SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 10
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Literatura Galega
                                do Século XX e da Actualidade

                                Euloxio R. Ruibal



                                         Entrevista
                                  IES Manuel García Barros
                                         A Estrada
                                                                 Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                         Fotos: © Todos os dereitos reservados
miércoles 23 de enero de 2013
Euloxio R. Ruibal
               1.    A súa adolescencia estivo enmarcada na mediada ditadura. Até que punto estas vivencias e experiencias influíron na súa obra e
                     no seu compromiso futuro? Cal foi a circunstancia que vostede non publicase até os fins desta ditatura?
                Hai todo un proceso de concienciación que provén da infancia e se completa, reafirma e incita á acción na adolescencia. Os
                comentarios escoitados no fogar (moitos propiciados pola prensa, radio ou televisión), as conversas cos amigos e compañeiros,
                lecturas, observacións da realidade circundante, etc., quizais constitúan os máis importantes. A participación, ademais, en grupos
                de teatro ou a asistencia ao cine club (no que, como xa sabedes, había presentación e proxección dun filme de asegurada calidade,
                seguidas dun coloquio) foi, seguramente, determinante na conformación do compromiso (ético-estético) ao que vos referides.
                Non publiquei até 1974 (Zardigot, Galaxia) porque a miña obra estaba formada fundamentalmente por guións de cinema ou por
                obras de aprendizaxe. Tampouco era doado publicar se non se dispuña dun recoñecemento literario.

               2.    Nacer nun concello próximo á Compostela na que se estaba a vivir un novo rexurdimento tanto literario como social fixo que
                     xermolase en Vostede o espírito galeguista e literario?

                Penso que non. Eu vin para Santiago de neno e aquí fixen xa os estudos de
                primaria. Mantiña relación con Ordes, iso si, a onde acudía polas vacacións, ás
                festas ou a xuntanzas familiares. Eu ía a Ordes divertirme. Claro que sempre
                queda un pouso… No idioma, fundamentalmente no idioma. Na miña familia
                sempre se falou galego.


               3.    Desde moi xove aparece Vostede inmiscido na escena teatral galega, xa
                     como participante, xa como creador de grupos de teatro (Obradoiro). Será
                     que reviviu en Vostede a necesidade dun novo teatro en Galiza, dunha
                     renovación? Ou será máis ben que para aquela época este xénero literario
                     for máis necesario como ocorrera a comezos do século?


                A min o que me gustaba era participar nas montaxes teatrais. Foi onde ampliei e
                (re)orientei as miñas lecturas, onde aprendín a ser (auto)crítico, onde sentín a
                necesidade de coñecer as diferentes poéticas, onde aumentaron tódalas miñas
                inquedanzas tanto no eido socio-político como no artístico.




miércoles 23 de enero de 2013
Euloxio R. Ruibal

               4.    Que supón para un escritor ser o primeiro gañador dun novo certame (Abrente, Teatro infantil O Facho)? É un consciente
                     neses intres da repercusión futura, máxime no de Ribadavia que deu incluso lugar a unha denominación xeracional?

                Abriume moitas portas. Permitiume coñecer a Ricard Salvat, e xa, máis tarde, a Xavier Fábregas (quizais o crítico que máis me
                apoiou e animou; promoveu, por certo, a tradución ao catalán e logo a estrea dunha peza infantil miña en Barcelona, que logo
                itinerou por Cataluña; tentou que se traducise a esa lingua Zardigot… Mágoa que morrese tan novo.), José Monleón, Moisés Pérez
                Coterillo, Ricardo Doménech, Alves Costa… Eu aquí en Galicia xa coñecía a Eduardo Blanco-Amor, García-Bodaño, Méndez Ferrín,
                Xavier Carro, Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Díaz Pardo… Todos me axudaron e deron azos para continuar como dramaturgo.
                Daquela, eu non era consciente, claro. Podía intuír algo, pero tanto a precariedade entón imperante como a incerteza política non
                me permitían moito optimismo.

               5.    Dende a súa ollada contemporánea, como xulgaría Vostede as Mostras de Teatro de Ribadavia para a nosa dramaturxia actual?

                Penso que foron determinantes. Déronlle un pulo de grande relevancia. Xa forman parte da nosa historia cultural. Sen a súa
                existencia, a nosa dramaturxia actual talvez fose abondo diferente. Pero isto correspóndelle estudalo aos especialistas.


               6.    Chámanos a atención o espazo dunha decada de ausencia de obra súa
                     (77-87). Sería que Vostede enxergou na sociedade democrática galega
                     aquilo que amosou na súa obra satírica “Azos de esguello” gañadora do
                     Álvaro Cunqueiro do ano 89?

