SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 25
TOPONIMIA DO
CONCELLO DE SILLEDA VI
    Parroquias e aldeas

     Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas,
     Saíndres




                                        por Laura Fernández Suárez
                                         Beatriz González Fernández
                                                    (Curso 2011-12)

                     A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda,
                         de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
24.- PIÑEIRO
24. Piñeiro (San Xillao)

Un fitónimo derivado de pinus ou o xentilicio Pinarius foi o
que se converteu aquí en topónimo parroquial.
24. Piñeiro (San Xillao)
Lugares de Piñeiro:

•   Basteiros: quizais podería ser variante de besteiros, é dicir,
    balistarios, coma “ballesteros” en castelán, ou terreos con
    herba besteira ‘heléboro, planta ranunculácea fétida’, ou
    “bastoeiros”.
•   Os Campos: traduce a campus,
     chao amplo sen cultivar.
•   Castrocastriño: parece un duplicado
    de castrum e do seu diminutivo;
    pero foi o castro do xentilicio
    Castrinius, é dicir, o castro posuído
     por un xefe con nome derivado de
     Castrius, tamén xentilicio.
24. Piñeiro (San Xillao)
Lugares de Piñeiro:

•   Castromonde: é un derivado
    de Castrum Mondii, castro
    posuído por un home chamado
    Mondius, Mundius ou Mundus.
•   Cuíña: puido proceder do latín
    colina/culina ‘cociña, fogar
    portátil, [fig.], mesa, sitio dos
    banquetes funerarios, tumba
    dos pobres, latrina. Tamén se
    podería ver acouchado en Cuíña
    o nome persoal Culina e
    Culinus.
24. Piñeiro (San Xillao)
Lugares de Piñeiro:

•   Porta-Piñeiro: componse de
    portus/porta determinado aquí polo
    nome parroquial.
•   Santifoga: parece composto do xenitivo
    nominal Sancti. Sante: reflexa o xenitivo
    do antropónimo Sanctius, que orixinou o
    persoal Sancho; a forma plena do Villa
    Sancti, que quedou fosilizada no
    topónimo Vilasante. Sería determinativo
    aquí de foca, plural de focum ‘fogo,
    fogar’.
25.- PONTE
25. Ponte (San Miguel)

O nome alude evidentemente a pons ‘ponte’.
25. Ponte (San Miguel)
Lugares de Ponte:

•   Aldea de Abaixo: combina o nome árabe al-daia co adxectivo
    topográfico bassus ‘baixo’.
•   Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa, determinada polo
    cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis ‘rei’, sen que
    sexa necesario supoñer que fose un monarca histórico.
•   Meixomence: parece un apelido *Maxuminici, que sería o
    patronímico de Maxuminus, diminutivo de
    Maxumus/Maximus.
•   Rosende: corresponde ao xenitivo de Rodesindus,
    antropónimo visigótico.
25. Ponte (San Miguel)
Lugares de Ponte:

•   Sino: parece que traduce a signum,
    probablemente sinónimo aquí de campá
    da igrexa, usado neste senso en
    documentos notariais da Idade Media.
•   Trasfontao: é o topónimo fontanum,
    Fontao: traduce o latín fontanus-a-um,
    adxectivo referido a fons ‘fonte’, que
    se converteu no cognomen persoal
    Fontanus. Precedido aquí da preposición
    trans ‘tras, máis alá de’.
26.- REFOXOS
26. Refoxos (San Paio)

Refoxos parece un plural de
refugium “refojo, recôncavo
de terreno; gruta ou caverna
onde se escoitam feras”.
Poderíase vencellar tamén
con foveum ‘foxo’, coma o
castelán “Rehoyo” ou co
verbo latino refodio ‘cavar’.
26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:

•   Cardesín: pódese comparar con Sino: parece que traduce a
    signum, probablemente sinónimo aquí de campá da igrexa,
    usado neste senso en documentos notariais da Idade Media.
    Pero tamén con Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa,
    determinada polo cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis
    ‘rei’, sen que sexa necesario supoñer que fose un monarca
    histórico. Ou Cardigonde: parece un rotacismo de cas-,
    apócope de casa, co nome visigótico do seu propietario,
    Guntus/Gundus.
26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:

•   Corrospedriños: leva como
    segundo elemento o adxectivo
    petrinus, derivado de petra
    ‘pedra’, calificando a corros,
    variante de curros, indicando aquí
    tal vez ‘cercados de pedra’. Pero
    tamén houbo o cognomen latino
    Petrinus.
•   O Couto: tamén traduce a
    cautum, participio do verbo caveo
    ‘precaver, protexer’, porque se
    trataba dun terreo acotado por un
    señor, por un mosteiro, etc.
26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:

