SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 7
Downloaden Sie, um offline zu lesen
08_ Viaxe á lingua e á literatura galegas do XIX
Antes de comezar

    Elaborade entre toda a clase unha listaxe de escritoras galegas e escritores
     galegos. Clasificádeos por épocas.

Lede atentamente o seguinte fragmento do prólogo a Caldo de Grelos, obra de R. Armada
Teijeiro, que escribiu Curros Enríquez:

“Mais dise comunmente: escribir en catalán ou en galego, podendo escribir en castelán
para que o entendan todos, é unha grande proba de egoísmo. Antes ao contrario, egoísta
é o que pretende obrigar ao escritor a empregar a linguaxe oficial imposta, que pode non
dominar tanto como a súa, sen fixarse en que cohíbe a súa liberdade e en que escribindo
en castelán quizais o entendesen todos menos aqueles que máis lle interesa que o
entendan. Poderá suceder que os que cultivan os dialectos con preferencia aos idiomas
dominantes, expresen neles ideas e conceptos que merezan e deban ser divulgados por
todas partes e coñecidos por toda clase de xentes; mais, neste caso, o escritor galego ou
catalán, non é máis egoísta que o o alemán ou o francés, que obriga a que os traduzan; e
se para traducilos hai que coñecer previamente a linguaxe da rexión para a que
escribiron, iso irán gañando a filoloxía e a causa do progreso.”

    Que razóns utiliza Curros para defender o emprego do galego na literatura?
    A que lingua se refire Curros cando di “linguaxe oficial imposta”?
    Poñede adxectivos ao substantivo lingua e asociádeos con algunhas linguas que
     coñezades.
    Asociade cales destes adxectivos teñen que ver con trazos propios da lingua e
     cales coa subxectividade dos seus falantes? Agrupamos non encerado as
     características subxectivas e con que poden ter que ver.
    Cal son as diferenzas entre linguas e dialectos? Con que sentido se utiliza aquí a
     palabra “dialecto”?
Un texto d’O divino sainete que tamén nos fala disto



 “ —Dígame, miña señora:                     polo argomento, que é forte,
¿É certo que na súa terra                    mais non estou convencido.
renace a poesía agora?
                                                Eu sosteño, e traio probas,
—Boubas que ceiban ó vento                   que Galicia esperta; dígao
catro soñadores tolos...                     a autora das Follas Novas.
¡Non lle hai tal renacemento!
                                              —¡Valente choromiqueira!
  —Non haberá; mais non quita                Poetas dese feitío
pra que Castelar o afirme.                   cómpranse a centos na feira.
—Xa lle eu tirei da lavita
                                                Fai anos que un mala peza
  En certa acasión... ¡Ten gracia            quixo coröala en vida
eso de chamar poetas                         i eu tireillo da cabeza.
a esas rans da democracia!
  —Non me maltrate ó grande home...           —Agora comprendo o gusto
¡El, ó fin, nas apuradas                     con que lle rezou pola alma...
é o que nos dá un pouco nome!                —Honrar ós mortos é xusto.

   De alguén sei que, tras de rirse           —Ese deber todos temos;
dil e dos seus ideales,                      pero inda máis xusto acho
cando quixo redemirse                        que ós vivos non deshonremos.

   do olvido, sentouno á mesa,                Mais a ilustre padronesa
fíxoo falar... i a eso debe                  deixando, pois, astra coido
valer o que val e pesa.                      que de mentala lle pesa.

—Se eso que di vai comigo,                    Diga e perdoe: ¿ises vates
mente. Eu brillo con luz propia.             que mostran tantos alentos
—Morra o conto...—¡Mente, digo!              para os modernos combates;

  I en demostra de que mente,                  ises Novos e Labartas,
faga o favor de ler ise                      ises Lagos, esas pelras
tomo, e despois escarmente.                  que surxen á luz en sartas;

  E de súpeto escoitando                      esa xeneración nova
un tumbo, baixei os ollos                    de parleiros rousinoles?...
e vin a meus pés, rolando,                   —Cantan... como Xan da Cova.

  un libro da nova escola                      Non quixen oír máis nada.
que cheira a Carulla ás légoas               —Vámonos, rogueille ó Mestre,
e fede que apesta a Zola.                    ¡ou fago unha xudiada!”

