima e paisaxe España
Clima e paisaxe España EvaPaula
 
Unidade 2 climas
Unidade 2 climasUnidade 2 climas
Unidade 2 climascamposseijo
 
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e GaliciaTema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e GaliciaSanti Pazos
 
Sector Primario
Sector PrimarioSector Primario
Sector PrimarioEvaPaula
 
Cincias sociais tema 2
Cincias sociais tema 2Cincias sociais tema 2
Cincias sociais tema 2yasminajamardo
 
Os dominios climáticos da Península Ibérica
Os dominios climáticos da Península IbéricaOs dominios climáticos da Península Ibérica
Os dominios climáticos da Península Ibéricaprofesor historia
 

Similar to Climas e paisaxes climáticas de Galicia (20)

O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Clima e rios de España
Clima e rios de EspañaClima e rios de España
Clima e rios de España
 
Clima e rios de España
Clima e rios de EspañaClima e rios de España
Clima e rios de España
 
A diversidade climática
A diversidade climáticaA diversidade climática
A diversidade climática
 
Algúns tipos de tempo comentados
Algúns tipos de tempo comentadosAlgúns tipos de tempo comentados
Algúns tipos de tempo comentados
 
UNIDADE 2: Climatoloxía
UNIDADE 2: ClimatoloxíaUNIDADE 2: Climatoloxía
UNIDADE 2: Climatoloxía
 
Trabajo tema 2 anxo moreiras senín 3º ESO
Trabajo tema 2  anxo moreiras senín 3º ESOTrabajo tema 2  anxo moreiras senín 3º ESO
Trabajo tema 2 anxo moreiras senín 3º ESO
 
Tempo atmosferico e clima
Tempo atmosferico e climaTempo atmosferico e clima
Tempo atmosferico e clima
 
R2 sociais 6
R2 sociais 6R2 sociais 6
R2 sociais 6
 
02b clima tempomet
02b clima tempomet02b clima tempomet
02b clima tempomet
 
04c o tempo e o clima
04c o tempo e o clima04c o tempo e o clima
04c o tempo e o clima
 
Climas e paisaxes climáticos calidos
Climas e paisaxes climáticos calidosClimas e paisaxes climáticos calidos
Climas e paisaxes climáticos calidos
 
Clima e paisaxe España
Clima e paisaxe España Clima e paisaxe España
Clima e paisaxe España
 
Unidade 2 climas
Unidade 2 climasUnidade 2 climas
Unidade 2 climas
 
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e GaliciaTema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
 
Sector Primario
Sector PrimarioSector Primario
Sector Primario
 
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3
 
Cincias sociais tema 2
Cincias sociais tema 2Cincias sociais tema 2
Cincias sociais tema 2
 
Os dominios climáticos da Península Ibérica
Os dominios climáticos da Península IbéricaOs dominios climáticos da Península Ibérica
Os dominios climáticos da Península Ibérica
 

More from ccssdidactica ddoval

S. XX A Modernidade - Historia da Música
S. XX A Modernidade - Historia da MúsicaS. XX A Modernidade - Historia da Música
S. XX A Modernidade - Historia da Músicaccssdidactica ddoval
 
A Historia Literada - Historia de España - Pablo Neruda
A Historia Literada - Historia de España - Pablo NerudaA Historia Literada - Historia de España - Pablo Neruda
A Historia Literada - Historia de España - Pablo Nerudaccssdidactica ddoval
 
O nacemento do Movemento Obreiro en España
O nacemento do Movemento Obreiro en EspañaO nacemento do Movemento Obreiro en España
O nacemento do Movemento Obreiro en Españaccssdidactica ddoval
 
Transformacións económicas na España do s. XIX
Transformacións económicas na España do s. XIXTransformacións económicas na España do s. XIX
Transformacións económicas na España do s. XIXccssdidactica ddoval
 

More from ccssdidactica ddoval (19)

Transición e democracia
Transición e democraciaTransición e democracia
Transición e democracia
 
Definicións Ríos e mares
Definicións Ríos e maresDefinicións Ríos e mares
Definicións Ríos e mares
 
S. XX A Modernidade - Historia da Música
S. XX A Modernidade - Historia da MúsicaS. XX A Modernidade - Historia da Música
S. XX A Modernidade - Historia da Música
 
Música no Romanticismo
Música no RomanticismoMúsica no Romanticismo
Música no Romanticismo
 
