SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 17
Downloaden Sie, um offline zu lesen
GUÍA DIDÁCTICA
BACHARELATO




                           VISITAS ÁS INSTALACIÓNS
                                         DE SOGAMA




                 www.sogama.es
ÍNDICE
INTRODUCCIÓN

    PRESENTACIÓN 3

    OBXECTIVOS PERSEGUIDOS              3

    A QUEN VAI DIRIXIDA        4

    METODOLOXÍA       4

    SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN          4

    AVALIACIÓN    4

CONTIDOS

    CONCEPTOS BÁSICOS          5

    MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO
    DE RESIDUOS EN GALICIA 7

    MODELO SOGAMA         8

    REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA 9

    COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA           10

    RECICLAXE DE ENVASES LIXEIROS 11

    MATERIAIS E RECURSOS           12

ACTIVIDADES (3) 13-14

GLOSARIO DE TERMOS        15

RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA          17




                                                 www.sogama.es
INTRODUCCIÓN




      PRESENTACIÓN
      O aumento do nivel de vida e o cambio nos
      nosos hábitos de consumo constitúen unha
      ameaza para o medio ambiente, especialmente
      no eido do esgotamento de recursos naturais e
      na elevada xeración de residuos.

      Un dos maiores retos actuais é atopar unha
      solución á acumulación e eliminación dos
      residuos, para deter e tornar a tendencia
      crecente dos últimos anos. A estratexia das
      tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar)
      resulta neste sentido fundamental.

      A Sociedade Galega do Medio Ambiente (en
      diante SOGAMA) é unha empresa pública
      autonómica que xestiona e trata a maior parte
      dos residuos domésticos producidos en Galicia.

      A finalidade básica da guía é dar unha
      formación previa aos escolares de Bacharelato
      antes da súa visita a SOGAMA, tanto no              OBXECTIVOS PERSEGUIDOS
      relativo á xestión dos residuos urbanos como
      no funcionamento do Complexo                        Os obxectivos específicos desta guía didáctica
      Medioambiental de Cerceda e da rede de              son os seguintes:
      Plantas de Transferencia.
                                                          - Contribuír ao coñecemento e sensibilización
                                                          do alumnado en materia de residuos.

                                                          - Orientar aos alumnos e alumnas cara a
                                                          actitudes persoais máis positivas e correctas
                                                          no referente á xestión dos residuos.

                                                          - Contribuír a aumentar os coñecementos dos
                                                          escolares sobre as instalacións de SOGAMA e
                                                          o traballo que nelas se realiza.

                                                          - Concienciar ao alumnado sobre a importancia
                                                          do consumo responsable, a redución da
                                                          produción de lixo e a recollida selectiva,
                                                          fomentando hábitos de selección de residuos
                                                          en orixe e depósito correcto dos mesmos nos
                                                          diferentes colectores.




                                                       www.sogama.es
INTRODUCCIÓN




      A QUEN VAI DIRIXIDA                                  SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN
      Os contidos da guía están dirixidos ao               A guía didáctica presenta unha sinxela
      alumnado que cursa Bacharelato.                      estrutura onde se introducen diversos contidos
                                                           tales como conceptos básicos de residuos,
      A guía ofrece ao equipo docente material para        modelos de xestión de residuos urbanos
      a formación básica dos estudantes, tanto en          existentes en Galicia e operativa do Complexo
      conceptos xerais de residuos como na xestión         Medioambiental de Cerceda e da rede de
      dos mesmos acometida por SOGAMA. Débese              Plantas de Transferencia. A primeira etapa, de
      ter en conta que esta guía didáctica e a             lectura comprensiva, levarase a cabo no
      temática que aborda, dado o seu carácter             horario dunha clase (50 minutos); mentres a
      transversal, pode ser tratada en calquera área       segunda etapa, de actividades orientadas ao
      do currículo formativo, polo que sería               afianzamento dos conceptos adquiridos polo
      interesante a implicación de todo o                  alumnado, realizarase no tempo equivalente a
      profesorado.                                         outra clase (50 minutos).

      É importante tamén mencionar que a
      formación en canto á axeitada xestión de             AVALIACIÓN
      residuos non é unha cuestión específica da
      escola, polo que a información e participación       A través das actividades propostas, o
      do ámbito familiar será de gran apoio para que       profesorado poderá avaliar os coñecementos
      os escolares interioricen as boas prácticas          cos que contan os alumnos en materia de
      medioambientais.                                     xestión e tratamento de residuos por parte de
                                                           SOGAMA.

      METODOLOXÍA
      A presente guía está deseñada e enfocada
      cara a formación previa do alumnado antes da
      visita á infraestrutura industrial de Sogama. O
      emprego da mesma permitirá que os escolares
      afiancen coñecementos básicos sobre os
      residuos e a súa axeitada separación, así como
      sobre o labor de Sogama.

      A guía débese abordar mediante unha lectura
      comprensiva da mesma na que participen
      profesor e alumnos, constituíndose no primeiro
      achegamento ás instalacións desta entidade
      pública.

      A realización das actividades propostas na
      última parte deste documento servirá para
      asimilar e relacionar a información aportada.




                                                        www.sogama.es
CONTIDOS




     CONCEPTOS BÁSICOS                                     ¿Que son os residuos urbanos?
                                                           Os residuos urbanos son “aqueles xerados nos
     ¿Que é SOGAMA?                                        domicilios particulares, comercios, oficinas e
     SOGAMA é unha empresa pública autonómica,             servizos, así como todos aqueles que non
     creada no ano 1992 e participada nun 51% pola         teñan a cualificación de perigosos e que, pola
     Xunta de Galicia e no 49% restante polo grupo         súa natureza ou composición, sexan
     Gas Natural.                                          asimilables aos producidos nos anteriores
                                                           lugares ou actividades”.
     A prioridade de SOGAMA é a xestión e o
     tratamento sostibles dos residuos urbanos             Teñen tamén a consideración de residuos
     producidos en Galicia.                                urbanos os seguintes:


     SOGAMA participa tamén en actividades                 · Os residuos procedentes da limpeza de vías
     destinadas á protección e conservación do             públicas, zonas verdes, áreas recreativas e
     medio ambiente en xeral.                              praias.
                                                           · Animais domésticos mortos, así como mobles,
     ¿Que son os residuos?                                 utensilios e vehículos abandonados.
                                                           · Residuos e escombros procedentes de obras
     Un residuo é “calquera substancia ou obxecto
                                                           menores de construción e reparación
     do que o seu posuidor se desprenda ou teña a
                                                           domiciliaria.
     intención ou obriga de desprenderse”. * Para
     máis información ver a Ley 10/1998 (estatal), de
                                                           ¿Cantos residuos urbanos se producen e de
     21 de abril, de Residuos, ou a Lei 10/2008
                                                           que están compostos?
     (galega), de 3 de novembro, de residuos de
                                                           O aumento do nivel de vida e as prácticas de
     Galicia.
                                                           consumo vinculadas á adquisición de produtos
                                                           de “usar e tirar” supuxeron a transformación
     ¿Como se clasifican os residuos?
                                                           dos hábitos de comportamento da poboación,
     Os residuos pódense clasificar:
                                                           sen ter en conta a repercusión sobre o medio
                                                           ambiente (contaminación, esgotamento de
     · Segundo o risco para a saúde ou o medio
                                                           recursos naturais...), dando lugar a
     ambiente, en:
                                                           modificacións na xeración e composición dos
        - Inertes.
                                                           residuos urbanos.
        - Perigosos.
        - Radioactivos.
                                                           Segundo o novo Plan de Xestión de Residuos
                                                           Urbanos de Galicia 2010-2020 (en exposición
     · Segundo a súa natureza física ou estado, en:
                                                           pública), en Galicia xéranse 1,216 quilogramos
        - Sólidos.
                                                           de residuos urbanos por habitante e día, o que
        - Líquidos.
                                                           supón que cada un de nós orixina unha media
        - Gasosos.
                                                           de 444 quilogramos ó ano de residuos.

