SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 12
Downloaden Sie, um offline zu lesen
María Canosa
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
María Canosa naceu en Cee no ano 1978. Realizou estudos
de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. Tamén é
colaboradora de diferentes xornais (“La Voz de
Galicia”...) así coma no programa cultural de TVG “Cifras
e Letras”. É autora de variada literatura narrativa infanto-
xuvenil (Leo era un león / Entre papoulas / Xiana, a nena
pirata / Papá, que son os sorrisos?...). No ano 2011
resultou gañadora do XV Premio de poesía Avelina
Valladares (A Estrada) co poemario Ronca o mar.
martes 22 de abril de 2014
Nunca vin o mar da Costa da Morte, nin a comarca, como un lugar de
sufrimento, sempre o entendín como unha terra chea de vida, de
oportunidades, de xente con inquedanzas e actitude, con ganas, e moita
forza. É certo que, por circunstancias históricas, moitas veces fomos un
cornecho esquecido, e de difícil acceso. Pero eses tempos a min non me
chegaron. Eu xa vivín a Costa da Morte dos solpores extraordinarios, da
paisaxe espléndida (se se sabía buscar, lonxe do descoidado urbanismo), e
da xente activa. Pero si é certo que todo iso me marca, como a todos nos
influencian as vivencias da nosa vida. E coma a demais xente… sempre fun
inconsciente diso. Decátome cando alguén mo pregunta, ou mo comenta.
Daquela, fago análise, e vexo as referencias, infinitas e inevitables, a todo
ese lugar que forma parte de min, e que, en certo modo, faime ser quen
son. É que, ademais… tanto boto de menos cando estou lonxe del.
Con todo, hai textos que si dedico ao meu lugar, como é o Ronca o Mar, que
escribín dirixido a un mar concreto. Hai quen di que o mar, en contra dos
ríos, non ten dono, é de todos. Pero eu non o creo. Recoñezo o meu mar, as
súas ribeiras, as praias… e toda esa paisaxe que crea, os anoiteceres baixo
a liña dun monte, inigualables, que só pertencen aos que se achegan alí.
Por iso Ronca o Mar ben podería ser “Ronca o Meu Mar”. Pasei (e paso)
horas sentada ao carón do mar, escoitándoo… e iso foi o que me fixo
escribir.
María Canosa
1. Os seus primeiros pasos foron ao pé do mar de Cee, un espazo especial xa for polo mar coma pola terra que con el convive.
Como puido marcar este “Mar da morte” e esta terra á futura María Canosa? Foron eses “ronquidos” os que marcaron a
sonoridade do seu Ronca o mar?
martes 22 de abril de 2014
2. Por outra banda, e xa na terra, na súa casa, a literatura infanto-xuvenil estaba moi presente. Foi isto o que a encamiñou
especialmente cara a este xénero?
Si e non. Explícome.
O de escribir para rapaces, mozos, non foi algo premeditado e escollido, foi todo moi natural. Como miña nai escribía, o de facer
contos e libros eu víao sinxelo. Supoño que imaxinaría que en todas as casas de todos os nenos se escribían contos… así que iso
propiciou que non lle tivese medo a un papel en branco, e que decidise escribir contos, para pasalo ben, dende ben cativa.
Así que, o de escribir para xente nova, era parte do proceso. Eu escribía para xente coma min, e como eu era noviña… de aí
viñeron as primeiras creacións, dentro da literatura infanto-xuvenil.
Co paso do tempo, fun escribindo cada vez para xente máis maior, porque era moito máis cómodo facelo para a miña idade. Logo
tiven unha época na que apenas escribín, e cando o retomei… pensei que un cambio era bo, e en lugar de seguir escribindo para
xente cada vez máis maior, decidín probar cos máis pequenos. É que o dos novos retos… sempre me gustou moito.
3. Como podería Vostede xustificar que, tras mamar literatura na súa casa, os seus pasos académicos de encamiñasen cara ás
ciencias, cara á enxeñaría?
Xustificar? Quizais todo foi por non ter que xustificar nada… o problema, de
feito, foi ter que decidir qué estudar, nun determinado momento.
Na época do Bacharelato, a min dábanseme máis ou menos igual de ben as
ciencias e as letras, polo que, chegado o momento de ter que elixir, non
souben moi ben qué facer. Intentei escoller materias das dúas ramas, pero ao
ser a única persoa do Instituto en elixir esas opcións, non puideron amañar os
horarios para cadrar as clases, e o día antes de comezar o curso, chamoume o
director para pedirme que elixira entre ciencias e letras, sen mesturalas.
Como non quería deixar ningunha delas, pensei en cal sería a mellor maneira
de compaxinalas, polo que decidín estudar ciencias, e seguir lendo e escribindo
pola miña conta, estudando algún idioma… Esa foi a razón de estudar ciencias.
