SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 16
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Desenvolvemento dun sistema para
repositorio on line (con licenza GPL) de
obxectos de aprendizaxe ligados a
certificados de profesionalidade

Acción Complementaria e de Acompañamento
á Formación. Convocatoria 2008-2009
(Orde 6 de novembro de 2008)




                                           1
2
INTRODUCIÓN
Para Forem-Galicia, no actual modelo de sociedade caracterizado pola chegada e implantación da
sociedade do coñecemento e acelerado progreso científico e tecnolóxico, a incorporación das
tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) á docencia non é unha opción, senón unha obriga
das institucións e entidades educacionais e formativas.
Obxectivamente, aumentan as necesidades de incrementar a oferta de actualización e formación
permanente dispoñible nas máis variadas condicións e circunstancias, para unha poboación cada
vez máis ampla e que aprende de xeito continuo, en constante interacción coa sociedade do
coñecemento na que está inmersa.


   1.- POR QUE?
Os motivos que subxacen para que Forem Galicia centre a súa atención no desenvolvemento dun
repositorio de obxectos de aprendizaxe (ROA) ligado aos certificados de profesionalidade son múltiples
e de diversa natureza. Poderiamos distinguir entre factores que lles demos en chamar “tanxibles”,
directamente vinculados ao mercado da formación no momento presente, e o noso posicionamento
ao respecto, e factores “intanxibles”, vinculados á filosofía e política da nosa organización e ao seu
sistema de calidade, máis concretamente á visión estratéxica que definimos para a Fundación.

      O tanxible:

     Porque non hai elección, o “e-learning” é inevitable
     Porque cómpre adoptar un enfoque curricular por competencias
     Porque debemos aumentar e diversificar a oferta de recursos formativos e optimizalos
     Polo deseño dun mapa de coñecementos convertido en elemento dun contorno de
     aprendizaxe baseado en obxectos
     Pola importancia de conformar redes de colaboración con outras institucións e persoas para
     compartir experiencias e coñecementos
     Porque nos equipamos e preparamos para iso


      O intanxible:

   Os fins de Forem Galicia aprobados nos seus estatutos son:
        Colaborar no desenvolvemento dunha sociedade democrática e sostible baseada no
        coñecemento, o pleno emprego, a igualdade de oportunidades e a integración social
        Promover a utilización das TIC no ámbito produtivo e na vida cotiá.

   O sistema de calidade de Forem Galicia establece:
        A visión estratéxica de Forem Galicia é a dunha organización que aprende mediante a
        evolución e a adaptación



                                                                                                         3
Organización que aprende é aquela capaz de xestionar o coñecemento e fomentar a aprendizaxe das
    persoas que a compoñen. Xestión do coñecemento e e-learning establecen entre si unha sinerxía
    que cómpre explorarmos: ambos son procesos internos que utilizan a tecnoloxía para compartir e
    acceder á información axeitada no momento xusto e no contexto máis oportuno, mellorando a
    eficiencia da organización e o uso de procesos e contidos.
    Xestión do coñecemento, formación permanente, tendencia no desenvolvemento de sistemas
    formativos apoiados polas TIC e carencia de contidos e actividades soportados por formatos
    axeitados, xunto á misión e visión que Forem Galicia se impón da nosa sociedade determinan que
    o actual proxecto se constitúa en centro de interese e motivo de ocupación para nós.


       2.- QUE?
    Á hora de falarmos de obxectos de aprendizaxe (OA) e repositorios, cómpre partir dunha aclaración
    terminolóxica destes e outros termos asociados que permitan contextualizar axeitadamente o
    enfoque adoptado para a creación de Desire.


     A.- A web e o sistema e-learning
    Se a tecnoloxía web deu orixe ao modelo coñecido como e-learning, na práctica para levar a cabo
    un programa de formación baseado en e-learning bótase man de plataformas ou sistemas de
    software que permiten a comunicación e interacción entre profesores, alumnos e contidos. Téñense
    en conta dous tipos de plataformas: (infraestrutura e-learning )

       LMS (learning management systems) Desire emprega Moodle
       Encárgase dos procesos administrativos e de seguimento (organizar calendarios, rexistro de
       alumnos, lanzamento de cursos e-learning, facer o seguimento do progreso do alumno)

       LCMS (learning content management systems) Desire emprega Drupal
       Encárgase da xestión de contidos formativos (creación, publicación, almacenamento,
       recompilación e envío personalizado de contidos e-learning en forma de obxectos de aprendizaxe
       e cursos en liña.

    A proposta da incorporación dun modelo e-learning non é doada e require especial atención o
    desenvolvemento de contidos tanto dende a perspectiva pedagóxica como tecnolóxica. Así xorde
    o concepto de obxecto de aprendizaxe.