Musica Clasicismo
Musica ClasicismoMusica Clasicismo
Musica Clasicismo
 
Musica en el barroco
Musica en el barrocoMusica en el barroco
Musica en el barroco
 
Música no Renacemento
Música no RenacementoMúsica no Renacemento
Música no Renacemento
 
Historia da Música - Idade Media
Historia da Música -  Idade MediaHistoria da Música -  Idade Media
Historia da Música - Idade Media
 
Hª de la música Idade Antiga
Hª de la música   Idade AntigaHª de la música   Idade Antiga
Hª de la música Idade Antiga
 
Hª de la música - Prehistoria
Hª de la música  - PrehistoriaHª de la música  - Prehistoria
Hª de la música - Prehistoria
 
A Historia Literada - Historia de España - Pablo Neruda
A Historia Literada - Historia de España - Pablo NerudaA Historia Literada - Historia de España - Pablo Neruda
A Historia Literada - Historia de España - Pablo Neruda
 
Crise da Restauración
Crise da RestauraciónCrise da Restauración
Crise da Restauración
 
Premio dardos 2013 2014
Premio dardos 2013 2014Premio dardos 2013 2014
Premio dardos 2013 2014
 
O nacemento do Movemento Obreiro en España
O nacemento do Movemento Obreiro en EspañaO nacemento do Movemento Obreiro en España
O nacemento do Movemento Obreiro en España
 
Restauración - Alfonso XII
Restauración  - Alfonso XIIRestauración  - Alfonso XII
Restauración - Alfonso XII
 
Transformacións económicas na España do s. XIX
Transformacións económicas na España do s. XIXTransformacións económicas na España do s. XIX
Transformacións económicas na España do s. XIX
 
Sexenio Democrático
Sexenio Democrático Sexenio Democrático
Sexenio Democrático
 
Isabel II e a España isabelina
Isabel II e a España isabelinaIsabel II e a España isabelina
Isabel II e a España isabelina
 
Les oubliés de la victoire
Les oubliés de la victoireLes oubliés de la victoire
Les oubliés de la victoire
 

