Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
01presentacion Reportaxe
1. Proxecto de traballo: cubrimos, facemos unha reportaxe sobre a época e figura de
Manuel Curros Enríquez.
Este proxecto consiste en facer unha reportaxe interpretativa. Informaremos aos lectores
e ás lectoras sobre a figura de Manuel Curros Enríquez. A reportaxe é un texto
xornalístico que está dentro do xénero informativo cando a reportaxe é obxectiva, ou
dentro do xénero interpretativo cando a reportaxe é interpretativa.
Desde o punto de vista do contido a xornalista ou o xornalista comprométese na
formulación, indagación e razoamento, (de)móstrase unha realidade, próbanse as fontes
e os argumentos para provocar a comprensión das persoas ás que vai chegar a nosa
reportaxe.
Na reportaxe podemos combinar datos esenciais con datos complementarios para manter
o interese de quen a vai ler e a intensidade do relato. Se o consideramos oportuno tamén
podemos usar a estrutura da noticia: a pirámide invertida (narrar os feitos en interese
decrecente).
Desde un punto de vista formal, a reportaxe divídese en dúas partes: entrada (lead) e o
corpo do texto.
-Entrada, comezo atractivo, esclarecedor, que describe o esencial do que se
escribe e marca o ton que seguirá o autor ou a autora ao desagregar o contido.
-Corpo que desenvolve a materia na que investiga o xornalista co seu criterio
persoal (nisto consiste a súa tarefa interpretativa). Cómpre transparencia expositiva á
hora de presentar os contidos e tirar conclusións:
1) Exposición de datos.
2) Organización / Secuenciación / Explicación.
3) Elementos contextuais.
4) Xerarquización dos contidos.
Podemos falar dun peche ou parágrafo final. Neste momento o reporteiro ou a reporteira
reafirma as teses que expuxo ao longo da reportaxe.
Canto á linguaxe, a persoa que exerce de xornalista goza de liberdade expresiva sempre
3. ACTIVIDADE 2.
Empregade a información da investigación que realizastes para organizar as ideas da vosa reportaxe de
investigación.
Cada quen debe seleccionar a información que considera de maior importancia para un primeiro borrador. É
preciso que contrastedes o que pensades co resto das integrantes do equipo.
Relacionade os contidos máis importantes e revisade os aspectos que descartastes. Mostrade orixinalidade na
cobertura dos feitos e incorporade todo o material gráfico, textos e outros recursos que consideredes oportunos.
Á hora de presentar a vosa reportaxe ademais de ter en conta unha serie de aspectos que colaboren á
lexibilidade do voso traballo debedes seguir rigorosamente os criterios de presentación dun traballo escrito.
A extensión mínima é de 2750 palabras e a máxima de 3000.
Para a realización desta actividade debedes aplicar as normas de redacción relativas ao xénero xornalístico
da reportaxe.
Todos os traballos que consigan unha cualificación mínima publicaranse no blog da nosa materia e na
revista dixital colectiva do curso.
1. Superficie de escritura.
Papel: impresión por unha soa cara en papel de tamaño DIN A4 (210 x 297 mm).
Encadernación: o traballo debe levar grampas ou outro tipo de sistema de agarre para as
follas.
2. Presentación tipográfica.
Impresión: traballo escrito con ordenador. Isto facilitará a corrección lingüística do texto final.
Tipografía: optarase por un tipo de letra con pau (Times New Roman, Arial ou a Garamond) en
tamaño 12 ou 14 (o tamaño non inflúe na extensión do contido mais si na lexibilidade do texto
xa que a numeración correspóndese coas palabras: 2500 - 3000).
Orientación e marxes: os procesadores de textos máis comúns (OpenOffice e Word) son unha
opción aceptábel canto ás marxes. Para a marxe dereita da folla debemos ter en conta o tipo
de encadernación coa que imos traballar. Outra recomendación, un pouco máis espazosa
sería:
Marxe esquerda da folla: 3 cm.
4. Marxe dereita da folla: 2,5 cm.
Marxe inferior: 3 cm.
Marxe superior: 3 cm.
Canto á orientación, vertical agás no caso de esquemas, liña do tempo ou outro tipo de texto
que dificulte a lexibilidade en vertical.
Sangría: na liña de comezo de parágrafo e despois de punto e aparte. Pódese facer a sangría
co tabulador, coa barra de espazo entre 5 e 8 espazos ou activar as opcións de parágrafo do
noso procesador.
