3. PRIMEIRA FASE: prepara o camiño
Visita ao Mosteiro e credencial de peregrino.
Le atentamente o texto.
MOSTEIRO DE SOBRADO DOS MONXES
Na provincia da Coruña. Lonxe do mar. Nas terras do interior. Onde calla a neve.
Deitado nas ladeiras suaves de montañas antiguas, dormevive, con certo aire de
intemporalidade, o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Ten a súa orixe no século X. En 1147 o papa Uxío III confirma a súa fundación; en
1498 únese á congregación reformada do Cister; entre os anos 16001700 fanse nel
grandes obras e reformas; en 1834 unha Real Orde elimina o Cenobio, o cal fai que o
,
mosteiro quede abandoado; en 1945 comenza a súa restauración e en 1966 volve a
establecerse nel unha comunidade de monxes procedentes da Abadía de Viaceli
(CóbrecesCantabria).
Tres claustros,o dos peregrinos, sobrio e sinxelo,onde hai un albergue para peregrinos
,con dúas plantas ( Sobrado é un dos lugares senlleiros do Camiño do Norte), o dos
Medallóns, máis rico e fermoso; e o da comunidade, moito máis grande que os outros
dous.
Unha igrexa grandiosa, fachada principal, obra de Pedro Monteagudo, feita alá polos
arredores de 1680; planta de cruz latina, con tres naves; cúpula ricamente decorada;
sacristía do séculoXVI, sorprendente tamén pola súa decoración e pola súa cúpula; e a
capela do Rosario do século XVII, onde o barroco é máis barroco ca nunca,
destacando á súa entrada a súa cúpula; e a capela de San Xoán Bautista, do século
XII, a parte máis antiga que se conserva neste Mosteiro. A luz da tarde entra polas
"linternas". Hai unha forza irresistible que nos empuxa a mirar cara arriba,cara o teito,
buscando un ceo debuxado nas pedras.
E dentro unha comunidade. Monxes que rezan, traballan,estudian...Monxes que
cantan esculpindo almas nas pedras...
Que ben soa neste marco a lingua galega!!!
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón
que nos guste o que facemos" (GOETHE)
Clica aquí para ver o video
Mosteiro de Sobrado
6. SEGUNDA FASE: un pouco de historia
Le atentamente os textos.
A historia do Camiño de Santiago remóntase ao século IX. Son moitas lendas as que hai sobre este famoso
camiño, pero o certo é que ano tras ano, cada vez máis peregrinos, polos motivos que sexan, van en busca dun
estreitamiento de lazos co Apóstolo Santiago o Maior, gran amigo de Xesús, e morto por decapitación baixo as
ordes de Herodes Agria I.
Hai moitos porqués e moitas maneiras de facer o Camiño de Santiago.
• O ¿por qué facer ol Camiño de Santiago?, recibe unha resposta tan amplia, como distintas poden ser as
motivacións que leven a peregrinar. Promesas, peticións, aventuras, rogos, esperanzas...
• Maneiras de facer o Camiño de Santiago; en bici, o que require unha preparación física especial, igual que
a propia bici. A cabalo. Andando, maneira máis habitual. Dende Francia, dende España...dende onde sexa.
Unha das cousas máis especiais do Camiño de Santiago é a Certificación oficial que se entrega ao final do
traxecto, "A Compostela". Para obtela é necesario haber percorrido a pé ou a cabalo alomenos 100 km ou 200
km en bicicleta. Na Credencial do peregrino, que se pode obter ao inicio do Camiño, pedindoa nas parroquias ou
albergues, iranse poñendo selos ou firmas por cada parroquia, refuxio ou albergue do pobo que se atravese.
As 7 rutas históricas polas cales pode realizarse o Camiño de Santiago son:
• Camiño Francés: A máis famosa, aquela pola cal, a maior parte dos peregrinos fan o camiño.O itinerario
que segue entra a España por Roncesvalles e Sompot, situado nos Pirineos e pasa por Aragón, Navarra, A
Rioxa, Castela e a Mancha e entra en Galicia por O Cebreiro.