 —¿Convenceuse?—Estou ferido
 Lede o poema e aproveitade para preguntar todas as palabras, nomes,
      expresións que vos son alleas.
    Esa personaxe que repudia a nova literatura en galego correspóndese
      con unha escritora do XIX. Investigade quen era.
    Cales son as pexas que lle pon á literatura galega?
    E, en concreto, que afirma sobre Rosalía de Castro?

Revisade a vosa lista.
   Tivestes en conta o criterio da lingua á hora de elaborar a lista.
      Coñeciades á anterior escritora da que falamos?
    Fixádevos tamén no número de mulleres que aparecen e cal é a época
      da que coñecedes a máis escritores e escritoras.




ACTIVIDADE
Facemos un barómetro de valores.
      Precisamos un espazo amplo (patio, corredor, ximnasio). O voso
      profesor ou a vosa profesora vai traer seis sentenzas sobre esta
      cuestión que estamos a tratar. El ou ela van lelas de unha en unha e
      situaranse no medio do espazo. Vós debédesvos posicionar: a favor (no
      extremo dereito do espazo), en contra (no extremo esquerdo). Non
      podedes falar durante a actividade só podedes explicar o voso
      posicionamento cando a profesora ou o profesor vos dea a palabra. A
      medida que os compañeiros e as compañeiras vaian falando podedes
      modificar a vosa posición no espazo (sen falar, só observando). Canto
      máis vos acheguedes ao lugar no que está situado o profesor ou a
      profesora menos radicais seredes na vosa postura. Só podedes quedar
      polo centro dúas veces.


      “O galego non é unha lingua válida para a narración”
      “O mellor libro é o que se vende”
      “Publicar en galego só vende en Galiza”
Xa escoitamos moitas reflexións. Que vixencia teñen as ideas que expresa
Curros? Como se reflicte isto na literatura galega actual?


Estas cuestións na prensa da época e hoxe
Lede as dúas cartas ao director que reproducimos a seguir: unha de finais do
XIX e outra de finais do século XX.
•   Moitos dos artigos e cartas ao director que aparecen na prensa de hoxe, xa
    repiten temas que se trataban no século XIX. Comparade esta carta
    enviada á Revista Gallega no 1898 e o artigo asinado por Xosé M. Martínez
    Oca case cen anos despois, no 1995:

“Campo neutral”

Sr. Direitor da REVISTA GALLEGA

Señor e amigo: non hai moitos anos que para honra-la memoria de algús fillos
ilustres desta nobre cidade puxéronse unhas lápidas comemorativass nas
casas en que viviran Cornide e Lasagra, e a heroína Mayor Pita.
        Hoxe, con motivo do vil asesinato do tenente coronel D. Xaquín Ruis, de
que tanto se falou, iniciou algún a ideia que se puxese na casa onde nacera
esta nobre vítima da perfidia de unhos bárbaros, unha lápida comemorativa.
        Nada é máis xusto, e polo tanto non só non combatimos esto, senón que
polo contrario, non podemos menos de a louvar e desear que o que é só un
falar chegue logo a ser un feito. Pero ao mesmo tempo non deixa de me causar
certa estrañeza o que cando se fai algunha cousa para salvar do
esquencimento a lembranza de algun dino fillo deste pobo, e tendo polo tanto
este acto un ouxeto e un sabor puramente rexional, ou millor local, se use nas
inscriciós que se lle dedican, un lenguaxe que non é o do noso país.
        As iscriciós das lápidas antes ditas están nun idioma que non é o
popular de Galicia. ¿Por qué non se fixeron en gallego? Se pois, se chega a
face-la de Don Xaquín Ruis, poderá subsanar en parte esta falta (ou millor
inadvertencia) de amor ás cousas da nosa terra usando na iscrición que se
poña o idioma de Macías e de Rosalía de Castro.
        E xa que do idioma noso estamos falando, ocúrreseme que, actualmente
está pasando en Galicia unha verdadeira crisis filolóxica que ha de traer
seguramente, tarde ou cedo, unha grande revolta na curia, na xeografía e na
historia. Referímonos ás traduciós, ou millor, falsificaciós, dos nomes dos
lugares dos distritos rurás e aínda de rúas nas cidades e vilas. Vemos o lugar
de Acea d´ama convertido por algún corrutor ou enemigo do idioma de Galicia
en Haciadama; o de Zrezo convertido en Cerezo, Ordes convertido en
Órdenes; Fisterra convertido en Finisterre; o Cabo Vilán, convertido en Cabo
Villano, etc., etc. Outros lugares, sen duda por falta de atrevemento no tradutor
quedaron mitade en castellano e a mitade en gallego, coma Ponte do Porco,
que se convirtiu en Puente del Porco e aquí mesmo na Cruña a Rúa Nova
convertiuse en Ruanueva; o lugar dos Alcabaleiros en calle de Caballeros… e,
en fin, calaremos outros máis, e aínda máis disparatados porque cousas destas
non se cheguen a saber no estranxeiro onde se xusgaría mal da cultura dos
que trataron de semellantes troques de nomes con tanto lucimento; e aínda a
autoridade superior –o Istituto xeográfico e estadístico- debería poñer man
nesto para volve-las cousas ao seu e dar fin a tanta anarquía polos trastornos
que como dixemos pode causar ao propietario, ao viaxeiro, ao xeógrafo, ao
historiador e mais ao anticuario.
        Pero vexo que estas mal escritas liñas van a privar de ocupa-los esteos
da apreciabre REVISTA que vostede tan dinamente dirixe, con traballos de
máis interese e valía, e polo tanto deixo a pruma ofrecéndome de vostede
atento seguro servidor que beixa as súas maos.