Recently uploaded

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

Climas e paisaxes climáticas de Galicia

  • 1.
  • 2. • Coordenadas xeográficas: 6º44´ e 9º18´ lonxitude Oeste - 41º4´´e 43º48´ latitude Norte
  • 3.
  • 4. 1. Dominio do clima oceánico 2. Temperaturas suaves todo o ano: 10º – 18º. Veráns suaves e invernos frescos ( 5º - 12º 3. Precipitacións abundantes todo o ano, que poden superar, na franxa litoral, os 2000 mm. 4. Oscilación térmica baixa, aumenta no interior.
  • 5.
  • 6. 1 - Latitude Influencia da ubicación latituduinal galega en torno ás latitudes medias Posición excéntrica que favorece o carácter oceánico. Equilibrio do balance enerxético
  • 7. 2- A dinámica atmosférica Efectos da circulación do “Jet Stream” (circulación en altura). Galicia atópase baixo a influencia da circulación xeral das latitudes medias. Esta circulación está dirixida en altura polos desprazamentos estacionais da jet-stream ou corrente en chorro, e en superficie polos centros de acción, as masas de aire e as frontes. Como consecuencia destas alternancias existe unha grande variabilidade dos estados da atmosfera. Masas de aire: 1. Ártico Marítimo 2. Polar Marítimo 3. Tropical marítimo 4. Masas euroasiáticas Centros de acción: a) Anticiclón termodinámico das Azores (abrigo aerolóxico de verán) b) Depresión de Islandia (frío e chuvia) c) Anticiclóns térmicos centroeuropeos (anticiclón siberiano) (frío en Galicia)
  • 8. 1. O Aire Polar Marítimo (Pm) caracterízase pola súa elevada humidade; o seu rexistro térmico é diferenciado a causa do seu lugar de orixe. Presenta condicións de inestabilidade que favorece as precipitacións. 2. Aire Polar Continental (Pc) procede do interior do continente europeo. É un aire moi frío, seco e estábel. Produce tempo frío e soleado. 3. Aire Tropical Marítimo (Tm) Ten a orixe no Atlántico, na zona dos Azores. Cálida e húmida. Propicia temperaturas altas no verán. 4. Aire Tropical Continental (Tc) Orixinario do norte do continente africano é moi cálido, mais de elevada sequidade e estabilidade. En menor medida as masas de Aire Ártico poden afectar a Galicia. As de tipo Ártico Continental (Ac) procedentes do noroeste de Europa, son extremadamente frías e secas. O Aire Ártico Marítimo (Am) é moderadamente húmido e moi frío pola súa orixe sobre a cubeta ártica. No seu desprazamento cara ao sur convértese nunha masa moi inestábel. A súa chegada a Galicia pode provocar treboadas de neve. A presenza das masas de Aire Polar Ártico en Galicia prodúcese de xeito esporádico, sendo responsábel da formación de xeadas no litoral e dunha maior rigorosidade invernal do interior.
  • 9. 3 - A altitude e O papel do relevo A disposición, altura e a variedade de relevo (horst e graben) xunta á orientación do relevo costeiro facilita e favorece as precipitacións orográficas
  • 10.
  • 11. 4 - A proximidade do Mar: O efecto do Atlántico como atenuador dos contrastes climáticos. A proximidade do mar atenúa a oscilación térmica, suaviza as temperaturas altas e mínimas e aporta maior humidade (risco de precipitación e nubosidade). A medida que nos alonxamos do litoral a continentalidade favorece as variacións climáticas conducindo a valores suboceánicos e mediterráneos así como o efecto da altitude nas serras orientais.
  • 12. O total das precipitacións, o seu ritmo anual e os días de chuvia constitúen os puntos principais nos que artellar a análise das precipitacións. O dominio oceánico en Galicia recibe no seu conxunto máis de 800 mm anuais de precipitación, aínda que os volumes pluviométricos varían entre as zonas. A compartimentación do relevo aparece como un elemento esencial na riqueza de variacións locais rexistradas. O sector comprendido entre a Ría de Cedeira e a de Muros é o menos regado, cuns totais inferiores a 1500 mm, aínda que a maior parte está comprendida entre 1000 e 1250 mm. Ao sur de Fisterra as rías de Corcubión e de Muros e Noia mellor expostas ás correntes do SO incrementan as súas precipitacións ate se aproximar os 1500 mm. Os totais pluviométricos máis elevados de Galicia recíbense nas Rías Baixas, plataformas occidentais e Dorsal occidental onde se superan os 1500 mm.
  • 14. Vídeo: El Tiempo Canal Sur MeteoRuta 'El Efecto Foehn‘