• Camiño Inglés: Corresponde aos peregrinos do Norte de Europa e de Inglaterra, que facían unha
peregrinaxe dividida en 2 etapas, unha por mar e unha vez desembarcados no Porto de Ferrol ou no de A
Coruña, seguían ata a Catedral a pé.
• Camiño Portugués: Discurre desde Portugal ata Tui.O itinerario que sigue é Tui, O Porriño, Mos,
Redonda, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures, Padrón,
Rois, Teo y Arnes, ata Santiago. Esta ruta pode unirse por Verin ao Camiño Sureste.
• Camiño SuresteVía da Prata:Procedede Sevilla, Mérida, Zamora. Esta ruta unha vez que entra a
Galicia por Ourense, atravesa moitos dos seus pobos ata chegar a Santiago. A entrada a Galicia faise dende
A Mezquita ou dende A Gudiña.
• Camiño de FisterraMuxia: Data da Edade media, cando os peregrinos seguían despois de haber
acadado Santiago, ata Fisterra, considerado a fin do mundo.
• Camiño Norte: Dende a costa pasando por Ribadeo entra en Galicia, ou dende o interior pasando por A
Fonsagra. Unha vez en Irún, vanse atravesando Euskadi, Cantabria e Asturias.
• Ruta Marítima de Mar de Arousa e Río Ulla: Esta ruta segue o mesmo itinerario que o camiño
portugués.É importante porque conmemora a chegada do Apóstolo Santiago dende Palestina.
Se queres saber máis clica na cuncha.
8. Completa cos nomes dos camiños.
CAMIÑO ............................................
CAMIÑO ............................................
CAMIÑO ............................................
CAMIÑO ............................................
CAMIÑO ............................................
CAMIÑO ............................................
CAMIÑO ............................................
Cal é o noso camiño? .....................................................
9. SOPA DE LETRAS
C D G U Q L E H O
O P I F B J M G N
M R W G E R A T I
P A I J O I P A R
O T F K T G H J G
S A P N Z X C V E
T E A H M Q E R R
E S J M A T A L E
L E F N A S L V P
A P E Ñ O M X S G
• Nome das persoas que fan o camiño
• Onde remata o camiño?
• Vía da ...
• Como se chama o certificado do peregrino?
Clicade aquí e selade a credencial.
10. A mochila do peregrino
Mete na mochila seis obxectos que consides máis importantes:
lanterna
credencial
bolígrafo compás
saco
gorra
pilas botas
bastón
cantimplora móbil
cámara fotos
chubasqueiro
almofada
• Aconsellan que a mochila dun pregrino non debe sobrepasar o 10 % do seu peso. Calcula o peso da túa
mochila.
Eu peso..............................................
O 10% do meu peso é................................
Amiña mochila debe pesar..........................
15. Poesía no Camiño de Santiago.
Un pouco antes de chegar a Nájera, beira do Camiño, nunha parede, está escrito este fermoso poema:
POEMA DEL CAMINO DE SANTIAGO, Eugenio Garibay (párroco)
Polvo, barro, sol y lluvia
es Camino de Santiago.
Millares de peregrinos
y más de un millar de años.
Peregrino, ¿Quién te llama?
¿qué fuerza oculta te atrae?
Ni el campo de las estrellas,
ni las grandes catedrales.
No es la brava Navarra,
ni el vino de los riojanos,
ni los mariscos gallegos,
ni los campos castellanos.
Peregrino, ¿Quién te llama?
¿qué fuerza oculta te atrae?
Ni las gentes del camino,
ni las costumbres rurales.
No es la historia y la cultura
ni el gallo de La Calzada
ni el palacio de Gaudí
ni el castillo de Ponferrada.
Todo lo veo al pasar
y es un gozo verlo todo,
más la voz que a mi me llama
la siento mucho más hondo.
La fuerza que a mi me empuja,
la fuerza que a mi me atrae
no sé explicarla ni yo.
¡Sólo el de Arriba lo sabe!
Contesta as seguintes preguntas sobre o poema.
