SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 94
Downloaden Sie, um offline zu lesen
O gótico
Europa no século XIII
CARACTERÍSTICAS ARQUITECTURA


  Novos clientes: monarquías, arcebispos e primeiros

  burgueses.
 Situadas no marco urbano.
 Aparición de construcións civís ( pazos, concellos, e lonxas )
  en paralelo ós edificios relixiosos ( catedrais ).
 Tendencia ó desequilibrio, preferencia pola verticalidade, ao
  exceso decorativo.
 A importancia da luz na teoloxía medieval.
 Contribución dos monxes do Cister:A difusion dos seus
  elementos arquitectónicos claves (arco apuntado, bóveda
  de cruzaría, elevación dos piares)
A CATEDRAL GÓTICA.
ESTRUCTURA:

  Planta basilical de grandes dimensións. O cruceiro tende a desprazarse cara ó

  centro, segundo sobresaia ou non da planta, falaremos de p. basilical tipo cruz
  latina ou de tipo salón.
 Cuberta con bóvedas nervadas. A máis común a bóveda de cruzaría que
  evolucionan dende cruzaría simple a estrelada.
 Muro desmaterializado que perde a súa función de sostén, e pasa a ser unha
  sucesión continúa de vanos cubertos con vidreiras de cores.

ELEMENTOS CONSTRUCTIVOS:

  Arco apuntado en substitución do arco de medio punto, que traslada os empuxes

  ós contrafortes, a través dos arcobotantes.
 A bóveda é de cruzaria, en substitución da bóveda de canón.
 O piar de baquetóns: gótico leva dosadas pequenas columnas compartindo un
  capitel único e un ábaco,
Alzado catedral gótica
Gótico: Elementos estilísticos
A CATEDRAL GÓTICA.

FACHADAS:

    As fachadas, coas súas portadas, reciben a

    mesma atención ornamental a base de
    relevos, trazarías, rosetóns…pero sobre
    todo destaca sempre a fachada do Oeste,
    que tende a reproducir un modelo de
    estrutura en H ( agás no gótico
    italiano).Dita fachada occidental,ten unha
    parte central ( en forma de cuadrilátero
    dividido en tres tramos ), e dúas partes
    laterais, que se corresponden con dúas
    torres cadradas de maior altitude que o
    rectángulo central.
    As dúas fachadas laterais ( do cruceiro ),

    acostuman ter na súa parte superior un
    enorme rosetón.
Os labirintos das Catedrais
Notre-Dame Chartres, 1210-1215
                   Esta catedral construída a a finais
               
                   do século XII ( 1194-1220
                   ),levántase no momento de auxe
                   e plenitude do gótico francés.
                   O espazo interior está inundado
               
                   por unha apoteose de luz natural
                   pero irreal. O espazo exterior
                   caracterízase por un claro sentido
                   ascensional ( rómpese o equilibrio
                   entre os elementos horizontais e
                   verticais ). Entre as súas tres
                   fachadas destaca sobre todo a
                   oeste na que a integración entre a
                   arquitectura, as vidreiras e os
                   relevos é completa.
CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES
Notre-Dame Chartres, 1210-1215
Notre-Dame Chartres, 1210-1215
Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )
Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )
Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )
Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )
Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )
Catedrais de Reims, Catedral de Amiens




Catedral de Reims, s. XIII   Cateral de Amiens, s. XIII
A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E
VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )
A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E
VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )
Notre Dame de Reims
A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E
VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )
Sainte-Chapelle, 1246-1248
GÓTICO EN INGLATERRA ,ALEMAÑA,E ITALIA

    A Arquitectura gótica inglesa posúe uns trazos peculiares: planta

    basilical con dobre transepto e tres naves, cabeceira plana,
    fachadas telón, tendencia a dilatar a anchura……..Destaca a
    catedral de Canterburi.

    O estilo gótico alemán ten un desenvolvemento tardío, pola

    pervivencia do estilo románico e as tensións do emperador co
    papado..O gótico alemán tenderá a unha grande verticalidade.
    Destaca: a catedral de Colonia.



    Na península itálica o estilo gótico ten un desenvolvemento

    escaso, por ser moi alleo ós esquemas constructivos mediterráneos
    e á tradición romana….é considerada unha arte de bárbaros. No
    gótico italiano vai predominar o sentido horizontal, os arcos de
    medio punto, o muro, a ausencia de arbotantes e vidreiras.
    Destacan as construccións civís de palacios e signorías (
    concellos ), e algunhas catedrais como as de Siena, Milán ou
Gótico Inglaterra




Catedral de Lincoln   Catedral de Wells, s. XIII
Gótico Inglaterra




Abadía de Gloucester   Bóveda de abanico
Mediados do s. XIV     Perpendicular Style
GÓTICO EN INGLATERRA
Catedral de Canterbury
GÓTICO EN INGLATERRA
Catedral de Canterbury
Gótico alemá: Catedral de
Colonia, s.XIII, segunda metade
GÓTICO EN ALEMAÑA
Catedral de Colonia
GÓTICO EN ALEMAÑA
Catedral de Colonia
GÓTICO EN ITALIA
Catedral de Siena
GÓTICO EN ITALIA
Catedral de Siena
Gótico italiano: Palazzo Público
de Siena, finais do s. XIII
Catedral de Colonia: bóveda
Gótico italiano: pazo ducal de
Venecia, s. XIV-XV
GÓTICO EN ITALIA
Catedral de Milan
GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA


    O gótico na península ten claras influencias

    francesas. A penetración deste novo estilo débese
    inicialmente ós mosteiros que constrúen os monxes
    da orde do Císter nas áreas de repoboación, nos
    que se empregan os arcos apuntados e as bóvedas de
    crucería e téndese a austeridade e a
    verticalidade.

    As catedrais góticas levántanse sobre todo nas

    cidades de recente incorporación ós reinos
    cristiáns do norte, que carece dunha igrexa de
    estilo románico acorde coas súas necesidades.
GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA

Na Coroa de Aragón :

    Constrúense as grandes catedrais e

    edificios civís góticos dos séculos XIV e XV
    con claras influencias do gótico
    mediterráneo. .Entre as construccións
    relixiosas destacan: Catedral e Igrexa de
    Santa María del Mar en Barcelona,
    catedral de Xirona e catedral de Palma.
    Entre os edificios civís destacan: concellos,
    palacios, lonxas etc.
GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA
Catedral e Igrexa de Santa María del Mar en Barcelona
GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA
       Catedral de Palma
Catedral de Palma de Mallorca
Catedral de Palma de Mallorca
GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA
     Catedral de Xirona
GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA

Na coroa    de Castela:

    As grandes catedrais levántanse

    sobre todo ó longo do século XIII e
    están en relación coas rutas do
    mercado da lá. Destacan a catedral
    de Burgos (de forte influencia
    francesa), Toledo (influencia do
    Islam), León, Sevilla (S.XV) etc.
GÓTICO NA
PENÍNSULA IBERICA
Catedral de Burgos
GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA
Catedral de Burgos
GÓTICO NA PENÍNSULA
IBERICA
Catedral de Toledo
Catedral de Burgos: Fachada principal
GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA
     Catedral de Toledo
Planta catedrais de Burgos, León e
             Toledo
A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)

    Os mestres da obra son: Enrique e Xoán Pérez.