     · Segundo a súa orixe ou lugar de xeración, en:
        - Agropecuarios.
        - Mineiros.
        - Industriais.
        - Sanitarios.
        - Urbanos.




                                                        www.sogama.es
CONTIDOS



     A composición media dos residuos urbanos en Galicia, segundo o citado Plan,
     é a reflectida no seguinte gráfico.
                                               OUTROS
                                               15,43%

                          VOLUMINOSOS                                             FRACCIÓN ORGÁNICA
                          4,22%                                                   41,63%

                           VIDRO
                           6,35%




                        PAPEL E CARTÓN
                        17,65%
                                                        ENVASES LIXEIROS
                                                        14,72%
     Os “tres erres”
     Un dos maiores retos que existen na actualidade é atopar unha solución á acumulación e eliminación
     dos residuos, para deter e cambiar a tendencia crecente dos últimos anos caracterizada pola excesiva
     produción dos mesmos. O principal instrumento neste sentido é a aplicación da estratexia dos “3 erres”:


                    - REDUCIR: a redución radica en cambiar a conduta
                      cotiá para xerar unha menor cantidade de residuos.
                        Debemos adoptar hábitos de “non desperdicio”,
                          incrementar o emprego de envases retornables,
                            rexeitar as bolsas da compra, evitar produtos
                              de usar e tirar...



       - REUTILIZAR: consiste en empregar as cousas en
       varias ocasións tentando darlles a máxima utilidade
       antes de convertelas nun residuo. Hai obxectos que
       poden ser empregados por outras persoas (libros,
       roupa...) e outros teñen usos alternativos (botellas,                   SOGAMA engade un cuarto “R”,
       tarros, caixas de cartón...), o que supón empregalas                    que é a Recuperación enerxética da
       para usos non previstos nun primeiro momento.                           parte non reciclable dos residuos.


              - RECICLAR: a reciclaxe é o aproveitamento dos materiais
                       contidos nos residuos para elaborar novos
                       produtos, o que contribúe á preservación dos
                       recursos naturais e ao aforro do consumo de
                       auga e enerxía. A reciclaxe dos residuos urbanos
                       precisa da colaboración dos cidadáns nos sistemas
                       de recollida selectiva.
                                                                                              Planta Termoeléctrica




                                                               www.sogama.es
CONTIDOS




     MODELO SOGAMA
     Os concellos participantes no modelo SOGAMA dispoñen de distintos colectores para a recollida selectiva:

              COLECTORES                             RESIDUOS                       CONDICIÓNS DE DEPÓSITO




                                      ENVASES DE VIDRO                              Sen tapóns, cortizas ou tapas
                                       - Botellas de vidro                          Non depositar lámpadas, espellos,
                                       - Tarros e frascos de vidro                  cristais de ventás, louza ou vasos


                 Colector vidro




                                      PAPEL E CARTÓN
                                       - Envases / caixas de cartón                 Sen bolsas de plástico
                                       - Bolsas de papel                            Sen papeis ou cartóns sucios
                                       - Papel de envolver limpo                    Sen grapas, espirais...
                                       - Follas, xornais, revistas, cadernos...
              Colector papel/cartón




                                      ENVASES LIXEIROS                              Non depositar residuos que non sexan
                                       - Botellas e botes de plástico               envases (bolígrafos, xoguetes...)
                                       - Envoltorios de plástico ou aluminio        nin envases de residuos industriais,
                                       - Latas de conserva e bebida                 hospitalarios ou perigosos (botes de
                                       - Briks de zume, leite...                    pintura, medicamentos, latas de
                                       - Bandexas de porexpan ou cortiza branca     aceites de coche.)
               Colector amarelo




                                      RESTO
                                       - Residuos orgánicos                         Non depositar materiais que dispoñen
                                       - Cueiros, compresas ou papeis sucios        dun proceso de recollida selectiva
                                       - Outros residuos sen un proceso             nin residuos voluminosos
                                         de recollida selectiva


                Colector xenérico




     Os residuos que os cidadáns depositan nos                          tren ou camión, e en axeitadas condicións
     colectores habilitados na vía pública son                          hixiénicas e de seguridade, ao Complexo
     recollidos de xeito separado polos propios                         Medioambiental de Cerceda.
     concellos ou empresas designadas,
     transportando os envases de vidro e o papel e                      Ademais dos colectores instalados na rúa,
     cartón directamente aos centros de reciclaxe.                      moitos dos Concellos contan cunhas
                                                                        instalacións chamadas “puntos limpos”, nas
     Os residuos dos colectores amarelos e                              cales os cidadáns poden depositar residuos
     xenéricos (estes últimos habitualmente de cor                      que precisan dunha xestión específica, ben
     verde) trasládanse por parte dos servizos de                       polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou
     recollida municipal á planta de transferencia                      pola súa composición (pilas, fluorescentes,
     máis próxima, onde se traspasan a colectores                       aceites, disolventes e outros residuos
     de maior capacidade para desprazalos, por                          perigosos).




                                                                  www.sogama.es
CONTIDOS



     COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA                    · Planta Termoeléctrica:
                                                           O CDR introdúcese en dúas caldeiras de leito
     O Complexo Medioambiental de SOGAMA en
                                                           fluído circulante e queimase en presenza de
     Cerceda ten unha capacidade de tratamento
                                                           osíxeno e a temperaturas superiores a 850ºC,
     de entre 500.000 e 550.000 toneladas de
                                                           diminuíndo así a emisión de dioxinas e furanos.
     residuos ao ano, contando –entre outras– coas
                                                           Ademais, nesta instalación, que conta cunha
     seguintes instalacións:
                                                           potencia instalada de 50 MW, producindo
                                                           enerxía eléctrica suficiente para abastecer
     · Planta automatizada de clasificación de
                                                           100.000 vivendas, utilízanse innovadores
     envases lixeiros:
                                                           sistemas de depuración de gases tales como
     É a única instalación do Complexo onde se
                                                           cal apagada, carbón activo e filtros de mangas,
     xestiona a bolsa amarela. Os residuos
                                                           que permiten que os niveis de emisión á
     procedentes dos colectores amarelos (bolsa
                                                           atmosfera estean moi por debaixo dos límites
     amarela) descárganse e son clasificados
                                                           legais, garantindo un proceso totalmente
     mecanicamente mediante correntes de
                                                           respectuoso co medio ambiente e a saúde das
     Foucault, electroimáns e lectores ópticos
                                                           persoas.
     segundo os diferentes tipos de materiais:
     aluminio, ferro e os distintos tipos de plástico
                                                           A media das emisións á atmosfera no primeiro
     respectivamente. Unha vez separados, pasan
                                                           semestre de 2010 son as seguintes:
     pola inspección dos traballadores para corrixir
     posibles erros, sendo inmediatamente
                                                                                          Cantidades     Cantidades
     prensados e embalados para remitir aos                   Emisións         Unidades     emitidas       emitidas
                                                                                                                        Límite
                                                                                                                         legal
     centros de reciclado.                                                                (caldeira A)   (caldeira B)