                                       Un bon gallego.

                                 A Cruña aos 11 días do mes de Xaneiro do
ano 1898



“A importancia do nome”

Antigamente certos pobos mantiñan a crenza de que o vínculo entre o nome e
o obxecto ou suxeito denominado non é arbitraria, senón un elo entre dúas
partes vitais da propia personalidade. O nome propio era considerado unha
cousa sagrada, que non se podía cambiar, porque nel estaba contida a esencia
do suxeito nominado.
Hoxe descoñecemos o significado do topónimo desta cidade. Ignoramos que
razóns moveron ós nosos devanceiros para designar o núcleo urbano formado
nesta breve península atlántica co nome de A Coruña. Pero intuímos que entre
nome e cidade existe unha relación que non por descoñecida deixa de ser
importante.
Dentro do que na actualidade é núcleo urbano coruñés existe outra reste de
topónimos cun significado de fácil comprensión: Os Pelamios, Os Mallos, As
Lagoas, A Gaiteira, A Zapateira ou A Sardiñeira. ¿Sería o mesmo que lles
chamásemos Los Noques, Los Mazos, Las Lagunas, La Gaitera, La Zapatera
ou La Sardinera?
A teima parece cando menos ridícula, se non triste e acomplexada. ¿Por qué
hai logo quen quere modificar o nome da cidade que os engloba? ¿Por
complexo? ¿Por ignorancia? ¿Por alienación?
Por favor, que nolo deixen así, que non modifiquen algo que forma parte do
espírito da cidade, como tratan tamén de modificar o seu ser para convertela
en recinto amurallado e hostil contra canto a rodea, en lugar de porto aberto a
tódolos ventos, tódalas rotas do mar e tódalas liberdades, como sempre foi.

Xosé Manuel Martínez Oca, en A Coruña, Publicación eventual coruñesa, nº 1,
xullo de 1995.
Facémonos conscientes da realidade.

De xeito individual, imos cubrir unha quiniela para reflexionarmos sobre a
situación actual da lingua. En vez de partidos de fútbol, poñemos un ámbito
social do gal:

       se pensades que nel predomina o galego riscades o 1
   -
       se coidades que o galego e o castelán teñen igual presenza nese ámbito
   -
       riscades o X
       se pensades que é o castelán o que predomina riscades o 2
   -


ÁMBITO SOCIAL                                 GALEGO AMBAS CASTELÁN
Revistas (música, corazón, informática…)         1     X       2
Prensa diaria (xornais, deportivos…)             1     X       2
Programas da televisión                          1     X       2
Cine, DVD                                        1     X       2
Música (radio, discoteca, festas…)               1     X       2
Páxinas web, blogs…                              1     X       2
Xoguetes (bonecas, Playstation, PSP…)            1     X       2
Comercios (rótulos, carteis…)                    1     X       2
Etiquetas dos produtos                           1     X       2
Menús (móbil, televisión, mp4…)                  1     X       2
Libros de instrucións (neveira, dvd, ipod…)      1     X       2
Libros de lectura (bibliotecas, librarías…)      1     X       2
Materias no centro educativo                     1     X       2
Actividades extrescolares (deportes,             1     X       2
informática…)
Documentos cotiás (carné de identidade,          1          X           2
impresos administrativos, seguro da
moto…)


Despois de cuberta a quiniela individualmente, comentades o resultado e
intentade chegar a cubrir unha quiniela entre todos os membros da aula.

