4. 1. Relatividade histórico-cultural
Os estudos antropolóxicos doutras culturas
amosan gran diversidade de costumes,
normas e valores.
Esta constatación levada aos extremos =
RELATIVISMO CULTURAL.
= un fenómeno cultural só pode ser analizado e
explicado no contexto en que se produce.
Conduce ao RELATIVISMO ÉTICO = cada
sistema moral é relativo ao seu contexto = todos
os sistemas morais son igualmente válidos.
Lévanos ao ESCEPTICISMO ÉTICO: negación da
posibilidade de establecer racionalmente
conclusións éticas de validez universal.
5. 1. Relatividade histórico-cultural
O relativismo cultural contribuiu a:
fomentar a tolerancia
rebaixar pretensións de superioridade
Pero, ao levarse ao extremo pon en perigo a
tolerancia (¿como se podería argumentar a
superioridade da tolerancia sobre a
intolerancia?)
Estudos antropolóxicos recentes confirman
que existen universais culturais, e
concretamente éticos, que teñen validez
universal.
6. 1. Relatividade histórico-cultural
A constatación sociolóxica
indiscutible da relatividade
histórico cultural dos
valores e normas culturais
non implica suscribir que
non exista ningún método
para preferir uns valores
sobre outros.
8. 2. Lexitimación
As pautas de conduta culturais son
FUNCIONAIS, están orientadas a
obxectivos ou fins desexables.
Os códigos morais teñen unha
funcionalidade especial:
buscan a realización da vida
xenuinamente humana.
a súa funcionalidade é fráxil.
o proceso de socialización tende a
reducir esta ameaza, pero a socialización
nunca é completa…
9. 2. Variantes históricas da lexitimación
Por iso, en todas as sociedades os
valores e normas deben ser
explicados e xustificados.
LEXITIMACIÓN (= respostas aos por
ques últimos de normas e valores).
Completan a función cohesionadora da
socialización.
Confiren autoridade ás normas e
sancións.
10. 2. Variantes históricas da lexitimación
Tres grandes modalidades
• A) relixiosa (historicamente moi
importante). Unha norma é válida
porque foi expresada por Deus.
• B) naturalista. A natureza é
considerada como un libro no que
o ser humano descobre e le a orde
moral que debe rexir a súa vida.
Os valores
dependen de
instancias
externas e
inmutables
+ Tomé de
Aquino (s.
XIII)
+
Ilustración
(s. XVIII)
11. 2. Variantes históricas da lexitimación
• C) convencional – contractual: os valores
son válidos porque así o deciden os
humanos. A validez dependen da liberdade,
racionalidade e vontade humana.
Os códigos morais son unha construción humana,
convencional.
13. 3. Perspectiva emic e perctiva
etic
A verdadeira utilidade de moitas normas morais
(e non morais) non sempre é coñecido polos
membros dunha cultura.
Teorizacións e lexitimación ocultan, ás veces, a
verdadeira funcionalidade.
Isto foi denunciado por “filósofos da sospeita”
como MARX e NIETZSCHE (séc. XIX).
14. 3. Perspectiva emic e
perspectiva etic
En antropoloxía, dobre plano na
explicación e xustificación das pautas
culturais:
Perspectiva EMIC: o punto de vista dos
propios membros da cultura. Lexitimación
explícitas
Perspectiva ETIC: o punto de vista dun
observador alleo que pretende ser obxectivo e
analizar a funcionalidade real de normas e
valores.
DIFÍCIL de aplicar na propia cultura
Abre camiño a unha racionalidade moral máis
transparente e menos distorsionada
17. 4. O etnocentrismo
As pautas de conduta institucionalizadas parécennos
propias (carácter de naturalidade indiscutible).
A pautas culturais doutras culturas parécennos estrañas.
= etnocentrismo
= erro de perspectiva
xulga ás culturas alleas con criterios da propia
actitude espontánea, difícil de evitar
propia de todas as culturas
18. 4. O etnocentrismo
Ás veces as actitudes
etnocéntricas conducen a ver
os propios valores como
absolutos e superiores.
Por conseguinte, conduce a
imposicións e intolerancia.
Pode servir para dar
cobertura a actitudes
xenófobas, racistas e
insolidarias.
RELATIVISMO CULTURAL: reacción contra a
incomprensión e intolerancia do etnocentrismo.
Vén sendo unha “vacina” contra o etnocentrismo, pero
mellor sen levala ao extremo do escepticismo.