                Algo pode haber diso. Nunca o tiña matinado. Nese tempo escribín pouco e a
                miña idea dun cinema galego (que debía comezar por crear unha canteira
                viva de documentalistas) esfarelouse de vez. Por outra banda, inaugurei por
                aquel entón (1975 e 1978) dúas galerías de arte (unha, Citania, resistiu até
                os nosos días); como podedes imaxinarvos, tiña traballo abondo coa súa
                xestión. (De tódolos xeitos, as contas non están ben botadas. Hai, en efecto,
                un baleiro, pero diferente. Publiquei unha peza en homenaxe a Seoane
                (Grial, 1979) e A marquesiña encantada está datada en 1986. Alguén escribiu             Euloxio R.Ruibal
                que houbo un silencio dunha década e xa non o imos modificar por moito que
                teimemos. E tampouco, polo demais, sei se paga a pena.)




miércoles 23 de enero de 2013
Euloxio R. Ruibal

               7.    Tan agoireiro era, ou aínda é, Vostede para amosar o seu diagnóstico socio-político na súa obra “Azos de esguello” para que
                     aínda hoxe en día sexa, como dixo Vostede, “unha obra que anticipaba unha situación que hoxe se está a reproducir con máis
                     forza”? Considera que esta súa obra, o mesmo que outras obras nacidas en plena democracia, foron obxecto de censura
                     encuberta?
                Si, foron censuradas; unhas en Galicia de forma encuberta (comprobeino), como Azos de esguello, e outras abertamente, en
                Madrid. Zardigot, por exemplo tivo problemas coa censura centralista (foi burlada con habelencia por Teatro Circo para
                representala) e outras, como O cabodano, prohibíronse totalmente pola censura previa, a do texto (había, como é sabido, unha
                segunda, a da montaxe). A censura actual, que non existe legalmente, pero si na realidade, é moito máis raposeira. E non deixa
                rastro. Se non lle interesa ao poder (político, económico, militar, xudicial…) que se represente, abonda con poñerlle chatas
                estéticas á obra, ou con concederlle unha axuda insuficiente…
                Non creo que teña nada de agoireiro, aínda que haxa por aí quen o diga (o profesor e crítico Anxo Abuín, por exemplo, referíndose
                tamén a Maremia). Con observar un chisco a realidade… E isto é o que debe facer todo escritor.

               8.    Que importancia lle concede Vostede ao teatro infantil e xuvenil para a nosa literatura?

                É unha das nosas grandes carencias. Merece moitísima máis atención por parte de tódolos axentes socioculturais implicados.
                Calquera sabe que aí, no teatro representado por nenos ou mozos, ou na existencia de obras pensadas expresamente para eles
                (conforman un público do máis intelixente e sensíbel), xogamos unha parte importante do futuro da nosa cultura.


               9.    Tan renovador foi Vostede na súa obra teatral para ser considerado como un dos renovadores do noso teatro? Onde cre Vostede
                     que radicou esa renovación?
               Gustaríame que fose certo iso. Moitas grazas. Eu limiteime a tentar escribir un teatro cunha temática actual, un teatro para o
               público noso. O teatro que coñecín por medio de lecturas, vídeos (e algún filme) ou representacións nos teatros europeos (e algún
               americano) necesariamente tiveron que influír na conformación da miña vertente estética. Eu niso non son moi consciente, non me
               autoanalizo. Non sei… Nin me interesa. Considero que condiciona. Procuro ser, dentro do posíbel, intuitivo, escribir libremente sen
               nada que me limite. O que me importa no momento de escribir é a creatividade. Sen esquecer o destinatario, por suposto.




miércoles 23 de enero de 2013
Euloxio R. Ruibal

               10.   Que pegada deixaron en Vostede importantes autores da nosa dramaturxia como Castelao ou Blanco Amor? E Valle Inclán?
                     Houbo outros influxos? Até que punto se hoxe vivise Valle Inclán non sería quen da parar de facer “esperpentos”?

                Eu non sei o que faría Valle, mesmo é posíbel que crease outra estética máis eficaz para este século, pero tedes toda a razón do
                mundo en que non daría feito, “acumularíaselle o choio”. “Esperpentos” hóuboos sempre, pero os que estamos a padecer semellan
                insuperábeis. E quizais non coñezamos nin a décima parte dos existentes…!
                Mais vaiamos coa vosa pregunta. Gústame a “farsa para caretas“ de Castelao; tamén, as farsas de Eduardo Blanco-Amor. Entre os
                escritores galegos, interésanme así mesmo Rafael Dieste e Otero Pedrayo. Parécenme notabéis as obras de Xaime Quintanilla e
                Manteiga, sobre todo se as situamos no contexto en que foron escritas. A unha altura moito maior, por suposto, atópase Valle-Inclán. É
                grandioso, fascinante, único…!
                Ademais do repertorio das grandes obras do teatro clásico universal (gregas, isabelinas, españolas), interesáronme (e aínda me
                interesan, claro) Chejov, Synge, Brecht, Genet, Ghelderode, Weiss, Camus, Miller, Pirandello, Beckett, Pinter, Müller… E aínda algúns
                máis.