Engadídelle algún ámbito que estea presente na vosa vida e que non estea na
quiniela.

Que conclusións quitades sobre a situación do galego na nosa sociedade
despois do resultado?

Cales pensas que son as solucións para que o galego gañe esta quiniela? E
vós en que queredes contribuír?

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Was ist angesagt? (19)

Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
 
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
Xente ao lonxe   eduardo blanco amorXente ao lonxe   eduardo blanco amor
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 

Andere mochten auch

Asamblea general ordinaria2011
Asamblea general ordinaria2011Asamblea general ordinaria2011
Asamblea general ordinaria2011Ampas
 
Jam de dibujo (Reportaje fotográfico)
Jam de dibujo (Reportaje fotográfico)Jam de dibujo (Reportaje fotográfico)
Jam de dibujo (Reportaje fotográfico)proyectocomunicarte
 
Dicotomías en los Entornos Personales de Aprendizaje y las instituciones
Dicotomías en los Entornos Personales de Aprendizaje y las institucionesDicotomías en los Entornos Personales de Aprendizaje y las instituciones
Dicotomías en los Entornos Personales de Aprendizaje y las institucionesIsmael Peña-López
 
PLE en docencia: construcción de un caso práctico
PLE en docencia: construcción de un caso prácticoPLE en docencia: construcción de un caso práctico
PLE en docencia: construcción de un caso prácticoIsmael Peña-López
 
Practica sobre informatica y derecho
Practica sobre informatica y derechoPractica sobre informatica y derecho
Practica sobre informatica y derechomelissavitulas
 
Redes sociales y Alumni
Redes sociales y AlumniRedes sociales y Alumni
Redes sociales y AlumniJuli Boned
 
Liderazgo_webquest
Liderazgo_webquestLiderazgo_webquest
Liderazgo_webquestmajo26
 
Pres uca power (1)
Pres uca power (1)Pres uca power (1)
Pres uca power (1)graorti
 
I2kproductos
I2kproductosI2kproductos
I2kproductosReneperez
 
Chhholyyy
ChhholyyyChhholyyy
Chhholyyymina2
 
Trabajo colaborativo en las AAPP Segunda parte
Trabajo colaborativo en las AAPP Segunda parteTrabajo colaborativo en las AAPP Segunda parte
Trabajo colaborativo en las AAPP Segunda parteDepartament de Justicia
 
Agua
Agua Agua
Agua serra
 
El Ombligo del Mundo
El Ombligo del MundoEl Ombligo del Mundo
El Ombligo del Mundopacho54
 
Hotel Posada En Cuitzeo Michoacan 2c
Hotel Posada En Cuitzeo Michoacan 2cHotel Posada En Cuitzeo Michoacan 2c
Hotel Posada En Cuitzeo Michoacan 2cpagalik
 
Presentacion Alumnos Plataforma Gic
Presentacion Alumnos Plataforma GicPresentacion Alumnos Plataforma Gic
Presentacion Alumnos Plataforma GicJosé Triano
 
Integración de Adobe Flex y Google Maps: Aplicaciones Geográficas Enriquecida...
Integración de Adobe Flex y Google Maps: Aplicaciones Geográficas Enriquecida...Integración de Adobe Flex y Google Maps: Aplicaciones Geográficas Enriquecida...
Integración de Adobe Flex y Google Maps: Aplicaciones Geográficas Enriquecida...Kudos S.A.S
 

Andere mochten auch (20)

Asamblea general ordinaria2011
Asamblea general ordinaria2011Asamblea general ordinaria2011
Asamblea general ordinaria2011
 
Jam de dibujo (Reportaje fotográfico)
Jam de dibujo (Reportaje fotográfico)Jam de dibujo (Reportaje fotográfico)
Jam de dibujo (Reportaje fotográfico)
 
Dicotomías en los Entornos Personales de Aprendizaje y las instituciones
Dicotomías en los Entornos Personales de Aprendizaje y las institucionesDicotomías en los Entornos Personales de Aprendizaje y las instituciones
Dicotomías en los Entornos Personales de Aprendizaje y las instituciones
 
