SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Literatura Galega
                               do Século XX e da Actualidade

                           Agustín Fernández Paz


                                        Entrevista
                                 IES Manuel García Barros
                                        A Estrada

                                                                Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                        Fotos: © Todos os dereitos reservados
miércoles 9 de enero de 2013
Agustín Fernández Paz

               1.      A súa xuventude foi clave para a súa obra, como Vostede mesmo recoñece. Até que punto esta etapa o marcou a Vostede? E á
                       súa posterior obra literaria? Foron aquelas lecturas de xuventude (Allan Poe, Verne, Fdez. Flórez) unidas ao seu espírito
                       fabulador os que condicionaron a súa literatura posterior?

                Máis que a xuventude, eu diría que o foi a infancia. Na infancia é cando descobres o mundo, cando aprendes os nomes das cousas,
                cando calquera experiencia queda gravada a ferro… E si, aquelas lecturas influíronme moito, Poe e Verne, e Salgari, por riba
                doutros. E, xaora, os tebeos. Capitán Trueno, Superman, Hazañas Bélicas…

               2.       Estráñanos que un neno fantasioso, fabulador, inventor de historias de
                        ficción... dese o seu primeiro paso diplomándose en Enxeñería Mecánica.
                        Que lembra daquelas súas primeiras experiencias como Perito Industrial
                        Mecánico?
                    Para comprender ben isto, hai que reflexionar sobre como eran aqueles
                    tempos. No ano 1961, meu pai presentoume a un exame para conseguir
                    becas nas Universidades Laborais. Daquela, en Vilalba non había instituto,
                    era a oportunidade de poder estudar un fillo de clase traballadora. E alá
                    fun, á impresionante UL de Xixón. Aló pasei sete anos da miña vida. E alí
                    fixen estudos técnicos, eran os únicos que se podían facer. De calquera
                    xeito, debo recoñecer que me gustaban, sobre todo Matemáticas e Física, e     Con Xavier P. DoCampo (dereita) e Paco Martín
                    tamén traballar nas máquinas, especialmente no torno. Acabei a carreira
                                                                                                     (esquerda), os outros dous membros da
                    de Perito Industrial (catro anos, os dous primeiros moi duros) e mesmo
                    traballei en Barcelona. Pero acabaron gañando os libros, que eran a outra      denominada «xeración Lamote». Lugo, 2009.
                    gran paixón.

               3.      Conforme aínda segue a dicir que lle encanta que lle narren historias, xa vén esta afección desde os seus primeiros anos?
                       Cantas historias escoitadas ao longo da súa vida pasaron a se plasmar na súa obra?


                Creo que non son só eu, creo que lle encanta a calquera persoa. No meu caso, é certo que aínda puiden vivir os anos en que a
                narración oral tiña unha presenza moi grande. Coñecín grandes narradores: a señora Xenerosa, o señor Celestino… xente que
                tiñan esa habilidade para crear un mundo coas palabras. Esas historias non están nos meus libros, pero si está o seu espírito.




miércoles 9 de enero de 2013
Agustín Fernández Paz
                                                                                                                       Bernardino Graña

               4.      Sempre foi un firme loitador e traballador a prol da renovación pedagóxica e, como non, da normalización lingüística do
                      noso idioma. A que vén esta súa teimosía? É isto froito da realidade que Vostede enxergou de sempre sobre todo a través da
                      súa actividade docente?

                O labor de ensinar foi a actividade fundamental da miña vida. Era a miña vocación, a que me fixo cambiar o rumbo da miña vida
                e abandonar a perspectiva dunha vida traballando na empresa. E si, se un se embarca nunha decisión así, ten que ser para
                apostar por unha educación anovadora, para facelo o mellor posible e abrir camiños. A inmersión na defensa da lingua forma
                parte dese espírito reformador.

               5.     Por que se decantou de sempre pola literatura infanto-xuvenil? Como nos podería explicar que a súa única novela
                      “adulta” (“Non hai noite tan longa”) non aparecese até o 2011? Ou será que algunha outra novela aínda fica por aí anónima?

