20. 2º.- HAI DESTINADO UN FONDO 2008-2009 PARA ACTIVIDADES IMPREVISTAS OU PARA CUBRIR OS GASTOS OFICIAIS ( 1.500€ )
21. 3º.- POR ÚLTIMO: DEIXAMOS UN COLCHÓN DE PREVISIÓN ( APROX. 1.500€ ), PARA O CURSO 2009-2010 TRES INDICATIVOS DOS PRESUPOSTOS 2008-2009 PRESUPOSTOS PARA 2008-2009 PRESUPOSTO CON BALANCE POSITIVO 2008-2009 ......... 3.084,43€
50. DÍA 27 : PROCLAMACIÓN DOS CANDIDATOS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 25 DE NOVEMBRO DE 19,30 A 20,30 --------------------------- UN REPRESENTANTE DAS NAIS/PAIS E UN REPRESENTANTE DA A.N.P.A.
52. REMATE da PRIMEIRA XUNTA XERAL ORDINARIA do CURSO 2008-2009 7 de novembro de 2008
Hinweis der Redaktion
Boas noites Benvidos a todos/as: Como se ven facendo todos os anos, en cumprimento dos estatutos, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos de este instituto celebra todos os anos esta xuntanza xeral . Queremos dar a benvida, desde a xunta directiva, a todos pero dunha forma especial ós novos socios/as que se incorporan este ano. Queremos, tamén, dar unha pequena visión xeral do noso labor. E, máis en detalle, unha información práctica para todos as nais e pais. E queremos, por último, comunicaros en detalle os presupostos e algunhas das actividades que están máis ou menos previstas para este curso presente. Finalmente podedes facer algunha proposta ou calquera pregunta que, si podemos, contestaremos con agrado. ------------- Pasar á seguinte diapositiva
Podedes ver entón que os puntos que se van a tratar na reunión de hoxe serán os que están reflexados na pantalla e nas cartas que se mandaron ás vosas casas: 1.Acollida ós novos socios e visión xeral da asociación 2.Lectura e aprobación da acta anterior 3.Contas do curso 2007-2008 4.Presupostos previstos para este ano escolar 2008-2009 5.Informe e liñas xerais de actuación e actividades para o curso 6.Preguntas e propostas dos socios ------------- Pasar á seguinte diapositiva
En especial para os novos socios, ainda que convén que o lembremos todos os demais, destacaremos que a Asociación de Nais e Pais... É un instrumento de servizo ós pais. Porque trata de axudar e de colaborar coas nais e pais na educación dos fillos/as, sobre todo no ámbito ó que está circunscrito, que é este instituto, onde captan os coñecementos e fórmanse para desempeñar un papel na sociedade. Influindo esta etapa de forma importante no seu desenvolvemento futuro. Poderíamos comparar á asociación coma unha prolongación da acción dos pais dentro do centro. A familia é a escola fundamental dos nosos fillos/as. O instituto, só lle pode dar un lixeiro barniz os nosos fillos/as. A preparación fundamental, o “tratamento da madeira”, poderíamos dicir servindo de analoxía, é dentro da familia, teñen que “elaborarse”, “moldearse” nas propias familias. Comprendemos, así o deberíamos de facer, que nas escolas os profesores pouco poden facer con 25 ou máis rapaces nas aulas no que respecta á médula da educación. A médula da educación. É a formación en sí como persoas para inserirse máis tarde na sociedade. Este traballo, en gran medida, corresponde a familia . ------------- Pasar á seguinte diapositiva
O estado e a escola son colaboradores do labor educativo. Deste xeito, temos que ver ó instituto en particular e o propio estado en xeral como regulador e colaborador . Non podemos facer responsables (neste labor educativo), a ningún dos dous de feitos que nos corresponde a nós , como pais e nais. Somos os que temos que facer ou actuar en primeiro, e máis importante, lugar. Os protagonistas: as nais e os pais. Por iso os protagonistas somos nós, as nais e pais. E se ademais temos unha organización que pretende defender estos valores como esta Asociación moito mellor. Temos cubertas as costas. As asociacións foron creadas como garantía , como control , da educación inciciada dentro da familia e continuada nos centros educativos. A Asociación pode interveñir cando o crea preciso, en caso de situacións que poidan derivar en preocupantes para os nosos fillos/as. A Asociación está, e estará, en alerta . O papel da Asociación está claro. Non temos que xustificar a nosa existencia. Estamos, existimos, porque somos imprescindibles e fundamentais no desenvolvemento dos nosos/as fillos/as. Con esto que creo que tiñamos todos claro pasamos ó medio práctico : qué medios de información temos os socios desta Asociación para comunicarnos entre nós. ------------- Pasar á seguinte diapositiva
Os medios de información a disposición dos socios, e mantidos por esta xunta directiva, podemos clasificalos en tres apartados: Atención persoal Información postal Información electrónica Atención persoal : lembramos ós socios que todos os días poden atopar a un representante da asociación no centro. O horario é de 18 h. a 20 h. (eu mesmo). Lembrar tamén que temos un panel no vestíbulo do centro no que se vai pondo información de última hora, de actividades, etc. Información postal : calquera tema importante será comunicado mediante correo postal. Outros anos facíamolo, por aforrar economicamente un diñeiro a asociación, mediante entrega en man ós rapaces/zas pero non resultou moi ben porque algúns, por olvido , non entregaban na casa a información. Información electrónica : a asociación tén un correo electrónico oficial [email_address] (na carta que vos enviamos está detallado). Posibilidade de comunicación on line a través da rede (messenger). O socio tamén ten unha páxina web a súa disposición na que é vertida toda a información ó noso alcance, e na que a dirección é www.anpablancoamor.es ou www.anpablancoamor.com -------------- Despois de esta pequena presentación e para dar continuidade e cumprimento ós puntos por tratar damos lectura, da acta da anterior xunta, por parte do noso secretario (Javier). ------------- Pasar á seguinte diapositiva
