2. Un día camiñaba polo campo, cando vin un home bastante
ancián que estaba cavando un burato. Intrigado, chegueime a
el para preguntarlle que estaba facendo. "A min sempre me
gustaron as noces", contestoume. "Hoxe chegaron ás miñas mans
as noces máis exquisitas que probei na miña vida, así que
decidín plantar unha delas"
3. Entristecime ao pensar que ese bo home,
a tan avanzada idade, xamais chegaría a probar
unha desas noces
4. "Desculpe, amigo", díxenlle. "Para que unha nogueira
dea froitos deben pasar moitos anos, e dada a súa
idade, é moi probable que cando esta arboriña
dea as súas primeiras noces, vostede xa non viva.
Non pensou que tal vez sería máis proveitoso
para vostede sementar tomates, ou melóns ou sandías,
que lle darán froitos que vostede si poderá saborear?"
5. O home miroume un instante en silencio,
durante o cal, non souben se sentirme moi sagaz
polo miña observación ou moi estúpido.
Tras uns segundos, que me pareceron horas,
finalmente contestoume:
6. "Toda a miña vida
deleiteime saboreando
noces recollidas
de árboles que os que
as plantaron
probablemente xamais
chegaron a probar.
Cando de noces
se trata, non lle
corresponde a quen
planta ver os froitos.
7. Por iso, como eu puiden comer noces grazas a
persoas xenerosas que pensaron nos demais
ao plantalas, eu tamén planto hoxe esta nogueira,
sen preocuparme de se verei ou non os seus froitos.
Sei que estas noces non serán para min, pero tal vez
os teus fillos ou os meus netos han saborealas
algún día
8. Cantas veces nos pasa o mesmo cando somos
egoístas, cando pensamos soamente nas nosas
familias ou en nós mesmos?
...non sería máis proveitoso “plantar” tamén para que
as futuras xeracións recollan?
9. Plantar nos nosos fillos amor, boa vontade,
xenerosidade, solidariedade, comprensión, empatía,
xustiza, equidade, optimismo, magnanimidade,
paciencia, amor ao próximo, etc.
10. “A mellor vida non é a mái longa,
senón a máis rica en boas accións”
11. Amigos:
Pasen un feliz día!
Adaptación de Cristina Sáenz E.
http://peque-semillitas.blogspot.com.ar/