    Esta catedral ten unha forte influencia do gótico francés ( o propio mestre

    Enrique mostra unha clara influencia francesa ).
    Estructura: planta basilical de cruz latina. Resalta a súa macrocabeceira. O

    deseño da planta garda un grande parecido coa catedral de Reims.
    O espacio interior ven determinado por bóvedas ( similares as de Amiens

    ), e polo espectacular sistema de organizar o muro totalmente
    desmaterializado a base de abrir vanos. As vidreiras que cobren os vanos
    dan o espacio interior unha gran luminosidade e un variado colorido de
    maior riqueza cromática que as catedrais francesas.
    O espacio exterior mostra un sentido menos vertical que as catedrais

    francesas .As fachadas con portadas abucinadas e conxuntos escultóricos
    son similares aos franceses.Destacan os relevos da súa fachada oeste. O
    parteluz da porta central dedícase á Virxe Branca ( dotada de grande
    naturalismo e flexibilidade nos panos, sorriso e comunicación co
    neno.)
A CATEDRAL DE LEÓN
( ½ s. XIII)
A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
Interior
A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
Planta
ESCULTURA CARACTERÍSTICAS

    Tendencia a romper coas claves do relevo románico (

    lei de adaptación ó marco, hieratismo, frontalidade,
    iconografía apocalíptica).
    Naturalismo das figuras, aunque ainda idealizado.

    Comunicabilidade e individualidade de rasgos e

    expressións de sentimentos.
    Realismo no canon anatómico e no volume dos panos.

    Temática: Xuizo Final ( a mesma do románico ), escenas

    marianas, iconografías en referencia á vida de santos
    etc.
    Fantásticas gárgolas nos aleiros

    Aparición da escultura exenta.

A CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL


    Os relevos do pórtico ( Cristo, tretamorfos, profetas,

    reis, raíñas do antiguo Testamento ) mostran claros
    trazos pregóticos: a claridade da composición, a
    tendencia ó vulto redondo, a serenidade da figura de
    Deus, o emprego de estatuas columna,.a busca dun
    canon máis estilizado etc. Pero manteñen certos trazos
    románicos, e sobre todo a adaptación do relevo ó
    marco arquitectónico.
    O Pórtico real de Chartres está considerado como o

    inicio da arte figurativa gótica, pola súa clara tendencia
    a romper co hieratismo e o frontalismo románicos e a
    introducción dos novos trazos estéticos da elegancia
    anatómica e o naturalismo expresivo.
CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES:
PÓRTICO REAL
CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES:
PÓRTICO REAL
CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES:
PÓRTICO REAL
CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES:
PÓRTICO REAL
CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL
A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN
( 1/2 DO SÉCULO XIII )

    Ë a reconstrucción dunha igrexa destruida por un incendio en 1210. Dita

    catedral era o lugar elexido para coroar ós reis francesesc
    A súa estructura consta de planta basilical, tipo cruz latina, con tres naves

    lonxitudinais e tres transversais.
    Destaca a fachada oeste ( constrúese a partir de 1255 ), na que xa se

    emprega toda a variada linguaxe decorativa gótica : pináculos, tracerías,
    rosetóns etc .Nesta fachada ó ser sustituidos os tímpanos por rosetóns,
    os relevos trasládanse ás xambas, ós gabletes, e ó reverso da fachada.
    As figuras dos relevos mostran trazos plenamente góticos ( rostros ambles

    e sorrintes) e forman composicións de temática claramente novidosa. A
    temática global é a vida da Virxe ( escenas marianas ).
A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E
VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )
(Continuación)


    Especial relevancia teñen a decoración das xambas

    do lado dereito da porta central nas que se ubican
    os relevos que fan referencia ós temas da
    Anunciación do Arcanxo San Gabriel a María, e da
    Visitación de María a súa prima Isabel. : No grupo
    de relevos da Anunciación destaca a figura do Anxo
    do sorriso ( de certa similitude coa escultura
    grega arcaica ). E asi mesmo no grupo de relevos
    da Visitación destacan as figuras de María e
    Isabel que sorprenden: polas súas actitudes
    clásicas, o pregado flexible e naturalista dos
    panos, o realismo dos xestos,a naturalidade dos
    movementos, e o equilibrio do conxunto.
A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL:
ANUNCIACIÓN e VISITACION
A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL:
ANUNCIACIÓN
A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL:
VISITACIÓN
A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
CARACTERÍSTICAS PINTURA

PINTURA:

• Tendencia a rexeitar as estilizacións e alegorias do románico a
  favor do realismo.
• Naturalismo nas representacións
• Recurso ós fondos paisaxísticos.
• Atención á cor e á luz.
• Aparición de pintura sobre táboa con técnica de óleo ou
  temple.
• Estudio máis profundo das perspectivas.
• Temáticas de lirismo sentimental e melancólico.
• Recurso ó ouro para resaltar efectos de riqueza.
Gótico italiano, s. XIII
Madonna Rucellai, Duccio di            Crucifixo, Cimabue. Igrexa de Santo
Buoninsegna, Uffici. Florencia, 1285   Domingo de Arezzo. C. 1265-1268
Simone Martini A anunciación, (1333)
Temple sobre táboa. Uffizi, Florencia
EEscola de Siena, representa a estética italiana na idade media,
coincide no tempo co éxito do chamado gótico internacional
francés.
A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO.
                     VAN EYCK.

•   GIOTTO (1266-1337):
•   É o verdadeiro iniciador da pintura moderna, o pintor capaz de crear a ilusión de
    profundidade sobre unha superficie plana. A pintura de Giotto rompe cos
    convencionalismos góticos e marca un estilo propio, no que vai resaltar a
    preocupación por dar unha apariencia de existencia real ás cousas que capta coa
    mirada e por lograr representar os distintos estados de ánimo.
•   O estilo de Giotto vai estar caracterizado pola:
     – Intuición do sentido da profundidade, ainda que recorra ós fondos de telón de
       escenario teatral.
     – Valoración da paisaxe e do espacio, a pesar de reducilos a pequenas montañas e
       algunhas árbores.
     – Tendencia ás figuras monumentais ( precedente de Masaccio e Miguel Anxo )
     – Insistencia en espertar no espectador a sensación de volume.
     – Introducción de animais nas composicions
     – Preocupación pola luz e o movemento das figuras
Morte de San Francisco, fresco. Giotto. Igrexa
   de Santa Croce. Florencia. 1315-1320
A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO.
                VAN EYCK.