• Cantas estrofas ten? _________________________
• Cantos versos ten cada estrofa?_________________
• Cantos versos ten o pema? ____________________
• A rima é asonante ou consonante? _______________
Clicade aquí e selade a credencial.
18. PRIMEIRO TRAMO
SOBRADO ARZÚA
Distancia: 19 km
Saíndo de Sobrado, a ruta continúa ata Vilarchao, Peruxil e Carelle e chega ao lugar de Corredoiras, pasando por unha encrucillada de
camiños antes de adentrarse no concello de Boimorto a través de Gándara.
O Camiño Norte únese finalmente co Francés en Arzúa.
Fíxate no mapa da esquerda pon puntos nos lugares de paso do primeiro tramo do camiño no mapa da dereita.
Logo une con rotulador o tramo.
Saímos de Sobrado pola estrada, pero pronto tomamos
un atallo para acortar hasta Castro. Desta localidade
saímos polo camiño e iniciamos o suave descenso que
caracteriza esta etapa. Por estrada secundaria
chegamos a Badelos, por camiño primeiro e por
estrada despois a Corredoiras, cruzamos a perigosa
estrada C540 e chegamos a Boimil. Seguindo pola
estrada, chegamos a Boimorto, desde onde se nos
ofrece a variante de O Pino para non pasar por Arzúa.
En caso contrario, seguimos polo camiño sinalizado,
que nos leva por estrada en suave descenso ata
Sendelle. Por estrada e posteriormente por unha
cómoda pista acercámonos a Arzúa. O refuxio, xa no
Camiño Francés,atópase no centro da cidade.
19.
20. SEGUNDO TRAMO
ARZÚA PEDROUZO
Distancia: 19,20 km
Neste tramo o Camiño adéntrase de novo entre prados, carballos e eucaliptos que arrodean pequenas aldeas, algunhas
con topónimos de resonancia xacobea: A Calzada, A Calle, Ferreiros, A Salceda, A Brea, Santa Irene, A Rúa, ésta xa ás
portas de Arca , capital do concello de O Pino, o último antes de Santiago.
En xeral a etapa transcorre por camiño de terra, con tramos por secundarias e tamén por sendeiros paralelos á estrada.
Bastante igualada en canto a ascensos e chairas e moi ben sinalizada de principio a fin. En case todos os pobos hai
lugares en donde tomar algo e fontes a intervalos regulares.
O Camiño abandona Arzúa por unha pequena estrada que deixa atrás a comarca de Arzúa para entrar en O Pino. Cruza a
estrada xeral por debaixo (túnel) na comarca de Arzúa e logo volve a cruzarse con ela a altura de Santa Irene, onde se
atopa o albergue publico e unha bonita capela.
Seguindo o Camiño, dende a súa entrada en O Pino destacan grandes tramos que se internan por bosques de
eucaliptos e replantación de pinos e abetos en filas simétricas, o que produce un curioso efecto visual.
Curiosamente, en case ningunha das aldeas que atravesa a etapa hai carteis indicadores mostrando os seus nomes.
Para saber onde se está hai que buscar nos miliarios que marcan o Camiño.
Fíxate ben no mapa da esquerda e pon puntos nos lugares de paso do segundo tramo do camiño no mapa da páxina
seguinte. Logo une con rotulador o tramo.
23. Desde O Pedrouzo, un longo e cómodo ascenso entre eucaliptos da paso
ao Alto da Labacolla e nesta localidade iníciase a subida ao Monte do Gozo
pasando pola poboación de San Marcos. Boa parte deste tramo hai que
facela por asfalto, pero a seguridade de que Santiago de Compostela está
cerca, suple as últimas penurias do peregrino.
Clicade aquí e selade a credencial.
24. Fíxate nos gráficos de perfil dos tramos do noso percorrido. Representan a altitude ou altura do terreo en
metros e a distancia á que están dos puntos de principio e de final do tramo.
• Marca o punto de maior altitude de cor vermello e o de menor altitude de cor verde.
