SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 65
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Profesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓN
 Por que clasificar?
O estudo do elevado número de especies e a súa gran diversidade somente é
posible se as ordenamos nunha serie de categorías homoxéneas, e dicir, grupos
con características comúns.
 Como clasificar?
Para poder clasificalas axeitadamente debemos establecer criterios de
clasificación que sexan obxectivos e discriminatorios.
Ademais as clasificacións deben ser hipóteses que poidan ser probadas e
modificadas se é preciso.
De feito, a longo do tempo foron variando os criterios de clasificación a medida
que aumentaba o noso coñecemento do medio natural.
1. CONCEPTOS ESENCIAIS
 Sistemática: ciencia cuxa finalidade é crear sistemas de clasificación
baseándose en criterios de semellanza e evolutivos. A sistemática utiliza como
ferramentas fundamentais a taxonomía e a nomenclatura.
 Taxonomía: disciplina encargada da ordenación dos seres vivos establecendo
as regras, principios e procedementos necesarios para elo.
 Nomenclatura: disciplina que se ocupa de dar nome aos distintos organismos.
 Categoría taxonómica: cada un dos niveis xerárquicos da clasificación dos
seres vivos. As máis importantes son de menor a maior: especie, xénero,
familia, orde, clase, filum ou división e reino.
 Taxón: grupo de organismos que comparten características dentro de
calquera categoría taxonómica.
2. UN POUCO DE HISTORIA
Aristóteles ( s. IV a.C.) clasificou os
seres vivos en dous grandes grupos:
vexetais e animais.
Teofrasto (s.IV-III a.C) clasificou os
vexetais en árbores, arbustos,
subarbustos e herbas.

Estas primeiras clasificacións fixéronse seguindo criterios artificiais, é dicir,
criterios máis ou menos arbitrarios (número baixo de características e que
foran evidentes): sistemas de clasificación artificial.
A partir do s. XVIII, as grandes expedicións científicas proporcionaron gran
cantidade de novas especies que crearon a necesidade de novos sistemas de
clasificación baseados na anatomía comparada e a fisioloxía dos organismos.
2. UN POUCO DE HISTORIA
O naturalista sueco Carl Von Linneo (1707-1778) na
súa obra Systema naturae establece as bases da
sistemática moderna. Linneo ordenou os
organismos en grupos de tamaño crecente dispostos
de maneira xerárquica en niveis (categorías), cada
grupo dun nivel abarca un ou máis do nivel inferior.
En 1731 crea a nomenclatura binomial que
aparecerá publicada na súa obra Species plantarum
(1753).Este xeito de asignar nome as especies
segue a ser o que utilizamos na actualidade:
Nome científico= nome xenérico + nome da especie
Hoxe en día, ademais das características
anatómicas e funcionais, empregamos criterios
taxonómicos como as características bioquímicas,
microscópicas, inmunolóxicas, xenéticas e
comportamentais.
3. IMPORTANCIA DA EVOLUCIÓN NA SISTEMÁTICA
A irrupción da teoría evolutiva de Darwin no s.XIX impregnou a sistemática
provocando que as distintas categorías taxonómicas expresen graos de
parentesco entre os organismos.
Os sistemas de clasificación actual son naturais, xa que se basean en criterios
que permiten establecer relacións de parentesco. Hai fundamentalmente dous
tipos de criterios:
 Parentesco (Filoxenia): análise do rexistro fósil e das características
bioquímicas e xenéticas para establecer o grao de proximidade evolutiva.
 Caracteres morfolóxicos e funcionais: establecen semellanzas e diferenzas
entre os organismos. A anatomía comparada ten un papel preponderante
baseandose na presenza de órganos homólogos.
A taxonomía que se fundamenta nas relacións filoxenéticas chámase cladista e
pode representarse mediante diagramas denominados cladogramas.
Cladogramas

Os máis “avanzados” non está á dereita.
3. IMPORTANCIA DA EVOLUCIÓN NA SISTEMÁTICA
A filoxenia pode representarse como unha árbore onde quedan representadas
as relacións de parentesco dos organismos.
Son as árbores filoxenéticas ou dendrogramas, e se constrúen a partir de
diferentes probas evolutivas: paleontolóxicas, anatomía comparada,
embrioloxía, bioquímicas...
4. A ESPECIE
A especie é a categoría taxonómica fundamental e representa a unidade básica de
clasificación. É un concepto que resulta difícil de limitar e o seu significado foi
variando a medida que avanzabamos nos coñecementos evolutivos.
Ata finais do XIX referíase a especie morfolóxica, xa que eran estas
características as que utilizábamos para diferenciar as especies.
Na actualidade, sabemos que os organismos non teñen características fixas e
falamos de especie biolóxica (Ernst Mayr): conxunto de poboacións (formadas por
individuos) que comparten o mesmo patrimonio xenético e que poden cruzarse
entre sí dando lugar a descendencia fértil, pero non con outros seres vivos
(illamento reprodutivo).
Por exemplo o burro e o cabalo son especies diferentes porque aínda que se poden
cruzar, a súa descendencia, a mula (híbrido cabalo-burro), non é fértil.
Esta definición de especie adáptase ben aos animais, pero non tanto as plantas,
onde é frecuente a reprodución asexual e os híbridos, e polo tanto, máis
complicado o illamento reprodutivo.
4.1 Especiación
É o mecanismo polo cal aparece unha nova especie. Pode suceder de dous xeitos:
 Especiación alopátrida: ocorre cando hai unha barreira xeográfica (montaña,
illa, río…) que separa as poboacións que evolucionan independentemente. É o tipo
máis habitual.
 Especiación simpátrida: neste caso o illamento non é xeográfico. Pode ser
illamento reprodutivo, diferentes hábitats, diferenzas comportamentais…
Exemplo de especiación alopátrida: separación homínidos- chimpancés

Hipótesis africana
A la derecha del Rift –Valley (Este):
Clima más seco y los seres vivos
(homínidos entre ellos) se tienen que
adaptar a las nuevas condiciones

A la izquierda del Rift –Valley (Oeste):
Clima más húmedo.
En esta zona evolucionan los
chimpancés y gorilas actuales
Exemplo de especiación simpátrida: os cíclidos do lago Malawi, doTanganika e do
Victoria