•   Lázara: probablemente é adxectivación dunha Villa Lazara, é
    dicir, a vila dun propietario denominado Lazarus.
•   Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras
    usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou
    elevado.
•   Pallota: parece afín a palloza, vivenda cuberta de palla, ambos
    derivados de palea ‘palla’, con sufixos diferentes.
26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:

•   Tixoa: semella ser un
    diminutivo *tegiola, co sufixo
    do latín vulgar serodio -ola,
    probablemente baseado en
    tegere ‘cubrir’, coma tegula.
•   Xastres: sería plural do
    apelativo latino de oficio,
    sartor, -oris ‘xastre’,
    equivalente en significado ao
    árabe alfaiate.
27.- RELLAS
27. Rellas (San Martiño)
Rellas sería un patronímico do antropónimo latino Regula.
27. Rellas (San Martiño)
Lugares de Rellas:

•   Curbeira: pode ser derivado de
    corvus, sitio de corvos, máis ben ca de
    curvas.
•   Iglesia: nome castelán, indica o lugar
    onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’,
    palabra de orixe grega.
•   A Lama: topónimo moi común no
    hispánico, de orixe probablemente
    prelatina.
27. Rellas (San Martiño)
Lugares de Rellas:

•   A Torrevedra: procede de
    turris vetera ‘torre vella’.

•   Vis: sería patronímico,
    quizais orixinado no
    antropónimo Visius, Visus
    ou Vicius.
28.- SAÍDRES
28. Saídres (San Xoán)
O nome de Saídres parece un patronímico, tal como aparece
en documentos medievais
28. Saídres (San Xoán)
Lugares de Saídres:

•   Aldea Grande: une a voz árabe al-daia co adxectivo latino
    grandis ‘grande’.
•   Barradaos: parece que equivale a Bardaos, topónimo lucense,
    escrito Barretanos, o cal posiblemente sería un étnico
    relacionado con Barredo, con base en ‘barro’.
•   A Cañoteira: implica colectividade de cañotos, palabra
    mozárabe cannut, derivada dunha forma hispánica *cannutus,
    semellante a unha canna ‘cana’.
•   Carracido: é variante de Carracedo, sitio abundante en
    carrizos, do latín carex -icis.
28. Saídres (San Xoán)
Lugares de Saídres:

•   Casardoño: pode ser casa ou
    casale Hordonius, nome
    do posesor.
•   Caxeba: parece constar do
    apelativo casa e dun nome
    persoal, comparable quizais
    co topónimo Casebio
    (Casa de Eusebio) ou tal vez
    (Casa) Sevia.
28. Saídres (San Xoán)
Lugares de Saídres:

•   Maragouzos: se cadra, podería ser un antropónimo bitemático
    primitivo *Mara-gautius ou visigótico. Aseméllase tamén a
    maragouto, molgueira, feixe ou mollo de trigo ou centeo na
    seitura cos que se fai a meda.
•   Moimenta: traduce a monimenta, palabra usada na epigrafía
    galaicoasturiana para indicar ‘monumentos’ funerarios.
•   Pedralaxe: componse de petra ‘pedra’, indicando con lagena
    ‘laxe’ a forma lisa, plana, de pouco grosor, como é a pedra
    pizarrosa.
•   A Pena: é unha voz primitiva, quizais da familia de pinna
    ‘amea’. No latín medieval escriben penna.

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Toponimia de silleda vi (piñeiro, ponte, refoxos, rellas, saíndres) (12)

C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA CidadeC:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
 
Mergúllate na túa cidade
Mergúllate na túa cidadeMergúllate na túa cidade
Mergúllate na túa cidade
 
Top culleredo
Top culleredoTop culleredo
Top culleredo
 
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
 
Prologo Simboloxía Románico Chantada
Prologo Simboloxía Románico ChantadaPrologo Simboloxía Románico Chantada
Prologo Simboloxía Románico Chantada
 
Carreiros 8 (2009)
Carreiros 8 (2009)Carreiros 8 (2009)
Carreiros 8 (2009)
 
Toponimia 2ºBach (2) 08
Toponimia 2ºBach (2) 08Toponimia 2ºBach (2) 08
Toponimia 2ºBach (2) 08
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
 
O entroido
O entroidoO entroido
O entroido
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 

Mehr von As Ferreiras Silleda

Mehr von As Ferreiras Silleda (20)

Visitando a Manuel María
Visitando a Manuel MaríaVisitando a Manuel María
Visitando a Manuel María
 
Día da ciencia en galego.2015
Día da ciencia en galego.2015Día da ciencia en galego.2015
Día da ciencia en galego.2015
 