                                                              Partículas       mg/Nm3         1,98          0,72         30
     · Planta de Elaboración de Combustible
     Derivado de Residuos:                                      NO2            mg/Nm3        95,8           86,3         400
     É onde se reciben os residuos depositados
                                                                 SO2           mg/Nm3        6,68           2,74         200
     pola cidadanía nos colectores xenéricos (bolsa
     negra), introducíndoos nuns fosos de grandes                CO            mg/Nm3        16,52          16,38        100
     dimensións. Aquí, tras separar mecanicamente
     os metais (ferro e aluminio), comeza un                    COT            mg C/Nm3       3,12          2,24         20

     proceso de acondicionamento (triturado e             Dioxinas e furanos      ng
                                                           (concentración)     ITEQ/Nm3      0,03           0,01         0,1
     secado) dos residuos non reciclables para
     convertelos nun combustible, o Combustible                  HCI           mg/Nm3        2,24           2,78         60
     Derivado de Residuos (CDR), que se emprega
                                                                 HF            mg/Nm3          <1             1           4
     logo na Planta Termoeléctrica.
                                                               Cd + TI         mg/Nm3        <0,02          <0,02       0,05
     · Planta de Coxeneración:
     Emprega gas natural para producir enerxía                   Hg            mg/Nm3        <0,01          <0,01       0,05

     eléctrica e calor para o secado do CDR. Conta        Sb+As+Pb+Cr+Co
                                                                               mg/Nm3        0,09           0,08         0,5
                                                           +Cu+Mh+Ni+V
     con 6 motores cunha potencia instalada de 22
     MW.
                                                           Ademais, o Complexo conta cunha serie de
                                                           instalacións auxiliares como son as balsas de
                                                           pluviais, tres depuradoras (dúas biolóxicas e
                                                           unha fisicoquímica), un depósito controlado
                                                           para as cinzas resultantes da valorización
                                                           enerxética, e outro depósito para as escouras,
                                                           así como un sistema de lavado de gases.




                                                        www.sogama.es
ACTIVIDADES




     ACTIVIDADE 1
     Nome da actividade:
     Comprobación dos diferentes plásticos

     Lugar de realización:
     Aula

     Explicación da actividade:
     ¿Reparaches algunha vez na cantidade de plásticos          Planta de Clasificación de Envases de SOGAMA.
     que existen? Antes de envialos aos distintos centros       Coa realización desta actividade tes que determinar
     de reciclaxe, os plásticos deben ser separados             en dez minutos de que tipo de plástico (PET, PEBD,
     segundo a súa tipoloxía. Esta é a tarefa realizada na      PEAD, PVC, PP, PS) está feito cada un dos obxectos
                                                                que se sinalan na seguinte táboa.


                                  OBXECTO                                TIPO DE PLÁSTICO

                                 Botella de auga

                                      Bolsa

                                 Botella de lixivia

                                Botella de aceite

                                    Papel film

                                   Bote de xel




                                                             www.sogama.es
ACTIVIDADES




     ACTIVIDADE 2
     Nome da actividade:                                        Explicación da actividade:
     Redacción sobre os residuos e a súa xestión                En 10 páxinas como máximo (1.500 palabras) fai unha
                                                                redacción sobre o que aprendiches nesta guía: ¿que
     Lugar de realización:                                      son os residuos?, ¿como é a súa correcta
     Aula                                                       separación?, ¿que é SOGAMA?, ¿como concienciarías
                                                                á xente en canto á conveniencia de reducir, reutilizar e
                                                                separar para reciclar?

                                                                Expón aqueles aspectos da xestión do lixo que che
                                                                gustaría ver e aprender na visita ás instalacións de
                                                                SOGAMA.




     ACTIVIDADE 3
     Nome da actividade:                                        Explicación da actividade:
     Investigación sobre a xestión dos residuos urbanos en      Como puideches comprobar, debido ao noso cambio
     España e en Europa                                         de vida e de hábitos de consumo cada vez xeramos
                                                                máis residuos, moitos deles son reciclables.
     Lugar de realización:                                      Recompila, a través de internet, estatísticas sobre a
     Aula                                                       xestión dos residuos urbanos en España e en Europa,
                                                                sinalando a fonte (INE, Ministerio de Medio Ambiente,
                                                                Medio Rural y Marino...).
                                                                Compara os resultados obtidos cos dos teus
                                                                compañeiros e identifica as principais variables de
                                                                interese.




                                                             www.sogama.es
GLOSARIO DE TERMOS




     · Biodegradable:                                     · Lector óptico:
     Que pode ser descomposto polas bacterias e           En plantas de clasificación de residuos, son
     outros organismos da natureza.                       equipos que empregan infravermellos para
                                                          identificar os distintos tipos de materiais en
     · Cinza:                                             función da súa densidade e cor, permitindo a
     Residuo pulverulento dunha combustión
                                                          súa posterior separación mediante golpes de
     formado polas substancias minerais non
                                                          vento.
     volátiles presentes no combustible.

     · Colector:                                          · Materiais férricos e materiais alumínicos:
                                                          Son aqueles nos que o ferro ou o aluminio
     Recipiente de metal ou plástico disposto para o
                                                          constitúen o seu elemento principal, podendo
     depósito de residuos e a súa recollida.
                                                          presentar ademais outros elementos.
     · Correntes de Foucault:                             · Materia orgánica:
     Fenómeno eléctrico empregado nas plantas de
                                                          En relación cos residuos, restos de alimentos
     clasificación de envases para xerar un campo
                                                          de orixe animal ou vexetal facilmente
     que repele os materiais que conteñen aluminio,
                                                          fermentables e susceptibles de compostar, é
     permitindo a súa segregación do resto.
                                                          dicir, de transformar en abono natural.
     · Dioxinas e furanos:                                · Medio ambiente:
     Son compostos químicos xerados a partir de
                                                          Conxunto de circunstancias físicas, culturais,
     procesos de combustión que implican ao cloro.
                                                          económicas e sociais nas que vive unha persoa
     Son estables quimicamente, pouco
                                                          ou unha poboación.
     biodegradables e moi solubles nas graxas,
     tendendo a acumularse en solos, sedimentos e         · Planta Termoeléctrica:
     tecidos orgánicos, podendo penetrar na cadea         Instalación empregada para a xeración de
     alimentaria.                                         enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en
                                                          forma de calor de determinados combustibles.
     · Electroimán:                                       No caso da planta de Sogama, emprégase o
     Imán artificial que xera un campo magnético
                                                          combustible derivado de residuos (CDR).
     eléctrico intermitente.

     · Escouras:                                          · Planta de Transferencia:
                                                          Tamén denominadas estacións de
     Referido á incineración de residuos, son os
                                                          transferencia, son instalacións destinadas ao
     residuos sólidos (pedras, vidros, cerámica...)
                                                          transvase dos residuos urbanos desde os
     que non arden na caldeira.
                                                          camións de recollida domiciliaria a colectores
     · Foso:                                              de transporte de gran capacidade.
     Concavidade ou fondura que serve de almacén
     temporal dos residuos procedentes da bolsa
                                                          · Recollida selectiva:
                                                          Sistema de recollida separada dun
     negra.
                                                          determinado tipo de residuo susceptible de
     · Hábito:                                            reciclar ou valorizar independentemente do
     Acción que se realiza de xeito regular e por         resto.
     costume, normalmente pola frecuente
     repetición da mesma.




                                                       www.sogama.es
RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA



     As principais indicacións que debedes ter en         Ademais:
     conta á hora de visitar as instalacións de
     Sogama son as seguintes:                             · O condutor do autobús debe aparcar o
                                                          vehículo fronte ás oficinas do Complexo, sen
     · Traede calzado pechado, senón non                  molestar ao tránsito doutros vehículos. No
     poderiades acceder ás mesmas.                        recinto do Complexo, o autobús non pode
                                                          circular a máis de 30 km/h.
     · Apagade os móbiles, pódense deteriorar.
                                                          · En caso de que algunha persoa portase
     · No percorrido polas instalacións non podedes
                                                          marcapasos e/ou aparatos similares, ten que
     comer, nin beber, nin fumar.
                                                          comunicarllo ao guía da visita antes do inicio
     · Seguide en todo momento as instrucións dos         desta e seguir as súas indicacións.
     guías de Sogama.

     · Daránsevos medidas de protección, que tedes
     que empregar e devolver en bo estado. Nas
     instalacións é obrigatorio o uso de casco e
     chaleco, agás dentro do autobús.