Nestes grandes lagos
africanos existen
moitísimas especies de
cíclidos que difieren nos
hábitos alimenticios,
comportamento, forma dos
dentes e mandíbulas...
Evidentemente dentro do
lago non hai unha barreira
xeográfica, pero si foi
posible un proceso de
especiación (selección
disruptiva) a partir de un
antecesor común.
5. OS CINCO REINOS
5.1 Un pouco de historia
 Dende Aristóteles ata mediados do s. XIX a amioría dos biólogos limitábanse
a dividir os seres vivos en dous reinos: Plantas e Animais.
En 1866. Ernst Haeckel propón un 3º reino para os organismo unicelulares que
inclúe bacterias, protozoos e algas e fungos unicelulares. Máis tarde as
bacterias inclúense nun só reino: o Reino Monera.
 En 1969, Robert H. Whittaker propuxo unha clasificación en cinco reinos:
Monera, Protista, Fungi, Plantae e Animalia; baseada en:
- Tipo celular: procariota/ eucariota.
- Número de células: uni ou pluricelaular.
- Tipo de nutrición: autótrofa/ heterotrofa.
 En 1985, Lynn Margulis e Karlene V. Schwartz manteñen o esquema de
Whittaker con pequenas modificacións: as macroalgas inclúense no Reino
Protista (Protoctista).
5.2 O Tres Dominios
Recentes estudos fixeron considerar o nacemento dunha nova categoría
taxonómica superior o Reino: o Dominio.
Carl Woese (1977-1990) propuxo tres dominios basándose no estudo das
secuencias xénicas de ARN: Archaea, Bacteria e Eucarya.
 Archaea: son as arqueobacterias, bacterias moi primitivas, pero máis
cercanas aos eucariotas.
 Bacteria: engloba a todas as bacterias, a excepción das arqueobacterias.
 Eucarya: son todos os eucariotas, inclúe catro reinos: protista, fungos,
plantas e animais.
REINOS
DOMINIOS
5.3 Os Suprarreinos
Os avances no coñecemento de novas especies e na tecnoloxía biomolecular
permitiron establecer novas relacións filoxenéticas.
Entre estas novas propostas atópase a de Cavalier-Smith (1998) que propón a
existencia de dous suprarreinos (Prokaryota e Eukaryota) e seis reinos.
Establece un novo reino, Chromistas, onde inclúe as algas e os mofos e fala do
reino protozoa en lugar de protista.
Esta clasificación estase
a debatir na actualidade.
5.4 Características dos cinco reinos
A clasificación de cinco reinos de Whittaker modificada por Margulis segue a
ser a máis difundida e utilizada na actualidade.
6. REINO MONERAS
Características xerais:
 Inclúe a todos os procariotas. Pequeño tamaño: 1-10 µm.
 Os fósiles máis antigos (hai uns 3800 m.a.) da Terra.
 As cianobacterias ou cianofíceas son as responsables do comezo da
osixenación da atmosfera.
 Son os máis abundantes, en canto a nº de individuos.
 Aparecen en todos os hábitats.
 Teñen unha gran diversidade metabólica ( aerobios-anaerobios (facultativos
e estrictos); heterótrofos ( saprofitos, parasitos, simbióticos)-autótrofos
(foto e quimioautótrofos)).
 Reprodución asexual e parasexual.
 Carl Woese estableceu dentro deste Reino dous dominios: Archaea e
Bacteria.
6. REINO MONERAS
Arqueobacterias
 Típicas de ambientes extremos: salinas, ácidez, altas temperaturas...
(Termófilas).
 Similares aos primeiros seres vivos (3800 m.a.)
 Parede celular sen mureina ou peptidoglicano.

Bacterias (Eubacterias)
 As bacterias mellor coñecidas; claves en distintos aspectos: saúde,
agricultura, industria, reciclaxe da materia...
Con parede celular de mureína. Segundo a composición da parede hainas:
- Gram + : parede bacteriana formada por unha capa. Cor azul-violeta.
Estreptococcos, estafilococcos...
- Gram - : parede bacteriana de dúas capas. Cor vermello. Cianofíceas,
Escherichia coli, Salmonella sp....
Termoácidofilas (Arqueobacterias)
Halófilas (Arqueobacterias)
Bacterias ou Eubacterias
Bacterias ou Eubacterias

Cianofícea
7. REINO PROTISTAS
Características xerais:
 Os primeiros eucariotas (hai uns 1500 m.a.).
 Todos os eucariotas que non son nin fungos, nin animais, nin vexetais.
Hainos unicelulares (protozoos e algas unicelulares) e pluricelulares (algas
pluricelulares).
Variedade de organismos, fundamentalmente acuáticos.
 Poden ser autótrofos (algas) ou heterótrofos (protozoos).
 Reprodución asexual e sexual.
7. REINO PROTISTAS
 Protistas autótrofos:
 Algas unicelulares, colonias e pluricelulares.
 Realizan a fotosíntese ( osixenación) e son acuáticos.
Reprodución sexual e asexual.
 Segundo a súa complexidade:
- Microalgas: unicelulares ou colonias. Importantes compoñentes do
fitoplancto mariño. Inclúe dinoflaxelados (mareas vermellas), bastantes
clorófitas e diatomeas.
- Macroalgas: maior tamaño, pero a diferenciación celular segue a ser
escasa (Talófitas). Hainas clorófitas (algas verdes), rodófitas (algas vermellas)
e feófitas (algas pardas).
Microalgas
Macroalgas
7. REINO PROTISTAS
 Protistas heterótrofos
 Inclúe orgnismos que anteriormente se clasificaron cos animais e cos fungos.
 Podemos establecer dous grupos:
- Mofos protistas: Unicelulares ou con hifas que conforman un micelio. Son
os mixomicetos ou mofos mucilaxinosos (Unicelulares= masas de plasmodio=
célula con moitos núcleos) e oomicetos (mofos acuáticos con paredes de
celulosa. Teñen hifas que conforman un micelio).
- Protozoos: todos unicelulares, realizan fagocitese para a inxestión do
alimento e a maioría teñen mecanismos de desprazamento. Son as amebas
(pseudópodos), os ciliados (cilios), os flaxelados (flaxelos) e os esporozoos (sen
locomoción).
7. REINO PROTISTAS

Mixomiceto

Oomyceto da uva
7. REINO PROTISTAS

Trypanosoma cruzi

Amoeba proteus

Paramecium caudatum

Plasmodium malariae
7. REINO FUNGOS
Características xerais:
 Evolucionaron, probablemente, a partir dos protistas myxomicetos.
 Hainos unicelulares (fermentos) e pluricelulares.
 Os pluricelulraes están formados por estruturas filamentosas tubulares
(hifas) que en conxunto forman o corpo fúnxico ( micelio). (Talófitos).
 As células posúen paredes de quitina e almacenan glicóxeno.
 Son heterótrofos.
 Teñen reprodución asexual mediante esporas e reprodución sexual entre
micelios compatibles (no ciclo poden existir esporas sexuais).
 Posúen un papel primordial da descomposición da materia orgánica, pero
tamén os hai parasitos (micoses) e simbióticos (micorrizas e liques).
7. REINO FUNGOS
Atendendo ao tipo de hifa e de espora sexual clasificámolos en:
 Cigomicetos: Son os mofos. Micelio ben desenvolvido. Con esporas
asexuais (conidios) e sexuais de resistencia (zigósporas). Ex: o balor do
pan (Rhizopus stolonifer).
 Deuteromicetos: Hifas tabicadas. Esporas asexuales (conidios). Ex:
Mofos saprofitos e parasitos (Penicillum y Aspergillus)
 Ascomicetos: Hifas tabicadas. Forman esporas sexuais por meiose
(ascósporas) dentro dunha estrutura, o esporanxio, chamada asco.
SaprofitasSaccharomyces, ParasitasCaruncho do centeo ou grafiose
dos olmos, SimbiontesTrufas.
 Basidiomicetos: Hifas tabicadas e esporas sexuais en esporanxios
chamados basidios. Forman corpos fructíferos denominados cogomelos. A
maioría son saprofitos, pero hainos parasitos (roias, carbóns, tizóns...).
Dentro dos cogomelos hai especies moi apreciadas na cociña: níscaros,
boletos comestibles..., pero tamén as hai velenosa como a Amanita
phalloides (boleto de Satanás).
Balor do panZigomiceto