PLE en docencia: construcción de un caso práctico
PLE en docencia: construcción de un caso prácticoPLE en docencia: construcción de un caso práctico
PLE en docencia: construcción de un caso práctico
 
Practica sobre informatica y derecho
Practica sobre informatica y derechoPractica sobre informatica y derecho
Practica sobre informatica y derecho
 
Redes sociales y Alumni
Redes sociales y AlumniRedes sociales y Alumni
Redes sociales y Alumni
 
Liderazgo_webquest
Liderazgo_webquestLiderazgo_webquest
Liderazgo_webquest
 
Pres uca power (1)
Pres uca power (1)Pres uca power (1)
Pres uca power (1)
 
caricaturas
caricaturascaricaturas
caricaturas
 
comunicaciòn
comunicaciòncomunicaciòn
comunicaciòn
 
I2kproductos
I2kproductosI2kproductos
I2kproductos
 
Chhholyyy
ChhholyyyChhholyyy
Chhholyyy
 
Trabajo colaborativo en las AAPP Segunda parte
Trabajo colaborativo en las AAPP Segunda parteTrabajo colaborativo en las AAPP Segunda parte
Trabajo colaborativo en las AAPP Segunda parte
 
Agua
Agua Agua
Agua
 
El Ombligo del Mundo
El Ombligo del MundoEl Ombligo del Mundo
El Ombligo del Mundo
 
Derechos de autor en la web
Derechos de autor en la webDerechos de autor en la web
Derechos de autor en la web
 
Principito
PrincipitoPrincipito
Principito
 
Hotel Posada En Cuitzeo Michoacan 2c
Hotel Posada En Cuitzeo Michoacan 2cHotel Posada En Cuitzeo Michoacan 2c
Hotel Posada En Cuitzeo Michoacan 2c
 
Presentacion Alumnos Plataforma Gic
Presentacion Alumnos Plataforma GicPresentacion Alumnos Plataforma Gic
Presentacion Alumnos Plataforma Gic
 
Integración de Adobe Flex y Google Maps: Aplicaciones Geográficas Enriquecida...
Integración de Adobe Flex y Google Maps: Aplicaciones Geográficas Enriquecida...Integración de Adobe Flex y Google Maps: Aplicaciones Geográficas Enriquecida...
Integración de Adobe Flex y Google Maps: Aplicaciones Geográficas Enriquecida...
 

Ähnlich wie 08 Viaxealinguaeliteraturadoxix

Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMarlou
 
Paz Andrade Cespón
Paz Andrade CespónPaz Andrade Cespón
Paz Andrade Cespónlolaiglesias
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castrotrafegandoronseis
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Discurso manolo acto 28 de abril
Discurso manolo acto 28 de abrilDiscurso manolo acto 28 de abril
Discurso manolo acto 28 de abrilcenlf
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013capranta
 

Ähnlich wie 08 Viaxealinguaeliteraturadoxix (20)

Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Xabier alcalá
Xabier alcaláXabier alcalá
Xabier alcalá
 
Paz Andrade Cespón
Paz Andrade CespónPaz Andrade Cespón
Paz Andrade Cespón
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Discurso manolo acto 28 de abril
Discurso manolo acto 28 de abrilDiscurso manolo acto 28 de abril
Discurso manolo acto 28 de abril
 
CASTELAO
CASTELAOCASTELAO
CASTELAO
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Rabuñando novos Cantares
Rabuñando novos CantaresRabuñando novos Cantares
Rabuñando novos Cantares
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 

Mehr von cadernodecores

Mehr von cadernodecores (9)

Xestor blogaliza
Xestor blogalizaXestor blogaliza
Xestor blogaliza
 
03 Relatosdeviaxes
03 Relatosdeviaxes03 Relatosdeviaxes
03 Relatosdeviaxes
 
02 Relatosdeviaxes
02 Relatosdeviaxes02 Relatosdeviaxes
02 Relatosdeviaxes
 
01presentacion Reportaxe
01presentacion Reportaxe01presentacion Reportaxe
01presentacion Reportaxe
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
06 Viaxemusical
06 Viaxemusical06 Viaxemusical
06 Viaxemusical
 
04 Viaxeentren
04 Viaxeentren04 Viaxeentren
04 Viaxeentren
 
estratexias de comprensión lectora
estratexias de comprensión lectoraestratexias de comprensión lectora
estratexias de comprensión lectora
 