     · Se no percorrido vos perdedes e desligades
     do grupo, comunicádeo ao primeiro traballador
     que encontredes.

     · Non toquedes/manipuledes ningún obxecto
     das instalacións. Está prohibido tocar residuos
     ou sacar estes fóra do Complexo.

     · Non toquedes nin vos acheguedes a equipos
     e vehículos en movemento.

     · Non vos situedes baixo cargas suspendidas.




                                                       www.sogama.es
CONTIDOS




      MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO                        Neste modelo, os envases lixeiros sepáranse
                                                             para enviar aos centros recicladores, e os
      DE RESIDUOS EN GALICIA                                 residuos que non poden ser reciclados
                                                             aprovéitanse para xerar enerxía eléctrica
      O sistema de xestión e tratamento de residuos          renovable (valorización enerxética).
      urbanos maioritario en Galicia é o modelo
      SOGAMA, asociado ao Complexo                           En Galicia existen ademais outras dúas plantas
      Medioambiental de Cerceda e á rede de                  de tratamento que están orientadas a un
      Plantas de Transferencia distribuídas polo             modelo de recollida diferenciada de residuos
      conxunto do territorio galego. A este sistema          orgánicos e residuos inorgánicos. Trátase das
      están adheridos 294 concellos galegos, que             plantas de:
      supoñen arredor do 82% dos residuos urbanos
      producidos na nosa Comunidade.                         · Nostián, que xestiona os residuos urbanos da
                                                             cidade de A Coruña e área metropolitana
      Este modelo supón a recollida diferenciada dos         (Consorcio de As Mariñas), aglutinando a un
      envases lixeiros (colector amarelo) e da               total de 9 concellos.
      fracción resto (colector xenérico), a maiores da
      recollida selectiva doutros materiais (envases         · Lousame, que xestiona os residuos urbanos
      de vidro, papel e cartón, pilas, voluminosos...).      de 9 concellos que constitúen a
                                                             Mancomunidade de Concellos da Serra do
                                                             Barbanza.




             1· Modelo SOGAMA

             2· Modelo Nostián

             3· Modelo Lousame




                                                          www.sogama.es
CONTIDOS



     REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA
     Actualmente, o territorio galego conta con 37 plantas de transferencias, das cales un total de 20
     están baixo a titularidade de SOGAMA.




     As plantas de transferencia son instalacións de funcionamento moi sinxelo. A súa operación realízase
     en catro fases:

     Fase I: O camión de recollida domiciliaria            Fase II: Unha vez situado na posición correcta,
     accede ao recinto e, despois de ser pesado,           realiza a descarga dos residuos sobre a tolva.
     sobe ata un andar superior.




     Fase III: Un sinxelo émbolo introduce os RU no        Fase IV: Finalizada a descarga a instalación
     colector, sen empacamento nin apertura de             queda pechada esperando a chegada do
     bolsas ou calquera outra manipulación.                seguinte camión de recollida.




                                                      www.sogama.es
CONTIDOS




     RECICLAXE DOS ENVASES LIXEIROS
     Para acadar unha boa reciclaxe dos envases                O plástico é un material altamente reciclable,
     lixeiros (bolsa amarela) é moi importante a               permitindo un aforro considerable de petróleo,
     correcta separación en orixe, pois o proceso de           aínda que non tódolos plásticos son iguais. Na
     reciclaxe realízase segundo os distintos tipos            seguinte táboa recóllense os principais tipos
     de materiais.                                             de plástico de uso doméstico e os seus usos.

                                 PRINCIPAIS TIPOS DE PLÁSTICO DE USO DOMÉSTICO


       SÍMBOLO           DENOMINACIÓN               OBXECTOS ORIXINAIS              OBXECTOS RECICLADOS



                                                                                     Sacos de durmir, anoraks,
            1                                                Botellas de
                       Polietileno Tereftalato                                          alfombras, caixas,
                                                         bebidas carbónicas
                                                                                        solas de zapatos...
           PET


                                                                                         Sacos industriais,
            2                                         Produtos de limpeza
                    Polietileno de Alta Densidade                                     envases de deterxentes,
                                                    e envases de cosméticos
                                                                                          cubos, bidóns...
           PEAD


                                                        Botellas de produtos de
            3                                                                          Canalizacións, fibras,
                        Policloruro de vinilo          limpeza, xampú, aceites,
                                                                                         solas e perfís...
                                                              embalaxes...
           PVC



            4               Polietileno                   Bolsas, películas,             Bolsas para o lixo,
                        de Baixa Densidade                 sacos, bidóns...        canalizacións de rego, perfís...
           PEBD



            5
                            Polipropileno                     Tapóns                           Caixas

            PP



            6               Poliestireno            Vasos, tarros e embalaxe           Bandexas, papeleiras

            PS


     O aceiro e o aluminio, que conteñen os                    Os briks son envases formados por unha
     envases metálicos, son materiais reciclables              lámina múltiple que pode combinar tres tipos
     polo que se envían aos centros recicladores               de materiais (plástico, cartón e aluminio) e que
     onde se transforman en materia prima. O                   se poden aproveitar conxuntamente (para a
     aproveitamento destes metais é amplo e deles              fabricación de aglomerado para mobiliario) ou
     pódense obter tubos de escape, bombonas de                de forma separada (aproveitando o cartón para
     gas, estantes, novas latas, parafusos,                    fabricar bolsas, sacos e cartón ondulado).
     bicicletas, motores...




                                                         www.sogama.es
CONTIDOS




     MATERIAIS E RECURSOS
     Os principais enlaces onde se pode ampliar a información tratada na presente
     guía son os seguintes:


     www.sogama.es           http://sirga.medioambiente.xunta.es
     www.ecoembes.com        www.ecovidrio.com
     www.ecopilas.es         www.marm.es
     www.sigre.es            www.sogarisa.es/


     Únete á rede social de Sogama no eido da educación ambiental. Interésanos a túa opinión.
     Apúntate aquí.


     Ademais, pódese completar información coa               - Real Decreto 252/2006, do 3 de marzo, polo
     lectura e coñecemento da lexislación vixente            que se revisan os obxectivos de reciclado e
     na materia, resaltando a seguinte normativa:            valorización establecidos na Lei 11/1997, e polo
                                                             que se modifica Regulamento para o seu
     - Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo            desenvolvemento e execución, aprobada polo
     e do Consello, do 19 de novembro de 2008,               Real Decreto 782/1998, do 30 de abril.
     sobre os residuos.
                                                             - Real Decreto 782/1998, do 30 de abril, polo
     - Directiva 2004/12/CE do Parlamento Europeo            que se aproba o regulamento para o
     e do Consello, do 11 de febreiro de 2004, pola          desenvolvemento e execución da Lei 11/97 de
     que se modifica a directiva 94/62/CE relativa           envases e residuos de envases.
     aos envases e residuos de envases.
                                                             - Lei 11/1997, do 2 de abril, de envases e
     - Lei 10/1998, do 21 de abril, básica de residuos.      residuos de envases.

     - Plan Nacional Integrado de Residuos                   - Lei 10/2008, de 3 de novembro, de residuos
     (2008-2015).                                            de Galicia.

                                                             - Plan de Xestión de Residuos Urbanos de
                                                             Galicia 2010-2020 (en exposición pública).




                                                          www.sogama.es
GLOSARIO DE TERMOS




     · Retornable:
     Que se pode volver a levar ao sitio de onde
     saíu.

     · Tratamento de residuos:
     Operación ou conxunto de operacións de
     cambio das características físicas, químicas ou
     biolóxicas dun residuo para reducir ou
     neutralizar as substancias perigosas que
     contén, recuperar materias ou substancias
     valorizables, facilitar o uso como fonte de
     enerxía ou favorecer a súa eliminación.