Penicillium
notatumDeuteromiceto

Claviceps purpureaAscomiceto
Amanita muscaria
-Basidiomiceto

Melanelixia glabra
-Líquen
7. REINO PLANTAS
Características xerais:
 Teñen tecidos desenvolvidos con vasos condutores (cormófitos) a
excepción dos briófitos (protocormófitos).
 Teñen parede celular de celulosa e almacenan amidón.
 Son autótrofos fotosintéticos con clorofila.
 Proveñen da evolución de algas verdes.
 Segundo a súa complexidade e grao evolutivo diferenciamos: plantas non
vasculares, plantas vasculares sen sementes e plantas vasculares con
sementes (espermatófitos).
7. REINO PLANTAS
Plantas non vasculares: os briófitos
 Carecen de vaos condutores (protocormófitos)
 Dependen dun alto grao de humidade para poder reproducirse.
 Son as carrizas.

Plantas vasculares sen sementes: os pteridófitos
 Teñen tecidos condutores (cormófitos).
 No Paleozoico foron a vexetación dominante.
 Son os fentos.

Plantas vasculares: espermatófitos
 Son cormófitos que producen sementes (estrutura de dispersión- avance
evolutivo fronte as esporas xa que leva substancias nutricias e aumenta a
probabilidade de supervivencia).
 Divídense en dous grupos: ximnospermas e anxiospermas.
7. REINO PLANTAS
Espermatófitas
 Ximnospermas:
 Plantas con sementes espidas e flores primitivas (sen cáliz, nin corola).
 Son exemplos as pináceas, as cupresáceas e Ginkgo biloba.
 Anxiospermas:
 Plantas con sementes nun froito.
 Flores completas (con cáliz e corola).
 Segundo o nº de cotiledóns da semente hai :
- Monocotiledónias: un cotiledón, raíz fasciculada, follas alongadas e nº
de pezas florais múltiplo de 3. Exemplo: as gramíneas (trigo, millo, arroz...)
- Dicotiledónias: dous cotiledóns, unha raíz principal, follas de forma
variada e nº de pezas florais múltiplo de 4 ou 5. Exemplo: frutais,
margaritas, malvas, craveles...
MUSGO – PLANTA NON VASCULAR
HEPÁTICAS – PLANTA NON
VASCULAR

LICOPODIOS – VASCULAR
SEN SEMENTE
Equiseto (Cola de cabalo) –
Vascular sen semente

Fentos- vascular sen
semente
Cica – Vascular
ximnosperma

Ginkgo biloba –
Vascular
ximnosperma
Piñeiro –
Vascular
ximnosperma

Gnetum – Vascular
ximnosperma
Trigo – Vascular anxiosperma
monocotiledónea

Almendro– Vascular anxiosperma
dicotiledónea
DICOTILEDÓNEA

MONOCOTILEDÓNEA
8. REINO ANIMAIS
Características xerais:
 Proveñen dos protozoos.
 Son todos eucariotas pluricelulares.
Teñen simetría radial ou bilateral.
 Non hai parede celular.
 Algúns posúen un sistema nervioso, carácter exclusivo deste reino.
 Son heterótrofos.
 A maioría teñen dixestión interna nunha cavidade ou nun tubo dixestivo.
 Teñen reprodución sexual e algúns asexual. Son diploides, só os gametos
haploides.
 No desenvolvemento embrionario pasan por unha fase de blástula.
 Soen ter capacidade de desprazamento.
 Diversidade de hábitats.
8. REINO ANIMAIS
Os animais denomínanse metazoos e podémolos dividir en:
 Poríferos: Son as esponxas. Parede corporal con poros e un orificio de maior
tamaño chamado ósculo para a saída de auga. Filtradores e
sedentarios.Especialización celular, sen tecidos, sen simetría.
 Eumetazoos: Tecidos verdadeiros e con simetría, a excepción dos placozoos
dos que non falaremos.

Porífero
8. REINO ANIMAIS
EUMETAZOOS

Criterios de clasificación: simetría, capas embrionarias e cavidade interna.
 Capas embrionarias:
Diblásticos: Endodermo e ectodermo.
Triblástico: Endodermo, ectodermo e mesodermo.
 Cavidad de interna:
Acelomados: Sen cavidade corporal.
Seudocelomados: Seudoceloma entre mesodermo e endodermo.
Celomados: No mesodermo formase o celoma.
Diblasticos

Triblasticos
8. REINO ANIMAIS
PRINCIPALES FILOS DE EUMETAZOOS
 Diblásticos con simetría radial:
 Cnidarios: Acuáticos. Tecidos e órganos rudimentarios. Cavidade
gastrovascular. Tentáculos. Células urticantes (cnidocitos) con toxina que
paraliza as presas. Tipos: Pólipos (anémonas) son sedentarios e Medusas
que son de vida libre.
 Triblásticos con simetría bilateral:
• Acelomados: Platelmintos. Vermes planos de vida libre (planaria) ou
parasitos (tenia).
• Seudocelomados: Nematodos. Vermes cilíndricos. Tecidos e órganos
sinxelos. Ex: lombriga intestinal, triquina.
Tenia - Platelminto

Anémona- Cnidario

Lombriga intestinalnematodo

Medusa- Cnidario
• Celomados:

8. REINO ANIMAIS
8. REINO ANIMAIS

Moluscos: Teñen cabeza, pé musculoso, masa visceral e manto. Clases:
Gasterópodos (caracol), bivalvos (mexilón), cefalópodos (lura).
Anélidos: Vermes con metamería (corpo cilíndrico dividido en aneis con
repetición de órganos) Acuáticos e terrestres. Clases: Poliquetos
(neréis), oligoquetos (lombriga de terra), hirudíneos (sambesugas).
Artrópodos: Todos os ambientes. Metamería en 3 rexións: cabeza,
tórax (cefalotórax) e abdome. Presentan apéndices articulados.
Exoesqueleto de quitina e sales de calcio. Para crecer: muda.
Subfilos:
- Quelicerados: Clase merostomas (cangrexo cacerola) e arácnidos
(arañas, escorpións)
- Mandibulados: Clase miriápodos (cempés e milpés), crustáceos
(gambas, langostas...), insectos (abellas, moscas...)
MOLÚSCOS

