Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
A gaita galega
1. COLEXIO MARISTA EL PILAR- VIGO
DIEGO CRISTOBORODRÍGUEZ
3º B PRIMARIA
A GAITA GALEGA
2. A gaita galega
A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia, norte de Portugal,
occidente de Asturias e o Bierzo.
É o símbolo por excelencia da música tradicional galega.
Partes da gaita galega:
O soprete, o fol, o punteiro, o ronquillo, o roncón e dentro do roncón estarían as primas
ou espigos:
–O soprete serve para introducir o aire no interior do fol.
– O fol é o saco de aire que recolle todo o aire que intoducimos nel e que reparte o aire
por todas as partes da gaita cando o apretamos.
– O punteiro é a parte da gaita que fai soar a melodía, no seu interior ten unha palleta
feita de cana.
– O ronquillo é un elemento sonoro que fai ó instrumento máis doce. No seu interior
ten un pallón que polo xeral está feito de cana, pero agora tamén os hai sintéticos, feitos
de plástico.
– O roncón é o primeiro elemento sonoro que se lle introduciu á gaita, este é máis
grande ca o ronquillo, polo que fai un son moito máis grave e está formado por dúas
partes ás que chamamos primas ou espigos, cada un deses espigos afina unha das mans
do punteiro.
3. O roncón componse de tres pezas: a tercia, ou parte final, por onde sae o son que
remata na copa, a segunda e a prima. O ronquete está composto de dúas pezas
respectivamente, copa e prima. O ronquillo é de unha soa peza.
O roncón, o ronquete e o ronquillo afínanse á nota do punteiro escorregando
telescopicamente as súas partes compoñentes, de tal maneira que o tubo resultante é
máis longo ou máis curto, adecuándose así á altura da nota emitida.
As gaitas adórnanse con gravuras sobre a madeira, deseños sobre o
fol, farrapos e borlas. As cores máis empregadas son o negro con verde e vermello. A
gaita galega adoita ser construída con madeira de buxo, pau santo e granadillo.
As buxas (os tubos que conectan as pezas) fixéronse tradicionalmente de corno ou
madeira de buxo, mais os modelos en metal ou marfil (ou de imitación) son cada vez
máis frecuentes. Na actualidade utilízanse foles de gore-tex, pallóns sintéticos, válvulas
máis incrementadas, estabilizadores de bordóns e controladores de humidade interna da
bolsa.
Postura para tocar
Os gaiteiros insisten na dignidade do seu oficio, que se debe transmitir cunha postura
correcta: a cabeza erguida, o fol ben situado baixo o brazo, o roncón nunca paralelo ao
chan, o soprete ben colocado na boca e esta nunca
inchada co aire que se ha de soprar.
e Carlos Núñez