Toponimia de Vilar (Silleda)
Toponimia de Vilar (Silleda)Toponimia de Vilar (Silleda)
Toponimia de Vilar (Silleda)
 
Gonzalo Navaza
Gonzalo NavazaGonzalo Navaza
Gonzalo Navaza
 
Presentación ledicia costas
Presentación ledicia costasPresentación ledicia costas
Presentación ledicia costas
 
5 científicos galegos
5 científicos galegos5 científicos galegos
5 científicos galegos
 
10 científicos galegos
10 científicos galegos 10 científicos galegos
10 científicos galegos
 
Cientificas galegas
Cientificas galegasCientificas galegas
Cientificas galegas
 
Animais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en GaliciaAnimais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en Galicia
 
Topoloxía
TopoloxíaTopoloxía
Topoloxía
 
O matemático Rodríguez
O matemático RodríguezO matemático Rodríguez
O matemático Rodríguez
 
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguasProxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
 
Lexislación sobre a lingua galega
Lexislación sobre a lingua galegaLexislación sobre a lingua galega
Lexislación sobre a lingua galega
 
Novelas estranxeiras traducidas ao galego
Novelas estranxeiras traducidas ao galegoNovelas estranxeiras traducidas ao galego
Novelas estranxeiras traducidas ao galego
 
Toponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosToponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplos
 
Samaín 2013
Samaín 2013Samaín 2013
Samaín 2013
 
Aula agustín fernández paz
Aula agustín fernández pazAula agustín fernández paz
Aula agustín fernández paz
 
Aula antonio reigosa
Aula antonio reigosaAula antonio reigosa
Aula antonio reigosa
 
Monicreques
MonicrequesMonicreques
Monicreques
 
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
 

Kürzlich hochgeladen

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Toponimia de silleda vi (piñeiro, ponte, refoxos, rellas, saíndres)