O da carreira… pois non sabía moi ben que facer, e como na casa non me
axudaban a decidirme, porque querían que a decisión fose só miña, busquei
unha carreira que fose variada e que desenvolvese un labor social, polo que de
aí saíu a idea de facer Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.
María Canosa
martes 22 de abril de 2014
Sobre todo, unha experiencia moi gratificante. Sempre hai a quen lle gusta o que fas/dis/escribes, e a quen non, por suposto,
pero saber escoitar as críticas sempre te fai mellorar. Ao ter unha faceta máis visible, chegas a un maior número de lectores e
observadores, polo que as opinións sobre o teu traballo acaban por multiplicarse, e iso sempre é bo para aprender.
Que conste que non son unha persoa moi coñecida, a pesar de saír nos medios, ou polo menos, non mo fan saber.
Aprendo moito nas dúas facetas. Cando escribo os artigos, teño que ser concreta, concisa, e manterme ao día das novas do
mundo. A todo isto intento darlle un toque literario, que cando alguén lea o meu, atope un estilo diferente ao xornalismo puro
e duro.
Na pantalla… intento esquecer que hai máis dunha cámara observando, pero iso é moi complicado. Amosarme natural foi un
pouco duro ao principio. E aínda queda moito traballo por facer!
María Canosa
4. Tamén se pode enxergar unha forte inclinación súa cara aos medios de comunicación (“La Voz de Galicia”, “Cifras e letras”
Actualmente “Verbas Van”) Que supón para Vostede este achegamento a lectores e espectadores?
5. Ultimamente estase a falar dunha forte “crise cultural”. Que nos podería contar deste apartado a nivel da cultura de Galiza?
Cal sería o seu estado e que necesitaría para dar ese chouto definitivo?
En Galicia hai moitísimas actividades e iniciativas culturais. Hai ideas marabillosas, pero a xente, o público, aínda non está
concienciado de que a cultura ten un valor, e ese valor tamén é económico. O público en xeral non quere pagar por un libro, un
concerto, un documental… pensan que todo iso debe ser gratis, e así é moi difícil facer cultura. Aínda non se entende esta coma
un produto de consumo, e así é difícil que os creadores culturais poidan seguir facendo obra.
Por se iso fose pouco, a lingua galega non está suficientemente valorada. Só hai un pequeno sector que a ten en conta e intenta
darlle pulo, pero debemos ser conscientes de que a inmensa maioría da xente que se fai con produtos culturais, fano en linguas
alleas á propia. Iso é un feito.
Que facer? Pois difícil tarefa. Concienciar é moi complicado. Pero dar oferta é o mellor estímulo. Ter un mercado no que ofrecer
produtos moi variados sería o ideal, non pechar campos, manter unha cultura tan ampla coma calquera outra… Co apoio
institucional, por suposto. Que os nosos dirixentes empregasen o galego ben falado e de xeito natural, sería o mellor dos
comezos. E con isto non me refiro a falar galego normativo, refírome a falar galego en todas as variantes dialectais, pero con
soltura, con naturalidade… pensando en galego, sen traducir. A naturalidade (normalidade) sería un primeiro paso. Pero se son
sincera, véxoo difícil.
martes 22 de abril de 2014
6. Que pensa cando, como fixemos na pregunta 2, se fala de “Literatura infanto-xuvenil”? Está a favor ou en contra deste
marcado apartado dentro da nosa literatura ou non se debería andar con fronteiras para o lector?
Este tema daría moito que falar, e sería un bo debate, pero vou intentar concretar algunha idea.
Non me molesta para nada a etiqueta de Literatura infanto-xuvenil, porque penso que hai libros que están orientados para un
certo público. Pero hai que entendela sempre coma unha orientación por iso a maior parte dos libros poñen “a partir de “n”
anos”.
A capacidade de comprensión lectora dos rapaces é moi diversa, polo que eu a considero coma unha orientación á hora de
achegarse a un libro.
Quixera, iso si, que quedase ben claro que eu pásoo moi ben lendo libros para nenos, e para adolescentes, e para adultos tamén.
Que esa etiqueta non sexa un impedimento para achegarnos a esta literatura, por favor…
O que creo é que, ás veces, esta etiqueta abrangue un abano demasiado amplo. Refírome sobre todo aos concursos, porque
competir na mesma categoría, unha obra que pode estar orientada para nenos primeiros lectores, de tres anos, con obras
concibidas para rapces de 14 anos… non teñen moito en común, polo que o xurado podería verse nunha lea…
Con todo, o que máis me preocupa, é que á xente que se dedica a escribir para nenos sempre lle pregunten para cando unha
novela para adultos, coma se este xénero fose superior aos demais. Considero que a literatura infantil e xuvenil é igualmente
importante, pois non debemos esquecer que é a que axuda a educar, a que crea hábitos lectores e forma espíritos críticos para o
futuro.