     B.- Obxecto de aprendizaxe
        Definición
    “Calquera recurso autocontido, cunha intención formativa, composto dun ou varios elementos
    dixitais, descrito con metadatos, que poida ser utilizado e reutilizado dentro dun contorno e-learning”.
    Os obxectos de aprendizaxe posúen certas características como son tratarse de recursos dixitais, a
    granularidade ou ser autocontidos.



4
Compoñentes internos:

         Obxectivo instrucional
         Contido
         Actividade ou estratexia de aprendizaxe
         Avaliación

    Atributos:

         Reutilizables
         Accesibles
         Interoperables
         Durables
         Portables

Unha das posibilidades de produción de OA propón un modelo centrado no docente. Este traballa
de xeito autónomo na elaboración do seu material e constitúese no actor principal no deseño,
construción e implementación do obxecto. Coa chegada da web 2.0 e as ferramentas de autor, as
posibilidades de innovación pedagóxica amplíanse expoñencialmente, así como a apropiación das
TIC no contexto formativo. Estas ferramentas facilítanlles a deseñadores instrucionais, docentes e
alumnos o deseño de ambientes de aprendizaxe e OA sen necesidade de coñecementos da linguaxe
de programación. Desire é un claro exemplo dos resultados do seu emprego.


 C.-Estándares e especificacións
O manexo de diferentes tipos de recursos, para diferentes aplicacións e con distintas tecnoloxías-realidade
na que se move o contorno e-learning- fai que a estandarización se volva un tópico clave para seguir
operando ou crecendo as actuais aplicacións.
Fan falla recursos dixitais, pero para atopalos e poder usalos é preciso clasificalos previamente. Unha
vez se fai, convértense en obxectos de aprendizaxe. Os obxectos de aprendizaxe deben estar
recollidos e organizados en metadatos, de tal xeito que o usuario poida identificalos, localizalos e
utilizalos. LOM-es é o estándar elixido para Desire.

    Metadatos:
Os metadatos son un conxunto de atributos ou elementos necesarios para describir un recurso.
    LOM:
Learning Object Medatada (LOM) especifica a semántica e a sintáctica dun conxunto mínimo de
metadatos necesario para, completa e axeitadamente, identificar, administrar, localizar e avaliar un
OA. Contempla 9 categorías, 76 elementos e é expandible.
O seu propósito é facilitar sistemas automáticos na tarefa de buscar, compartir e intercambiar OA.




                                                                                                              5
D.-Repositorios
    Coa aparición do e-learning e dos OA xorden necesidades particulares para xestionar os contidos
    formativos e os ROA posiciónanse como ferramentas que teñen como función almacenar recursos,
    facelos dispoñibles e compartilos con outras aplicacións, facilitando o fluxo de contidos e a expansión
    de servizos. Isto é posible grazas á estandarización.

        Definición:
    É un lugar central no que a información se almacena e mantén. Un repositorio pode ser un lugar
    onde múltiples bases de datos ou ficheiros están localizados para seren distribuídos sobre unha rede
    de ordenadores.
    Aspecto para destacar é que os ROA non necesariamente recollen fisicamente o obxecto que
    conteñen, abóndalles con “apuntar” a eles.

        Tipos:

          Repositorios de metadatos
          Conteñen só os metadatos dos obxectos

          Repositorios de recursos
          Conteñen tanto os obxectos co seu contido como os seus metadatos

    Desire pretende ser un repositorio mixto no que se fai unha combinación destes dous tipos
    mencionados.




6
3.- FASES DO PROXECTO
As fases do proxecto están deseñadas de xeito que os resultados de cada actividade son utilizados
como punto de partida para a actividade seguinte, establecendo desta maneira unha conexión que
permite o aproveitamento dos resultados obtidos.

     Análise documental e deseño de bases de datos
     Xeración das ferramentas de actualización e busca
     Experiencia piloto
     Presentación e difusión da xornada técnica
     Elaboración de informes finais


 FASE 1 - ANÁLISE DOCUMENTAL E DESEÑO DAS BBDD

 1.- Estándar LOM-ES
Os recursos desenvolvidos para o proxecto etiquetaranse para a súa adaptación aos estándares
recoñecidos na aprendizaxe electrónica.
A información LOM-ES estrutúrase en categorías, dentro de cada unha hai campos obrigatorios,
recomendables e opcionais.




     Estudo e determinación das etiquetas do estándar LOM-ES

     • Borrador da proposta do estándar IEEE-SA 1484.12, traducido e aprobado polo Comité
       Revisor do IEEE o 12 de xuño de 2002
     • GT9 / GT8 - SC 36/AENOR Perfil de aplicación LOM-es v.1.0.