• Entre as consecuencias da obra innovadora de Giotto podemos resaltar:
   – Creación dunha escola pictórica florentina
   – Superación da influencia bizantina na pintura
   – Aparición do concepto de artista innovador que supera o modelo de
      mestre artesán anónimo
   – Preferencia polos valores de forza e novidade do artista fronte ó valor
      da perfección técnica do artesán
   – Necesidade de partir sempre dun proxecto previo mental da obra de
      arte a crear.
A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO.
       Frescos da Capela dos Scrovegni
• Os 38 frescos pintados por Giotto nesta capela foron un
  encargo do banqueiro Enrico Scrovegni para decorar a capela
  adxunta ó seu pazo de Padua
• A técnica empregada é a de pintura ó fresco, con retoque de
  temple. Giotto creou un novo sistema de ligar as cores,
  usando como base para mesturar un zume de figos verdes, de
  xemas de arbustos,… e obtendo así unhas cores maís vivas e
  claras.
• As escenas recollen temáticas da vida da virxe María, da vida
  de Cristo, da vida dos pais da virxe e incluso do xuizo final
Fuxida de Exipto. Fresco, Giotto.
 Capela Scrovegni, Padua, 1303
A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO.
                         Frescos da Capela dos Scrovegni
               Escea de “O Pranto ante Cristo morto”( 1303-1305 ).

•   Composición: está centrada no corpo de Cristo e as tres figuras principáis ( súa nai
    abrazándoo, a Magdalena chorando aos seus pés, e S.Xoán xesticulante.) e reforzada no
    plano terrestre pola presencia das santas mulleres, Xosé de Arimatea, Nicodemo, e no plano
    celeste por un grupo de anxos..
•   A nivel técnico cabe destacar na composición: a ubicación do corpo de Cristo descentrado, o
    escalonamiento das figuras ( buscando dar sensación de profundidade espacial ), o tamaño
    real das figuras rompendo coa perspectiva xerárquica, a colocación de figuras de costas para
    conseguir impresión de volumen.etc.
•   Para acentuar o dramatismo da escena, Giotto oculta os corpos coas roupas e concentra os
    xestos expresivos nos rostros, ubicando as figuras de perfil e dotándoas de nariz recto, ollos
    rasgados e boca entreaberta.
•   Simboloxía: A árbore espida da escueta paisaxe do marco, ven simbolizar a árbore morta da
    que brotarán as novas follas, en paralelismo co corpo morto de Cristo que coa súa
    resurreción fará posible a redención dos pecados e nova vida.
•   Conclusión: Nestes frescos Giotto logra a súa obra mestra, e rompe totalmente cos
    convencionalismos da pintura gótica, para abrir un novo camiño na composición da pintura,
    que acabará por desembocar no espectacular auxe da pintura renacentista.
Pranto ante Cristo morto
JAN VAN EYCK (1390-1441 ).

•   É o máis destacado representante da pintura flamenca de final da Idade Media. Vai gozar de
    grande prestixio nas cidades de Flandes, e a súa fama chega incluso ás ricas cidades da
    península de IItalia.
•   Á inversa de Giotto, Jan Van Eyck, non se sente un innovador, non se considera así mesmo
    como un artista, el pinta procurando o máximo de perfección técnica, como todo mestre
    artesán aspira a lograr unha obra mestra, pero non a revolucionar a forma de crear.
•   A pintura de J. V. Eyck, como a dos restantes pintores flamencos primitivos, vai caracterizárse
    por: A minuciosidade dos detalles, a tendencia ó realismo absoluto, o preciosismo nas
    composicións e nos propios obxetos incorporados á obra ,manexo moi efectivo da luz,
    temáticas moi variadas ( retratos, paisaxes,escenas cotiás etc ),e así mesmo mostra máis
    interese por plasmar a apariencia de realidade das cousas que por a perspectiva ou a
    expresividade.
•   Alcanza unha grande destreza no uso da técnica do óleo ( usa aceite de liñaza para aglutinar
    as cores e varnices para acelerar o secado.
•   Recorre á tecnica da veladura ( superposición de capas de pintura que se transparentan
    )para corrixir os posibles erros e darlle unha maior gama de brillos ás cores.
•   Destacan da súa creación: a Virxe do Canciller Rolin, o matrimonio Arnolfini, e o Políptico do
    Año Místico.
A VIRXE DO CANCILLER ROLIN ( 1434-1435 )