  • 15. Unha das rexións mais chuviosas de Europa Occidental. Forte peso da precipitación orográfica Influxo das masas oceánicas (forte humidade) Orientación e altitude do relevo
  • 16. Media de PPmm = 1180mm. Desigualmente repartida Outono e inverno son as estacións mais chuviosas Distribución provincial das PPmm Desigualmente repartida: Pontevedra, Coruña,Lugo e Ourense
  • 17.
  • 18.
  • 19.
  • 20.
  • 21.
  • 22.
  • 23. TºM anual = 13 - 14º Inverno 8,5º Outono 11º Verán 19º Primaveira 15º
  • 24.
  • 25.
  • 26.
  • 27.
  • 28.
  • 29.
  • 30.
  • 31. Réxime ombrométrico é o resultado da combinación dos datos pluviométricos e termométricos. Con el, obtemos información de valor para comprender os dominios climáticos de cada territorio ao tempo que condiciona o tipo de paisaxe climática e de especies dominantes en cada unha delas.
  • 32.
  • 33. a. INUNDACIÓNS Provocadas por chuvias duradeiras ou torrenciais Efectos debastadores por a combinación de factores naturais: relevo, solos, etc; e humáns (ocupación do territ.)
  • 34.
  • 35.
  • 36.
  • 37.
  • 38.
  • 39. b. Secas A escaseza de precipitacións no período de outono- inverno poden ter fortes consecuencias dende o punto de vista dos efectos ecolóxicos e socioeconómicos. Por o xeral estas secas danse como consecuencia do bloqueo atmosférico baixo efectos de masas de alta presión.
  • 40.
  • 41.
  • 42.
  • 43. c. Extremos termométricos Vagas de frío e calor Vaga de frío provocada por masas polares oceánicas de dirección N ou Nw , pero sobre todo, por masas frías do NE, de tipo continental e procendentes de Europa. A coincidencia destas masas con altas presións favorecen o forte descenso das temperaturas. As vagas de calor, por o contrario veñen de dirección S e SW. Moi activas especialmente no verán aproveitando o abrigo que fai a posición setentrional do Anticiclón das Azores. No caso da chegada de masas do S, procedentes do Norte de África pode dar lugar ao que se coñece como “chuvias de barro”, isto son, precipitacións provocadas por a forte evaporación acompañadas de partículas de pó procedentes do deserto.
  • 44.
  • 45. Entrada de masas de aire moi cálido e seco, procedentes do N. de África. Forte aumento das temperaturas.
  • 46. 27 Xuño de 2012. Fuente, ElPaís
  • 47.
  • 48. Entrada de masas de aire moi frío e seco, procedentes do N. de Europa. (Anticiclón Siberiano) Forte descenso das temperaturas. Propicia fortes xeadas.
  • 49. Exemplo de Xeada a través dos datos das estacións meteorolóxicas de A Xunqueira e Pedro Murias, Burela Estación En Feb Mar AbrilMay Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic Anual Xunqueir a 0 2 0 0 0 0 0 0 0 0 0 12 14 Pedro Murias 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 7 7 http://www.burela.org/agenda21/01-02.htm
  • 50. Diario ABC Día 01/02/2012 - 19.26h
  • 51.
  • 52.
  • 53.
  • 54. O clima oceánico A suavidade térmica do chafrán NO A forte pluviosidade das Rías Baixas O clima húmido das plataformas occidentais O clima da meseta lucense O clima da Mariña O clima suboceánico O clima suboceánico das depresións A montaña suboceánica A existencia de climas urbanos Fonte: Pérez Alberti
  • 56.
  • 57.
  • 58. A excepción da fraxa suroriental (mais continentalizado e mediterraneizado), Galicia presenta pouco contraste debido ao efecto moderador do mar.
  • 59. Clima Oceánico Esténdese polas provincias occidentais e a de Lugo a excepción da depresión de Monforte de Lemos. Todo este conxunto está dominado pola suavidade térmica, por uns réximes pluviométricos contrastados, por uns balances hídricos só deficitarios durante dous meses de verán e pola escasa presenza de vexetación mediterránea. Vila de Noia http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/2e/Villa_de_Noia,_Noia.png
  • 60. Vila de Cee http://www.ayuntamiento.org/cee.htm A suavidade térmica do chafrán NO O litoral comprendido entre o Cabo Fisterra e a Ría de Cedeira ten uns caracteres particulares determinados á vez pola influencia directa do mar sobre as temperaturas e pola súa situación de abrigo con relación ás correntes perturbadas do SO. A suavidade térmica deste treito costeiro está marcado pola débil oscilación estacional, ademais de ter unhas medias anuais entre os 13º- 15ºC. Durante a época invernal as temperaturas medias mensuais superan case sempre os 9º e nas condicións máis favorábeis son iguais ou superiores a 10º. Esta suavidade coñece numerosos días sombríos e chuviosos que aportan uns totais pluviométricos baixos con relación os das Rías Baixas, aínda que distribuídos en grande número de xornadas, sobre150 días, que se prolongan de Outubro a Abril e se orixinan fundamentalmente con situacións do NO e N. A zona rexistra un déficit hídrico nos meses de verán condicionado pola ausencia das precipitacións durante ese período.