                                                                    Pero tamén cómpre referirse aos espectáculos. A min as montaxes que máis me
                                                                    impresionaron foron dúas de Marat-Sade, de P. Weiss: tanto a de Marsillach, como
                                                                    a de Peter Brook (versión cinematográfica). Entre outras varias, lembro con
                                                                    especial emoción Cemiterio de coches, de Arrabal, con dirección de Víctor García;
                                                                    e deste mesmo director, As criadas de Genet, e Yerma de Lorca. O círculo de xiz,
                                                                    de Brecht, dirixida por José Luis Alonso, foi unha magnífica posta en escena que
                                                                    me fixo comprender moito mellor a estética do grande autor alemán. Máis tarde
                                                                    completaríase con Galileo Galilei, escenificada por Vitez. Tamén, aínda que xa
                                                                    posteriomente, A tempestade, dirixida por Brook. Xa, máis adiante, fascináronme
                                                                    montaxes de Benno Besson, Wilson, Vitez, Bergman, Kantor, Pascual, Lavelli… E
                                                                    non quixera esquecer o teatro independente. Trouxeron a Galicia espectáculos de
                                                                    enorme interese. Grupos como Los Goliardos, Joglars… e outros varios, foron
                                                                    imprescindíbeis para adentrarme no rico e suxerente mundo do teatro con arelas
                                                                    anovadoras.
                                                                    Non me preocupo polas influencias. Non sei que respostar a isto. Non é doado
                                                                    para min. Podo falar do que me gusta ou interesa, pero logo igual non ten moito
                                                                    que ver cunha relación intertextual.




miércoles 23 de enero de 2013
Euloxio R. Ruibal

               11.   Que función teñen para a nosa normalización literaria organismos coma a AELG (da que Vostede foi presidente) ou a propia RAG
                     (á que Vostede pertence na actualidade)?

                A AELG é unha asociación para a defensa dos intereses profesionais dos escritores de Galicia que se expresan en galego. Isto xa
                xustificaría a súa existencia. Pero é moito máis. Organiza actos culturais, promove a escrita e a cultura do país, realiza intercambios
                con outras nacións, defende todo o que teña que ver coa literatura e as demais artes, mantense en primeira liña na defensa do noso
                idioma…
                A RAG, como institución centenaria que é, posúe un extraordinario legado arquivístico e bibliógráfico dunha relevante importancia
                tanto pola cantidade como polos seus valores intrínsicos. E este legado ten que custodialo e conservalo en óptimas condicións, para
                poñelo a disposición dos estudosos. Pero ademais de todo o que atinxe ao patrimonio material, posúe a responsabilidade da
                normativización lingüística oficial (aínda que tamén a defensa e promoción do idioma), a confección dos diferentes dicionarios… Non
                debemos esquecer a proxección do seu labor na sociedade: correspóndelle á RAG a defensa, promoción e fomento, asesoramento,
                estudo científico e investigación da lingua e da cultura galegas. E isto, procurando sintetizar. Poderiámonos extender aínda máis, pero
                abonde só con salientar que se trata dun labor calado e laborioso de catalogación, arquivo, custodia, estudo, publicacións moi
                específicas… A RAG non organiza normalmente actos culturais, non é a súa misión, pero non debemos esquecer o enorme potencial
                promotor e divulgador que se proxecta por medio da promulgación e celebración do Día Das Letras Galegas, que ocasiona un inmenso
                movemento literario (e artístico), dunha repercusión de incalculábeis dimensións, por toda a xeografía galega (e mesmo no exterior),
                especialmente durante os días que preceden ou seguen ao 17 de maio de cada ano; pero que logo en realidade abranguen ou propician
                tamén, en maior ou menor medida, outras variadas actividades tódolos meses. A RAG, ademais, participa sempre ou colabora nas
                conmemoracións de todo tipo de aniversarios correspondentes a eminentes galeguistas do noso pasado. Entre os actos deste tipo
                cómpre que lembremos os máis recentes, os dedicados a Añón, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro, Seoane…

               12.   Tocou Vostede algo a narrativa e nada a lírica. Cales cre que son as causas? Tan cómodo se sente escribindo teatro como para
                     case obviar outros xéneros?