•   O cadro representa á Virxe co donante ( o Canciller Rolin ), no interior dun salón, que semella
    unha igrexa románica con galería de arcos de medio punto aberto ó exterior
•   A Virxe está sentada sobre un luxoso coxín situado nun sitial de madeira, sostendo no seu colo ó
    neno Xesús espido, protexida cun grande manto vermello mentres está a ser coroada por un
    anxo.
•   O canciller aparece axeonllado nun reclinatorio orando
•   Tecnicamente debe resaltarse a composición, pois logra unha mestura de realismo da paisaxe e
    marco arquitectónico coa solemnidade das figuras relixiosas
•   O retrato está realizado sobre unha táboa coa técnica pictórica do óleo e traballado cunha grande
    meticulosidade no debuxo das formas, e nas pinceladas de cor.
•   A función é votiva ( cumprir un voto ou promesa ), e ademais serviría para ensalzar o prestixio do
    canciller.
•   Simboloxía : a piedade , e o poder do canciller Rolin.
•   Conclusión: Apreciamos elementos certamente relacionados coa pintura gótica como son: certa
    incomunicación entre as figuras e a preocupación polos mínimos detalles, e o mesmo tempo xa
    se manifestan con claridade aspectos que anticipan os rasgos característicos da pintura de estilo
    renacentista como a incorporación das paisaxes, o manexo da luz e a importancia do retrato.
•   .
A virxe do canciller Rolin. Jan Van Eyck. Museo
      do Louvre. París, Óleo sobre táboa
Matrimonio Arnolfini ( 1434 ).
•   Este retrato recolle o acto da celebración do matrimonio de Arnolfini,un gran banqueiro
    italiano residente en Flandes ( Xoán e Xoana Cenani )
•   Composición: está enlazada polas curvas xeradas polos brazos da lámpada en relación
    harmónica coas dúas mans unidas.
•   Tecnicamente é un retrato sobre táboa. Destaca a rica gama cromática coa que crea amplas
    superficies de vivas cores con gradacións sutís de ton e cor que crean ilusión da luz do sol.
•   A impresión de espacio e volume lógraas a través da gradación da luz lateral da ventá aberta.
•   O cadro está deseñado para actuar simbolicamente en varios planos : como retrato de dous
    importantes membros da sociedade burguesa, como documento confirmatorio da
    celebración dun contrato de matrimonio e como sumario das obrigas que implicaba un
    enlace matrimonial no século XV.
•   Entre os múltiples elementos simbólicos que V.Eyck incorpora ó retrato para reafirmar o
    carácter legal sacro e obrigacional de matrimonio podemos resaltar as seguintes:o espello (
    símbolo da pureza da muller ), a lámpada, o rosario (símbolo de devoción que o noivo debía
    entregar a súa futura esposa ), as laranxas, o can ( símbolo da fidelidade e do amor terreal ),
    o vestido verde ( símbolo da fretilidade , a cama ( onde se nace e se morre) , a sinatura de V.
    Eyck, sinalando coa súa presenza ccmo testemuña da legalidade do contrato matrimonial.
MATRIMONIO ARNOLFINI ( 1434 ).
MATRIMONIO ARNOLFINI
POLÍPTICO DA ADORACIÓN DO AÑO MÍSTICO
•   A obra foi comenzada por Hubert V. Eyck, e o morrer éste en 1426 foi continuada polo seu irmán Jan que
    realizaría a maior e máis importante parte do retablo. Rematouna en 1432 sendo entronizada na catedral de s.
    Bavón de Gante.
•   Está formada por doce tablas de madeira, correspondendo oito ás portas que pechan o retablo, estando pintadas
    por ambos lados.
•   O políptico aberto está formado por doce tablas superpostas endous niveis: o nivel inferior está ocupado por unha
    escea central de desenvolvemento horizontal, e catro laterais, que teñen en común a liña do horizonte, ao fondo
    da paisaxe, e parecen estar inmersas na mesma atmósfera e no mesmo lugar
•   No retablo pechado as catro táboas inferiores corresponden de esquerda a dereita: Joos Vyd, que é o que
    encarga a pintura, S.Xoán Bautista, S.Xoán Evanxelista e Elisabeth Borluut,esposa de Vyd. Os donantes en
    actitude orante son verdadeiros retratos.
•   O políptico abero presenta os seguintes temas: no nivel inferior de esquerda a dereita, se suceden as escenas
    da procesión dos xuices íntegros, a procesión dos cabaleiros de Cristo, a Adoración do Año Místico, a procesión
    dos eremitas e “ a procesión dos peregrinos”.
•   No nivel superior, a escena central corresponde a un tema de tradición bizantina: o Pantocrator acompañado pola
    Virxe á súa dereita e S. Xoán Bautista a súa esquerda. A un lado e outro delas aparecen os anxos, músicos etc.
    Nas estreitas táboas laterais se representan respectivamente, a Adán e eva expidos, expulsados do paraiso.
•   O tema fundamental do retablo é indudablemente o da Redención.
•   O tema iconográfico da táboa central é a Adoración do año Místico como se relata no libro do APOCALIPSE.
•   Aspecto formal e técnico: destaca polas súas dimensións , pola complexa estructura, o detalle das roupas e dos
    rostros etc.Utiliza a técnica do óleo, coñecida, pero apenas utilizada ata o momento ( permite retoca lo pintado ou
    engadir un deatlle tras outro.
•   Análise plástico: A composición organízase en torno a un eixe vertical que recorre toda a táboa e que está
    constituida pola fonte, o altar e o Espíritu Santo.
POLIPTICO DA ADORACIÓN DO AÑO MÍSTICO
Políptico da Catedral de
Gante. Hubert e Jan Van
Eyck. 1432. Óleo sobre táboa.
Pechado mide 350 cm x 320 e aberto
350 x461 cm. Localizado na capelade
Jodocus Vijd. Catedral de San Bavón,
Gante
Descendemento de Cristo e Quinta angustia de Maria,
  Roger Van Der Weyden (1437). Óleo sobre táboa.
             Museo do Prado, Madrid
O xardín das delicias, O Bosco. (1500-
      1510). Óleo sobre táboa

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Vocabulario de Historia del Arte. 2ª eval. Curso 2017 2018
Vocabulario de Historia del Arte. 2ª eval. Curso 2017 2018Vocabulario de Historia del Arte. 2ª eval. Curso 2017 2018
Vocabulario de Historia del Arte. 2ª eval. Curso 2017 2018Dudas-Historia
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOquiquehs
 
Santa maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraSanta maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraYolandaseara
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanovaYolandaseara
 
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZArte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZmaikarequejoalvarez
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacementomasinisa
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacementomasinisa
 
Vocabulario Historia del Arte
Vocabulario Historia del ArteVocabulario Historia del Arte
Vocabulario Historia del ArteDudas-Historia
 
Exemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilosExemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilosvictorefisica1
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoagreloroberto
 
O mosteiro de Oseira
O mosteiro de OseiraO mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseiramercedesdans
 

Was ist angesagt? (20)

Arte Románico
Arte RománicoArte Románico
Arte Románico
 
Arte RomáNica
Arte RomáNicaArte RomáNica
Arte RomáNica
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 
Arquitectura Gótica
Arquitectura GóticaArquitectura Gótica
Arquitectura Gótica
 
Vocabulario de Historia del Arte. 2ª eval. Curso 2017 2018
Vocabulario de Historia del Arte. 2ª eval. Curso 2017 2018Vocabulario de Historia del Arte. 2ª eval. Curso 2017 2018
Vocabulario de Historia del Arte. 2ª eval. Curso 2017 2018
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESO
 
Santa maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraSanta maría a real de oseira
Santa maría a real de oseira
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanova
 
Arte PrerromáNica
Arte PrerromáNicaArte PrerromáNica
Arte PrerromáNica
 
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZArte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
 
Arte medieval o románico
Arte medieval o románicoArte medieval o románico
Arte medieval o románico
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacemento
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacemento
 
Arquitectura no neoclasicismo
Arquitectura no neoclasicismoArquitectura no neoclasicismo
Arquitectura no neoclasicismo
 
Vocabulario Historia del Arte
Vocabulario Historia del ArteVocabulario Historia del Arte
Vocabulario Historia del Arte
 
Exemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilosExemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilos
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
 
Arte medieval o románico
Arte medieval o románicoArte medieval o románico
Arte medieval o románico
 
O mosteiro de Oseira
O mosteiro de OseiraO mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira
 

Ähnlich wie O GóTico Slide

Características xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaCaracterísticas xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaprofesor historia
 
A arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en EuropaA arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en Europaprofesor historia
 
A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano
A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo HerrerianoA arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano
A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herrerianoprofesor historia
 
Características xerais da arquitectura gótica
Características xerais da arquitectura góticaCaracterísticas xerais da arquitectura gótica
Características xerais da arquitectura góticaprofesor historia
 
Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de CompostelaCatedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostelalourdes herrero
 
A arquitectura románica en España
A arquitectura románica en EspañaA arquitectura románica en España
A arquitectura románica en Españaprofesor historia
 