  • 61. Ría de Arousa http://www.minube.com/fotos/rincon/95058/474747 A forte pluviosidade das Rías Baixas Derivado da exposición favorábel aos fluxos do SO e a proximidade ao mar de relevos costeiros, como os das penínsulas de Barbanza, O Morrazo e O Salnés, a zona das Rías Baixas caracterízase por unha alta pluviosidade. Como media anual rexístranse entre 140 e 150 días de chuvia. Concéntranse principalmente na estación invernal (meses de Xaneiro e Febreiro). A importancia que cobra a insolación cara o Sur, ao superar o 50% de insolación real deixase sentir nas temperaturas medias mensuais, sendo así que a media do mes máis cálido se aproxima aos 20º C.
  • 62. O clima húmido das plataformas occidentais As penechairas situadas entre os 200 e 500 metros de altitude que se localizan no oeste da Dorsal da Galicia occidental opóñense ás rexións litorais, máis que polas súas abundantes precipitacións, entre 1500 mm e 2000 mm, pola escasa sequidade que se produce na estación cálida. O aporte principal das abundantes precipitacións pode variar entre finais de outono e finais de inverno e un secundario de maio aparece claramente no sur da Coruña e norte de Pontevedra. O trazo diferenciado é a lixeira continentalización que se produce nos réximes térmicos. Durante o inverno é cando se manifestan claramente as diferencias térmicas con relación á costa. A media está por debaixo de 4º C o que acentúa as posibilidades de que se produzan xeadas nocturnas de xeito considerábel. Forcarei http://www.minube.com/fotos/rincon/85496/425927
  • 63. O clima da meseta lucense A caracterización da meseta lucense está condicionada por unha situación de abrigo; a que exerce a Dorsal occidental. Toda esta área mesetaria recibe unha media de 1000-1250 mm que aparecen repartidos entre 130-140 días de chuvia. O ciclo anual das chuvias resólvese nunha concentración que flutúa de finais de outono a finais de inverno e un máximo secundario en maio. A degradación térmica maniféstase nas medias anuais 11-12º C, e increméntase a oscilación entre as máximas e mínimas absolutas desde os 25º até 0º C. A Terra Chá http://www.fotosdegalicia.es/galiciaenfotos/index.php/lugo/terracha/migbarro-montouto_06
  • 64. Viveiro http://www.masmar.net/esl/Gu%C3%ADas/Derroteros/Cant%C3%A1brico.-Galicia/Costa-Cant%C3%A1brica-de-Galicia/R%C3%ADa-de-Viveiro.-Puerto-de-Celeiro O clima da Mariña Os volumes pluviométricos atenúanse ao longo da liña de costa entre Estaca de Bares e Ribadeo. As precipitacións son, pois, equiparábeis ás da meseta lucense, mais cun réxime pluviométrico caracterizado por un máximo principal a finais do outono e comezos de inverno. A temperatura media anual é a máis fresca de todo o litoral galego con valores entre 12º-13º C.
  • 65. Chantada http://www.panoramio.com/photo/26636991 O clima suboceánico A compartimentación do relevo contribúe a multiplicar a variedade de situacións que se poden aglutinar en dous conxuntos principais: os enclaves suboceánicos das depresións e a montaña suboceánica. A área xeográfica afectada encóntrase fundamentalmente na provincia de Ourense e en menor proporción nas de Lugo e Pontevedra.