     Esquema base de metadatos
     Ficha Metadatos proposta




                                                                                                    7
2.- Definición de prestacións e procedementos de actuación

       Determinación das prestacións finais do sistema:

       • Sistema de repositorio de obxectos de aprendizaxe baseado nas unidades de competencia
         do sistema nacional de cualificacións
       • Permite publicar recursos e compartilos mediante un sistema de etiquetaxe simple e deseño
         das bases de datos

       Determinación dos procedementos de actuación do sistema por parte dos usuarios que
       colaboren nel


                       REPOSITORIO
                                                                                       se incorpora
                          DESIRE



                  é un conxunto de    etiquétanse     ESTÁNDAR                        ESPECIFICACIÓN
                                        segundo        LOM-ES                          SCORM 2OO4


                        RECURSOS
                       DIDÁCTICOS                    revísase
                                                                   aceptado

               achegados       administrado         PROCESO DE                          RECURSO
                  por              por                                    rexeitado
                                                    VALIDACIÓN                        NON PUBLICABLE


                                                       entre
        ADMINISTRACIÓNS
         E PROVEDORES            USUARIOS


                                poden ser                        IGUAIS




             DOCENTE       CREADOR    COORDINADOR     REVISOR




8
3.- Deseño da estrutura da base de datos

   Debe recoller:

   • Información sobre os OA (obxecto de aprendizaxe) e os propios recursos

   Debe facilitar:

   • Respostas rápidas a consultas
   Punto clave:

   • Relación entre os OA e o SNC (sistema nacional de cualificacións)

   Modelo E-R:

   • Recolle as entidades relevantes no noso sistema de repositorios, as súas relacións e
     propiedades
   • Todas as entidades ‘xiran’ arredor do obxecto de aprendizaxe
   • Análise documental e deseño das bases de datos




                                                                                            9
CMS 1                                                                  INSTALAR
                                           .
                                      S....
                                 CM                                                                                              E PROBAR
                                                       CMS 1
                                   CMS 2
                                                                                                    .
                                     CM                                                        S....
                                        S..
                                            ...                                          CM
                                 CMS 2                                                                      CMS 1
                            CM
                             S2




                                                      .
                                               S....              CARACTERÍSTICAS        CMS 2
                                                                                                                                             CMS 2
                                       CM                                                                              ANÁLISE
                            CMS.....                              IMPRESCINDIBLES
                                                                  +POPULARIDADE                        CM              FINA
                                                                                                         S....
                                                  CM




                                                                                                              .
                                                          S1




                                                                                                                                         .
                                 CM
                                   S.... MS.....                                                                                    S....
                                        .C                                                                                        CM
                                                                                    CM                                                        CMS 1
                                                   ..                                 S....
                                       CMS...                                              .            CMS 2
                                                                   PRIMEIRO FILTRO                                     SEGUNDO FILTRO
                                                          CM
                                 CM




                                                           S1
                                   S2




                                                                                     CM
                                      CM
                                              S....




                                                                                          S2
                                                   .



                                                                                     MÁXIMO 10                                         MÁXIMO 3




     4.- Sistema de xestión de contidos

         Selección do CMS (Content Management System, Sistema de Xestión de Contidos):

         • Exame de informes dispoñibles
         • Características críticas para eliminar moitos CMS

         Factores principais:


          Requisitos             Seguridade                             Facilidade de uso                            Rendemento /
                                                                                                                     Administración                   Interoperatividade
            15%                     15%                                        20%                                       10%

         Servidor web              Captchas                                   Arrastrar e                           Administración en                        RSS
                                                                               colocar                                    liña
       Sistema operativo                         SSL                                                                                                     Soporte FTP
                                                                          URL amigables                                Xestión de
            Licenza                    Sesións                                                                                                           Soporte CGI
                                                                                                                      temas/estilos
                                                                         Redimensionado
            Última          Autenticacións                                                                                                                Enquisas
                                                                            de imaxes                                Estatísticas web
         actualización     externas (LDAP,
                                                                                                                                                        Accesibilidade
                            Kerberos, etc)                                                                          Xestión de perfís
             Blog




10
5.- Propostas de interfaces gráficas

     Proposta gráfica de identificación do proxecto




 FASE 2 - XERACIÓN DAS FERRAMENTAS DE ACTUALIZACIÓN E BUSCA
Deseño dos formatos visuais de presentación de datos, recollida e presentación de obxectos e de
todos os sistemas de interrogación e actualización do servizo de repositorio.


 1.- Deseñar as pantallas e formatos visuais de presentación dos datos

     Busca obxectos de aprendizaxe
     Consulta da ficha do obxecto de aprendizaxe
     Xeración das ferramentas de actualización e busca


                                                                                                  11
Votación do obxecto de aprendizaxe




     Xeración das ferramentas de actualización e busca

     Valoración do obxecto de aprendizaxe

     Cambio do estado do obxecto de aprendizaxe



12
2.- Xeración das ferramentas de actualización e busca

   Implementación modular dos sistemas de interrogación, formularios e todas as ferramentas
   que se van utilizar no repositorio

   • Probas de introdución de obxectos
   • Probas de formularios de avaliación propostos

   Guía de estilo de Desire


3.- Deseño da páxina: interfaces gráficas, follas de estilo e determinación dos apartados
específicos