     · Valorización:
     Considérase o procedemento que permite o
     aproveitamento dos recursos contidos nos
     residuos sen poñer en perigo a saúde humana
     e sen empregar métodos que poidan causar
     dano ao medio ambiente.
     · Vertedoiro:
     Lugar final de disposición dos residuos, ao cal
     só deberían chegar residuos que non puideran
     ser reutilizados, reciclados ou valorizados.

     · Xestión de residuos:
     Conxunto de operacións encamiñadas a dar
     aos residuos xerados o destino global máis
     adecuado desde a dimensión ambiental,
     económica e social. Comprende as operacións
     de depósito previo, recollida, transporte,
     almacenamento temporal, aproveitamento,
     valorización e eliminación.




                                                       www.sogama.es

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

Necesidad protocolo
Necesidad protocoloNecesidad protocolo
Necesidad protocolovigotic
 
Presentación na comunidade veciñal de Argazón
Presentación na comunidade veciñal de ArgazónPresentación na comunidade veciñal de Argazón
Presentación na comunidade veciñal de Argazónpanchi Quiroga
 
Presentacion abalar_oficial
 Presentacion abalar_oficial Presentacion abalar_oficial
Presentacion abalar_oficialLuis Miguel
 
Presentacion abalar ies xilgueiro
 Presentacion abalar ies xilgueiro Presentacion abalar ies xilgueiro
Presentacion abalar ies xilgueirojaimerodal
 
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalar
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalarIntegración das tic abalar-20100308 presentacion-abalar
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalarceipirmansvillar
 
Presentacion abalar_oficial
 Presentacion abalar_oficial Presentacion abalar_oficial
Presentacion abalar_oficialjaimerodal
 
Presentacion Proxecto Abalar
 Presentacion Proxecto Abalar Presentacion Proxecto Abalar
Presentacion Proxecto AbalarMiguel Varela
 
Presentacion ABALAR OFICIAL
 Presentacion ABALAR OFICIAL Presentacion ABALAR OFICIAL
Presentacion ABALAR OFICIALEDEVN
 
Plan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónPlan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónmmbarros
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edsatelite1
 

Ähnlich wie Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010) (14)

Necesidad protocolo
Necesidad protocoloNecesidad protocolo
Necesidad protocolo
 
Presentación na comunidade veciñal de Argazón
Presentación na comunidade veciñal de ArgazónPresentación na comunidade veciñal de Argazón
Presentación na comunidade veciñal de Argazón
 
Presentacion abalar_oficial
 Presentacion abalar_oficial Presentacion abalar_oficial
Presentacion abalar_oficial
 
Presentacion abalar ies xilgueiro
 Presentacion abalar ies xilgueiro Presentacion abalar ies xilgueiro
Presentacion abalar ies xilgueiro
 
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalar
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalarIntegración das tic abalar-20100308 presentacion-abalar
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalar
 
Presentacion Espazo Abalar
 Presentacion Espazo Abalar Presentacion Espazo Abalar
Presentacion Espazo Abalar
 
Presentacion abalar_oficial
 Presentacion abalar_oficial Presentacion abalar_oficial
Presentacion abalar_oficial
 
Presentacion abalar_oficial
 Presentacion abalar_oficial Presentacion abalar_oficial
Presentacion abalar_oficial
 
Presentacion Proxecto Abalar
 Presentacion Proxecto Abalar Presentacion Proxecto Abalar
Presentacion Proxecto Abalar
 
Presentacion ABALAR OFICIAL
 Presentacion ABALAR OFICIAL Presentacion ABALAR OFICIAL
Presentacion ABALAR OFICIAL
 
Plan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónPlan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organización
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Presentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais AmbientePresentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais Ambiente
 
Presentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais AmbientePresentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais Ambiente
 

Mehr von Educación Medioambiental Sogama (6)

Consellos redución residuos
Consellos redución residuosConsellos redución residuos
Consellos redución residuos
 
Os bolechas
Os bolechasOs bolechas
Os bolechas
 
Conto limpiña, a praia máis bonitiña
Conto limpiña, a praia máis bonitiñaConto limpiña, a praia máis bonitiña
Conto limpiña, a praia máis bonitiña
 
Conto da papeleira feliz
Conto da papeleira felizConto da papeleira feliz
Conto da papeleira feliz
 
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
 
Presentación Sogama escolares 9-11 anos
Presentación Sogama escolares 9-11 anosPresentación Sogama escolares 9-11 anos
Presentación Sogama escolares 9-11 anos
 

Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

  • 1. GUÍA DIDÁCTICA BACHARELATO VISITAS ÁS INSTALACIÓNS DE SOGAMA www.sogama.es
  • 2. ÍNDICE INTRODUCCIÓN PRESENTACIÓN 3 OBXECTIVOS PERSEGUIDOS 3 A QUEN VAI DIRIXIDA 4 METODOLOXÍA 4 SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN 4 AVALIACIÓN 4 CONTIDOS CONCEPTOS BÁSICOS 5 MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS EN GALICIA 7 MODELO SOGAMA 8 REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA 9 COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA 10 RECICLAXE DE ENVASES LIXEIROS 11 MATERIAIS E RECURSOS 12 ACTIVIDADES (3) 13-14 GLOSARIO DE TERMOS 15 RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA 17 www.sogama.es
  • 3. INTRODUCCIÓN PRESENTACIÓN O aumento do nivel de vida e o cambio nos nosos hábitos de consumo constitúen unha ameaza para o medio ambiente, especialmente no eido do esgotamento de recursos naturais e na elevada xeración de residuos. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e tornar a tendencia crecente dos últimos anos. A estratexia das tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar) resulta neste sentido fundamental. A Sociedade Galega do Medio Ambiente (en diante SOGAMA) é unha empresa pública autonómica que xestiona e trata a maior parte dos residuos domésticos producidos en Galicia. A finalidade básica da guía é dar unha formación previa aos escolares de Bacharelato antes da súa visita a SOGAMA, tanto no OBXECTIVOS PERSEGUIDOS relativo á xestión dos residuos urbanos como no funcionamento do Complexo Os obxectivos específicos desta guía didáctica Medioambiental de Cerceda e da rede de son os seguintes: Plantas de Transferencia. - Contribuír ao coñecemento e sensibilización do alumnado en materia de residuos. - Orientar aos alumnos e alumnas cara a actitudes persoais máis positivas e correctas no referente á xestión dos residuos. - Contribuír a aumentar os coñecementos dos escolares sobre as instalacións de SOGAMA e o traballo que nelas se realiza. - Concienciar ao alumnado sobre a importancia do consumo responsable, a redución da produción de lixo e a recollida selectiva, fomentando hábitos de selección de residuos en orixe e depósito correcto dos mesmos nos diferentes colectores. www.sogama.es
  • 4. INTRODUCCIÓN A QUEN VAI DIRIXIDA SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN Os contidos da guía están dirixidos ao A guía didáctica presenta unha sinxela alumnado que cursa Bacharelato. estrutura onde se introducen diversos contidos tales como conceptos básicos de residuos, A guía ofrece ao equipo docente material para modelos de xestión de residuos urbanos a formación básica dos estudantes, tanto en existentes en Galicia e operativa do Complexo conceptos xerais de residuos como na xestión Medioambiental de Cerceda e da rede de dos mesmos acometida por SOGAMA. Débese Plantas de Transferencia. A primeira etapa, de ter en conta que esta guía didáctica e a lectura comprensiva, levarase a cabo no temática que aborda, dado o seu carácter horario dunha clase (50 minutos); mentres a transversal, pode ser tratada en calquera área segunda etapa, de actividades orientadas ao do currículo formativo, polo que sería afianzamento dos conceptos adquiridos polo interesante a implicación de todo o alumnado, realizarase no tempo equivalente a profesorado. outra clase (50 minutos). É importante tamén mencionar que a formación en canto á axeitada xestión de AVALIACIÓN residuos non é unha cuestión específica da escola, polo que a información e participación A través das actividades propostas, o do ámbito familiar será de gran apoio para que profesorado poderá avaliar os coñecementos os escolares interioricen as boas prácticas cos que contan os alumnos en materia de medioambientais. xestión e tratamento de residuos por parte de SOGAMA. METODOLOXÍA A presente guía está deseñada e enfocada cara a formación previa do alumnado antes da visita á infraestrutura industrial de Sogama. O emprego da mesma permitirá que os escolares afiancen coñecementos básicos sobre os residuos e a súa axeitada separación, así como sobre o labor de Sogama. A guía débese abordar mediante unha lectura comprensiva da mesma na que participen profesor e alumnos, constituíndose no primeiro achegamento ás instalacións desta entidade pública. A realización das actividades propostas na última parte deste documento servirá para asimilar e relacionar a información aportada. www.sogama.es
  • 5. CONTIDOS CONCEPTOS BÁSICOS ¿Que son os residuos urbanos? Os residuos urbanos son “aqueles xerados nos ¿Que é SOGAMA? domicilios particulares, comercios, oficinas e SOGAMA é unha empresa pública autonómica, servizos, así como todos aqueles que non creada no ano 1992 e participada nun 51% pola teñan a cualificación de perigosos e que, pola Xunta de Galicia e no 49% restante polo grupo súa natureza ou composición, sexan Gas Natural. asimilables aos producidos nos anteriores lugares ou actividades”. A prioridade de SOGAMA é a xestión e o tratamento sostibles dos residuos urbanos Teñen tamén a consideración de residuos producidos en Galicia. urbanos os seguintes: SOGAMA participa tamén en actividades · Os residuos procedentes da limpeza de vías destinadas á protección e conservación do públicas, zonas verdes, áreas recreativas e medio ambiente en xeral. praias. · Animais domésticos mortos, así como mobles, ¿Que son os residuos? utensilios e vehículos abandonados. · Residuos e escombros procedentes de obras Un residuo é “calquera substancia ou obxecto menores de construción e reparación do que o seu posuidor se desprenda ou teña a domiciliaria. intención ou obriga de desprenderse”. * Para máis información ver a Ley 10/1998 (estatal), de ¿Cantos residuos urbanos se producen e de 21 de abril, de Residuos, ou a Lei 10/2008 que están compostos? (galega), de 3 de novembro, de residuos de O aumento do nivel de vida e as prácticas de Galicia. consumo vinculadas á adquisición de produtos de “usar e tirar” supuxeron a transformación ¿Como se clasifican os residuos? dos hábitos de comportamento da poboación, Os residuos pódense clasificar: sen ter en conta a repercusión sobre o medio ambiente (contaminación, esgotamento de · Segundo o risco para a saúde ou o medio recursos naturais...), dando lugar a ambiente, en: modificacións na xeración e composición dos - Inertes. residuos urbanos. - Perigosos. - Radioactivos. Segundo o novo Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 (en exposición · Segundo a súa natureza física ou estado, en: pública), en Galicia xéranse 1,216 quilogramos - Sólidos. de residuos urbanos por habitante e día, o que - Líquidos. supón que cada un de nós orixina unha media - Gasosos. de 444 quilogramos ó ano de residuos. · Segundo a súa orixe ou lugar de xeración, en: - Agropecuarios. - Mineiros. - Industriais. - Sanitarios. - Urbanos. www.sogama.es
  • 6. CONTIDOS A composición media dos residuos urbanos en Galicia, segundo o citado Plan, é a reflectida no seguinte gráfico. OUTROS 15,43% VOLUMINOSOS FRACCIÓN ORGÁNICA 4,22% 41,63% VIDRO 6,35% PAPEL E CARTÓN 17,65% ENVASES LIXEIROS 14,72% Os “tres erres” Un dos maiores retos que existen na actualidade é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e cambiar a tendencia crecente dos últimos anos caracterizada pola excesiva produción dos mesmos. O principal instrumento neste sentido é a aplicación da estratexia dos “3 erres”: - REDUCIR: a redución radica en cambiar a conduta cotiá para xerar unha menor cantidade de residuos. Debemos adoptar hábitos de “non desperdicio”, incrementar o emprego de envases retornables, rexeitar as bolsas da compra, evitar produtos de usar e tirar... - REUTILIZAR: consiste en empregar as cousas en varias ocasións tentando darlles a máxima utilidade antes de convertelas nun residuo. Hai obxectos que poden ser empregados por outras persoas (libros, roupa...) e outros teñen usos alternativos (botellas, SOGAMA engade un cuarto “R”, tarros, caixas de cartón...), o que supón empregalas que é a Recuperación enerxética da para usos non previstos nun primeiro momento. parte non reciclable dos residuos. - RECICLAR: a reciclaxe é o aproveitamento dos materiais contidos nos residuos para elaborar novos produtos, o que contribúe á preservación dos recursos naturais e ao aforro do consumo de auga e enerxía. A reciclaxe dos residuos urbanos precisa da colaboración dos cidadáns nos sistemas de recollida selectiva. Planta Termoeléctrica www.sogama.es