  • 66. Barbadás http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f6/San_Xo%C3%A1n_de_Barbad%C3%A1s.JPG O clima suboceánico das depresións A situación de abrigo da meseta lucense acentúase cara o Sur pola maior enerxía que cobra o relevo da Dorsal occidental en Pontevedra, onde a Serra do Faro, Montes do Testeiro e Serra do Suído culminan a máis de 1000 m. Nestas depresións máis ou menos afundidas a influencia do océano chega atenuada, orixinando caracteres climáticos mediterráneos. A distinta altitude que presentan estas bacías illadas altera as súas condicións térmicas. As situadas entre 200-400 metros caracterízanse por un clima seco de matiz cálido, pola contra as situadas a 600 metros presentan un clima seco de matiz frío. Entre as de matiz cálido atopamos a de Ourense, que rexistra uns totais pluviométricos inferiores a 600 mm. O período hiperhúmido redúcese a 5 meses, de Novembro a Marzo. En cambio, Xullo e Agosto rexistran o cualificativo de áridos. Se o inverno é lixeiramente máis frío que na costa, o verán é bastante mais cálido, rebasando a media das máximas os 25º C. Este comportamento térmico pon de manifesto a influencia dos trazos mediterráneos sobre os oceánicos, de xeito claro no período estival. Nas depresións situadas por riba dos 600 m., a altitude condiciona unha maior continentalización das temperaturas, sendo posíbel que se rexistren temperaturas mínimas absolutas baixo cero durante todo o ano. De Decembro a Febreiro inclusive, as medias térmicas das mínimas van ser inferiores a 1º C. Xullo ten unha temperatura media de 17,8º C e as máximas absolutas medias deste mesmo mes e de Agosto son de 26,2º C.
  • 67. A montaña suboceánica Nos sectores máis montañosos de Galicia, serras de Queixa, San Mamede, Segundeira, Ancares, Courel, o aspecto diferenciado que é preciso sinalar radica nos ritmos estacionais contrastados que se rexistran, con invernos fríos e húmidos e os veráns relativamente secos, con días alorosos e noites frescas. A asociación de temperaturas baixas e unha forte humidade son determinantes do mal tempo reinante en inverno. A altura deixase sentir nos numerosos días de neve que se producen entre Novembro e Abril. Durante o período estival as temperaturas teñen superado os 30º C durante o día con caídas ate 1º C durante a noite. As precipitacións redúcense, rexistrándose déficits hídricos nalgunhas zonas. O Chao, Serra da Queixa http://www.miradanatural.es/galerias/paisaje/rafael-estevez-rodriguez/o-chao-serra-da-queixa/10/74531/
  • 68. Vigo http://en.wikipedia.org/wiki/Vigo A existencia de climas urbanos O crecemento das cidades incide nos trazos climáticos locais. A topografía, a rede urbana, o tamaño do espazo urbano e as emisións derivadas da actividade humana como a circulación, sistemas de calefacción son elementos que alteran as condición climáticas no interior das cidades. A temperatura é un dos valores onde podemos percibir, de xeito claro, a influencia do espazo urbano nas condicións climáticas zonais. A temperatura no centro urbano pode acadar entre 1-1´6 º C máis que nas zonas non urbanas próximas. Fórmanse así o que se denominan como illas de calor urbanas, causadas principalmente pola capacidade do asfalto e dos edificios de acumular calor polo día, calor que van liberando pola noite. En cidades como A Coruña e Vigo, diversos estudos constataron a formación destas illas de calor nos seus centros. O vento e a súa dirección son outros dos factores que resultan alterados no ámbito urbano aparecendo como causa principal desta alteración a configuración da trama urbana.
  • 69. Áreas vexetais Eurosiberiana:ocuapa case todo o territorio galego dende o nordeste ata o litoral das Rías Baixas. Mediterránea: ocupa a franxa centro e sudoriental do país.
  • 70.
  • 71.
  • 72.
  • 73. http://www.vexetaciondegalicia.es/xer-unidades.html ESPECIE VEXETAL Mmt Tt Mti Mts Sti Sts Ot Pradairo de Montpellier (Acer monspessulanum) Érbedo (Arbutus unedo) Castiñeiro (Castanea sativa) Carpaza moura (Cistus ladanifer) Carpaza(Cistus psilosepalus) Carpaza (Cistus salviifolius) Clemátide (Clematis vitalba) Cysitus oromediterraneus Trovisco (Daphne gnidium) Echinosparitum lusitanica Faia (Fagus sylvatica) Freixo (Fraxinus angustifolius) Piorno falcata (Genista falcata) Piorno espiñento (Genista hystrix) Genista obtusiramea Lúpulo (Humulus lupulus) Cimbro (Juniperus alpinus) Loureiro (Laurus nobilis) Cantroxo (Lavanda stoechas subsp. sampaiana) Oliveira (Olea europaea var. sylvestris) Retama loca (Osyris alba) Escornacabras (Pistacia terebinthus) Lentella (Phillyrea angustifolia) Loro (Prunus lusitanica) Aciñeira (Quercus ilex) Carballo (Quercus robur) Sobreira (Quercus suber) Capudre (Sorbus aucuparia) Toxo (Ulex europaeus) Arandeira (Vaccinium uliginosum) Presente Abundante
  • 75.