• Traza as liñas vertical e horizontal desde eses puntos ata os eixes para obter a altura e a distancia (coordenadas)
• Contesta as seguintes preguntas:
Cal é a altura do punto máis alto? A que distancia está de Sobrado? _________________________________
Cal é a altura do punto máis baixo? A que distancia está de Arzúa? __________________________________
Repasa de cor amarelo as partes do percorrido que son chans.
28. TERCEIRA FASE: TRAMO A PÉ
Relaciona con cada imaxen un título e un pe de foto
O noso obxectivo está a punto de cumprirse. Sólo nos queda cubrir a etapa más gozosa de toda a Ruta
Xacobea. Atrás quedan todas las durezas do Camino ao alcanzar Santiago de Compostela e un relaxado
paseo nos levará ata o sepulcro do Apóstol Santiago. Desde a primeira avenida da cidade restan apenas
unha hora para chegar ao casco antigo da cidade. Ao alcanzar a Praza de San Pedro, apréciase unha
das torres da catedral. Santiago arroupa ao peregrino coas súas rúas e conduceo hacia a Praza do
Obradorio onde agarda a maxestuosa Catedral de Santiago. Nestos momentos ponse fin a unha viaxe
que culmina ao abrazar o busto do santo e visitar a súa tumba. A meta está alcanzada.
• Calcula o total de Km do Camiño dende Sobrado ata Santiago.
____________________________________________________
• É Ano Santo cando o día 25 de xullo, día de Santiago Apóstol é domingo.
Cada século celébranse 14 Anos Santos cunha cadencia de 6 5 6 11 anos.
Se foron Anos Santos 1993, 1999, 2004 e 2010. Cando volverá ser Ano Santo?
________________________________________________________________
29. Relaciona con cada imaxen un título e un pe de foto
ABRAZO Á IMAXEN
DO APÓSTOL SANTIAGO
BOTAFUMEIRO A PORTA SANTA MATAMOUROS
Un dos Símbolos máis coñecidos de
Está situada encima do Altar Maior da Santiago.É un incensario do S. XIX
Catedral. que naceu como remedio para
Existe un recorrido determinado. Como matamouros: Bandeira, alma e
perfumar e desinfectar a catedral tras patrón da Reconquista. Aparece
Despois do abrazo báixase a chegada dos peregrinos, xa que ata Está situada detrás do Altar
directamente ao sepulcro do Apóstol. Maior,entre as capelas do Salvador e montado a cabalo, coa espada en alto,
lles erapermitido dormir dentro se vencendo a varios guerreiros
chovía. da Virxen da Azucena. Ábrese cada
ano Santo, e os peregrinos entran por musulmáns.
ela á Catedral da Catedral.
Clica aquí para ver o video
Botafumeiro
30. Sobrado dos Monxes Arzúa O Pino
Contorno natural e pequenas aldeas neste
Vila de orixe medieval, nacida como lugar de repouso
Concello que é a antesala de Compostela.
para os peregrinos que se dirixían a Santiago polo
Camiño Francés.
Por esta zona, o Camiño transcorre por
A súa importancia na tradición xacobea queda recunchos de intensa beleza natural,
patente no feito de ser lugar de confluencia dos pasando por lugares como a ermida adicada
Mosteiro cisterciense fundado no ano 952 e camiños Norte, Primitivo e Francés. a Santa Irene, mártir portuguesa, cunha
declarado Monumento Nacional no 1931. Atópase na zona central de Galicia, cun territorio fonte barroca de augas curativas.
É unha das mostras máis representativas do dominado polo curso dos ríos Ulla e Tambre e a súa
barroco galego, con elementos renacentistas e rede de afluentes. O máis salientable: as fragas de
románicos moi ben conservados. No seu interior ribeira, as pequenas aldeas e as múltiples
funcionan unha hospedaría e albergue para construcións medievais conservadas. É zona de
elaboración de queixos amparados pola D.O. Arzúa
peregrinos.
Ulloa Este apreciado queixo caracterízase pola súa
forma cilíndrica, codia fina e elástica, amarela,
brillante, limpa e lisa. É un queixo de cor uniforme,
entre branco marfil e marelo pálido, de aspecto
brillante, sen fendas e con poucos ollos, pequenos e
de distribución irregular.O seu aroma é lácteo, con
matices a manteiga e iogur, e sutís toques a vainilla,
nata e noz.