  • 1. TOPONIMIA DO CONCELLO DE SILLEDA VI Parroquias e aldeas Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saíndres por Laura Fernández Suárez Beatriz González Fernández (Curso 2011-12) A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda, de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
  • 3. 24. Piñeiro (San Xillao) Un fitónimo derivado de pinus ou o xentilicio Pinarius foi o que se converteu aquí en topónimo parroquial.
  • 4. 24. Piñeiro (San Xillao) Lugares de Piñeiro: • Basteiros: quizais podería ser variante de besteiros, é dicir, balistarios, coma “ballesteros” en castelán, ou terreos con herba besteira ‘heléboro, planta ranunculácea fétida’, ou “bastoeiros”. • Os Campos: traduce a campus, chao amplo sen cultivar. • Castrocastriño: parece un duplicado de castrum e do seu diminutivo; pero foi o castro do xentilicio Castrinius, é dicir, o castro posuído por un xefe con nome derivado de Castrius, tamén xentilicio.
  • 5. 24. Piñeiro (San Xillao) Lugares de Piñeiro: • Castromonde: é un derivado de Castrum Mondii, castro posuído por un home chamado Mondius, Mundius ou Mundus. • Cuíña: puido proceder do latín colina/culina ‘cociña, fogar portátil, [fig.], mesa, sitio dos banquetes funerarios, tumba dos pobres, latrina. Tamén se podería ver acouchado en Cuíña o nome persoal Culina e Culinus.
  • 6. 24. Piñeiro (San Xillao) Lugares de Piñeiro: • Porta-Piñeiro: componse de portus/porta determinado aquí polo nome parroquial. • Santifoga: parece composto do xenitivo nominal Sancti. Sante: reflexa o xenitivo do antropónimo Sanctius, que orixinou o persoal Sancho; a forma plena do Villa Sancti, que quedou fosilizada no topónimo Vilasante. Sería determinativo aquí de foca, plural de focum ‘fogo, fogar’.
  • 8. 25. Ponte (San Miguel) O nome alude evidentemente a pons ‘ponte’.
  • 9. 25. Ponte (San Miguel) Lugares de Ponte: • Aldea de Abaixo: combina o nome árabe al-daia co adxectivo topográfico bassus ‘baixo’. • Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa, determinada polo cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis ‘rei’, sen que sexa necesario supoñer que fose un monarca histórico. • Meixomence: parece un apelido *Maxuminici, que sería o patronímico de Maxuminus, diminutivo de Maxumus/Maximus. • Rosende: corresponde ao xenitivo de Rodesindus, antropónimo visigótico.
  • 10. 25. Ponte (San Miguel) Lugares de Ponte: • Sino: parece que traduce a signum, probablemente sinónimo aquí de campá da igrexa, usado neste senso en documentos notariais da Idade Media. • Trasfontao: é o topónimo fontanum, Fontao: traduce o latín fontanus-a-um, adxectivo referido a fons ‘fonte’, que se converteu no cognomen persoal Fontanus. Precedido aquí da preposición trans ‘tras, máis alá de’.
  • 12. 26. Refoxos (San Paio) Refoxos parece un plural de refugium “refojo, recôncavo de terreno; gruta ou caverna onde se escoitam feras”. Poderíase vencellar tamén con foveum ‘foxo’, coma o castelán “Rehoyo” ou co verbo latino refodio ‘cavar’.
  • 13. 26. Refoxos (San Paio) Lugares de Refoxos: • Cardesín: pódese comparar con Sino: parece que traduce a signum, probablemente sinónimo aquí de campá da igrexa, usado neste senso en documentos notariais da Idade Media. Pero tamén con Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa, determinada polo cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis ‘rei’, sen que sexa necesario supoñer que fose un monarca histórico. Ou Cardigonde: parece un rotacismo de cas-, apócope de casa, co nome visigótico do seu propietario, Guntus/Gundus.
  • 14. 26. Refoxos (San Paio) Lugares de Refoxos: • Corrospedriños: leva como segundo elemento o adxectivo petrinus, derivado de petra ‘pedra’, calificando a corros, variante de curros, indicando aquí tal vez ‘cercados de pedra’. Pero tamén houbo o cognomen latino Petrinus. • O Couto: tamén traduce a cautum, participio do verbo caveo ‘precaver, protexer’, porque se trataba dun terreo acotado por un señor, por un mosteiro, etc.
  • 15. 26. Refoxos (San Paio) Lugares de Refoxos: • Lázara: probablemente é adxectivación dunha Villa Lazara, é dicir, a vila dun propietario denominado Lazarus. • Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. • Pallota: parece afín a palloza, vivenda cuberta de palla, ambos derivados de palea ‘palla’, con sufixos diferentes.
  • 16. 26. Refoxos (San Paio) Lugares de Refoxos: • Tixoa: semella ser un diminutivo *tegiola, co sufixo do latín vulgar serodio -ola, probablemente baseado en tegere ‘cubrir’, coma tegula. • Xastres: sería plural do apelativo latino de oficio, sartor, -oris ‘xastre’, equivalente en significado ao árabe alfaiate.
  • 18. 27. Rellas (San Martiño) Rellas sería un patronímico do antropónimo latino Regula.
  • 19. 27. Rellas (San Martiño) Lugares de Rellas: • Curbeira: pode ser derivado de corvus, sitio de corvos, máis ben ca de curvas. • Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega. • A Lama: topónimo moi común no hispánico, de orixe probablemente prelatina.
  • 20. 27. Rellas (San Martiño) Lugares de Rellas: • A Torrevedra: procede de turris vetera ‘torre vella’. • Vis: sería patronímico, quizais orixinado no antropónimo Visius, Visus ou Vicius.
  • 22. 28. Saídres (San Xoán) O nome de Saídres parece un patronímico, tal como aparece en documentos medievais
  • 23. 28. Saídres (San Xoán) Lugares de Saídres: • Aldea Grande: une a voz árabe al-daia co adxectivo latino grandis ‘grande’. • Barradaos: parece que equivale a Bardaos, topónimo lucense, escrito Barretanos, o cal posiblemente sería un étnico relacionado con Barredo, con base en ‘barro’. • A Cañoteira: implica colectividade de cañotos, palabra mozárabe cannut, derivada dunha forma hispánica *cannutus, semellante a unha canna ‘cana’. • Carracido: é variante de Carracedo, sitio abundante en carrizos, do latín carex -icis.
  • 24. 28. Saídres (San Xoán) Lugares de Saídres: • Casardoño: pode ser casa ou casale Hordonius, nome do posesor. • Caxeba: parece constar do apelativo casa e dun nome persoal, comparable quizais co topónimo Casebio (Casa de Eusebio) ou tal vez (Casa) Sevia.
  • 25. 28. Saídres (San Xoán) Lugares de Saídres: • Maragouzos: se cadra, podería ser un antropónimo bitemático primitivo *Mara-gautius ou visigótico. Aseméllase tamén a maragouto, molgueira, feixe ou mollo de trigo ou centeo na seitura cos que se fai a meda. • Moimenta: traduce a monimenta, palabra usada na epigrafía galaicoasturiana para indicar ‘monumentos’ funerarios. • Pedralaxe: componse de petra ‘pedra’, indicando con lagena ‘laxe’ a forma lisa, plana, de pouco grosor, como é a pedra pizarrosa. • A Pena: é unha voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’. No latín medieval escriben penna.