A arte prerrománica. A arte asturiana
A arte prerrománica. A arte asturianaA arte prerrománica. A arte asturiana
A arte prerrománica. A arte asturianaprofesor historia
 
Arte pre románica e románica
Arte pre románica e románicaArte pre románica e románica
Arte pre románica e románicabibliotecaa3p
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románicomasinisa
 
A arquitectura gótica europea
A arquitectura gótica europeaA arquitectura gótica europea
A arquitectura gótica europeaprofesor historia
 
A Arquitectura en Galicia
A Arquitectura en GaliciaA Arquitectura en Galicia
A Arquitectura en GaliciaColegioLar
 
2013 bande, naranco, celanova
2013 bande, naranco, celanova 2013 bande, naranco, celanova
2013 bande, naranco, celanova Jorgeccalle
 

Ähnlich wie O GóTico Slide (20)

ARTE ROMÁNICA
ARTE ROMÁNICA ARTE ROMÁNICA
ARTE ROMÁNICA
 
Arte barroca
Arte barrocaArte barroca
Arte barroca
 
Santiago De Compostela
Santiago De CompostelaSantiago De Compostela
Santiago De Compostela
 
Características xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaCaracterísticas xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románica
 
A arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en EuropaA arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en Europa
 
A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano
A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo HerrerianoA arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano
A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano
 
Arte medieval
Arte medievalArte medieval
Arte medieval
 
A. barroca españa
A. barroca españaA. barroca españa
A. barroca españa
 
Arte gótica
Arte góticaArte gótica
Arte gótica
 
Características xerais da arquitectura gótica
Características xerais da arquitectura góticaCaracterísticas xerais da arquitectura gótica
Características xerais da arquitectura gótica
 
Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de CompostelaCatedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostela
 
A arquitectura románica en España
A arquitectura románica en EspañaA arquitectura románica en España
A arquitectura románica en España
 
Arte románica
Arte románicaArte románica
Arte románica
 
A arte prerrománica. A arte asturiana
A arte prerrománica. A arte asturianaA arte prerrománica. A arte asturiana
A arte prerrománica. A arte asturiana
 
Arte pre románica e románica
Arte pre románica e románicaArte pre románica e románica
Arte pre románica e románica
 
Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románico
 
A arquitectura gótica europea
A arquitectura gótica europeaA arquitectura gótica europea
A arquitectura gótica europea
 
A Arquitectura en Galicia
A Arquitectura en GaliciaA Arquitectura en Galicia
A Arquitectura en Galicia
 
2013 bande, naranco, celanova
2013 bande, naranco, celanova 2013 bande, naranco, celanova
2013 bande, naranco, celanova
 

Mehr von Aulagalicia Hxg

Mehr von Aulagalicia Hxg (20)

Crise do antigo réxime copia
Crise do antigo réxime copiaCrise do antigo réxime copia
Crise do antigo réxime copia
 
Constitución de 1812
Constitución de 1812Constitución de 1812
Constitución de 1812
 
Economia E Sociedade RestauracióN
Economia E Sociedade RestauracióNEconomia E Sociedade RestauracióN
Economia E Sociedade RestauracióN
 
EspañA Isabelina
EspañA IsabelinaEspañA Isabelina
EspañA Isabelina
 
Ud07 O Sexenio DemocráTico
Ud07 O Sexenio DemocráTicoUd07 O Sexenio DemocráTico
Ud07 O Sexenio DemocráTico
 
Presentación Tema 4
Presentación Tema 4Presentación Tema 4
Presentación Tema 4
 
PresentacióN Tema 4
PresentacióN Tema 4PresentacióN Tema 4
PresentacióN Tema 4
 
Comentario Del Mapa Del Tiempo
Comentario Del Mapa Del TiempoComentario Del Mapa Del Tiempo
Comentario Del Mapa Del Tiempo
 
A FormacióN Do Estado EspañOl
A FormacióN Do Estado EspañOlA FormacióN Do Estado EspañOl
A FormacióN Do Estado EspañOl
 
O Reformismo BorbóNico
O Reformismo BorbóNicoO Reformismo BorbóNico
O Reformismo BorbóNico
 
Arquitectura Grega
Arquitectura GregaArquitectura Grega
Arquitectura Grega
 
O Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsularO Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsular
 
Os Rrcc As Bases Do Estado Moderno
Os Rrcc As Bases Do Estado ModernoOs Rrcc As Bases Do Estado Moderno
Os Rrcc As Bases Do Estado Moderno
 
Sector Servizos
Sector ServizosSector Servizos
Sector Servizos
 
Vocabulario Visual A K
Vocabulario Visual A KVocabulario Visual A K
Vocabulario Visual A K
 
Vocabulario Visual L Z
Vocabulario Visual L ZVocabulario Visual L Z
Vocabulario Visual L Z
 
6 Glosario
6 Glosario6 Glosario
6 Glosario
 
Romanticismo E Realismo
Romanticismo E RealismoRomanticismo E Realismo
Romanticismo E Realismo
 