               Iso sería moi longo de contar. Comecei a escribir libros xuvenís, e tamén infantís, porque daquela era o que quizais se necesitaba.
               Tamén por ser docente, xaora. E porque, grazas a iso, puiden ler unha boa parte da mellor LIX mundial. Como non seguir a estela
               de Roald Dahl, Michael Ende, Gianni Rodari ou Christine Nöstlinger?
               Si, oficialmente, a miña única novela de adultos é Non hai noite tan longa. Mais, se o miramos doutro xeito, creo que unha parte
               dos meus libros encaixan tamén na literatura que lles gusta ás persoas adultas. Son os que eu chamo libros “de fronteira”, como
               poden ser Fantasmas de luz, Aire negro, Corredores de sombras…
               E claro que hai novelas que quedan no caixón. Entre elas, a que puido ser a primeira novela policial galega… de chegar a publicala.
               Escribina a raíz dos intentos de instalar unha central nuclear en Xove, na costa luguesa. Mais o certo é que quedou inacabada.


               6.     Supoñemos que Vostede se sente feliz como Director da Colección “Merlín” de literatura infantil e xuvenil. Debería haber
                      máis coleccións que afrontasen esta temática e estes obxectivos? Que función normalizadora aportarían estas coleccións ou,
                      incluso, editoriais?

                Primeiro, unha aclaración: hai uns 5 anos que xa non son director de Merlín, é un traballo ao que renunciei, tras falalo co editor
                de Xerais. Mentres o fixen, foi un traballo moi interesante; a través del, tes a capacidade de influír no que se publica e tamén
                de falar cos autores e autoras. Dalgún xeito, axudas a orientar o rumbo da LIX.




miércoles 9 de enero de 2013
Agustín Fernández Paz
                                                                                                                      Bernardino Graña

               7.     Até o 2002 na súa literatura infantil e xuvenil apenas apareceu a temática da guerra civil. Non cre Vostede que debería haber
                      máis novelas coma “Noite de voraces sombras” para que a nosa xuventude tomase conciencia da importancia da nosa memoria
                      histórica?

                A aparición da guerra civil debeuse, sobre todo, a que nos primeiros anos do século
                comezou a divulgarse unha visión da guerra civil que era tremendamente inxusta. E, ao
                tempo, comezou o proceso de buscar e abrir as fosas dos fusilados e enterrados en calquera
                sitio. Todo os sucesos me impresionaron moito, era inevitable que aparecesen nos meus
                libros.

               8.     Posibelmente sexa Vostede dos autores e autoras actuais máis traducidos a outros
                      idiomas e aos máis variados idiomas. Que importancia ten que a nosa literatura
                      traspase fronteiras? Deberíase desde aquí intentar dar maior promoción ás nosas letras?


                Eu teño a opinión de que unha obra debe poder chegar tan lonxe como llo permita a súa
                calidade. Para iso son necesarias políticas públicas de promoción, que en Galicia son moi
                escasas. Así que, o feito de que bastantes dos meus libros estean traducidos obedece a          Con Jules Verne, en Vigo.
                factores azarosos. Gustaríame que –os meus e os doutros escritores―tivesen máis
                oportunidades de se difundiren.                                                                      Verán de 2009.

              9.     Vostede é membro do Consello da Cultura Galega. Que papel desempeña este organismo para a nosa cultura? Debería ver
                     incrementadas as súas funcións?

               Volvo a matizar a vosa información. Desde hai tres anos, decidín cesar coa miña actividade no CCG. Máis que nada, porque
               sentía que xa non podía achegar gran cousa, as miñas enerxías xa non daban para máis.


               10.    Por que Vostede non toucou ningún outro xénero literario? Non cre Vostede que o xénero teatral tamén lle serviría para
                      contar historias e como medio de normalización?

               Si que toquei o xénero teatral; de feito teño por aí varias obras, e algunhas delas representáronse. O que ocorre é que ese
               material está sen publicar.




miércoles 9 de enero de 2013
Agustín Fernández Paz
                                                                                                                       Bernardino Graña


               11.    Son moitos e variados os temas aparecidos nas súas novelas (medo, historias
                      realistas, elementos fantásticos...). Aínda quedan temas nos cales lle gustaría poñer
                      a súa pluma a argallar? Garda Vostede todas aquelas libretas nas que escribe as súas
                      novelas (porque sabemos que Vostede escribe ao “natural” e non en máquina ou
                      ordenador)? Por que de principio aposta Vostede pola escrita “artesanal”?