Nesta vila celébrase cada ano unha multitudinaria
festa de exaltación deste queixo, cunha variada
programación de concertos que atrae a milleiros de
persoas.
31. Lavacolla (PedrouzoSantiago) Monte do Gozo Santiago de Compostela
Monolito esculpido co bordón, cabaza e vieira.
Atópase a uns 380m. É unha pequena elevación Anuncia a entrada a Santiago de Compostela.
dende a que os peregrinos obteñen por primeira vez a
Río Sionlla máis coñecido como Lavacolla. visión das torres da catedral de Santiago.
Regato que os antigos peregrinos utilizaban Dende o Ano Santo de 1993 converteuse en zona
para lavarse e purificarse antes de chegar a residencial para peregrinos e punto de partida do
Santiago de Compostela. tramo urbano que conduce finalmente ata as portas
da catedral compostelá.
Clica aquí para ver o video
Monte do Gozo
Clicade aquí e selade a credencial.
33. NORABOA!!! AQUÍ ESTÁ A COMPOSTELANA.
Certificamos que:
___________________________________________________
Demostrou coñecer moi ben o Camiño de Santiago e por tal
motivo emítese o presente certificado.
Animámoste a que fagas o verdadeiro Camiño de Santiago.
Santiago de Compostela, a 21 de maio de 2010.
Asdo.
A Titora
Clica aquí para ver o video Clica aquí para ver o video
Pórtico da Gloria Praza do Obradoiro
35. Historia das peregrinacións
As guerras, e as invasións de suevos, godos, visigodos, e musulmáns, serían a causa de que os restos do Apóstolo se
mantuvesen agochados durante séculos.
Conta a tradición que ó redor do ano 820 da era cristiana, un ermitán, que se chamaba Paio, viu no lugar de Solovio, no bosque de
Libredón, onde hoxe se atopa Santiago de Compostela, luces prodixiosas, que semellaban unha chuvia de estrelas nun pequeno
lumbeiro. E comunicóullelo ó bispo de Iria Flavia (lugar que hoxe se chama Padrón, no que naceu o premio nobel de literatura Camilo
José Cela). E Teodomiro que así se chamaba o bispo foise alá con un grupo de fieis, seguindo un camiño que lles ía marcando unha
estrela, e deron cunha cova, na que atoparon unha arca de mármore, dentro da cal estaban os restos do Apostol Santiago o Maior, o
fillo de Trueno, evanxelizador de España. Alí, naquel campo a onde os levou a estrela (Campus Stellae), nacería Santiago de
Compostela.
Catedral de Santiago de Compostela, dentro da cal se conserva o sepulcro do Apóstolo Santiago.
Por aquel entón a Península Ibérica estaba ocupada polos musulmáns. Os hispanos, refuxiados nas montañas do norte da
Península, formaron un pequeno reino en Asturias, dende onde enpezaron a Reconquista. Santiago aparece neste momento, e o 4 de
setembro do ano 829 Alfonso II, o Casto, rei de Asturias, manda construir no lugar onde apareceran os restos do apóstolo unha
igrexa, e nomea a Santiago Patrón de toda España.
Alfonso III (866910) mandou construír unha segunda basílica. Almanzor destruíuna. E San Pedro de Mezonzo (9971003) mandou
construir unha terceira.
No ano 1095 o papa Urbano II trasladou a sé episcopal dende Iria Flavia a Compostela.
Dende o momento en que apareceu a tumba de Santiago, moi pronto empezaron as peregrinacións a Compostela.
Durante a Idade Media os monxes da poderosa orde de Cluny fomentaron as peregrinacións e a Compostela chegaban peregrinos
procedentes de toda Europa e incluso de Oriente. No século XI os reis Sancho o Maior de Navarra e Alfonso VI de León estableceron
a traza do Camiño Francés.
Nos séculos XI e XII as peregrinacións a Santiago alcanzaron o momento de maior explendor. Os peregrinos eran considerados
como enviados de Deus, como homes diferentes e cun espíritu superior ó común.