                Pois si. Isto foi certo até hai unhas semanas. Pero xa non o é: acabo de presentar hai uns días Caderno de Ordes, un pequeño
                poemario dedicado totalmente aos meus eidos nativos. Non atopei mellor maneira de homenaxear ás xentes de meu.
                Interésame moito o audiovisual. E escribo de cando en vez algún guión. Pero coido que fundamentalmente son dramaturgo. O groso
                da miña obra, tal como dicides, céntrase na dramática. Síntome cómodo escribindo teatro, quizais onde mellor me expreso, pero
                gosto de cando en vez xogar ao intrusismo.




miércoles 23 de enero de 2013
Euloxio R. Ruibal

               13.   Vostede desempeña na RAG unha función importante como “Arquiveiro”. Aínda quedan nos baúis da RAG cousas por descubrir?
                     Que supón para a nosa literatura o fondo existente nesta institución? Que pensa Vostede que de contino a nosa RAG teña que
                     se estar a queixar da falta de axudas institucionais? Tan pouco representa a Academia para os nosos gobernantes ou máis ben
                     será causa de pensamento?

                Si, actualmente formo parte da Comisión Executiva como arquiveiro-bibliotecario. Seguimos a ter problemas de espazo, pero,
                afortunadamente, xa non hai caixas esquecidas ou estradas polo chan adiante. Tanto o arquivo como a biblioteca fóronse
                modernizando dende hai xa máis dunha década, antes de eu chegar. Agora, grazas aos profesionais que as atenden, e os
                acondicionamentos que se fixeron está todo en moito mellor estado de ordenación e conservación. Cumpría mellorar aínda algúns
                aspectos, ampliar instalacions, pero iso xa depende de que nos vaian achegando os fondos necesarios, de que atendan nese sentido
                as esforzadas e teimudas peticións de chamamento do noso presidente, Méndez Ferrín, para que os correspondentes gobernos nos
                inclúan nos orzamentos cunhas partidas fixas e suficientes para o axeitado funcionamento e modernización da biblioteca, do
                arquivo, e outras dependencias administrativas.


               14.   E para finalizarmos, que futuro lle agoira á nosa lingua e á
                     nosa literatura en xeral? E en particular ao noso teatro?


                Son optimista e desexo seguir séndoo, pero… a realidade é que nos
                están esmagando, que a corrente neoliberal reinante, de xinea
                fascistoide, non repara en destruír todo canto lles ula a conquista
                sociocultural galeguista. O que tanto tempo e esforzo levou
                construír (lembremos que estamos a falar dunha institución
                centenaria: o futuro da RAG está intimamente unido ó da nosa
                cultura), pode ser esfarelado en cuestións de meses. O que non
                podemos e determos, ficar de brazos cruzados. E precisamos a
                axuda, colaboración e apoio de todos.
                De nada vale a RAG sen unha cultura viva na sociedade. E unha
                lingua e unha literatura de gran potencialidade son as que lle dan
                sentido e razón de ser á RAG. É moi obvio. Por iso precisamos con      Euloxio R.Ruibal nunha sesión da
                premura unha resistencia activa que poña freo a todo tipo de
                ataque, desleixo, esquecemento de obrigas… O teatro, que precisa                    RAG
                de máis medios de todo tipo, leva a peor parte… Unha mágoa.




miércoles 23 de enero de 2013
A R IO
                                      IO N
                                  ES T
                                CU



miércoles 23 de enero de 2013
Un personaxe galego e
                      a         obra
                e unh                    un estranxeiro?
                                                                   Un p
            r/-a egos?
        auto gal                         Sinbad. Hamlet,               erson
     /ha raria
   Un lite              or. A                                               axe l
                                                                                  i
                   o-Am                 Edipo, Don Quixote                iden terario c
               anc                                                             tifiq     o qu
             o Bl rga
          ard smo
                                                                                     ue?      e se
      Edu      e                                                                ...
                                        Cal é a súa fonte de
                                                                                     o
       Unha película de cine?               inspiración
                                                                               m ent
                                                                           nu bel?
      Cidadán Kane , de
                                       As pequenas cousas da            mo tá             ago
                                        vida cotiá. O paseo, a       Un lien         a nti
                                                                        sa      d e S ela
        Orson Welles                   lectura, a conversa cos             d ral post
                                                                        ate Com
                                              amigos…                A C de