María Canosa
martes 22 de abril de 2014
Comentei antes que o medo ao papel en branco non o tiven nunca, máis ca nada era unha liberación das cousas que levaba
dentro. O que si é certo é que nunca escribín para publicar, sempre o fixen porque era unha gozada mergullarme na historia,
pero sen outra pretensión. De feito, o meu primeiro libro publicado foi un pouco froito da casualidade… e nese momento si que
me dei conta de que sentía verdadeira vertixe ao amosar publicamente os meus escritos, medo que manteño con cada unha das
novas obras que fago.
De feito, cústame moito enviar os traballos ás editoriais. Non teño medo a que me digan que non me gusta se me explican o
porqué, porque constitúe unha crítica construtiva, pero si teño medo a amosar un anaco de min.
Todo comezou coma un xogo, por iso ao principio non pensei (nin era consciente) da cantidade de obras boas que ía haber no
mercado hoxe en día. O que si creo é que é un momento de voces novas, de ideas novas, de expresións novas… de moita oferta
en canto a maneiras de contar as cousas, e iso é moi enriquecedor para os autores e os lectores. Só quero que a alguén lle
chegue tamén a miña voz, o meu xeito de expresión. Ese é o mellor premio.
7. A súa irrupción na literatura foi prematura. Non lle supuxo certo medo mergullarse nun mundo literario finisecular que estaba
a dar tantas escritoras e tantos escritores así coma obras dunha calidade excepcional?
8. Observamos que a súa obra poética premiada aquí na Estrada co “Premio
Avelina Valladares de poesía” Ronca o mar axiña foi publicada traducida
ao castelán. Até que punto unha obra poética tan particular coma esta
non perde frescura, sonoridade... ao ser pasada a outro idioma?
Perde. Toda tradución perde, por suposto. Por iso traducila foi un
verdadeiro dilema, e decidín facelo eu, outro máis, precisamente por esa
sonoridade, por estar chea de matices que seguramente só eu comprendía.
Dentro de todos os males, o menor sería intentar facelo eu, para manter
ao máximo a súa esencia, pero son consciente de que é imposible. De
feito, a curiosidade máis grande foi o título.
En galego a expresión “Roncar o mar” é relativamente común, pero en
castelán non… así que o editor estivo moito tempo dándolle voltas ao
título, pois non vía claro unha tradución tan literal. Eu expliqueille que
para min era a mellor opción, e deixei que buscase el o máis axeitado,
porque eu non era capaz de buscar outro. Así que decidiu el, e quedou a
tradución literal.
María Canosa
martes 22 de abril de 2014
María Canosa
9. Ollamos que nun xornal Vostede dixo o seguinte: “A enxeñaría e a literatura teñen moito en común: as dúas crean obras”. Por
que cre que ás veces o alumnado asimilamos literatura a letras e non ás ciencias? Por que se nos fai difícil crer que Vostede,
Xavier Alcalá, Lois Diéguez... puidesen ser referentes literarios?
Porque, certamente, non é o habitual, e todos asimilamos que o normal, ou natural, é o que acontece de xeito maioritario. E o
certo é que quen se dedica ás letras, só o faga a ese campo, e que quen o faga nas ciencias, non interceda no outro. O cal non
quere dicir que sempre, sempre! sexa necesario un estudo mínimo das dúas disciplinas. Unha base en calquera das dúas ramas é
totalmente imprescindible no coñecemento das persoas. Pero unha vez que un define a súa carreira profesional, é difícil que
nela mesture ambas cousas, quizais porque facelo tamén supoña un esforzo maior, xa que hai que cultivarse en campos
diferentes e é difícil extrapolar dunha área a outra. Ten, pola contra, a parte positiva, que axuda a desconectar e centrarse
nunha cousa diferente con facilidade.
10. Vostede, que escribiu moitas obras máis ben encamiñadas cara a un público máis xove, non bota de menos que estas obras
propias de noso non fosen levadas á pantalla e os nosos cativos teñan que aturar heroes e temas provenientes doutros países e
doutras culturas diferentes?
Así como hai novelas para adultos convertidas en películas, debera haber tamén libros xuvenís convertidos en películas. Algún
hai, eh! Eu fun á estrea d´A casa da luz, baseada nun libro de Xabier Docampo, e a experiencia pareceume fabulosa.
O panorama audiovisual está medrando en Galicia, e en galego, polo que agardo que, co paso do tempo, teñamos películas,
series, debuxos e moitas máis cousas que nazan dos marabillosos libros infantís e xuvenís galegos.
11. Para cando unha obra infantil coa protagonista Ana, que terá que aturar(?) literatura de contino a nivel xeracional?
Pois… para o 28 de abril! A editorial Everest xa o anunciou, e hoxe mesmo corrixín as probas do texto. Está no forno.
Non vaiades pensar… que me custou moitísimo escribir dunha protagonista tan especial… porque aínda que cada libro leva un
anaquiño de min, non tiña claro querer amosar algo tan persoal.