Xustificación ou aliñamento á marxe dereita da folla: a marxe dereita da folla debe estar
xustificada, isto conseguímolo co aliñamento á esquerda ou coa opción xustificada.
O aliñamento xustificado ten como vantaxe principal a estética, pois conserva o aspecto
rectangular da caixa do texto; mais pola contra, ocasiona problemas na última liña do
parágrafo. Pola súa parte, o aliñamento á dereita evita estes problemas, mais como o
procesador non corta as palabras ao final da liña pode ofrecer un aspecto descoidado.
Pódese optar polo que se considere máis claro canto á lexibilidade do documento.
Interliñado: tratándose dun texto longo débese usar espazo e medio ou dobre espazo.
Numeración das páxinas: no caso de traballos a unha soa páxina a numeración debe ser
centrada ou aliñada á dereita (se a situamos no rodapé) e aliñada á dereita (se a situamos na
cabeceira).
Citas no texto: se a cita é breve integramos a cita dentro dunha frase nosa, pero destacando a
súa procedencia e poñendo comiñas ao comezo e ao final da cita.
Se a cita é moi longa é posíbel prescindir do uso das comiñas. Neste caso debemos recorrer a
outras estratexias gráficas, pódese facer a través da redución do tamaño da letra na cita ou
reducindo a anchura do parágrafo ou parágrafos en que se recolle.
3. Partes do traballo e contido
Portada ou primeira folla do traballo. Papel igual có resto das páxinas e non leva numeración.
Debe figurar o título do traballo, a materia á que se corresponde, o nome ou os nomes das
persoas que participaron na súa elaboración, o curso e o grupo.
Índice: debe ser a segunda folla do traballo e levar numeración (páxina número 1). No índice
recóllense os apartados principais do traballo, seguidos de puntos suspensivos até seis
espazos antes da marxe dereita, onde aparece a abreviatura de páxina (páx.) seguida do
número da páxina na que se atopa ese apartado.
Material gráfico: imaxes, poemas, gráficos etc. deben levar un pé de foto que indique unha
referencia clara de contido.
Corpo do traballo: débese respectar no contido e no desenvolvemento o que aparece no índice
do traballo. Os títulos dos diferentes capítulos ou apartados deben ir en negra e nun tamaño
maior ca o resto do texto, sempre igual.
5. Bibliografía: colocarase ao final do traballo, ordenada por orde alfabética segundo os apelidos
das autoras e dos autores. De non ter o nome da persoa que fixo o traballo citaremos polo
título e colócase de acordo á palabra inicial do título da obra.
No caso de tratarse dun libro, os datos poñeranse na orde seguinte:
Rodríguez Sánchez, Francisco (1995): A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez
(Vigo: A Nosa Terra).
Apelidos da persoa, Nome da persoa (ano de publicación entre parénteses):
Título da obra en cursiva (Cidade: Editorial).
De tratarse de revistas:
García Negro, Mª Pilar. “Comentário á “Introducción” de Aires da miña terra”, A nosa
cultura 9: Curros Enríquez, Crebar as Liras, 1987, páxinas 42-43.
Apelidos da persoa, Nome da persoa. “Título do artigo”, Nome da revista onde
aparece publicado o artigo, ano de publicación, número ou números da páxina.
De tratarse de páxinas web, poñémolas ao final da bibliografía por orde alfabética e indicamos
a última data de visita.
Bitácula de Curros (AS-PG), <http://bitaculas.as-pg.com/curros/> (01/08/2008)
Nome da páxina <enderezo web> (data da última visita)
ACTIVIDADE 3
Como puidestes ver, un dos oficios de Curros foi o de xornalista. Imaxinade que tedes que exercer vós a
profesión no ano 1904 e describirdes a chegada de Curros á Coruña. Indicade todos os datos da vosa
revista ou xornal, como figuran na Revista Gallega: nome da revista e subtítulo, prezos (exemplar e
subscrición), referencias temporais (data de publicación, número da revista, ano da publicación etc.), imaxe
da revista etc.
Agora pasade esta revista ao século XXI. Por se vos dá algunha idea, aquí tedes a ligazón para a
creación do que sería o modelo de portada dunha revista de actualidade:
http://revistate.wamba.com/index.php