                                                   Un/ha autor/-a e unha obra
            Unha obra teatral?                       literaria estranxeiros?
     Marat-Sade , de Peter                          Juan Rulfo. El llano en
           Weiss                                           llamas


miércoles 23 de enero de 2013
Un lugar para visitar? e un lugar
          Un feito histórico?                  para descansar?                Un tipo
                                                                                        de músi
                                          Praga. O balneario de                                 ca? Unh
            A Revolución                                                                canción
                                                                                                ?
                                                                                                        a
              francesa.                   Caldelas (Portugal).                Bach. Co
                                                                                      ncertos d
                                                                               Brander          e
                                                                                       burgo.
                                          Un/ha autor/-a con quen se
                                                identifique?
                                                                             Un l
                            eali zar?                                               ugar
                   por r                      Julio Cortázar.                            axeita
       anc
               eio       e      taña                                                  lectu do para
  U  n            r a Br
              orre cesa.
                                                                            Calq           ra?      a
          Perc ran                                                                uera
                f
                                                                               tran    parq
                                          Mundo rural/urbano?                       quil    ue
                                            Praia/montaña?                               o.
                                        Non son incompatíbeis.
          Outro entretemento
                                                                                uto pía?
          ademais da lectura?                                             nha
                                                                        U
                                                                                   d ade
           Pasear, “excursionear”.                                          F elici sal.
                                                                             un  iver


miércoles 23 de enero de 2013

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónAsnosasletras
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMarlou
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompentenoagaliza
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Marlou
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5cigformacion
 

Was ist angesagt? (20)

Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompente
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5
 

Ähnlich wie Euloxio r. ruibal

Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013satelite1
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Asnosasletras
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Endl Félix Muriel
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 

Ähnlich wie Euloxio r. ruibal (20)

Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Xosé ignacio taibo
Xosé ignacio taiboXosé ignacio taibo
Xosé ignacio taibo
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Xabier p docampo
Xabier p docampoXabier p docampo
Xabier p docampo
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 