Poguepua Normas
Poguepua NormasPoguepua Normas
Poguepua Normas
 

08 Viaxealinguaeliteraturadoxix

  • 1. 08_ Viaxe á lingua e á literatura galegas do XIX Antes de comezar  Elaborade entre toda a clase unha listaxe de escritoras galegas e escritores galegos. Clasificádeos por épocas. Lede atentamente o seguinte fragmento do prólogo a Caldo de Grelos, obra de R. Armada Teijeiro, que escribiu Curros Enríquez: “Mais dise comunmente: escribir en catalán ou en galego, podendo escribir en castelán para que o entendan todos, é unha grande proba de egoísmo. Antes ao contrario, egoísta é o que pretende obrigar ao escritor a empregar a linguaxe oficial imposta, que pode non dominar tanto como a súa, sen fixarse en que cohíbe a súa liberdade e en que escribindo en castelán quizais o entendesen todos menos aqueles que máis lle interesa que o entendan. Poderá suceder que os que cultivan os dialectos con preferencia aos idiomas dominantes, expresen neles ideas e conceptos que merezan e deban ser divulgados por todas partes e coñecidos por toda clase de xentes; mais, neste caso, o escritor galego ou catalán, non é máis egoísta que o o alemán ou o francés, que obriga a que os traduzan; e se para traducilos hai que coñecer previamente a linguaxe da rexión para a que escribiron, iso irán gañando a filoloxía e a causa do progreso.”  Que razóns utiliza Curros para defender o emprego do galego na literatura?  A que lingua se refire Curros cando di “linguaxe oficial imposta”?  Poñede adxectivos ao substantivo lingua e asociádeos con algunhas linguas que coñezades.  Asociade cales destes adxectivos teñen que ver con trazos propios da lingua e cales coa subxectividade dos seus falantes? Agrupamos non encerado as características subxectivas e con que poden ter que ver.  Cal son as diferenzas entre linguas e dialectos? Con que sentido se utiliza aquí a palabra “dialecto”?
  • 2. Un texto d’O divino sainete que tamén nos fala disto “ —Dígame, miña señora: polo argomento, que é forte, ¿É certo que na súa terra mais non estou convencido. renace a poesía agora? Eu sosteño, e traio probas, —Boubas que ceiban ó vento que Galicia esperta; dígao catro soñadores tolos... a autora das Follas Novas. ¡Non lle hai tal renacemento! —¡Valente choromiqueira! —Non haberá; mais non quita Poetas dese feitío pra que Castelar o afirme. cómpranse a centos na feira. —Xa lle eu tirei da lavita Fai anos que un mala peza En certa acasión... ¡Ten gracia quixo coröala en vida eso de chamar poetas i eu tireillo da cabeza. a esas rans da democracia! —Non me maltrate ó grande home... —Agora comprendo o gusto ¡El, ó fin, nas apuradas con que lle rezou pola alma... é o que nos dá un pouco nome! —Honrar ós mortos é xusto. De alguén sei que, tras de rirse —Ese deber todos temos; dil e dos seus ideales, pero inda máis xusto acho cando quixo redemirse que ós vivos non deshonremos. do olvido, sentouno á mesa, Mais a ilustre padronesa fíxoo falar... i a eso debe deixando, pois, astra coido valer o que val e pesa. que de mentala lle pesa. —Se eso que di vai comigo, Diga e perdoe: ¿ises vates mente. Eu brillo con luz propia. que mostran tantos alentos —Morra o conto...—¡Mente, digo! para os modernos combates; I en demostra de que mente, ises Novos e Labartas, faga o favor de ler ise ises Lagos, esas pelras tomo, e despois escarmente. que surxen á luz en sartas; E de súpeto escoitando esa xeneración nova un tumbo, baixei os ollos de parleiros rousinoles?... e vin a meus pés, rolando, —Cantan... como Xan da Cova. un libro da nova escola Non quixen oír máis nada. que cheira a Carulla ás légoas —Vámonos, rogueille ó Mestre, e fede que apesta a Zola. ¡ou fago unha xudiada!” —¿Convenceuse?—Estou ferido