                                                                                              13
Xeración das ferramentas de actualización e busca

            Interfaces gráficas

            Follas de estilo

            Apartados específicos:




      FASE 3 - EXPERIENCIA PILOTO
     Introdución no sistema de obxectos de aprendizaxe
            Busca e incorporación de obxectos dispoñibles

            • Elaboración propia
            • Deseñados para a ocasión
                - Encerado dixital interactivo
                - Ferramentas de autor baseadas no software libre
            • Terceiros
            Concurso para ‘taskforces’


      CURSO                                             OBXECTO DO CERTAME

      PDI                                              Rotafolios e vídeo do lector para sesión
                                                       presencial de 5 horas

      FERRAMENTAS DE AUTOR                             Paquete SCORM para 10 horas de teleformación

      AMBOS OS DOUS CURSOS EN CONXUNTO                 Avaliación dixital para unha unidade de
                                                       competencia completa




14
Certame de obxectos de aprendizaxe




4.- ONDE?

DESCRICIÓN

  Descrición breve do sitio: bloques públicos, privados

  Inicio de sesión/rexistro/recuperar contrasinal




  • Bloques públicos
      - Cabeceira
      - Desire
      - Demos e proxecto
  • Bloques privados
      - Usuario do repositorio
      - Administradores/editores




                                                          15
OBXECTOS DE APRENDIZAXE

        Cómo subir obxectos

        • Subida de obxectos
        • Estados dun obxecto
        Cómo descargar obxectos

        Outras operacións con obxectos




     WEB 2.0 E DESIRE

        Elementos 2.0 e web colaborativa desire

        • Moodle
        • Twitter
        • Blogs
        • RSS

        Cara a onde camiña desire

        Tecnoloxía/licenzas empregadas en Desire

        • code.proxectodesire.eu
        • php, mysql, javacripts, gnu/linux, gpl, cc, cvs

        Distribución LIVE-DVD

        • Cómo se distribúe Desire
        • Qué é un LIVE-DVD


16

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Cuadernillo Desire

Proxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de AprendizajeProxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de Aprendizajeproxectodesire
 
Pfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordPfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordceipirmansvillar
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaEduardo Rodríguez Machado
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educaciónorientacionjuanadevega
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeLuciano Fernández
 
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)Juan Marcos Filgueira
 
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellanoGuia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellanonexosfilosofia
 
IntegracióN Das Tic Na Aula De Primaria
IntegracióN Das Tic Na Aula De PrimariaIntegracióN Das Tic Na Aula De Primaria
IntegracióN Das Tic Na Aula De Primariatic.primaria
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaRomán Landín
 
Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1
Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1
Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1Nacho Valverde
 

Ähnlich wie Cuadernillo Desire (20)

Proxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de AprendizajeProxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
 
Pfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordPfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 word
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
 
Plan tic 2010 2011
Plan tic 2010   2011Plan tic 2010   2011
Plan tic 2010 2011
 
Memoria Pfac 2012
Memoria Pfac 2012Memoria Pfac 2012
Memoria Pfac 2012
 
TIC practica 1
TIC practica 1TIC practica 1
TIC practica 1
 
e-Learning
e-Learninge-Learning
e-Learning
 
Presentacion xeral
Presentacion xeralPresentacion xeral
Presentacion xeral
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educación
 
EVA
EVAEVA
EVA
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na rede
 
Grupo De Traballo
Grupo De TraballoGrupo De Traballo
Grupo De Traballo
 
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)
 
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellanoGuia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
 
Workshop - ODS Portal
Workshop - ODS PortalWorkshop - ODS Portal
Workshop - ODS Portal
 
IntegracióN Das Tic Na Aula De Primaria
IntegracióN Das Tic Na Aula De PrimariaIntegracióN Das Tic Na Aula De Primaria
IntegracióN Das Tic Na Aula De Primaria
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
 
Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1
Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1
Creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1
 
Gt 2013 14 presentacion fase2
Gt 2013 14 presentacion fase2Gt 2013 14 presentacion fase2
Gt 2013 14 presentacion fase2
 
Gt 2013 14 presentacion fase2
Gt 2013 14 presentacion fase2Gt 2013 14 presentacion fase2
Gt 2013 14 presentacion fase2
 

Mehr von Carlos Parada Gandos

MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impreso
MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impresoMF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impreso
MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impresoCarlos Parada Gandos
 
Carlos Parada Trayectoria Profesional COMPLETA [2015]
Carlos Parada Trayectoria Profesional COMPLETA [2015]Carlos Parada Trayectoria Profesional COMPLETA [2015]
Carlos Parada Trayectoria Profesional COMPLETA [2015]Carlos Parada Gandos
 
MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impreso
MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impresoMF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impreso
MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impresoCarlos Parada Gandos
 
Posgrado Especialista en Orientación Laboral 2015_Presentación TIC
Posgrado Especialista en Orientación Laboral 2015_Presentación TICPosgrado Especialista en Orientación Laboral 2015_Presentación TIC
Posgrado Especialista en Orientación Laboral 2015_Presentación TICCarlos Parada Gandos
 