Mehr von Asnosasletras

Mehr von Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 

Euloxio r. ruibal

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Euloxio R. Ruibal Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 23 de enero de 2013
  • 2. Euloxio R. Ruibal 1. A súa adolescencia estivo enmarcada na mediada ditadura. Até que punto estas vivencias e experiencias influíron na súa obra e no seu compromiso futuro? Cal foi a circunstancia que vostede non publicase até os fins desta ditatura? Hai todo un proceso de concienciación que provén da infancia e se completa, reafirma e incita á acción na adolescencia. Os comentarios escoitados no fogar (moitos propiciados pola prensa, radio ou televisión), as conversas cos amigos e compañeiros, lecturas, observacións da realidade circundante, etc., quizais constitúan os máis importantes. A participación, ademais, en grupos de teatro ou a asistencia ao cine club (no que, como xa sabedes, había presentación e proxección dun filme de asegurada calidade, seguidas dun coloquio) foi, seguramente, determinante na conformación do compromiso (ético-estético) ao que vos referides. Non publiquei até 1974 (Zardigot, Galaxia) porque a miña obra estaba formada fundamentalmente por guións de cinema ou por obras de aprendizaxe. Tampouco era doado publicar se non se dispuña dun recoñecemento literario. 2. Nacer nun concello próximo á Compostela na que se estaba a vivir un novo rexurdimento tanto literario como social fixo que xermolase en Vostede o espírito galeguista e literario? Penso que non. Eu vin para Santiago de neno e aquí fixen xa os estudos de primaria. Mantiña relación con Ordes, iso si, a onde acudía polas vacacións, ás festas ou a xuntanzas familiares. Eu ía a Ordes divertirme. Claro que sempre queda un pouso… No idioma, fundamentalmente no idioma. Na miña familia sempre se falou galego. 3. Desde moi xove aparece Vostede inmiscido na escena teatral galega, xa como participante, xa como creador de grupos de teatro (Obradoiro). Será que reviviu en Vostede a necesidade dun novo teatro en Galiza, dunha renovación? Ou será máis ben que para aquela época este xénero literario for máis necesario como ocorrera a comezos do século? A min o que me gustaba era participar nas montaxes teatrais. Foi onde ampliei e (re)orientei as miñas lecturas, onde aprendín a ser (auto)crítico, onde sentín a necesidade de coñecer as diferentes poéticas, onde aumentaron tódalas miñas inquedanzas tanto no eido socio-político como no artístico. miércoles 23 de enero de 2013
  • 3. Euloxio R. Ruibal 4. Que supón para un escritor ser o primeiro gañador dun novo certame (Abrente, Teatro infantil O Facho)? É un consciente neses intres da repercusión futura, máxime no de Ribadavia que deu incluso lugar a unha denominación xeracional? Abriume moitas portas. Permitiume coñecer a Ricard Salvat, e xa, máis tarde, a Xavier Fábregas (quizais o crítico que máis me apoiou e animou; promoveu, por certo, a tradución ao catalán e logo a estrea dunha peza infantil miña en Barcelona, que logo itinerou por Cataluña; tentou que se traducise a esa lingua Zardigot… Mágoa que morrese tan novo.), José Monleón, Moisés Pérez Coterillo, Ricardo Doménech, Alves Costa… Eu aquí en Galicia xa coñecía a Eduardo Blanco-Amor, García-Bodaño, Méndez Ferrín, Xavier Carro, Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Díaz Pardo… Todos me axudaron e deron azos para continuar como dramaturgo. Daquela, eu non era consciente, claro. Podía intuír algo, pero tanto a precariedade entón imperante como a incerteza política non me permitían moito optimismo. 5. Dende a súa ollada contemporánea, como xulgaría Vostede as Mostras de Teatro de Ribadavia para a nosa dramaturxia actual? Penso que foron determinantes. Déronlle un pulo de grande relevancia. Xa forman parte da nosa historia cultural. Sen a súa existencia, a nosa dramaturxia actual talvez fose abondo diferente. Pero isto correspóndelle estudalo aos especialistas. 6. Chámanos a atención o espazo dunha decada de ausencia de obra súa (77-87). Sería que Vostede enxergou na sociedade democrática galega aquilo que amosou na súa obra satírica “Azos de esguello” gañadora do Álvaro Cunqueiro do ano 89? Algo pode haber diso. Nunca o tiña matinado. Nese tempo escribín pouco e a miña idea dun cinema galego (que debía comezar por crear unha canteira viva de documentalistas) esfarelouse de vez. Por outra banda, inaugurei por aquel entón (1975 e 1978) dúas galerías de arte (unha, Citania, resistiu até os nosos días); como podedes imaxinarvos, tiña traballo abondo coa súa xestión. (De tódolos xeitos, as contas non están ben botadas. Hai, en efecto, un baleiro, pero diferente. Publiquei unha peza en homenaxe a Seoane (Grial, 1979) e A marquesiña encantada está datada en 1986. Alguén escribiu Euloxio R.Ruibal que houbo un silencio dunha década e xa non o imos modificar por moito que teimemos. E tampouco, polo demais, sei se paga a pena.) miércoles 23 de enero de 2013