                Escribo a man a primeira versión dos meus libros; unha versión moi primitiva, que logo
                traballo e retraballo xa no ordenador. Ese primeiro proceso de creación, ese tempo en que
                deixas funcionar a conexión cerebro-man, para min é imprescindible que sexa manuscrito.
                En canto a temas… Vou abordando aqueles que me xorden ao longo do tempo. A creación
                de historias ten un aquel de irracional: ás veces elixes o tema, pero outras é o tema quen
                te elixe a ti.
                E si, gardo a maioría dos cadernos en que escribín os manuscritos. Todos non, algúns
                fóronse perdendo.
                                                                                                               Agustín Fernández Paz asinando
               12.    E para finalizarmos, como dixo Cunqueiro “O home precisa en primeiro lugar, coma           no libro de visitas do IES
                      quen bebe auga, beber soños”. Son estes soños os que invaden as súas novelas? Son
                      estes soños os que o levan a militar en Amnistía Internacional por mor do respecto aos
                                                                                                                  García Barros no 2006.
                      dereitos humanos?

                Onde Cunqueiro di “soños” eu entendo historias. Ler novelas, ver cine, ler cómics… todo é enchouparse de historias. E, xaora, todo iso
                inflúe nos meus libros.
                O de militar en Amnistía Internacional forma parte da miña condición de cidadán preocupado pola marcha da sociedade. Estritamente,
                non ten que ver coa miña condición de escritor.




miércoles 9 de enero de 2013
A R IO
                                     IO N
                                 ES T
                               CU




miércoles 9 de enero de 2013
ra
                             nh a ob              Un personaxe galego e                Unh
                                                                                             a pel
                           u
                    -a e os?                        un estranxeiro?                   Grup         íc
                                                                                           o Sa ula de ci
            u tor/ aleg
       ha a aria g
     n/ ter                       com
                                         o          Galego, Castelao.                 Peck      lvaxe
                                                                                                       , de S e
                                                                                                               n
   U                           o,                                                          impa
         li                 ir                                                                   h (e m       am
                       que os, de
                   un an                           Estranxeiro, Rosa                         máis         oitas
                C                           .
           aro Arrai
      Álv or.                        l ibro              Parks                                      !)
                              como
         a ut          r rín
               ez Fe
       M  énd                                obra                                          Un m
                                                                                                  onum
                                      nha ?
                                  e u ros
                                                           Cal é a sú
                                                                      a fonte d              salien      ento
                                a                                               e
                           or/- anxei                         inspiraci                O ded         tábel?
                   a  aut estr                                          ón ?                 icado
           U n/h raria                 c  omo ,           Calquera
                                                                     cousa. A
                                                                                       Nemo
                                                                                            , na b
                                                                                                    ao Ca
                                                                                                          pitán
                l ite             ka, a lúa                                                        ei
                            Kaf io d
                                                         inspiraci
                                                                   ón xorde               San S ramar de
                       nz alac                  o      partir de             a                    imón
                   Fra O p                 com                   calquera
                         .
                     tor l Aus      ter,                                   feito
                au au                                          da vida.
                                     o .
                    de P        libr
                                                                           Un pers
                                  Unha obra teatral?                              onaxe li
                                                                                            terario c
                                                                                    identifi          o que se
                                  Calquera das                                                que?
                                                                         Jim Haw
                                                                                 kins, o
                               Comedías Bárbaras de                              illa do T
                                                                                          protagon
                                                                                                     ista d’A
                                  Valle Inclán                                             esouro.


miércoles 9 de enero de 2013
Un feito histórico?               Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?
              O día en que Rosa                Rapa Nui (a Illa de Pascua). Calquera lugar con río e
            Parks se negou a baixar                          bosques de folla caduca.
                  do autobús.
                                                                                     Un l
                                                                                           ugar
                                                             ?                                 axeit
           Un tipo
                         de músi                     ut opía                                lectu ado para
                                 ca? Unh       nha          nde                  Calq            ra?           a
                         canción         a    U
                                                        do o an                        uera
                                                 mun poid
                                 ?                                             ruíd
         Música?                                                                    o, ag onde no
                  Toda! U                    Un soas                                     ás os        n ha
                          nha                    e r         que                               da n        xa
         canción
                 : The Tim                   as p bres por .                                         atur
                                                                                                          eza.
        They are
                 a-Chang
                           es                 s er li ustiza
                          in,                     h  ai x                  Outro entretemento
           de Bob D
                    ylan                                                  ademais da literatura?
                                                 Un/h                       Tantos! Pero salientemos o
                                                      a
                                                quen autor/-                           cine.
         Mundo rural/urbano?                         se id       a con
                                                           entif
           Praia/montaña?                                        ique                                            ?
                                                  Jos  é Án
                                                                      ?
                                                                                                         eal izar
                                                            gel                                eio por r     n
      Rural para unhas cousas,                       valen                              anc           í a co
                                                           te                        Un         a da d de
       urbano para outras. E a                                                            vir c
                                                                                          Vi         da
                                                                                                     i
       montaña dá moito de si.                                                                 intens


miércoles 9 de enero de 2013

More Related Content

What's hot

What's hot (18)

Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 

Viewers also liked

Collages e Caligramas 2013/2014
Collages e Caligramas 2013/2014Collages e Caligramas 2013/2014
Collages e Caligramas 2013/2014Asnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Colaxes e caligramas
Colaxes e caligramasColaxes e caligramas
Colaxes e caligramasAsnosasletras
 
Collage e caligramas rematado
Collage e caligramas rematadoCollage e caligramas rematado
Collage e caligramas rematadoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 

Viewers also liked (6)

Collages e Caligramas 2013/2014
Collages e Caligramas 2013/2014Collages e Caligramas 2013/2014
Collages e Caligramas 2013/2014
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Colaxes e caligramas
Colaxes e caligramasColaxes e caligramas
Colaxes e caligramas
 
Collage e caligramas rematado
Collage e caligramas rematadoCollage e caligramas rematado
Collage e caligramas rematado
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 

Similar to Agustín fernández paz

Similar to Agustín fernández paz (20)

Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Xosé ignacio taibo
Xosé ignacio taiboXosé ignacio taibo
Xosé ignacio taibo
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xose luna
Xose lunaXose luna
Xose luna
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 

More from Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

More from Asnosasletras (15)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Agustín fernández paz

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Agustín Fernández Paz Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 9 de enero de 2013
  • 2. Agustín Fernández Paz 1. A súa xuventude foi clave para a súa obra, como Vostede mesmo recoñece. Até que punto esta etapa o marcou a Vostede? E á súa posterior obra literaria? Foron aquelas lecturas de xuventude (Allan Poe, Verne, Fdez. Flórez) unidas ao seu espírito fabulador os que condicionaron a súa literatura posterior? Máis que a xuventude, eu diría que o foi a infancia. Na infancia é cando descobres o mundo, cando aprendes os nomes das cousas, cando calquera experiencia queda gravada a ferro… E si, aquelas lecturas influíronme moito, Poe e Verne, e Salgari, por riba doutros. E, xaora, os tebeos. Capitán Trueno, Superman, Hazañas Bélicas… 2. Estráñanos que un neno fantasioso, fabulador, inventor de historias de ficción... dese o seu primeiro paso diplomándose en Enxeñería Mecánica. Que lembra daquelas súas primeiras experiencias como Perito Industrial Mecánico? Para comprender ben isto, hai que reflexionar sobre como eran aqueles tempos. No ano 1961, meu pai presentoume a un exame para conseguir becas nas Universidades Laborais. Daquela, en Vilalba non había instituto, era a oportunidade de poder estudar un fillo de clase traballadora. E alá fun, á impresionante UL de Xixón. Aló pasei sete anos da miña vida. E alí fixen estudos técnicos, eran os únicos que se podían facer. De calquera xeito, debo recoñecer que me gustaban, sobre todo Matemáticas e Física, e Con Xavier P. DoCampo (dereita) e Paco Martín tamén traballar nas máquinas, especialmente no torno. Acabei a carreira (esquerda), os outros dous membros da de Perito Industrial (catro anos, os dous primeiros moi duros) e mesmo traballei en Barcelona. Pero acabaron gañando os libros, que eran a outra denominada «xeración Lamote». Lugo, 2009. gran paixón. 3. Conforme aínda segue a dicir que lle encanta que lle narren historias, xa vén esta afección desde os seus primeiros anos? Cantas historias escoitadas ao longo da súa vida pasaron a se plasmar na súa obra? Creo que non son só eu, creo que lle encanta a calquera persoa. No meu caso, é certo que aínda puiden vivir os anos en que a narración oral tiña unha presenza moi grande. Coñecín grandes narradores: a señora Xenerosa, o señor Celestino… xente que tiñan esa habilidade para crear un mundo coas palabras. Esas historias non están nos meus libros, pero si está o seu espírito. miércoles 9 de enero de 2013