  • 7. CONTIDOS MODELO SOGAMA Os concellos participantes no modelo SOGAMA dispoñen de distintos colectores para a recollida selectiva: COLECTORES RESIDUOS CONDICIÓNS DE DEPÓSITO ENVASES DE VIDRO Sen tapóns, cortizas ou tapas - Botellas de vidro Non depositar lámpadas, espellos, - Tarros e frascos de vidro cristais de ventás, louza ou vasos Colector vidro PAPEL E CARTÓN - Envases / caixas de cartón Sen bolsas de plástico - Bolsas de papel Sen papeis ou cartóns sucios - Papel de envolver limpo Sen grapas, espirais... - Follas, xornais, revistas, cadernos... Colector papel/cartón ENVASES LIXEIROS Non depositar residuos que non sexan - Botellas e botes de plástico envases (bolígrafos, xoguetes...) - Envoltorios de plástico ou aluminio nin envases de residuos industriais, - Latas de conserva e bebida hospitalarios ou perigosos (botes de - Briks de zume, leite... pintura, medicamentos, latas de - Bandexas de porexpan ou cortiza branca aceites de coche.) Colector amarelo RESTO - Residuos orgánicos Non depositar materiais que dispoñen - Cueiros, compresas ou papeis sucios dun proceso de recollida selectiva - Outros residuos sen un proceso nin residuos voluminosos de recollida selectiva Colector xenérico Os residuos que os cidadáns depositan nos tren ou camión, e en axeitadas condicións colectores habilitados na vía pública son hixiénicas e de seguridade, ao Complexo recollidos de xeito separado polos propios Medioambiental de Cerceda. concellos ou empresas designadas, transportando os envases de vidro e o papel e Ademais dos colectores instalados na rúa, cartón directamente aos centros de reciclaxe. moitos dos Concellos contan cunhas instalacións chamadas “puntos limpos”, nas Os residuos dos colectores amarelos e cales os cidadáns poden depositar residuos xenéricos (estes últimos habitualmente de cor que precisan dunha xestión específica, ben verde) trasládanse por parte dos servizos de polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou recollida municipal á planta de transferencia pola súa composición (pilas, fluorescentes, máis próxima, onde se traspasan a colectores aceites, disolventes e outros residuos de maior capacidade para desprazalos, por perigosos). www.sogama.es
  • 8. CONTIDOS COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA · Planta Termoeléctrica: O CDR introdúcese en dúas caldeiras de leito O Complexo Medioambiental de SOGAMA en fluído circulante e queimase en presenza de Cerceda ten unha capacidade de tratamento osíxeno e a temperaturas superiores a 850ºC, de entre 500.000 e 550.000 toneladas de diminuíndo así a emisión de dioxinas e furanos. residuos ao ano, contando –entre outras– coas Ademais, nesta instalación, que conta cunha seguintes instalacións: potencia instalada de 50 MW, producindo enerxía eléctrica suficiente para abastecer · Planta automatizada de clasificación de 100.000 vivendas, utilízanse innovadores envases lixeiros: sistemas de depuración de gases tales como É a única instalación do Complexo onde se cal apagada, carbón activo e filtros de mangas, xestiona a bolsa amarela. Os residuos que permiten que os niveis de emisión á procedentes dos colectores amarelos (bolsa atmosfera estean moi por debaixo dos límites amarela) descárganse e son clasificados legais, garantindo un proceso totalmente mecanicamente mediante correntes de respectuoso co medio ambiente e a saúde das Foucault, electroimáns e lectores ópticos persoas. segundo os diferentes tipos de materiais: aluminio, ferro e os distintos tipos de plástico A media das emisións á atmosfera no primeiro respectivamente. Unha vez separados, pasan semestre de 2010 son as seguintes: pola inspección dos traballadores para corrixir posibles erros, sendo inmediatamente Cantidades Cantidades prensados e embalados para remitir aos Emisións Unidades emitidas emitidas Límite legal centros de reciclado. (caldeira A) (caldeira B) Partículas mg/Nm3 1,98 0,72 30 · Planta de Elaboración de Combustible Derivado de Residuos: NO2 mg/Nm3 95,8 86,3 400 É onde se reciben os residuos depositados SO2 mg/Nm3 6,68 2,74 200 pola cidadanía nos colectores xenéricos (bolsa negra), introducíndoos nuns fosos de grandes CO mg/Nm3 16,52 16,38 100 dimensións. Aquí, tras separar mecanicamente os metais (ferro e aluminio), comeza un COT mg C/Nm3 3,12 2,24 20 proceso de acondicionamento (triturado e Dioxinas e furanos ng (concentración) ITEQ/Nm3 0,03 0,01 0,1 secado) dos residuos non reciclables para convertelos nun combustible, o Combustible HCI mg/Nm3 2,24 2,78 60 Derivado de Residuos (CDR), que se emprega HF mg/Nm3 <1 1 4 logo na Planta Termoeléctrica. Cd + TI mg/Nm3 <0,02 <0,02 0,05 · Planta de Coxeneración: Emprega gas natural para producir enerxía Hg mg/Nm3 <0,01 <0,01 0,05 eléctrica e calor para o secado do CDR. Conta Sb+As+Pb+Cr+Co mg/Nm3 0,09 0,08 0,5 +Cu+Mh+Ni+V con 6 motores cunha potencia instalada de 22 MW. Ademais, o Complexo conta cunha serie de instalacións auxiliares como son as balsas de pluviais, tres depuradoras (dúas biolóxicas e unha fisicoquímica), un depósito controlado para as cinzas resultantes da valorización enerxética, e outro depósito para as escouras, así como un sistema de lavado de gases. www.sogama.es
  • 9. ACTIVIDADES ACTIVIDADE 1 Nome da actividade: Comprobación dos diferentes plásticos Lugar de realización: Aula Explicación da actividade: ¿Reparaches algunha vez na cantidade de plásticos Planta de Clasificación de Envases de SOGAMA. que existen? Antes de envialos aos distintos centros Coa realización desta actividade tes que determinar de reciclaxe, os plásticos deben ser separados en dez minutos de que tipo de plástico (PET, PEBD, segundo a súa tipoloxía. Esta é a tarefa realizada na PEAD, PVC, PP, PS) está feito cada un dos obxectos que se sinalan na seguinte táboa. OBXECTO TIPO DE PLÁSTICO Botella de auga Bolsa Botella de lixivia Botella de aceite Papel film Bote de xel www.sogama.es
  • 10. ACTIVIDADES ACTIVIDADE 2 Nome da actividade: Explicación da actividade: Redacción sobre os residuos e a súa xestión En 10 páxinas como máximo (1.500 palabras) fai unha redacción sobre o que aprendiches nesta guía: ¿que Lugar de realización: son os residuos?, ¿como é a súa correcta Aula separación?, ¿que é SOGAMA?, ¿como concienciarías á xente en canto á conveniencia de reducir, reutilizar e separar para reciclar? Expón aqueles aspectos da xestión do lixo que che gustaría ver e aprender na visita ás instalacións de SOGAMA. ACTIVIDADE 3 Nome da actividade: Explicación da actividade: Investigación sobre a xestión dos residuos urbanos en Como puideches comprobar, debido ao noso cambio España e en Europa de vida e de hábitos de consumo cada vez xeramos máis residuos, moitos deles son reciclables. Lugar de realización: Recompila, a través de internet, estatísticas sobre a Aula xestión dos residuos urbanos en España e en Europa, sinalando a fonte (INE, Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino...). Compara os resultados obtidos cos dos teus compañeiros e identifica as principais variables de interese. www.sogama.es
  • 11. GLOSARIO DE TERMOS · Biodegradable: · Lector óptico: Que pode ser descomposto polas bacterias e En plantas de clasificación de residuos, son outros organismos da natureza. equipos que empregan infravermellos para identificar os distintos tipos de materiais en · Cinza: función da súa densidade e cor, permitindo a Residuo pulverulento dunha combustión súa posterior separación mediante golpes de formado polas substancias minerais non vento. volátiles presentes no combustible. · Colector: · Materiais férricos e materiais alumínicos: Son aqueles nos que o ferro ou o aluminio Recipiente de metal ou plástico disposto para o constitúen o seu elemento principal, podendo depósito de residuos e a súa recollida. presentar ademais outros elementos. · Correntes de Foucault: · Materia orgánica: Fenómeno eléctrico empregado nas plantas de En relación cos residuos, restos de alimentos clasificación de envases para xerar un campo de orixe animal ou vexetal facilmente que repele os materiais que conteñen aluminio, fermentables e susceptibles de compostar, é permitindo a súa segregación do resto. dicir, de transformar en abono natural. · Dioxinas e furanos: · Medio ambiente: Son compostos químicos xerados a partir de Conxunto de circunstancias físicas, culturais, procesos de combustión que implican ao cloro. económicas e sociais nas que vive unha persoa Son estables quimicamente, pouco ou unha poboación. biodegradables e moi solubles nas graxas, tendendo a acumularse en solos, sedimentos e · Planta Termoeléctrica: tecidos orgánicos, podendo penetrar na cadea Instalación empregada para a xeración de alimentaria. enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en forma de calor de determinados combustibles. · Electroimán: No caso da planta de Sogama, emprégase o Imán artificial que xera un campo magnético combustible derivado de residuos (CDR). eléctrico intermitente. · Escouras: · Planta de Transferencia: Tamén denominadas estacións de Referido á incineración de residuos, son os transferencia, son instalacións destinadas ao residuos sólidos (pedras, vidros, cerámica...) transvase dos residuos urbanos desde os que non arden na caldeira. camións de recollida domiciliaria a colectores · Foso: de transporte de gran capacidade. Concavidade ou fondura que serve de almacén temporal dos residuos procedentes da bolsa · Recollida selectiva: Sistema de recollida separada dun negra. determinado tipo de residuo susceptible de · Hábito: reciclar ou valorizar independentemente do Acción que se realiza de xeito regular e por resto. costume, normalmente pola frecuente repetición da mesma. www.sogama.es