A Ana, por certo, agardo que lle gusten os libros, pero que o vexa, coma min, dun xeito natural. Se non lle gustase a literatura,
non sei que faría, porque por nada do mundo quixera que se convertese nunha imposición. Intentarei que a queira, sen forzala…
Xa vos contarei!
martes 22 de abril de 2014
María Canosa
12. Que papel cre que xogan as ilustracións nesta literatura para os máis cativos? Non cre que é algo que se debería potenciar máis
para que producise unha interacción maior?
As imaxes son tremendamente importantes… non podo elixir entre imaxe e texto. Van da man. De feito, os últimos traballos que
estou facendo para público infantil, practicamente nacen conxuntamente, falando cos ilustradores, comentando cómo tratar o
tema… É un traballo a catro mans.
No último libro que acaba de saír, Papá, que son os sorrisos?, a ilustración é tan importante que hai páxinas nas que apenas hai
letra, ou sinxelamente non a hai… e estou feliz con esa aposta.
Non todas as editoriais poñen en contacto ao ilustrador e escritor, polo que non sempre se obtén o resultado agardado. A medida
que foron saíndo traballos á luz, e gañei experiencia, permitinme o luxo de traballar conxuntamente con algúns ilustradores, e
é unha sorte inmensa. A historia flúe doutro xeito, máis dinámica e compaxinada… sen contar xa coa ilusión que se contaxia…
13. Observamos que algunha das súas obras narrativas tamén foron
traducidas a outro idioma. Non cre que as nosas institucións
culturais e educativas debesen apostar forte por dar a coñecer a
nosa literatura ao exterior?
É outra actividade a realizar, si, xa non só porque aquí gozamos de
moi boa calidade que poder amosar fóra, senón porque ás veces,
cando algo o valoran dende o exterior, é cando o comezamos a ter en
conta no noso entorno.
Podían facerse máis feiras ou encontros internacionais dentro do noso
país, e sería unha oportunidade de intercambio de cultura
marabilloso. Pero eu trataría de facer un maior labor interno antes de
lanzarnos ao exterior. Queda moita terra que traballar aquí aínda.
martes 22 de abril de 2014
14. Antonio García Teijeiro fixo con vostede un paseo precioso pola “Avenida Ronca o mar”. Para cando novos versos marítimos
para ilustrar estes paseos poéticos con persoeiros admiradores da boa lírica?
María Canosa
Antonio García Teijeiro ten un blog marabilloso no que escribe cousas preciosas. Fun feliz cando lin as palabras que me agasallou, e
que me quedan moi grandes… ten unha sensibilidade extraordinaria, que nos regala aos que temos a sorte de atoparnos con el.
Versos? Sempre.
Algúns perdidos en panos de papel dos bares e cafetarías, outros gardados en caixóns… e outros… agardando a que algún editor os
queira publicar.
Que os libros saian á luz é máis unha cuestión de decisións editoriais que miña propia… acabo por vencer o pudor cada vez que teño
que amosar un texto, así que tarde ou cedo remato por probar sorte con el dalgún xeito. Pero os editores son os que teñen o poder
absoluto, os que deciden que se publica e que non. Así que… igual se nos len hoxe aquí, me piden un poemario!
martes 22 de abril de 2014
CUESTIONARIO
Retrato de María Canosa realizado por:
André Díaz Cerviño, alumno do MGB
martes 22 de abril de 2014
Calquera ponte, para
unir.
Un monumento salientábel?
Co que me custa elixir…
vou quedar con Castelao, e
“Cousas”.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Berta (de Concha
Blanco). Mafalda.
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Rohal Dal, e “Matilda”
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Tantos! Cada vez que leo
un libro, atópome nalgures.
Un personaxe literario co que se
identifique?
Calquera que me
faga sentir ou pensar.
Unha película de cine?
Pode haber múltiples, depende o momento. Dende unha mosca que se move, ata un
aloumiño, un recordo, unha palabra… é só un instante, unha luzada que me cruza a mente.
Cal é a súa fonte de inspiración
Acuario.
Unha obra teatral?
martes 22 de abril de 2014
A medida que se cumpren uns, aparecen
outros… Quedo con contribuír considerablemente
na felicidade dos que me rodean.
Un anceio por realizar? Mundo rural. Praia co
monte detrás.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Un descoñecido (non me gusta dar consellos para as viaxes, nin
para nada en xeral)
Un que te faga sentir coma nunha tarde de primavera da infancia.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
A abolición da
escravitude.
Un feito histórico?
O cese da fame no
mundo.
Unha utopía?
Calquera no que consiga
abstraerme, pero se é ao aire
libre, moito mellor.
Un lugar axeitado para a
lectura?
Depende do
momento!
Un tipo de música? Unhacanción?
Gustaríame que con ningún, e
contar as cousas diferentes.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Estar e falar coa xente que quero. Mirar o mar. Comer bocadillos.