  • 3.  Lede o poema e aproveitade para preguntar todas as palabras, nomes, expresións que vos son alleas.  Esa personaxe que repudia a nova literatura en galego correspóndese con unha escritora do XIX. Investigade quen era.  Cales son as pexas que lle pon á literatura galega?  E, en concreto, que afirma sobre Rosalía de Castro? Revisade a vosa lista.  Tivestes en conta o criterio da lingua á hora de elaborar a lista. Coñeciades á anterior escritora da que falamos?  Fixádevos tamén no número de mulleres que aparecen e cal é a época da que coñecedes a máis escritores e escritoras. ACTIVIDADE Facemos un barómetro de valores. Precisamos un espazo amplo (patio, corredor, ximnasio). O voso profesor ou a vosa profesora vai traer seis sentenzas sobre esta cuestión que estamos a tratar. El ou ela van lelas de unha en unha e situaranse no medio do espazo. Vós debédesvos posicionar: a favor (no extremo dereito do espazo), en contra (no extremo esquerdo). Non podedes falar durante a actividade só podedes explicar o voso posicionamento cando a profesora ou o profesor vos dea a palabra. A medida que os compañeiros e as compañeiras vaian falando podedes modificar a vosa posición no espazo (sen falar, só observando). Canto máis vos acheguedes ao lugar no que está situado o profesor ou a profesora menos radicais seredes na vosa postura. Só podedes quedar polo centro dúas veces. “O galego non é unha lingua válida para a narración” “O mellor libro é o que se vende” “Publicar en galego só vende en Galiza”
  • 4. Xa escoitamos moitas reflexións. Que vixencia teñen as ideas que expresa Curros? Como se reflicte isto na literatura galega actual? Estas cuestións na prensa da época e hoxe Lede as dúas cartas ao director que reproducimos a seguir: unha de finais do XIX e outra de finais do século XX.
  • 5. Moitos dos artigos e cartas ao director que aparecen na prensa de hoxe, xa repiten temas que se trataban no século XIX. Comparade esta carta enviada á Revista Gallega no 1898 e o artigo asinado por Xosé M. Martínez Oca case cen anos despois, no 1995: “Campo neutral” Sr. Direitor da REVISTA GALLEGA Señor e amigo: non hai moitos anos que para honra-la memoria de algús fillos ilustres desta nobre cidade puxéronse unhas lápidas comemorativass nas casas en que viviran Cornide e Lasagra, e a heroína Mayor Pita. Hoxe, con motivo do vil asesinato do tenente coronel D. Xaquín Ruis, de que tanto se falou, iniciou algún a ideia que se puxese na casa onde nacera esta nobre vítima da perfidia de unhos bárbaros, unha lápida comemorativa. Nada é máis xusto, e polo tanto non só non combatimos esto, senón que polo contrario, non podemos menos de a louvar e desear que o que é só un falar chegue logo a ser un feito. Pero ao mesmo tempo non deixa de me causar certa estrañeza o que cando se fai algunha cousa para salvar do esquencimento a lembranza de algun dino fillo deste pobo, e tendo polo tanto este acto un ouxeto e un sabor puramente rexional, ou millor local, se use nas inscriciós que se lle dedican, un lenguaxe que non é o do noso país. As iscriciós das lápidas antes ditas están nun idioma que non é o popular de Galicia. ¿Por qué non se fixeron en gallego? Se pois, se chega a face-la de Don Xaquín Ruis, poderá subsanar en parte esta falta (ou millor inadvertencia) de amor ás cousas da nosa terra usando na iscrición que se poña o idioma de Macías e de Rosalía de Castro. E xa que do idioma noso estamos falando, ocúrreseme que, actualmente está pasando en Galicia unha verdadeira crisis filolóxica que ha de traer seguramente, tarde ou cedo, unha grande revolta na curia, na xeografía e na historia. Referímonos ás traduciós, ou millor, falsificaciós, dos nomes dos lugares dos distritos rurás e aínda de rúas nas cidades e vilas. Vemos o lugar de Acea d´ama convertido por algún corrutor ou enemigo do idioma de Galicia en Haciadama; o de Zrezo convertido en Cerezo, Ordes convertido en Órdenes; Fisterra convertido en Finisterre; o Cabo Vilán, convertido en Cabo Villano, etc., etc. Outros lugares, sen duda por falta de atrevemento no tradutor quedaron mitade en castellano e a mitade en gallego, coma Ponte do Porco, que se convirtiu en Puente del Porco e aquí mesmo na Cruña a Rúa Nova