  • 76. Forman parte de las plantas denominadas pteridófitas (plantas con hojas como plumas), aunque en ellas se incluyen unos cuantos grupos más. Si la característica que han observado los científicos para agruparlas (taxonomía) es que son plantas sin flor (criptógamas). Lo que las diferencia de las demás es que si tienen tejidos diferenciados (tallo, raíz, hojas o frondes), cada uno de los cuales realiza su propia función (criptógamas vasculares). A algunos de ellos se les considera como fósiles vivientes de los que han evolucionado las demás plantas con flores que hoy son más abundantes. Entre las muchas otras características que comparten los helechos con otros grupos afines es su ecología, pues en todos los casos aún necesitan del agua para completar su ciclo de reproducción, como sucede en las plantas inferiores. Su ciclo reproductivo, muy complejo, tiene una fase con esporas que también necesitan del agua para su dispersión. En primavera la parte reproductora o esporófito emerge del suelo dando lugar a formas muy bellas en sus frondes. - See more at: http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/tag/fen tos/#sthash.MtCwQbwq.dpuf
  • 77.
  • 78. Unha parte importante do territorio de Galicia a ser incluída dentro da definición europea de “área deprimida” de agricultura de montaña http://www.galicia2010.com/texto_medio_ambiente2.htm
  • 79. Fortes pendentes. Baixa espesura efectiva en grandes áreas Escasa cobertura vexetal Baixa capacidade de retención de auga Condicións climáticas • Distribución das Pmm • Xeadas Acidez xeralizada Toxicidade por aluminio Alta fixación de fosfatos. Rocha de natureza deficiitaria en nutrientes
  • 80.
  • 81.
  • 82.
  • 84.
  • 86.
  • 89.
  • 90.
  • 91. 1. Análise das PMM Total de precipitacións: · Moi abundantes: máis de 1.000 mm. (clima de montaña ou oceánico) · Abundantes: máis de 800 mm. (clima oceánico-húmido). · Escasas: entre 300-800 mm. (clima mediterráneo costeiro ou continental). · Moi escaso: menos de 300 mm (clima mediterráneo subdesértico ou estepario). · Nulas: menos de 150 mm. (clima desértico). 2.- Distribución das precipitacións: · Regular: todos os meses máis de 30 mm. (clima oceánico). · Bastante regular: un ou dous meses con sequa, ou sexa, menos de 30 mm. (clima mediterráneo continental). · Irregular: máis de dous meses con sequa (menos de 30 mm) (clima mediterráneo). 3.- Estación: · Cal é a máis chuviosa . · Cál menos chuviosa ou con sequa. 4.- Forma de precipitación: · Chuvia (máis de 0 º C). · Neve (menos de 0ºC en invierno). Montaña.
  • 92. 4. CLASIFICACIÓN DO CLIMA. - Observando as análises das precipitaciónss, temperaturas e aridez determinamos se é un clima oceánico, mediterráneo, de montaña ou canario. - A continuación comentar os anticiclóns, borrascas e frontes que soen afectar a ese clima en cada estación do ano. 5. LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA DO CLIMA. Clima de costa ou de interior segundo a amplitude térmica: · costa: baixa amplitude térmica. · Interior: alta amplitude térmica. Clima do norte de España ou do sur segundo as temperaturas de inverno e verán: · Norte: invernos fríos e veráns suaves. · Sur: invernos suaves e veráns calurosos. Una vez determinada a zona á que pertence o clima, comentar a vexetación, os ríos e solos desa zona. 1. ANÁLISE DAS PMM Total de precipitacións Distribución das precipitacións Estación Forma de precipitación 2. ANÁLISE DAS TEMPERATURAS 1.- A temperatura media anual. 2.- A amplitude térmica: · Moi alta: más de 20º C de diferencia.(interior) · Alta: 18º-20ºC. (interior) · Mediana: 16º-18ºC. (interior). · Baixa: 9º-15ºC. (costa cantábrica, mediterránea e subaltántica). · Moi baixa: menos de 8ºC. (Canarias). 3.- Temperatura de verán · Caluroso: igual ou máis de 22ºC. · Fresco: igual ou menos de 22ºC. 4.- Temperatura de inverno: · Suave: o mes máis frío ten máis de 10ºC. · Moderado: o mes máis frío está entre 6º-10ºC. · Frío: o mes máis frío ten menos de 6ºC. Na montaña menos de 0ºC 3. ANÁLISE DA ARIDEZ. 1.- Aridez mensual: Índice de Gaussen: 2 TºC >= Pmm de cada mes. (observando oclimograma, se a curva das temperaturas está por encima das barras das precipitacións é que hai aridez). En todos os climas mediterráneos hai aridez mensual. 2.- Aridez general: Índice de Lautensach-Meyer: · Húmido: 0 meses áridos. · Semihúmido: 1-3 meses áridos. · Semiárido: 4-7 meses áridos. · Semiárido extremado: 7-11 meses áridos.