ARTRÓPODO-QUELICERADO
ARTRÓPODOS-MANDIBULADOS
8. REINO ANIMAIS
• Celomados
Equinodermos: Endoesqueleto de placas calcáreas con espiñas. Sen corpo
segmentado nin cabeza diferenciada. Simetría radial. Sistema ambulacral
(red de tubos cheo de agua para a locomoción) Ex: Estrela de mar e ourizo
mariño.
Cordados: Teñen notocorda (eixe esquelético dorsal) que nos máis modernos
denomínase columna vertebral e cordón nervioso tubular. Fendiduras
branquiales (embrións terrestres). Cola e corazón ventral. Subfilos:
urocordados (ascidias), cefalocordados (anfioxos) e vertebrados.
8. REINO ANIMAIS
Os Vertebrados
Teñen unha progresiva cefalización e un sistema nervioso moi desenvolvido.
Os máis importantes son:
Agnatos: peixes sen escamas, nin mandíbulas. Son as mixinas e lampreas.
Condrictios: peixes cartilaxinosos. Escamas denticulares. Aleta caudal
heterocerca. Son as quenllas e raias.
Osteíctios: peixes óseos. Escamas imbricadas. Aleta homocerca. Son a
maioría dos peixes: salmón, pescada, mero... Xeralmente ovíparos.
Anfibios: pel espida con glándulas mucosas. Teñen metamorfose. Os adultos
poden ter ou non rabo (urodelos e anuros respectivamente). Ovíparos. Ciclo
vital anfibio (terra-auga). Ra, salamandra, pintafontes...
Réptiles: pel cuberta de escamas. Os primeiros en que se desenvolve o ovo
amniótico que permite a independencia da auga. Terrestres. Quelonios
(tartarugas), saurios (lagartas e lagartos), cocodrilianos e ofidios (serpes).
Agnatos- Lampreas

Condrictios- tiburón
branco

Réptiles
Anfibios

Osteictio- Peixe
paiaso
8. REINO ANIMAIS
Aves: pel cuberta de plumas, excepto nas patas. As extremidades anteriores
son ás. Posúen bico córneo e son ovíparos. Hai dous grupos: voadoras (poseen un
óso especial para o voó, a quilla) e corredoras (sen quilla).
Mamíferos: pel cuberta de pelos. As femias teñen glándulas mamarias. A maioría
vivíparos. Tres grupos: monotremas (ovíparos), marsupiais (con marsupio) e
placentarios (con placenta).

Aves- Mergullón cristado

Donicela
9. CLAVES DICOTÓMICAS
Unha clave dicotómica é unha ferramenta para identificar seres vivos. Baséase
en que no proceso de busca sempre atoparemos dúas opcións que son excluíntes.
Imos ver primeiro un exemplo moi sinxelo na seguinte ligazón:

Clave dicotómica de mamíferos
Agora botamos unha ollada ás do libro e as que trouxo o profesor.
GRAZAS POR ATENDERME
Bibliografía e Webgrafía Clasificación seres vivos:
http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Carl_von_Linn%C3%A9.jpg
http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Linnaeus1758-title-page.jpg
http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Filogenia_Cavalier-Smith_2013_-_5_
reinos.svg
http://ciclobasico2013.blogspot.com.es/2013/01/presentacion
-seres-vivos-primero-basico.html
http://cmclagunas.blogspot.com.es/2012/11/los-organos-analogos-yhomologos.html
http://mariadoloresbioygeoiesarroyo.blogspot.com.es/2011_02_01_archive.html
http://www.elacuarista.com/secciones/biologia10.htm
http://elastrolabiodeazarquiel.blogspot.com.es/2011/11/lynn-margulis-la-biologaque.html
http://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&cad=
rja&docid=xKnGcrs6f5nHeM&tbnid=ILRCwfdOqW49VM:&ved=0CAUQjRw&url=
http%3A%2F%2Fwww.abc.es%2Ffotos-biodiversidad%2F20120608%2Fquelpos
-laminaria-ochroleuca-islas-1502904132979.html&ei=3LPjUvu0Dqef0QWwoEI&bvm=bv.59930103,d.d2k&psig=
AFQjCNGCDjwiEVXFuZGHDUfT_O5ux6EzYQ&ust=1390740813647551
http://lavidamaravillosa.wordpress.com/2010/09/05/la-evolucion-de-la-caipirinha
/
http://www.slideshare.net/laprofedenaturales/tema-6-la-clasificacin-de-los-
http://morato1a.blogspot.com.es/2012/03/los-cinco-reinos-de-la-naturaleza.html
http://scientificman.com/2013/07/14/carl-woese-plant-kingdoms-animal-kingdomscarl-woese/
http://www.sindioses.org/cienciaorigenes/cladogramas.html
http://www.slideshare.net/adaneco/impresin-procariota
http://www.slideshare.net/Arcyria/v-diversidad-biolgica
http://www.slideshare.net/biogeogenetica/0-nomenclatura-y-sistemtica
http://www.slideshare.net/dpto.biologiaygeologia/reinos-2505320#
http://www.slideshare.net/pedrohp19/clasificacion-delosseresvivos-17056663
http://www.euita.upv.es/varios/biologia/Temas/Reinos%20de%20la%20Vida.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/
Archivo:Busto_di_Aristotele_conservato_a_Palazzo_Altaemps,_Roma._
Foto_di_Giovanni_Dall%27Orto.jpg
http://es.wikipedia.org/wiki/Especiaci%C3%B3n_simp%C3%A1trica
http://es.wikipedia.org/wiki/Linneo#Publicaci.C3.B3n_de_Species_Plantarum
http://es.wikipedia.org/wiki/Placozoa
http://es.wikipedia.org/wiki/Ulva_lactuca
http://zoologiafran.blogspot.com.es/2011/04/categoria-taxonomica.html
http://www.zoo.ox.ac.uk/people/view/cavaliersmith_t.htm

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt? (18)

Biólogos.
Biólogos.Biólogos.
Biólogos.
 
Tema 5. a biosfera
Tema 5. a biosferaTema 5. a biosfera
Tema 5. a biosfera
 
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxca
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxcaTema 5 4_eso_evoluc_biolxca
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxca
 
Tema 7. invertebrados
Tema 7. invertebradosTema 7. invertebrados
Tema 7. invertebrados
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Ciencias para o mundo contemporáneo lyn margulis
Ciencias para o mundo contemporáneo lyn margulisCiencias para o mundo contemporáneo lyn margulis
Ciencias para o mundo contemporáneo lyn margulis
 
Do fixismo ó Evolucionismo
Do fixismo ó EvolucionismoDo fixismo ó Evolucionismo
Do fixismo ó Evolucionismo
 
O estudo dos ecosistemas
O estudo dos ecosistemasO estudo dos ecosistemas
O estudo dos ecosistemas
 
EVOLUCIÓN
EVOLUCIÓNEVOLUCIÓN
EVOLUCIÓN
 
A EVOLUCIÓN
A EVOLUCIÓNA EVOLUCIÓN
A EVOLUCIÓN
 
Filosofia e cidadania o ser humano
Filosofia e cidadania   o ser humanoFilosofia e cidadania   o ser humano
Filosofia e cidadania o ser humano
 
Evolución correxido axustado
Evolución correxido axustadoEvolución correxido axustado
Evolución correxido axustado
 
Clasificación seres vivos e especiación
Clasificación seres vivos e especiaciónClasificación seres vivos e especiación
Clasificación seres vivos e especiación
 
Tema 6. vertebrados
Tema 6. vertebradosTema 6. vertebrados
Tema 6. vertebrados
 
Os ecosistemas
Os ecosistemasOs ecosistemas
Os ecosistemas
 
Orixe evolucion da vida4º
Orixe evolucion da vida4ºOrixe evolucion da vida4º
Orixe evolucion da vida4º
 
T. evolucion
T. evolucionT. evolucion
T. evolucion
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 

Andere mochten auch (7)

Bases torneo de pes 2012 ps3
Bases torneo de pes 2012 ps3Bases torneo de pes 2012 ps3
Bases torneo de pes 2012 ps3
 
As Plantas
As PlantasAs Plantas
As Plantas
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Tema 8.a clasificación dos seres vivos.
Tema 8.a clasificación dos seres vivos.Tema 8.a clasificación dos seres vivos.
Tema 8.a clasificación dos seres vivos.
 