Aplicaciones metodológicas de las TIC [sesión 3]
Aplicaciones metodológicas de las TIC [sesión 3] Aplicaciones metodológicas de las TIC [sesión 3]
Aplicaciones metodológicas de las TIC [sesión 3] Carlos Parada Gandos
 
Aplicaciones metodológicas TIC_Sesión 2 [Blogs]
Aplicaciones metodológicas TIC_Sesión 2 [Blogs]Aplicaciones metodológicas TIC_Sesión 2 [Blogs]
Aplicaciones metodológicas TIC_Sesión 2 [Blogs]Carlos Parada Gandos
 
Twitter: unha aproximación para a conversa
Twitter: unha aproximación para a conversaTwitter: unha aproximación para a conversa
Twitter: unha aproximación para a conversaCarlos Parada Gandos
 
Especialista en Orientación Laboral Edición 2014 [breve]
Especialista en Orientación Laboral Edición 2014 [breve]Especialista en Orientación Laboral Edición 2014 [breve]
Especialista en Orientación Laboral Edición 2014 [breve]Carlos Parada Gandos
 
Mostra de contidos para eLearning v1
Mostra de contidos para eLearning v1Mostra de contidos para eLearning v1
Mostra de contidos para eLearning v1Carlos Parada Gandos
 

Mehr von Carlos Parada Gandos (20)

MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impreso
MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impresoMF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impreso
MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impreso
 
Carlos Parada Trayectoria Profesional COMPLETA [2015]
Carlos Parada Trayectoria Profesional COMPLETA [2015]Carlos Parada Trayectoria Profesional COMPLETA [2015]
Carlos Parada Trayectoria Profesional COMPLETA [2015]
 
MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impreso
MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impresoMF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impreso
MF1433_3 Deseño e elaboración de material didactico impreso
 
Posgrado Especialista en Orientación Laboral 2015_Presentación TIC
Posgrado Especialista en Orientación Laboral 2015_Presentación TICPosgrado Especialista en Orientación Laboral 2015_Presentación TIC
Posgrado Especialista en Orientación Laboral 2015_Presentación TIC
 
Aplicaciones metodológicas de las TIC [sesión 3]
Aplicaciones metodológicas de las TIC [sesión 3] Aplicaciones metodológicas de las TIC [sesión 3]
Aplicaciones metodológicas de las TIC [sesión 3]
 
Aplicaciones metodológicas TIC_Sesión 2 [Blogs]
Aplicaciones metodológicas TIC_Sesión 2 [Blogs]Aplicaciones metodológicas TIC_Sesión 2 [Blogs]
Aplicaciones metodológicas TIC_Sesión 2 [Blogs]
 
About me: É sobre min
About me: É sobre minAbout me: É sobre min
About me: É sobre min
 
Twitter: unha aproximación para a conversa
Twitter: unha aproximación para a conversaTwitter: unha aproximación para a conversa
Twitter: unha aproximación para a conversa
 
Especialista en Orientación Laboral Edición 2014 [breve]
Especialista en Orientación Laboral Edición 2014 [breve]Especialista en Orientación Laboral Edición 2014 [breve]
Especialista en Orientación Laboral Edición 2014 [breve]
 
www.carballoteleformacion.org
www.carballoteleformacion.orgwww.carballoteleformacion.org
www.carballoteleformacion.org
 
Carlos Parada Trayectoria 2013
Carlos Parada Trayectoria 2013Carlos Parada Trayectoria 2013
Carlos Parada Trayectoria 2013
 
Mostra de contidos para eLearning v1
Mostra de contidos para eLearning v1Mostra de contidos para eLearning v1
Mostra de contidos para eLearning v1
 
1 competencias 2.0 [y 2]
1 competencias 2.0 [y 2]1 competencias 2.0 [y 2]
1 competencias 2.0 [y 2]
 
1 competencias 2.0 [1]
1 competencias 2.0 [1]1 competencias 2.0 [1]
1 competencias 2.0 [1]
 
2_6_perfil_profesional_Linkedin
2_6_perfil_profesional_Linkedin2_6_perfil_profesional_Linkedin
2_6_perfil_profesional_Linkedin
 
Moodle 2 : Recursos Estáticos
Moodle 2 : Recursos EstáticosMoodle 2 : Recursos Estáticos
Moodle 2 : Recursos Estáticos
 
PDI estrategias docentes
PDI estrategias docentesPDI estrategias docentes
PDI estrategias docentes
 
Moodle 2: Repositorios
Moodle 2: RepositoriosMoodle 2: Repositorios
Moodle 2: Repositorios
 
Moodle 2: Esqueleto de curso
Moodle 2: Esqueleto de cursoMoodle 2: Esqueleto de curso
Moodle 2: Esqueleto de curso
 