Outro entretemento ademais da lectura?
martes 22 de abril de 2014

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 

Was ist angesagt? (19)

Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 

Andere mochten auch

Andere mochten auch (8)

Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 

Ähnlich wie Maria Canosa

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 

Ähnlich wie Maria Canosa (15)

Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 

Mehr von Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Mehr von Asnosasletras (19)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Maria Canosa

  • 1. María Canosa Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados María Canosa naceu en Cee no ano 1978. Realizou estudos de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. Tamén é colaboradora de diferentes xornais (“La Voz de Galicia”...) así coma no programa cultural de TVG “Cifras e Letras”. É autora de variada literatura narrativa infanto- xuvenil (Leo era un león / Entre papoulas / Xiana, a nena pirata / Papá, que son os sorrisos?...). No ano 2011 resultou gañadora do XV Premio de poesía Avelina Valladares (A Estrada) co poemario Ronca o mar. martes 22 de abril de 2014
  • 2. Nunca vin o mar da Costa da Morte, nin a comarca, como un lugar de sufrimento, sempre o entendín como unha terra chea de vida, de oportunidades, de xente con inquedanzas e actitude, con ganas, e moita forza. É certo que, por circunstancias históricas, moitas veces fomos un cornecho esquecido, e de difícil acceso. Pero eses tempos a min non me chegaron. Eu xa vivín a Costa da Morte dos solpores extraordinarios, da paisaxe espléndida (se se sabía buscar, lonxe do descoidado urbanismo), e da xente activa. Pero si é certo que todo iso me marca, como a todos nos influencian as vivencias da nosa vida. E coma a demais xente… sempre fun inconsciente diso. Decátome cando alguén mo pregunta, ou mo comenta. Daquela, fago análise, e vexo as referencias, infinitas e inevitables, a todo ese lugar que forma parte de min, e que, en certo modo, faime ser quen son. É que, ademais… tanto boto de menos cando estou lonxe del. Con todo, hai textos que si dedico ao meu lugar, como é o Ronca o Mar, que escribín dirixido a un mar concreto. Hai quen di que o mar, en contra dos ríos, non ten dono, é de todos. Pero eu non o creo. Recoñezo o meu mar, as súas ribeiras, as praias… e toda esa paisaxe que crea, os anoiteceres baixo a liña dun monte, inigualables, que só pertencen aos que se achegan alí. Por iso Ronca o Mar ben podería ser “Ronca o Meu Mar”. Pasei (e paso) horas sentada ao carón do mar, escoitándoo… e iso foi o que me fixo escribir. María Canosa 1. Os seus primeiros pasos foron ao pé do mar de Cee, un espazo especial xa for polo mar coma pola terra que con el convive. Como puido marcar este “Mar da morte” e esta terra á futura María Canosa? Foron eses “ronquidos” os que marcaron a sonoridade do seu Ronca o mar? martes 22 de abril de 2014
  • 3. 2. Por outra banda, e xa na terra, na súa casa, a literatura infanto-xuvenil estaba moi presente. Foi isto o que a encamiñou especialmente cara a este xénero? Si e non. Explícome. O de escribir para rapaces, mozos, non foi algo premeditado e escollido, foi todo moi natural. Como miña nai escribía, o de facer contos e libros eu víao sinxelo. Supoño que imaxinaría que en todas as casas de todos os nenos se escribían contos… así que iso propiciou que non lle tivese medo a un papel en branco, e que decidise escribir contos, para pasalo ben, dende ben cativa. Así que, o de escribir para xente nova, era parte do proceso. Eu escribía para xente coma min, e como eu era noviña… de aí viñeron as primeiras creacións, dentro da literatura infanto-xuvenil. Co paso do tempo, fun escribindo cada vez para xente máis maior, porque era moito máis cómodo facelo para a miña idade. Logo tiven unha época na que apenas escribín, e cando o retomei… pensei que un cambio era bo, e en lugar de seguir escribindo para xente cada vez máis maior, decidín probar cos máis pequenos. É que o dos novos retos… sempre me gustou moito. 3. Como podería Vostede xustificar que, tras mamar literatura na súa casa, os seus pasos académicos de encamiñasen cara ás ciencias, cara á enxeñaría? Xustificar? Quizais todo foi por non ter que xustificar nada… o problema, de feito, foi ter que decidir qué estudar, nun determinado momento. Na época do Bacharelato, a min dábanseme máis ou menos igual de ben as ciencias e as letras, polo que, chegado o momento de ter que elixir, non souben moi ben qué facer. Intentei escoller materias das dúas ramas, pero ao ser a única persoa do Instituto en elixir esas opcións, non puideron amañar os horarios para cadrar as clases, e o día antes de comezar o curso, chamoume o director para pedirme que elixira entre ciencias e letras, sen mesturalas. Como non quería deixar ningunha delas, pensei en cal sería a mellor maneira de compaxinalas, polo que decidín estudar ciencias, e seguir lendo e escribindo pola miña conta, estudando algún idioma… Esa foi a razón de estudar ciencias. O da carreira… pois non sabía moi ben que facer, e como na casa non me axudaban a decidirme, porque querían que a decisión fose só miña, busquei unha carreira que fose variada e que desenvolvese un labor social, polo que de aí saíu a idea de facer Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. María Canosa martes 22 de abril de 2014
