1. Proxecto técnico: Construción dun forno solar
Tecnoloxía Industrial I
Índice
1. MEMORIA DESCRITIVA...............................................................................................................2
2. DESEÑO..........................................................................................................................................2
2.1 Debuxo en tres dimensións........................................................................................................2
2.2 Consideracións técnicas.............................................................................................................2
3. PLANIFICACIÓN...........................................................................................................................3
3.1 Materiais....................................................................................................................................3
3.2 Presuposto..................................................................................................................................3
3.3 Operacións a realizar.................................................................................................................3
3.2 Cronograma...............................................................................................................................4
2. Proxecto técnico: Construción dun forno solar
Tecnoloxía Industrial I
1. MEMORIA DESCRITIVA
Os fornos solares son artefactos que permiten cociñar alimentos usando o sol coma fonte de
enerxía. Divídense en dúas familias: de concentración e caixas solares.
Nos imos construír un forno solar do tipo caixa solar. Este tipo de fornos constan basicamente
dunha caixa térmicamente aillada, deseñada para capturar a enerxía solar e manter quente o seu
interior.
Acontaminación atmosférica das nosas cidades, a falta de recursos económicos e a necesidade
de reducir o consumo de enerxía procedente de combustibles fósiles, foron as causas principais que
nos levaron a confeccionar un forno solar empregando tecnoloxía de baixo custo. Coma principal
desvantaxe deste tipo de fornos está o alto tempo que se emprega para cociñar, mais consideramos
que son máis importantes as vantaxes anterormente citadas.
En canto ao mercado ao que se podería destinar o noso produto destacamos a persoas da nosa
contorna (veciñanaza, profesorado, pais e nais...), que xa mostraron o seu interese nunha sondaxe
previa.
2. DESEÑO
2.1 Debuxo en tres dimensións
2.2 Consideracións técnicas
O forno solar debe orientarse ao sur para captar máis luz, tendo o lado máis longo no sentido
este-oeste, de xeito que poida captar radiación solar durante un maior período de tempo.
A inclinación da tapa abatible debe ser tal que reflexe a maior cantidade de luz solar no interior
da caixa, saberemos que a luz reflexada é maior canto maior sexa a iluminación no interior da caixa.
Para aumentar o efecto invernadero introduciremos a pota onde cociñemos nun recipiente
transparente.
3. Proxecto técnico: Construción dun forno solar
Tecnoloxía Industrial I
3. PLANIFICACIÓN
3.1 Materiais
• Dúas caixas de cartón de diferente tamaño que colocada unha dentro da outra quede unha
diferencia de 4cm coma mínimo.
• Unha lámina de vidro do tamaño da caixa exterior.
• Prancha de cartón.
• Papel de aluminio.
• Pintura negra mate.
• Papel de periódico (aillante térmico)
• Cinta adhesiva
3.2 Presuposto
Materiais Cantidade Precio unidade (euros) Precio total (euros)
Caixas de cartón 2 1,12 2,24
Lámina de vidro (1m2) 1 4 4
Papel de aluminio (30m) 1 1,77 1,77
Pintura negra mate (10l) 1 6,2 6,2
Papel de periódico 0 0
Cinta adhesiva 1 1,2 1,2
TOTAL (euros) 15,41
3.3 Operacións a realizar
a) Colocamos a caixa grande cara abaixo e por enriba poñemos a caixa pequena e marcamos
a silueta que fai sobre ela. Cortamos a caixa grande polas liñas marcadas de xeito que
podamos introducir a caixa pequena, quedando unha cámara de aire entre as paredes das
dúas caixas de polo menos 4cm.
b) Forramos todas as caras interiores e exteriores da caixa pequena con papel de alumnio, así
coma as caras interiores da caixa grande (incluindo as tapas e os fondos).
c) Introducimos a caixa pequena no buraco que fixemos na grande.
4. Proxecto técnico: Construción dun forno solar
Tecnoloxía Industrial I
d) Cortar o sobrante das tapas da caixa pequena.
e) Introducir unha lámina de cor negro mate no fondo do interior da caixa pequena.
f) Colocar a caixa cara arriba e encher o espacio entre as paredes das dúas caixas co material
aillante térmico (bolas feitas con papel de periódico). Pechar as tapas con cinta
adhesiva.
g) Fabricamos a tapa para elo utilizamos a prancha de cartón. Marcamos sobre ella os
bordos exteriores e interiores e dobramos segundo se indica no debuxo. Forramos a tapa,
que debe ser abatible, con papel de alumnio. Colocamos a lámina de vidro na parte interna
da tapa e pegamos.
3.2 Cronograma
21/mar 22/mar 23/mar 11/abr 13/abr 16/abr 25/abr 02/may 09/may 16/may 23/may
Proxecto técnico
Construción
Operacións a, b, c, d (*2)
Operacións e, f, g
Imprevistos
Avaliación (*1)
*1 Se o permite a climatoloxía
*2 Operacións definidas no apartado 3.3