Biological classification
Biological classificationBiological classification
Biological classification
 
La parte sólida de la Tierra 7 - Utilidad de los minerales
La parte sólida de la Tierra 7 - Utilidad de los mineralesLa parte sólida de la Tierra 7 - Utilidad de los minerales
La parte sólida de la Tierra 7 - Utilidad de los minerales
 
Kingdom classification
Kingdom classificationKingdom classification
Kingdom classification
 

Ähnlich wie Clasificación dos seres vivos (19)

Tema 2 cmc
Tema 2 cmcTema 2 cmc
Tema 2 cmc
 
Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.
 
A Evolucion
A EvolucionA Evolucion
A Evolucion
 
EVOLUCIÓN
EVOLUCIÓNEVOLUCIÓN
EVOLUCIÓN
 
EVOLUCIÓN
EVOLUCIÓNEVOLUCIÓN
EVOLUCIÓN
 
Biólogos
BiólogosBiólogos
Biólogos
 
Unid4 evolución2016
Unid4 evolución2016Unid4 evolución2016
Unid4 evolución2016
 
Teorías da evolución
Teorías da evoluciónTeorías da evolución
Teorías da evolución
 
Cmc tema 2
Cmc tema 2Cmc tema 2
Cmc tema 2
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Tema 5 A Evolución Biolóxica
Tema 5  A Evolución BiolóxicaTema 5  A Evolución Biolóxica
Tema 5 A Evolución Biolóxica
 
Bio 4º eso tema 4
Bio 4º eso tema 4Bio 4º eso tema 4
Bio 4º eso tema 4
 
Actividades tema 5
Actividades tema 5Actividades tema 5
Actividades tema 5
 
O ecosistema
O ecosistemaO ecosistema
O ecosistema
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Biologos
BiologosBiologos
Biologos
 
Orixe e evolución dos seres vivos
Orixe e evolución dos seres vivosOrixe e evolución dos seres vivos
Orixe e evolución dos seres vivos
 
Presentación.
Presentación.Presentación.
Presentación.
 

Mehr von Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

Mehr von Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 
A célula unidade de vida
A célula unidade de vidaA célula unidade de vida
A célula unidade de vida
 
Base química da vida v ácidos nucleicos
Base química da vida v ácidos nucleicosBase química da vida v ácidos nucleicos
Base química da vida v ácidos nucleicos
 
Nutrición i
Nutrición iNutrición i
Nutrición i
 

Kürzlich hochgeladen

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Clasificación dos seres vivos