Arquitecturaxx
ArquitecturaxxArquitecturaxx
Arquitecturaxx
 
Pinturaxx
PinturaxxPinturaxx
Pinturaxx
 

O GóTico Slide

  • 3. CARACTERÍSTICAS ARQUITECTURA Novos clientes: monarquías, arcebispos e primeiros  burgueses.  Situadas no marco urbano.  Aparición de construcións civís ( pazos, concellos, e lonxas ) en paralelo ós edificios relixiosos ( catedrais ).  Tendencia ó desequilibrio, preferencia pola verticalidade, ao exceso decorativo.  A importancia da luz na teoloxía medieval.  Contribución dos monxes do Cister:A difusion dos seus elementos arquitectónicos claves (arco apuntado, bóveda de cruzaría, elevación dos piares)
  • 4. A CATEDRAL GÓTICA. ESTRUCTURA: Planta basilical de grandes dimensións. O cruceiro tende a desprazarse cara ó  centro, segundo sobresaia ou non da planta, falaremos de p. basilical tipo cruz latina ou de tipo salón.  Cuberta con bóvedas nervadas. A máis común a bóveda de cruzaría que evolucionan dende cruzaría simple a estrelada.  Muro desmaterializado que perde a súa función de sostén, e pasa a ser unha sucesión continúa de vanos cubertos con vidreiras de cores. ELEMENTOS CONSTRUCTIVOS: Arco apuntado en substitución do arco de medio punto, que traslada os empuxes  ós contrafortes, a través dos arcobotantes.  A bóveda é de cruzaria, en substitución da bóveda de canón.  O piar de baquetóns: gótico leva dosadas pequenas columnas compartindo un capitel único e un ábaco,
  • 7. A CATEDRAL GÓTICA. FACHADAS: As fachadas, coas súas portadas, reciben a  mesma atención ornamental a base de relevos, trazarías, rosetóns…pero sobre todo destaca sempre a fachada do Oeste, que tende a reproducir un modelo de estrutura en H ( agás no gótico italiano).Dita fachada occidental,ten unha parte central ( en forma de cuadrilátero dividido en tres tramos ), e dúas partes laterais, que se corresponden con dúas torres cadradas de maior altitude que o rectángulo central. As dúas fachadas laterais ( do cruceiro ),  acostuman ter na súa parte superior un enorme rosetón.
  • 8. Os labirintos das Catedrais
  • 9. Notre-Dame Chartres, 1210-1215 Esta catedral construída a a finais  do século XII ( 1194-1220 ),levántase no momento de auxe e plenitude do gótico francés. O espazo interior está inundado  por unha apoteose de luz natural pero irreal. O espazo exterior caracterízase por un claro sentido ascensional ( rómpese o equilibrio entre os elementos horizontais e verticais ). Entre as súas tres fachadas destaca sobre todo a oeste na que a integración entre a arquitectura, as vidreiras e os relevos é completa.
  • 10. CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES
  • 13. Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )
  • 14. Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )
  • 15. Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )
  • 16. Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )
  • 17. Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )
  • 18. Catedrais de Reims, Catedral de Amiens Catedral de Reims, s. XIII Cateral de Amiens, s. XIII
  • 19. A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )
  • 20. A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )
  • 21. Notre Dame de Reims
  • 22. A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )
  • 24. GÓTICO EN INGLATERRA ,ALEMAÑA,E ITALIA A Arquitectura gótica inglesa posúe uns trazos peculiares: planta  basilical con dobre transepto e tres naves, cabeceira plana, fachadas telón, tendencia a dilatar a anchura……..Destaca a catedral de Canterburi. O estilo gótico alemán ten un desenvolvemento tardío, pola  pervivencia do estilo románico e as tensións do emperador co papado..O gótico alemán tenderá a unha grande verticalidade. Destaca: a catedral de Colonia. Na península itálica o estilo gótico ten un desenvolvemento  escaso, por ser moi alleo ós esquemas constructivos mediterráneos e á tradición romana….é considerada unha arte de bárbaros. No gótico italiano vai predominar o sentido horizontal, os arcos de medio punto, o muro, a ausencia de arbotantes e vidreiras. Destacan as construccións civís de palacios e signorías ( concellos ), e algunhas catedrais como as de Siena, Milán ou
  • 25. Gótico Inglaterra Catedral de Lincoln Catedral de Wells, s. XIII
  • 26. Gótico Inglaterra Abadía de Gloucester Bóveda de abanico Mediados do s. XIV Perpendicular Style
  • 29. Gótico alemá: Catedral de Colonia, s.XIII, segunda metade
  • 34. Gótico italiano: Palazzo Público de Siena, finais do s. XIII
  • 36. Gótico italiano: pazo ducal de Venecia, s. XIV-XV
  • 38. GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA O gótico na península ten claras influencias  francesas. A penetración deste novo estilo débese inicialmente ós mosteiros que constrúen os monxes da orde do Císter nas áreas de repoboación, nos que se empregan os arcos apuntados e as bóvedas de crucería e téndese a austeridade e a verticalidade. As catedrais góticas levántanse sobre todo nas  cidades de recente incorporación ós reinos cristiáns do norte, que carece dunha igrexa de estilo románico acorde coas súas necesidades.
  • 39. GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA Na Coroa de Aragón : Constrúense as grandes catedrais e  edificios civís góticos dos séculos XIV e XV con claras influencias do gótico mediterráneo. .Entre as construccións relixiosas destacan: Catedral e Igrexa de Santa María del Mar en Barcelona, catedral de Xirona e catedral de Palma. Entre os edificios civís destacan: concellos, palacios, lonxas etc.
  • 40. GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA Catedral e Igrexa de Santa María del Mar en Barcelona
  • 41. GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA Catedral de Palma
  • 42. Catedral de Palma de Mallorca
  • 43. Catedral de Palma de Mallorca
  • 44. GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA Catedral de Xirona
  • 45. GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA Na coroa de Castela: As grandes catedrais levántanse  sobre todo ó longo do século XIII e están en relación coas rutas do mercado da lá. Destacan a catedral de Burgos (de forte influencia francesa), Toledo (influencia do Islam), León, Sevilla (S.XV) etc.
  • 47. GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA Catedral de Burgos
  • 49. Catedral de Burgos: Fachada principal
  • 50. GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA Catedral de Toledo
  • 51. Planta catedrais de Burgos, León e Toledo
  • 52. A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII) Os mestres da obra son: Enrique e Xoán Pérez.  Esta catedral ten unha forte influencia do gótico francés ( o propio mestre  Enrique mostra unha clara influencia francesa ). Estructura: planta basilical de cruz latina. Resalta a súa macrocabeceira. O  deseño da planta garda un grande parecido coa catedral de Reims. O espacio interior ven determinado por bóvedas ( similares as de Amiens  ), e polo espectacular sistema de organizar o muro totalmente desmaterializado a base de abrir vanos. As vidreiras que cobren os vanos dan o espacio interior unha gran luminosidade e un variado colorido de maior riqueza cromática que as catedrais francesas. O espacio exterior mostra un sentido menos vertical que as catedrais  francesas .As fachadas con portadas abucinadas e conxuntos escultóricos son similares aos franceses.Destacan os relevos da súa fachada oeste. O parteluz da porta central dedícase á Virxe Branca ( dotada de grande naturalismo e flexibilidade nos panos, sorriso e comunicación co neno.)
  • 53. A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