convertiuse en Ruanueva; o lugar dos Alcabaleiros en calle de Caballeros… e, en fin, calaremos outros máis, e aínda máis disparatados porque cousas destas non se cheguen a saber no estranxeiro onde se xusgaría mal da cultura dos que trataron de semellantes troques de nomes con tanto lucimento; e aínda a autoridade superior –o Istituto xeográfico e estadístico- debería poñer man nesto para volve-las cousas ao seu e dar fin a tanta anarquía polos trastornos que como dixemos pode causar ao propietario, ao viaxeiro, ao xeógrafo, ao historiador e mais ao anticuario. Pero vexo que estas mal escritas liñas van a privar de ocupa-los esteos da apreciabre REVISTA que vostede tan dinamente dirixe, con traballos de
  • 6. máis interese e valía, e polo tanto deixo a pruma ofrecéndome de vostede atento seguro servidor que beixa as súas maos. Un bon gallego. A Cruña aos 11 días do mes de Xaneiro do ano 1898 “A importancia do nome” Antigamente certos pobos mantiñan a crenza de que o vínculo entre o nome e o obxecto ou suxeito denominado non é arbitraria, senón un elo entre dúas partes vitais da propia personalidade. O nome propio era considerado unha cousa sagrada, que non se podía cambiar, porque nel estaba contida a esencia do suxeito nominado. Hoxe descoñecemos o significado do topónimo desta cidade. Ignoramos que razóns moveron ós nosos devanceiros para designar o núcleo urbano formado nesta breve península atlántica co nome de A Coruña. Pero intuímos que entre nome e cidade existe unha relación que non por descoñecida deixa de ser importante. Dentro do que na actualidade é núcleo urbano coruñés existe outra reste de topónimos cun significado de fácil comprensión: Os Pelamios, Os Mallos, As Lagoas, A Gaiteira, A Zapateira ou A Sardiñeira. ¿Sería o mesmo que lles chamásemos Los Noques, Los Mazos, Las Lagunas, La Gaitera, La Zapatera ou La Sardinera? A teima parece cando menos ridícula, se non triste e acomplexada. ¿Por qué hai logo quen quere modificar o nome da cidade que os engloba? ¿Por complexo? ¿Por ignorancia? ¿Por alienación? Por favor, que nolo deixen así, que non modifiquen algo que forma parte do espírito da cidade, como tratan tamén de modificar o seu ser para convertela en recinto amurallado e hostil contra canto a rodea, en lugar de porto aberto a tódolos ventos, tódalas rotas do mar e tódalas liberdades, como sempre foi. Xosé Manuel Martínez Oca, en A Coruña, Publicación eventual coruñesa, nº 1, xullo de 1995.
  • 7. Facémonos conscientes da realidade. De xeito individual, imos cubrir unha quiniela para reflexionarmos sobre a situación actual da lingua. En vez de partidos de fútbol, poñemos un ámbito social do gal: se pensades que nel predomina o galego riscades o 1 - se coidades que o galego e o castelán teñen igual presenza nese ámbito - riscades o X se pensades que é o castelán o que predomina riscades o 2 - ÁMBITO SOCIAL GALEGO AMBAS CASTELÁN Revistas (música, corazón, informática…) 1 X 2 Prensa diaria (xornais, deportivos…) 1 X 2 Programas da televisión 1 X 2 Cine, DVD 1 X 2 Música (radio, discoteca, festas…) 1 X 2 Páxinas web, blogs… 1 X 2 Xoguetes (bonecas, Playstation, PSP…) 1 X 2 Comercios (rótulos, carteis…) 1 X 2 Etiquetas dos produtos 1 X 2 Menús (móbil, televisión, mp4…) 1 X 2 Libros de instrucións (neveira, dvd, ipod…) 1 X 2 Libros de lectura (bibliotecas, librarías…) 1 X 2 Materias no centro educativo 1 X 2 Actividades extrescolares (deportes, 1 X 2 informática…) Documentos cotiás (carné de identidade, 1 X 2 impresos administrativos, seguro da moto…) Despois de cuberta a quiniela individualmente, comentades o resultado e intentade chegar a cubrir unha quiniela entre todos os membros da aula. Engadídelle algún ámbito que estea presente na vosa vida e que non estea na quiniela. Que conclusións quitades sobre a situación do galego na nosa sociedade despois do resultado? Cales pensas que son as solucións para que o galego gañe esta quiniela? E vós en que queredes contribuír?