  • 4. Euloxio R. Ruibal 7. Tan agoireiro era, ou aínda é, Vostede para amosar o seu diagnóstico socio-político na súa obra “Azos de esguello” para que aínda hoxe en día sexa, como dixo Vostede, “unha obra que anticipaba unha situación que hoxe se está a reproducir con máis forza”? Considera que esta súa obra, o mesmo que outras obras nacidas en plena democracia, foron obxecto de censura encuberta? Si, foron censuradas; unhas en Galicia de forma encuberta (comprobeino), como Azos de esguello, e outras abertamente, en Madrid. Zardigot, por exemplo tivo problemas coa censura centralista (foi burlada con habelencia por Teatro Circo para representala) e outras, como O cabodano, prohibíronse totalmente pola censura previa, a do texto (había, como é sabido, unha segunda, a da montaxe). A censura actual, que non existe legalmente, pero si na realidade, é moito máis raposeira. E non deixa rastro. Se non lle interesa ao poder (político, económico, militar, xudicial…) que se represente, abonda con poñerlle chatas estéticas á obra, ou con concederlle unha axuda insuficiente… Non creo que teña nada de agoireiro, aínda que haxa por aí quen o diga (o profesor e crítico Anxo Abuín, por exemplo, referíndose tamén a Maremia). Con observar un chisco a realidade… E isto é o que debe facer todo escritor. 8. Que importancia lle concede Vostede ao teatro infantil e xuvenil para a nosa literatura? É unha das nosas grandes carencias. Merece moitísima máis atención por parte de tódolos axentes socioculturais implicados. Calquera sabe que aí, no teatro representado por nenos ou mozos, ou na existencia de obras pensadas expresamente para eles (conforman un público do máis intelixente e sensíbel), xogamos unha parte importante do futuro da nosa cultura. 9. Tan renovador foi Vostede na súa obra teatral para ser considerado como un dos renovadores do noso teatro? Onde cre Vostede que radicou esa renovación? Gustaríame que fose certo iso. Moitas grazas. Eu limiteime a tentar escribir un teatro cunha temática actual, un teatro para o público noso. O teatro que coñecín por medio de lecturas, vídeos (e algún filme) ou representacións nos teatros europeos (e algún americano) necesariamente tiveron que influír na conformación da miña vertente estética. Eu niso non son moi consciente, non me autoanalizo. Non sei… Nin me interesa. Considero que condiciona. Procuro ser, dentro do posíbel, intuitivo, escribir libremente sen nada que me limite. O que me importa no momento de escribir é a creatividade. Sen esquecer o destinatario, por suposto. miércoles 23 de enero de 2013
  • 5. Euloxio R. Ruibal 10. Que pegada deixaron en Vostede importantes autores da nosa dramaturxia como Castelao ou Blanco Amor? E Valle Inclán? Houbo outros influxos? Até que punto se hoxe vivise Valle Inclán non sería quen da parar de facer “esperpentos”? Eu non sei o que faría Valle, mesmo é posíbel que crease outra estética máis eficaz para este século, pero tedes toda a razón do mundo en que non daría feito, “acumularíaselle o choio”. “Esperpentos” hóuboos sempre, pero os que estamos a padecer semellan insuperábeis. E quizais non coñezamos nin a décima parte dos existentes…! Mais vaiamos coa vosa pregunta. Gústame a “farsa para caretas“ de Castelao; tamén, as farsas de Eduardo Blanco-Amor. Entre os escritores galegos, interésanme así mesmo Rafael Dieste e Otero Pedrayo. Parécenme notabéis as obras de Xaime Quintanilla e Manteiga, sobre todo se as situamos no contexto en que foron escritas. A unha altura moito maior, por suposto, atópase Valle-Inclán. É grandioso, fascinante, único…! Ademais do repertorio das grandes obras do teatro clásico universal (gregas, isabelinas, españolas), interesáronme (e aínda me interesan, claro) Chejov, Synge, Brecht, Genet, Ghelderode, Weiss, Camus, Miller, Pirandello, Beckett, Pinter, Müller… E aínda algúns máis. Pero tamén cómpre referirse aos espectáculos. A min as montaxes que máis me impresionaron foron dúas de Marat-Sade, de P. Weiss: tanto a de Marsillach, como a de Peter Brook (versión cinematográfica). Entre outras varias, lembro con especial emoción Cemiterio de coches, de Arrabal, con dirección de Víctor García; e deste mesmo director, As criadas de Genet, e Yerma de Lorca. O círculo de xiz, de Brecht, dirixida por José Luis Alonso, foi unha magnífica posta en escena que me fixo comprender moito mellor a estética do grande autor alemán. Máis tarde completaríase con Galileo Galilei, escenificada por Vitez. Tamén, aínda que xa posteriomente, A tempestade, dirixida por Brook. Xa, máis adiante, fascináronme montaxes de Benno Besson, Wilson, Vitez, Bergman, Kantor, Pascual, Lavelli… E non quixera esquecer o teatro independente. Trouxeron a Galicia espectáculos de enorme interese. Grupos como Los Goliardos, Joglars… e outros varios, foron imprescindíbeis para adentrarme no rico e suxerente mundo do teatro con arelas anovadoras. Non me preocupo polas influencias. Non sei que respostar a isto. Non é doado para min. Podo falar do que me gusta ou interesa, pero logo igual non ten moito que ver cunha relación intertextual. miércoles 23 de enero de 2013
  • 6. Euloxio R. Ruibal 11. Que función teñen para a nosa normalización literaria organismos coma a AELG (da que Vostede foi presidente) ou a propia RAG (á que Vostede pertence na actualidade)? A AELG é unha asociación para a defensa dos intereses profesionais dos escritores de Galicia que se expresan en galego. Isto xa xustificaría a súa existencia. Pero é moito máis. Organiza actos culturais, promove a escrita e a cultura do país, realiza intercambios con outras nacións, defende todo o que teña que ver coa literatura e as demais artes, mantense en primeira liña na defensa do noso idioma… A RAG, como institución centenaria que é, posúe un extraordinario legado arquivístico e bibliógráfico dunha relevante importancia tanto pola cantidade como polos seus valores intrínsicos. E este legado ten que custodialo e conservalo en óptimas condicións, para poñelo a disposición dos estudosos. Pero ademais de todo o que atinxe ao patrimonio material, posúe a responsabilidade da normativización lingüística oficial (aínda que tamén a defensa e promoción do idioma), a confección dos diferentes dicionarios… Non debemos esquecer a proxección do seu labor na sociedade: correspóndelle á RAG a