  • 12. RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA As principais indicacións que debedes ter en Ademais: conta á hora de visitar as instalacións de Sogama son as seguintes: · O condutor do autobús debe aparcar o vehículo fronte ás oficinas do Complexo, sen · Traede calzado pechado, senón non molestar ao tránsito doutros vehículos. No poderiades acceder ás mesmas. recinto do Complexo, o autobús non pode circular a máis de 30 km/h. · Apagade os móbiles, pódense deteriorar. · En caso de que algunha persoa portase · No percorrido polas instalacións non podedes marcapasos e/ou aparatos similares, ten que comer, nin beber, nin fumar. comunicarllo ao guía da visita antes do inicio · Seguide en todo momento as instrucións dos desta e seguir as súas indicacións. guías de Sogama. · Daránsevos medidas de protección, que tedes que empregar e devolver en bo estado. Nas instalacións é obrigatorio o uso de casco e chaleco, agás dentro do autobús. · Se no percorrido vos perdedes e desligades do grupo, comunicádeo ao primeiro traballador que encontredes. · Non toquedes/manipuledes ningún obxecto das instalacións. Está prohibido tocar residuos ou sacar estes fóra do Complexo. · Non toquedes nin vos acheguedes a equipos e vehículos en movemento. · Non vos situedes baixo cargas suspendidas. www.sogama.es
  • 13. CONTIDOS MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO Neste modelo, os envases lixeiros sepáranse para enviar aos centros recicladores, e os DE RESIDUOS EN GALICIA residuos que non poden ser reciclados aprovéitanse para xerar enerxía eléctrica O sistema de xestión e tratamento de residuos renovable (valorización enerxética). urbanos maioritario en Galicia é o modelo SOGAMA, asociado ao Complexo En Galicia existen ademais outras dúas plantas Medioambiental de Cerceda e á rede de de tratamento que están orientadas a un Plantas de Transferencia distribuídas polo modelo de recollida diferenciada de residuos conxunto do territorio galego. A este sistema orgánicos e residuos inorgánicos. Trátase das están adheridos 294 concellos galegos, que plantas de: supoñen arredor do 82% dos residuos urbanos producidos na nosa Comunidade. · Nostián, que xestiona os residuos urbanos da cidade de A Coruña e área metropolitana Este modelo supón a recollida diferenciada dos (Consorcio de As Mariñas), aglutinando a un envases lixeiros (colector amarelo) e da total de 9 concellos. fracción resto (colector xenérico), a maiores da recollida selectiva doutros materiais (envases · Lousame, que xestiona os residuos urbanos de vidro, papel e cartón, pilas, voluminosos...). de 9 concellos que constitúen a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. 1· Modelo SOGAMA 2· Modelo Nostián 3· Modelo Lousame www.sogama.es
  • 14. CONTIDOS REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA Actualmente, o territorio galego conta con 37 plantas de transferencias, das cales un total de 20 están baixo a titularidade de SOGAMA. As plantas de transferencia son instalacións de funcionamento moi sinxelo. A súa operación realízase en catro fases: Fase I: O camión de recollida domiciliaria Fase II: Unha vez situado na posición correcta, accede ao recinto e, despois de ser pesado, realiza a descarga dos residuos sobre a tolva. sobe ata un andar superior. Fase III: Un sinxelo émbolo introduce os RU no Fase IV: Finalizada a descarga a instalación colector, sen empacamento nin apertura de queda pechada esperando a chegada do bolsas ou calquera outra manipulación. seguinte camión de recollida. www.sogama.es
  • 15. CONTIDOS RECICLAXE DOS ENVASES LIXEIROS Para acadar unha boa reciclaxe dos envases O plástico é un material altamente reciclable, lixeiros (bolsa amarela) é moi importante a permitindo un aforro considerable de petróleo, correcta separación en orixe, pois o proceso de aínda que non tódolos plásticos son iguais. Na reciclaxe realízase segundo os distintos tipos seguinte táboa recóllense os principais tipos de materiais. de plástico de uso doméstico e os seus usos. PRINCIPAIS TIPOS DE PLÁSTICO DE USO DOMÉSTICO SÍMBOLO DENOMINACIÓN OBXECTOS ORIXINAIS OBXECTOS RECICLADOS Sacos de durmir, anoraks, 1 Botellas de Polietileno Tereftalato alfombras, caixas, bebidas carbónicas solas de zapatos... PET Sacos industriais, 2 Produtos de limpeza Polietileno de Alta Densidade envases de deterxentes, e envases de cosméticos cubos, bidóns... PEAD Botellas de produtos de 3 Canalizacións, fibras, Policloruro de vinilo limpeza, xampú, aceites, solas e perfís... embalaxes... PVC 4 Polietileno Bolsas, películas, Bolsas para o lixo, de Baixa Densidade sacos, bidóns... canalizacións de rego, perfís... PEBD 5 Polipropileno Tapóns Caixas PP 6 Poliestireno Vasos, tarros e embalaxe Bandexas, papeleiras PS O aceiro e o aluminio, que conteñen os Os briks son envases formados por unha envases metálicos, son materiais reciclables lámina múltiple que pode combinar tres tipos polo que se envían aos centros recicladores de materiais (plástico, cartón e aluminio) e que onde se transforman en materia prima. O se poden aproveitar conxuntamente (para a aproveitamento destes metais é amplo e deles fabricación de aglomerado para mobiliario) ou pódense obter tubos de escape, bombonas de de forma separada (aproveitando o cartón para gas, estantes, novas latas, parafusos, fabricar bolsas, sacos e cartón ondulado). bicicletas, motores... www.sogama.es
  • 16. CONTIDOS MATERIAIS E RECURSOS Os principais enlaces onde se pode ampliar a información tratada na presente guía son os seguintes: www.sogama.es http://sirga.medioambiente.xunta.es www.ecoembes.com www.ecovidrio.com www.ecopilas.es www.marm.es www.sigre.es www.sogarisa.es/ Únete á rede social de Sogama no eido da educación ambiental. Interésanos a túa opinión. Apúntate aquí. Ademais, pódese completar información coa - Real Decreto 252/2006, do 3 de marzo, polo lectura e coñecemento da lexislación vixente que se revisan os obxectivos de reciclado e na materia, resaltando a seguinte normativa: valorización establecidos na Lei 11/1997, e polo que se modifica Regulamento para o seu - Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo desenvolvemento e execución, aprobada polo e do Consello, do 19 de novembro de 2008, Real Decreto 782/1998, do 30 de abril. sobre os residuos. - Real Decreto 782/1998, do 30 de abril, polo - Directiva 2004/12/CE do Parlamento Europeo que se aproba o regulamento para o e do Consello, do 11 de febreiro de 2004, pola desenvolvemento e execución da Lei 11/97 de que se modifica a directiva 94/62/CE relativa envases e residuos de envases. aos envases e residuos de envases. - Lei 11/1997, do 2 de abril, de envases e - Lei 10/1998, do 21 de abril, básica de residuos. residuos de envases. - Plan Nacional Integrado de Residuos - Lei 10/2008, de 3 de novembro, de residuos (2008-2015). de Galicia. - Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 (en exposición pública). www.sogama.es
  • 17. GLOSARIO DE TERMOS · Retornable: Que se pode volver a levar ao sitio de onde saíu. · Tratamento de residuos: Operación ou conxunto de operacións de cambio das características físicas, químicas ou biolóxicas dun residuo para reducir ou neutralizar as substancias perigosas que contén, recuperar materias ou substancias valorizables, facilitar o uso como fonte de enerxía ou favorecer a súa eliminación. · Valorización: Considérase o procedemento que permite o aproveitamento dos recursos contidos nos residuos sen poñer en perigo a saúde humana e sen empregar métodos que poidan causar dano ao medio ambiente. · Vertedoiro: Lugar final de disposición dos residuos, ao cal só deberían chegar residuos que non puideran ser reutilizados, reciclados ou valorizados. · Xestión de residuos: Conxunto de operacións encamiñadas a dar aos residuos xerados o destino global máis adecuado desde a dimensión ambiental, económica e social. Comprende as operacións de depósito previo, recollida, transporte, almacenamento temporal, aproveitamento, valorización e eliminación. www.sogama.es