  • 2. INTRODUCIÓN  Por que clasificar? O estudo do elevado número de especies e a súa gran diversidade somente é posible se as ordenamos nunha serie de categorías homoxéneas, e dicir, grupos con características comúns.  Como clasificar? Para poder clasificalas axeitadamente debemos establecer criterios de clasificación que sexan obxectivos e discriminatorios. Ademais as clasificacións deben ser hipóteses que poidan ser probadas e modificadas se é preciso. De feito, a longo do tempo foron variando os criterios de clasificación a medida que aumentaba o noso coñecemento do medio natural.
  • 3. 1. CONCEPTOS ESENCIAIS  Sistemática: ciencia cuxa finalidade é crear sistemas de clasificación baseándose en criterios de semellanza e evolutivos. A sistemática utiliza como ferramentas fundamentais a taxonomía e a nomenclatura.  Taxonomía: disciplina encargada da ordenación dos seres vivos establecendo as regras, principios e procedementos necesarios para elo.  Nomenclatura: disciplina que se ocupa de dar nome aos distintos organismos.  Categoría taxonómica: cada un dos niveis xerárquicos da clasificación dos seres vivos. As máis importantes son de menor a maior: especie, xénero, familia, orde, clase, filum ou división e reino.  Taxón: grupo de organismos que comparten características dentro de calquera categoría taxonómica.
  • 4.
  • 5.
  • 6. 2. UN POUCO DE HISTORIA Aristóteles ( s. IV a.C.) clasificou os seres vivos en dous grandes grupos: vexetais e animais. Teofrasto (s.IV-III a.C) clasificou os vexetais en árbores, arbustos, subarbustos e herbas. Estas primeiras clasificacións fixéronse seguindo criterios artificiais, é dicir, criterios máis ou menos arbitrarios (número baixo de características e que foran evidentes): sistemas de clasificación artificial. A partir do s. XVIII, as grandes expedicións científicas proporcionaron gran cantidade de novas especies que crearon a necesidade de novos sistemas de clasificación baseados na anatomía comparada e a fisioloxía dos organismos.
  • 7. 2. UN POUCO DE HISTORIA O naturalista sueco Carl Von Linneo (1707-1778) na súa obra Systema naturae establece as bases da sistemática moderna. Linneo ordenou os organismos en grupos de tamaño crecente dispostos de maneira xerárquica en niveis (categorías), cada grupo dun nivel abarca un ou máis do nivel inferior. En 1731 crea a nomenclatura binomial que aparecerá publicada na súa obra Species plantarum (1753).Este xeito de asignar nome as especies segue a ser o que utilizamos na actualidade: Nome científico= nome xenérico + nome da especie Hoxe en día, ademais das características anatómicas e funcionais, empregamos criterios taxonómicos como as características bioquímicas, microscópicas, inmunolóxicas, xenéticas e comportamentais.
  • 8. 3. IMPORTANCIA DA EVOLUCIÓN NA SISTEMÁTICA A irrupción da teoría evolutiva de Darwin no s.XIX impregnou a sistemática provocando que as distintas categorías taxonómicas expresen graos de parentesco entre os organismos. Os sistemas de clasificación actual son naturais, xa que se basean en criterios que permiten establecer relacións de parentesco. Hai fundamentalmente dous tipos de criterios:  Parentesco (Filoxenia): análise do rexistro fósil e das características bioquímicas e xenéticas para establecer o grao de proximidade evolutiva.  Caracteres morfolóxicos e funcionais: establecen semellanzas e diferenzas entre os organismos. A anatomía comparada ten un papel preponderante baseandose na presenza de órganos homólogos. A taxonomía que se fundamenta nas relacións filoxenéticas chámase cladista e pode representarse mediante diagramas denominados cladogramas.
  • 9.
  • 10. Cladogramas Os máis “avanzados” non está á dereita.
  • 11. 3. IMPORTANCIA DA EVOLUCIÓN NA SISTEMÁTICA A filoxenia pode representarse como unha árbore onde quedan representadas as relacións de parentesco dos organismos. Son as árbores filoxenéticas ou dendrogramas, e se constrúen a partir de diferentes probas evolutivas: paleontolóxicas, anatomía comparada, embrioloxía, bioquímicas...
  • 12. 4. A ESPECIE A especie é a categoría taxonómica fundamental e representa a unidade básica de clasificación. É un concepto que resulta difícil de limitar e o seu significado foi variando a medida que avanzabamos nos coñecementos evolutivos. Ata finais do XIX referíase a especie morfolóxica, xa que eran estas características as que utilizábamos para diferenciar as especies. Na actualidade, sabemos que os organismos non teñen características fixas e falamos de especie biolóxica (Ernst Mayr): conxunto de poboacións (formadas por individuos) que comparten o mesmo patrimonio xenético e que poden cruzarse entre sí dando lugar a descendencia fértil, pero non con outros seres vivos (illamento reprodutivo). Por exemplo o burro e o cabalo son especies diferentes porque aínda que se poden cruzar, a súa descendencia, a mula (híbrido cabalo-burro), non é fértil. Esta definición de especie adáptase ben aos animais, pero non tanto as plantas, onde é frecuente a reprodución asexual e os híbridos, e polo tanto, máis complicado o illamento reprodutivo.
  • 13. 4.1 Especiación É o mecanismo polo cal aparece unha nova especie. Pode suceder de dous xeitos:  Especiación alopátrida: ocorre cando hai unha barreira xeográfica (montaña, illa, río…) que separa as poboacións que evolucionan independentemente. É o tipo máis habitual.  Especiación simpátrida: neste caso o illamento non é xeográfico. Pode ser illamento reprodutivo, diferentes hábitats, diferenzas comportamentais…
  • 14. Exemplo de especiación alopátrida: separación homínidos- chimpancés Hipótesis africana A la derecha del Rift –Valley (Este): Clima más seco y los seres vivos (homínidos entre ellos) se tienen que adaptar a las nuevas condiciones A la izquierda del Rift –Valley (Oeste): Clima más húmedo. En esta zona evolucionan los chimpancés y gorilas actuales
  • 15. Exemplo de especiación simpátrida: os cíclidos do lago Malawi, doTanganika e do Victoria Nestes grandes lagos africanos existen moitísimas especies de cíclidos que difieren nos hábitos alimenticios, comportamento, forma dos dentes e mandíbulas... Evidentemente dentro do lago non hai unha barreira xeográfica, pero si foi posible un proceso de especiación (selección disruptiva) a partir de un antecesor común.
  • 16. 5. OS CINCO REINOS 5.1 Un pouco de historia  Dende Aristóteles ata mediados do s. XIX a amioría dos biólogos limitábanse a dividir os seres vivos en dous reinos: Plantas e Animais. En 1866. Ernst Haeckel propón un 3º reino para os organismo unicelulares que inclúe bacterias, protozoos e algas e fungos unicelulares. Máis tarde as bacterias inclúense nun só reino: o Reino Monera.  En 1969, Robert H. Whittaker propuxo unha clasificación en cinco reinos: Monera, Protista, Fungi, Plantae e Animalia; baseada en: - Tipo celular: procariota/ eucariota. - Número de células: uni ou pluricelaular. - Tipo de nutrición: autótrofa/ heterotrofa.  En 1985, Lynn Margulis e Karlene V. Schwartz manteñen o esquema de Whittaker con pequenas modificacións: as macroalgas inclúense no Reino Protista (Protoctista).
  • 17. 5.2 O Tres Dominios Recentes estudos fixeron considerar o nacemento dunha nova categoría taxonómica superior o Reino: o Dominio. Carl Woese (1977-1990) propuxo tres dominios basándose no estudo das secuencias xénicas de ARN: Archaea, Bacteria e Eucarya.  Archaea: son as arqueobacterias, bacterias moi primitivas, pero máis cercanas aos eucariotas.  Bacteria: engloba a todas as bacterias, a excepción das arqueobacterias.  Eucarya: son todos os eucariotas, inclúe catro reinos: protista, fungos, plantas e animais.