Arredor do Camiño foron nacendo mosteiros e hospitais para acoller ós peregrinos. Incluso moitos pobos naceron por e para o
Camiño. E ainda hoxe hai pobos que teñen no Camiño a principal razón da súa existencia.
No século XII o crego francés Aymeric Picaud presentou o "Liber Sancti Iacobi", tamén coñecido como "Códex Calixtinus",
composto por cinco libros e varios documentos soltos. No libro V informase con detalle dos treitos do camiño, santuarios, fontes,
lugares para comer e hospedarse... os pobos, as xentes e os costumes locais.... Unha guia medieval para peregrinos.
O papa Calixto II (11181124) instituiu o "Ano Santo Xacobeo" outorgando o Xubileo (indulxencia plenaria) ós que peregrinasen a
Santiago nos anos nos que o 25 de xullo (día de Santiago) coincidise en domingo. Este privilexio foi confirmado polo seu sucesor
Alexandre III (11591181) na Bula Regis aeterni. Todo esto impulsou aínda máis as peregrinacións a Compostela.
Pero no século XIV a "peste negra", as guerras, e outras catástrofes que sufriu o continente europeo, fixeron que comezase a
decadencia das peregrinacións. E a partires do século XVI, despóis da Reforma Protestante, en España empezou a medrar a
desconfianza e o recelo respecto dos peregrinos que viñan dos países de Europa. Había medo de que trouxesen ideas "enemigas". E
continuou a decadencia da peregrinación a Compostela. Felipe II foi un dos que puxo máis atrancos á circulación de peregrinos, e, por
exemplo, no ano 1590, prohibíu o uso do traxe de peregrino por os naturais do país, e esixíu que os peregrinos extranxeiros trouxesen
documentos que os acreditasen.
A finales do século XVIII case que desapareceron as peregrinacións a Compostela, e o Camiño, o seu espíritu e a súa
infraestructura física e material, convertíronse pouco a pouco en ruinas cheas de vellas telarañas ignoradas e agochadas no casi
completo esquecemento.
No século XIX case que desapareceron de todo as peregrinacións a Compostela. E, por poñer un exemplo, cóntase que o 25 de
xullo de 1867 non había máis de 40 peregrinos na cidade de Santiago de Compostela.
Pero, como sempre, as cousas van e ven.
No Ano Santo de 1982 o papa Xoan Paulo II peregrinou a Santiago de Compostela. Na cripta da Catedral, fronte á tumba do
Apóstolo, púxose unha placa que reza: "Yo Obispo de Roma y Pastor de la Iglesia Universal, desde Santiago te lanzo, vieja Europa,
un grito lleno de amor: vuelve a encontrarte, se tu misma". El papa en su peregrinación a Compostela. 9 de noviembre de 1982.
Nos derradeiros anos do século XX e nos comenzos do XXI está rexurdindo con moita forza a peregrinación a Compostela, e
cada ano que pasa aumenta o número de peregrinos. Polos camiños físicos dende que empeza o ano ata que remata vese un regeiro
contínuo de persoas que camiñan cara Santiago, e polos camiños incorpóreos do pensamento o espíritu do Camiño de Santiago
estáse expallando polo mundo enteiro a través da literatura, da fotografía, do cine, das páxinas web, ... Estamos diante dun
rexurdimento espiritual de consecuencias incalculables.
As estadísticas existentes demostran que nos derradeiros 20 anos o aumento do número de peregrinos que chegan a Compostela
é alucinante. Nos anos 1985 e 1986 chegaban a Santiago menos de 2.500 peregrinos por ano. Pero o número de peregrinos foi
aumentando paulatinamente ano tras ano, e así, por exemplo, no ano 2002 (sin ser Ano Santo) chegaron a Santiago 68.952
peregrinos. Nos "Anos Santos" o número de peregrino é moito maior. E ademáis hai que ter en conta que moitos peregrinos fan
tramos intermedios do Camiño, sin chegar a Santiago, e non están contados nestas estadísticas.