  • 93. XAN FEB MA R ABR MAI XUÑ XULL AGO SET OUT NOV DEC Pm m 204 190 126 140 129 66 44 47 108 185 198 254 TºC 9,5 10,6 12,1 13,2 15,4 18,5 20,5 20,4 18,8 15,6 12,3 10,5
  • 94.
  • 95.
  • 96.
  • 97. Unha cliserie é un gráfico que representa a graduación da vexetación en función da altura. 1. Elaboración dunha cliserie Para a elaboración dunha cliserie deben seguirse estes pasos: 1. Trazar un eixe vertical e marcar nel as altitudes, desde os 0 metros ata a máxima altitude que se queira representar. 2. Trazar un eixe horizontal situado á altura dos 0 metros e debuxar sobre el unha montaña. O seu cume debe coincidir coa altura da montaña medida no eixe vertical. 3. Dividir a montaña en dúas metades mediante unha liña vertical trazada dende o cume ata a base, no caso de que as formacións vexetais varíen en función da posición a barlovento ou a sotavento do vento dominante; ou da situación no solleiro ou no aveseado da aba. 4. Marcar os pisos de vexetación mediante liñas horizontais situadas á altura correspondente, medida no eixe vertical. 5. Asignar a cada piso unha cor e/ou un debuxo da formación vexetal correspondente e elaborar unha lenda explicativa destes. 6. Pon o título da cliserie na parte superior
  • 98.
  • 99. 2. Comentario dunha cliserie •Definir cliserie e indicar a que sistema montañoso corresponde a que se comenta •Explicar a que se debe a variación de formación vexetais en función da altura e, se procede, da orientación a barlovento ou a sotavento do vento dominante; ou na aba, do solleiro ou do avesedo: - As variacións en función da altura débense a que, ao aumentar a altitude, diminúe a temperatura e aumentan as precipitacións. Polo tanto, varían as condicións climáticas e as formacións vexetais correspondentes, dado que cada planta esixe unhas condicións térmicas e pluviométricas concretas. - As variacións en función da orientación poden estar motivadas pola posición a barlovento ou a sotavento do vento dominante, que determinan diferenzas nas precipitacións (as vertentes de barlovento son máis húmidas que as de sotavento); ou poden deberse á posición na aba do solleiro ou do avesedo (os solleiros son máis cálidos e máis secos cós avesedos). • Determinar os pisos de formacións vexetais que se aprecian (bosque, matogueira e prado), indicando os límites de altitude que ocupa cada un. • Caracterizar as formacións vexetais que se suceden en cada piso, dende a base ate o cumio: fisonomía ou aspecto, condicións ecolóxicas e posibles aproveitamentos. En caso de que proceda, hai que facer constar as diferenzas entre ambas as dúas vertentes en canto á altura á que se atopa a mesma formación vexetal ou en canto ás distintas especies existentes. •Para ampliar coñecementos: •http://www.slideshare.net/isaacbuzo/comentario-de-una-cliserie-presentation?type=powerpoint •http://webs.ono.com/2geografia/cliserie.html
  • 100. Desenvolve as dúas seguintes actividades propostas a continuación: 1. Elabora e comenta o seguinte Climograma. Burela: http://www.burela.org/agenda21/01-02.htm Estación En Feb Mar AbrilMay Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic Anual Xunqueir a 10.6 9.8 13.3 11.5 14 17.1 17.9 19.5 17 16.2 10.7 8.1 13.8 Pedro Murias 10.9 9.6 13.4 11.8 13 16.4 18.3 19.1 16.3 17 10.3 7.8 13.7 Estación En Feb Mar AbrilMay Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic Anual Xunqueir a 291 82 238 97 113 42 84 46 105 117 74 90 1379 Pedro Murias 192 74 152 48 108 14 62 66 110 57 51 41 975
  • 101. Ourense XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XULL AGO SET OUT NOV DEC Pmm 90 81 54 70 67 39 19 23 57 97 93 124 TºC 7,5 9,2 11,1 12,2 15,4 19 22,5 22 18,8 15,1 10 8,5 Burela XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XULL AGO SET OUT NOV DEC Pmm 291 82 238 97 113 42 84 46 105 117 74 90 TºC 10.6 9.8 13.3 11.5 14 17.1 17.9 19.5 17 16.2 10.7 8.1 Santiago XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XULL AGO SET OUT NOV DEC Pmm 259 223 145 141 147 82 39 57 127 197 200 281 TºC 7,4 8,2 9,5 10 12 16.1 18 18 17 13.2 10 8.4 Vigo XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XULL AGO SET OUT NOV DEC Pmm 255 219 145 148 141 73 43 40 113 215 228 261 TºC 8,4 9,2 10 11 14 17 19 19 18 14 12 9,2
  • 102. 2. Comenta a seguinte Cliserie