  • 4. Sobre todo, unha experiencia moi gratificante. Sempre hai a quen lle gusta o que fas/dis/escribes, e a quen non, por suposto, pero saber escoitar as críticas sempre te fai mellorar. Ao ter unha faceta máis visible, chegas a un maior número de lectores e observadores, polo que as opinións sobre o teu traballo acaban por multiplicarse, e iso sempre é bo para aprender. Que conste que non son unha persoa moi coñecida, a pesar de saír nos medios, ou polo menos, non mo fan saber. Aprendo moito nas dúas facetas. Cando escribo os artigos, teño que ser concreta, concisa, e manterme ao día das novas do mundo. A todo isto intento darlle un toque literario, que cando alguén lea o meu, atope un estilo diferente ao xornalismo puro e duro. Na pantalla… intento esquecer que hai máis dunha cámara observando, pero iso é moi complicado. Amosarme natural foi un pouco duro ao principio. E aínda queda moito traballo por facer! María Canosa 4. Tamén se pode enxergar unha forte inclinación súa cara aos medios de comunicación (“La Voz de Galicia”, “Cifras e letras” Actualmente “Verbas Van”) Que supón para Vostede este achegamento a lectores e espectadores? 5. Ultimamente estase a falar dunha forte “crise cultural”. Que nos podería contar deste apartado a nivel da cultura de Galiza? Cal sería o seu estado e que necesitaría para dar ese chouto definitivo? En Galicia hai moitísimas actividades e iniciativas culturais. Hai ideas marabillosas, pero a xente, o público, aínda non está concienciado de que a cultura ten un valor, e ese valor tamén é económico. O público en xeral non quere pagar por un libro, un concerto, un documental… pensan que todo iso debe ser gratis, e así é moi difícil facer cultura. Aínda non se entende esta coma un produto de consumo, e así é difícil que os creadores culturais poidan seguir facendo obra. Por se iso fose pouco, a lingua galega non está suficientemente valorada. Só hai un pequeno sector que a ten en conta e intenta darlle pulo, pero debemos ser conscientes de que a inmensa maioría da xente que se fai con produtos culturais, fano en linguas alleas á propia. Iso é un feito. Que facer? Pois difícil tarefa. Concienciar é moi complicado. Pero dar oferta é o mellor estímulo. Ter un mercado no que ofrecer produtos moi variados sería o ideal, non pechar campos, manter unha cultura tan ampla coma calquera outra… Co apoio institucional, por suposto. Que os nosos dirixentes empregasen o galego ben falado e de xeito natural, sería o mellor dos comezos. E con isto non me refiro a falar galego normativo, refírome a falar galego en todas as variantes dialectais, pero con soltura, con naturalidade… pensando en galego, sen traducir. A naturalidade (normalidade) sería un primeiro paso. Pero se son sincera, véxoo difícil. martes 22 de abril de 2014
  • 5. 6. Que pensa cando, como fixemos na pregunta 2, se fala de “Literatura infanto-xuvenil”? Está a favor ou en contra deste marcado apartado dentro da nosa literatura ou non se debería andar con fronteiras para o lector? Este tema daría moito que falar, e sería un bo debate, pero vou intentar concretar algunha idea. Non me molesta para nada a etiqueta de Literatura infanto-xuvenil, porque penso que hai libros que están orientados para un certo público. Pero hai que entendela sempre coma unha orientación por iso a maior parte dos libros poñen “a partir de “n” anos”. A capacidade de comprensión lectora dos rapaces é moi diversa, polo que eu a considero coma unha orientación á hora de achegarse a un libro. Quixera, iso si, que quedase ben claro que eu pásoo moi ben lendo libros para nenos, e para adolescentes, e para adultos tamén. Que esa etiqueta non sexa un impedimento para achegarnos a esta literatura, por favor… O que creo é que, ás veces, esta etiqueta abrangue un abano demasiado amplo. Refírome sobre todo aos concursos, porque competir na mesma categoría, unha obra que pode estar orientada para nenos primeiros lectores, de tres anos, con obras concibidas para rapces de 14 anos… non teñen moito en común, polo que o xurado podería verse nunha lea… Con todo, o que máis me preocupa, é que á xente que se dedica a escribir para nenos sempre lle pregunten para cando unha novela para adultos, coma se este xénero fose superior aos demais. Considero que a literatura infantil e xuvenil é igualmente importante, pois non debemos esquecer que é a que axuda a educar, a que crea hábitos lectores e forma espíritos críticos para o futuro. María Canosa martes 22 de abril de 2014