  • 54. A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
  • 55. A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
  • 56. A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
  • 57.
  • 58. A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII) Interior
  • 59. A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII) Planta
  • 60. ESCULTURA CARACTERÍSTICAS Tendencia a romper coas claves do relevo románico (  lei de adaptación ó marco, hieratismo, frontalidade, iconografía apocalíptica). Naturalismo das figuras, aunque ainda idealizado.  Comunicabilidade e individualidade de rasgos e  expressións de sentimentos. Realismo no canon anatómico e no volume dos panos.  Temática: Xuizo Final ( a mesma do románico ), escenas  marianas, iconografías en referencia á vida de santos etc. Fantásticas gárgolas nos aleiros  Aparición da escultura exenta. 
  • 61. A CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL Os relevos do pórtico ( Cristo, tretamorfos, profetas,  reis, raíñas do antiguo Testamento ) mostran claros trazos pregóticos: a claridade da composición, a tendencia ó vulto redondo, a serenidade da figura de Deus, o emprego de estatuas columna,.a busca dun canon máis estilizado etc. Pero manteñen certos trazos románicos, e sobre todo a adaptación do relevo ó marco arquitectónico. O Pórtico real de Chartres está considerado como o  inicio da arte figurativa gótica, pola súa clara tendencia a romper co hieratismo e o frontalismo románicos e a introducción dos novos trazos estéticos da elegancia anatómica e o naturalismo expresivo.
  • 62. CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL
  • 63. CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL
  • 64. CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL
  • 65. CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL
  • 66. CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL
  • 67. A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII ) Ë a reconstrucción dunha igrexa destruida por un incendio en 1210. Dita  catedral era o lugar elexido para coroar ós reis francesesc A súa estructura consta de planta basilical, tipo cruz latina, con tres naves  lonxitudinais e tres transversais. Destaca a fachada oeste ( constrúese a partir de 1255 ), na que xa se  emprega toda a variada linguaxe decorativa gótica : pináculos, tracerías, rosetóns etc .Nesta fachada ó ser sustituidos os tímpanos por rosetóns, os relevos trasládanse ás xambas, ós gabletes, e ó reverso da fachada. As figuras dos relevos mostran trazos plenamente góticos ( rostros ambles  e sorrintes) e forman composicións de temática claramente novidosa. A temática global é a vida da Virxe ( escenas marianas ).
  • 68. A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII ) (Continuación) Especial relevancia teñen a decoración das xambas  do lado dereito da porta central nas que se ubican os relevos que fan referencia ós temas da Anunciación do Arcanxo San Gabriel a María, e da Visitación de María a súa prima Isabel. : No grupo de relevos da Anunciación destaca a figura do Anxo do sorriso ( de certa similitude coa escultura grega arcaica ). E asi mesmo no grupo de relevos da Visitación destacan as figuras de María e Isabel que sorprenden: polas súas actitudes clásicas, o pregado flexible e naturalista dos panos, o realismo dos xestos,a naturalidade dos movementos, e o equilibrio do conxunto.
  • 69. A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN e VISITACION
  • 70. A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN
  • 71. A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: VISITACIÓN
  • 72. A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
  • 73. A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)
  • 74. CARACTERÍSTICAS PINTURA PINTURA: • Tendencia a rexeitar as estilizacións e alegorias do románico a favor do realismo. • Naturalismo nas representacións • Recurso ós fondos paisaxísticos. • Atención á cor e á luz. • Aparición de pintura sobre táboa con técnica de óleo ou temple. • Estudio máis profundo das perspectivas. • Temáticas de lirismo sentimental e melancólico. • Recurso ó ouro para resaltar efectos de riqueza.
  • 75. Gótico italiano, s. XIII Madonna Rucellai, Duccio di Crucifixo, Cimabue. Igrexa de Santo Buoninsegna, Uffici. Florencia, 1285 Domingo de Arezzo. C. 1265-1268
  • 76. Simone Martini A anunciación, (1333) Temple sobre táboa. Uffizi, Florencia EEscola de Siena, representa a estética italiana na idade media, coincide no tempo co éxito do chamado gótico internacional francés.
  • 77. A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO. VAN EYCK. • GIOTTO (1266-1337): • É o verdadeiro iniciador da pintura moderna, o pintor capaz de crear a ilusión de profundidade sobre unha superficie plana. A pintura de Giotto rompe cos convencionalismos góticos e marca un estilo propio, no que vai resaltar a preocupación por dar unha apariencia de existencia real ás cousas que capta coa mirada e por lograr representar os distintos estados de ánimo. • O estilo de Giotto vai estar caracterizado pola: – Intuición do sentido da profundidade, ainda que recorra ós fondos de telón de escenario teatral. – Valoración da paisaxe e do espacio, a pesar de reducilos a pequenas montañas e algunhas árbores. – Tendencia ás figuras monumentais ( precedente de Masaccio e Miguel Anxo ) – Insistencia en espertar no espectador a sensación de volume. – Introducción de animais nas composicions – Preocupación pola luz e o movemento das figuras
  • 78. Morte de San Francisco, fresco. Giotto. Igrexa de Santa Croce. Florencia. 1315-1320
  • 79. A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO. VAN EYCK. • Entre as consecuencias da obra innovadora de Giotto podemos resaltar: – Creación dunha escola pictórica florentina – Superación da influencia bizantina na pintura – Aparición do concepto de artista innovador que supera o modelo de mestre artesán anónimo – Preferencia polos valores de forza e novidade do artista fronte ó valor da perfección técnica do artesán – Necesidade de partir sempre dun proxecto previo mental da obra de arte a crear.
  • 80. A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO. Frescos da Capela dos Scrovegni • Os 38 frescos pintados por Giotto nesta capela foron un encargo do banqueiro Enrico Scrovegni para decorar a capela adxunta ó seu pazo de Padua • A técnica empregada é a de pintura ó fresco, con retoque de temple. Giotto creou un novo sistema de ligar as cores, usando como base para mesturar un zume de figos verdes, de xemas de arbustos,… e obtendo así unhas cores maís vivas e claras. • As escenas recollen temáticas da vida da virxe María, da vida de Cristo, da vida dos pais da virxe e incluso do xuizo final
  • 81. Fuxida de Exipto. Fresco, Giotto. Capela Scrovegni, Padua, 1303
  • 82. A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO. Frescos da Capela dos Scrovegni Escea de “O Pranto ante Cristo morto”( 1303-1305 ). • Composición: está centrada no corpo de Cristo e as tres figuras principáis ( súa nai abrazándoo, a Magdalena chorando aos seus pés, e S.Xoán xesticulante.) e reforzada no plano terrestre pola presencia das santas mulleres, Xosé de Arimatea, Nicodemo, e no plano celeste por un grupo de anxos.. • A nivel técnico cabe destacar na composición: a ubicación do corpo de Cristo descentrado, o escalonamiento das figuras ( buscando dar sensación de profundidade espacial ), o tamaño real das figuras rompendo coa perspectiva xerárquica, a colocación de figuras de costas para conseguir impresión de volumen.etc. • Para acentuar o dramatismo da escena, Giotto oculta os corpos coas roupas e concentra os xestos expresivos nos rostros, ubicando as figuras de perfil e dotándoas de nariz recto, ollos rasgados e boca entreaberta. • Simboloxía: A árbore espida da escueta paisaxe do marco, ven simbolizar a árbore morta da que brotarán as novas follas, en paralelismo co corpo morto de Cristo que coa súa resurreción fará posible a redención dos pecados e nova vida. • Conclusión: Nestes frescos Giotto logra a súa obra mestra, e rompe totalmente cos convencionalismos da pintura gótica, para abrir un novo camiño na composición da pintura, que acabará por desembocar no espectacular auxe da pintura renacentista.