Lectura da acta ------------- Dase por leída e aprobada a acta se non hai ningún inciso dos socios presentes. ------------- Pasar á seguinte diapositiva
Agora vamos a ver as contas do curso pasado (2007-2008) e os presupostos previstos para este novo curso (2008-2009). ------------- Pasar á seguinte diapositiva
No apartado de ingresos... No apartado de gastos... ------------- Pasar á seguinte diapositiva
No apartado de ingresos, o saldo inicial co que rematamos o curso pasado foi de .... No apartado de gastos temos previstos, segundo un cálculo de cantidades parecidas ás do ano pasado, os seguintes.... ------------ EN RESUME PODEMOS DICIR QUE OS TRES INDICATIVOS SOBRE OS QUE DESCANSAN OS PRESUPOSTOS SON..... ------------- Pasar á seguinte diapositiva
Comentario ------------- Remate de presupostos E se non hai ningún inconveniente por parte dos socios danse por aprobados istes presupostos e pasamos ó apartado das liñas de actuación e actividades da asociación para este ano.... ------------- Pasar á seguinte diapositiva
Quixemos dividila en tres apartados: Unha información práctica A actuación da asociación en diversos temas E as actividades previstas ------------- Pasar á seguinte diapositiva
Respecto ó apartado de información práctica xa falamos ó principio da reunión de moitas delas. O novo é referido a inscrición dos socios . Polo momento hai 349 socios inscritos na Asociación, isto supón un total de 393 alumnos/as que forman parte da organización. Tendo en conta que este ano hai matriculados en todo diurno 652 alumnos, representan máis dun 60% . Esto dá idea da forza e da importancia da ANPA no centro. Déronse practicamente os mesmos números que o ano pasado, aínda que éramos 374 socios (con 418 alumnos), o ano pasado había tamén máis alumnos matriculados no diurno (696), e a relación en tanto por cen era igual. Para próximos anos exporemos de forma clara no recibo de inscrición dúas formas de pago: unha nas oficinas e outra para facelo na Caixa a quen lle interese. Estos dous últimos anos non se fixo porque pretendíamos ter un control máis estricto co pago só nas oficinas. Pero hai nais ou pais que están acostumados a facelo polo banco. Por iso a próxima inscrición terá a información axeitada. Xa vedes, tamén, na pantalla podedes observarlo, que estamos estrenando un logotipo . Na última reunión desta xunta directiva acordamos ter un símbolo visible para recoñecer de forma axeitada e rápida a nosa organización. ------------- Pasar á seguinte diapositiva
Comentario ------------ Pasamos a ver agora algunhas actuacións da asociación. ------------- Pasar á seguinte diapositiva
A saúde , e en particular a saúde dos nosos fillos/as, é unha prioridade da Asociación. Hai dous temas nos que a Asociación incidiu bastante: a telefonía móbil e o sobrepeso nas mochilas dos alumnos (esta última reclamada ante a xunta directiva por varias nais ou pais). Respecto á telefonía móbil: Sabedes que a ANPA loitou en primeira fila, con outros colectivos, contra as antenas que están colocadas fronte ó instituto, e contra a instalación doutras novas que querían pornos no edificio da rúa de Avda. de Marín. Despois de correr e tocar en moitas portas, os veciños e a nosa asociación, cancelamos, por agora, de modo parcial estas decisións descabezadas. En definitiva, polo momento parece que non se vai a instalar nada e que as que había non están emitindo. Se así non fose volveremos á carga. Respecto ó peso nas mochilas dos alumnos: Solicitouse por parte da ANPA ó Consello Escolar do centro unha solución a iste problema. Podedes ver toda a información na páxina web ou no carte informativo do vestíbulo....a contestación do Consello Escolar é que.... Respecto ás fotocopias : é un tema “menor”, pero as excesivas fotocopias que invaden ós nosos fillos/as débense evitar, iso pensamos por parte de algunhas nais e pais. Hai textos escollidos polos profesores e que son suficientes para traballar cos alumnos/as. Non criticamos uns exercicios, etc... o que criticamos é a información da materia por medio de “pasquins”, “follas soltas”, cos inconvenientes que teñen: pérdida, desorde, descontrol...ademais do dano ecolóxico que favorecen. O profesor que non estea a gusto co libro que elabore os seus propios apuntes e os alumnos que poidan acceder a eles de forma completa. ------------- Comentario dos demais puntos. ------------- Votación ou aprobación unánime das partidas destinadas ó Comité Ambiental e ás Agrupacións Deportivas. Pasamos agora ás actividades apadriñadas pola asociación ou de iniciativa propia..... ------------- Pasar á seguinte diapositiva
Comentario das actividades. ------------ VAMOS A COMENTAR ANTES DO FINAL O TEMA DAS ELECCIÓNS PARA CONSELLO ESCOLAR.... ------------- Pasar á seguinte diapositiva
Comentario sobre as eleccións ó Consello Escolar ------------- E xa para rematar esta reunión damos paso o punto de PROPOSTAS E PREGUNTAS...... ------------- Pasar á seguinte diapositiva