  • 6. Comentei antes que o medo ao papel en branco non o tiven nunca, máis ca nada era unha liberación das cousas que levaba dentro. O que si é certo é que nunca escribín para publicar, sempre o fixen porque era unha gozada mergullarme na historia, pero sen outra pretensión. De feito, o meu primeiro libro publicado foi un pouco froito da casualidade… e nese momento si que me dei conta de que sentía verdadeira vertixe ao amosar publicamente os meus escritos, medo que manteño con cada unha das novas obras que fago. De feito, cústame moito enviar os traballos ás editoriais. Non teño medo a que me digan que non me gusta se me explican o porqué, porque constitúe unha crítica construtiva, pero si teño medo a amosar un anaco de min. Todo comezou coma un xogo, por iso ao principio non pensei (nin era consciente) da cantidade de obras boas que ía haber no mercado hoxe en día. O que si creo é que é un momento de voces novas, de ideas novas, de expresións novas… de moita oferta en canto a maneiras de contar as cousas, e iso é moi enriquecedor para os autores e os lectores. Só quero que a alguén lle chegue tamén a miña voz, o meu xeito de expresión. Ese é o mellor premio. 7. A súa irrupción na literatura foi prematura. Non lle supuxo certo medo mergullarse nun mundo literario finisecular que estaba a dar tantas escritoras e tantos escritores así coma obras dunha calidade excepcional? 8. Observamos que a súa obra poética premiada aquí na Estrada co “Premio Avelina Valladares de poesía” Ronca o mar axiña foi publicada traducida ao castelán. Até que punto unha obra poética tan particular coma esta non perde frescura, sonoridade... ao ser pasada a outro idioma? Perde. Toda tradución perde, por suposto. Por iso traducila foi un verdadeiro dilema, e decidín facelo eu, outro máis, precisamente por esa sonoridade, por estar chea de matices que seguramente só eu comprendía. Dentro de todos os males, o menor sería intentar facelo eu, para manter ao máximo a súa esencia, pero son consciente de que é imposible. De feito, a curiosidade máis grande foi o título. En galego a expresión “Roncar o mar” é relativamente común, pero en castelán non… así que o editor estivo moito tempo dándolle voltas ao título, pois non vía claro unha tradución tan literal. Eu expliqueille que para min era a mellor opción, e deixei que buscase el o máis axeitado, porque eu non era capaz de buscar outro. Así que decidiu el, e quedou a tradución literal. María Canosa martes 22 de abril de 2014
  • 7. María Canosa 9. Ollamos que nun xornal Vostede dixo o seguinte: “A enxeñaría e a literatura teñen moito en común: as dúas crean obras”. Por que cre que ás veces o alumnado asimilamos literatura a letras e non ás ciencias? Por que se nos fai difícil crer que Vostede, Xavier Alcalá, Lois Diéguez... puidesen ser referentes literarios? Porque, certamente, non é o habitual, e todos asimilamos que o normal, ou natural, é o que acontece de xeito maioritario. E o certo é que quen se dedica ás letras, só o faga a ese campo, e que quen o faga nas ciencias, non interceda no outro. O cal non quere dicir que sempre, sempre! sexa necesario un estudo mínimo das dúas disciplinas. Unha base en calquera das dúas ramas é totalmente imprescindible no coñecemento das persoas. Pero unha vez que un define a súa carreira profesional, é difícil que nela mesture ambas cousas, quizais porque facelo tamén supoña un esforzo maior, xa que hai que cultivarse en campos diferentes e é difícil extrapolar dunha área a outra. Ten, pola contra, a parte positiva, que axuda a desconectar e centrarse nunha cousa diferente con facilidade. 10. Vostede, que escribiu moitas obras máis ben encamiñadas cara a un público máis xove, non bota de menos que estas obras propias de noso non fosen levadas á pantalla e os nosos cativos teñan que aturar heroes e temas provenientes doutros países e doutras culturas diferentes? Así como hai novelas para adultos convertidas en películas, debera haber tamén libros xuvenís convertidos en películas. Algún hai, eh! Eu fun á estrea d´A casa da luz, baseada nun libro de Xabier Docampo, e a experiencia pareceume fabulosa. O panorama audiovisual está medrando en Galicia, e en galego, polo que agardo que, co paso do tempo, teñamos películas, series, debuxos e moitas máis cousas que nazan dos marabillosos libros infantís e xuvenís galegos. 11. Para cando unha obra infantil coa protagonista Ana, que terá que aturar(?) literatura de contino a nivel xeracional? Pois… para o 28 de abril! A editorial Everest xa o anunciou, e hoxe mesmo corrixín as probas do texto. Está no forno. Non vaiades pensar… que me custou moitísimo escribir dunha protagonista tan especial… porque aínda que cada libro leva un anaquiño de min, non tiña claro querer amosar algo tan persoal. A Ana, por certo, agardo que lle gusten os libros, pero que o vexa, coma min, dun xeito natural. Se non lle gustase a literatura, non sei que faría, porque por nada do mundo quixera que se convertese nunha imposición. Intentarei que a queira, sen forzala… Xa vos contarei! martes 22 de abril de 2014