  • 84. JAN VAN EYCK (1390-1441 ). • É o máis destacado representante da pintura flamenca de final da Idade Media. Vai gozar de grande prestixio nas cidades de Flandes, e a súa fama chega incluso ás ricas cidades da península de IItalia. • Á inversa de Giotto, Jan Van Eyck, non se sente un innovador, non se considera así mesmo como un artista, el pinta procurando o máximo de perfección técnica, como todo mestre artesán aspira a lograr unha obra mestra, pero non a revolucionar a forma de crear. • A pintura de J. V. Eyck, como a dos restantes pintores flamencos primitivos, vai caracterizárse por: A minuciosidade dos detalles, a tendencia ó realismo absoluto, o preciosismo nas composicións e nos propios obxetos incorporados á obra ,manexo moi efectivo da luz, temáticas moi variadas ( retratos, paisaxes,escenas cotiás etc ),e así mesmo mostra máis interese por plasmar a apariencia de realidade das cousas que por a perspectiva ou a expresividade. • Alcanza unha grande destreza no uso da técnica do óleo ( usa aceite de liñaza para aglutinar as cores e varnices para acelerar o secado. • Recorre á tecnica da veladura ( superposición de capas de pintura que se transparentan )para corrixir os posibles erros e darlle unha maior gama de brillos ás cores. • Destacan da súa creación: a Virxe do Canciller Rolin, o matrimonio Arnolfini, e o Políptico do Año Místico.
  • 85. A VIRXE DO CANCILLER ROLIN ( 1434-1435 ) • O cadro representa á Virxe co donante ( o Canciller Rolin ), no interior dun salón, que semella unha igrexa románica con galería de arcos de medio punto aberto ó exterior • A Virxe está sentada sobre un luxoso coxín situado nun sitial de madeira, sostendo no seu colo ó neno Xesús espido, protexida cun grande manto vermello mentres está a ser coroada por un anxo. • O canciller aparece axeonllado nun reclinatorio orando • Tecnicamente debe resaltarse a composición, pois logra unha mestura de realismo da paisaxe e marco arquitectónico coa solemnidade das figuras relixiosas • O retrato está realizado sobre unha táboa coa técnica pictórica do óleo e traballado cunha grande meticulosidade no debuxo das formas, e nas pinceladas de cor. • A función é votiva ( cumprir un voto ou promesa ), e ademais serviría para ensalzar o prestixio do canciller. • Simboloxía : a piedade , e o poder do canciller Rolin. • Conclusión: Apreciamos elementos certamente relacionados coa pintura gótica como son: certa incomunicación entre as figuras e a preocupación polos mínimos detalles, e o mesmo tempo xa se manifestan con claridade aspectos que anticipan os rasgos característicos da pintura de estilo renacentista como a incorporación das paisaxes, o manexo da luz e a importancia do retrato. • .
  • 86. A virxe do canciller Rolin. Jan Van Eyck. Museo do Louvre. París, Óleo sobre táboa
  • 87. Matrimonio Arnolfini ( 1434 ). • Este retrato recolle o acto da celebración do matrimonio de Arnolfini,un gran banqueiro italiano residente en Flandes ( Xoán e Xoana Cenani ) • Composición: está enlazada polas curvas xeradas polos brazos da lámpada en relación harmónica coas dúas mans unidas. • Tecnicamente é un retrato sobre táboa. Destaca a rica gama cromática coa que crea amplas superficies de vivas cores con gradacións sutís de ton e cor que crean ilusión da luz do sol. • A impresión de espacio e volume lógraas a través da gradación da luz lateral da ventá aberta. • O cadro está deseñado para actuar simbolicamente en varios planos : como retrato de dous importantes membros da sociedade burguesa, como documento confirmatorio da celebración dun contrato de matrimonio e como sumario das obrigas que implicaba un enlace matrimonial no século XV. • Entre os múltiples elementos simbólicos que V.Eyck incorpora ó retrato para reafirmar o carácter legal sacro e obrigacional de matrimonio podemos resaltar as seguintes:o espello ( símbolo da pureza da muller ), a lámpada, o rosario (símbolo de devoción que o noivo debía entregar a súa futura esposa ), as laranxas, o can ( símbolo da fidelidade e do amor terreal ), o vestido verde ( símbolo da fretilidade , a cama ( onde se nace e se morre) , a sinatura de V. Eyck, sinalando coa súa presenza ccmo testemuña da legalidade do contrato matrimonial.
  • 90. POLÍPTICO DA ADORACIÓN DO AÑO MÍSTICO • A obra foi comenzada por Hubert V. Eyck, e o morrer éste en 1426 foi continuada polo seu irmán Jan que realizaría a maior e máis importante parte do retablo. Rematouna en 1432 sendo entronizada na catedral de s. Bavón de Gante. • Está formada por doce tablas de madeira, correspondendo oito ás portas que pechan o retablo, estando pintadas por ambos lados. • O políptico aberto está formado por doce tablas superpostas endous niveis: o nivel inferior está ocupado por unha escea central de desenvolvemento horizontal, e catro laterais, que teñen en común a liña do horizonte, ao fondo da paisaxe, e parecen estar inmersas na mesma atmósfera e no mesmo lugar • No retablo pechado as catro táboas inferiores corresponden de esquerda a dereita: Joos Vyd, que é o que encarga a pintura, S.Xoán Bautista, S.Xoán Evanxelista e Elisabeth Borluut,esposa de Vyd. Os donantes en actitude orante son verdadeiros retratos. • O políptico abero presenta os seguintes temas: no nivel inferior de esquerda a dereita, se suceden as escenas da procesión dos xuices íntegros, a procesión dos cabaleiros de Cristo, a Adoración do Año Místico, a procesión dos eremitas e “ a procesión dos peregrinos”. • No nivel superior, a escena central corresponde a un tema de tradición bizantina: o Pantocrator acompañado pola Virxe á súa dereita e S. Xoán Bautista a súa esquerda. A un lado e outro delas aparecen os anxos, músicos etc. Nas estreitas táboas laterais se representan respectivamente, a Adán e eva expidos, expulsados do paraiso. • O tema fundamental do retablo é indudablemente o da Redención. • O tema iconográfico da táboa central é a Adoración do año Místico como se relata no libro do APOCALIPSE. • Aspecto formal e técnico: destaca polas súas dimensións , pola complexa estructura, o detalle das roupas e dos rostros etc.Utiliza a técnica do óleo, coñecida, pero apenas utilizada ata o momento ( permite retoca lo pintado ou engadir un deatlle tras outro. • Análise plástico: A composición organízase en torno a un eixe vertical que recorre toda a táboa e que está constituida pola fonte, o altar e o Espíritu Santo.
  • 91. POLIPTICO DA ADORACIÓN DO AÑO MÍSTICO
  • 92. Políptico da Catedral de Gante. Hubert e Jan Van Eyck. 1432. Óleo sobre táboa. Pechado mide 350 cm x 320 e aberto 350 x461 cm. Localizado na capelade Jodocus Vijd. Catedral de San Bavón, Gante
  • 93. Descendemento de Cristo e Quinta angustia de Maria, Roger Van Der Weyden (1437). Óleo sobre táboa. Museo do Prado, Madrid
  • 94. O xardín das delicias, O Bosco. (1500- 1510). Óleo sobre táboa