defensa, promoción e fomento, asesoramento, estudo científico e investigación da lingua e da cultura galegas. E isto, procurando sintetizar. Poderiámonos extender aínda máis, pero abonde só con salientar que se trata dun labor calado e laborioso de catalogación, arquivo, custodia, estudo, publicacións moi específicas… A RAG non organiza normalmente actos culturais, non é a súa misión, pero non debemos esquecer o enorme potencial promotor e divulgador que se proxecta por medio da promulgación e celebración do Día Das Letras Galegas, que ocasiona un inmenso movemento literario (e artístico), dunha repercusión de incalculábeis dimensións, por toda a xeografía galega (e mesmo no exterior), especialmente durante os días que preceden ou seguen ao 17 de maio de cada ano; pero que logo en realidade abranguen ou propician tamén, en maior ou menor medida, outras variadas actividades tódolos meses. A RAG, ademais, participa sempre ou colabora nas conmemoracións de todo tipo de aniversarios correspondentes a eminentes galeguistas do noso pasado. Entre os actos deste tipo cómpre que lembremos os máis recentes, os dedicados a Añón, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro, Seoane… 12. Tocou Vostede algo a narrativa e nada a lírica. Cales cre que son as causas? Tan cómodo se sente escribindo teatro como para case obviar outros xéneros? Pois si. Isto foi certo até hai unhas semanas. Pero xa non o é: acabo de presentar hai uns días Caderno de Ordes, un pequeño poemario dedicado totalmente aos meus eidos nativos. Non atopei mellor maneira de homenaxear ás xentes de meu. Interésame moito o audiovisual. E escribo de cando en vez algún guión. Pero coido que fundamentalmente son dramaturgo. O groso da miña obra, tal como dicides, céntrase na dramática. Síntome cómodo escribindo teatro, quizais onde mellor me expreso, pero gosto de cando en vez xogar ao intrusismo. miércoles 23 de enero de 2013
  • 7. Euloxio R. Ruibal 13. Vostede desempeña na RAG unha función importante como “Arquiveiro”. Aínda quedan nos baúis da RAG cousas por descubrir? Que supón para a nosa literatura o fondo existente nesta institución? Que pensa Vostede que de contino a nosa RAG teña que se estar a queixar da falta de axudas institucionais? Tan pouco representa a Academia para os nosos gobernantes ou máis ben será causa de pensamento? Si, actualmente formo parte da Comisión Executiva como arquiveiro-bibliotecario. Seguimos a ter problemas de espazo, pero, afortunadamente, xa non hai caixas esquecidas ou estradas polo chan adiante. Tanto o arquivo como a biblioteca fóronse modernizando dende hai xa máis dunha década, antes de eu chegar. Agora, grazas aos profesionais que as atenden, e os acondicionamentos que se fixeron está todo en moito mellor estado de ordenación e conservación. Cumpría mellorar aínda algúns aspectos, ampliar instalacions, pero iso xa depende de que nos vaian achegando os fondos necesarios, de que atendan nese sentido as esforzadas e teimudas peticións de chamamento do noso presidente, Méndez Ferrín, para que os correspondentes gobernos nos inclúan nos orzamentos cunhas partidas fixas e suficientes para o axeitado funcionamento e modernización da biblioteca, do arquivo, e outras dependencias administrativas. 14. E para finalizarmos, que futuro lle agoira á nosa lingua e á nosa literatura en xeral? E en particular ao noso teatro? Son optimista e desexo seguir séndoo, pero… a realidade é que nos están esmagando, que a corrente neoliberal reinante, de xinea fascistoide, non repara en destruír todo canto lles ula a conquista sociocultural galeguista. O que tanto tempo e esforzo levou construír (lembremos que estamos a falar dunha institución centenaria: o futuro da RAG está intimamente unido ó da nosa cultura), pode ser esfarelado en cuestións de meses. O que non podemos e determos, ficar de brazos cruzados. E precisamos a axuda, colaboración e apoio de todos. De nada vale a RAG sen unha cultura viva na sociedade. E unha lingua e unha literatura de gran potencialidade son as que lle dan sentido e razón de ser á RAG. É moi obvio. Por iso precisamos con Euloxio R.Ruibal nunha sesión da premura unha resistencia activa que poña freo a todo tipo de ataque, desleixo, esquecemento de obrigas… O teatro, que precisa RAG de máis medios de todo tipo, leva a peor parte… Unha mágoa. miércoles 23 de enero de 2013
  • 8. A R IO IO N ES T CU miércoles 23 de enero de 2013
  • 9. Un personaxe galego e a obra e unh un estranxeiro? Un p r/-a egos? auto gal Sinbad. Hamlet, erson /ha raria Un lite or. A axe l i o-Am Edipo, Don Quixote iden terario c anc tifiq o qu o Bl rga ard smo ue? e se Edu e ... Cal é a súa fonte de o Unha película de cine? inspiración m ent nu bel? Cidadán Kane , de As pequenas cousas da mo tá ago vida cotiá. O paseo, a Un lien a nti sa d e S ela Orson Welles lectura, a conversa cos d ral post ate Com amigos… A C de Un/ha autor/-a e unha obra Unha obra teatral? literaria estranxeiros? Marat-Sade , de Peter Juan Rulfo. El llano en Weiss llamas miércoles 23 de enero de 2013
  • 10. Un lugar para visitar? e un lugar Un feito histórico? para descansar? Un tipo de músi Praga. O balneario de ca? Unh A Revolución canción ? a francesa. Caldelas (Portugal). Bach. Co ncertos d Brander e burgo. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Un l eali zar? ugar por r Julio Cortázar. axeita anc eio e taña lectu do para U n r a Br orre cesa. Calq ra? a Perc ran uera f tran parq Mundo rural/urbano? quil ue Praia/montaña? o. Non son incompatíbeis. Outro entretemento uto pía? ademais da lectura? nha U d ade Pasear, “excursionear”. F elici sal. un iver miércoles 23 de enero de 2013