  • 3. Agustín Fernández Paz Bernardino Graña 4. Sempre foi un firme loitador e traballador a prol da renovación pedagóxica e, como non, da normalización lingüística do noso idioma. A que vén esta súa teimosía? É isto froito da realidade que Vostede enxergou de sempre sobre todo a través da súa actividade docente? O labor de ensinar foi a actividade fundamental da miña vida. Era a miña vocación, a que me fixo cambiar o rumbo da miña vida e abandonar a perspectiva dunha vida traballando na empresa. E si, se un se embarca nunha decisión así, ten que ser para apostar por unha educación anovadora, para facelo o mellor posible e abrir camiños. A inmersión na defensa da lingua forma parte dese espírito reformador. 5. Por que se decantou de sempre pola literatura infanto-xuvenil? Como nos podería explicar que a súa única novela “adulta” (“Non hai noite tan longa”) non aparecese até o 2011? Ou será que algunha outra novela aínda fica por aí anónima? Iso sería moi longo de contar. Comecei a escribir libros xuvenís, e tamén infantís, porque daquela era o que quizais se necesitaba. Tamén por ser docente, xaora. E porque, grazas a iso, puiden ler unha boa parte da mellor LIX mundial. Como non seguir a estela de Roald Dahl, Michael Ende, Gianni Rodari ou Christine Nöstlinger? Si, oficialmente, a miña única novela de adultos é Non hai noite tan longa. Mais, se o miramos doutro xeito, creo que unha parte dos meus libros encaixan tamén na literatura que lles gusta ás persoas adultas. Son os que eu chamo libros “de fronteira”, como poden ser Fantasmas de luz, Aire negro, Corredores de sombras… E claro que hai novelas que quedan no caixón. Entre elas, a que puido ser a primeira novela policial galega… de chegar a publicala. Escribina a raíz dos intentos de instalar unha central nuclear en Xove, na costa luguesa. Mais o certo é que quedou inacabada. 6. Supoñemos que Vostede se sente feliz como Director da Colección “Merlín” de literatura infantil e xuvenil. Debería haber máis coleccións que afrontasen esta temática e estes obxectivos? Que función normalizadora aportarían estas coleccións ou, incluso, editoriais? Primeiro, unha aclaración: hai uns 5 anos que xa non son director de Merlín, é un traballo ao que renunciei, tras falalo co editor de Xerais. Mentres o fixen, foi un traballo moi interesante; a través del, tes a capacidade de influír no que se publica e tamén de falar cos autores e autoras. Dalgún xeito, axudas a orientar o rumbo da LIX. miércoles 9 de enero de 2013
  • 4. Agustín Fernández Paz Bernardino Graña 7. Até o 2002 na súa literatura infantil e xuvenil apenas apareceu a temática da guerra civil. Non cre Vostede que debería haber máis novelas coma “Noite de voraces sombras” para que a nosa xuventude tomase conciencia da importancia da nosa memoria histórica? A aparición da guerra civil debeuse, sobre todo, a que nos primeiros anos do século comezou a divulgarse unha visión da guerra civil que era tremendamente inxusta. E, ao tempo, comezou o proceso de buscar e abrir as fosas dos fusilados e enterrados en calquera sitio. Todo os sucesos me impresionaron moito, era inevitable que aparecesen nos meus libros. 8. Posibelmente sexa Vostede dos autores e autoras actuais máis traducidos a outros idiomas e aos máis variados idiomas. Que importancia ten que a nosa literatura traspase fronteiras? Deberíase desde aquí intentar dar maior promoción ás nosas letras? Eu teño a opinión de que unha obra debe poder chegar tan lonxe como llo permita a súa calidade. Para iso son necesarias políticas públicas de promoción, que en Galicia son moi escasas. Así que, o feito de que bastantes dos meus libros estean traducidos obedece a Con Jules Verne, en Vigo. factores azarosos. Gustaríame que –os meus e os doutros escritores―tivesen máis oportunidades de se difundiren. Verán de 2009. 9. Vostede é membro do Consello da Cultura Galega. Que papel desempeña este organismo para a nosa cultura? Debería ver incrementadas as súas funcións? Volvo a matizar a vosa información. Desde hai tres anos, decidín cesar coa miña actividade no CCG. Máis que nada, porque sentía que xa non podía achegar gran cousa, as miñas enerxías xa non daban para máis. 10. Por que Vostede non toucou ningún outro xénero literario? Non cre Vostede que o xénero teatral tamén lle serviría para contar historias e como medio de normalización? Si que toquei o xénero teatral; de feito teño por aí varias obras, e algunhas delas representáronse. O que ocorre é que ese material está sen publicar. miércoles 9 de enero de 2013