Moodle 2: Matriculación y Roles
Moodle 2: Matriculación y RolesMoodle 2: Matriculación y Roles
Moodle 2: Matriculación y Roles
 

Cuadernillo Desire

  • 1. Desenvolvemento dun sistema para repositorio on line (con licenza GPL) de obxectos de aprendizaxe ligados a certificados de profesionalidade Acción Complementaria e de Acompañamento á Formación. Convocatoria 2008-2009 (Orde 6 de novembro de 2008) 1
  • 2. 2
  • 3. INTRODUCIÓN Para Forem-Galicia, no actual modelo de sociedade caracterizado pola chegada e implantación da sociedade do coñecemento e acelerado progreso científico e tecnolóxico, a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) á docencia non é unha opción, senón unha obriga das institucións e entidades educacionais e formativas. Obxectivamente, aumentan as necesidades de incrementar a oferta de actualización e formación permanente dispoñible nas máis variadas condicións e circunstancias, para unha poboación cada vez máis ampla e que aprende de xeito continuo, en constante interacción coa sociedade do coñecemento na que está inmersa. 1.- POR QUE? Os motivos que subxacen para que Forem Galicia centre a súa atención no desenvolvemento dun repositorio de obxectos de aprendizaxe (ROA) ligado aos certificados de profesionalidade son múltiples e de diversa natureza. Poderiamos distinguir entre factores que lles demos en chamar “tanxibles”, directamente vinculados ao mercado da formación no momento presente, e o noso posicionamento ao respecto, e factores “intanxibles”, vinculados á filosofía e política da nosa organización e ao seu sistema de calidade, máis concretamente á visión estratéxica que definimos para a Fundación. O tanxible: Porque non hai elección, o “e-learning” é inevitable Porque cómpre adoptar un enfoque curricular por competencias Porque debemos aumentar e diversificar a oferta de recursos formativos e optimizalos Polo deseño dun mapa de coñecementos convertido en elemento dun contorno de aprendizaxe baseado en obxectos Pola importancia de conformar redes de colaboración con outras institucións e persoas para compartir experiencias e coñecementos Porque nos equipamos e preparamos para iso O intanxible: Os fins de Forem Galicia aprobados nos seus estatutos son: Colaborar no desenvolvemento dunha sociedade democrática e sostible baseada no coñecemento, o pleno emprego, a igualdade de oportunidades e a integración social Promover a utilización das TIC no ámbito produtivo e na vida cotiá. O sistema de calidade de Forem Galicia establece: A visión estratéxica de Forem Galicia é a dunha organización que aprende mediante a evolución e a adaptación 3
  • 4. Organización que aprende é aquela capaz de xestionar o coñecemento e fomentar a aprendizaxe das persoas que a compoñen. Xestión do coñecemento e e-learning establecen entre si unha sinerxía que cómpre explorarmos: ambos son procesos internos que utilizan a tecnoloxía para compartir e acceder á información axeitada no momento xusto e no contexto máis oportuno, mellorando a eficiencia da organización e o uso de procesos e contidos. Xestión do coñecemento, formación permanente, tendencia no desenvolvemento de sistemas formativos apoiados polas TIC e carencia de contidos e actividades soportados por formatos axeitados, xunto á misión e visión que Forem Galicia se impón da nosa sociedade determinan que o actual proxecto se constitúa en centro de interese e motivo de ocupación para nós. 2.- QUE? Á hora de falarmos de obxectos de aprendizaxe (OA) e repositorios, cómpre partir dunha aclaración terminolóxica destes e outros termos asociados que permitan contextualizar axeitadamente o enfoque adoptado para a creación de Desire. A.- A web e o sistema e-learning Se a tecnoloxía web deu orixe ao modelo coñecido como e-learning, na práctica para levar a cabo un programa de formación baseado en e-learning bótase man de plataformas ou sistemas de software que permiten a comunicación e interacción entre profesores, alumnos e contidos. Téñense en conta dous tipos de plataformas: (infraestrutura e-learning ) LMS (learning management systems) Desire emprega Moodle Encárgase dos procesos administrativos e de seguimento (organizar calendarios, rexistro de alumnos, lanzamento de cursos e-learning, facer o seguimento do progreso do alumno) LCMS (learning content management systems) Desire emprega Drupal Encárgase da xestión de contidos formativos (creación, publicación, almacenamento, recompilación e envío personalizado de contidos e-learning en forma de obxectos de aprendizaxe e cursos en liña. A proposta da incorporación dun modelo e-learning non é doada e require especial atención o desenvolvemento de contidos tanto dende a perspectiva pedagóxica como tecnolóxica. Así xorde o concepto de obxecto de aprendizaxe. B.- Obxecto de aprendizaxe Definición “Calquera recurso autocontido, cunha intención formativa, composto dun ou varios elementos dixitais, descrito con metadatos, que poida ser utilizado e reutilizado dentro dun contorno e-learning”. Os obxectos de aprendizaxe posúen certas características como son tratarse de recursos dixitais, a granularidade ou ser autocontidos. 4