  • 8. María Canosa 12. Que papel cre que xogan as ilustracións nesta literatura para os máis cativos? Non cre que é algo que se debería potenciar máis para que producise unha interacción maior? As imaxes son tremendamente importantes… non podo elixir entre imaxe e texto. Van da man. De feito, os últimos traballos que estou facendo para público infantil, practicamente nacen conxuntamente, falando cos ilustradores, comentando cómo tratar o tema… É un traballo a catro mans. No último libro que acaba de saír, Papá, que son os sorrisos?, a ilustración é tan importante que hai páxinas nas que apenas hai letra, ou sinxelamente non a hai… e estou feliz con esa aposta. Non todas as editoriais poñen en contacto ao ilustrador e escritor, polo que non sempre se obtén o resultado agardado. A medida que foron saíndo traballos á luz, e gañei experiencia, permitinme o luxo de traballar conxuntamente con algúns ilustradores, e é unha sorte inmensa. A historia flúe doutro xeito, máis dinámica e compaxinada… sen contar xa coa ilusión que se contaxia… 13. Observamos que algunha das súas obras narrativas tamén foron traducidas a outro idioma. Non cre que as nosas institucións culturais e educativas debesen apostar forte por dar a coñecer a nosa literatura ao exterior? É outra actividade a realizar, si, xa non só porque aquí gozamos de moi boa calidade que poder amosar fóra, senón porque ás veces, cando algo o valoran dende o exterior, é cando o comezamos a ter en conta no noso entorno. Podían facerse máis feiras ou encontros internacionais dentro do noso país, e sería unha oportunidade de intercambio de cultura marabilloso. Pero eu trataría de facer un maior labor interno antes de lanzarnos ao exterior. Queda moita terra que traballar aquí aínda. martes 22 de abril de 2014
  • 9. 14. Antonio García Teijeiro fixo con vostede un paseo precioso pola “Avenida Ronca o mar”. Para cando novos versos marítimos para ilustrar estes paseos poéticos con persoeiros admiradores da boa lírica? María Canosa Antonio García Teijeiro ten un blog marabilloso no que escribe cousas preciosas. Fun feliz cando lin as palabras que me agasallou, e que me quedan moi grandes… ten unha sensibilidade extraordinaria, que nos regala aos que temos a sorte de atoparnos con el. Versos? Sempre. Algúns perdidos en panos de papel dos bares e cafetarías, outros gardados en caixóns… e outros… agardando a que algún editor os queira publicar. Que os libros saian á luz é máis unha cuestión de decisións editoriais que miña propia… acabo por vencer o pudor cada vez que teño que amosar un texto, así que tarde ou cedo remato por probar sorte con el dalgún xeito. Pero os editores son os que teñen o poder absoluto, os que deciden que se publica e que non. Así que… igual se nos len hoxe aquí, me piden un poemario! martes 22 de abril de 2014
  • 10. CUESTIONARIO Retrato de María Canosa realizado por: André Díaz Cerviño, alumno do MGB martes 22 de abril de 2014
  • 11. Calquera ponte, para unir. Un monumento salientábel? Co que me custa elixir… vou quedar con Castelao, e “Cousas”. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Berta (de Concha Blanco). Mafalda. Un personaxe galego e un estranxeiro? Rohal Dal, e “Matilda” Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Tantos! Cada vez que leo un libro, atópome nalgures. Un personaxe literario co que se identifique? Calquera que me faga sentir ou pensar. Unha película de cine? Pode haber múltiples, depende o momento. Dende unha mosca que se move, ata un aloumiño, un recordo, unha palabra… é só un instante, unha luzada que me cruza a mente. Cal é a súa fonte de inspiración Acuario. Unha obra teatral? martes 22 de abril de 2014
  • 12. A medida que se cumpren uns, aparecen outros… Quedo con contribuír considerablemente na felicidade dos que me rodean. Un anceio por realizar? Mundo rural. Praia co monte detrás. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Un descoñecido (non me gusta dar consellos para as viaxes, nin para nada en xeral) Un que te faga sentir coma nunha tarde de primavera da infancia. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? A abolición da escravitude. Un feito histórico? O cese da fame no mundo. Unha utopía? Calquera no que consiga abstraerme, pero se é ao aire libre, moito mellor. Un lugar axeitado para a lectura? Depende do momento! Un tipo de música? Unhacanción? Gustaríame que con ningún, e contar as cousas diferentes. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Estar e falar coa xente que quero. Mirar o mar. Comer bocadillos. Outro entretemento ademais da lectura? martes 22 de abril de 2014