  • 20. 5.3 Os Suprarreinos Os avances no coñecemento de novas especies e na tecnoloxía biomolecular permitiron establecer novas relacións filoxenéticas. Entre estas novas propostas atópase a de Cavalier-Smith (1998) que propón a existencia de dous suprarreinos (Prokaryota e Eukaryota) e seis reinos. Establece un novo reino, Chromistas, onde inclúe as algas e os mofos e fala do reino protozoa en lugar de protista. Esta clasificación estase a debatir na actualidade.
  • 21. 5.4 Características dos cinco reinos A clasificación de cinco reinos de Whittaker modificada por Margulis segue a ser a máis difundida e utilizada na actualidade.
  • 22. 6. REINO MONERAS Características xerais:  Inclúe a todos os procariotas. Pequeño tamaño: 1-10 µm.  Os fósiles máis antigos (hai uns 3800 m.a.) da Terra.  As cianobacterias ou cianofíceas son as responsables do comezo da osixenación da atmosfera.  Son os máis abundantes, en canto a nº de individuos.  Aparecen en todos os hábitats.  Teñen unha gran diversidade metabólica ( aerobios-anaerobios (facultativos e estrictos); heterótrofos ( saprofitos, parasitos, simbióticos)-autótrofos (foto e quimioautótrofos)).  Reprodución asexual e parasexual.  Carl Woese estableceu dentro deste Reino dous dominios: Archaea e Bacteria.
  • 23. 6. REINO MONERAS Arqueobacterias  Típicas de ambientes extremos: salinas, ácidez, altas temperaturas... (Termófilas).  Similares aos primeiros seres vivos (3800 m.a.)  Parede celular sen mureina ou peptidoglicano. Bacterias (Eubacterias)  As bacterias mellor coñecidas; claves en distintos aspectos: saúde, agricultura, industria, reciclaxe da materia... Con parede celular de mureína. Segundo a composición da parede hainas: - Gram + : parede bacteriana formada por unha capa. Cor azul-violeta. Estreptococcos, estafilococcos... - Gram - : parede bacteriana de dúas capas. Cor vermello. Cianofíceas, Escherichia coli, Salmonella sp....
  • 28. 7. REINO PROTISTAS Características xerais:  Os primeiros eucariotas (hai uns 1500 m.a.).  Todos os eucariotas que non son nin fungos, nin animais, nin vexetais. Hainos unicelulares (protozoos e algas unicelulares) e pluricelulares (algas pluricelulares). Variedade de organismos, fundamentalmente acuáticos.  Poden ser autótrofos (algas) ou heterótrofos (protozoos).  Reprodución asexual e sexual.
  • 29. 7. REINO PROTISTAS  Protistas autótrofos:  Algas unicelulares, colonias e pluricelulares.  Realizan a fotosíntese ( osixenación) e son acuáticos. Reprodución sexual e asexual.  Segundo a súa complexidade: - Microalgas: unicelulares ou colonias. Importantes compoñentes do fitoplancto mariño. Inclúe dinoflaxelados (mareas vermellas), bastantes clorófitas e diatomeas. - Macroalgas: maior tamaño, pero a diferenciación celular segue a ser escasa (Talófitas). Hainas clorófitas (algas verdes), rodófitas (algas vermellas) e feófitas (algas pardas).
  • 32. 7. REINO PROTISTAS  Protistas heterótrofos  Inclúe orgnismos que anteriormente se clasificaron cos animais e cos fungos.  Podemos establecer dous grupos: - Mofos protistas: Unicelulares ou con hifas que conforman un micelio. Son os mixomicetos ou mofos mucilaxinosos (Unicelulares= masas de plasmodio= célula con moitos núcleos) e oomicetos (mofos acuáticos con paredes de celulosa. Teñen hifas que conforman un micelio). - Protozoos: todos unicelulares, realizan fagocitese para a inxestión do alimento e a maioría teñen mecanismos de desprazamento. Son as amebas (pseudópodos), os ciliados (cilios), os flaxelados (flaxelos) e os esporozoos (sen locomoción).
  • 34. 7. REINO PROTISTAS Trypanosoma cruzi Amoeba proteus Paramecium caudatum Plasmodium malariae
  • 35. 7. REINO FUNGOS Características xerais:  Evolucionaron, probablemente, a partir dos protistas myxomicetos.  Hainos unicelulares (fermentos) e pluricelulares.  Os pluricelulraes están formados por estruturas filamentosas tubulares (hifas) que en conxunto forman o corpo fúnxico ( micelio). (Talófitos).  As células posúen paredes de quitina e almacenan glicóxeno.  Son heterótrofos.  Teñen reprodución asexual mediante esporas e reprodución sexual entre micelios compatibles (no ciclo poden existir esporas sexuais).  Posúen un papel primordial da descomposición da materia orgánica, pero tamén os hai parasitos (micoses) e simbióticos (micorrizas e liques).
  • 36. 7. REINO FUNGOS Atendendo ao tipo de hifa e de espora sexual clasificámolos en:  Cigomicetos: Son os mofos. Micelio ben desenvolvido. Con esporas asexuais (conidios) e sexuais de resistencia (zigósporas). Ex: o balor do pan (Rhizopus stolonifer).  Deuteromicetos: Hifas tabicadas. Esporas asexuales (conidios). Ex: Mofos saprofitos e parasitos (Penicillum y Aspergillus)  Ascomicetos: Hifas tabicadas. Forman esporas sexuais por meiose (ascósporas) dentro dunha estrutura, o esporanxio, chamada asco. SaprofitasSaccharomyces, ParasitasCaruncho do centeo ou grafiose dos olmos, SimbiontesTrufas.  Basidiomicetos: Hifas tabicadas e esporas sexuais en esporanxios chamados basidios. Forman corpos fructíferos denominados cogomelos. A maioría son saprofitos, pero hainos parasitos (roias, carbóns, tizóns...). Dentro dos cogomelos hai especies moi apreciadas na cociña: níscaros, boletos comestibles..., pero tamén as hai velenosa como a Amanita phalloides (boleto de Satanás).
  • 39. 7. REINO PLANTAS Características xerais:  Teñen tecidos desenvolvidos con vasos condutores (cormófitos) a excepción dos briófitos (protocormófitos).  Teñen parede celular de celulosa e almacenan amidón.  Son autótrofos fotosintéticos con clorofila.  Proveñen da evolución de algas verdes.  Segundo a súa complexidade e grao evolutivo diferenciamos: plantas non vasculares, plantas vasculares sen sementes e plantas vasculares con sementes (espermatófitos).
  • 40. 7. REINO PLANTAS Plantas non vasculares: os briófitos  Carecen de vaos condutores (protocormófitos)  Dependen dun alto grao de humidade para poder reproducirse.  Son as carrizas. Plantas vasculares sen sementes: os pteridófitos  Teñen tecidos condutores (cormófitos).  No Paleozoico foron a vexetación dominante.  Son os fentos. Plantas vasculares: espermatófitos  Son cormófitos que producen sementes (estrutura de dispersión- avance evolutivo fronte as esporas xa que leva substancias nutricias e aumenta a probabilidade de supervivencia).  Divídense en dous grupos: ximnospermas e anxiospermas.
  • 41. 7. REINO PLANTAS Espermatófitas  Ximnospermas:  Plantas con sementes espidas e flores primitivas (sen cáliz, nin corola).  Son exemplos as pináceas, as cupresáceas e Ginkgo biloba.  Anxiospermas:  Plantas con sementes nun froito.  Flores completas (con cáliz e corola).  Segundo o nº de cotiledóns da semente hai : - Monocotiledónias: un cotiledón, raíz fasciculada, follas alongadas e nº de pezas florais múltiplo de 3. Exemplo: as gramíneas (trigo, millo, arroz...) - Dicotiledónias: dous cotiledóns, unha raíz principal, follas de forma variada e nº de pezas florais múltiplo de 4 ou 5. Exemplo: frutais, margaritas, malvas, craveles...
  • 42. MUSGO – PLANTA NON VASCULAR
  • 43. HEPÁTICAS – PLANTA NON VASCULAR LICOPODIOS – VASCULAR SEN SEMENTE
  • 44. Equiseto (Cola de cabalo) – Vascular sen semente Fentos- vascular sen semente
  • 45. Cica – Vascular ximnosperma Ginkgo biloba – Vascular ximnosperma