  • 5. Compoñentes internos: Obxectivo instrucional Contido Actividade ou estratexia de aprendizaxe Avaliación Atributos: Reutilizables Accesibles Interoperables Durables Portables Unha das posibilidades de produción de OA propón un modelo centrado no docente. Este traballa de xeito autónomo na elaboración do seu material e constitúese no actor principal no deseño, construción e implementación do obxecto. Coa chegada da web 2.0 e as ferramentas de autor, as posibilidades de innovación pedagóxica amplíanse expoñencialmente, así como a apropiación das TIC no contexto formativo. Estas ferramentas facilítanlles a deseñadores instrucionais, docentes e alumnos o deseño de ambientes de aprendizaxe e OA sen necesidade de coñecementos da linguaxe de programación. Desire é un claro exemplo dos resultados do seu emprego. C.-Estándares e especificacións O manexo de diferentes tipos de recursos, para diferentes aplicacións e con distintas tecnoloxías-realidade na que se move o contorno e-learning- fai que a estandarización se volva un tópico clave para seguir operando ou crecendo as actuais aplicacións. Fan falla recursos dixitais, pero para atopalos e poder usalos é preciso clasificalos previamente. Unha vez se fai, convértense en obxectos de aprendizaxe. Os obxectos de aprendizaxe deben estar recollidos e organizados en metadatos, de tal xeito que o usuario poida identificalos, localizalos e utilizalos. LOM-es é o estándar elixido para Desire. Metadatos: Os metadatos son un conxunto de atributos ou elementos necesarios para describir un recurso. LOM: Learning Object Medatada (LOM) especifica a semántica e a sintáctica dun conxunto mínimo de metadatos necesario para, completa e axeitadamente, identificar, administrar, localizar e avaliar un OA. Contempla 9 categorías, 76 elementos e é expandible. O seu propósito é facilitar sistemas automáticos na tarefa de buscar, compartir e intercambiar OA. 5
  • 6. D.-Repositorios Coa aparición do e-learning e dos OA xorden necesidades particulares para xestionar os contidos formativos e os ROA posiciónanse como ferramentas que teñen como función almacenar recursos, facelos dispoñibles e compartilos con outras aplicacións, facilitando o fluxo de contidos e a expansión de servizos. Isto é posible grazas á estandarización. Definición: É un lugar central no que a información se almacena e mantén. Un repositorio pode ser un lugar onde múltiples bases de datos ou ficheiros están localizados para seren distribuídos sobre unha rede de ordenadores. Aspecto para destacar é que os ROA non necesariamente recollen fisicamente o obxecto que conteñen, abóndalles con “apuntar” a eles. Tipos: Repositorios de metadatos Conteñen só os metadatos dos obxectos Repositorios de recursos Conteñen tanto os obxectos co seu contido como os seus metadatos Desire pretende ser un repositorio mixto no que se fai unha combinación destes dous tipos mencionados. 6
  • 7. 3.- FASES DO PROXECTO As fases do proxecto están deseñadas de xeito que os resultados de cada actividade son utilizados como punto de partida para a actividade seguinte, establecendo desta maneira unha conexión que permite o aproveitamento dos resultados obtidos. Análise documental e deseño de bases de datos Xeración das ferramentas de actualización e busca Experiencia piloto Presentación e difusión da xornada técnica Elaboración de informes finais FASE 1 - ANÁLISE DOCUMENTAL E DESEÑO DAS BBDD 1.- Estándar LOM-ES Os recursos desenvolvidos para o proxecto etiquetaranse para a súa adaptación aos estándares recoñecidos na aprendizaxe electrónica. A información LOM-ES estrutúrase en categorías, dentro de cada unha hai campos obrigatorios, recomendables e opcionais. Estudo e determinación das etiquetas do estándar LOM-ES • Borrador da proposta do estándar IEEE-SA 1484.12, traducido e aprobado polo Comité Revisor do IEEE o 12 de xuño de 2002 • GT9 / GT8 - SC 36/AENOR Perfil de aplicación LOM-es v.1.0. Esquema base de metadatos Ficha Metadatos proposta 7