  • 5. Agustín Fernández Paz Bernardino Graña 11. Son moitos e variados os temas aparecidos nas súas novelas (medo, historias realistas, elementos fantásticos...). Aínda quedan temas nos cales lle gustaría poñer a súa pluma a argallar? Garda Vostede todas aquelas libretas nas que escribe as súas novelas (porque sabemos que Vostede escribe ao “natural” e non en máquina ou ordenador)? Por que de principio aposta Vostede pola escrita “artesanal”? Escribo a man a primeira versión dos meus libros; unha versión moi primitiva, que logo traballo e retraballo xa no ordenador. Ese primeiro proceso de creación, ese tempo en que deixas funcionar a conexión cerebro-man, para min é imprescindible que sexa manuscrito. En canto a temas… Vou abordando aqueles que me xorden ao longo do tempo. A creación de historias ten un aquel de irracional: ás veces elixes o tema, pero outras é o tema quen te elixe a ti. E si, gardo a maioría dos cadernos en que escribín os manuscritos. Todos non, algúns fóronse perdendo. Agustín Fernández Paz asinando 12. E para finalizarmos, como dixo Cunqueiro “O home precisa en primeiro lugar, coma no libro de visitas do IES quen bebe auga, beber soños”. Son estes soños os que invaden as súas novelas? Son estes soños os que o levan a militar en Amnistía Internacional por mor do respecto aos García Barros no 2006. dereitos humanos? Onde Cunqueiro di “soños” eu entendo historias. Ler novelas, ver cine, ler cómics… todo é enchouparse de historias. E, xaora, todo iso inflúe nos meus libros. O de militar en Amnistía Internacional forma parte da miña condición de cidadán preocupado pola marcha da sociedade. Estritamente, non ten que ver coa miña condición de escritor. miércoles 9 de enero de 2013
  • 6. A R IO IO N ES T CU miércoles 9 de enero de 2013
  • 7. ra nh a ob Un personaxe galego e Unh a pel u -a e os? un estranxeiro? Grup íc o Sa ula de ci u tor/ aleg ha a aria g n/ ter com o Galego, Castelao. Peck lvaxe , de S e n U o, impa li ir h (e m am que os, de un an Estranxeiro, Rosa máis oitas C . aro Arrai Álv or. l ibro Parks !) como a ut r rín ez Fe M énd obra Un m onum nha ? e u ros Cal é a sú a fonte d salien ento a e or/- anxei inspiraci O ded tábel? a aut estr ón ? icado U n/h raria c omo , Calquera cousa. A Nemo , na b ao Ca pitán l ite ka, a lúa ei Kaf io d inspiraci ón xorde San S ramar de nz alac o partir de a imón Fra O p com calquera . tor l Aus ter, feito au au da vida. o . de P libr Un pers Unha obra teatral? onaxe li terario c identifi o que se Calquera das que? Jim Haw kins, o Comedías Bárbaras de illa do T protagon ista d’A Valle Inclán esouro. miércoles 9 de enero de 2013
  • 8. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O día en que Rosa Rapa Nui (a Illa de Pascua). Calquera lugar con río e Parks se negou a baixar bosques de folla caduca. do autobús. Un l ugar ? axeit Un tipo de músi ut opía lectu ado para ca? Unh nha nde Calq ra? a canción a U do o an uera mun poid ? ruíd Música? o, ag onde no Toda! U Un soas ás os n ha nha e r que da n xa canción : The Tim as p bres por . atur eza. They are a-Chang es s er li ustiza in, h ai x Outro entretemento de Bob D ylan ademais da literatura? Un/h Tantos! Pero salientemos o a quen autor/- cine. Mundo rural/urbano? se id a con entif Praia/montaña? ique ? Jos é Án ? eal izar gel eio por r n Rural para unhas cousas, valen anc í a co te Un a da d de urbano para outras. E a vir c Vi da i montaña dá moito de si. intens miércoles 9 de enero de 2013