  • 47. Trigo – Vascular anxiosperma monocotiledónea Almendro– Vascular anxiosperma dicotiledónea
  • 49. 8. REINO ANIMAIS Características xerais:  Proveñen dos protozoos.  Son todos eucariotas pluricelulares. Teñen simetría radial ou bilateral.  Non hai parede celular.  Algúns posúen un sistema nervioso, carácter exclusivo deste reino.  Son heterótrofos.  A maioría teñen dixestión interna nunha cavidade ou nun tubo dixestivo.  Teñen reprodución sexual e algúns asexual. Son diploides, só os gametos haploides.  No desenvolvemento embrionario pasan por unha fase de blástula.  Soen ter capacidade de desprazamento.  Diversidade de hábitats.
  • 50. 8. REINO ANIMAIS Os animais denomínanse metazoos e podémolos dividir en:  Poríferos: Son as esponxas. Parede corporal con poros e un orificio de maior tamaño chamado ósculo para a saída de auga. Filtradores e sedentarios.Especialización celular, sen tecidos, sen simetría.  Eumetazoos: Tecidos verdadeiros e con simetría, a excepción dos placozoos dos que non falaremos. Porífero
  • 51. 8. REINO ANIMAIS EUMETAZOOS Criterios de clasificación: simetría, capas embrionarias e cavidade interna.  Capas embrionarias: Diblásticos: Endodermo e ectodermo. Triblástico: Endodermo, ectodermo e mesodermo.  Cavidad de interna: Acelomados: Sen cavidade corporal. Seudocelomados: Seudoceloma entre mesodermo e endodermo. Celomados: No mesodermo formase o celoma.
  • 53. 8. REINO ANIMAIS PRINCIPALES FILOS DE EUMETAZOOS  Diblásticos con simetría radial:  Cnidarios: Acuáticos. Tecidos e órganos rudimentarios. Cavidade gastrovascular. Tentáculos. Células urticantes (cnidocitos) con toxina que paraliza as presas. Tipos: Pólipos (anémonas) son sedentarios e Medusas que son de vida libre.  Triblásticos con simetría bilateral: • Acelomados: Platelmintos. Vermes planos de vida libre (planaria) ou parasitos (tenia). • Seudocelomados: Nematodos. Vermes cilíndricos. Tecidos e órganos sinxelos. Ex: lombriga intestinal, triquina.
  • 54. Tenia - Platelminto Anémona- Cnidario Lombriga intestinalnematodo Medusa- Cnidario
  • 55. • Celomados: 8. REINO ANIMAIS 8. REINO ANIMAIS Moluscos: Teñen cabeza, pé musculoso, masa visceral e manto. Clases: Gasterópodos (caracol), bivalvos (mexilón), cefalópodos (lura). Anélidos: Vermes con metamería (corpo cilíndrico dividido en aneis con repetición de órganos) Acuáticos e terrestres. Clases: Poliquetos (neréis), oligoquetos (lombriga de terra), hirudíneos (sambesugas). Artrópodos: Todos os ambientes. Metamería en 3 rexións: cabeza, tórax (cefalotórax) e abdome. Presentan apéndices articulados. Exoesqueleto de quitina e sales de calcio. Para crecer: muda. Subfilos: - Quelicerados: Clase merostomas (cangrexo cacerola) e arácnidos (arañas, escorpións) - Mandibulados: Clase miriápodos (cempés e milpés), crustáceos (gambas, langostas...), insectos (abellas, moscas...)
  • 58. 8. REINO ANIMAIS • Celomados Equinodermos: Endoesqueleto de placas calcáreas con espiñas. Sen corpo segmentado nin cabeza diferenciada. Simetría radial. Sistema ambulacral (red de tubos cheo de agua para a locomoción) Ex: Estrela de mar e ourizo mariño. Cordados: Teñen notocorda (eixe esquelético dorsal) que nos máis modernos denomínase columna vertebral e cordón nervioso tubular. Fendiduras branquiales (embrións terrestres). Cola e corazón ventral. Subfilos: urocordados (ascidias), cefalocordados (anfioxos) e vertebrados.
  • 59. 8. REINO ANIMAIS Os Vertebrados Teñen unha progresiva cefalización e un sistema nervioso moi desenvolvido. Os máis importantes son: Agnatos: peixes sen escamas, nin mandíbulas. Son as mixinas e lampreas. Condrictios: peixes cartilaxinosos. Escamas denticulares. Aleta caudal heterocerca. Son as quenllas e raias. Osteíctios: peixes óseos. Escamas imbricadas. Aleta homocerca. Son a maioría dos peixes: salmón, pescada, mero... Xeralmente ovíparos. Anfibios: pel espida con glándulas mucosas. Teñen metamorfose. Os adultos poden ter ou non rabo (urodelos e anuros respectivamente). Ovíparos. Ciclo vital anfibio (terra-auga). Ra, salamandra, pintafontes... Réptiles: pel cuberta de escamas. Os primeiros en que se desenvolve o ovo amniótico que permite a independencia da auga. Terrestres. Quelonios (tartarugas), saurios (lagartas e lagartos), cocodrilianos e ofidios (serpes).
  • 61. 8. REINO ANIMAIS Aves: pel cuberta de plumas, excepto nas patas. As extremidades anteriores son ás. Posúen bico córneo e son ovíparos. Hai dous grupos: voadoras (poseen un óso especial para o voó, a quilla) e corredoras (sen quilla). Mamíferos: pel cuberta de pelos. As femias teñen glándulas mamarias. A maioría vivíparos. Tres grupos: monotremas (ovíparos), marsupiais (con marsupio) e placentarios (con placenta). Aves- Mergullón cristado Donicela
  • 62. 9. CLAVES DICOTÓMICAS Unha clave dicotómica é unha ferramenta para identificar seres vivos. Baséase en que no proceso de busca sempre atoparemos dúas opcións que son excluíntes. Imos ver primeiro un exemplo moi sinxelo na seguinte ligazón: Clave dicotómica de mamíferos Agora botamos unha ollada ás do libro e as que trouxo o profesor.
  • 64. Bibliografía e Webgrafía Clasificación seres vivos: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Carl_von_Linn%C3%A9.jpg http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Linnaeus1758-title-page.jpg http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Filogenia_Cavalier-Smith_2013_-_5_ reinos.svg http://ciclobasico2013.blogspot.com.es/2013/01/presentacion -seres-vivos-primero-basico.html http://cmclagunas.blogspot.com.es/2012/11/los-organos-analogos-yhomologos.html http://mariadoloresbioygeoiesarroyo.blogspot.com.es/2011_02_01_archive.html http://www.elacuarista.com/secciones/biologia10.htm http://elastrolabiodeazarquiel.blogspot.com.es/2011/11/lynn-margulis-la-biologaque.html http://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&cad= rja&docid=xKnGcrs6f5nHeM&tbnid=ILRCwfdOqW49VM:&ved=0CAUQjRw&url= http%3A%2F%2Fwww.abc.es%2Ffotos-biodiversidad%2F20120608%2Fquelpos -laminaria-ochroleuca-islas-1502904132979.html&ei=3LPjUvu0Dqef0QWwoEI&bvm=bv.59930103,d.d2k&psig= AFQjCNGCDjwiEVXFuZGHDUfT_O5ux6EzYQ&ust=1390740813647551 http://lavidamaravillosa.wordpress.com/2010/09/05/la-evolucion-de-la-caipirinha / http://www.slideshare.net/laprofedenaturales/tema-6-la-clasificacin-de-los-
  • 65. http://morato1a.blogspot.com.es/2012/03/los-cinco-reinos-de-la-naturaleza.html http://scientificman.com/2013/07/14/carl-woese-plant-kingdoms-animal-kingdomscarl-woese/ http://www.sindioses.org/cienciaorigenes/cladogramas.html http://www.slideshare.net/adaneco/impresin-procariota http://www.slideshare.net/Arcyria/v-diversidad-biolgica http://www.slideshare.net/biogeogenetica/0-nomenclatura-y-sistemtica http://www.slideshare.net/dpto.biologiaygeologia/reinos-2505320# http://www.slideshare.net/pedrohp19/clasificacion-delosseresvivos-17056663 http://www.euita.upv.es/varios/biologia/Temas/Reinos%20de%20la%20Vida.htm http://es.wikipedia.org/wiki/ Archivo:Busto_di_Aristotele_conservato_a_Palazzo_Altaemps,_Roma._ Foto_di_Giovanni_Dall%27Orto.jpg http://es.wikipedia.org/wiki/Especiaci%C3%B3n_simp%C3%A1trica http://es.wikipedia.org/wiki/Linneo#Publicaci.C3.B3n_de_Species_Plantarum http://es.wikipedia.org/wiki/Placozoa http://es.wikipedia.org/wiki/Ulva_lactuca http://zoologiafran.blogspot.com.es/2011/04/categoria-taxonomica.html http://www.zoo.ox.ac.uk/people/view/cavaliersmith_t.htm