  • 8. 2.- Definición de prestacións e procedementos de actuación Determinación das prestacións finais do sistema: • Sistema de repositorio de obxectos de aprendizaxe baseado nas unidades de competencia do sistema nacional de cualificacións • Permite publicar recursos e compartilos mediante un sistema de etiquetaxe simple e deseño das bases de datos Determinación dos procedementos de actuación do sistema por parte dos usuarios que colaboren nel REPOSITORIO se incorpora DESIRE é un conxunto de etiquétanse ESTÁNDAR ESPECIFICACIÓN segundo LOM-ES SCORM 2OO4 RECURSOS DIDÁCTICOS revísase aceptado achegados administrado PROCESO DE RECURSO por por rexeitado VALIDACIÓN NON PUBLICABLE entre ADMINISTRACIÓNS E PROVEDORES USUARIOS poden ser IGUAIS DOCENTE CREADOR COORDINADOR REVISOR 8
  • 9. 3.- Deseño da estrutura da base de datos Debe recoller: • Información sobre os OA (obxecto de aprendizaxe) e os propios recursos Debe facilitar: • Respostas rápidas a consultas Punto clave: • Relación entre os OA e o SNC (sistema nacional de cualificacións) Modelo E-R: • Recolle as entidades relevantes no noso sistema de repositorios, as súas relacións e propiedades • Todas as entidades ‘xiran’ arredor do obxecto de aprendizaxe • Análise documental e deseño das bases de datos 9
  • 10. CMS 1 INSTALAR . S.... CM E PROBAR CMS 1 CMS 2 . CM S.... S.. ... CM CMS 2 CMS 1 CM S2 . S.... CARACTERÍSTICAS CMS 2 CMS 2 CM ANÁLISE CMS..... IMPRESCINDIBLES +POPULARIDADE CM FINA S.... CM . S1 . CM S.... MS..... S.... .C CM CM CMS 1 .. S.... CMS... . CMS 2 PRIMEIRO FILTRO SEGUNDO FILTRO CM CM S1 S2 CM CM S.... S2 . MÁXIMO 10 MÁXIMO 3 4.- Sistema de xestión de contidos Selección do CMS (Content Management System, Sistema de Xestión de Contidos): • Exame de informes dispoñibles • Características críticas para eliminar moitos CMS Factores principais: Requisitos Seguridade Facilidade de uso Rendemento / Administración Interoperatividade 15% 15% 20% 10% Servidor web Captchas Arrastrar e Administración en RSS colocar liña Sistema operativo SSL Soporte FTP URL amigables Xestión de Licenza Sesións Soporte CGI temas/estilos Redimensionado Última Autenticacións Enquisas de imaxes Estatísticas web actualización externas (LDAP, Accesibilidade Kerberos, etc) Xestión de perfís Blog 10
  • 11. 5.- Propostas de interfaces gráficas Proposta gráfica de identificación do proxecto FASE 2 - XERACIÓN DAS FERRAMENTAS DE ACTUALIZACIÓN E BUSCA Deseño dos formatos visuais de presentación de datos, recollida e presentación de obxectos e de todos os sistemas de interrogación e actualización do servizo de repositorio. 1.- Deseñar as pantallas e formatos visuais de presentación dos datos Busca obxectos de aprendizaxe Consulta da ficha do obxecto de aprendizaxe Xeración das ferramentas de actualización e busca 11
  • 12. Votación do obxecto de aprendizaxe Xeración das ferramentas de actualización e busca Valoración do obxecto de aprendizaxe Cambio do estado do obxecto de aprendizaxe 12
  • 13. 2.- Xeración das ferramentas de actualización e busca Implementación modular dos sistemas de interrogación, formularios e todas as ferramentas que se van utilizar no repositorio • Probas de introdución de obxectos • Probas de formularios de avaliación propostos Guía de estilo de Desire 3.- Deseño da páxina: interfaces gráficas, follas de estilo e determinación dos apartados específicos 13
  • 14. Xeración das ferramentas de actualización e busca Interfaces gráficas Follas de estilo Apartados específicos: FASE 3 - EXPERIENCIA PILOTO Introdución no sistema de obxectos de aprendizaxe Busca e incorporación de obxectos dispoñibles • Elaboración propia • Deseñados para a ocasión - Encerado dixital interactivo - Ferramentas de autor baseadas no software libre • Terceiros Concurso para ‘taskforces’ CURSO OBXECTO DO CERTAME PDI Rotafolios e vídeo do lector para sesión presencial de 5 horas FERRAMENTAS DE AUTOR Paquete SCORM para 10 horas de teleformación AMBOS OS DOUS CURSOS EN CONXUNTO Avaliación dixital para unha unidade de competencia completa 14
  • 15. Certame de obxectos de aprendizaxe 4.- ONDE? DESCRICIÓN Descrición breve do sitio: bloques públicos, privados Inicio de sesión/rexistro/recuperar contrasinal • Bloques públicos - Cabeceira - Desire - Demos e proxecto • Bloques privados - Usuario do repositorio - Administradores/editores 15
  • 16. OBXECTOS DE APRENDIZAXE Cómo subir obxectos • Subida de obxectos • Estados dun obxecto Cómo descargar obxectos Outras operacións con obxectos WEB 2.0 E DESIRE Elementos 2.0 e web colaborativa desire • Moodle • Twitter • Blogs • RSS Cara a onde camiña desire Tecnoloxía/licenzas empregadas en Desire • code.proxectodesire.eu • php, mysql, javacripts, gnu/linux, gpl, cc, cvs Distribución LIVE-DVD • Cómo se distribúe Desire • Qué é un LIVE-DVD 16